O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA


   Naquel mércores de finais de outubro na
casa de Antía e Xaquín, todo o mundo andaba
bastante axitado. Había mochilas, roupa de
montaña e bicicletas esparexidas por toda a
casa.


Os pais dos rapaces para a ponte de Santos
organizaran unha viaxe: unha viaxe moi
especial, xa que ían percorrer o Camiño de
Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata a
capital de Galicia.
Mañá,1 de novembro, uns amigos da familia
vanos levar no seu coche todoterreo           ata o
punto de partida e desde aquí comezará a
aventura: aventura que eles non sospeitan o
aterradora que chegará a ser.
Ao   día   seguinte      puxéronse     en   marcha.
Deixáronos    en      Pedrafita   e   comezaron   a
andaina coas súas bicis.


Cando xa levaban un anaco andado atoparon
unha igrexa abandonada no medio do monte.
Decidiron entrar. Estaba chea de teas de araña
e po. Un ruído aterrador fixo que se volvesen.
Alí de pé había un home con barba longa,
camisa a cadros vermellos e grises, pantalón
vaqueiro rachado e zapatos dos anos sesenta;
o que indicaba que, posiblemente, non saíse
daquel lugar en anos e se volvese tolo. O home
díxolles:
-Non sigades porque por estes camiños andan
os mortos.


- Si, seguro- contestou o pai.


-Non, non o fagades-dixo o home con voz
ameazante- Repítovos que por aquí andan os
mortos.


Non fixeron caso daquel home que parecía
estar tolo e continuaron o seu camiño. Pasou
un anaco cando Xaquín se dou conta de que
súa   irmá   desaparecera.       Non   podía   ser!
Volveron cara onde estaba o vello, pensando
que puidera ser el o que levara a rapaza, pero
xa non estaba na igrexa. Saíron de alí e
atoparon a Antía tirada no chan. Correron cara
onda ela e esquivounos:
-Quen son? Quen sodes vós? Que fago aquí?-
dixo a nena.


Antía perdera a memoria. De repente unha fila
de   mortos      chamada   a   Santa   Compaña
apareceu polo medio das árbores. Pararon
diante deles e entregándolle unha candea ao
pai e dixéronlle:


-Tomade esta candea. Seravos moi útil na vosa
aventura. Se queredes que Antía recupere a
memoria e se salve da morte tendes que atopar
a papoula negra, a flor que devolve a vida.
Tedes tres días. Ide á igrexa de Sarria, alí o
seu cura daravos a primeira das pistas para
atopar a flor.


Puxéronse en camiño, e cando levaban un bo
anaco pedaleando, atoparon un can mugrento,
de cor canela, con longas orellas e cara de
pena. Este seguíaos a pouca distancia e
intentaron despistalo, pero non había maneira,
o can sempre voltaba. Xa estaban moi lonxe
de onde o atoparan, e decatáronse do teimudo
que era e decidiron poñerlle un nome: Pedriño.
Viron un bo sitio para xantar, xa que a pesares
dos problemas, tiñan moita fame. Descansaron
un pouco e voltaron ó camiño. Pasados uns
kilómetros uníuselles un que parecía outro
peregrino. Fixeron boas migas e falaron dun
montón de cousas, así que acabaron por
contarlle cal era   a misión que tiñan que
cumprir.


O home quedouse moi pensativo e con
expresión de medo na cara, explicoulles que
aquel non era un camiño seguro porque ás
veces aparecía por alí a Santa Compaña.
De   súpeto    o   peregrino    desapareceu   e
cubriunos unha mesta néboa, case non podían
verse uns a outros, e para máis sorpresa, foise
formando un túnel polo que se sentiron atraídos
e alí se dirixiron sen pensalo moito.


A o cabo dun tempo, que a eles se lles fixo
unha eternidade, foron dar a un cemiterio moi
antigo e fermoso, detrás del albiscábase un
impoñente mosteiro que os pais recoñeceron
como o Mosteiro de Sarria.


A porta principal estaba aberta, así que
entraron. Dentro, todo estaba escuro e en
silencio. Fixeron uso da candea que lles dera a
Santa Compaña e percorreron uns corredores
que os levaban a outros ata que viron luz que
saía dunha porta entreaberta.
Petaron e unha voz amable mandoulles pasar.
Detrás dunha mesa enorme estaba un frade
que se presentou como o abade do mosteiro.
Eles explicáronlle cal era a súa misión. E el moi
amablemente deulles varias pistas que lles
pareceron moi misteriosas:


-Voltade ao cemiterio e buscade unha pedra
que está sobre unha pedra e esta sobre outra,
e alí atoparedes a clave - dixo o frade.


No cemiterio buscaron entre as lápidas e
atoparon un grupo de rochas dunha cor distinta
ás demais, o que lles pareceu moi sospeitoso.
Erguer a morea levoulles moito tempo, pero
pronto se decataron que escondía unha
mensaxe segreda:


ATOPAREDES UNHA MENSAXE TALLADA
NUN CARBALLO CENTENARIO A bEIRA DO
ENCORO DE PORTOMARIN.
Dispuxéronse a saír do cemiterio, pero xa
estaba a escurecer, por iso Xaquín non viu
unha tumba que estaba aberta e caeu dentro
dela. Cando se recuperou do golpe recibido
escoitou unha voz de ultratumba que dicía:


-Quedan dous días para a morte de Antía. Se
queredes chegar a tempo para salvala debedes
atravesar o portal.


Xaquín contoulle o sucedido a súa familia.
Despois de percorrer o camposanto viron un
arco de ferro cuberto de enredadeiras no medio
dunha leira.
Cando o atravesaron todo se volveu escuro. Ao
cabo dun tempo, saíu a lúa entre as nubes e
viron que estaban camiñando polas rúas
empedradas dunha vila. Era noite pechada e
facía moito frío.
Atopáronse cun home que resultou ser o dono
dunha pousada de Portomarín, que así se
chamaba a vila. O home ofreceulles pasar a
noite alí:
-Fariades ben- dixo o home- Non é seguro
andar de noite por aquí.


-E logo por que?- preguntou a nai.


- Conta a lenda -dixo, con voz moi baixa -que
na antiga vila de Portomarín vivía un home moi
teimudo co seu can Urco. A vila foi inundada
pola construción do encoro, polo que se
trasladou a todos os habitantes á vila nova.
Mais o dono de Urco negouse a marchar da
súa casa e morreu afogado dentro dela. Por
iso, todas as noites o espírito de Urco pasea
pola nova vila, buscando ao seu dono.
A familia, moi asustada, rexeitou a oferta
porque tiñan pouco tempo para salvar a Antía,
así que seguiron ata o encoro.


Polo camiño atopáronse con Pedriño. Xaquín
foi correndo onda el, pero decatouse de que ao
can lle pasaba algo raro. Tiña os ollos en
branco e xa non tiña unha expresión triste, se
non chea de rabia.
Tentou trabar a Xaquín, pero o pai conseguiu
reducilo.
O can estaba posuído polo espírito de Urco,
polo que decidiron atalo nunha árbore para
evitar un novo ataque.


Chegaron á beira do encoro e estiveron
buscando un bo anaco, mais non atoparon
ningún carballo.
Cando xa ían desistir Antía viu unha botella que
flotaba preto da beira. O pai recolleuna cun
trueiro.
Dentro había un papel coa seguinte mensaxe:


Esta noite
Unha arbore vas ver
E con moito interese
O vas ler


Ao pronunciar estas palabras apareceu un
carballo diante deles que desprendía unha luz
cegadora deslumbrándoos a todos.
Cando se achegaron ao carballo, viron a
seguinte inscrición na súa cortiza:


Debedes ir a palas de rei. Ali atoparedes unha
horta de cabazas ao lado dun cruceiro. Vaciade
a mais grande colocade dentro a candea e
veredes unha nova mensaxe.
Voltaron ao camiño e viron que Pedriño xa
retornara a ser o can afable que coñeceran,
coa súa cara de pena e non de rabia como
posuída polo espírito de Urco. Desataron ao
can e decidiron empregar seu o olfacto para
atopar o camiño cara Palas de Rei.


Pedalearon toda a noite guiados polo instinto
do animal, o cal os levou a Igrexa de Vilar de
Dona xa en Palas de Rei. A carón do cruceiro
estaba a horta das cabazas.


Buscaron a cabaza máis grande, aínda que lles
levou un anaco decidir cal era, e tras varias
rifas entre eles dispuxéronse a baleirala.
Despois empregaron a candea que lles dera a
Santa Compaña para poder ver a mensaxe
xusto antes de saír o primeiro raio de sol. E
como por arte de maxia, coa luz da candea,
reflectiuse aos pés do cruceiro unha nova
mensaxe:




NO ALTO DA TORRE FILGUEIRA
MOVESE CO VENTO UNHA BANDEIRA
MIRADE BEN CARA ONDE SINALA
SE A PAPULA NEGRA QUEREDES ATOPAr


Xa era de día e andiveron preguntándolle as
xentes de Palas de Rei pola torre. Cando a
atoparon viron que estaba abandonada e que
poñía medo so de mirar para ela, pero debían
entrar nela se querían que Antía non morrera.


Nada máis abrir a porta apareceu de súpeto un
vello coas roupas rachadas e sen un ollo.
Díxolles que el era o guía e que con moito
agrado lles ensinaría o interior da torre. Aínda
que era algo sospeitoso a familia tiña moita
presa como para buscar a forma de subir ao
alto, entón o pai dixo:


-Moi amable señor, pero só nos interesa visitar
o alto da torre. Pódenos guiar vostede ata alí?


O vello puxo mala cara e rañou os dentes,
parecía algo impaciente, pero aceptou guiar a
familia.


No alto da torre viron a bandeira, estaba algo
rachada e non se adiviñaba ben cara onde
sinalaba.


-Señor guía, cara onde apunta a bandeira? –
preguntou a nai.


-Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o
vello sen ollo – sinala en dirección a un bosque
que hai en Arzúa, un lugar escuro e maldito,
pois nel as árbores están vivas e posuídas polo
mesmo demo, pois o que entra nel, non sae
vivo, as árbores comezan a enraizárseche nos
pes e aprémante ata romperche os ósos do
corpo.


- Tanto nos ten!!! – dixo o pai – debemos ir cara
alí axiña.


- Veña papá, temos moita presa – dixo Xaquín
– tan só nos queda un día para salvar a Antía.


O vello non paraba de insistir en que quedaran
un anaco máis con el, polo menos a xantar,
pois sentíase moi só. Pero a familia negáballe a
invitación unha e outra vez.


Entón o vello púxose coma un tolo e collendo
unha das lanzar das armaduras que había na
torre quixo matar a familia a cal tivo que
escapar estrepitosamente escaleiras abaixo e
saír pitando da torre para salvar a súa vida e
poñerse en dirección cara o bosque das
árbores malditas de Arzúa, onde medraba a
papoula negra.


Proseguiron      a   súa   andaina   pedaleando
apresuradamente ata chegar a Arzúa. Alí
conseguiron preguntarlle a un ancián que
camiñaba arrimado a un bastón onde se
atopaba o bosque.


- Perdoe, poderíanos indicar onde se atopa o
Bosque das Árbores Malditas? Precisamos a
topar a papoula negra de inmediato –dixo o pai
con voz firme.


- Seguide todo este sendeiro e ao lado da fonte
xirade á esquerda, alí se atopa o voso destino.
En canto vos adentredes no monte veredes
unha pequena e vella cabana que é onde
medra a flor, pero tede moito coidado, xa que
ninguén logrou saír vivo de alí.


- Moitas grazas bo home.
A familia deixou as bicis aparcadas fóra e
adentrouse no bosque. Cubriuse todo de
súpeto por unha néboa espesa. Xaquín ía
camiñando diante cando dixo:


- Mamá, teño moita fame.


Pero non houbo resposta algunha. Cando
volveu a cabeza non había ninguén, so o
acompañaba Pedriño. O neno comezou a sentir
moito medo e empezou a correr para atopar
aos seus pais canto antes.
Cando xa levaban un anaco recorrido Xaquín
tropezou na pola dunha árbore e caeu ao chan.
O can púxose moi nervioso e comezou a
ladrar.O rapaz ergueuse e viu a cabana da
papoula e botou a correr cara a ela. Entrou con
moito medo e alí estaba a súa familia a punto
de coller a flor.


- Onde estabades? Tiña moito medo –dixo
Xaquín. Nese momento a nai estaba a coller a
Papoula Negra e toda a cabana comezou a
tremer. A familia botou a correr e conseguiu
saír de aquel Bosque das Árbores Malditas.


Aínda que estaban moi cansos e tiñan moita
fame, á media noite remataría o tempo para
salvar a Antía, así que montaron de novo nas
súas bicicletas e seguiron o camiño porque xa
empezaba a anoitecer.
Cando pasaron por diante da fonte que lles
dixera o ancián do bastón , viron unha luz que
sinalaba cara ao que parecía un cartel dentro
da auga que dicía:




          Se a antia queredes salvar
         Sobre o sepulcro do apostolo
        A papoula negra debedes deixar


Así, emprenderon de novo a súa viaxe
apurando o máximo posible para que Antía
saíra   con    vida    de   aquela     aterradora
experiencia.


Cando xa non quedaba moito percorrido para
chegar a Santiago púxose a chover con moita
forza e comezou a tronar dun xeito estrepitoso
que alumaba todo o ceo no medio da
escuridade da noite.
A familia estaba moi cansa e empapada por
mor da choiva, pero sentiron un gran alivio
cando, dez minutos antes de que rematara o
prazo para salvar a Antía, viron ante eles a
grandiosa Catedral de Santiago.


-Vamos, rápido –dixo o pequeno Xaquín.


Todos tiraron as bicicletas no chan e botaron a
correr cara a Catedral.


Como era xa de noite non podía entrar por
ningures, intentárono primeiro pola fachada do
Obradoiro, pero estaba pechada, despois
correron á porta norte, pero tampouco tiveron
sorte. Mentres estaban dando voltas rodeando
o edificio, a nai decatouse de que unha das
pequenas portas laterais, na que estaba
representado o xuízo final estaba entreaberta.
-É por aquí – dixo cun fío de vos a nai.


Todos correron cara aquela porta. Cando
entraron ás carreiras as súas pisadas resoaban
en todo o edificio.


- EH!!!, non podedes estar aquí – dixo o que
parecía ser un garda de seguridade.


Pero a familia non desistiu do seu empeño e foi
entón cando viron o sepulcro do Santiago
Apóstolo. Mentres corrían cara el comezaron a
soar as doce badaladas que marcaban o final
da vida de Antía.


O pai conseguiu deixar a papoula negra sobre
o sepulcro antes de que soara a derradeira
badalada, pero foi en vano, a nena caeu
desplomada no chan.
A familia correu xunto o corpo de Antía, todos
choraban desconsolados e o pobre Pedriño
non facía máis que lamberlle a cara.


O garda de seguridade acercouse e preguntou
que acontecía. De súpeto, Antía ergueuse,
estaba ben, un pouco aturdida pero non se
lembraba do que ocorrera naquel terrorífico
percorrido.


A familia estaba moi contenta por recuperar a
súa filla e tamén lle colleran moito cariño a
Pedriño polo que decidiron quedar co can.


Di unha lenda que todas as noites de 31 de
outubro, noite de bruxas, meiga e mortos
viventes a Santa Compaña acode a aterrar a
familia e o espírito de Urco posúe a Pedriño e
este torna os ollos en branco e trata de morder
a calquera que se lle poña por diante. Así é que
a familia nunca poderá esquecer aquela
aterradora viaxe.




               fin
.

A PAPOULA NEGRA

  • 2.
    O MISTERIO DAPAPOULA NEGRA Naquel mércores de finais de outubro na casa de Antía e Xaquín, todo o mundo andaba bastante axitado. Había mochilas, roupa de montaña e bicicletas esparexidas por toda a casa. Os pais dos rapaces para a ponte de Santos organizaran unha viaxe: unha viaxe moi
  • 3.
    especial, xa queían percorrer o Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata a capital de Galicia. Mañá,1 de novembro, uns amigos da familia vanos levar no seu coche todoterreo ata o punto de partida e desde aquí comezará a aventura: aventura que eles non sospeitan o aterradora que chegará a ser. Ao día seguinte puxéronse en marcha. Deixáronos en Pedrafita e comezaron a andaina coas súas bicis. Cando xa levaban un anaco andado atoparon unha igrexa abandonada no medio do monte. Decidiron entrar. Estaba chea de teas de araña e po. Un ruído aterrador fixo que se volvesen. Alí de pé había un home con barba longa, camisa a cadros vermellos e grises, pantalón vaqueiro rachado e zapatos dos anos sesenta; o que indicaba que, posiblemente, non saíse
  • 4.
    daquel lugar enanos e se volvese tolo. O home díxolles: -Non sigades porque por estes camiños andan os mortos. - Si, seguro- contestou o pai. -Non, non o fagades-dixo o home con voz ameazante- Repítovos que por aquí andan os mortos. Non fixeron caso daquel home que parecía estar tolo e continuaron o seu camiño. Pasou un anaco cando Xaquín se dou conta de que súa irmá desaparecera. Non podía ser! Volveron cara onde estaba o vello, pensando que puidera ser el o que levara a rapaza, pero xa non estaba na igrexa. Saíron de alí e atoparon a Antía tirada no chan. Correron cara onda ela e esquivounos:
  • 5.
    -Quen son? Quensodes vós? Que fago aquí?- dixo a nena. Antía perdera a memoria. De repente unha fila de mortos chamada a Santa Compaña apareceu polo medio das árbores. Pararon diante deles e entregándolle unha candea ao pai e dixéronlle: -Tomade esta candea. Seravos moi útil na vosa aventura. Se queredes que Antía recupere a memoria e se salve da morte tendes que atopar a papoula negra, a flor que devolve a vida. Tedes tres días. Ide á igrexa de Sarria, alí o seu cura daravos a primeira das pistas para atopar a flor. Puxéronse en camiño, e cando levaban un bo anaco pedaleando, atoparon un can mugrento,
  • 6.
    de cor canela,con longas orellas e cara de pena. Este seguíaos a pouca distancia e intentaron despistalo, pero non había maneira, o can sempre voltaba. Xa estaban moi lonxe de onde o atoparan, e decatáronse do teimudo que era e decidiron poñerlle un nome: Pedriño. Viron un bo sitio para xantar, xa que a pesares dos problemas, tiñan moita fame. Descansaron un pouco e voltaron ó camiño. Pasados uns kilómetros uníuselles un que parecía outro peregrino. Fixeron boas migas e falaron dun montón de cousas, así que acabaron por contarlle cal era a misión que tiñan que cumprir. O home quedouse moi pensativo e con expresión de medo na cara, explicoulles que aquel non era un camiño seguro porque ás veces aparecía por alí a Santa Compaña.
  • 7.
    De súpeto o peregrino desapareceu e cubriunos unha mesta néboa, case non podían verse uns a outros, e para máis sorpresa, foise formando un túnel polo que se sentiron atraídos e alí se dirixiron sen pensalo moito. A o cabo dun tempo, que a eles se lles fixo unha eternidade, foron dar a un cemiterio moi antigo e fermoso, detrás del albiscábase un impoñente mosteiro que os pais recoñeceron como o Mosteiro de Sarria. A porta principal estaba aberta, así que entraron. Dentro, todo estaba escuro e en silencio. Fixeron uso da candea que lles dera a Santa Compaña e percorreron uns corredores que os levaban a outros ata que viron luz que saía dunha porta entreaberta. Petaron e unha voz amable mandoulles pasar.
  • 8.
    Detrás dunha mesaenorme estaba un frade que se presentou como o abade do mosteiro. Eles explicáronlle cal era a súa misión. E el moi amablemente deulles varias pistas que lles pareceron moi misteriosas: -Voltade ao cemiterio e buscade unha pedra que está sobre unha pedra e esta sobre outra, e alí atoparedes a clave - dixo o frade. No cemiterio buscaron entre as lápidas e atoparon un grupo de rochas dunha cor distinta ás demais, o que lles pareceu moi sospeitoso. Erguer a morea levoulles moito tempo, pero pronto se decataron que escondía unha mensaxe segreda: ATOPAREDES UNHA MENSAXE TALLADA NUN CARBALLO CENTENARIO A bEIRA DO ENCORO DE PORTOMARIN.
  • 9.
    Dispuxéronse a saírdo cemiterio, pero xa estaba a escurecer, por iso Xaquín non viu unha tumba que estaba aberta e caeu dentro dela. Cando se recuperou do golpe recibido escoitou unha voz de ultratumba que dicía: -Quedan dous días para a morte de Antía. Se queredes chegar a tempo para salvala debedes atravesar o portal. Xaquín contoulle o sucedido a súa familia. Despois de percorrer o camposanto viron un arco de ferro cuberto de enredadeiras no medio dunha leira. Cando o atravesaron todo se volveu escuro. Ao cabo dun tempo, saíu a lúa entre as nubes e viron que estaban camiñando polas rúas empedradas dunha vila. Era noite pechada e facía moito frío.
  • 10.
    Atopáronse cun homeque resultou ser o dono dunha pousada de Portomarín, que así se chamaba a vila. O home ofreceulles pasar a noite alí: -Fariades ben- dixo o home- Non é seguro andar de noite por aquí. -E logo por que?- preguntou a nai. - Conta a lenda -dixo, con voz moi baixa -que na antiga vila de Portomarín vivía un home moi teimudo co seu can Urco. A vila foi inundada pola construción do encoro, polo que se trasladou a todos os habitantes á vila nova. Mais o dono de Urco negouse a marchar da súa casa e morreu afogado dentro dela. Por iso, todas as noites o espírito de Urco pasea pola nova vila, buscando ao seu dono.
  • 11.
    A familia, moiasustada, rexeitou a oferta porque tiñan pouco tempo para salvar a Antía, así que seguiron ata o encoro. Polo camiño atopáronse con Pedriño. Xaquín foi correndo onda el, pero decatouse de que ao can lle pasaba algo raro. Tiña os ollos en branco e xa non tiña unha expresión triste, se non chea de rabia. Tentou trabar a Xaquín, pero o pai conseguiu reducilo. O can estaba posuído polo espírito de Urco, polo que decidiron atalo nunha árbore para evitar un novo ataque. Chegaron á beira do encoro e estiveron buscando un bo anaco, mais non atoparon ningún carballo.
  • 12.
    Cando xa íandesistir Antía viu unha botella que flotaba preto da beira. O pai recolleuna cun trueiro. Dentro había un papel coa seguinte mensaxe: Esta noite Unha arbore vas ver E con moito interese O vas ler Ao pronunciar estas palabras apareceu un carballo diante deles que desprendía unha luz cegadora deslumbrándoos a todos. Cando se achegaron ao carballo, viron a seguinte inscrición na súa cortiza: Debedes ir a palas de rei. Ali atoparedes unha horta de cabazas ao lado dun cruceiro. Vaciade a mais grande colocade dentro a candea e veredes unha nova mensaxe.
  • 13.
    Voltaron ao camiñoe viron que Pedriño xa retornara a ser o can afable que coñeceran, coa súa cara de pena e non de rabia como posuída polo espírito de Urco. Desataron ao can e decidiron empregar seu o olfacto para atopar o camiño cara Palas de Rei. Pedalearon toda a noite guiados polo instinto do animal, o cal os levou a Igrexa de Vilar de Dona xa en Palas de Rei. A carón do cruceiro estaba a horta das cabazas. Buscaron a cabaza máis grande, aínda que lles levou un anaco decidir cal era, e tras varias rifas entre eles dispuxéronse a baleirala. Despois empregaron a candea que lles dera a Santa Compaña para poder ver a mensaxe xusto antes de saír o primeiro raio de sol. E como por arte de maxia, coa luz da candea,
  • 14.
    reflectiuse aos pésdo cruceiro unha nova mensaxe: NO ALTO DA TORRE FILGUEIRA MOVESE CO VENTO UNHA BANDEIRA MIRADE BEN CARA ONDE SINALA SE A PAPULA NEGRA QUEREDES ATOPAr Xa era de día e andiveron preguntándolle as xentes de Palas de Rei pola torre. Cando a atoparon viron que estaba abandonada e que poñía medo so de mirar para ela, pero debían entrar nela se querían que Antía non morrera. Nada máis abrir a porta apareceu de súpeto un vello coas roupas rachadas e sen un ollo. Díxolles que el era o guía e que con moito agrado lles ensinaría o interior da torre. Aínda
  • 15.
    que era algosospeitoso a familia tiña moita presa como para buscar a forma de subir ao alto, entón o pai dixo: -Moi amable señor, pero só nos interesa visitar o alto da torre. Pódenos guiar vostede ata alí? O vello puxo mala cara e rañou os dentes, parecía algo impaciente, pero aceptou guiar a familia. No alto da torre viron a bandeira, estaba algo rachada e non se adiviñaba ben cara onde sinalaba. -Señor guía, cara onde apunta a bandeira? – preguntou a nai. -Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o vello sen ollo – sinala en dirección a un bosque
  • 16.
    que hai enArzúa, un lugar escuro e maldito, pois nel as árbores están vivas e posuídas polo mesmo demo, pois o que entra nel, non sae vivo, as árbores comezan a enraizárseche nos pes e aprémante ata romperche os ósos do corpo. - Tanto nos ten!!! – dixo o pai – debemos ir cara alí axiña. - Veña papá, temos moita presa – dixo Xaquín – tan só nos queda un día para salvar a Antía. O vello non paraba de insistir en que quedaran un anaco máis con el, polo menos a xantar, pois sentíase moi só. Pero a familia negáballe a invitación unha e outra vez. Entón o vello púxose coma un tolo e collendo unha das lanzar das armaduras que había na
  • 17.
    torre quixo matara familia a cal tivo que escapar estrepitosamente escaleiras abaixo e saír pitando da torre para salvar a súa vida e poñerse en dirección cara o bosque das árbores malditas de Arzúa, onde medraba a papoula negra. Proseguiron a súa andaina pedaleando apresuradamente ata chegar a Arzúa. Alí conseguiron preguntarlle a un ancián que camiñaba arrimado a un bastón onde se atopaba o bosque. - Perdoe, poderíanos indicar onde se atopa o Bosque das Árbores Malditas? Precisamos a topar a papoula negra de inmediato –dixo o pai con voz firme. - Seguide todo este sendeiro e ao lado da fonte xirade á esquerda, alí se atopa o voso destino.
  • 18.
    En canto vosadentredes no monte veredes unha pequena e vella cabana que é onde medra a flor, pero tede moito coidado, xa que ninguén logrou saír vivo de alí. - Moitas grazas bo home. A familia deixou as bicis aparcadas fóra e adentrouse no bosque. Cubriuse todo de súpeto por unha néboa espesa. Xaquín ía camiñando diante cando dixo: - Mamá, teño moita fame. Pero non houbo resposta algunha. Cando volveu a cabeza non había ninguén, so o acompañaba Pedriño. O neno comezou a sentir moito medo e empezou a correr para atopar aos seus pais canto antes.
  • 19.
    Cando xa levabanun anaco recorrido Xaquín tropezou na pola dunha árbore e caeu ao chan. O can púxose moi nervioso e comezou a ladrar.O rapaz ergueuse e viu a cabana da papoula e botou a correr cara a ela. Entrou con moito medo e alí estaba a súa familia a punto de coller a flor. - Onde estabades? Tiña moito medo –dixo Xaquín. Nese momento a nai estaba a coller a Papoula Negra e toda a cabana comezou a tremer. A familia botou a correr e conseguiu saír de aquel Bosque das Árbores Malditas. Aínda que estaban moi cansos e tiñan moita fame, á media noite remataría o tempo para salvar a Antía, así que montaron de novo nas súas bicicletas e seguiron o camiño porque xa empezaba a anoitecer.
  • 20.
    Cando pasaron pordiante da fonte que lles dixera o ancián do bastón , viron unha luz que sinalaba cara ao que parecía un cartel dentro da auga que dicía: Se a antia queredes salvar Sobre o sepulcro do apostolo A papoula negra debedes deixar Así, emprenderon de novo a súa viaxe apurando o máximo posible para que Antía saíra con vida de aquela aterradora experiencia. Cando xa non quedaba moito percorrido para chegar a Santiago púxose a chover con moita forza e comezou a tronar dun xeito estrepitoso que alumaba todo o ceo no medio da escuridade da noite.
  • 21.
    A familia estabamoi cansa e empapada por mor da choiva, pero sentiron un gran alivio cando, dez minutos antes de que rematara o prazo para salvar a Antía, viron ante eles a grandiosa Catedral de Santiago. -Vamos, rápido –dixo o pequeno Xaquín. Todos tiraron as bicicletas no chan e botaron a correr cara a Catedral. Como era xa de noite non podía entrar por ningures, intentárono primeiro pola fachada do Obradoiro, pero estaba pechada, despois correron á porta norte, pero tampouco tiveron sorte. Mentres estaban dando voltas rodeando o edificio, a nai decatouse de que unha das pequenas portas laterais, na que estaba representado o xuízo final estaba entreaberta.
  • 22.
    -É por aquí– dixo cun fío de vos a nai. Todos correron cara aquela porta. Cando entraron ás carreiras as súas pisadas resoaban en todo o edificio. - EH!!!, non podedes estar aquí – dixo o que parecía ser un garda de seguridade. Pero a familia non desistiu do seu empeño e foi entón cando viron o sepulcro do Santiago Apóstolo. Mentres corrían cara el comezaron a soar as doce badaladas que marcaban o final da vida de Antía. O pai conseguiu deixar a papoula negra sobre o sepulcro antes de que soara a derradeira badalada, pero foi en vano, a nena caeu desplomada no chan.
  • 23.
    A familia correuxunto o corpo de Antía, todos choraban desconsolados e o pobre Pedriño non facía máis que lamberlle a cara. O garda de seguridade acercouse e preguntou que acontecía. De súpeto, Antía ergueuse, estaba ben, un pouco aturdida pero non se lembraba do que ocorrera naquel terrorífico percorrido. A familia estaba moi contenta por recuperar a súa filla e tamén lle colleran moito cariño a Pedriño polo que decidiron quedar co can. Di unha lenda que todas as noites de 31 de outubro, noite de bruxas, meiga e mortos viventes a Santa Compaña acode a aterrar a familia e o espírito de Urco posúe a Pedriño e este torna os ollos en branco e trata de morder
  • 24.
    a calquera quese lle poña por diante. Así é que a familia nunca poderá esquecer aquela aterradora viaxe. fin
  • 25.