SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
O mosteiro atópase escuro, alumeado unicamente pola luz
das longas candeas do altar, onde as fermosas figuras de
cera mostran rostros tesos e inanimados. Un cura está de
xeonllos diante da pía bautismal, rezando en voz alta,
suando, pasando rapidamente as follas dun libro antigo
mentres as súas mans tremen sen control. Nun intre, un
soprido de aire xélido penetra no interior da sala. O lume
desaparece, apágase, facendo que a néboa e a negrura da
noite se fagan cargo de ocultar o lugar. O cura comeza a
rezar latín en voz alta con todas as súas forzas. Escoita
como o seu corazón latexa… latexa depresa… sen pausa.
Óense unhas pisadas… cesan. Un berro inunda a calma da
noite, o cura morreu.
Todos os noticiarios e medios comunicativos da comarca
falaban do mesmo. Dende que o corpo do cura Don
Arameo aparecera na capela do mosteiro de Santa
Catalina ninguén permitía o paso á escena do crime, polo
tanto, os periodistas afogaban a preguntas aos detectives e
encargados do caso. A antiga construción de pedra estaba
rodeada por cinta policial e vallas metálicas, á vez que
vixiada as vinte catro horas do día. Unha marea de persoas
de todo tipo aglomerábase aos arredores do lugar,
esperando a oportunidade de burlar a seguridade e
infiltrarse no antro, mais era imposible conseguilo.
AS SOMBRAS DOS TEMPLARIOS
De entre semellante multitude, un coche de cor negro fíxose
camiño pouco a pouco, ata chegar definitivamente ata a
entrada do mosteiro. Alí, un grupo de axentes esperaban
instrucións. O auto detívose e del saíu un home vestido
cunha gabardina marrón, coa mirada seria e as mans
metidas nos petos.
-¿Podo saír, papá?- Preguntou unha voz feminina dende o
interior do medio de transporte.
-Non, mellor queda dentro.- ordenou o detective.
-Porfa…- insiste ela.
-Non.- é a última palabra do pai antes de afastarse do
vehículo.
Ela desobedece e do interior do transporte sae unha
rapariga nova, duns catorce anos de idade, cos cabelos
longos e castaños. A rapaza odia que a deixen de lado, sobre
todo se é un caso deste tipo, dos que só ela e uns poucos
máis poden resolver. Ocúltase da mirada do seu pai e
avanza lentamente ao interior do edificio, pasando
desapercibida entre os gardas, pois é o bo de ser a filla do
mellor detective da zona. De forma imprevista, tópase co
xefe de policía: o señor Celestino. É un home novo, alto e
corpulento, pero con expresión amable e pintoresca, incapaz
de facerlle o mínimo dano a unha mosca.
-Deus santo, Tabria, vaia estirón que pegaches nos dous
meses que non te vexo!- saúda o bonachón.
-Grazas, Cel…, por certo, sabes algo sobre este caso?-
Tabria sabe que sempre lle pode sacar información a
Celestino, debido a que é demasiado bo como para darse
de conta das intencións da moza.
-Non sei moito, a verdade… Don Arameo apareceu morto
esta mañá e punto. Non se sabe máis.- contestou o home.
-E non hai probas, nin testigos?- pregunta a rapariga,
atacando de novo.
-Non. O bar xa cerrara no momento do acto e os gardas
tiñan a noite libre, só estaba Don Arameo. A área do
asasinato está limpa, sen proba algunha, tanto visible
coma invisible. Ninguén sabe o que puido pasar durante a
noite.- remata o policía.
-E ninguén tiña problemas nin débedas con el?- volveu
Tabria.
-Arre demo, moito preguntas! Non. De feito, con el só
estaba un rosario, as chaves da súa casa, uns euros nun
dos petos e unha folla en branco. Nada máis. En resumo,
non hai pistas, estamos totalmente en branco.- concluíu
Cel.
-Grazas, Cel, se non che importa, voume. Ata logo.-
despídese a moza.
-Ata logo.- dille Cel, co seu eterno sorriso.
Cada quen segue o seu camiño. Tabria recapacita as
palabras de Cel, aquela folla en branco… ao mellor
podería dicir máis do que todos os presentes eran
conscientes, todos excepto ela. A rapaza, grazas á súa
experiencia nos casos, sabía que o que o resto da xente
consideraba normal, para alguén coma ela non o era.
Parouse na porta da capela, e observou con agudeza a
escena do crime. Todo aparentaba ser inútil para o caso,
sen probas, sen pistas, todo en su sitio, unha mancha de
sangue sobre a pedra, en fronte a pía bautismal… Nada,
nada interesante. A Tabria dáballe a sensación de que
aquilo estivera feito por unha pantasma, pero non, pois
se fose un espectro xa se decatara había moito tempo,
polas seguras marcas de po que deixaría sobre o chan.
Enriba dun banco, cerca do altar, estaban as cousas do
cura, xunto co papel en branco. Tabria mirouno
fixamente, entón, o papel emitiu unha repentina luz
branca que durou uns segundos, pois logo desapareceu,
coma se nunca existise. A moza acababa de atopar a
pista clave do misterio. De súpeto, unha man agarrouna
pola camiseta e deulle a volta. Era o seu pai, que a
miraba de forma seria e enfadada.
-Dixen que esperaras no coche- atacou.
-Sempre fas igual, eu tamén teño dereito a axudar!-
deféndese a moza.
-Esta noite quedarás na túa habitación, castigada. Xa
estou farto de que cada vez que teño un caso entre mans
ti intentes aventurarte nel, coma se de un xogo se
tratase- espetou o detective, á vez que levaba a Tabria
fóra e a metía no vehículo.
Pai e filla viaxaron no auto, mantendo unha intensa pero
breve conversa sobre o costume que tiña Tabria de fisgar
nos casos do seu pai. Ao chegar á casa, Tabria foi enviada
ao seu cuarto.
-Voume. Ás dez quero que xa esteas na cama. Volverei ás
dúas como moi tarde. Adeus- despediuse o home, á vez
que lle daba un bico a súa filla.
-E non fagas toladas na miña ausencia- insistiu antes de
pechar a porta.
A rapariga subiu o máis rápido que puido a súa
habitación e observou como o seu pai se afastaba pouco a
pouco a través da ventá. Pasados os dez minutos, baixou
correndo á entrada e intentou buscar as chaves para irse
resolver o caso, mais deuse de conta de que o seu pai
acababa de levalas con el para impedir que a moza lle
volvera desobedecer. Estaba encerrada. Enfadada, subiu
ao seu cuarto outra vez e mirou para o reloxo.
Eran as nove da noite. Suspirou. Non quería quedar alí,
sen facer nada, sabendo que un misterio que só ela podía
resolver a estaba esperando. Podería baixar pola ventá…
pero non chegaría ao chan nin facendo unha corda coas
mantas da cama. Estaba demasiado alto. Ao cabo duns
cinco minutos, algo chamou á ventá. Tabria aproximouse
lentamente, con cautela, ata asomar a cabeza por ela.
Ao facelo, viu unha figura moi familiar, enganchada á
enredadeira que subía pola fachada da casa. Un raparigo
da mesma idade ca ela, ou incluso un pouco máis novo,
co pelo alborotado e vestido cunha camisa a cadros e un
pantalón vaqueiro sorríalle dende o seu punto de
escalada.
-Mito! Menos mal que vos destes de conta!- alegrouse a
rapaza.
-Home, o raro sería que non nos déramos de conta. Non
podes pasear pola rúa sen que alguén o comente.-
contestou o mozo.
-E os demais, a onde van?- preguntou Tabria.
-Phiro mandoume unha mensaxe, eles xa están na saída
de Ares dende hai moito. Parecíalles raro que non
apareceras, por iso avisáronme de que viñera por ti.-
contestou el.
-Vale, pois vamos alá. Déixame coller os meus utensilios
e vou.- dixo ela.
Tabria puxo un cinto con diversas cousas colocadas nel e
sentouse na beira da ventá.
-Preparado?- preguntou Tabria.
-Xa sabes que si.- contestou Mito, confiado.
A rapariga saltou e, de forma veloz e instantánea, Mito
colleuna pola camiseta e no aire cunha soa man. Coa
outra man, baixou lentamente a enredadeira, ata chegar
ao chan. Unha vez sobre a herba do xardín, ambos
amigos acudiron ao encontro co resto do grupo, para
resolver así o misterio.
Phiro estaba sentado sobre unha rocha, sacándolle brillo
á folla da súa magnífica espada branca e prateada. Outro
rapaz, duns quince anos de idade, esperaba de pé xunto
ao seu amigo.
-Estás seguro de que enviaches ben a mensaxe?-
pregunta.
-Que si. É que nunca me pasarás por alto a vez que te
deixamos mangado porque non che chegou a mensaxe?-
di Phiro.
-Digamos que cho teño en conta.- respondeu el, á vez
que peiteaba a súa cabeleira rubia coa man.
Polo horizonte, apareceron dúas figuras, que pouco a
pouco foron achegándose ata chegar finalmente ao punto
de encontro.
-Xa estamos todos.- dixo Mito, cansado pola corrida.
-Pois non perdamos máis tempo, debemos de darnos
présa, do contrario poden descubrirnos nas nosas casas.-
insistiu o raparigo de pelo rubio.
-E non podes conxurar algún paganismo dos teus para
que non nos descubran, Lero?- preguntou Phiro.
-Chámase maxia, e non, non podo, porque logo, se a
gasto niso non poderemos viaxar como imos facer agora.-
contestou Lero.
-Deixar de darlle ao pico e vaiamos a onde nos precisan.-
apurou Tabria.
Os rapaces colocáronse en círculo. Lero empezou a ler
unhas palabras latinas do seu libro, cousa que ninguén
entendía. Unha pantalla de luz branca envolveu ao grupo,
que desapareceu nuns instantes.
Un portal abriuse no ceo, sobre as árbores do monte,
cerca do mosteiro. Del caeron catro figuras, que baixaron
de forma brusca ata o chan. Tras golpearse con pólas,
engancharse coas follas e caer en picado, aterrizaron sobre
a alfombra do bosque caduco.
-Xa podías ir mellorando as coordenadas!- quéixase Phiro,
no chan, coas súas armas dispersas no solo.
-Vale… a próxima vez acertarei, seguro.- escúsase Lero.
-Xa, o mesmo dixeches a última vez…- resalta Tabria.
Un gruñido interrompe a conversa.
-Mércores, caeume o colar!- ruxiu a voz de Mito.
De entre as matas de xesta, emerxeu Mito, pero algo
cambiado. Agora era máis peludo que antes, os seus
caninos eran de maior tamaño e lucía unhas grandes e
afiadas poutas nas mans. Tiña a camisa desabotoada e os
pantalóns rotos.
-Non te preocupes, xa o atoparemos logo. Agora a nosa
prioridade é acabar co caso antes de que o pai de Tabria
descubra algún dato importante.- dixo Lero.
Con cautela e coidado, os raparigos dirixíronse ao seu
destino pero, antes de entrar, déronse de conta de que
había demasiada xente como para poder penetrar sen
máis.
-Eu creo que é hora de que Lero traballe.-di Tabria.
O mozo sorrí e pronuncia outro de seus múltiples feitizos.
Esta vez, a maxia actúa para facelos invisibles durante un
tempo breve, pero suficiente como para chegar dentro.
-Lero… e eu que fago?- pregunta Mito.
-Anda, esquecín que a ti a maxia non che afecta, Mito!-
fala Lero.
-Espera aquí. Serás os nosos ollos e oídos fóra do
mosteiro.- di Tabria.
-Canciño guardián…- búrlase Phiro.
Mito grúñelle, pois non lle gusta nada que a xente lle
chame can, cadelo ou canciño… élle incómodo, a pesar de
ser verdade. Acatando as ordes, Mito agarda aos
arredores do mosteiro, esperando algún sinal dos seus
amigos por se precisan a súa axuda. Phiro, Lero e Tabria
penetran no mosteiro, invisibles aos ollos humanos, pero
non aos doutros seres… Nun dos corredoiros do mosteiro,
un pequeno trasno delata a súa posición, facendo algo de
barullo. As súas agudas risas chegan lonxe, debido ao eco
formado polas paredes de pedra. Unha parella de gardas
aproxímase á posición dos mozos. Eles corren para evitar
ser descubertos pero, para a súa desgraza, o feitizo de
Lero gástase e volven a ser visibles.
-Que facemos agora?- pregunta Tabria, angustiada.
-Rápido, Phiro, avisa a Mito!- dille Lero ao seu
compañeiro.
Phiro obedece e emite unha especie de son parecido ao
dun moucho, pero máis forte e entrecortado, para que
Mito o perciba ben.
Mito foza nas follas secas do chan, mentres busca o seu
colar, que para el é moi importante debido a que é o
único obxecto que o pode devolver ao seu estado humano.
De súpeto, un forte e coñecido son chega ata as súas
orellas de lobo.
Ao darse de conta de que os seus amigos necesitan axuda,
non dubida ni un segundo en actuar. Como unha bala,
quita a camisa e remanga os pantalóns, logo empeza a
correr a catro patas e a ouvear nos arredores do
mosteiro, para chamar así a atención dos policías.
Un ouveo escóitase na noite. Os gardas, sorprendidos,
atenden a chamada dos seus compañeiros para mirar o
que ocorre. Os tres rapaces quedan aliviados, un pouco
máis e son descubertos.
-Ao final non foi tan malo que aquel bicho mordera a
Mito...- agradece Phiro, con xesto de alivio.
Sen perder o tempo, seguen a súa marcha ata chegar á
escena do crime, onde segue estando o papel en branco.
Lero recoñece a folla ao instante. De novo, recita un dos
seus conxuros e un texto escrito a pluma aparece sobre o
papel.
-Trátase dun texto do século XV, dun Libro das Sombras.
Parece que Don Arameo non era só un cura… tamén era
un bruxo.- opina Lero.
-Exacto…- interrompe unha voz tenebrosa, que fala
dende o altar.
Unha gárgola que estaba camuflada entre as imaxes de
cera dáse a descubrir, mostrando o seu corpo pétreo e os
seus ollos como tizóns candentes. Nunha garra leva un
Libro das Sombras.
Phiro colócase en posición de ataque e desenfunda a súa
flamante espada.
-Os Novos Templarios… escoitara fascinantes historias
sobre vós, infalibles, invencibles, poderosos…, pero nunca
pensei que forades uns simples mocosos humanos…-
búrlase a gárgola, con malicia.
-Non somos simples humanos. Ante ti tes a Tabria, a
única detectora de sombras, a Phiro, o mestre das armas
dos templarios e a Lero, o último conxurador da orde
astral.- ameaza Lero.
Unha sombra móvese polo muros exteriores, pero ninguén
a detecta, só Tabria.
-Dáme igual o que sexades, matareivos de todas formas.-
di a gárgola.
-Din que as palabras valen caras… e a ti iso acábache de
custar a vida.-di Tabria.
Das costas da gárgola, Mito abalánzase sobre o monstro,
despois de ter entrado por unha das vidreiras. Dunha
mordida no pescozo, a gárgola morre no acto,
transformándose en po de cinza.
-Acábasme de roubar o meu momento.- di Phiro,
gardando a espada.
-Xa… Agora xa rematou todo.-opina Mito.
-O libro será custodiado por min, e o asasinato
encubrirémolo coma se fose un suicidio. Gastarei o meu
último feitizo de hoxe en facer aparecer unha pistola coas
marcas dactilares de Arameo, para que pareza que foi un
suicidio.- anuncia Lero á vez que proxecta a pistola.
Outro Libro das Sombras, outro segredo que ocultar ao
mundo… Tabria non acaba de crer o que ve cos seus ollos,
como catro rapaces que eran normais puideron volverse
máis ca iso… puideron volverse gardiáns, os novos
Cabaleiros Templarios, que, como os seus antepasados,
loitarán agora e por sempre contra as ameazas do
mundo das sombras, pois isto é só o principio…

More Related Content

Viewers also liked

O que foi de jimmy sparks
O que foi de jimmy sparksO que foi de jimmy sparks
O que foi de jimmy sparksYolanda Castro
 
Charles e os catro sabios
Charles e os catro sabiosCharles e os catro sabios
Charles e os catro sabiosYolanda Castro
 
Concurso jóvenes talentos de relato corto
Concurso jóvenes talentos  de relato cortoConcurso jóvenes talentos  de relato corto
Concurso jóvenes talentos de relato cortoYolanda Castro
 
A casa da familia march
A casa da familia marchA casa da familia march
A casa da familia marchYolanda Castro
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 

Viewers also liked (7)

O que foi de jimmy sparks
O que foi de jimmy sparksO que foi de jimmy sparks
O que foi de jimmy sparks
 
Charles e os catro sabios
Charles e os catro sabiosCharles e os catro sabios
Charles e os catro sabios
 
A chave da fantasía
A chave da fantasíaA chave da fantasía
A chave da fantasía
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
Concurso jóvenes talentos de relato corto
Concurso jóvenes talentos  de relato cortoConcurso jóvenes talentos  de relato corto
Concurso jóvenes talentos de relato corto
 
A casa da familia march
A casa da familia marchA casa da familia march
A casa da familia march
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 

Similar to As sombras dos templarios

Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º BUnha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º Bceipcoiron
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Meigamaior
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativasandryttas
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
Rocioepablo
RocioepabloRocioepablo
RocioepabloCCMC
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014trasnoparoleiro
 
Boslectores
BoslectoresBoslectores
BoslectoresCCMC
 

Similar to As sombras dos templarios (16)

O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º BUnha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativa
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Terror nico
Terror nicoTerror nico
Terror nico
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
Noitebra
NoitebraNoitebra
Noitebra
 
Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
Rocioepablo
RocioepabloRocioepablo
Rocioepablo
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
O BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDOO BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDO
 
Boslectores
BoslectoresBoslectores
Boslectores
 

More from Yolanda Castro

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALYolanda Castro
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURAYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Yolanda Castro
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosYolanda Castro
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinaciónYolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Yolanda Castro
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaYolanda Castro
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoYolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

As sombras dos templarios

  • 1.
  • 2. O mosteiro atópase escuro, alumeado unicamente pola luz das longas candeas do altar, onde as fermosas figuras de cera mostran rostros tesos e inanimados. Un cura está de xeonllos diante da pía bautismal, rezando en voz alta, suando, pasando rapidamente as follas dun libro antigo mentres as súas mans tremen sen control. Nun intre, un soprido de aire xélido penetra no interior da sala. O lume desaparece, apágase, facendo que a néboa e a negrura da noite se fagan cargo de ocultar o lugar. O cura comeza a rezar latín en voz alta con todas as súas forzas. Escoita como o seu corazón latexa… latexa depresa… sen pausa. Óense unhas pisadas… cesan. Un berro inunda a calma da noite, o cura morreu. Todos os noticiarios e medios comunicativos da comarca falaban do mesmo. Dende que o corpo do cura Don Arameo aparecera na capela do mosteiro de Santa Catalina ninguén permitía o paso á escena do crime, polo tanto, os periodistas afogaban a preguntas aos detectives e encargados do caso. A antiga construción de pedra estaba rodeada por cinta policial e vallas metálicas, á vez que vixiada as vinte catro horas do día. Unha marea de persoas de todo tipo aglomerábase aos arredores do lugar, esperando a oportunidade de burlar a seguridade e infiltrarse no antro, mais era imposible conseguilo. AS SOMBRAS DOS TEMPLARIOS
  • 3. De entre semellante multitude, un coche de cor negro fíxose camiño pouco a pouco, ata chegar definitivamente ata a entrada do mosteiro. Alí, un grupo de axentes esperaban instrucións. O auto detívose e del saíu un home vestido cunha gabardina marrón, coa mirada seria e as mans metidas nos petos. -¿Podo saír, papá?- Preguntou unha voz feminina dende o interior do medio de transporte. -Non, mellor queda dentro.- ordenou o detective. -Porfa…- insiste ela. -Non.- é a última palabra do pai antes de afastarse do vehículo. Ela desobedece e do interior do transporte sae unha rapariga nova, duns catorce anos de idade, cos cabelos longos e castaños. A rapaza odia que a deixen de lado, sobre todo se é un caso deste tipo, dos que só ela e uns poucos máis poden resolver. Ocúltase da mirada do seu pai e avanza lentamente ao interior do edificio, pasando desapercibida entre os gardas, pois é o bo de ser a filla do mellor detective da zona. De forma imprevista, tópase co xefe de policía: o señor Celestino. É un home novo, alto e corpulento, pero con expresión amable e pintoresca, incapaz de facerlle o mínimo dano a unha mosca. -Deus santo, Tabria, vaia estirón que pegaches nos dous meses que non te vexo!- saúda o bonachón.
  • 4. -Grazas, Cel…, por certo, sabes algo sobre este caso?- Tabria sabe que sempre lle pode sacar información a Celestino, debido a que é demasiado bo como para darse de conta das intencións da moza. -Non sei moito, a verdade… Don Arameo apareceu morto esta mañá e punto. Non se sabe máis.- contestou o home. -E non hai probas, nin testigos?- pregunta a rapariga, atacando de novo. -Non. O bar xa cerrara no momento do acto e os gardas tiñan a noite libre, só estaba Don Arameo. A área do asasinato está limpa, sen proba algunha, tanto visible coma invisible. Ninguén sabe o que puido pasar durante a noite.- remata o policía. -E ninguén tiña problemas nin débedas con el?- volveu Tabria. -Arre demo, moito preguntas! Non. De feito, con el só estaba un rosario, as chaves da súa casa, uns euros nun dos petos e unha folla en branco. Nada máis. En resumo, non hai pistas, estamos totalmente en branco.- concluíu Cel. -Grazas, Cel, se non che importa, voume. Ata logo.- despídese a moza. -Ata logo.- dille Cel, co seu eterno sorriso.
  • 5. Cada quen segue o seu camiño. Tabria recapacita as palabras de Cel, aquela folla en branco… ao mellor podería dicir máis do que todos os presentes eran conscientes, todos excepto ela. A rapaza, grazas á súa experiencia nos casos, sabía que o que o resto da xente consideraba normal, para alguén coma ela non o era. Parouse na porta da capela, e observou con agudeza a escena do crime. Todo aparentaba ser inútil para o caso, sen probas, sen pistas, todo en su sitio, unha mancha de sangue sobre a pedra, en fronte a pía bautismal… Nada, nada interesante. A Tabria dáballe a sensación de que aquilo estivera feito por unha pantasma, pero non, pois se fose un espectro xa se decatara había moito tempo, polas seguras marcas de po que deixaría sobre o chan. Enriba dun banco, cerca do altar, estaban as cousas do cura, xunto co papel en branco. Tabria mirouno fixamente, entón, o papel emitiu unha repentina luz branca que durou uns segundos, pois logo desapareceu, coma se nunca existise. A moza acababa de atopar a pista clave do misterio. De súpeto, unha man agarrouna pola camiseta e deulle a volta. Era o seu pai, que a miraba de forma seria e enfadada. -Dixen que esperaras no coche- atacou.
  • 6. -Sempre fas igual, eu tamén teño dereito a axudar!- deféndese a moza. -Esta noite quedarás na túa habitación, castigada. Xa estou farto de que cada vez que teño un caso entre mans ti intentes aventurarte nel, coma se de un xogo se tratase- espetou o detective, á vez que levaba a Tabria fóra e a metía no vehículo. Pai e filla viaxaron no auto, mantendo unha intensa pero breve conversa sobre o costume que tiña Tabria de fisgar nos casos do seu pai. Ao chegar á casa, Tabria foi enviada ao seu cuarto. -Voume. Ás dez quero que xa esteas na cama. Volverei ás dúas como moi tarde. Adeus- despediuse o home, á vez que lle daba un bico a súa filla. -E non fagas toladas na miña ausencia- insistiu antes de pechar a porta. A rapariga subiu o máis rápido que puido a súa habitación e observou como o seu pai se afastaba pouco a pouco a través da ventá. Pasados os dez minutos, baixou correndo á entrada e intentou buscar as chaves para irse resolver o caso, mais deuse de conta de que o seu pai acababa de levalas con el para impedir que a moza lle volvera desobedecer. Estaba encerrada. Enfadada, subiu ao seu cuarto outra vez e mirou para o reloxo.
  • 7. Eran as nove da noite. Suspirou. Non quería quedar alí, sen facer nada, sabendo que un misterio que só ela podía resolver a estaba esperando. Podería baixar pola ventá… pero non chegaría ao chan nin facendo unha corda coas mantas da cama. Estaba demasiado alto. Ao cabo duns cinco minutos, algo chamou á ventá. Tabria aproximouse lentamente, con cautela, ata asomar a cabeza por ela. Ao facelo, viu unha figura moi familiar, enganchada á enredadeira que subía pola fachada da casa. Un raparigo da mesma idade ca ela, ou incluso un pouco máis novo, co pelo alborotado e vestido cunha camisa a cadros e un pantalón vaqueiro sorríalle dende o seu punto de escalada. -Mito! Menos mal que vos destes de conta!- alegrouse a rapaza. -Home, o raro sería que non nos déramos de conta. Non podes pasear pola rúa sen que alguén o comente.- contestou o mozo. -E os demais, a onde van?- preguntou Tabria. -Phiro mandoume unha mensaxe, eles xa están na saída de Ares dende hai moito. Parecíalles raro que non apareceras, por iso avisáronme de que viñera por ti.- contestou el. -Vale, pois vamos alá. Déixame coller os meus utensilios e vou.- dixo ela.
  • 8. Tabria puxo un cinto con diversas cousas colocadas nel e sentouse na beira da ventá. -Preparado?- preguntou Tabria. -Xa sabes que si.- contestou Mito, confiado. A rapariga saltou e, de forma veloz e instantánea, Mito colleuna pola camiseta e no aire cunha soa man. Coa outra man, baixou lentamente a enredadeira, ata chegar ao chan. Unha vez sobre a herba do xardín, ambos amigos acudiron ao encontro co resto do grupo, para resolver así o misterio. Phiro estaba sentado sobre unha rocha, sacándolle brillo á folla da súa magnífica espada branca e prateada. Outro rapaz, duns quince anos de idade, esperaba de pé xunto ao seu amigo. -Estás seguro de que enviaches ben a mensaxe?- pregunta. -Que si. É que nunca me pasarás por alto a vez que te deixamos mangado porque non che chegou a mensaxe?- di Phiro. -Digamos que cho teño en conta.- respondeu el, á vez que peiteaba a súa cabeleira rubia coa man. Polo horizonte, apareceron dúas figuras, que pouco a pouco foron achegándose ata chegar finalmente ao punto de encontro.
  • 9. -Xa estamos todos.- dixo Mito, cansado pola corrida. -Pois non perdamos máis tempo, debemos de darnos présa, do contrario poden descubrirnos nas nosas casas.- insistiu o raparigo de pelo rubio. -E non podes conxurar algún paganismo dos teus para que non nos descubran, Lero?- preguntou Phiro. -Chámase maxia, e non, non podo, porque logo, se a gasto niso non poderemos viaxar como imos facer agora.- contestou Lero. -Deixar de darlle ao pico e vaiamos a onde nos precisan.- apurou Tabria. Os rapaces colocáronse en círculo. Lero empezou a ler unhas palabras latinas do seu libro, cousa que ninguén entendía. Unha pantalla de luz branca envolveu ao grupo, que desapareceu nuns instantes. Un portal abriuse no ceo, sobre as árbores do monte, cerca do mosteiro. Del caeron catro figuras, que baixaron de forma brusca ata o chan. Tras golpearse con pólas, engancharse coas follas e caer en picado, aterrizaron sobre a alfombra do bosque caduco. -Xa podías ir mellorando as coordenadas!- quéixase Phiro, no chan, coas súas armas dispersas no solo. -Vale… a próxima vez acertarei, seguro.- escúsase Lero.
  • 10. -Xa, o mesmo dixeches a última vez…- resalta Tabria. Un gruñido interrompe a conversa. -Mércores, caeume o colar!- ruxiu a voz de Mito. De entre as matas de xesta, emerxeu Mito, pero algo cambiado. Agora era máis peludo que antes, os seus caninos eran de maior tamaño e lucía unhas grandes e afiadas poutas nas mans. Tiña a camisa desabotoada e os pantalóns rotos. -Non te preocupes, xa o atoparemos logo. Agora a nosa prioridade é acabar co caso antes de que o pai de Tabria descubra algún dato importante.- dixo Lero. Con cautela e coidado, os raparigos dirixíronse ao seu destino pero, antes de entrar, déronse de conta de que había demasiada xente como para poder penetrar sen máis. -Eu creo que é hora de que Lero traballe.-di Tabria. O mozo sorrí e pronuncia outro de seus múltiples feitizos. Esta vez, a maxia actúa para facelos invisibles durante un tempo breve, pero suficiente como para chegar dentro. -Lero… e eu que fago?- pregunta Mito. -Anda, esquecín que a ti a maxia non che afecta, Mito!- fala Lero. -Espera aquí. Serás os nosos ollos e oídos fóra do mosteiro.- di Tabria. -Canciño guardián…- búrlase Phiro.
  • 11. Mito grúñelle, pois non lle gusta nada que a xente lle chame can, cadelo ou canciño… élle incómodo, a pesar de ser verdade. Acatando as ordes, Mito agarda aos arredores do mosteiro, esperando algún sinal dos seus amigos por se precisan a súa axuda. Phiro, Lero e Tabria penetran no mosteiro, invisibles aos ollos humanos, pero non aos doutros seres… Nun dos corredoiros do mosteiro, un pequeno trasno delata a súa posición, facendo algo de barullo. As súas agudas risas chegan lonxe, debido ao eco formado polas paredes de pedra. Unha parella de gardas aproxímase á posición dos mozos. Eles corren para evitar ser descubertos pero, para a súa desgraza, o feitizo de Lero gástase e volven a ser visibles. -Que facemos agora?- pregunta Tabria, angustiada. -Rápido, Phiro, avisa a Mito!- dille Lero ao seu compañeiro. Phiro obedece e emite unha especie de son parecido ao dun moucho, pero máis forte e entrecortado, para que Mito o perciba ben. Mito foza nas follas secas do chan, mentres busca o seu colar, que para el é moi importante debido a que é o único obxecto que o pode devolver ao seu estado humano. De súpeto, un forte e coñecido son chega ata as súas orellas de lobo.
  • 12. Ao darse de conta de que os seus amigos necesitan axuda, non dubida ni un segundo en actuar. Como unha bala, quita a camisa e remanga os pantalóns, logo empeza a correr a catro patas e a ouvear nos arredores do mosteiro, para chamar así a atención dos policías. Un ouveo escóitase na noite. Os gardas, sorprendidos, atenden a chamada dos seus compañeiros para mirar o que ocorre. Os tres rapaces quedan aliviados, un pouco máis e son descubertos. -Ao final non foi tan malo que aquel bicho mordera a Mito...- agradece Phiro, con xesto de alivio. Sen perder o tempo, seguen a súa marcha ata chegar á escena do crime, onde segue estando o papel en branco. Lero recoñece a folla ao instante. De novo, recita un dos seus conxuros e un texto escrito a pluma aparece sobre o papel. -Trátase dun texto do século XV, dun Libro das Sombras. Parece que Don Arameo non era só un cura… tamén era un bruxo.- opina Lero. -Exacto…- interrompe unha voz tenebrosa, que fala dende o altar. Unha gárgola que estaba camuflada entre as imaxes de cera dáse a descubrir, mostrando o seu corpo pétreo e os seus ollos como tizóns candentes. Nunha garra leva un Libro das Sombras.
  • 13. Phiro colócase en posición de ataque e desenfunda a súa flamante espada. -Os Novos Templarios… escoitara fascinantes historias sobre vós, infalibles, invencibles, poderosos…, pero nunca pensei que forades uns simples mocosos humanos…- búrlase a gárgola, con malicia. -Non somos simples humanos. Ante ti tes a Tabria, a única detectora de sombras, a Phiro, o mestre das armas dos templarios e a Lero, o último conxurador da orde astral.- ameaza Lero. Unha sombra móvese polo muros exteriores, pero ninguén a detecta, só Tabria. -Dáme igual o que sexades, matareivos de todas formas.- di a gárgola. -Din que as palabras valen caras… e a ti iso acábache de custar a vida.-di Tabria. Das costas da gárgola, Mito abalánzase sobre o monstro, despois de ter entrado por unha das vidreiras. Dunha mordida no pescozo, a gárgola morre no acto, transformándose en po de cinza. -Acábasme de roubar o meu momento.- di Phiro, gardando a espada. -Xa… Agora xa rematou todo.-opina Mito.
  • 14. -O libro será custodiado por min, e o asasinato encubrirémolo coma se fose un suicidio. Gastarei o meu último feitizo de hoxe en facer aparecer unha pistola coas marcas dactilares de Arameo, para que pareza que foi un suicidio.- anuncia Lero á vez que proxecta a pistola. Outro Libro das Sombras, outro segredo que ocultar ao mundo… Tabria non acaba de crer o que ve cos seus ollos, como catro rapaces que eran normais puideron volverse máis ca iso… puideron volverse gardiáns, os novos Cabaleiros Templarios, que, como os seus antepasados, loitarán agora e por sempre contra as ameazas do mundo das sombras, pois isto é só o principio…