SlideShare a Scribd company logo
1 of 25
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA


   Naquel mércores de finais de outubro na
casa de Antía e Xaquín, todo o mundo andaba
bastante axitado. Había mochilas, roupa de
montaña e bicicletas esparexidas por toda a
casa.


Os pais dos rapaces para a ponte de Santos
organizaran unha viaxe: unha viaxe moi
especial, xa que ían percorrer o Camiño de
Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata a
capital de Galicia.
Mañá,1 de novembro, uns amigos da familia
vanos levar no seu coche todoterreo           ata o
punto de partida e desde aquí comezará a
aventura: aventura que eles non sospeitan o
aterradora que chegará a ser.
Ao   día   seguinte      puxéronse     en   marcha.
Deixáronos    en      Pedrafita   e   comezaron   a
andaina coas súas bicis.


Cando xa levaban un anaco andado atoparon
unha igrexa abandonada no medio do monte.
Decidiron entrar. Estaba chea de teas de araña
e po. Un ruído aterrador fixo que se volvesen.
Alí de pé había un home con barba longa,
camisa a cadros vermellos e grises, pantalón
vaqueiro rachado e zapatos dos anos sesenta;
o que indicaba que, posiblemente, non saíse
daquel lugar en anos e se volvese tolo. O home
díxolles:
-Non sigades porque por estes camiños andan
os mortos.


- Si, seguro- contestou o pai.


-Non, non o fagades-dixo o home con voz
ameazante- Repítovos que por aquí andan os
mortos.


Non fixeron caso daquel home que parecía
estar tolo e continuaron o seu camiño. Pasou
un anaco cando Xaquín se dou conta de que
súa   irmá   desaparecera.       Non   podía   ser!
Volveron cara onde estaba o vello, pensando
que puidera ser el o que levara a rapaza, pero
xa non estaba na igrexa. Saíron de alí e
atoparon a Antía tirada no chan. Correron cara
onda ela e esquivounos:
-Quen son? Quen sodes vós? Que fago aquí?-
dixo a nena.


Antía perdera a memoria. De repente unha fila
de   mortos      chamada   a   Santa   Compaña
apareceu polo medio das árbores. Pararon
diante deles e entregándolle unha candea ao
pai e dixéronlle:


-Tomade esta candea. Seravos moi útil na vosa
aventura. Se queredes que Antía recupere a
memoria e se salve da morte tendes que atopar
a papoula negra, a flor que devolve a vida.
Tedes tres días. Ide á igrexa de Sarria, alí o
seu cura daravos a primeira das pistas para
atopar a flor.


Puxéronse en camiño, e cando levaban un bo
anaco pedaleando, atoparon un can mugrento,
de cor canela, con longas orellas e cara de
pena. Este seguíaos a pouca distancia e
intentaron despistalo, pero non había maneira,
o can sempre voltaba. Xa estaban moi lonxe
de onde o atoparan, e decatáronse do teimudo
que era e decidiron poñerlle un nome: Pedriño.
Viron un bo sitio para xantar, xa que a pesares
dos problemas, tiñan moita fame. Descansaron
un pouco e voltaron ó camiño. Pasados uns
kilómetros uníuselles un que parecía outro
peregrino. Fixeron boas migas e falaron dun
montón de cousas, así que acabaron por
contarlle cal era   a misión que tiñan que
cumprir.


O home quedouse moi pensativo e con
expresión de medo na cara, explicoulles que
aquel non era un camiño seguro porque ás
veces aparecía por alí a Santa Compaña.
De   súpeto    o   peregrino    desapareceu   e
cubriunos unha mesta néboa, case non podían
verse uns a outros, e para máis sorpresa, foise
formando un túnel polo que se sentiron atraídos
e alí se dirixiron sen pensalo moito.


A o cabo dun tempo, que a eles se lles fixo
unha eternidade, foron dar a un cemiterio moi
antigo e fermoso, detrás del albiscábase un
impoñente mosteiro que os pais recoñeceron
como o Mosteiro de Sarria.


A porta principal estaba aberta, así que
entraron. Dentro, todo estaba escuro e en
silencio. Fixeron uso da candea que lles dera a
Santa Compaña e percorreron uns corredores
que os levaban a outros ata que viron luz que
saía dunha porta entreaberta.
Petaron e unha voz amable mandoulles pasar.
Detrás dunha mesa enorme estaba un frade
que se presentou como o abade do mosteiro.
Eles explicáronlle cal era a súa misión. E el moi
amablemente deulles varias pistas que lles
pareceron moi misteriosas:


-Voltade ao cemiterio e buscade unha pedra
que está sobre unha pedra e esta sobre outra,
e alí atoparedes a clave - dixo o frade.


No cemiterio buscaron entre as lápidas e
atoparon un grupo de rochas dunha cor distinta
ás demais, o que lles pareceu moi sospeitoso.
Erguer a morea levoulles moito tempo, pero
pronto se decataron que escondía unha
mensaxe segreda:


ATOPAREDES UNHA MENSAXE TALLADA
NUN CARBALLO CENTENARIO A bEIRA DO
ENCORO DE PORTOMARIN.
Dispuxéronse a saír do cemiterio, pero xa
estaba a escurecer, por iso Xaquín non viu
unha tumba que estaba aberta e caeu dentro
dela. Cando se recuperou do golpe recibido
escoitou unha voz de ultratumba que dicía:


-Quedan dous días para a morte de Antía. Se
queredes chegar a tempo para salvala debedes
atravesar o portal.


Xaquín contoulle o sucedido a súa familia.
Despois de percorrer o camposanto viron un
arco de ferro cuberto de enredadeiras no medio
dunha leira.
Cando o atravesaron todo se volveu escuro. Ao
cabo dun tempo, saíu a lúa entre as nubes e
viron que estaban camiñando polas rúas
empedradas dunha vila. Era noite pechada e
facía moito frío.
Atopáronse cun home que resultou ser o dono
dunha pousada de Portomarín, que así se
chamaba a vila. O home ofreceulles pasar a
noite alí:
-Fariades ben- dixo o home- Non é seguro
andar de noite por aquí.


-E logo por que?- preguntou a nai.


- Conta a lenda -dixo, con voz moi baixa -que
na antiga vila de Portomarín vivía un home moi
teimudo co seu can Urco. A vila foi inundada
pola construción do encoro, polo que se
trasladou a todos os habitantes á vila nova.
Mais o dono de Urco negouse a marchar da
súa casa e morreu afogado dentro dela. Por
iso, todas as noites o espírito de Urco pasea
pola nova vila, buscando ao seu dono.
A familia, moi asustada, rexeitou a oferta
porque tiñan pouco tempo para salvar a Antía,
así que seguiron ata o encoro.


Polo camiño atopáronse con Pedriño. Xaquín
foi correndo onda el, pero decatouse de que ao
can lle pasaba algo raro. Tiña os ollos en
branco e xa non tiña unha expresión triste, se
non chea de rabia.
Tentou trabar a Xaquín, pero o pai conseguiu
reducilo.
O can estaba posuído polo espírito de Urco,
polo que decidiron atalo nunha árbore para
evitar un novo ataque.


Chegaron á beira do encoro e estiveron
buscando un bo anaco, mais non atoparon
ningún carballo.
Cando xa ían desistir Antía viu unha botella que
flotaba preto da beira. O pai recolleuna cun
trueiro.
Dentro había un papel coa seguinte mensaxe:


Esta noite
Unha arbore vas ver
E con moito interese
O vas ler


Ao pronunciar estas palabras apareceu un
carballo diante deles que desprendía unha luz
cegadora deslumbrándoos a todos.
Cando se achegaron ao carballo, viron a
seguinte inscrición na súa cortiza:


Debedes ir a palas de rei. Ali atoparedes unha
horta de cabazas ao lado dun cruceiro. Vaciade
a mais grande colocade dentro a candea e
veredes unha nova mensaxe.
Voltaron ao camiño e viron que Pedriño xa
retornara a ser o can afable que coñeceran,
coa súa cara de pena e non de rabia como
posuída polo espírito de Urco. Desataron ao
can e decidiron empregar seu o olfacto para
atopar o camiño cara Palas de Rei.


Pedalearon toda a noite guiados polo instinto
do animal, o cal os levou a Igrexa de Vilar de
Dona xa en Palas de Rei. A carón do cruceiro
estaba a horta das cabazas.


Buscaron a cabaza máis grande, aínda que lles
levou un anaco decidir cal era, e tras varias
rifas entre eles dispuxéronse a baleirala.
Despois empregaron a candea que lles dera a
Santa Compaña para poder ver a mensaxe
xusto antes de saír o primeiro raio de sol. E
como por arte de maxia, coa luz da candea,
reflectiuse aos pés do cruceiro unha nova
mensaxe:




NO ALTO DA TORRE FILGUEIRA
MOVESE CO VENTO UNHA BANDEIRA
MIRADE BEN CARA ONDE SINALA
SE A PAPULA NEGRA QUEREDES ATOPAr


Xa era de día e andiveron preguntándolle as
xentes de Palas de Rei pola torre. Cando a
atoparon viron que estaba abandonada e que
poñía medo so de mirar para ela, pero debían
entrar nela se querían que Antía non morrera.


Nada máis abrir a porta apareceu de súpeto un
vello coas roupas rachadas e sen un ollo.
Díxolles que el era o guía e que con moito
agrado lles ensinaría o interior da torre. Aínda
que era algo sospeitoso a familia tiña moita
presa como para buscar a forma de subir ao
alto, entón o pai dixo:


-Moi amable señor, pero só nos interesa visitar
o alto da torre. Pódenos guiar vostede ata alí?


O vello puxo mala cara e rañou os dentes,
parecía algo impaciente, pero aceptou guiar a
familia.


No alto da torre viron a bandeira, estaba algo
rachada e non se adiviñaba ben cara onde
sinalaba.


-Señor guía, cara onde apunta a bandeira? –
preguntou a nai.


-Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o
vello sen ollo – sinala en dirección a un bosque
que hai en Arzúa, un lugar escuro e maldito,
pois nel as árbores están vivas e posuídas polo
mesmo demo, pois o que entra nel, non sae
vivo, as árbores comezan a enraizárseche nos
pes e aprémante ata romperche os ósos do
corpo.


- Tanto nos ten!!! – dixo o pai – debemos ir cara
alí axiña.


- Veña papá, temos moita presa – dixo Xaquín
– tan só nos queda un día para salvar a Antía.


O vello non paraba de insistir en que quedaran
un anaco máis con el, polo menos a xantar,
pois sentíase moi só. Pero a familia negáballe a
invitación unha e outra vez.


Entón o vello púxose coma un tolo e collendo
unha das lanzar das armaduras que había na
torre quixo matar a familia a cal tivo que
escapar estrepitosamente escaleiras abaixo e
saír pitando da torre para salvar a súa vida e
poñerse en dirección cara o bosque das
árbores malditas de Arzúa, onde medraba a
papoula negra.


Proseguiron      a   súa   andaina   pedaleando
apresuradamente ata chegar a Arzúa. Alí
conseguiron preguntarlle a un ancián que
camiñaba arrimado a un bastón onde se
atopaba o bosque.


- Perdoe, poderíanos indicar onde se atopa o
Bosque das Árbores Malditas? Precisamos a
topar a papoula negra de inmediato –dixo o pai
con voz firme.


- Seguide todo este sendeiro e ao lado da fonte
xirade á esquerda, alí se atopa o voso destino.
En canto vos adentredes no monte veredes
unha pequena e vella cabana que é onde
medra a flor, pero tede moito coidado, xa que
ninguén logrou saír vivo de alí.


- Moitas grazas bo home.
A familia deixou as bicis aparcadas fóra e
adentrouse no bosque. Cubriuse todo de
súpeto por unha néboa espesa. Xaquín ía
camiñando diante cando dixo:


- Mamá, teño moita fame.


Pero non houbo resposta algunha. Cando
volveu a cabeza non había ninguén, so o
acompañaba Pedriño. O neno comezou a sentir
moito medo e empezou a correr para atopar
aos seus pais canto antes.
Cando xa levaban un anaco recorrido Xaquín
tropezou na pola dunha árbore e caeu ao chan.
O can púxose moi nervioso e comezou a
ladrar.O rapaz ergueuse e viu a cabana da
papoula e botou a correr cara a ela. Entrou con
moito medo e alí estaba a súa familia a punto
de coller a flor.


- Onde estabades? Tiña moito medo –dixo
Xaquín. Nese momento a nai estaba a coller a
Papoula Negra e toda a cabana comezou a
tremer. A familia botou a correr e conseguiu
saír de aquel Bosque das Árbores Malditas.


Aínda que estaban moi cansos e tiñan moita
fame, á media noite remataría o tempo para
salvar a Antía, así que montaron de novo nas
súas bicicletas e seguiron o camiño porque xa
empezaba a anoitecer.
Cando pasaron por diante da fonte que lles
dixera o ancián do bastón , viron unha luz que
sinalaba cara ao que parecía un cartel dentro
da auga que dicía:




          Se a antia queredes salvar
         Sobre o sepulcro do apostolo
        A papoula negra debedes deixar


Así, emprenderon de novo a súa viaxe
apurando o máximo posible para que Antía
saíra   con    vida    de   aquela     aterradora
experiencia.


Cando xa non quedaba moito percorrido para
chegar a Santiago púxose a chover con moita
forza e comezou a tronar dun xeito estrepitoso
que alumaba todo o ceo no medio da
escuridade da noite.
A familia estaba moi cansa e empapada por
mor da choiva, pero sentiron un gran alivio
cando, dez minutos antes de que rematara o
prazo para salvar a Antía, viron ante eles a
grandiosa Catedral de Santiago.


-Vamos, rápido –dixo o pequeno Xaquín.


Todos tiraron as bicicletas no chan e botaron a
correr cara a Catedral.


Como era xa de noite non podía entrar por
ningures, intentárono primeiro pola fachada do
Obradoiro, pero estaba pechada, despois
correron á porta norte, pero tampouco tiveron
sorte. Mentres estaban dando voltas rodeando
o edificio, a nai decatouse de que unha das
pequenas portas laterais, na que estaba
representado o xuízo final estaba entreaberta.
-É por aquí – dixo cun fío de vos a nai.


Todos correron cara aquela porta. Cando
entraron ás carreiras as súas pisadas resoaban
en todo o edificio.


- EH!!!, non podedes estar aquí – dixo o que
parecía ser un garda de seguridade.


Pero a familia non desistiu do seu empeño e foi
entón cando viron o sepulcro do Santiago
Apóstolo. Mentres corrían cara el comezaron a
soar as doce badaladas que marcaban o final
da vida de Antía.


O pai conseguiu deixar a papoula negra sobre
o sepulcro antes de que soara a derradeira
badalada, pero foi en vano, a nena caeu
desplomada no chan.
A familia correu xunto o corpo de Antía, todos
choraban desconsolados e o pobre Pedriño
non facía máis que lamberlle a cara.


O garda de seguridade acercouse e preguntou
que acontecía. De súpeto, Antía ergueuse,
estaba ben, un pouco aturdida pero non se
lembraba do que ocorrera naquel terrorífico
percorrido.


A familia estaba moi contenta por recuperar a
súa filla e tamén lle colleran moito cariño a
Pedriño polo que decidiron quedar co can.


Di unha lenda que todas as noites de 31 de
outubro, noite de bruxas, meiga e mortos
viventes a Santa Compaña acode a aterrar a
familia e o espírito de Urco posúe a Pedriño e
este torna os ollos en branco e trata de morder
a calquera que se lle poña por diante. Así é que
a familia nunca poderá esquecer aquela
aterradora viaxe.




               fin
.

More Related Content

What's hot

Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Oncela na illa de ons
Oncela na illa de onsOncela na illa de ons
Oncela na illa de onsceipcoiron
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Fiz
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezCelia Díaz
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez CastelaoAfonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez Castelaoaxa7
 
O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasmentirosasoy
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciapabloedlg
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegasguest121625
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.guest05fce8
 

What's hot (20)

Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Oncela na illa de ons
Oncela na illa de onsOncela na illa de ons
Oncela na illa de ons
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
Dezanove de xuño
Dezanove de xuñoDezanove de xuño
Dezanove de xuño
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez CastelaoAfonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
 
O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegas
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegas
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 

Viewers also liked

Seven minutes to success
Seven minutes to successSeven minutes to success
Seven minutes to successAswad Mehtab
 
Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013. "ARCHEUS"
Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013.  "ARCHEUS"Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013.  "ARCHEUS"
Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013. "ARCHEUS"Emanuel Pope
 
Built for Success: Online Course Design and the COI Framework
Built for Success:  Online Course Design and the COI FrameworkBuilt for Success:  Online Course Design and the COI Framework
Built for Success: Online Course Design and the COI FrameworkCaroline Conlon
 
Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956
Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956
Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956Emanuel Pope
 

Viewers also liked (6)

Dm 2.0 p1
Dm 2.0   p1Dm 2.0   p1
Dm 2.0 p1
 
Tornado
TornadoTornado
Tornado
 
Seven minutes to success
Seven minutes to successSeven minutes to success
Seven minutes to success
 
Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013. "ARCHEUS"
Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013.  "ARCHEUS"Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013.  "ARCHEUS"
Tabăra de literatură şi artă plastică- Ocoliş 2013. "ARCHEUS"
 
Built for Success: Online Course Design and the COI Framework
Built for Success:  Online Course Design and the COI FrameworkBuilt for Success:  Online Course Design and the COI Framework
Built for Success: Online Course Design and the COI Framework
 
Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956
Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956
Revista ''Teatru'' Nr. 2 (anul I) iunie 1956
 

Similar to A PAPOULA NEGRA

La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba ordeendlagra
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba ordeendlagra
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e CrocoO tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e Crocoxoaquín freixeiro
 
"Carlos e Carla". por Pablo
"Carlos e Carla". por Pablo"Carlos e Carla". por Pablo
"Carlos e Carla". por Pabloluisamariaarias
 
Xanciño
XanciñoXanciño
Xanciñosoigca
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Aventuras na illa de sálvora 6ºbAventuras na illa de sálvora 6ºb
Aventuras na illa de sálvora 6ºbceipcoiron
 
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)MonContos
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasRATIBRON
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasRATIBRON
 
A Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorA Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorRATIBRON
 

Similar to A PAPOULA NEGRA (20)

La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
D contos
D contosD contos
D contos
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e CrocoO tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Sarreaus
SarreausSarreaus
Sarreaus
 
"Carlos e Carla". por Pablo
"Carlos e Carla". por Pablo"Carlos e Carla". por Pablo
"Carlos e Carla". por Pablo
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Xanciño
XanciñoXanciño
Xanciño
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
 
O misterio das badaladas
O misterio das badaladasO misterio das badaladas
O misterio das badaladas
 
Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Aventuras na illa de sálvora 6ºbAventuras na illa de sálvora 6ºb
Aventuras na illa de sálvora 6ºb
 
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
A Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorA Moura E O Pescador
A Moura E O Pescador
 

A PAPOULA NEGRA

  • 1.
  • 2. O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA Naquel mércores de finais de outubro na casa de Antía e Xaquín, todo o mundo andaba bastante axitado. Había mochilas, roupa de montaña e bicicletas esparexidas por toda a casa. Os pais dos rapaces para a ponte de Santos organizaran unha viaxe: unha viaxe moi
  • 3. especial, xa que ían percorrer o Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata a capital de Galicia. Mañá,1 de novembro, uns amigos da familia vanos levar no seu coche todoterreo ata o punto de partida e desde aquí comezará a aventura: aventura que eles non sospeitan o aterradora que chegará a ser. Ao día seguinte puxéronse en marcha. Deixáronos en Pedrafita e comezaron a andaina coas súas bicis. Cando xa levaban un anaco andado atoparon unha igrexa abandonada no medio do monte. Decidiron entrar. Estaba chea de teas de araña e po. Un ruído aterrador fixo que se volvesen. Alí de pé había un home con barba longa, camisa a cadros vermellos e grises, pantalón vaqueiro rachado e zapatos dos anos sesenta; o que indicaba que, posiblemente, non saíse
  • 4. daquel lugar en anos e se volvese tolo. O home díxolles: -Non sigades porque por estes camiños andan os mortos. - Si, seguro- contestou o pai. -Non, non o fagades-dixo o home con voz ameazante- Repítovos que por aquí andan os mortos. Non fixeron caso daquel home que parecía estar tolo e continuaron o seu camiño. Pasou un anaco cando Xaquín se dou conta de que súa irmá desaparecera. Non podía ser! Volveron cara onde estaba o vello, pensando que puidera ser el o que levara a rapaza, pero xa non estaba na igrexa. Saíron de alí e atoparon a Antía tirada no chan. Correron cara onda ela e esquivounos:
  • 5. -Quen son? Quen sodes vós? Que fago aquí?- dixo a nena. Antía perdera a memoria. De repente unha fila de mortos chamada a Santa Compaña apareceu polo medio das árbores. Pararon diante deles e entregándolle unha candea ao pai e dixéronlle: -Tomade esta candea. Seravos moi útil na vosa aventura. Se queredes que Antía recupere a memoria e se salve da morte tendes que atopar a papoula negra, a flor que devolve a vida. Tedes tres días. Ide á igrexa de Sarria, alí o seu cura daravos a primeira das pistas para atopar a flor. Puxéronse en camiño, e cando levaban un bo anaco pedaleando, atoparon un can mugrento,
  • 6. de cor canela, con longas orellas e cara de pena. Este seguíaos a pouca distancia e intentaron despistalo, pero non había maneira, o can sempre voltaba. Xa estaban moi lonxe de onde o atoparan, e decatáronse do teimudo que era e decidiron poñerlle un nome: Pedriño. Viron un bo sitio para xantar, xa que a pesares dos problemas, tiñan moita fame. Descansaron un pouco e voltaron ó camiño. Pasados uns kilómetros uníuselles un que parecía outro peregrino. Fixeron boas migas e falaron dun montón de cousas, así que acabaron por contarlle cal era a misión que tiñan que cumprir. O home quedouse moi pensativo e con expresión de medo na cara, explicoulles que aquel non era un camiño seguro porque ás veces aparecía por alí a Santa Compaña.
  • 7. De súpeto o peregrino desapareceu e cubriunos unha mesta néboa, case non podían verse uns a outros, e para máis sorpresa, foise formando un túnel polo que se sentiron atraídos e alí se dirixiron sen pensalo moito. A o cabo dun tempo, que a eles se lles fixo unha eternidade, foron dar a un cemiterio moi antigo e fermoso, detrás del albiscábase un impoñente mosteiro que os pais recoñeceron como o Mosteiro de Sarria. A porta principal estaba aberta, así que entraron. Dentro, todo estaba escuro e en silencio. Fixeron uso da candea que lles dera a Santa Compaña e percorreron uns corredores que os levaban a outros ata que viron luz que saía dunha porta entreaberta. Petaron e unha voz amable mandoulles pasar.
  • 8. Detrás dunha mesa enorme estaba un frade que se presentou como o abade do mosteiro. Eles explicáronlle cal era a súa misión. E el moi amablemente deulles varias pistas que lles pareceron moi misteriosas: -Voltade ao cemiterio e buscade unha pedra que está sobre unha pedra e esta sobre outra, e alí atoparedes a clave - dixo o frade. No cemiterio buscaron entre as lápidas e atoparon un grupo de rochas dunha cor distinta ás demais, o que lles pareceu moi sospeitoso. Erguer a morea levoulles moito tempo, pero pronto se decataron que escondía unha mensaxe segreda: ATOPAREDES UNHA MENSAXE TALLADA NUN CARBALLO CENTENARIO A bEIRA DO ENCORO DE PORTOMARIN.
  • 9. Dispuxéronse a saír do cemiterio, pero xa estaba a escurecer, por iso Xaquín non viu unha tumba que estaba aberta e caeu dentro dela. Cando se recuperou do golpe recibido escoitou unha voz de ultratumba que dicía: -Quedan dous días para a morte de Antía. Se queredes chegar a tempo para salvala debedes atravesar o portal. Xaquín contoulle o sucedido a súa familia. Despois de percorrer o camposanto viron un arco de ferro cuberto de enredadeiras no medio dunha leira. Cando o atravesaron todo se volveu escuro. Ao cabo dun tempo, saíu a lúa entre as nubes e viron que estaban camiñando polas rúas empedradas dunha vila. Era noite pechada e facía moito frío.
  • 10. Atopáronse cun home que resultou ser o dono dunha pousada de Portomarín, que así se chamaba a vila. O home ofreceulles pasar a noite alí: -Fariades ben- dixo o home- Non é seguro andar de noite por aquí. -E logo por que?- preguntou a nai. - Conta a lenda -dixo, con voz moi baixa -que na antiga vila de Portomarín vivía un home moi teimudo co seu can Urco. A vila foi inundada pola construción do encoro, polo que se trasladou a todos os habitantes á vila nova. Mais o dono de Urco negouse a marchar da súa casa e morreu afogado dentro dela. Por iso, todas as noites o espírito de Urco pasea pola nova vila, buscando ao seu dono.
  • 11. A familia, moi asustada, rexeitou a oferta porque tiñan pouco tempo para salvar a Antía, así que seguiron ata o encoro. Polo camiño atopáronse con Pedriño. Xaquín foi correndo onda el, pero decatouse de que ao can lle pasaba algo raro. Tiña os ollos en branco e xa non tiña unha expresión triste, se non chea de rabia. Tentou trabar a Xaquín, pero o pai conseguiu reducilo. O can estaba posuído polo espírito de Urco, polo que decidiron atalo nunha árbore para evitar un novo ataque. Chegaron á beira do encoro e estiveron buscando un bo anaco, mais non atoparon ningún carballo.
  • 12. Cando xa ían desistir Antía viu unha botella que flotaba preto da beira. O pai recolleuna cun trueiro. Dentro había un papel coa seguinte mensaxe: Esta noite Unha arbore vas ver E con moito interese O vas ler Ao pronunciar estas palabras apareceu un carballo diante deles que desprendía unha luz cegadora deslumbrándoos a todos. Cando se achegaron ao carballo, viron a seguinte inscrición na súa cortiza: Debedes ir a palas de rei. Ali atoparedes unha horta de cabazas ao lado dun cruceiro. Vaciade a mais grande colocade dentro a candea e veredes unha nova mensaxe.
  • 13. Voltaron ao camiño e viron que Pedriño xa retornara a ser o can afable que coñeceran, coa súa cara de pena e non de rabia como posuída polo espírito de Urco. Desataron ao can e decidiron empregar seu o olfacto para atopar o camiño cara Palas de Rei. Pedalearon toda a noite guiados polo instinto do animal, o cal os levou a Igrexa de Vilar de Dona xa en Palas de Rei. A carón do cruceiro estaba a horta das cabazas. Buscaron a cabaza máis grande, aínda que lles levou un anaco decidir cal era, e tras varias rifas entre eles dispuxéronse a baleirala. Despois empregaron a candea que lles dera a Santa Compaña para poder ver a mensaxe xusto antes de saír o primeiro raio de sol. E como por arte de maxia, coa luz da candea,
  • 14. reflectiuse aos pés do cruceiro unha nova mensaxe: NO ALTO DA TORRE FILGUEIRA MOVESE CO VENTO UNHA BANDEIRA MIRADE BEN CARA ONDE SINALA SE A PAPULA NEGRA QUEREDES ATOPAr Xa era de día e andiveron preguntándolle as xentes de Palas de Rei pola torre. Cando a atoparon viron que estaba abandonada e que poñía medo so de mirar para ela, pero debían entrar nela se querían que Antía non morrera. Nada máis abrir a porta apareceu de súpeto un vello coas roupas rachadas e sen un ollo. Díxolles que el era o guía e que con moito agrado lles ensinaría o interior da torre. Aínda
  • 15. que era algo sospeitoso a familia tiña moita presa como para buscar a forma de subir ao alto, entón o pai dixo: -Moi amable señor, pero só nos interesa visitar o alto da torre. Pódenos guiar vostede ata alí? O vello puxo mala cara e rañou os dentes, parecía algo impaciente, pero aceptou guiar a familia. No alto da torre viron a bandeira, estaba algo rachada e non se adiviñaba ben cara onde sinalaba. -Señor guía, cara onde apunta a bandeira? – preguntou a nai. -Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o vello sen ollo – sinala en dirección a un bosque
  • 16. que hai en Arzúa, un lugar escuro e maldito, pois nel as árbores están vivas e posuídas polo mesmo demo, pois o que entra nel, non sae vivo, as árbores comezan a enraizárseche nos pes e aprémante ata romperche os ósos do corpo. - Tanto nos ten!!! – dixo o pai – debemos ir cara alí axiña. - Veña papá, temos moita presa – dixo Xaquín – tan só nos queda un día para salvar a Antía. O vello non paraba de insistir en que quedaran un anaco máis con el, polo menos a xantar, pois sentíase moi só. Pero a familia negáballe a invitación unha e outra vez. Entón o vello púxose coma un tolo e collendo unha das lanzar das armaduras que había na
  • 17. torre quixo matar a familia a cal tivo que escapar estrepitosamente escaleiras abaixo e saír pitando da torre para salvar a súa vida e poñerse en dirección cara o bosque das árbores malditas de Arzúa, onde medraba a papoula negra. Proseguiron a súa andaina pedaleando apresuradamente ata chegar a Arzúa. Alí conseguiron preguntarlle a un ancián que camiñaba arrimado a un bastón onde se atopaba o bosque. - Perdoe, poderíanos indicar onde se atopa o Bosque das Árbores Malditas? Precisamos a topar a papoula negra de inmediato –dixo o pai con voz firme. - Seguide todo este sendeiro e ao lado da fonte xirade á esquerda, alí se atopa o voso destino.
  • 18. En canto vos adentredes no monte veredes unha pequena e vella cabana que é onde medra a flor, pero tede moito coidado, xa que ninguén logrou saír vivo de alí. - Moitas grazas bo home. A familia deixou as bicis aparcadas fóra e adentrouse no bosque. Cubriuse todo de súpeto por unha néboa espesa. Xaquín ía camiñando diante cando dixo: - Mamá, teño moita fame. Pero non houbo resposta algunha. Cando volveu a cabeza non había ninguén, so o acompañaba Pedriño. O neno comezou a sentir moito medo e empezou a correr para atopar aos seus pais canto antes.
  • 19. Cando xa levaban un anaco recorrido Xaquín tropezou na pola dunha árbore e caeu ao chan. O can púxose moi nervioso e comezou a ladrar.O rapaz ergueuse e viu a cabana da papoula e botou a correr cara a ela. Entrou con moito medo e alí estaba a súa familia a punto de coller a flor. - Onde estabades? Tiña moito medo –dixo Xaquín. Nese momento a nai estaba a coller a Papoula Negra e toda a cabana comezou a tremer. A familia botou a correr e conseguiu saír de aquel Bosque das Árbores Malditas. Aínda que estaban moi cansos e tiñan moita fame, á media noite remataría o tempo para salvar a Antía, así que montaron de novo nas súas bicicletas e seguiron o camiño porque xa empezaba a anoitecer.
  • 20. Cando pasaron por diante da fonte que lles dixera o ancián do bastón , viron unha luz que sinalaba cara ao que parecía un cartel dentro da auga que dicía: Se a antia queredes salvar Sobre o sepulcro do apostolo A papoula negra debedes deixar Así, emprenderon de novo a súa viaxe apurando o máximo posible para que Antía saíra con vida de aquela aterradora experiencia. Cando xa non quedaba moito percorrido para chegar a Santiago púxose a chover con moita forza e comezou a tronar dun xeito estrepitoso que alumaba todo o ceo no medio da escuridade da noite.
  • 21. A familia estaba moi cansa e empapada por mor da choiva, pero sentiron un gran alivio cando, dez minutos antes de que rematara o prazo para salvar a Antía, viron ante eles a grandiosa Catedral de Santiago. -Vamos, rápido –dixo o pequeno Xaquín. Todos tiraron as bicicletas no chan e botaron a correr cara a Catedral. Como era xa de noite non podía entrar por ningures, intentárono primeiro pola fachada do Obradoiro, pero estaba pechada, despois correron á porta norte, pero tampouco tiveron sorte. Mentres estaban dando voltas rodeando o edificio, a nai decatouse de que unha das pequenas portas laterais, na que estaba representado o xuízo final estaba entreaberta.
  • 22. -É por aquí – dixo cun fío de vos a nai. Todos correron cara aquela porta. Cando entraron ás carreiras as súas pisadas resoaban en todo o edificio. - EH!!!, non podedes estar aquí – dixo o que parecía ser un garda de seguridade. Pero a familia non desistiu do seu empeño e foi entón cando viron o sepulcro do Santiago Apóstolo. Mentres corrían cara el comezaron a soar as doce badaladas que marcaban o final da vida de Antía. O pai conseguiu deixar a papoula negra sobre o sepulcro antes de que soara a derradeira badalada, pero foi en vano, a nena caeu desplomada no chan.
  • 23. A familia correu xunto o corpo de Antía, todos choraban desconsolados e o pobre Pedriño non facía máis que lamberlle a cara. O garda de seguridade acercouse e preguntou que acontecía. De súpeto, Antía ergueuse, estaba ben, un pouco aturdida pero non se lembraba do que ocorrera naquel terrorífico percorrido. A familia estaba moi contenta por recuperar a súa filla e tamén lle colleran moito cariño a Pedriño polo que decidiron quedar co can. Di unha lenda que todas as noites de 31 de outubro, noite de bruxas, meiga e mortos viventes a Santa Compaña acode a aterrar a familia e o espírito de Urco posúe a Pedriño e este torna os ollos en branco e trata de morder
  • 24. a calquera que se lle poña por diante. Así é que a familia nunca poderá esquecer aquela aterradora viaxe. fin
  • 25. .