Marzi. Coñece através dos ollos
dunha nena os derradeiros anos do
Comunismo na Europa do Leste.
Sylvain Savoia reflicte as
lembranzas da infancia da súa
compañeira Marzena Sowa.
Tales of Arabian Nights. In King
Shahriyar´s opinion, all women are
bad. Every night, he marries a new
woman and then he kills her the
next morning. But one day, he
marries Sheherazade and she´s
different…
Las Meninas. Esta non é só a
historia da obra de arte de
Velázquez, é tamén a historia de
como se transforma en símbolo.
Tamén é o intento de contestar á
eterna pregunta: cal é o segredo
das Meninas?
Recinto Gris. O exército dos
soldados lobo foi adestrado para
conseguir “unha sociedade perfecta”
na que sobran os diferentes. Debían
coller os que perturbaban o
equilibrio social, e levalos a
Recinto Gris..
RECOMENDACIÓNS DA ESPERELA
PARA O NADAL
DESEXÁMOSVOS
UN 2016 CHEO
DE BOAS LECTURAS!
IES O MOSTEIRÓN
www.biblioaesperela.blogspot.com
2.
Diario de Greg10. A vida era
mellor nos vellos tempos, non si?
Isto pregúntase Greg Hefley
mentres a cidade se desconecta
voluntariamente e se declara libre
de aparatos electrónicos. Pero
Greg non está feito para eses
vellos tempos…
!
Unha branca de cobre para Martiño.
A Martiño fascínao a historia das
moedas da súa colección. Ten de
todos os tempos: gregas, romanas,
medievais… Na Noiteboa o mareo da
súa primeira copa de cava tráelle
unha tremenda sorpresa…
100 greguerías ilustradas. Ramón
Gómez de la Serna definía as
greguerías como Humorismo +
Metáfora. Aquí tedes cen,
acompañadas dos debuxos de César
Fernández, tamén moi divertidos…
Penúltimas tendencias. Este é un
libro de versos, un álbum secreto
para todas aquelas mozas que
queren ser diferentes, máis alá da
gaiola rosa dos contos de
princesas.
¡BUM! De casualidade, Jim e o seu
amigo Charlie descobren que dous
profesores do seu instituto se
comunican nun incomprensible
idioma secreto. Para atopar a
resposta a este enigma, os amigos
acaban viaxando ao espazo onde
vivirán unha perigosa aventura.
!
Poderosa. Joana Dalva vive cos seus
pais, cun irmán pequeno, que é o
neno máis pesado do mundo, e coa
súa avoa, que non se decata do que
pasa ao seu redor. Este é o
ambiente no que vive unha rapaza
que soña con ser escritora…
La princesa prometida. Buttercup
xura amor eterno a Westley, que
parte en busca de fortuna e é
asasinado por uns piratas. A
doncela, obrigada, prométese ao
príncipe Humperdinck de Florin, un
malvado…
Mi vecino Totoro é unha película
xaponesa dirixida por Hayao
Miyazaki, sobre un espírito da fraga
ao que chaman Totoro. Foi escollida
como a mellor película de animación
da historia.