SlideShare a Scribd company logo
1. A
CRISE
CHEGA
AO
MUÍÑO
A fin de semana pasada, na vila, o
muiñeiro e a súa familia empobreceron
rapidamente despois de posuir incribles
riquezas. Os veciños aseguran que o
muiñeiro a piques estivo de perder o
muíño e as terras circundantes.
Redacción Salcedo. A desgraza chegou
á casa dos muiñeiros despois de ser moi
ricos. O motivo aínda non se coñece,
pero fontes próximas aos muíños
sospeitan que o muiñeiro traballaba con
partidas contaminadas de millo corvo.
Estas partidas provocaron fortes
intoxicacións aos consumidores e
colapsos nas unidades de urxencias da
cidade. As denuncias de Sanidade
obrigaron o muiñeiro a vender as súas
terras para pagar as taxas xudiciais.
Raquel Rosales Estévez
(CEIP Cabanas, 6º)
2. A FILLA DO REI
VAI CASAR CUN OSO
A cociñeira do pazo pensa que o rei
debería deixar que a súa filla case con
quen queira. Un soldado dos exércitos
do rei declarou a esta redacción que
o rei fai ben en anoxarse porque sería
moi raro ter un rei oso.
Redacción Pontevedra. Diferentes
testemuñas puideron ver o rei pasear
coa súa filla cando un oso apareceu e
lle dixo: «Queres este anel?» A moza,
desesperada, respondeu que si e o oso
pediulle que casara con ela. Infórmannos
que dende entón o rei está desesperado
por que non quere que a súa filla case
con semellante habitante do bosque.
Mañá seguiremos informando.
Uxío Viéitez Fernández
(CEIP Froebel, 5ºB)
3. UNHA MOZA DA VILA
CÁNTALLE A UN
TESTO BALEIRO
Redacción Salcedo.
Unha moza da vila
cántalle a un testo
baleiro e cóidao todos
os días regándoo,
sacándoo fóra, e
meténdoo na casa
pola noite; pero nada
medraba no testo. Seica
a moza pretende casar
co rei!
Rubén Diz Martínez
(CEIP Cabanas, 5º)
4. MOZO NAMORADO
DA FUTURA RAÍÑA
É CONDENADO A MORTE
Avelino P.F. condenado a morte o
sábado pola tarde despois de obedecer
ao rei en todo o mandato.
Redacción Mourente. A semana pasada
un mozo atopou unha pluma dun paxaro
de fogo e pretendeu que o rei o fixera
cabaleiro como recompensa da súa
entrega. O rei, con moi bo criterio, decidiu
cortarlle a cabeza a el e aos seus secuaces,
entre os que se atopa un cabalo que din
que fala moito. Non se sabe o paradoiro
do cabalo, pero o mozo foi finalmente
requerido para atrapar o paxaro de
fogo, dono da pluma.
Unha vez apresado o paxaro,
o mozo foi armado cabaleiro
con gran cerimonia. Aínda
non se coñece o paradoiro
do cabalo parlante que
aconsellou o mozo na
captura do paxaro e que
o recén nomeado debe ter
de montura. O rei
mandoulle ao novo
cabaleiro rescatar a Basilisca,
unha fermosa moza que será
a nosa futura raíña despois do
seu compromiso nupcial co rei.
Pero o cabaleiro namorouse dela e
o mesmo rei decidiu que será executado
nos próximos días.
Aldara Fernández Fernández
(CEIP de Vilaverde, 6ºB)
5. AS CUÑADAS DE BARBAZUL
SOSPEITAN
Déixalle as chaves da súa casa á súa
esposa coa única condición de que
non abra a porta da chave máis
pequena.
Redacción Lourizán. O día vinte e
dous de abril, Barbazul deixoulle as
chaves de todas as portas da casa á súa
muller cando marchou. As dúbidas dela
e das súas irmás coa chaviña e a porta
misteriosa cada vez son máis grandes.
Sábese que a porta está ao fondo do
soto. As declaracións dos veciños son
moi claras e intrigantes. O veciño do
lado, Barbavermella, di que Barbazul xa
tivo vinte esposas máis, e a todas lles
dixo o das chaves. Descoñécese o
paradoiro das outras mulleres e do que
hai detrás desa portiña.
Celia Losada Moledo
(CEIP A Carballeira)
6. APARECE UN VELLO
QUE LLE DÁ AOS
PRÍNCIPES UNHA
SOLUCIÓN PARA
CURAR O REI
Os tres fillos do rei, de paseo
polo xardín, atoparon un
vello que lle deu a solución
á enfermidade do seu pai.
Redacción Mourente. Nun reino
das aforas atopábanse tres fillos que
desexaban curar o seu pai, que estaba
moi enfermo. Paseando polo xardín
aparecéuselle un vello que lle deu a
solución. Terían que ir en busca da auga
da vida para poder curalo. O rei sufría
unha grave enfermidade e se non curaba
rápido podería morrer. Non sabían de
onde saíu o vello, e xa había lendas de
cociñeiros que dicían que era moi
sospeitoso.
Noelia Bugallo Bértola
(CEIP de Vilaverde, 6ºA)
7. FAMILIA POBRE
DE MUIÑEIROS DÁ A LUZ
A UN NENO ESPECIAL
O pai da criatura asegura que
foi unha alegría. Sen
embargo, ao falar con nós
mostrou unha actitude
moi preocupante. Que
lle pasará?
Redacción Salcedo.
Ocorreu a semana
pasada en Salcedo. O
pai asegura que non se
decatou ata que llo
comentou a veciña. El
gozaba do seu muíño. A
nai estaba no faiado da súa
casa tranquilamente e sentiuse
mareada. Sentou na cama e
observou que sentía dores na barriga.
Movíase algo. Logo, naceu un neno e a
nai emocionouse tanto que se desmaiou.
O neno está san e a nai tamén.
Raúl Amado Taboada
(CEIP Cabanas, 6º)
8. UN ANANO ENFÁDASE COA
XENTE QUE PASA POLA SÚA
ENCRUCILLADA
Un anano resultou moi enfadado
porque dous dos fillos do rei pasaron
polo seu lado e faláronlle mal.
Redacción Mourente. O pasado día
dazaseis de xullo, os fillos do rei foron
na procura da auga de vida. Primeiro foi
o fillo máis vello, e o anano deixouno
preso nun camiño. Despois foi o mediano
e tamén quedou atrapado no camiño. O
fillo máis novo, que tamén decidiu
emprender a aventura, preguntoulle
educadamente ao anano se sabía onde
podería atopar a auga da vida. O anano
díxolle que estaba nun castelo ao cruzar
un val. Cando o príncipe chegou, colleu
a auga e foilla dar ao seu pai. Con
educación, un chega a calquera parte.
Tamara Barreiro Durán
(CEIP de Vilaverde, 6ºA)
9. PÍDELLE MATRIMONIO
Á MÁIS NOVA
Un veciño chamado Barbazul pídelle
matrimonio á máis nova de tres irmás.
Redacción Lourizán. Un veciño da vila,
chamado Barbazul, un home con
anteriores matrimonios, pídelle casamento
á menor de tres irmás. A policía local
pensa que é un home perigoso, pero
NOVAS NA BIBLIOTECAEDITORIAL
Un curso máis, o intenso traballo
creativo dos nenos e nenas pon-
tevedreses dá os seus froitos neste
número especial de O CARTAFOL
DO LÉREZ que a Concellería de
Educación do Concello de Ponte-
vedra e Kalandraka poñen nas
mans da comunidade escolar:
alumnado, docentes e familias.
Os alumnos e alumnas de quinto
e sexto curso de Educación Pri-
maria son os protagonistas desta
nova edición chea de sorpresas:
novas fantásticas, cociña creativa,
imaxinativos relatos saídos das
ilustracións máis suxerentes...
Propostas entretidas e diversas
tiradas das obras que se achegan
ás bibliotecas escolares dos cen-
tros de ensino participantes como
dotación bibliográfica. A entrevis-
ta segue a ter un espazo destaca-
do como en números anteriores:
o encontro co deportista paralím-
pico pontevedrés Juan Saavedra
é outra das achegas desta edición
que conta cunha sección especial
de deportes protagonizada polo
singular personaxe Tito Longuei-
rón. O CARTAFOL sumouse ás
celebracións do 150º aniversario
da publicación de Cantares Ga-
llegos, de Rosalía de Castro, de-
dicando gran parte do seu contido
á poesía. Coincidindo coa súa
estadía na cidade, a poeta chilena
María José Ferrada percorreu
algúns obradoiros e mantivo di-
ferentes encontros cos escolares
dos que se dá conta noutra inte-
resante conversa. Agardamos que
este novo número vos acompañe
como lectura nas vindeiras vaca-
cións. Podedes facer as vosas suxes-
tións e comentarios na edición
dixital www.ocartafoldolerez.org
Bo verán!
N º 5 • X U Ñ O 2 0 1 3 • P Á X . 2
Situados nas narracions de O Rei Oso Branco e outros contos marabillososO Rei Oso Branco e outros contos marabillosos, os reporteiros
máis novos e audaces de Pontevedra elaboran unha serie de novas fantásticas. Solicitade o libro na
biblioteca da vosa escola e animádevos a descubrir os orixinais relatos que as inspiraron.
Ilustraci ns de scar Vill n do libro O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos de Kalandraka
Anota as túas respostas:
1.
2.
Solucións na seguinte páxina:
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
13.
14.
15.
16.
17.
N º 5 • X U Ñ O 2 0 1 3 • P Á X . 3
aínda así, a menor díxolle que si.
Algunhas persoas pensan que é un home
moi xentil e moi rico. Sen dúbida non
lle dirían que non.
Hugo Marrero Iglesias
(CEIP A Carballeira)
10. RECEPCIÓN DE MOZAS
PARA O REI
Redacción Salcedo. O rei recibe
duascentas mulleres que desexan casar
con el, moitas fermosas e con flores de
cores moi vivas. Todas son ricas excepto
unha. A súa flor non medrou nada e xa
non ten ningunha esperanza de que o
rei case con ela. O rei só quere casar coa
muller que teña a flor máis bela na vella
aldea de Mueramo.
Daniel Barros Valiñas
(CEIP Cabanas, 5º)
11. A FAMILIA DO MUIÑEIRO
EMPOBRECE RAPIDAMENTE
Hai uns días, na vila veciña, o muiñeiro
e a súa muller empobreceron pola
crise.
Redacción Salcedo. Na vila veciña, a
desgraza caeu sobre o muíño, pois as
riquezas da familia desapareceron tan
rapidamente como viñeran. «Non sabía
que facer, así que fun dar un paseo
xunto á presa para relaxarme», declarou
o muiñeiro. Alí atopouse coa ninfa da
presa, que prometeu devolverlle as súas
riquezas se lle entregaba o que acababa
de nacer na súa casa. «Pensei que se
refería a un canciño que acababa de
nacer», dixo onte o muiñeiro.
Sara Caselles Rodríguez
(CEIP Cabanas, 6º)
12. O OURIVE
REAL NON É
CAPAZ DE
FACER UN
ANEL
PARA A
PRINCESA
R e d a c c i ó n
Pontevedra. A
princesa está
encaprichada cun
anel que o xoieiro non
dá feito. Non sabemos o
que lle pasa a este xoieiro pero, segundo
fontes confidenciais, non sabe facer un
anel que lle quede ben á princesa.
Seguiremos investigando, pero nós
preguntámonos: que clase de xoieiro é
este? Sabemos por informacións
anónimas que xa fixo tres aneis e que
ningún lle serve á princesa. Ou a princesa
ten un dedo máxico ou o despedimento
deste profesional pode ser inminente.
Sandra García Pérez
(CEIP Froebel 5ºA)
13. A VIDA DO MONARCA
PERIGA
Profesionais buscan un remedio para
non perder unha das mellores imaxes
do planeta.
Redacción Mourente. Sen saber por
que, o rei recae da misteriosa enfermidade
que xa tivera o pasado ano nunha viaxe
a un universo paralelo. Moitas forzas
especiais de moitos planetas investigan o
caso. O vindeiro xoves declarará nos
tribunais a cociñeira, que pensan que puxo
adrede un produto con radioactividade.
Deste caso encárgase o xuíz Ruz.
Mario Chan García
(CEIP de Vilaverde, 6ºA)
14. DOUS DOS FILLOS DO REI
MORREN NO INTENTO DE
COLLER A AUGA DA
VIDA PARA SANDAR
O SEU PAI
O rei enfermou e os
seus tres fillos
decidiron pórse de
acordo para ir
recoller o seu
antibiótico: a auga
da vida.
Redacción Mourente.
O rei enfermou de súpeto
e os seus tres fillos decidiron ir
buscar a solución para o seu mal: auga
da vida. Eles non sabían onde atopar
aquel remedio para evitar a morte do seu
pai, pero no medio do camiño atoparon
un anano que o sabía. Dous irmáns non
lle preguntaron e máis adiante morreron
ao pechárenselles as paredes do camiño.
O terceiro foi o único con cabeza para
preguntar ao anano. El díxolle onde se
atopaba, e foi alá.
Lucía Cortizo Cortegoso
(CEIP de Vilaverde, 6ºA)
15. A NENA MÁIS NOVA DO
REI TEN QUE CASAR CUN OSO
Ao non conseguir un anel á medida
da filliña, ela encontrou un no dedo
dun oso, e tivo que casar con el a
cambio do anel.
Redacción Pontevedra. A filliña do
rei tiña de todo pero, un día, despois de
ter un soño, quixo ter un anel con rubís.
O xoieiro real non daba coa medida do
dedo da nena. Foi ela mesma quen
encontrou un, pero a cambio del o
oso que o tiña pediulle que casara
con el. O rei intentou deter o oso.
As dúas primeiras veces que tentou
ir a pola filliña, o rei enganouno,
pero cando por fin se deu conta
de que as nenas que lle dera o rei
eran as máis vellas, volveu ao castelo
a pola nena de verdade. Para a súa
sorpresa, cando chegaron ao bosque,
a nena deuse conta de que o oso era
rei e tiña un castelo con moitas xoias.
Diego Mirón Jiménez
(CEIP Froebel, 5ºB)
16. O REI ENFERMO
POR CAUSAS DESCOÑECIDAS
Redacción Mourente. O rei enfermou
recentemente por causas descoñecidas.
É axudado polos seus tres fillos, só
agardamos a súa rápida recuperación. O
rei encóntrase cada vez peor, xa que a
enfermidade pode chegar a causar a
morte. Os seus fillos están moi tristes e,
segundo declaracións a este xornal dun
ancián do lugar, a única salvación é que
algún vaia na procura da auga da vida.
Dese modo poderá curarse. O maior dos
fillos do rei foi buscar a auga só coa
intención de que o rei o nomeara
rei a el, pero o príncipe quedou
atrancado. O segundo foi polo
camiño do primeiro co mesmo
resultado. Fontes próximas ao
castelo infórmannos de que
xa saíu o terceiro fillo a buscar
a auga da vida, que só
pensaba en salvar o seu pai,
e que recibiu axuda dun
anano: «A auga queda nun
castelo», díxolle. E ata atopou
unha princesa que quería casar con
el. Seguiremos informando.
Verónica Esperón
(CEIP de Vilaverde, 6º)
17. UNHAS MULLERES ABREN
SEN PERMISO
UNHA PORTA MALDITA
Barbazul, veciño do castelo do monte,
marchou de viaxe e confioulle o
coidado do castelo á súa muller que,
sen contalo, descobre o suceso máis
macabro na historia da vila.
Redacción Lourizán. Hai uns días
Barbazul convidou as súas cuñadas ao
pazo e entregoulle as chaves á súa muller,
dicíndolle que non abrira a porta que se
abría coa chave pequena. Díxolle que só
tiñan permitido ver as riquezas que había
nos demais cuartos. Elas non fixeron
caso e abriron a porta que tiña a chave
pequena. Cando entraron, a visión foi
arrepiante. Os científicos da policía cren
que eran os esqueletos
das antigas mulleres
de Barbazul. De
confirmarse as
s o s p e i t a s ,
B a r b a z u l
permanecerá
vinte e cinco
anos no cárcere
d e s p o i s d o
xuízo.
Adrián T.F.
(CEIP A Carballeira)
AS TRES IRMÁS
Había unha vez tres nenas, irmás, de
dezaoito anos, que vivían coa súa nai. A
nai quería que as rapazas se
independizasen, así que un día colleu ás
tres e díxolles:
—Nenas, vide aquí.
—Dime. —Dixo Lili, a pequena.
—Xa vai, xa vai... —dixo Uxía, a do medio.
—Agora non podo. Estou a falar polo
Facebook! —dixo Alicia, a maior.
—Baixade xa! —berrou a nai moi anoxada.
—Vai...! —dixeron elas.
A nai explicoulles a súa intención, elas
foron aos seus cuartos e fixeron as
maletas. A Lili, que era a pequena,
custoulle, xa que tiña moita roupa. Eran
as cinco da tarde e xa tiñan todo listo.
Saíron e foron na busca do seu novo
fogar. Polo camiño, un neno chamado
Pablo viunas e namorouse, pero das tres!
Lili atopou unha casiña pequeniña e
ficou alí. Uxía atopou unha casa nova.
E Alicia colleu un piso no centro da
cidade.
Pasados uns días, Pablo foi á casa de
Lili, ela pechoulle a porta no nariz e
escapou en taxi polos pelos. Pablo
seguiuna ata a casa de Uxía. Ao chegar
Pablo e chamar á porta, as dúas fuxiron
pola porta de atrás e pillaron un autobús.
Chegaron á casa de Alicia e alí estiveron
a salvo porque Pablo quedou encerrado
no ascensor.
Mariña Vázquez Mosquera
(CEIP Froebel, 6º)
JAMES BRANCO E OS SETE AMIGUIÑOS
Había unha vez, en Pontevedra, un neno
chamado James Branco, que foi cos seus
sete amigos ao parque. A súa malvada
avoa chamouno e díxolle que non podía
xogar máis con eles e que tiña que volver
para a casa. Pola tarde, a noiva de James
deuse conta de que non estaba no parque
e preguntoulles aos seus sete amiguiños,
que lle dixeron que o levara a súa avoa
malvada. A avoa ofreceulle un iogur de
mazá e James Branco aceptou, tomou
o iogur de mazá e despois dun ratiño
quedou durmido. A malvada avoa
botáralle unha pílula para durmir no
iogur. Os sete amiguiños levaron a noiva
valente ao piso da avoa. A noiva subiu
soa, pois os amigos non puideron (no
ascensor só collía unha persoa). Ao chegar
ao piso da avoa malvada, a noiva de
James Branco abriu a porta cun clip. A
avoa lanzoulle un bolo de crema, para
que non puidera avanzar. A noiva valente
evitou a avoa malvada e entrou no cuarto
onde James durmía. Foi a xunta del e
deulle un xarope para os alérxicos á
mazá. James acordou e os dous fuxiron
do piso, escoitando a avoa berrar de
carraxe. Ao chegar ao parque, os nove
comezaron a xogar.
Manuel Suárez Arosa
(CEIP Froebel, 6º)
CONTOS
POR IMITACIÓN
Solucións:
1.Aninfadapresa,2.OreiOsoBranco,3.Asemente,4.Opaxarodefogo,5.Barbazul,6.Aaugadavida,7.Aninfadapresa,8.Aaugadavida,9.Barbazul,10.Asemente,11.Aninfadapresa,
12.OreiOsoBranco,13.Aaugadavida,14.Aaugadavida,15.OReiOsoBranco,16.Aaugadavida,17.Barbazul.
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5

More Related Content

What's hot

O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º cbcode
 
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º CicloGuia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º Cicloluis425
 
A orixe do violin
A orixe do violinA orixe do violin
A orixe do violin
RATIBRON
 
Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
biblioxunqueira
 
O apalpador
O apalpadorO apalpador
O apalpador
ceipdeandrade4
 
9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012xurxobou
 
Cantosde Nadal
Cantosde NadalCantosde Nadal
Cantosde Nadal
aldeatotal
 
LIBROS TERROR
LIBROS TERRORLIBROS TERROR
LIBROS TERROR
bibliotecaiespoetaanon
 
O conto do apalpador
O conto do apalpadorO conto do apalpador
O conto do apalpador
marichoni
 
Películas ambientadas no mar
Películas ambientadas no marPelículas ambientadas no mar
Películas ambientadas no marPascual Vidal
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
Anita B Mallo Castro
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
Mar Iña
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Recomendacións 1º e 2º
Recomendacións 1º e 2ºRecomendacións 1º e 2º
Recomendacións 1º e 2º
caminodelaimaginacion
 
Traballo Samaín
Traballo SamaínTraballo Samaín
Traballo Samaín
biei
 

What's hot (18)

O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º c
 
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º CicloGuia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
 
A orixe do violin
A orixe do violinA orixe do violin
A orixe do violin
 
Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
 
O apalpador
O apalpadorO apalpador
O apalpador
 
9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012
 
Cantosde Nadal
Cantosde NadalCantosde Nadal
Cantosde Nadal
 
LIBROS TERROR
LIBROS TERRORLIBROS TERROR
LIBROS TERROR
 
Passages
PassagesPassages
Passages
 
O conto do apalpador
O conto do apalpadorO conto do apalpador
O conto do apalpador
 
Películas ambientadas no mar
Películas ambientadas no marPelículas ambientadas no mar
Películas ambientadas no mar
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
O Apalpador
O ApalpadorO Apalpador
O Apalpador
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Recomendacións 1º e 2º
Recomendacións 1º e 2ºRecomendacións 1º e 2º
Recomendacións 1º e 2º
 
Traballo Samaín
Traballo SamaínTraballo Samaín
Traballo Samaín
 

Viewers also liked

Masters of SlideShare
Masters of SlideShareMasters of SlideShare
Masters of SlideShare
Kapost
 
How To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content Marketing
How To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content MarketingHow To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content Marketing
How To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content Marketing
Content Marketing Institute
 
STOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to Slideshare
STOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to SlideshareSTOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to Slideshare
STOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to Slideshare
Empowered Presentations
 
What Makes Great Infographics
What Makes Great InfographicsWhat Makes Great Infographics
What Makes Great Infographics
SlideShare
 
10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization
10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization
10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization
Oneupweb
 
You Suck At PowerPoint!
You Suck At PowerPoint!You Suck At PowerPoint!
You Suck At PowerPoint!
Jesse Desjardins - @jessedee
 
How to Make Awesome SlideShares: Tips & Tricks
How to Make Awesome SlideShares: Tips & TricksHow to Make Awesome SlideShares: Tips & Tricks
How to Make Awesome SlideShares: Tips & Tricks
SlideShare
 

Viewers also liked (7)

Masters of SlideShare
Masters of SlideShareMasters of SlideShare
Masters of SlideShare
 
How To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content Marketing
How To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content MarketingHow To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content Marketing
How To Get More From SlideShare - Super-Simple Tips For Content Marketing
 
STOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to Slideshare
STOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to SlideshareSTOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to Slideshare
STOP! VIEW THIS! 10-Step Checklist When Uploading to Slideshare
 
What Makes Great Infographics
What Makes Great InfographicsWhat Makes Great Infographics
What Makes Great Infographics
 
10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization
10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization
10 Ways to Win at SlideShare SEO & Presentation Optimization
 
You Suck At PowerPoint!
You Suck At PowerPoint!You Suck At PowerPoint!
You Suck At PowerPoint!
 
How to Make Awesome SlideShares: Tips & Tricks
How to Make Awesome SlideShares: Tips & TricksHow to Make Awesome SlideShares: Tips & Tricks
How to Make Awesome SlideShares: Tips & Tricks
 

Similar to O Cartafol do Lerez Nº 5

Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Marlou
 
Lendas Galegas
Lendas GalegasLendas Galegas
Lendas GalegasBergantera
 
Sorpresa en nadal
Sorpresa en nadalSorpresa en nadal
Sorpresa en nadal
ticceeabarcia
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
Cruz Martinez
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
soigca
 
Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeiros
ceip Seara
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba ordeendlagra
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba ordeendlagra
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Meigamaior
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
aesperela
 
Auga Linda
Auga LindaAuga Linda
Auga Lindaluis425
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Florenotero
 
As pantasmas xogaban a pelota1
As pantasmas xogaban a pelota1As pantasmas xogaban a pelota1
As pantasmas xogaban a pelota1
RATIBRON
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 
Conto principino e os nenos do condesa
Conto principino e os nenos do condesaConto principino e os nenos do condesa
Conto principino e os nenos do condesa
Carmela Garcia
 

Similar to O Cartafol do Lerez Nº 5 (20)

Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Lendas Galegas
Lendas GalegasLendas Galegas
Lendas Galegas
 
Sorpresa en nadal
Sorpresa en nadalSorpresa en nadal
Sorpresa en nadal
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeiros
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
 
Auga Linda
Auga LindaAuga Linda
Auga Linda
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
As pantasmas xogaban a pelota1
As pantasmas xogaban a pelota1As pantasmas xogaban a pelota1
As pantasmas xogaban a pelota1
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
Conto principino e os nenos do condesa
Conto principino e os nenos do condesaConto principino e os nenos do condesa
Conto principino e os nenos do condesa
 

More from O Cartafol do Lérez

O cartafol Nº4
O cartafol Nº4O cartafol Nº4
O cartafol Nº4
O Cartafol do Lérez
 
Cartafol n 3
Cartafol n 3Cartafol n 3
Cartafol n 3
O Cartafol do Lérez
 
E contos
E contosE contos
D contos
D contosD contos
C contos
C contosC contos
B contos
B contosB contos
A contos
A contosA contos

More from O Cartafol do Lérez (7)

O cartafol Nº4
O cartafol Nº4O cartafol Nº4
O cartafol Nº4
 
Cartafol n 3
Cartafol n 3Cartafol n 3
Cartafol n 3
 
E contos
E contosE contos
E contos
 
D contos
D contosD contos
D contos
 
C contos
C contosC contos
C contos
 
B contos
B contosB contos
B contos
 
A contos
A contosA contos
A contos
 

Recently uploaded

Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 

Recently uploaded (6)

Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 

O Cartafol do Lerez Nº 5

  • 1.
  • 2. 1. A CRISE CHEGA AO MUÍÑO A fin de semana pasada, na vila, o muiñeiro e a súa familia empobreceron rapidamente despois de posuir incribles riquezas. Os veciños aseguran que o muiñeiro a piques estivo de perder o muíño e as terras circundantes. Redacción Salcedo. A desgraza chegou á casa dos muiñeiros despois de ser moi ricos. O motivo aínda non se coñece, pero fontes próximas aos muíños sospeitan que o muiñeiro traballaba con partidas contaminadas de millo corvo. Estas partidas provocaron fortes intoxicacións aos consumidores e colapsos nas unidades de urxencias da cidade. As denuncias de Sanidade obrigaron o muiñeiro a vender as súas terras para pagar as taxas xudiciais. Raquel Rosales Estévez (CEIP Cabanas, 6º) 2. A FILLA DO REI VAI CASAR CUN OSO A cociñeira do pazo pensa que o rei debería deixar que a súa filla case con quen queira. Un soldado dos exércitos do rei declarou a esta redacción que o rei fai ben en anoxarse porque sería moi raro ter un rei oso. Redacción Pontevedra. Diferentes testemuñas puideron ver o rei pasear coa súa filla cando un oso apareceu e lle dixo: «Queres este anel?» A moza, desesperada, respondeu que si e o oso pediulle que casara con ela. Infórmannos que dende entón o rei está desesperado por que non quere que a súa filla case con semellante habitante do bosque. Mañá seguiremos informando. Uxío Viéitez Fernández (CEIP Froebel, 5ºB) 3. UNHA MOZA DA VILA CÁNTALLE A UN TESTO BALEIRO Redacción Salcedo. Unha moza da vila cántalle a un testo baleiro e cóidao todos os días regándoo, sacándoo fóra, e meténdoo na casa pola noite; pero nada medraba no testo. Seica a moza pretende casar co rei! Rubén Diz Martínez (CEIP Cabanas, 5º) 4. MOZO NAMORADO DA FUTURA RAÍÑA É CONDENADO A MORTE Avelino P.F. condenado a morte o sábado pola tarde despois de obedecer ao rei en todo o mandato. Redacción Mourente. A semana pasada un mozo atopou unha pluma dun paxaro de fogo e pretendeu que o rei o fixera cabaleiro como recompensa da súa entrega. O rei, con moi bo criterio, decidiu cortarlle a cabeza a el e aos seus secuaces, entre os que se atopa un cabalo que din que fala moito. Non se sabe o paradoiro do cabalo, pero o mozo foi finalmente requerido para atrapar o paxaro de fogo, dono da pluma. Unha vez apresado o paxaro, o mozo foi armado cabaleiro con gran cerimonia. Aínda non se coñece o paradoiro do cabalo parlante que aconsellou o mozo na captura do paxaro e que o recén nomeado debe ter de montura. O rei mandoulle ao novo cabaleiro rescatar a Basilisca, unha fermosa moza que será a nosa futura raíña despois do seu compromiso nupcial co rei. Pero o cabaleiro namorouse dela e o mesmo rei decidiu que será executado nos próximos días. Aldara Fernández Fernández (CEIP de Vilaverde, 6ºB) 5. AS CUÑADAS DE BARBAZUL SOSPEITAN Déixalle as chaves da súa casa á súa esposa coa única condición de que non abra a porta da chave máis pequena. Redacción Lourizán. O día vinte e dous de abril, Barbazul deixoulle as chaves de todas as portas da casa á súa muller cando marchou. As dúbidas dela e das súas irmás coa chaviña e a porta misteriosa cada vez son máis grandes. Sábese que a porta está ao fondo do soto. As declaracións dos veciños son moi claras e intrigantes. O veciño do lado, Barbavermella, di que Barbazul xa tivo vinte esposas máis, e a todas lles dixo o das chaves. Descoñécese o paradoiro das outras mulleres e do que hai detrás desa portiña. Celia Losada Moledo (CEIP A Carballeira) 6. APARECE UN VELLO QUE LLE DÁ AOS PRÍNCIPES UNHA SOLUCIÓN PARA CURAR O REI Os tres fillos do rei, de paseo polo xardín, atoparon un vello que lle deu a solución á enfermidade do seu pai. Redacción Mourente. Nun reino das aforas atopábanse tres fillos que desexaban curar o seu pai, que estaba moi enfermo. Paseando polo xardín aparecéuselle un vello que lle deu a solución. Terían que ir en busca da auga da vida para poder curalo. O rei sufría unha grave enfermidade e se non curaba rápido podería morrer. Non sabían de onde saíu o vello, e xa había lendas de cociñeiros que dicían que era moi sospeitoso. Noelia Bugallo Bértola (CEIP de Vilaverde, 6ºA) 7. FAMILIA POBRE DE MUIÑEIROS DÁ A LUZ A UN NENO ESPECIAL O pai da criatura asegura que foi unha alegría. Sen embargo, ao falar con nós mostrou unha actitude moi preocupante. Que lle pasará? Redacción Salcedo. Ocorreu a semana pasada en Salcedo. O pai asegura que non se decatou ata que llo comentou a veciña. El gozaba do seu muíño. A nai estaba no faiado da súa casa tranquilamente e sentiuse mareada. Sentou na cama e observou que sentía dores na barriga. Movíase algo. Logo, naceu un neno e a nai emocionouse tanto que se desmaiou. O neno está san e a nai tamén. Raúl Amado Taboada (CEIP Cabanas, 6º) 8. UN ANANO ENFÁDASE COA XENTE QUE PASA POLA SÚA ENCRUCILLADA Un anano resultou moi enfadado porque dous dos fillos do rei pasaron polo seu lado e faláronlle mal. Redacción Mourente. O pasado día dazaseis de xullo, os fillos do rei foron na procura da auga de vida. Primeiro foi o fillo máis vello, e o anano deixouno preso nun camiño. Despois foi o mediano e tamén quedou atrapado no camiño. O fillo máis novo, que tamén decidiu emprender a aventura, preguntoulle educadamente ao anano se sabía onde podería atopar a auga da vida. O anano díxolle que estaba nun castelo ao cruzar un val. Cando o príncipe chegou, colleu a auga e foilla dar ao seu pai. Con educación, un chega a calquera parte. Tamara Barreiro Durán (CEIP de Vilaverde, 6ºA) 9. PÍDELLE MATRIMONIO Á MÁIS NOVA Un veciño chamado Barbazul pídelle matrimonio á máis nova de tres irmás. Redacción Lourizán. Un veciño da vila, chamado Barbazul, un home con anteriores matrimonios, pídelle casamento á menor de tres irmás. A policía local pensa que é un home perigoso, pero NOVAS NA BIBLIOTECAEDITORIAL Un curso máis, o intenso traballo creativo dos nenos e nenas pon- tevedreses dá os seus froitos neste número especial de O CARTAFOL DO LÉREZ que a Concellería de Educación do Concello de Ponte- vedra e Kalandraka poñen nas mans da comunidade escolar: alumnado, docentes e familias. Os alumnos e alumnas de quinto e sexto curso de Educación Pri- maria son os protagonistas desta nova edición chea de sorpresas: novas fantásticas, cociña creativa, imaxinativos relatos saídos das ilustracións máis suxerentes... Propostas entretidas e diversas tiradas das obras que se achegan ás bibliotecas escolares dos cen- tros de ensino participantes como dotación bibliográfica. A entrevis- ta segue a ter un espazo destaca- do como en números anteriores: o encontro co deportista paralím- pico pontevedrés Juan Saavedra é outra das achegas desta edición que conta cunha sección especial de deportes protagonizada polo singular personaxe Tito Longuei- rón. O CARTAFOL sumouse ás celebracións do 150º aniversario da publicación de Cantares Ga- llegos, de Rosalía de Castro, de- dicando gran parte do seu contido á poesía. Coincidindo coa súa estadía na cidade, a poeta chilena María José Ferrada percorreu algúns obradoiros e mantivo di- ferentes encontros cos escolares dos que se dá conta noutra inte- resante conversa. Agardamos que este novo número vos acompañe como lectura nas vindeiras vaca- cións. Podedes facer as vosas suxes- tións e comentarios na edición dixital www.ocartafoldolerez.org Bo verán! N º 5 • X U Ñ O 2 0 1 3 • P Á X . 2 Situados nas narracions de O Rei Oso Branco e outros contos marabillososO Rei Oso Branco e outros contos marabillosos, os reporteiros máis novos e audaces de Pontevedra elaboran unha serie de novas fantásticas. Solicitade o libro na biblioteca da vosa escola e animádevos a descubrir os orixinais relatos que as inspiraron. Ilustraci ns de scar Vill n do libro O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos de Kalandraka Anota as túas respostas: 1. 2. Solucións na seguinte páxina: 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17.
  • 3. N º 5 • X U Ñ O 2 0 1 3 • P Á X . 3 aínda así, a menor díxolle que si. Algunhas persoas pensan que é un home moi xentil e moi rico. Sen dúbida non lle dirían que non. Hugo Marrero Iglesias (CEIP A Carballeira) 10. RECEPCIÓN DE MOZAS PARA O REI Redacción Salcedo. O rei recibe duascentas mulleres que desexan casar con el, moitas fermosas e con flores de cores moi vivas. Todas son ricas excepto unha. A súa flor non medrou nada e xa non ten ningunha esperanza de que o rei case con ela. O rei só quere casar coa muller que teña a flor máis bela na vella aldea de Mueramo. Daniel Barros Valiñas (CEIP Cabanas, 5º) 11. A FAMILIA DO MUIÑEIRO EMPOBRECE RAPIDAMENTE Hai uns días, na vila veciña, o muiñeiro e a súa muller empobreceron pola crise. Redacción Salcedo. Na vila veciña, a desgraza caeu sobre o muíño, pois as riquezas da familia desapareceron tan rapidamente como viñeran. «Non sabía que facer, así que fun dar un paseo xunto á presa para relaxarme», declarou o muiñeiro. Alí atopouse coa ninfa da presa, que prometeu devolverlle as súas riquezas se lle entregaba o que acababa de nacer na súa casa. «Pensei que se refería a un canciño que acababa de nacer», dixo onte o muiñeiro. Sara Caselles Rodríguez (CEIP Cabanas, 6º) 12. O OURIVE REAL NON É CAPAZ DE FACER UN ANEL PARA A PRINCESA R e d a c c i ó n Pontevedra. A princesa está encaprichada cun anel que o xoieiro non dá feito. Non sabemos o que lle pasa a este xoieiro pero, segundo fontes confidenciais, non sabe facer un anel que lle quede ben á princesa. Seguiremos investigando, pero nós preguntámonos: que clase de xoieiro é este? Sabemos por informacións anónimas que xa fixo tres aneis e que ningún lle serve á princesa. Ou a princesa ten un dedo máxico ou o despedimento deste profesional pode ser inminente. Sandra García Pérez (CEIP Froebel 5ºA) 13. A VIDA DO MONARCA PERIGA Profesionais buscan un remedio para non perder unha das mellores imaxes do planeta. Redacción Mourente. Sen saber por que, o rei recae da misteriosa enfermidade que xa tivera o pasado ano nunha viaxe a un universo paralelo. Moitas forzas especiais de moitos planetas investigan o caso. O vindeiro xoves declarará nos tribunais a cociñeira, que pensan que puxo adrede un produto con radioactividade. Deste caso encárgase o xuíz Ruz. Mario Chan García (CEIP de Vilaverde, 6ºA) 14. DOUS DOS FILLOS DO REI MORREN NO INTENTO DE COLLER A AUGA DA VIDA PARA SANDAR O SEU PAI O rei enfermou e os seus tres fillos decidiron pórse de acordo para ir recoller o seu antibiótico: a auga da vida. Redacción Mourente. O rei enfermou de súpeto e os seus tres fillos decidiron ir buscar a solución para o seu mal: auga da vida. Eles non sabían onde atopar aquel remedio para evitar a morte do seu pai, pero no medio do camiño atoparon un anano que o sabía. Dous irmáns non lle preguntaron e máis adiante morreron ao pechárenselles as paredes do camiño. O terceiro foi o único con cabeza para preguntar ao anano. El díxolle onde se atopaba, e foi alá. Lucía Cortizo Cortegoso (CEIP de Vilaverde, 6ºA) 15. A NENA MÁIS NOVA DO REI TEN QUE CASAR CUN OSO Ao non conseguir un anel á medida da filliña, ela encontrou un no dedo dun oso, e tivo que casar con el a cambio do anel. Redacción Pontevedra. A filliña do rei tiña de todo pero, un día, despois de ter un soño, quixo ter un anel con rubís. O xoieiro real non daba coa medida do dedo da nena. Foi ela mesma quen encontrou un, pero a cambio del o oso que o tiña pediulle que casara con el. O rei intentou deter o oso. As dúas primeiras veces que tentou ir a pola filliña, o rei enganouno, pero cando por fin se deu conta de que as nenas que lle dera o rei eran as máis vellas, volveu ao castelo a pola nena de verdade. Para a súa sorpresa, cando chegaron ao bosque, a nena deuse conta de que o oso era rei e tiña un castelo con moitas xoias. Diego Mirón Jiménez (CEIP Froebel, 5ºB) 16. O REI ENFERMO POR CAUSAS DESCOÑECIDAS Redacción Mourente. O rei enfermou recentemente por causas descoñecidas. É axudado polos seus tres fillos, só agardamos a súa rápida recuperación. O rei encóntrase cada vez peor, xa que a enfermidade pode chegar a causar a morte. Os seus fillos están moi tristes e, segundo declaracións a este xornal dun ancián do lugar, a única salvación é que algún vaia na procura da auga da vida. Dese modo poderá curarse. O maior dos fillos do rei foi buscar a auga só coa intención de que o rei o nomeara rei a el, pero o príncipe quedou atrancado. O segundo foi polo camiño do primeiro co mesmo resultado. Fontes próximas ao castelo infórmannos de que xa saíu o terceiro fillo a buscar a auga da vida, que só pensaba en salvar o seu pai, e que recibiu axuda dun anano: «A auga queda nun castelo», díxolle. E ata atopou unha princesa que quería casar con el. Seguiremos informando. Verónica Esperón (CEIP de Vilaverde, 6º) 17. UNHAS MULLERES ABREN SEN PERMISO UNHA PORTA MALDITA Barbazul, veciño do castelo do monte, marchou de viaxe e confioulle o coidado do castelo á súa muller que, sen contalo, descobre o suceso máis macabro na historia da vila. Redacción Lourizán. Hai uns días Barbazul convidou as súas cuñadas ao pazo e entregoulle as chaves á súa muller, dicíndolle que non abrira a porta que se abría coa chave pequena. Díxolle que só tiñan permitido ver as riquezas que había nos demais cuartos. Elas non fixeron caso e abriron a porta que tiña a chave pequena. Cando entraron, a visión foi arrepiante. Os científicos da policía cren que eran os esqueletos das antigas mulleres de Barbazul. De confirmarse as s o s p e i t a s , B a r b a z u l permanecerá vinte e cinco anos no cárcere d e s p o i s d o xuízo. Adrián T.F. (CEIP A Carballeira) AS TRES IRMÁS Había unha vez tres nenas, irmás, de dezaoito anos, que vivían coa súa nai. A nai quería que as rapazas se independizasen, así que un día colleu ás tres e díxolles: —Nenas, vide aquí. —Dime. —Dixo Lili, a pequena. —Xa vai, xa vai... —dixo Uxía, a do medio. —Agora non podo. Estou a falar polo Facebook! —dixo Alicia, a maior. —Baixade xa! —berrou a nai moi anoxada. —Vai...! —dixeron elas. A nai explicoulles a súa intención, elas foron aos seus cuartos e fixeron as maletas. A Lili, que era a pequena, custoulle, xa que tiña moita roupa. Eran as cinco da tarde e xa tiñan todo listo. Saíron e foron na busca do seu novo fogar. Polo camiño, un neno chamado Pablo viunas e namorouse, pero das tres! Lili atopou unha casiña pequeniña e ficou alí. Uxía atopou unha casa nova. E Alicia colleu un piso no centro da cidade. Pasados uns días, Pablo foi á casa de Lili, ela pechoulle a porta no nariz e escapou en taxi polos pelos. Pablo seguiuna ata a casa de Uxía. Ao chegar Pablo e chamar á porta, as dúas fuxiron pola porta de atrás e pillaron un autobús. Chegaron á casa de Alicia e alí estiveron a salvo porque Pablo quedou encerrado no ascensor. Mariña Vázquez Mosquera (CEIP Froebel, 6º) JAMES BRANCO E OS SETE AMIGUIÑOS Había unha vez, en Pontevedra, un neno chamado James Branco, que foi cos seus sete amigos ao parque. A súa malvada avoa chamouno e díxolle que non podía xogar máis con eles e que tiña que volver para a casa. Pola tarde, a noiva de James deuse conta de que non estaba no parque e preguntoulles aos seus sete amiguiños, que lle dixeron que o levara a súa avoa malvada. A avoa ofreceulle un iogur de mazá e James Branco aceptou, tomou o iogur de mazá e despois dun ratiño quedou durmido. A malvada avoa botáralle unha pílula para durmir no iogur. Os sete amiguiños levaron a noiva valente ao piso da avoa. A noiva subiu soa, pois os amigos non puideron (no ascensor só collía unha persoa). Ao chegar ao piso da avoa malvada, a noiva de James Branco abriu a porta cun clip. A avoa lanzoulle un bolo de crema, para que non puidera avanzar. A noiva valente evitou a avoa malvada e entrou no cuarto onde James durmía. Foi a xunta del e deulle un xarope para os alérxicos á mazá. James acordou e os dous fuxiron do piso, escoitando a avoa berrar de carraxe. Ao chegar ao parque, os nove comezaron a xogar. Manuel Suárez Arosa (CEIP Froebel, 6º) CONTOS POR IMITACIÓN Solucións: 1.Aninfadapresa,2.OreiOsoBranco,3.Asemente,4.Opaxarodefogo,5.Barbazul,6.Aaugadavida,7.Aninfadapresa,8.Aaugadavida,9.Barbazul,10.Asemente,11.Aninfadapresa, 12.OreiOsoBranco,13.Aaugadavida,14.Aaugadavida,15.OReiOsoBranco,16.Aaugadavida,17.Barbazul.