Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Bibliotecas en la Segunda República

942 views

Published on

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, lembramos a labor das persoas participante no proxecto das Misións Pedagóxicas durante a II República, especialmente no servizo de bibliotecas.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Bibliotecas en la Segunda República

  1. 1. Bibliotecas na Segunda República (1931-1939) 24 de outubro Día das Bibliotecas
  2. 2. Anos 1931-33 14 de abril de 1931: Proclamación da Segunda República. No censo de 1930 un 42,30% da poboación era analfabeta (un 31,1% dos maiores de 10 anos). No caso das mulleres, ascendía ao 38,1% das maiores de 10 anos. Durante a II República póñense en práctica as Misións Pedagóxicas.
  3. 3. Misións Pedagóxicas Creáronse en 1931 dentro dun amplo proxecto educativo que pretendía democratizar a cultura limitando as diferenzas entre o campo e a cidade. Tiñan tres obxectivos: Fomentar a cultura mediante diferentes servizos que se relacionan máis adiante. Orientar os mestres/as a través, por exemplo, de cursos sobre pedagoxía. Educar en valores democráticos: coloquios sobre a Constitución.
  4. 4. Servizos das Misións Pedagóxicas Os servizos que, baixo a presidencia de Manuel Bartolomé Cossío, aproximadamente 600 voluntarios (mestres, artistas, estudantes novos/as e intelectuais) levaron a aldeas e vilas de España entre os anos 1931 e 1936 foron: Servizo de Música e Coro Museo do Pobo Servizo de Cine Teatro de Títeres ou “Retablo de Fantoches” Servizo de Bibliotecas.
  5. 5. Servizos de Música, Teatro e Coro Máis de 500 vilas e aldeas nos que actuou o Coro e Teatro do Pobo. O Servicio de Música repartiu por toda España 66 gramófonos e 2135 discos. As gravacións ían acompañadas de fichas que que facilitaban o labor dos mestres/as rurais.
  6. 6. Museo do Pobo Copias das grandes obras da pintura española mostráronse a persoas que nunca contemplaran un cadro. O Museo Ambulante avanzaban na súa misión de ensinar arte en calquera lugar. Mulleres contemplando o cadro «Las Hilanderas» de Velázquez.
  7. 7. Servizo de Cine O Servizo de Cine ofreceu a vilas e aldeas a posibilidade de gozar dun dos adiantos máis importantes do século XX: o Cinematógrafo.
  8. 8. Retablo de Fantoches ou de Títeres Foi uno dos servizos que máis viaxou de lugar en lugar polo seu fácil transporte e montaxe, así como o seu baixo custo e altísima aceptación popular. Interpretábanse desde obras desin- teresadas ata gran- des clásicos do Sécu- lo de Ouro.
  9. 9. Servizo de Bibliotecas España era un país sen libros… En 1930, o 40% da poboación non sabía ler nin escribir. Para acabar con esta situación a IIª República creou dous tipos de bibliotecas rurais: as municipais e as das Misións. As coleccións de libros enviábanse baixo petición, incluso alí onde non chegaban os misioneiros.
  10. 10. As coleccións estaban formadas por 100 libros; desde literatura, xeografía ou historia, ata técnicas agropecuarias ou biografías. As coleccións podían organizarse en lecturas para persoas adultas e para nenos/as. Contábase tamén con fichas de préstamo e marcapáxinas, e instrucións para un bo coidado dos libros. O Patroado de Misións Pedagóxicas ía ampliando a colección en función dos gustos e peticións dos lectores daquela época. En xeral, as bibliotecas instalábanse nas escolas, baixo a vixianza do mestre/a.
  11. 11. As bibliotecas instaláronse en localidades menores de 5.000 habitantes, onde residía máis do 40% da poboación española, e preferentemente en aldeas de 50, 100 e 200 persoas. Foi o servizo máis importante dos que puxo en marcha o Patroado de Misións Pedagóxicas. A el destinouse case o 60% do orzamento xeral dos seus tres primeiros anos de funcionamento, o que permitiu crear 5.522 bibliotecas.
  12. 12. Tiñan unha política de bibliotecas moi avanzadas para a época, contemplando aspectos como redes de bibliotecas, o préstamo interbibliotecario, ou a atención a grupos de usuarios especiais como nenos/as, enfermos/as, presos/as.
  13. 13. Anos 1933-1936 Cando a dereita gaña as eleccións de 1933, o orzamento das Misións redúcese drasticamente, pero aínda así proseguen coas súas actividades, movidas polo altruísmo dos seus integrantes.
  14. 14. A Guerra Civil 18 de xullo de 1936: comezo da guerra civil española. Paralización das actividades das Misións Pedagóxicas . Creación dunha Comisión de Propaganda Cultural dentro do Patroado das Misións Pedagóxicas en outubro, que orientará as súas actividades á defensa da República.
  15. 15. Bibliotecas de Cultura Popular (1936-1938) A infraestrutura creada polo sistema bibliotecario das Misións Pedagóxicas continuará funcionando case ata a fin da contenda. Na fronte de guerra créanse bibliotecas en hospitais militares , nos chamados «Fogares dos Soldados» e en batallóns e cuarteis, destinadas a colaborar na alfabetización dos soldados, na súa capacitación para a evasión ou na difusión da cultura en xeral.
  16. 16. Mantivéronse abertas bibliotecas populares en cidades cuxa situación era moi complicada. Creáronse bibliotecas en garderías e centros escolares onde se acollían os nenos deprazados das zonas en primeira liña de conflito. Traballouse na organización e mantemento das bibliotecas de centros políticos e sindicais.
  17. 17. Salvar o patrimonio bibliográfico español. En outono do 1936 , a Biblioteca Nacional converteu en tarefa prioritaria preservar o patrimonio bibliográfico español, acollendo un gran número de bibliotecas particulares ou outras que foron evacuadas da primeira liña da fronte, como é o caso da Cidade Universitaria.
  18. 18. Traballos da selección de fondos, catalogación e creación de fichas e inventarios dos bens e bibliotecas incautadas, co rexistro dos propietarios para ser devoltos ao finalizar a guerra.
  19. 19. Os libros foron almacenados en habitacións da Biblioteca Nacional nas que, ademais, acumuláronse sacos de area para reforzar a súa seguridade.
  20. 20. Novembro de 1936: a aviación franquista bombardea a Biblioteca Nacional. As medidas de seguridade tomadas evitaron danos irreparables. É entón cando os exemplares máis valiosos son enviados a Valencia e os fondos son depositados nas cámaras acourazadas da propia biblioteca ou trasladados á sede da Sociedade de Nacións en Xenebra. A infraestrutura de bibliotecas segue funcionando desde Valencia.
  21. 21. Final da guerra A vitoria fascista leva consigo un proceso de persecución e purga especialmente asañada coas persoas implicadas na protección do patrimonio. Hoxe coñecemos os 5.439 volumes e documentos da Biblioteca Nacional e doutras coleccións incautadas, que os bibliotecarios puxeron a salvo.
  22. 22. Algúns protagonistas desta parte da nosa historia Tomás Navarro Tomás, director da Biblioteca Nacional desde 1936 e ata 1939, ano no que tivo que partir cara ao exilio, despois de ter depositado un gran número de libros en Valencia. Non puido volver a España e o seu labor non foi recoñecido ata o 2005.
  23. 23. Juan Vicens de la Llave, foi un dos residentes da Residencia de Estudantes, amigo de Buñuel e Lorca. Despois fíxose bibliotecario e elevou as Misións Pedagóxicas por toda España. Exiliouse en México e morreu, accidentalmente, só, en Pekín. Vicens, primeiro pola esquerda, xunto a Federico García Lorca.
  24. 24. Teresa de Andrés foi a creadora da Biblioteca Popular e das bibliotecas nas trincheiras. Jordi Rubió foi director da Biblioteca de Cataluña.
  25. 25. María Moliner Ademáis de ser a creadora do dicionario do uso do español, tivo unha gran implicación na política bibliotecaria da Segunda República. Desenvolveu as bibliotecas públicas e creou o primeiro Plan Nacional de Bibliotecas baixo o lema «todo cidadán, estea onde estea, ten dereito a recibir un libro».
  26. 26. Luis Ángel López Castro Porteiro da Facultade de Filosofía e Letras na Cidade Universitaria de Madrid desde 1927 ata 1939. Salvou os libros que se utilizaron como parapetos nas xanelas de dita Facultade Ángel López na trincheira salvando libros.
  27. 27. AS MISIÓNS EN GALICIA En Galicia as Misións Pedagóxicas tiveron unha grande actividade ata o estoupido da Guerra Civil. Está por estudar en serio o que sucedeu con elas na Terra de Melide. Traslado dos cadros do Pindo a Corcubión
  28. 28. AS MISIÓNS EN GALICIA Nas campañas das Misións Pedagóxicas que se desenvolveron en Galicia participaron ilustres persoeiros, tales como Maruxa Mallo ou Rafael Dieste. Maruxa Mallo Rafael Dieste
  29. 29. Fontes https://es.wikipedia.org/wiki/Misiones_Pedag%C3%B3gicas http://www.residencia.csic.es/misiones/exposicion/inicio.htm http://www.escuelasviajeras.es/portfolio/servicio-de-bibliotecas/ http://www.publico.es/politica/misiones-pedagogicas.html http://www.fronterad.com/?q=bitacoras/carlossantacecilia/que-obras- salvar-en-incendio http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=189 http://biblioteca.ucm.es/blogs/Foliocomplutense/7822.php#.Wey6pFu0PIV

×