PRELECTORES
Moitos
lectores
sentiranse
identificados
co
noso
protagonista. Do mesmo xeito que
o coello, gran parte dos pequenos
prefire os alimentos que coñece, e
rexeita os novos. Un dos retos
dos pais é conseguir que os seus
fillos
coman
dunha
forma
equilibrada e sa, xa que é
esencial no seu crecemento e
desenvolvemento
físico
e
intelectual. “Sopa verde”. Ángela
Madeira. OQO.
Que comeu o polo Pepe para
medrar tanto? Mira este libro
e descubriralo. Un libro que
levanta paixóns entre os máis
pequenos. Nick Denchfield.
SM Xerme.

Margarita é a única elefanta do
grupo incapaz de conseguir que a
súa pel sexa de cor rosa
caramelo. Cando os seus pais
desisten de impoñerlle ese
aspecto, por fin descubrirá o
significado da liberdade e abrirá o
camiño da igualdade para as
súas compañeiras. Adela Turín.
Kalandraka

PRIMEIROS LECTORES
Unha mañá de inverno,
Peter esperta e observa a
través da ventana unha
paisaxe nevada. É o seu
primeiro día de neve. A
editorial Lata de Sal rescata
esta xoia da literatura infantil
ilustrada que foi merecedora
da Caldecott Medal en 1962.
Ezra Jack Keats.
Escribe Marcos Calveiro un
conto para os lectores máis
pequenos, un libro sobre o medo
e as dificultades para solventalo
e sobrepasalo, un libro sobre as
diferenzas
que
cremos
insalvables. Ese medo consente
que un neno non sexa quen de
saír da súa casa ata que coñece
unha nena que pode sentir algo
semellante...ata
que
comprenden que, botando unha
ollada ao seu arredor, ninguén é
"normal", porque nas diferenzas
é onde nos atopamos ben.
“Raro”. Tambre.

LECTORES AUTÓNOMOS
Conto navideño musical que inclúe
un CD con cinco grandes clásicos
da canción americana interpretados
por Olivia Ruiz e The Red Star
Orchestra. A pesar do trasfondo da
obra, unha historia de amor entre
adultos, o seu autor asegura que é
"esencialmente para nenos". O
ilustrador
francés
narra
o
descubrimento dos libros a través
do jazz por parte dun neno
disléxico. SWINGING CHRISTMAS.
Benjamin Lacombe. Edelvives.

Os animais que conviven con León
están cansados das súas bromas de
mal gusto, pero non se atreven a
recriminarllo. Por iso deciden buscar
alguén que teña cualidades suficientes
para enfrentarse a el e que lle de unha
lección que consiga correxir a súa
actitude. Entre os exóticos aspirantes
chega a África Conejo, que ten un plan
infalible. “León contra conejo”. Alex
Latimer. Edelvives.

Unha historia de superación
e de aprendizaxe na que o
mosquito Henri, en compaña
da súa inseparable amiga
Olivia, levantará o voo nunha
aventura chea de piruetas e
picadillos mortais rumbo ao
seu destino: ser un heroe. E
para iso vai a ter que
enfrentarse
á
malvada
véspora Roque. Raúl Dans.
Baía Edicións.
As mariposas invaden o cuaderno de
Mariano, aspirante a astronauta,
futbolista e detective. Son de todas
as formas, tamaños e cores. Pero
ningunha voa, pois están debuxadas.
El decide descubrir ao misterioso
creador das mariposas. “Un intruso
en mi cuaderno”. David Fernández
Sifres. Edelvives.
LECTORES EXPERTOS
Rematou o curso. María e o seu irmán
gozan xa das vacacíóns. Nas
contomas do seu barrio descobren un
cerrado no que pacen varios cabalos.
Son do tío Xerardo. un xitano vello que
axiña satisface os devezos da rapaza
por subir neles. Días despois aparece
por ese prado unha burriña extraviada.
O coidado do animal e a enfermidade
do ancián mudarán o seu lecer. “Un
burro
hippy”.
Xavier
López
Rodríguez. Edelvives.
Baltasar, un rapaz de once anos, cego de
nacemento e orfo de nai, vive coas súas
tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas
un pouco malvadas. A aparición do
Castañeiro de Abril provocará unha chea
de acontecementos que trastornan a vida
do seu barrio. Unha historia de superación
dunha dignidade tremenda, reivindicación
das cousas miúdas, que adoitan ser a
principal orixe dos nosos desgustos e das
nosas
maiores
satisfaccións.
“O
Castañeiro de Abril”. Antonio M. Fraga
Allegue. Premio Merlín 2013. Xerais
Un grupo de teatro chega ao pobo de
Silvano. Unha das súas tarefas é coidar os
cabalos da compañía, Zoa e Azor. Tomás,
que envexa ao seu primo Silvano, provoca
unha desgracia: deixa aberta a gaiola onde
están os cabalos e son atropelados por un
coche. “Zoe e Azor”. Mª Ángeles Alfaya
Bernárdez. Ed. Tambre.
http://aventurasnabiblioteca.blogspot.com

ADULTOS
Acaba un novo día, que nada
difire do anterior. E se alguén
nos despertase dese anodino
letargo? Que ocorrería se
unha experiencia paranormal
nos ofrecese a oportunidade
de cambiar o rumbo das
nosas vidas? Finis Terrae
publica “Mi vida en tus
manos”, da ferrolana Laura
Aneiros.

Unha novela chea de
personaxes magníficamente
ben construidos, cruzada de
referencias
culturais
e
enraizada
na
tradición
fabuladora da terra sobre a
que escribe: “esta que
pisamos". Cadeas, gañadora
do premio Xerais 2013, de
Xabier López López.

Unha gran novela policiaca e
romántica
acerca
do
asesinato de unha moza de
quince anos na pequena
cidade de Aurora, en New
Hampshire. A verdade só
chega ao final dun longo,
intrincado e apaioxoante
recorrido. “La verdad sobre
el caso Harry Quebert”.
Joël Dicker. Alfaguara.

O EQUIPO DE
BIBLIOTECA
DESÉXAVOS
BO NADAL!

Triptico copia

  • 1.
    PRELECTORES Moitos lectores sentiranse identificados co noso protagonista. Do mesmoxeito que o coello, gran parte dos pequenos prefire os alimentos que coñece, e rexeita os novos. Un dos retos dos pais é conseguir que os seus fillos coman dunha forma equilibrada e sa, xa que é esencial no seu crecemento e desenvolvemento físico e intelectual. “Sopa verde”. Ángela Madeira. OQO. Que comeu o polo Pepe para medrar tanto? Mira este libro e descubriralo. Un libro que levanta paixóns entre os máis pequenos. Nick Denchfield. SM Xerme. Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. Adela Turín. Kalandraka PRIMEIROS LECTORES Unha mañá de inverno, Peter esperta e observa a través da ventana unha paisaxe nevada. É o seu primeiro día de neve. A editorial Lata de Sal rescata esta xoia da literatura infantil ilustrada que foi merecedora da Caldecott Medal en 1962. Ezra Jack Keats. Escribe Marcos Calveiro un conto para os lectores máis pequenos, un libro sobre o medo e as dificultades para solventalo e sobrepasalo, un libro sobre as diferenzas que cremos insalvables. Ese medo consente que un neno non sexa quen de saír da súa casa ata que coñece unha nena que pode sentir algo semellante...ata que comprenden que, botando unha ollada ao seu arredor, ninguén é "normal", porque nas diferenzas é onde nos atopamos ben. “Raro”. Tambre. LECTORES AUTÓNOMOS Conto navideño musical que inclúe un CD con cinco grandes clásicos da canción americana interpretados por Olivia Ruiz e The Red Star Orchestra. A pesar do trasfondo da obra, unha historia de amor entre adultos, o seu autor asegura que é "esencialmente para nenos". O ilustrador francés narra o descubrimento dos libros a través do jazz por parte dun neno disléxico. SWINGING CHRISTMAS. Benjamin Lacombe. Edelvives. Os animais que conviven con León están cansados das súas bromas de mal gusto, pero non se atreven a recriminarllo. Por iso deciden buscar alguén que teña cualidades suficientes para enfrentarse a el e que lle de unha lección que consiga correxir a súa actitude. Entre os exóticos aspirantes chega a África Conejo, que ten un plan infalible. “León contra conejo”. Alex Latimer. Edelvives. Unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picadillos mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vai a ter que enfrentarse á malvada véspora Roque. Raúl Dans. Baía Edicións. As mariposas invaden o cuaderno de Mariano, aspirante a astronauta, futbolista e detective. Son de todas as formas, tamaños e cores. Pero ningunha voa, pois están debuxadas. El decide descubrir ao misterioso creador das mariposas. “Un intruso en mi cuaderno”. David Fernández Sifres. Edelvives.
  • 2.
    LECTORES EXPERTOS Rematou ocurso. María e o seu irmán gozan xa das vacacíóns. Nas contomas do seu barrio descobren un cerrado no que pacen varios cabalos. Son do tío Xerardo. un xitano vello que axiña satisface os devezos da rapaza por subir neles. Días despois aparece por ese prado unha burriña extraviada. O coidado do animal e a enfermidade do ancián mudarán o seu lecer. “Un burro hippy”. Xavier López Rodríguez. Edelvives. Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas un pouco malvadas. A aparición do Castañeiro de Abril provocará unha chea de acontecementos que trastornan a vida do seu barrio. Unha historia de superación dunha dignidade tremenda, reivindicación das cousas miúdas, que adoitan ser a principal orixe dos nosos desgustos e das nosas maiores satisfaccións. “O Castañeiro de Abril”. Antonio M. Fraga Allegue. Premio Merlín 2013. Xerais Un grupo de teatro chega ao pobo de Silvano. Unha das súas tarefas é coidar os cabalos da compañía, Zoa e Azor. Tomás, que envexa ao seu primo Silvano, provoca unha desgracia: deixa aberta a gaiola onde están os cabalos e son atropelados por un coche. “Zoe e Azor”. Mª Ángeles Alfaya Bernárdez. Ed. Tambre. http://aventurasnabiblioteca.blogspot.com ADULTOS Acaba un novo día, que nada difire do anterior. E se alguén nos despertase dese anodino letargo? Que ocorrería se unha experiencia paranormal nos ofrecese a oportunidade de cambiar o rumbo das nosas vidas? Finis Terrae publica “Mi vida en tus manos”, da ferrolana Laura Aneiros. Unha novela chea de personaxes magníficamente ben construidos, cruzada de referencias culturais e enraizada na tradición fabuladora da terra sobre a que escribe: “esta que pisamos". Cadeas, gañadora do premio Xerais 2013, de Xabier López López. Unha gran novela policiaca e romántica acerca do asesinato de unha moza de quince anos na pequena cidade de Aurora, en New Hampshire. A verdade só chega ao final dun longo, intrincado e apaioxoante recorrido. “La verdad sobre el caso Harry Quebert”. Joël Dicker. Alfaguara. O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXAVOS BO NADAL!