Textos do obradoiro de escrita creativa desenvolvidoo por Kalandraka no CEIP Marcos da Portena no marco da campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LÉREZ
No camiño atoparonun sinal que limitaba o reino de Bastilandia co reino de Copenhague. Cando as protagonistas ían cruzar, apareceulles un Deus e púxolles unha adiviña. Se a acertaban recuperarían o que andaban a buscar: “Sempre está andando e nunca para de andar, está correndo seguido pero sempre está no seu lugar.” 1d
2.
Polo camiño atoparonunha bruxa que lles dixo: “O teu tesouro está polo sitio menos buscado.” Elas xa non sabían por onde mirar pero a bruxa lles dixo que buscaran polo Sil. 2d
3.
Volvendo para casaatoparon un vello meditando e preguntáronlle se o vira. El dixo que si, que tiñan que subir ao pico de Pena Trevinca e que alí o atoparían. 3d
4.
Comezaron a buscare a preguntar por todos lados. O castelo era moi grande e era moi difícil atopar nada. Saíron buscar polo bosque e de repente escoitaron un ruído. “Quen é?”, preguntaron as dúas a un tempo. Un home alto e fermoso apareceu e díxolles que el sabía onde estaba o tesouro. “Como o sabes? , quen cho dixo?”, preguntou Matilda. “Non cho direi pero se de verdade o queres terás que deixar o castelo e aos teus pais e quedar comigo para sempre, que che parece?”. Pero ela non puido facer o que lle pediu aquel home. 4d
5.
Maruxa e Matildaatoparon no bosque a Xoán, un ex-amino de Maruxa que lles dixo: “Eu sei onde está o que buscades pero tedes que acertar unha adiviña se o queredes”. “Cal é?”, preguntaron. “Pola noite están no ceo e cando levas un trompazo dis que tamén as ves, que é?”. 5d
6.
Despois, unha vozmoi misteriosa dun estraño vello díxolles que pasaran todo o día no xardín sen comer e sen moverse daquel lugar e poderían atopar o que buscaban. 6d
7.
De repente, candoían cruzar o río pola ponte norte atoparon un mago que lles preguntou:”Que estades buscando?”. “O prezado tesouro de Matilda”, contestou Maruxa. “Pois mira que coincidencia, eu sei onde está pero teredes que ir ao Parque dos Elementos e alí o atoparedes”, dixo o mago. “Vale, grazas”, dixo Matilda. 7d
8.
Matilda e Maruxachegaron a un río onde lles apareceron moitas serpes e tamén un vello moi sabio que lles dixo a seguinte adiviña: unha moza que sempre vai mollada, unha moza que anda de acá para alá. Quen é? 8d
9.
Matilda e Maruxaforon ao bosque e atoparon a un famoso feiticeiro que lles dixo que sabía onde estaba o tesouro e que se o querían atopar terían que cruzar o río caudaloso nun barco cara Marín. 9d
10.
No medio docamiño atoparon un ogro que lles dixo: “Quen ousa entrar no bosque do ogro Saúl”. “Eu”, responderon. “Pois respondede ben esta divina ou comereivos ás dúas”, dixo o ogro. Por sorte, a princesa de copas era unha experta en adiviñas. “Ben, que é o que seca mentres se molla?” preguntou o ogro. “A toalla”, dixo a princesa de copas sen pensalo dúas veces. O ogro marchou avergoñado. 10d
11.
“ Quietas aí,rapazas”, dixo un home ao que non viran xamais. “Que fas aí?. Déixanos buscar o tesouro da miña amiga Maruxa”. “Ti quen pensas que son?”, respondeu. “Son o trasno de Comoeda”, díxolles. “Se queredes atopar o que buscades tedes que matar o paxaro de tres cabezas”. “Farémolo”, dixo Matilda e colleron un basto e unha copa con puntas afiadas e alá foron. “Aí esta, imos superar a proba”, dixo Maruxa. E alí mesmo o paxaro morreu. 11d