Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre marzo e xuño de 2014. Presentados o venres 13 de xuño na 8ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre marzo e xuño de 2014. Presentados o venres 13 de xuño na 8ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Libros seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre outubro e decembro de 2014. Boletín número 10 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Libros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre abril e xuño de 2017. Boletín número 20 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre decembro de 2013 e marzo de 2014. Presentados o venres 14 de marzo na 7ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Libros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre xaneiro e marzo de 2017. Boletín número 19 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Boletín en galego coas novedades da plataforma de libros electrónicos "Ebook Dicoruna".
Plataforma da que se pueden facer usuarios os lectores da nosa biblioteca ou os das bibliotecas municipales da provincia que soliciten o acceso a través da súa correspondiente biblioteca.
El documento resume la trama y contexto de la novela El gran Gatsby de F. Scott Fitzgerald. Se sitúa en EE.UU. durante los años 20 y trata sobre la prosperidad económica y el mercado negro de bebidas alcohólicas durante la ley seca. La historia se desarrolla en Nueva York y Long Island y contrasta el pasado con la prosperidad, así como los barrios de Manhattan, East Egg y West Egg. Los personajes principales son Nick Carraway, Jay Gatsby, Jordan Baker, Myrtle Wilson y Daisy Buchanan. La
El documento lista 5 títulos de películas o proyectos: "SECCIÓN OFICIAL ANDAINA", "Irene ́s Love", "Silencio Por Favor", "Bellanca", y "Aquí es posible". Los directores o creadores de cada proyecto también se incluyen.
Horarios II Xornadas de Atención á DiversidadeOlga Lalín
El documento presenta el programa de las II Jornadas Andaina de Atención a Diversidad. La jornada de la mañana incluye presentaciones sobre inclusión educativa y patios y parques dinámicos. Después del almuerzo, la jornada de la tarde ofrece sesiones en paralelo sobre integración sensorial y educación sexual en la infancia, para luego cerrar con una presentación sobre metodología de patios y parques dinámicos.
El documento ofrece ideas para que las familias con niños que tienen necesidades educativas especiales aprovechen mejor el tiempo en casa después de la escuela. Propone organizar horarios y actividades para complementar la educación, así como mejorar la comunicación, la cual influye en la conducta. Estas ideas serán discutidas en una charla-coloquio el sábado 27 de febrero a las 18:00 horas en el local social Andaina en Redondela.
Canvas para el diseño del ple de una organizaciónOlga Lalín
Este documento describe el PLE actual y propuesto para una clase de bachillerato de 30 estudiantes. Actualmente, los estudiantes acceden a la información a través de Edmodo y sus dispositivos móviles. Se necesita más acceso a ordenadores, tablets y formación en gestión de información. El PLE propuesto incluiría herramientas como Symbaloo, Pinterest y blogs individuales para gestionar información sobre la asignatura de manera online y colaborativa. Los estudiantes crearían contenidos como vídeos en YouTube para practicar el idi
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emoocOlga Lalín
Aulas Creativas es una organización educativa que ha estado usando Twitter desde 2012 para compartir recursos pedagógicos, talleres y cursos con el objetivo de inspirar a los educadores a fomentar la creatividad en las aulas. El tweet más popular de Aulas Creativas trata sobre el cambio en la educación y los hashtags más usados son #educación, #profesores y #creatividad. Además de Twitter, la organización también usa Facebook y Pinterest.
We created an imaginary company and described it to our classmates. Then we did a PowerPoint presentation on the number of employees and location of the company and presented it orally. Finally, we used Powtoon to explain the steps we took to create the company.
This document contains links to three photos shared on Flickr under various Creative Commons licenses. The photos are credited to Thai Jasmine, seyed mostafa zamani, and -Reji respectively. All three photos are available for non-commercial uses and sharing, with some allowing modifications.
This document contains two stock photos from Flickr licensed under Creative Commons licenses. The first photo is attributed to Northern Wolf Photography and is licensed for non-commercial sharing and remixing with attribution. The second photo is attributed to visualpanic and can be used with attribution.
This document contains two photos shared under Creative Commons licenses. The first photo is attributed to Biczzz and is licensed for non-commercial sharing and modification as long as attribution is given. The second photo is attributed to srgpicker and can be shared with attribution. Both photos were created using Haiku Deck presentation software.
La Asociación Andaina de Personas con Necesidades Especiales de Redondela organiza un taller de introducción a la musicoterapia y su aplicación en personas con necesidades especiales y su entorno el viernes 11 de abril a las 20:00 horas en el Multiusos da Xunqueira. La charla será impartida por Andrea Gómez Navarrete y es una actividad familiar.
Este documento describe un libro infantil sencillo sobre los autobuses de diferentes colores que un niño ve en un día de la semana, usando lenguaje simple y repetitivo para organizar la información en torno a la experiencia del niño y los días de la semana. El libro incluye páginas con autobuses desmontables con velcro para que el niño pueda jugar.
El documento explora cómo la risa y la exageración pueden mejorar la comunicación y el uso del lenguaje. Propone tres imágenes que muestran cómo exagerar y teatralizar descripciones simples, primero diciendo "perros noooo" en lugar de solo "perros", y luego preguntando de forma cómica si son gatos en lugar de solo identificarlos.
2. “NADAL: TEMPO DE LECER, TEMPO DE LER”
NADAL NOS LIBROS
- LA SONRISA DE LOS PECES DE PIEDRA, Rosa Huertas (XIV Premio
Anaya 2017)
Noveliña xuvenil que fala dos segredos familiares. Jaime, un rapaz de
16 anos, sensible, que vive a música (interpreta e compón), terá que
descubrir a verdadeira identidade do seu pai, algo que a súa nai
xamais lle revelou.
- ILEGAL, Eoin Colfer e Andrew Donkin, con ilustracións de Giovanni
Rigano. Para todas as idades.
Novela gráfica que quere facernos reflexionar e comprender o tema da
inmigración a través da situación vivida por Ebo, un rapaz que
sobrevivirá no deserto do Sáhara ata chegar a Trípoli e se mergullará
nas augas do Mediterráneo disposto á aventura ata chegar a Europa.
- ME DUELE LA LUNA. Olga Lalín e Esther Medraño.
Un libro para o público en xeral que aborda o autismo dende unha
doble perspectiva: a testemuña directa da familia e a visión da
terapeuta. Me duele la luna quere ser unha ventá para comprender as
dificultades que conleva a condición pero tamén unha chamada de
atención para concienciar no respecto e igualdade de dereitos das nenas
e nenos con diversidade.
- BAJO EL ÁRBOL DE LOS TORAYA, Philippe Claudel. Adultos ou bos
lectores.
O autor de Almas grises e A neta do señor Linh relátanos esta historia en
que o protagonista, un cineasta de cincuenta anos, afectado pola morte
do seu mellor amigo, reflexiona sobre esta e o misterio da vida, e sobre
a intimidade das persoas. Un canto á amizade e ao amor de gran beleza.
3. - EL MÓVIL, Javier Cercas. Adultos.
Primeira novela do autor, escrita na xuventude. Metaliteratura en
estado puro, fálanos do proceso creativo, da ética do autor, das
relacións humanas… Serve de base á película El autor, recentemente
estreada.
- CIEN AÑOS DE SOLEDAD, Gabriel García Márquez. Bos lectores,
adultos.
Un clásico indiscutible da novela hispanoamericana ilustrado
maxistralmente por Luisa Rivera, que nos mergulla no mundo do
realismo máxico creado en torno á saga familiar dos Buendía.
- CEIBA DE LUZ, M. Lourenzo González. Premio Jules Verne de Literatura
Xuvenil 2017.
Unha aventura pola selva amazónica en busca do mítico Eldorado non
exenta de intriga que pon ó límite a convivencia entre as persoas nun
fondo de natureza e cultura ancestral.
- 22 SEGUNDOS, Eva Mejuto. Xuvenil.
É o tempo que tarda en subir á rede o arquivo filmado polo seu
protagonista, Álex, un rapaz que sofre identidade de xénero. O autor
consegue que empaticemos con este tipo de persoas silenciadas e
denigradas por unha sociedade inxusta e intolerante.
- LUNS, Eli Ríos. Premio “Torrente Ballester” de narrativa en lingua
galega 2016.
Novela que pretende conmover a partir da situación persoal da
protagonista, Nerea, unha muller como calquera, feliz ata que lle foi
diagnosticado un cancro de mama e terá que resolver asuntos
pendentes coa certeza do fin.
4. - O NENO MARIÑEIRO, Bernardino Graña. Bos lectores.
Un clásico que merece ser lido pola excepcional prosa dun gran autor.
Narra de forma autobiográfica a infancia dun rapaz, Elías, de Cangas,
nos difíciles anos da guerra civil, sendo unha crónica que retrata a
Galicia rural e mariñeira dun xeito engaiolante pola rica linguaxe coa
que fala das relacións entre os veciños e os familiares, da fame, do
tempo, da emigración, da chegada da luz eléctrica, da vida no mar…
- A ARTE DE TROBAR, Santiago Lopo. Premio Xerais de Novela 2017.
Interesante novela de intriga en pleno século XIII, cando os trobadores
percorren o Camiño de Santiago e andan a compoñer as cantigas
galaico-portugesas. Inquisición, códice oculto, herexía, alquimia, loitas
de poder… todo mesturado cun ritmo áxil e con humor.
- LA VIDA NEGOCIABLE, Luis Landero. Adultos.
Un perruqueiro, Hugo Bayo, como se dun relato autobiográfico e
picaresco se tratase, conta á súa clientela a súas vivencias dende a
adolescencia ata o momento actual. Amor, humor, éxitos e fracasos,
xuntos para facerse un oco no mundo e reconciliarse consigo mesmo.
- SIEMPRE SERÁ DICIEMBRE, Fátima Embark e Mercedes Murillo.
Premio Gran Angular de Narrativa Xuvenil, 2017.
Unha novela sentimental, intensa e conmovedora, que irá despexando
incógnitas e mentiras, para lembrarnos que, por moi duro que sexa o
inverno, sempre volve a primavera, e que non debemos gardar para mañá
o amor que sentimos hoxe.
- TRAS LA SOMBRA DEL BRUJO, Francisco Díaz Valladares. Premio Edebé
de Literatura Xuvenil 2016.
Novela de aventuras no corazón de África, protagonizada por un xove
africano que marchou cos seus pais a vivir a EEUU e volve á procura dun
pasado ancestral. De fondo, problemática do medio ambiente, choque de
culturas, amor… con breves reflexións filosóficas ao inicio de cada
capítulo.
5. - MURIEL, María Canosa. Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. A
partir de 9 anos.
Para ler mainiño pola noite, antes de dormir ou de soñar. Muriel é un
neno que bota de menos á súa avoa, os agarimos, que non pode durmir…
ata que coñece un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro…
-NOITE DE TEMPORAL, Manuel Núñez Singala. Xuvenil, para máis de 14
anos.
Novela de aventuras, ben documentada, narra o ocurrido na madrugada
do 2 de xaneiro de 1921 ao vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a
bordo, cando tivo que afrontar un terrible temporal nas costas galegas e
de fondo, a solidariedade, a valentía das xentes en momentos difíciles.
- ZAPATILLAS ROTAS, Xabier Quiroga. Premio Nacional da Crítica 2015.
A novela céntrase nun ancián, Xaquín Amoedo, que foxe da residencia
xeriática cando aparece un misterioso home, para tentar revivir unha
vida marcada pola guerra e a violencia. A mobilización para dar con el
provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos
inusitados.
- DEMOS DE VERÁN, Miguel Vázquez Freire.
Novela de corte policíaco, de enredo, onde o tema político e o relixioso,
esotérico e real, envolven ó lector ata a última liña.
-ONCE PORTAS, Héctor Cajaraville. Premio Ánxel Fole de
Narración Curta de Lugo, 2016. Calquera idade.
As once portas son as que nos introducen nun misterio de artes
proféticas e divinatorias que o protagonista, Guillerme Cardelle, deberá
afondar para darlle pleno sentido e que cambiará a súa vida.
6. - ARRANCAD LAS SEMILLAS, FUISLAD A LOS NIÑOS, Kenzaburo Oé.
Primeira novela do autor. Cun estilo poético inconfundible narra as
andanzas dun grupo de adolescentes dun reformatorio que será
evacuado en plena guerra a unha aldea remota da montaña. Aillados de
todos por mor dunha epidemia, e ante a necesidade de facerse a sí
mesmos dende a soidade na procura da autonomía persoal, nacerá a
solidariedade e o compañerismo para facer fronte ao medo.
NADAL NO CINE
-LA CHICA QUE SALTABA A TRAVÉS DEL TIEMPO. Película xaponesa de
animación para todas as idades. A protagonista, Nakoto Konno, descobre o
poder que ten para manexar o tempo e cambiar os feitos da vida cotiá,
aínda que iso ten consecuencias non sempre desexadas.
- YOUR NAME. Película xaponesa de animación para todas as idades. Un
rapaz de cidade de Tokio, chamado Taki, e unha rapaza de campo, Mitsuha,
non están contentos nin conformes coa realidade na que viven e cada un
soña a vida do outro. O mundo dos soños supera o mundo real e trascende
as súas coordenadas espazo-temporais.
- ASSASSIN´S CREED. A partir de 12 anos. Película baseada no videoxogo
homónimo. Acción e aventura que nos fai viaxar no tempo ata o século XV.
O protagonista descobre que é descendente dunha saga de asasinos.
- SPARROWS (GORRIONES). Adultos e maiores de 16 anos. Concha de Oro
á mellor película no Festival de San Sebastián, de Varsovia e Saõ Paulo, e
ao mellor director no Festival de Chicago. Un adolescente de 16 anos de
familia desestruturada debe marchar xunto ao seu pai lonxe de Reikiavik,
onde crecerá a partir das duras e difíciles vivencias nese tempo nunha
natureza plena de beleza, pero tamén de soidade e adversa.
7. - LADY MACBETH. Un clásico do mellor Shakespeare. Unha muller forte
que tenta loitar contra unha sociedade ríxida en que a muller non pode
decidir con quen quere vivir e casar nin ten autonomía para forxar o seu
propio destino.
- DIFRET. Drama xudicial para todos os públicos. Unha nena etíope de 14
anos é raptada para casar e deberá loitar para conseguir o respeto aos
seus dereitos.
- UN MONSTRUO VIENE A VERME. Para todos os públicos. Un neno que
sofre acoso escolar deberá enfrontarse á enfermidade da súa nai e loitar
co seu propio monstro, unha árbore milenaria que revive e o envolve no
pesadelo da imaxinación.
- CAPTAIN FANTASTIC. Para todos os públicos.
Un home (Viggo Mortensen) e a súa muller crían aos seus seis fillos nos
bosques remotos de EEUU, alonxados da civilización, da vida moderna, e
en definitiva, da sociedade de consumo. Unha forma de vivir e de pensar
diferentes que terán que cambiar ante unha nova inesperada.
- PATERSON:
Unha homenaxe ás pequenas cousas. Un conductor de autobús que vive
en Paterson, Nueva Jersey, vai pasando a vida sempre coa mesma rutina.
Sen embargo, observa detidamente o mundo que lle rodea, o que lle
serve de inspiración dos poemas que vai escribindo nunha libreta. Unha
película que nos ensina que a poesía ofrece unha nova forma de mirar o
mundo e que pode estar en calquera de nós.