SlideShare a Scribd company logo
NOVIDADES EN GALEGO CURSO 2016-17
LITERATURA XUVENIL: NARRATIVA
VIAXE A LIBUNCA
Autor: Antonio Yáñez Casal
Editorial: Galaxia.
Velaquí a viaxe iniciática dun adolescente a Libunca, o país dos mortos. O encontro cos habitantes do Alén, e todo o
proceso que tecen os designios para el e o seu pobo, converterán a súa viaxe nun camiño de maduración tras o cal nada
será igual. Viaxar a Libunca será, pois, como viaxar no tempo. Polo tempo histórico, afastado pero sorprendentemente
próximo, dun pobo, e a través do tempo persoal dun rapaz que está a descubrir a vida.
PAULINA Ó PIANO
Autora: Alice Viera
Ilustracións:Teresa Cámara
Editorial: Árbore.
A historia dunha nena que se refuxia no seu piano para non esquecer as impertinencias da súa amiga Otilia.
AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL
Autor: Darío Cabana.
Editorial Galaxia.
Ás veces un non ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser príncipe pero con ganas de andar
entre libros, conversar comodamente e ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas maneiras do
fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que
así se chama, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer méritos entre fadas, dragóns e princesas.
Faraos. Ides ver como.
XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
Autora: Mar Guerra. Ilustracións: Fernando Llorente.
Editorial Xerais.
A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o
xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de
detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. É“un trhiller psicolóxico” que desenvolve
unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar. Unha viaxe fascinante ao mundo dos nenos e nenas de hoxe.
AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES
Autora: David Vázquez Álvarez.
Baia Edicións. Colección Meiga Moura.
Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras...
Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do ferreiro, un servo máis de don
Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un
home libre para poder ser armado cabaleiro. Coñece polo seu avó, o mago, o druída, as historias do rei Arturo e a existencia
do Santo Graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de Alba. Xuntos van descubrir onde se
agocha a verdadeira liberdade...
MEMORIAS DUN RAPOSO
Autor: Antonio Reigosa.
Editorial Xerais. Colección Merlín.
Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo
da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo,
chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela
dos homes. Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o
que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre.
ALÉN DAS ESTRELAMARES
Autor: Xan Xosé Lago Pereira.
Edicións SM. Colección: O barco de vapor.
Un centolo de viveiro non se resigna á súa sorte e soña coa liberdade do mar aberto nas Illas Cíes. Acompánano na aventura o
cruel polbo Poutasnegras e os perigosos habitantes do Alén, pero tamén Águeda, a peixeira, e o sabio caranguexo Respostas.
Ao final, nesta peculiar odisea, entre o sentido da solidariedade e o humor, o amor convértese no premio ben merecido.
TODO O TEMPO DO MUNDO
Autor: David Pérez Iglesias. Ilustración: Marcos Viso.
Edicións Xerais. Colección Merlín.
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a
mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser
despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que, da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo e a
unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.
UN MONSTRO VÉN VERME
Autor: Patrick Ness. Tradutor ao galego: Xesús Fraga
Editorial Kalandraka. Narrativa.
Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu
unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da
natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor. O rapaz -malia estar asustado ante dureza
coa que se lle presenta a vida: a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os
problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade.
A MIÑA FAMILIA E OUTROS BICHOS.
BECHOS E DEMAIS PARENTES.
O XARDÍN DOS DEUSES.
Autor: Gerald Durrell. Tradutor ao galego: Susana Collazo.
Editorial Sushi book. Narrativa.
Novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrel, publicada en 1956 co
título orixinal de My Family and Other Animals. Conta as súas vivencias na
illa grega de Coefú na súa infancia, entre 1935 e 1939. Describe a vida da
familia Durrell na illa dun xeito humorístico, ao tempo que fala da fauna da
rexión. É a primeira parte da súa triloxía de Corfú, completada con Bechos e
demais parentes (1969) e O xardín dos deuses (1978).
En 1956 Durrell xa publicara numerosos libros sobre as súas expedicións zoolóxicas, pero este
libro axiña acadou sona pola esaxeración cómica das personalidades dos membros da familia
(especialmente do seu irmán maior Larry) e polo agarimosa e natural relación cos animais da illa.
UNHA HISTORIA FAMILIAR.
Autora: Christine Nöstlinger.
Editorial Oxford. Colección : El árbol de la lectura.
Gretchen é unha rapaza de catorce anos. Ela e a súa familia, os Sackmeier, son coñecidos na veciñanza como os “Cinco
Sacos”. Todo empeza a cambiar cando a súa nai, Elisabeth, se rebela e decide darse unha oportunidade como muller:
ponse a traballar co desexo de poder retomar os estudos e converterse en asistenta social, ademais, ponse a dieta para
mellorar a súa imaxe e crecer en autoestima. O seu marido non ve con bos ollos tanto cambio.
CINCO CONTOS SOBRE VELÁZQUEZ
Autores: Eliacer Cansino, Joan Manuel Gisbert, Xosé A. Neira, Daniel Nesquen, Xabier P. Docampo.
Editorial Oxford. Colección : El árbol de la lectura.
Cinco escritores españois recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez. “Inocencio X”, “Las Hilanderas” ou
“El aguador de Sevilla” convértense no pano de fondo de peripecias moi distintas, pero todas elas valiosas e respetuosas
coas teas do mestre sevillano.
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
Autora: Cecilia Costa.
Editorial Xerais. Colección: Fóra de xogo.
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo
atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na
botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta,
dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular
familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se
pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de
aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
PALABRAS DE AUGA
Autor: Marcos Claveiro. Ilustrador: Ramón Trigo.
Editorial Xerais. Colección: Merlín.
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba
coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol
abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o
alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos
da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de
auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á
madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
Autora: Teresa González Costa. Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano.
Editorial Xerais. Colección: Merlín.
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima
aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados
todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda
de Martiño o Bravo.O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a
esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando “a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia
cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o
desenvolvemento da historia.
QUEN LLE TEN MEDO A MORGANA?
Autor: Pasqual Alapont. Ilustrador: Montse Español Rodié. Tradutor: Pablo Sánchez Mato.
Editorial Xerais. Colección: Sopa de libros. O club da ciencia.
Chámome Morgana e, segundo a miña avoa, teño simpatía a moreas. Paula, unha amiga, di que se
puidese peitearme habíame converter nunha criatura adorable, pero Paula é unha presumida, e a
min non sei se me gustaría ser unha criatura adorable. Do resto de amigas: Lola, ben; Paula, un
chisco presumida pero ben; Pili, moi ben; Uxía, ok, e Silvia, coitada, os seus pais acaban de
divorciarse. Todas, menos Uxía, xogamos ao baloncesto. No primeiro trimestre gustábame Vítor,
pero entón apareceu Xiana, chiscou os ollos e o moi parvo colgouse dela coma un papagaio. Durante un tempo estiven
enferma de carraxe amorosa, pero agora gústame Berenguel, que fai poesías cun pouco de rima consoante. Berenguel
escribiume unha cuarteta de amor. Non sei que pasa, pero cando nos atopamos, aos dous nos entra a desesperación
amorosa e quedamos tesos coma un pau. A serie Morgana está formada polos títulos: O caderno laranxa de Morgana,
Quen lle ten medo a Morgana? E Morgana a dos ollos verdes.
A CACERÍA
Autor: Amadeo Cobas.
Editorial Xerais. Colección: Fóra de xogo.
Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta
todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un
futuro incerto. Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? O Consello de Sabios deberá tomar
decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.Neste relato trepidante, o protagonista atopará un
amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas
traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras
culturas distintas de alén mar
A ESCURA LUZ DO TÍBER
Autora: Lola Gándara.
Editorial Rodeira.
Cos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón como marco de fondo,
unha mociña chamada Marcia vainos ir relatando os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida.
Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, o amor da súa vida. Pero antes diso, experimentará tamén a
traizón e o odio ata chegar ao asasinato. Todas estas vivencias irá recolléndoas en tres diarios personais que a
acompañarán desde a súa adolescencia ata a súa madurez xunto ao seu namorado. Porque quizais, como ela ben di, nada
sexa eterno, salvo a palabra.
XELA VOLVEUSE VAMPIRA
Autora: Fina Casalderrey. Ilustradora: Noemi López.
Baía Edicións. Contos de igualdade.
Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas,
que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e
mulleres. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan.
Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. Inclúe DVD con sesión de contacontos.
A CEA DAS ENAGUAS
Autora: An Alfaya Bernárdez.
Editorial Tambre. Colección Catavento.
Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira da que foi fareiro moitos anos. Nesas estadías
acoden a ver a Sara, unha anciá que vive fechada nunha casa, no mutismo máis absoluto. Eloi descobre entón episodios
escuros do pasado nos que están implicados os dous vellos e outros habitantes da vila: historias turbias relacionadas co
contrabando, amores non correspondidos, traizóns e odios, que agromarán logo de moitos anos de silencio. O último deses
segredos, o máis doloroso, sen dúbida, incúmbelle ao propio Eloi.
COR GRIS VIDA
Autora: Xabier López Rodríguez.
Editorial Tambre. Colección Catavento.
Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista. Para que non se vexa con Carlos, o
mozo que lle gusta, envíaa a un campamento de verán en Sanabria. Os episodios vividos alí non darán para mudar a cor da
súa vida, mais si para se desapegar un chisco da tristeza que lle provocan os conflitos domésticos e para abrirlle unha porta
á esperanza.
OS GLOBOS DE ANDAR
Autora: Xabier López
Editorial
Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas incertezas na
mochila. Temía achar soidade, saudade, aburrimento. Daba por seguro que había estrañar. Pero logo dou con amigos cos que estar. E un
misterio por resolver, o do neno que non sabía andar sen levar un globo na man. Sen contar a un avó que esixía que lle contasen contos. Os
globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal
LITERATURA XUVENIL: POESÍA
LITERATURA XUVENIL: TEATRO
A RATEIRA
Autora: Aghata Christie. Tradución: María Isabel Soto López
Editorial Vicens Vives.
Teatro
É posiblemente a obra máis famosa de Agatha Christie, por ser a obra de teatro máis representada de todos os tempos; leva en cartel desde
1.952 en Londres, con máis de 23.000 representacións. A obra é tamén coñecida polo seu inesperado final.
CIDADES
Autora: Fran Alonso. Ilustrador: Fran Alonso.
Editorial Xerais. Colección: Sopa de libros.
Poesía
Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido,
segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun
ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético
fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a
óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.
LITERATURA XUVENIL: BIOGRAFÍAS
MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO.
Texto: María Lada. Ilustracións: Eva Agra.
URCO Editora
Esta é a historia dunha nena que brillaba no silencio da noite…
Velaquí a primeira das nosas Mulleres Bravas, a benquerida e admirada Rosalía de Castro.
Se abrides este libro poderedes facer un percorrido pola súa nenez, as súas mudanzas vitais, coñeceredes as súas
amizades e familiares, e sobre todo, seredes partícipes dos seus comezos literarios, eses que a converteron na poeta
máis senlleira de Galiza.
Mais non faredes esta andaina en soidade, senón na compaña da Lucecú que viviu a carón de Rosalía durante todos
os anos da súa vida, compartindo ledicias e épocas de menos luz.
…porque onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas
MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA. MARÍA VICTORIA MORENO.
Texto: Eli Ríos. Ilustracións: Eva Agra
URCO Editora
E se non existisen contos nos que as nenas son as protagonistas? E se esas nenas non falasen a túa lingua? Cando
María Victoria Moreno, muller brava imprescindíbel, fixo estas preguntas e as respostas excluían as rapazas, decidiu
que sería ela quen as escribiría.
María Victoria Moreno deulle voz ás personaxes femininas desde o agarimo, a solidariedade, a sororidade e un
profundo amor á lingua galega. Tal como ela era: divertida e cun compromiso que superaba as condicións nas que lle
tocou facer literatura. Brava e imprescindíbel onde as haxa. María Victoria Moreno.
CARLOS CASARES. VIDA E LITERATURA
Autor: Damián Villalaín
Editorial Galaxia.
Interesante e ameno libro divulgativo sobre a vida, obra e personalidade de Carlos Casares, autor homenaxeado das
Letras Galegas deste ano.
LITERATURA XUVENIL: CÓMIC
CARLOS CASARES. VIDA E LITERATURA
Autor: Damián Villalaín
Editorial Galaxia
Esta é a primeira obra de Víctor Boullón, un novo autor que nos achega unha estupenda historia de intriga e
aventura ambientada na Compostela medieval e dirixida cara o público xuvenil.
As súas páxinas lévannos ata a Compostela de finais do século XII, un momento moi interesante da súa historia
onde a cidade se asenta mentras o arcebispado compite co de Braga polo predominio no noroeste peninsular. Ata
alá chega o construtor e canteiro León xunto coa súa filla Aleida para traballar nas obras de reforma da Catedral,
dirixidas polo Mestre Mateo.
Mentras levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da mesma
Catedral, aterrando á cidade enteira e espertando a curiosidade de Aleida, que non poderá ficar queda e decidirá
investigar máis polo miúdo, comezando así unha arriscada aventura coa axuda do clérigo Casto e de Lucas,
compañeiro do seu pai.
NOVIDADES EN GALEGO curso 2016-17
LITERATURA NON XUVENIL
AS ALMAS GRISES
Autor: Philippe Claudel.
Tradución do francés de Moisés Barcia.
Rinoceronte Editora
As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo
sen vida dunha rapaza.
Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle
suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que
cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado,
pero o xuíz designará como culpables dous desertores apresados nas proximidades do
lugar do crime. Porén, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do
suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada. Neste relato, debuxado
nos tons grises da dúbida e da incerteza, ninguén é inocente e os culpables tamén son,
dalgún xeito, vítimas.
Esta obra foi galardoada co Premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros
franceses.
OUTRAS ESTRELAS URUGUAIAS
Autor: Stefano Marelli.
Tradución do italiano Moisés Barcia.
Rinoceronte Editora
Sauro, exturista, sobrevive en Suramérica grazas a un traballo que non lle
permite regresar á casa. Nunha vila amazónica coñece a El Brujo, un vello que lle
conta a súa historia chea de aventuras.
Baixo a súa roupa fedorenta, Nesto Bordesante, un uruguaio que pasou a súa
infancia nun orfanato e a súa adolescencia na pampa, convértese en futbolista.
Grazas ao apelido italiano que lle roubou ao seu mellor amigo, forma parte do
equipo formado por Mussolini e convértese nun instrumento de propaganda do
réxime. Tras a caída do duce, terá que comezar dende cero. Porén, os xogos de
azar e unha moral cuestionable méteno en problemas. Nesto aproveita unha volta
do destino e ponse a salvo. Todo o mundo o cre morto, pero el inventa unha nova
vida na sombra.
Un relato sorprendente que combina historia, deporte e política.
CANTAR DE VALTARIO
Autor: Anónimo.
Tradución do latín de Maite Jiménez Pérez.
Rinoceronte Editora
O Cantar de Valtario é unha das máis grandes obras da literatura latina medieval. Conta as
fazañas de Valtario de Aquitania, heroe godo do reino de Tolosa. O máis importante desta obra
non é a historia épica que relata, senón o ambiente e o ton máxico no que está envolta.
A partir da materia heroica xermánica, entre os séculos IX e X e nalgún mosteiro do imperio
carolinxio, componse o Waltharius, un breve poema épico en latín de 1456 elegantes
hexámetros que fan resoar outra vez a Eneida de Virxilio para narrar a aventura de Valtario de
Aquitania.
OS ASOLLADOS
Autor: Joël Egoff.
Tradución do francés de Moisés Barcia.
Rinoceronte Editora
Unha eclipse total de sol desata unha serie de situacións inesperadas entre uns
personaxes ao límite da loucura: un agricultor que constrúe un foguete para fuxir da fin
do mundo cos seus anciáns pais, un mozo que pensa propoñerlle matrimonio á súa
parella no momento no que se superpoñen a Lúa e o Sol, un mendigo que espera poder
cambiar a súa vida nese instante…
Joël Egloff retrata con humor e delicadeza nesta serie de relatos satíricos os desexos e
medos máis frecuentes.
A BOCA POBRE
Autor: Flann O´Brien.
Tradución do galéico de Isaac Xubín.
Rinoceronte Editora
Bónapárt Ó Cúnasa é o protagonista dunha divertida historia que nos fala dos habitantes de
Corca Dorcha, unha pequena aldea situada nalgún lugar remoto do occidente de Irlanda,
onde os seus habitantes –nunca endexamais haberá ninguén coma eles– padecen con
resignación as inclemencias meteorolóxicas e as penurias da fame e da miseria. O Vello de
Pelo Cano, o seu avó, está sempre ao seu carón para ofrecerlle o seu consello e acompañalo
en calquera oportunidade de aliviar as graves consecuencias dun destino que os gaélicos
están condenados a padecer e do que non cabe fuxida posible.
O título da obra, A boca pobre, fai referencia directa á expresión irlandesa que describe a
práctica de esaxerar a mala situación económica co obxecto de recibir caridade ou a
condonación dunha débeda.
PHILOGELOS
Autores: Hierocles e Philagrios
Tradución do grego antigo e Óscar Soto e Margarita Seara
Rinoceronte Editora
A obra Philogelos (O amante da risa) é a compilación de chistes máis antiga aínda
conservada. A obra, que consta de 265 chistes, está ordenada tematicamente, e
moitos serían perfectamente aplicábeis a situacións contemporáneas. Son contos
curtos, dotados dun grande enxeño, e cuxa tradución estará adaptada ao humor máis
actual. Sorprenderá ao lectorado a cantidade de contos que aínda se contan hoxe en
día e que aparecen vertidos nesta compilación que os recolleu da tradición oral hai
máis de quince séculos.
A SOCIEDADE LITERARIA E DO PASTEL DE PEL DE PATACA DE GUERNSEY
Autores: Mary Ann Shaffer e Annie Barrows
Tradución do inglés de Moisés Barcia
Rinoceronte Editora
Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro
fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza
unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club
de lectura tan extraordinario coma o seu nome.
Unha novela divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de lectura.
ALÉN DA DESVENTURA
Autores: Xavier Alcalá
Editorial Galaxia
O libro que gañou o Premio Blanco Amor de 1998 presenta intrigas e aventuras na
época da Ilustración, persoas e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes
potencias navais, debates aínda hoxe non resoltos. Sen dúbida, unha gran novela e
unha peza máis na recuperación da memoria colectiva. Alén da desventura está o
pracer da lectura dun libro especial.
FUMES DE PAPEL
Autores: Xavier Alcalá
Editorial Costa Oeste
Novela sinxela e realista que chama a atención sobre a incapacidade do pobo galego para
explotar os recursos do país. Este é un relato clásico do acontecido nun período
extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver
realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella
vila. Nesta novela Xavier Alcalá conta o que puido ter
acontecido en calquera vila galega durante os anos do
"desarrollismo" e o que pode acontecer na nosa
incansable historia de eucaliptos, celulosa e papel.
LATITUDE AUSTRAL
Autores: Xavier Alcalá
Editorial Galaxia
Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que
consistiu a conquista de América.
NOS PAGOS DE HUINCA LOO
Autores: Xavier Alcalá
Editorial Galaxia
Unha novela ambientada nas duras terras patagónicas,
protagonizada pola xeración dos fillos dos colonizadores nun
tempo no que "o avanzar penoso das carretas fora substituído polo
descaro veloz do ferro, o fume e o vapor".
Este é o libro co que Xavier Alcalá inicia o frutífero ciclo narrativo que o
levará a converter as terras indómitas da Patagonia en grandioso escenario
novelesco. En Huinca Loo, na pampa de bafo quente, entre pulperías, poeira,
cabalos, chinas e guitarras, o fillo dun galego pioneiro na colonización
daqueles inmensos desertos protagoniza unha peripecia vital marcada
por difíciles dilemas.
MORTOS POR AMOR Á TERRA.
A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1939).
Autores: Xosé Ramón Ermida Meilán
Editorial Sermos
Un estudo sobre a represión ao nacionalismo galego a través de 78 biografías de
persoas asasinadas e un censo mínimo de represaliados polo franquismo. Con
prólogo de Francisco Rodríguez e un estudo introdutorio do autor.
MACHISMOS: DE MICRO NADA
Autores: Colectivo Fiadeiras
Editorial Embora
Esta interesante publicación vén ser unha reflexión sobre os modelos e estereotipos sexistas
que seguen presentes na nosa vida cotiá a través de relatos de mulleres e homes con moi
diferentes contextos, cancións, viñetas, poemas e outros fragmentos literarios.
ARAM O ARMENIO
Cómic
Guionista: Abel Alves. Debuxante: Majox
Demo Editorial
Relato de aventuras ambientado nun momento histórico pero pouco coñecido, como é o xenocidio ao que
foi sometido o pobo armenio por parte dos turcos no ano 1915.
MANUAL DE ESCOLA
Cómic
Autor: Xosé Tomás
Editado por aspg
Un libro de humor gráfico sobre educación. Con prólogos de Francesco Tonucci e
Xaquín Marín.
DESCONHECIDO
Berlai
Textos e música Xiao Berlai
Deseños: Ernesto Torterolo
Há pessoas que crebam o contrato social, que estabelecem uma fenda
com o mundo e vivem a sua vida noutro âmbito, à margem, guiados
por um espírito que os alimenta no meio duma soidade
impenetrável. Desconhecido, através duma coidada banda desenhada
e das esquisitas músicas de Berlai, conta a história duma dessas
pessoas, um homem que elegeu a renúncia perante a impossibilidade
do amor negado polo entorno social. Um livro e um cd para ler, ver e
ouvir, onde se fundem narrativa visual, poesia e música.
HABÍA QUE CHEGAR
Emilio Batallán
Editorial Galaxia publica o novo traballo discográfico de Luis Emilio Batallán.
O CD ven acompañado dun DVD que recolle un concerto en directo no Teatro Principal de
Santiago de Compostela de 2013 e unha conversa co escritor e editor Víctor F. Freixanes. Ao
tempo, o libro vai acompañado dun pequeno texto do músico e escritor Vicente Araguas e un
epílogo de Pablo Milanés, un dos produtores do disco.
Un libro-disco-DVD que nos pon de novo en contacto co autor de "Quen puidera namorala".
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17

More Related Content

What's hot

Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
caminodelaimaginacion
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
Meigamaior
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
angelciencia
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
Xenza
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
iessalvabiblio
 
Contos pola igualdade
Contos pola igualdadeContos pola igualdade
Contos pola igualdade
ceeabarcia
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Xenza
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 aesperela
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
aesperela
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 NEDIBIBLIOTECA
 
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Patricia Sánchez Lamas
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
iessalvabiblio
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17
luis425
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
amaliasuarezpu
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
Olga Lalín
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13aesperela
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
Mariquiña Terremoto
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
Meigamaior
 

What's hot (20)

Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
Contos pola igualdade
Contos pola igualdadeContos pola igualdade
Contos pola igualdade
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014
 
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 

Viewers also liked

Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017
soigca
 
Día medio 2015
Día medio 2015Día medio 2015
Día medio 2015loli2015
 
Bibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda RepúblicaBibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda República
soigca
 
Lengua signos def
Lengua signos defLengua signos def
Lengua signos defloli2015
 
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de MelideCalendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Biblioteca_Melide
 
Bibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativasBibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativas
soigca
 
Día libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro saguntDía libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro saguntloli2015
 
Presentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundoPresentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundololi2015
 
Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2loli2015
 
Presentación día do libro
Presentación día do libroPresentación día do libro
Presentación día do libro
soigca
 
Poemas día da Paz
Poemas día da PazPoemas día da Paz
Poemas día da Paz
soigca
 
Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2loli2015
 
O libro que salvaría
O libro que salvaríaO libro que salvaría
O libro que salvaríaloli2015
 
Día libro
Día libroDía libro
Día librololi2015
 
Alfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo defAlfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo defloli2015
 
Ok presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloriaOk presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloria
soigca
 
Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.loli2015
 
MaruJa Mallo
MaruJa MalloMaruJa Mallo
MaruJa Mallo
soigca
 

Viewers also liked (18)

Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017
 
Día medio 2015
Día medio 2015Día medio 2015
Día medio 2015
 
Bibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda RepúblicaBibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda República
 
Lengua signos def
Lengua signos defLengua signos def
Lengua signos def
 
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de MelideCalendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
 
Bibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativasBibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativas
 
Día libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro saguntDía libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro sagunt
 
Presentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundoPresentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundo
 
Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2
 
Presentación día do libro
Presentación día do libroPresentación día do libro
Presentación día do libro
 
Poemas día da Paz
Poemas día da PazPoemas día da Paz
Poemas día da Paz
 
Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2
 
O libro que salvaría
O libro que salvaríaO libro que salvaría
O libro que salvaría
 
Día libro
Día libroDía libro
Día libro
 
Alfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo defAlfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo def
 
Ok presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloriaOk presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloria
 
Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.
 
MaruJa Mallo
MaruJa MalloMaruJa Mallo
MaruJa Mallo
 

Similar to Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17

Triptico copia
Triptico   copiaTriptico   copia
Triptico copia
cies67
 
Libros para ler no Nadal
Libros para ler no NadalLibros para ler no Nadal
Libros para ler no Nadal
NEDIBIBLIOTECA
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
crocaio
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
Carmen165
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Carmen165
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
bibliobrozos
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
IES Eduardo Blanco Amor
 
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aComentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
Meigamaior
 
Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015
bibliobrozos
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
angelciencia
 
Recomendacións verán
Recomendacións veránRecomendacións verán
Recomendacións veránana alvarez
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12 aesperela
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
fontexeriabib
 
Guía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- SecundariaGuía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- Secundariapazlorenzo
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Angeles Saco López
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Biblioteca Pública Municipal de Narón
 
Daia recomenda
Daia recomendaDaia recomenda
Daia recomenda
rociofernandezfer
 

Similar to Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17 (20)

Triptico copia
Triptico   copiaTriptico   copia
Triptico copia
 
Libros para ler no Nadal
Libros para ler no NadalLibros para ler no Nadal
Libros para ler no Nadal
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aComentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Recomendacións verán
Recomendacións veránRecomendacións verán
Recomendacións verán
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Guía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- SecundariaGuía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- Secundaria
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
Daia recomenda
Daia recomendaDaia recomenda
Daia recomenda
 

More from soigca

COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
soigca
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
soigca
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
soigca
 
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en SiriaMudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
soigca
 
Arquimedes
ArquimedesArquimedes
Arquimedes
soigca
 
Programa do Díai da ciencia en galego2018
Programa do  Díai da ciencia  en galego2018Programa do  Díai da ciencia  en galego2018
Programa do Díai da ciencia en galego2018
soigca
 
Recomenda un libro!
Recomenda un libro!Recomenda un libro!
Recomenda un libro!
soigca
 
Non vin bolboretas
Non vin bolboretasNon vin bolboretas
Non vin bolboretas
soigca
 
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
soigca
 
Ler no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mansLer no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mans
soigca
 
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
soigca
 
Matria
MatriaMatria
Matria
soigca
 
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60 Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
soigca
 
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amorDía da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
soigca
 
A pintura na lectura
A pintura na lecturaA pintura na lectura
A pintura na lectura
soigca
 
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtríaXeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
soigca
 
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivoPresentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
soigca
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
soigca
 
Non pegar
Non pegarNon pegar
Non pegar
soigca
 
Premios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafios
Premios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafiosPremios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafios
Premios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafios
soigca
 

More from soigca (20)

COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
 
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en SiriaMudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
 
Arquimedes
ArquimedesArquimedes
Arquimedes
 
Programa do Díai da ciencia en galego2018
Programa do  Díai da ciencia  en galego2018Programa do  Díai da ciencia  en galego2018
Programa do Díai da ciencia en galego2018
 
Recomenda un libro!
Recomenda un libro!Recomenda un libro!
Recomenda un libro!
 
Non vin bolboretas
Non vin bolboretasNon vin bolboretas
Non vin bolboretas
 
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
 
Ler no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mansLer no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mans
 
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
 
Matria
MatriaMatria
Matria
 
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60 Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
 
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amorDía da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
 
A pintura na lectura
A pintura na lecturaA pintura na lectura
A pintura na lectura
 
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtríaXeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
 
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivoPresentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
 
Non pegar
Non pegarNon pegar
Non pegar
 
Premios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafios
Premios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafiosPremios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafios
Premios Samaín 2017: Relatos terrorífico e epitafios
 

Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17

  • 1. NOVIDADES EN GALEGO CURSO 2016-17 LITERATURA XUVENIL: NARRATIVA VIAXE A LIBUNCA Autor: Antonio Yáñez Casal Editorial: Galaxia. Velaquí a viaxe iniciática dun adolescente a Libunca, o país dos mortos. O encontro cos habitantes do Alén, e todo o proceso que tecen os designios para el e o seu pobo, converterán a súa viaxe nun camiño de maduración tras o cal nada será igual. Viaxar a Libunca será, pois, como viaxar no tempo. Polo tempo histórico, afastado pero sorprendentemente próximo, dun pobo, e a través do tempo persoal dun rapaz que está a descubrir a vida. PAULINA Ó PIANO Autora: Alice Viera Ilustracións:Teresa Cámara Editorial: Árbore. A historia dunha nena que se refuxia no seu piano para non esquecer as impertinencias da súa amiga Otilia. AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL Autor: Darío Cabana. Editorial Galaxia. Ás veces un non ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se chama, non terá máis remedio que botarse ao camiño e empezar a facer méritos entre fadas, dragóns e princesas. Faraos. Ides ver como. XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE Autora: Mar Guerra. Ilustracións: Fernando Llorente. Editorial Xerais. A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. É“un trhiller psicolóxico” que desenvolve unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar. Unha viaxe fascinante ao mundo dos nenos e nenas de hoxe. AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES Autora: David Vázquez Álvarez. Baia Edicións. Colección Meiga Moura. Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para poder ser armado cabaleiro. Coñece polo seu avó, o mago, o druída, as historias do rei Arturo e a existencia do Santo Graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de Alba. Xuntos van descubrir onde se agocha a verdadeira liberdade... MEMORIAS DUN RAPOSO Autor: Antonio Reigosa. Editorial Xerais. Colección Merlín. Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo, chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes. Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre. ALÉN DAS ESTRELAMARES Autor: Xan Xosé Lago Pereira. Edicións SM. Colección: O barco de vapor. Un centolo de viveiro non se resigna á súa sorte e soña coa liberdade do mar aberto nas Illas Cíes. Acompánano na aventura o cruel polbo Poutasnegras e os perigosos habitantes do Alén, pero tamén Águeda, a peixeira, e o sabio caranguexo Respostas. Ao final, nesta peculiar odisea, entre o sentido da solidariedade e o humor, o amor convértese no premio ben merecido.
  • 2. TODO O TEMPO DO MUNDO Autor: David Pérez Iglesias. Ilustración: Marcos Viso. Edicións Xerais. Colección Merlín. Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que, da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. UN MONSTRO VÉN VERME Autor: Patrick Ness. Tradutor ao galego: Xesús Fraga Editorial Kalandraka. Narrativa. Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor. O rapaz -malia estar asustado ante dureza coa que se lle presenta a vida: a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade. A MIÑA FAMILIA E OUTROS BICHOS. BECHOS E DEMAIS PARENTES. O XARDÍN DOS DEUSES. Autor: Gerald Durrell. Tradutor ao galego: Susana Collazo. Editorial Sushi book. Narrativa. Novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrel, publicada en 1956 co título orixinal de My Family and Other Animals. Conta as súas vivencias na illa grega de Coefú na súa infancia, entre 1935 e 1939. Describe a vida da familia Durrell na illa dun xeito humorístico, ao tempo que fala da fauna da rexión. É a primeira parte da súa triloxía de Corfú, completada con Bechos e demais parentes (1969) e O xardín dos deuses (1978). En 1956 Durrell xa publicara numerosos libros sobre as súas expedicións zoolóxicas, pero este libro axiña acadou sona pola esaxeración cómica das personalidades dos membros da familia (especialmente do seu irmán maior Larry) e polo agarimosa e natural relación cos animais da illa. UNHA HISTORIA FAMILIAR. Autora: Christine Nöstlinger. Editorial Oxford. Colección : El árbol de la lectura. Gretchen é unha rapaza de catorce anos. Ela e a súa familia, os Sackmeier, son coñecidos na veciñanza como os “Cinco Sacos”. Todo empeza a cambiar cando a súa nai, Elisabeth, se rebela e decide darse unha oportunidade como muller: ponse a traballar co desexo de poder retomar os estudos e converterse en asistenta social, ademais, ponse a dieta para mellorar a súa imaxe e crecer en autoestima. O seu marido non ve con bos ollos tanto cambio. CINCO CONTOS SOBRE VELÁZQUEZ Autores: Eliacer Cansino, Joan Manuel Gisbert, Xosé A. Neira, Daniel Nesquen, Xabier P. Docampo. Editorial Oxford. Colección : El árbol de la lectura. Cinco escritores españois recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez. “Inocencio X”, “Las Hilanderas” ou “El aguador de Sevilla” convértense no pano de fondo de peripecias moi distintas, pero todas elas valiosas e respetuosas coas teas do mestre sevillano. JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA Autora: Cecilia Costa. Editorial Xerais. Colección: Fóra de xogo. O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
  • 3. PALABRAS DE AUGA Autor: Marcos Claveiro. Ilustrador: Ramón Trigo. Editorial Xerais. Colección: Merlín. O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS Autora: Teresa González Costa. Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano. Editorial Xerais. Colección: Merlín. Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando “a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia. QUEN LLE TEN MEDO A MORGANA? Autor: Pasqual Alapont. Ilustrador: Montse Español Rodié. Tradutor: Pablo Sánchez Mato. Editorial Xerais. Colección: Sopa de libros. O club da ciencia. Chámome Morgana e, segundo a miña avoa, teño simpatía a moreas. Paula, unha amiga, di que se puidese peitearme habíame converter nunha criatura adorable, pero Paula é unha presumida, e a min non sei se me gustaría ser unha criatura adorable. Do resto de amigas: Lola, ben; Paula, un chisco presumida pero ben; Pili, moi ben; Uxía, ok, e Silvia, coitada, os seus pais acaban de divorciarse. Todas, menos Uxía, xogamos ao baloncesto. No primeiro trimestre gustábame Vítor, pero entón apareceu Xiana, chiscou os ollos e o moi parvo colgouse dela coma un papagaio. Durante un tempo estiven enferma de carraxe amorosa, pero agora gústame Berenguel, que fai poesías cun pouco de rima consoante. Berenguel escribiume unha cuarteta de amor. Non sei que pasa, pero cando nos atopamos, aos dous nos entra a desesperación amorosa e quedamos tesos coma un pau. A serie Morgana está formada polos títulos: O caderno laranxa de Morgana, Quen lle ten medo a Morgana? E Morgana a dos ollos verdes. A CACERÍA Autor: Amadeo Cobas. Editorial Xerais. Colección: Fóra de xogo. Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.Neste relato trepidante, o protagonista atopará un amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras culturas distintas de alén mar A ESCURA LUZ DO TÍBER Autora: Lola Gándara. Editorial Rodeira. Cos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón como marco de fondo, unha mociña chamada Marcia vainos ir relatando os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, o amor da súa vida. Pero antes diso, experimentará tamén a traizón e o odio ata chegar ao asasinato. Todas estas vivencias irá recolléndoas en tres diarios personais que a acompañarán desde a súa adolescencia ata a súa madurez xunto ao seu namorado. Porque quizais, como ela ben di, nada sexa eterno, salvo a palabra. XELA VOLVEUSE VAMPIRA Autora: Fina Casalderrey. Ilustradora: Noemi López. Baía Edicións. Contos de igualdade. Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. Inclúe DVD con sesión de contacontos.
  • 4. A CEA DAS ENAGUAS Autora: An Alfaya Bernárdez. Editorial Tambre. Colección Catavento. Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira da que foi fareiro moitos anos. Nesas estadías acoden a ver a Sara, unha anciá que vive fechada nunha casa, no mutismo máis absoluto. Eloi descobre entón episodios escuros do pasado nos que están implicados os dous vellos e outros habitantes da vila: historias turbias relacionadas co contrabando, amores non correspondidos, traizóns e odios, que agromarán logo de moitos anos de silencio. O último deses segredos, o máis doloroso, sen dúbida, incúmbelle ao propio Eloi. COR GRIS VIDA Autora: Xabier López Rodríguez. Editorial Tambre. Colección Catavento. Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista. Para que non se vexa con Carlos, o mozo que lle gusta, envíaa a un campamento de verán en Sanabria. Os episodios vividos alí non darán para mudar a cor da súa vida, mais si para se desapegar un chisco da tristeza que lle provocan os conflitos domésticos e para abrirlle unha porta á esperanza. OS GLOBOS DE ANDAR Autora: Xabier López Editorial Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas incertezas na mochila. Temía achar soidade, saudade, aburrimento. Daba por seguro que había estrañar. Pero logo dou con amigos cos que estar. E un misterio por resolver, o do neno que non sabía andar sen levar un globo na man. Sen contar a un avó que esixía que lle contasen contos. Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal LITERATURA XUVENIL: POESÍA LITERATURA XUVENIL: TEATRO A RATEIRA Autora: Aghata Christie. Tradución: María Isabel Soto López Editorial Vicens Vives. Teatro É posiblemente a obra máis famosa de Agatha Christie, por ser a obra de teatro máis representada de todos os tempos; leva en cartel desde 1.952 en Londres, con máis de 23.000 representacións. A obra é tamén coñecida polo seu inesperado final. CIDADES Autora: Fran Alonso. Ilustrador: Fran Alonso. Editorial Xerais. Colección: Sopa de libros. Poesía Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.
  • 5. LITERATURA XUVENIL: BIOGRAFÍAS MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO. Texto: María Lada. Ilustracións: Eva Agra. URCO Editora Esta é a historia dunha nena que brillaba no silencio da noite… Velaquí a primeira das nosas Mulleres Bravas, a benquerida e admirada Rosalía de Castro. Se abrides este libro poderedes facer un percorrido pola súa nenez, as súas mudanzas vitais, coñeceredes as súas amizades e familiares, e sobre todo, seredes partícipes dos seus comezos literarios, eses que a converteron na poeta máis senlleira de Galiza. Mais non faredes esta andaina en soidade, senón na compaña da Lucecú que viviu a carón de Rosalía durante todos os anos da súa vida, compartindo ledicias e épocas de menos luz. …porque onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA. MARÍA VICTORIA MORENO. Texto: Eli Ríos. Ilustracións: Eva Agra URCO Editora E se non existisen contos nos que as nenas son as protagonistas? E se esas nenas non falasen a túa lingua? Cando María Victoria Moreno, muller brava imprescindíbel, fixo estas preguntas e as respostas excluían as rapazas, decidiu que sería ela quen as escribiría. María Victoria Moreno deulle voz ás personaxes femininas desde o agarimo, a solidariedade, a sororidade e un profundo amor á lingua galega. Tal como ela era: divertida e cun compromiso que superaba as condicións nas que lle tocou facer literatura. Brava e imprescindíbel onde as haxa. María Victoria Moreno. CARLOS CASARES. VIDA E LITERATURA Autor: Damián Villalaín Editorial Galaxia. Interesante e ameno libro divulgativo sobre a vida, obra e personalidade de Carlos Casares, autor homenaxeado das Letras Galegas deste ano. LITERATURA XUVENIL: CÓMIC CARLOS CASARES. VIDA E LITERATURA Autor: Damián Villalaín Editorial Galaxia Esta é a primeira obra de Víctor Boullón, un novo autor que nos achega unha estupenda historia de intriga e aventura ambientada na Compostela medieval e dirixida cara o público xuvenil. As súas páxinas lévannos ata a Compostela de finais do século XII, un momento moi interesante da súa historia onde a cidade se asenta mentras o arcebispado compite co de Braga polo predominio no noroeste peninsular. Ata alá chega o construtor e canteiro León xunto coa súa filla Aleida para traballar nas obras de reforma da Catedral, dirixidas polo Mestre Mateo. Mentras levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da mesma Catedral, aterrando á cidade enteira e espertando a curiosidade de Aleida, que non poderá ficar queda e decidirá investigar máis polo miúdo, comezando así unha arriscada aventura coa axuda do clérigo Casto e de Lucas, compañeiro do seu pai.
  • 6. NOVIDADES EN GALEGO curso 2016-17 LITERATURA NON XUVENIL AS ALMAS GRISES Autor: Philippe Claudel. Tradución do francés de Moisés Barcia. Rinoceronte Editora As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza. Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o xuíz designará como culpables dous desertores apresados nas proximidades do lugar do crime. Porén, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada. Neste relato, debuxado nos tons grises da dúbida e da incerteza, ninguén é inocente e os culpables tamén son, dalgún xeito, vítimas. Esta obra foi galardoada co Premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros franceses. OUTRAS ESTRELAS URUGUAIAS Autor: Stefano Marelli. Tradución do italiano Moisés Barcia. Rinoceronte Editora Sauro, exturista, sobrevive en Suramérica grazas a un traballo que non lle permite regresar á casa. Nunha vila amazónica coñece a El Brujo, un vello que lle conta a súa historia chea de aventuras. Baixo a súa roupa fedorenta, Nesto Bordesante, un uruguaio que pasou a súa infancia nun orfanato e a súa adolescencia na pampa, convértese en futbolista. Grazas ao apelido italiano que lle roubou ao seu mellor amigo, forma parte do equipo formado por Mussolini e convértese nun instrumento de propaganda do réxime. Tras a caída do duce, terá que comezar dende cero. Porén, os xogos de azar e unha moral cuestionable méteno en problemas. Nesto aproveita unha volta do destino e ponse a salvo. Todo o mundo o cre morto, pero el inventa unha nova vida na sombra. Un relato sorprendente que combina historia, deporte e política. CANTAR DE VALTARIO Autor: Anónimo. Tradución do latín de Maite Jiménez Pérez. Rinoceronte Editora O Cantar de Valtario é unha das máis grandes obras da literatura latina medieval. Conta as fazañas de Valtario de Aquitania, heroe godo do reino de Tolosa. O máis importante desta obra non é a historia épica que relata, senón o ambiente e o ton máxico no que está envolta. A partir da materia heroica xermánica, entre os séculos IX e X e nalgún mosteiro do imperio carolinxio, componse o Waltharius, un breve poema épico en latín de 1456 elegantes hexámetros que fan resoar outra vez a Eneida de Virxilio para narrar a aventura de Valtario de Aquitania.
  • 7. OS ASOLLADOS Autor: Joël Egoff. Tradución do francés de Moisés Barcia. Rinoceronte Editora Unha eclipse total de sol desata unha serie de situacións inesperadas entre uns personaxes ao límite da loucura: un agricultor que constrúe un foguete para fuxir da fin do mundo cos seus anciáns pais, un mozo que pensa propoñerlle matrimonio á súa parella no momento no que se superpoñen a Lúa e o Sol, un mendigo que espera poder cambiar a súa vida nese instante… Joël Egloff retrata con humor e delicadeza nesta serie de relatos satíricos os desexos e medos máis frecuentes. A BOCA POBRE Autor: Flann O´Brien. Tradución do galéico de Isaac Xubín. Rinoceronte Editora Bónapárt Ó Cúnasa é o protagonista dunha divertida historia que nos fala dos habitantes de Corca Dorcha, unha pequena aldea situada nalgún lugar remoto do occidente de Irlanda, onde os seus habitantes –nunca endexamais haberá ninguén coma eles– padecen con resignación as inclemencias meteorolóxicas e as penurias da fame e da miseria. O Vello de Pelo Cano, o seu avó, está sempre ao seu carón para ofrecerlle o seu consello e acompañalo en calquera oportunidade de aliviar as graves consecuencias dun destino que os gaélicos están condenados a padecer e do que non cabe fuxida posible. O título da obra, A boca pobre, fai referencia directa á expresión irlandesa que describe a práctica de esaxerar a mala situación económica co obxecto de recibir caridade ou a condonación dunha débeda. PHILOGELOS Autores: Hierocles e Philagrios Tradución do grego antigo e Óscar Soto e Margarita Seara Rinoceronte Editora A obra Philogelos (O amante da risa) é a compilación de chistes máis antiga aínda conservada. A obra, que consta de 265 chistes, está ordenada tematicamente, e moitos serían perfectamente aplicábeis a situacións contemporáneas. Son contos curtos, dotados dun grande enxeño, e cuxa tradución estará adaptada ao humor máis actual. Sorprenderá ao lectorado a cantidade de contos que aínda se contan hoxe en día e que aparecen vertidos nesta compilación que os recolleu da tradición oral hai máis de quince séculos.
  • 8. A SOCIEDADE LITERARIA E DO PASTEL DE PEL DE PATACA DE GUERNSEY Autores: Mary Ann Shaffer e Annie Barrows Tradución do inglés de Moisés Barcia Rinoceronte Editora Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome. Unha novela divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de lectura. ALÉN DA DESVENTURA Autores: Xavier Alcalá Editorial Galaxia O libro que gañou o Premio Blanco Amor de 1998 presenta intrigas e aventuras na época da Ilustración, persoas e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais, debates aínda hoxe non resoltos. Sen dúbida, unha gran novela e unha peza máis na recuperación da memoria colectiva. Alén da desventura está o pracer da lectura dun libro especial. FUMES DE PAPEL Autores: Xavier Alcalá Editorial Costa Oeste Novela sinxela e realista que chama a atención sobre a incapacidade do pobo galego para explotar os recursos do país. Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella vila. Nesta novela Xavier Alcalá conta o que puido ter acontecido en calquera vila galega durante os anos do "desarrollismo" e o que pode acontecer na nosa incansable historia de eucaliptos, celulosa e papel.
  • 9. LATITUDE AUSTRAL Autores: Xavier Alcalá Editorial Galaxia Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que consistiu a conquista de América. NOS PAGOS DE HUINCA LOO Autores: Xavier Alcalá Editorial Galaxia Unha novela ambientada nas duras terras patagónicas, protagonizada pola xeración dos fillos dos colonizadores nun tempo no que "o avanzar penoso das carretas fora substituído polo descaro veloz do ferro, o fume e o vapor". Este é o libro co que Xavier Alcalá inicia o frutífero ciclo narrativo que o levará a converter as terras indómitas da Patagonia en grandioso escenario novelesco. En Huinca Loo, na pampa de bafo quente, entre pulperías, poeira, cabalos, chinas e guitarras, o fillo dun galego pioneiro na colonización daqueles inmensos desertos protagoniza unha peripecia vital marcada por difíciles dilemas. MORTOS POR AMOR Á TERRA. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1939). Autores: Xosé Ramón Ermida Meilán Editorial Sermos Un estudo sobre a represión ao nacionalismo galego a través de 78 biografías de persoas asasinadas e un censo mínimo de represaliados polo franquismo. Con prólogo de Francisco Rodríguez e un estudo introdutorio do autor. MACHISMOS: DE MICRO NADA Autores: Colectivo Fiadeiras Editorial Embora Esta interesante publicación vén ser unha reflexión sobre os modelos e estereotipos sexistas que seguen presentes na nosa vida cotiá a través de relatos de mulleres e homes con moi diferentes contextos, cancións, viñetas, poemas e outros fragmentos literarios.
  • 10. ARAM O ARMENIO Cómic Guionista: Abel Alves. Debuxante: Majox Demo Editorial Relato de aventuras ambientado nun momento histórico pero pouco coñecido, como é o xenocidio ao que foi sometido o pobo armenio por parte dos turcos no ano 1915. MANUAL DE ESCOLA Cómic Autor: Xosé Tomás Editado por aspg Un libro de humor gráfico sobre educación. Con prólogos de Francesco Tonucci e Xaquín Marín. DESCONHECIDO Berlai Textos e música Xiao Berlai Deseños: Ernesto Torterolo Há pessoas que crebam o contrato social, que estabelecem uma fenda com o mundo e vivem a sua vida noutro âmbito, à margem, guiados por um espírito que os alimenta no meio duma soidade impenetrável. Desconhecido, através duma coidada banda desenhada e das esquisitas músicas de Berlai, conta a história duma dessas pessoas, um homem que elegeu a renúncia perante a impossibilidade do amor negado polo entorno social. Um livro e um cd para ler, ver e ouvir, onde se fundem narrativa visual, poesia e música. HABÍA QUE CHEGAR Emilio Batallán Editorial Galaxia publica o novo traballo discográfico de Luis Emilio Batallán. O CD ven acompañado dun DVD que recolle un concerto en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela de 2013 e unha conversa co escritor e editor Víctor F. Freixanes. Ao tempo, o libro vai acompañado dun pequeno texto do músico e escritor Vicente Araguas e un epílogo de Pablo Milanés, un dos produtores do disco. Un libro-disco-DVD que nos pon de novo en contacto co autor de "Quen puidera namorala".