SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
RELATO GAÑADOR DE 1º CICLO DE E. PRIMARIA: 
“A BRUXA E A PANTASMA” 
Había unha vez unha bruxa que se chamaba Telma. Vivía nun bosque cheo de árbores, nunha cabana de madeira. Estaba moi aburrida porque levaba moito tempo sen facer unha apócema máxica. Faltáballe unha herba que había no cume da montaña. Non quería ir buscala porque dicían que por alí roldaba unha pantasma. 
Unha noite de Samaín a bruxa Telma foi á montaña e atopouse coa pantasma que estaba chorando porque por alí non pasaba ninguén. 
A bruxa e a pantasma fixéronse amigas e elaboraron a apócema xuntas. 
PABLO SOMOZA NEIRA, 2º A. 
RELATO GAÑADOR DE 2º CICLO: 
“O VAMPIRO QUE TIÑA MEDO A CHUPAR SANGUE” 
Había unha vez un vampiro chamado Colmillo. A súa irmá Tífani era científica como o seu avó Franquistein. Óscar era o seu pai, o xefe dos vampiros, casado coa fermosa Marisa. 
Colmillo tiña un gran problema xa que, sendo vampiro, dáballe moito medo morder para chupar o sangue. 
O seu pai sempre lle andaba a dicir: “Colmillo, algunha vez terás que chupar o sangue. A túa nai non che vai facer máis biberóns”. Como a cousa non cambiaba, decidiron mandalo, xunto coa súa irmá, ao internado dos monstros onde ían ir tamén os seus amigos: a pantasma Lois e a momia Patricia. 
Á mañá seguinte, antes de marchar todos, estaban falando sobre o internado. De repente, o avó sacou dous paquetes e díxolles aos nenos: “Isto é para vós. É un invento meu: abrídeo!”. O de Colmillo eran unhas luvas e unhas botas. Díxolle o avó: 
-É un kit martelo. Cando o poñas, terás máis forza que ninguén. 
-E o meu que é?- díxolle Tífani. 
-É un bolso con un kit de tecnoloxía: experimentos, ordenador… 
Nisto chegou o autobús con forma de serpe –con cairos e todo-. Sentaron atrás de todo con Lois e Patricia. De súpeto o autobús elevouse, saíronlle propulsores xigantes aos lados e fóronse á velocidade da luz, desaparecendo sen deixar rastro. Cando se deron conta xa estaban alí. Abríronse as portas e recibiunos un morcego que ao instante se
transformou nun vampiro. Dixo: “Ola, chámome Sr. Misterio e son o director e mestre de vampiros. Mañá presentaranse todos os profesores e comezarán as clases”. 
Pasaron dous cursos e Colmillo seguía sen poder morder. A súa irmá, xunto cos seus amigos, vendo que Colmillo o estaba pasando mal, decidiron axudalo. Tras moitos ensaios e grazas aos aparellos que lle regalara o avó, conseguiron compoñer unha beberaxe cun líquido igual có sangue e así non tería que morder a ninguén. 
DIEGO TEMPERÁN POTEL, 4º A. 
RELATO FINALISTA NA CATEGORÍA DE 2º CICLO DE E. PRIMARIA: “O CAMIÑO ENCANTADO” 
Era o último día de outubro. Nunha aldea pequeña celébrase a festa do Samaín. Un mozo chamado Xoán quere ir coa súa namorada Nerea pero, para ir buscala, tiña que pasar por un carreiro estreito e longo. Botoulle peito e foi por el. Estaba morto de medo porque notaba que unhas mans lle tiraban do xersei, pero non vía nada porque era de noite e estaba chovendo. Xoán empezou a correr; quería saír dese camiño o antes posible. Cando por fin chegou á aldea de Nerea, non llo quixo contar para que ela non pensase que era un cagarolas. Aos seus ollos quería ser moi valente, o máis valente de todos os mozos da aldea. 
Chegaron ao lugar onde se celebraba a festa do Samaín. Estiveron bailando e contando contos de medo. Pasárono moi ben, pero chegou a hora de volver para a súa casa e non lle quedaba máis remedio que regresar polo mesmo camiño. Era o único camiño que existía para voltar á súa casa. Volveulle a botar peito e empezou a correr e correr para pasar o camiño o máis rápido posible, cando, de súpeto, volveu sentir as mesmas mans que lle tiraban do xersei e dos pantalóns. Esta vez non parou a mirar que era aquela cousa que o agarraba e lle tiraba da roupa. Seguiu correndo a toda présa e pensou: “Meu Deus, desta non saio vivo”. 
Cando xa estaba chegando ao final do camiño, nota como alguén lle tiraba a gorra que levaba posta na cabeza e lla quita. Xoán xa non pode máis… 
Ao chegar á casa, mira a roupa e tena toda estirada dos tiróns que lle deran polo camiño e, ademais, deuse conta de que non levaba a gorra que tiña na cabeza. 
Deitouse dúas horas pero non conseguiu durmir nada pensando en quen serían os que tanto o agarraban polo camiño e como podían conseguir que sentise tanto medo. Levantouse da cama dun brinco. Xa estaba amencendo cando pensou: “Vou pasar agora que xa é de día, a ver se aínda están eses pantasmas que tanto me agarraban”. Comezou a andar mirando para os lados e para atrás ata que de pronto… atopou a súa gorra enganchada nunha silva e dixo: 
-Dende logo, non che son nada valente, eh! 
CARMEN CALDELAS MAGÁN, 4º B.
RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DE 3º CICLO DE E. PRIMARIA:”A PROMESA” 
Corría o ano 1864. Un día de choiva, o cemiterio cubríase de negros paraugas. A triste morte dunha coñecida muller na vila acollía a todos os veciños. Aquel 31 de outubro, Concha a do Roxo, que así era como se chamaba, falecía pola pena que arrastraba de ser ela a elixida. 
Concha e o seu marido Antonio eran donos do ultramarinos máis popular da comarca. Abastecían os veciños de toda clase de víveres, así como de cereais e de hortalizas propias de cada tempada. A súa fortuna fora feita a base do troco e do abuso. Os seus fillos, María e Andrés, estudaban dereito e mestría. 
Eles realmente non eran ben queridos na comarca xa que os veciños se decataran había moito tempo de que a súa riqueza viña xerada do engano e dos prezos abusivos. Ademais cos seus trocos sempre saían moi beneficiados. 
Toda esta riqueza acumulada durante todos estes anos estaba a punto de non servir para nada pois Concha xa se intentara suicidar, colgándose. Ninguén entendía por que quería acabar coa súa vida. Non lle faltaba de nada! Era un motivo máis escuro o que a levou a cometer tal acto. 
A súa comadre Herminia coñecía o segredo polo cal se intentara suicidar e gardaba por escrito todo o que pasara e todo o que pasaría tras a morte de Concha. 
Tras a morte de Herminia, este escrito veu á luz. Nel narraba, desde a primeira aparición do espírito ata o que pasaría no futuro. Era estarrecedor! 
Textualmente, no escrito de Herminia poñía que fora a mediados do mes de outubro cando unha noite Concha espertou sobresaltada. Non o acababa de crer, pero unha voz dicíalle: 
-¡¡Esperta Concha, temos que falar!! Veño buscar a túa alma e a doutra persoa achegada a ti. - Porque me escolliches a min? –contestoulle Concha. 
- Fuches ti a escollida polos teus malos actos, a cobiza e avaricia sobre estas pobres xentes. 
Uns días despois, Concha, perturbada polo medo e nun arrebato de loucura, decidiu colgarse. Pero foi nese mesmo intre cando se lle aparece de novo o espírito e lle di: 
-Se ti morres agora, tamén levarei aos teus fillos. 
Isto fixo que Concha recuase. Tras unha semana de angustia, o día 31 de outubro Concha falece. No seu leito de morte, confíalle a Herminia que a noite anterior o espírito volvera e lle dixera: 
-Ti xa vés, pero dentro de 150 anos levareime a outro parente teu e co mesmo sufrimento que pasaches ti. 
Tamén lle confiou que había certo tempo, ela intentara cobrar unha débeda abusiva a unha muller que non tiña cartos. A muller dixéralle:
-Ha de vir o espírito do mal a levarte. 
Xa pasaron os 150 anos. Estamos moi preto do 31 de outubro de 2014. Quen será o familiar de Concha ao que se leve esta vez o espírito, cumprindo coa promesa que lle fixo no seu día a ela? 
E pregúntome eu, serás TI? 
MARINA MIGUÉNS DIZ, 6º B. 
RELATO FINALISTA DA CATEGORÍA DE 3º CICLO: “O OSO ASASINO” 
Hai un tempo un oso vivía na casa dun home moi velliño, que o atopara nun bosque soíño e todo mollado. Os cazadores mataran a súa familia e o osiño quedara só. Ao velliño deulle pena e, como el tampouco tiña familia, criouno coma se fose o seu fillo. Este home era famoso na súa vila polo seu amor aos animais. Apenas falaba coa xente e non se relacionaba con ninguén, así que acostumou ao oso a odiar a xente tamén. 
Pasado un tempo, empezaron a suceder desgrazas. Certo día o carniceiro apareceu colgado na súa carnicería coma se fose un porco e faltábanlle os brazos. Á semana seguinte a peixeira apareceu morta na praza coas tripas colgando. 
A policía empezou a investigar tan horribles crimes. A seguinte vítima foi o toureiro da vila. Apareceu no medio da praza de touros cunhas rabuñaduras nas costas e a espada cravada. Non había dúbida: aquelas rabuñaduras eran poutadas dun animal. Igual era o mesmo animal que lle arrincara cos dentes os brazos ao carniceiro. Tamén podía ser o mesmo que coa boca lle arrincara as tripas á peixeira. Pero que animal sería?, pensaba a policía. 
Os seguintes mortos foron os tres cazadores da vila, todos coa cabeza arrincada e cun tiro no peito. Os asasinos non sabían que o fillo pequeño do último dos cazadores vira todo. A policía non podía crer ao pequecho cando lles dixo que os asasinos eran un home vello e un oso. Un oso??? Que estraña parella!!! 
De súpeto, percatáronse daquel home que vivía afastado da vila, que era tan raro, así que decidiron ir interrogalo. Polo camiño encontráronos cometendo o último crime. A escena era terrible: estaban arrincándolle a pel ao peleteiro mentres estaba vivo. 
A policía abateunos a tiros. Era tanto o amor que lles tiñan aos animais que mataron a todos os que lles facían dano, fora polo que fora. O pobo descansou en paz desde aquel día. 
SAMUEL OLIVEIRA CARBIA, 5º B.
RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE ESO: “NAS NOITES PECHAS NUNCA SE PODE SAÍR DA CASA” 
Era noite pecha e Celtia seguía esperando ao seu amado. O lugar da cita, un non moi romántico: a igrexa dun século de antigüidade en ruínas dende hai máis de dez anos. O son do vento atravesando as rochas caídas do edificio estremecían os ósos da namorada. Algúns mouchos e corvos deixábanse caer por alí, coma se o ambiente de novela de terror os atraese como as lambetadas a un rapaciño. A lúgubre luz da lúa xogaba coas sombras facendo imaxes que bailaban no silencio da noite. 
Celtia seguía esperando. Entre miañar de felinos e o renxer de pólas destacou sobre todo o son dunhas pisadas. A namorada deuse a volta e entre as sombras apareceu o seu namorado. A moza notoulle algo distinto e non se aproximou. Viña coa roupa de traballar, todo manchado e suorento. Tiña algo agochado na man dereita detrás das costas que Celtia non podía ver. Esta preguntoulle que por que quedaran nun sitio tan afastado da aldea e ateigado de casas abandonadas. El non lle contestou. O silencio volveuse facer nesa noite tan escura e fría. 
De súpeto o rapaz ensinou o que tiña agochado. Era unha fouce xa gastada polos anos de uso que el suxeitaba con forza. Á moza aceleróuselle o pulso. Que faría o seu amado cunha ferramenta de traballo a estas horas da noite? Nada do que se lle ocorría pensar era bo. A namorada, asustada, volveulle preguntar o mesmo, pero non recibiu resposta. 
De súpeto comezou a camiñar. A rapaza atemorizada foi dando pequeniños pasos cara a atrás ata que o seu amado elevou o ritmo. Celtia púxose a correr. As pólas das árbores batíanlle na cara esnaquizándolle o bonito rostro mentres saltaban as pedras do camiño. De vez en cando viraba o ollar para comprobar se o seu perseguidor a seguía buscando. El avanzaba con paso firme pola mesma ruta da súa namorada. 
Celtia encontrou unha casiña sen residentes. Decidiu agocharse alí e buscar algunha arma coa que se defender. Entrou atravesando a vella e roída porta da casa e viu un corredor longo e moi estreito. O ambiente alí dentro era húmido e as paredes poderían derrubarse dun momento a outro grazas ás pequenas termitas que xogaban coa madeira. A rapaza atravesou o corredor e chegou ata unha porta. O pomo estaba moi gastado e noxento polo paso dos anos. Abriuna e observou unhas escaleiras que, por falta de luz, parecían conducir ata o mesmo inferno. Todo estaba moi escuro e o corazón latexáballe con forza. Escoitou o abrir e pechar da porta de entrada xunto cun son agudo. O rapaz avanzaba paseniñamente polo corredor facendo rozar a fouce coa parede. Celtia levou a man á boca como querendo impedir que a súa alma abandonase ese corpo esvelto destinado a morrer. Baixou as escaleiras e arrimouse a unha esquina do que parecía ser un soto sen luz. Alí encolleuse como os gatiños nun día de tormenta coa esperanza de que o seu namorado marchase ou se esnaquizase ao querer baixar as escaleiras sen máis luz que a das estrelas que escintilaban dende unha pequena xanela alá arriba no ceo escuro da noite.
Celtia esperaba atemorizada. Os pasos do rapaz xa se escoitaban cada vez máis preto. A cada alancada que daba podía sentirse o renxer da madeira baixo os seus pés. Foi baixando as escaleiras, unha a unha, moi paseniñamente e pendurado da man dereita o seu instrumento de traballo. Celtia apoiou a man no peito. Sentía o seu propio corazón cada vez máis alterado. O rapaz púxose diante dela. Entre laios e bágoas a namorada seguía preguntando que lle pasaba e por que facía iso. Como resposta o namorado ergueu a man dereita empuñando o fouciño. 
Nese intre, o son dunha escopeta disparando fixo vibrar o soto. O seu namorado caía diante dela como un saco de fariña, inerte, sen alma. Alí estaba, de pé, o mellor amigo da aldea da rapaza, Duarte. Celtia levantouse e abrazou ao seu salvador. Os dous rapaces alterados pola situación suspiraban agora libremente, sen temor. Este explicoulle que vira ao mozo da rapaza coller sen permiso unha ferramenta do seu taller e decidiu seguilo, pois non era normal ese comportamento de vándalo nel. Ao ver que quería facerlle dano a Celtia, foi detrás deles dous para impedilo e salvar á súa amiga. Despois de aclararlo, volvéronse abrazar e subiron as escaleiras deixando o cadáver do que antes era un miñaxoia agora convertido nun diaño pasto das lombrigas. 
Celtia e Duarte saíron desa casa e queimárona. Non sabían o motivo de por que o namorado da rapaza tivera ese comportamento tan estraño. O edificio prendeu rápido e os dous mozos afastábanse abrazados das quentes brasas mentres escoitaban o caer das vigas de madeira ardendo entre a maleza verde, que se tornaba agora dunha cor negra. Celtia seguía sen comprender como podería estar namorada dun rapaz cunha alma tan escura. Pero aprendeu a lección (á parte de que tería que escoller con máis coidado aos mozos): nas noites pechas nunca se pode saír da casa. 
CANDELA LAFUENTE LÓPEZ, 4º de ESO

More Related Content

What's hot

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianosnoagaliza
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
O vampiro e as nenas
O vampiro e as nenasO vampiro e as nenas
O vampiro e as nenasA Solaina
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1arilogar
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Halloween entre vampiros
Halloween entre vampirosHalloween entre vampiros
Halloween entre vampirosA Solaina
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 

What's hot (19)

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
O vampiro e as nenas
O vampiro e as nenasO vampiro e as nenas
O vampiro e as nenas
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
Halloween entre vampiros
Halloween entre vampirosHalloween entre vampiros
Halloween entre vampiros
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Dezanove de xuño
Dezanove de xuñoDezanove de xuño
Dezanove de xuño
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 

Viewers also liked

Viewers also liked (7)

O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Traballo Entroido
Traballo EntroidoTraballo Entroido
Traballo Entroido
 
COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Poemiñas para colorear en galego
Poemiñas para colorear en galegoPoemiñas para colorear en galego
Poemiñas para colorear en galego
 
Día de Rosalía 2017
Día de Rosalía 2017Día de Rosalía 2017
Día de Rosalía 2017
 

Similar to Relatos gañadores samaín 2014

Similar to Relatos gañadores samaín 2014 (20)

O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Contos de medo
Contos de medoContos de medo
Contos de medo
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
 
INFAMIA.docx
INFAMIA.docxINFAMIA.docx
INFAMIA.docx
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
 
Terror nico
Terror nicoTerror nico
Terror nico
 
Arevoluciondoszombis hugomera
Arevoluciondoszombis hugomeraArevoluciondoszombis hugomera
Arevoluciondoszombis hugomera
 
Arevoluciondoszombis hugomera
Arevoluciondoszombis hugomeraArevoluciondoszombis hugomera
Arevoluciondoszombis hugomera
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicreques
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
Cidades na literatura
Cidades na literaturaCidades na literatura
Cidades na literatura
 

More from trasnoparoleiro

"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barraltrasnoparoleiro
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzotrasnoparoleiro
 
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesurestrasnoparoleiro
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROtrasnoparoleiro
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclotrasnoparoleiro
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegotrasnoparoleiro
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesurestrasnoparoleiro
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesurestrasnoparoleiro
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNtrasnoparoleiro
 
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castrotrasnoparoleiro
 
O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014trasnoparoleiro
 

More from trasnoparoleiro (20)

"As Malvinas"
"As Malvinas""As Malvinas"
"As Malvinas"
 
O regalo terrorífico
O regalo terroríficoO regalo terrorífico
O regalo terrorífico
 
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
 
"Onde está o medo?"
"Onde está o medo?""Onde está o medo?"
"Onde está o medo?"
 
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 
En galego, sen cancelas
En galego, sen cancelasEn galego, sen cancelas
En galego, sen cancelas
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclo
 
O galego está en nós
O galego está en nósO galego está en nós
O galego está en nós
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesures
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Violencia de xénero
Violencia de xéneroViolencia de xénero
Violencia de xénero
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
 
Bokaneir@s
Bokaneir@sBokaneir@s
Bokaneir@s
 
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
 
Carteis Samaín 2014
Carteis Samaín 2014Carteis Samaín 2014
Carteis Samaín 2014
 
O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014
 

Relatos gañadores samaín 2014

  • 1. RELATO GAÑADOR DE 1º CICLO DE E. PRIMARIA: “A BRUXA E A PANTASMA” Había unha vez unha bruxa que se chamaba Telma. Vivía nun bosque cheo de árbores, nunha cabana de madeira. Estaba moi aburrida porque levaba moito tempo sen facer unha apócema máxica. Faltáballe unha herba que había no cume da montaña. Non quería ir buscala porque dicían que por alí roldaba unha pantasma. Unha noite de Samaín a bruxa Telma foi á montaña e atopouse coa pantasma que estaba chorando porque por alí non pasaba ninguén. A bruxa e a pantasma fixéronse amigas e elaboraron a apócema xuntas. PABLO SOMOZA NEIRA, 2º A. RELATO GAÑADOR DE 2º CICLO: “O VAMPIRO QUE TIÑA MEDO A CHUPAR SANGUE” Había unha vez un vampiro chamado Colmillo. A súa irmá Tífani era científica como o seu avó Franquistein. Óscar era o seu pai, o xefe dos vampiros, casado coa fermosa Marisa. Colmillo tiña un gran problema xa que, sendo vampiro, dáballe moito medo morder para chupar o sangue. O seu pai sempre lle andaba a dicir: “Colmillo, algunha vez terás que chupar o sangue. A túa nai non che vai facer máis biberóns”. Como a cousa non cambiaba, decidiron mandalo, xunto coa súa irmá, ao internado dos monstros onde ían ir tamén os seus amigos: a pantasma Lois e a momia Patricia. Á mañá seguinte, antes de marchar todos, estaban falando sobre o internado. De repente, o avó sacou dous paquetes e díxolles aos nenos: “Isto é para vós. É un invento meu: abrídeo!”. O de Colmillo eran unhas luvas e unhas botas. Díxolle o avó: -É un kit martelo. Cando o poñas, terás máis forza que ninguén. -E o meu que é?- díxolle Tífani. -É un bolso con un kit de tecnoloxía: experimentos, ordenador… Nisto chegou o autobús con forma de serpe –con cairos e todo-. Sentaron atrás de todo con Lois e Patricia. De súpeto o autobús elevouse, saíronlle propulsores xigantes aos lados e fóronse á velocidade da luz, desaparecendo sen deixar rastro. Cando se deron conta xa estaban alí. Abríronse as portas e recibiunos un morcego que ao instante se
  • 2. transformou nun vampiro. Dixo: “Ola, chámome Sr. Misterio e son o director e mestre de vampiros. Mañá presentaranse todos os profesores e comezarán as clases”. Pasaron dous cursos e Colmillo seguía sen poder morder. A súa irmá, xunto cos seus amigos, vendo que Colmillo o estaba pasando mal, decidiron axudalo. Tras moitos ensaios e grazas aos aparellos que lle regalara o avó, conseguiron compoñer unha beberaxe cun líquido igual có sangue e así non tería que morder a ninguén. DIEGO TEMPERÁN POTEL, 4º A. RELATO FINALISTA NA CATEGORÍA DE 2º CICLO DE E. PRIMARIA: “O CAMIÑO ENCANTADO” Era o último día de outubro. Nunha aldea pequeña celébrase a festa do Samaín. Un mozo chamado Xoán quere ir coa súa namorada Nerea pero, para ir buscala, tiña que pasar por un carreiro estreito e longo. Botoulle peito e foi por el. Estaba morto de medo porque notaba que unhas mans lle tiraban do xersei, pero non vía nada porque era de noite e estaba chovendo. Xoán empezou a correr; quería saír dese camiño o antes posible. Cando por fin chegou á aldea de Nerea, non llo quixo contar para que ela non pensase que era un cagarolas. Aos seus ollos quería ser moi valente, o máis valente de todos os mozos da aldea. Chegaron ao lugar onde se celebraba a festa do Samaín. Estiveron bailando e contando contos de medo. Pasárono moi ben, pero chegou a hora de volver para a súa casa e non lle quedaba máis remedio que regresar polo mesmo camiño. Era o único camiño que existía para voltar á súa casa. Volveulle a botar peito e empezou a correr e correr para pasar o camiño o máis rápido posible, cando, de súpeto, volveu sentir as mesmas mans que lle tiraban do xersei e dos pantalóns. Esta vez non parou a mirar que era aquela cousa que o agarraba e lle tiraba da roupa. Seguiu correndo a toda présa e pensou: “Meu Deus, desta non saio vivo”. Cando xa estaba chegando ao final do camiño, nota como alguén lle tiraba a gorra que levaba posta na cabeza e lla quita. Xoán xa non pode máis… Ao chegar á casa, mira a roupa e tena toda estirada dos tiróns que lle deran polo camiño e, ademais, deuse conta de que non levaba a gorra que tiña na cabeza. Deitouse dúas horas pero non conseguiu durmir nada pensando en quen serían os que tanto o agarraban polo camiño e como podían conseguir que sentise tanto medo. Levantouse da cama dun brinco. Xa estaba amencendo cando pensou: “Vou pasar agora que xa é de día, a ver se aínda están eses pantasmas que tanto me agarraban”. Comezou a andar mirando para os lados e para atrás ata que de pronto… atopou a súa gorra enganchada nunha silva e dixo: -Dende logo, non che son nada valente, eh! CARMEN CALDELAS MAGÁN, 4º B.
  • 3. RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DE 3º CICLO DE E. PRIMARIA:”A PROMESA” Corría o ano 1864. Un día de choiva, o cemiterio cubríase de negros paraugas. A triste morte dunha coñecida muller na vila acollía a todos os veciños. Aquel 31 de outubro, Concha a do Roxo, que así era como se chamaba, falecía pola pena que arrastraba de ser ela a elixida. Concha e o seu marido Antonio eran donos do ultramarinos máis popular da comarca. Abastecían os veciños de toda clase de víveres, así como de cereais e de hortalizas propias de cada tempada. A súa fortuna fora feita a base do troco e do abuso. Os seus fillos, María e Andrés, estudaban dereito e mestría. Eles realmente non eran ben queridos na comarca xa que os veciños se decataran había moito tempo de que a súa riqueza viña xerada do engano e dos prezos abusivos. Ademais cos seus trocos sempre saían moi beneficiados. Toda esta riqueza acumulada durante todos estes anos estaba a punto de non servir para nada pois Concha xa se intentara suicidar, colgándose. Ninguén entendía por que quería acabar coa súa vida. Non lle faltaba de nada! Era un motivo máis escuro o que a levou a cometer tal acto. A súa comadre Herminia coñecía o segredo polo cal se intentara suicidar e gardaba por escrito todo o que pasara e todo o que pasaría tras a morte de Concha. Tras a morte de Herminia, este escrito veu á luz. Nel narraba, desde a primeira aparición do espírito ata o que pasaría no futuro. Era estarrecedor! Textualmente, no escrito de Herminia poñía que fora a mediados do mes de outubro cando unha noite Concha espertou sobresaltada. Non o acababa de crer, pero unha voz dicíalle: -¡¡Esperta Concha, temos que falar!! Veño buscar a túa alma e a doutra persoa achegada a ti. - Porque me escolliches a min? –contestoulle Concha. - Fuches ti a escollida polos teus malos actos, a cobiza e avaricia sobre estas pobres xentes. Uns días despois, Concha, perturbada polo medo e nun arrebato de loucura, decidiu colgarse. Pero foi nese mesmo intre cando se lle aparece de novo o espírito e lle di: -Se ti morres agora, tamén levarei aos teus fillos. Isto fixo que Concha recuase. Tras unha semana de angustia, o día 31 de outubro Concha falece. No seu leito de morte, confíalle a Herminia que a noite anterior o espírito volvera e lle dixera: -Ti xa vés, pero dentro de 150 anos levareime a outro parente teu e co mesmo sufrimento que pasaches ti. Tamén lle confiou que había certo tempo, ela intentara cobrar unha débeda abusiva a unha muller que non tiña cartos. A muller dixéralle:
  • 4. -Ha de vir o espírito do mal a levarte. Xa pasaron os 150 anos. Estamos moi preto do 31 de outubro de 2014. Quen será o familiar de Concha ao que se leve esta vez o espírito, cumprindo coa promesa que lle fixo no seu día a ela? E pregúntome eu, serás TI? MARINA MIGUÉNS DIZ, 6º B. RELATO FINALISTA DA CATEGORÍA DE 3º CICLO: “O OSO ASASINO” Hai un tempo un oso vivía na casa dun home moi velliño, que o atopara nun bosque soíño e todo mollado. Os cazadores mataran a súa familia e o osiño quedara só. Ao velliño deulle pena e, como el tampouco tiña familia, criouno coma se fose o seu fillo. Este home era famoso na súa vila polo seu amor aos animais. Apenas falaba coa xente e non se relacionaba con ninguén, así que acostumou ao oso a odiar a xente tamén. Pasado un tempo, empezaron a suceder desgrazas. Certo día o carniceiro apareceu colgado na súa carnicería coma se fose un porco e faltábanlle os brazos. Á semana seguinte a peixeira apareceu morta na praza coas tripas colgando. A policía empezou a investigar tan horribles crimes. A seguinte vítima foi o toureiro da vila. Apareceu no medio da praza de touros cunhas rabuñaduras nas costas e a espada cravada. Non había dúbida: aquelas rabuñaduras eran poutadas dun animal. Igual era o mesmo animal que lle arrincara cos dentes os brazos ao carniceiro. Tamén podía ser o mesmo que coa boca lle arrincara as tripas á peixeira. Pero que animal sería?, pensaba a policía. Os seguintes mortos foron os tres cazadores da vila, todos coa cabeza arrincada e cun tiro no peito. Os asasinos non sabían que o fillo pequeño do último dos cazadores vira todo. A policía non podía crer ao pequecho cando lles dixo que os asasinos eran un home vello e un oso. Un oso??? Que estraña parella!!! De súpeto, percatáronse daquel home que vivía afastado da vila, que era tan raro, así que decidiron ir interrogalo. Polo camiño encontráronos cometendo o último crime. A escena era terrible: estaban arrincándolle a pel ao peleteiro mentres estaba vivo. A policía abateunos a tiros. Era tanto o amor que lles tiñan aos animais que mataron a todos os que lles facían dano, fora polo que fora. O pobo descansou en paz desde aquel día. SAMUEL OLIVEIRA CARBIA, 5º B.
  • 5. RELATO GAÑADOR DA CATEGORÍA DE ESO: “NAS NOITES PECHAS NUNCA SE PODE SAÍR DA CASA” Era noite pecha e Celtia seguía esperando ao seu amado. O lugar da cita, un non moi romántico: a igrexa dun século de antigüidade en ruínas dende hai máis de dez anos. O son do vento atravesando as rochas caídas do edificio estremecían os ósos da namorada. Algúns mouchos e corvos deixábanse caer por alí, coma se o ambiente de novela de terror os atraese como as lambetadas a un rapaciño. A lúgubre luz da lúa xogaba coas sombras facendo imaxes que bailaban no silencio da noite. Celtia seguía esperando. Entre miañar de felinos e o renxer de pólas destacou sobre todo o son dunhas pisadas. A namorada deuse a volta e entre as sombras apareceu o seu namorado. A moza notoulle algo distinto e non se aproximou. Viña coa roupa de traballar, todo manchado e suorento. Tiña algo agochado na man dereita detrás das costas que Celtia non podía ver. Esta preguntoulle que por que quedaran nun sitio tan afastado da aldea e ateigado de casas abandonadas. El non lle contestou. O silencio volveuse facer nesa noite tan escura e fría. De súpeto o rapaz ensinou o que tiña agochado. Era unha fouce xa gastada polos anos de uso que el suxeitaba con forza. Á moza aceleróuselle o pulso. Que faría o seu amado cunha ferramenta de traballo a estas horas da noite? Nada do que se lle ocorría pensar era bo. A namorada, asustada, volveulle preguntar o mesmo, pero non recibiu resposta. De súpeto comezou a camiñar. A rapaza atemorizada foi dando pequeniños pasos cara a atrás ata que o seu amado elevou o ritmo. Celtia púxose a correr. As pólas das árbores batíanlle na cara esnaquizándolle o bonito rostro mentres saltaban as pedras do camiño. De vez en cando viraba o ollar para comprobar se o seu perseguidor a seguía buscando. El avanzaba con paso firme pola mesma ruta da súa namorada. Celtia encontrou unha casiña sen residentes. Decidiu agocharse alí e buscar algunha arma coa que se defender. Entrou atravesando a vella e roída porta da casa e viu un corredor longo e moi estreito. O ambiente alí dentro era húmido e as paredes poderían derrubarse dun momento a outro grazas ás pequenas termitas que xogaban coa madeira. A rapaza atravesou o corredor e chegou ata unha porta. O pomo estaba moi gastado e noxento polo paso dos anos. Abriuna e observou unhas escaleiras que, por falta de luz, parecían conducir ata o mesmo inferno. Todo estaba moi escuro e o corazón latexáballe con forza. Escoitou o abrir e pechar da porta de entrada xunto cun son agudo. O rapaz avanzaba paseniñamente polo corredor facendo rozar a fouce coa parede. Celtia levou a man á boca como querendo impedir que a súa alma abandonase ese corpo esvelto destinado a morrer. Baixou as escaleiras e arrimouse a unha esquina do que parecía ser un soto sen luz. Alí encolleuse como os gatiños nun día de tormenta coa esperanza de que o seu namorado marchase ou se esnaquizase ao querer baixar as escaleiras sen máis luz que a das estrelas que escintilaban dende unha pequena xanela alá arriba no ceo escuro da noite.
  • 6. Celtia esperaba atemorizada. Os pasos do rapaz xa se escoitaban cada vez máis preto. A cada alancada que daba podía sentirse o renxer da madeira baixo os seus pés. Foi baixando as escaleiras, unha a unha, moi paseniñamente e pendurado da man dereita o seu instrumento de traballo. Celtia apoiou a man no peito. Sentía o seu propio corazón cada vez máis alterado. O rapaz púxose diante dela. Entre laios e bágoas a namorada seguía preguntando que lle pasaba e por que facía iso. Como resposta o namorado ergueu a man dereita empuñando o fouciño. Nese intre, o son dunha escopeta disparando fixo vibrar o soto. O seu namorado caía diante dela como un saco de fariña, inerte, sen alma. Alí estaba, de pé, o mellor amigo da aldea da rapaza, Duarte. Celtia levantouse e abrazou ao seu salvador. Os dous rapaces alterados pola situación suspiraban agora libremente, sen temor. Este explicoulle que vira ao mozo da rapaza coller sen permiso unha ferramenta do seu taller e decidiu seguilo, pois non era normal ese comportamento de vándalo nel. Ao ver que quería facerlle dano a Celtia, foi detrás deles dous para impedilo e salvar á súa amiga. Despois de aclararlo, volvéronse abrazar e subiron as escaleiras deixando o cadáver do que antes era un miñaxoia agora convertido nun diaño pasto das lombrigas. Celtia e Duarte saíron desa casa e queimárona. Non sabían o motivo de por que o namorado da rapaza tivera ese comportamento tan estraño. O edificio prendeu rápido e os dous mozos afastábanse abrazados das quentes brasas mentres escoitaban o caer das vigas de madeira ardendo entre a maleza verde, que se tornaba agora dunha cor negra. Celtia seguía sen comprender como podería estar namorada dun rapaz cunha alma tan escura. Pero aprendeu a lección (á parte de que tería que escoller con máis coidado aos mozos): nas noites pechas nunca se pode saír da casa. CANDELA LAFUENTE LÓPEZ, 4º de ESO