SlideShare a Scribd company logo
1 of 18
Non vin bolboretas
por aquí
Debuxos e poemas d@s
nen@s de Terezín
Terezín, pobo do século XVIII con dúas fortalezas situado a 60 km ó
noreste de Praga, é coñecido polo seu campo de concentración, o campo
de concentracción de Theresienstadt.
No ano 1939 os nazis ocuparon Checoslovaquia. No ano 1940 tomaron o
control de Theresienstadt instalando unha prisión na Fortaleza Pequena. En
1941 decidiron convertir a Fortaleza Grande nun gueto xudeo amurallado.
Para o mundo exterior debía aparecer como unha colonia xudea modelo,
pero tratábase dun campo de concentración que tamén foi utilizado como
campo de transición cara Auschwitz e outros campos de exterminio.
Na fortaleza de Theresienstadt co lema, como en Auschwitz :
«O traballo libera»
Entre os anos 1941 e 1945 pasaron por Terezínuns 150000 xudeos de sete
nacionalidades europeas. Uns 33000 morreron alí, fundamentalmente polas
malas e duras condicións do campo de concentración (fame, hacinamento,
enfermidades, torturas, ...) e unhas 88000 foron trasaldadas a campos de
exterminio.
Camposanto en honor ás vítimas de Terezín
Dentro deste campo de concentración, os xudeos intentaron construír un
paraíso especial para @s nen@s creando os Heim, fogares especiais nos
que os nen@s recibían clases e realizaban obraodiros de debuxos, escritura,
facían teatro e xogaban. O papel dos instrutores era esencial. Procuraban
ós nenos os papeis de pais e nais.
«Sentíamos que a pequena illa da infancia estaba ó noso coidado, que sobre
nós pesaba o deber de coidalos todo o que fose posible e educalos para ser
persoas honradas cando ese inferno terminase».
(Das memorias dunha coidadora no fogar para nen@s L318, en: Moradas para
nen@s no gueto de Terezin, Beit Theresienstadt coa colaboración de Minhal Jevra
vaNoar, Misrad haJinuj, Tarbut veSport, 1997, pág. 8 )
Eses nenos deixaron plasmadas as súas vivenzas dentro e fóra de Terezí, os
seus soños e inquetudes, os seus desexos e as súas esperanzas en
numerosos debuxos , relatos e poemas.
A continuación, unha pequena escolma de poemas e debuxos recollidos no
libro:
O ratiño
Un ratiño sentado na repisa
colle pulgas no seu abrigo
de pel
Pero a esta non a puido
agarrar,
escondeuse baixo a súa pel.
O ratiño axítase sen
descanso
esta pulga é un mal bicho
Veu o seu pai
buscou no seu abrigo
e zas, agarrou a pulga
e cocinouna na pota.
O ratonciño chama ó seu
avó
«Vén, temos pulga para a
comida»
A bolboreta
A derradeira, precisamente a
derradeira.
Dun amarelo tan
resplandecente.
Quizais se as bágoas do sol
tocaran a pedra branca…
Tan, tan amarela
Voaba, movíase lixeiramente
cara ó alto.
Foise, seguramente quería
dar ó mundo
un bico de despedida.
Hai sete semanas que vivo
aquí
pechado neste gueto.
Pero atopei á miña xente
aquí,
chámanme as floreciñas
e a branca pola do castiñeiro
do patio.
Non vin máis bolboretas.
Aquela foi a derradeira.
As bolboretas non viven
aquí,
no gueto.
Pavel Friedmann,
7/1/1921 – 29/9/1944
Preguntas e respostas
Para que serve á xente a fermosa ciencia?
Para que serve a beleza das mulleres?
Para que serve o mundo, cando non existe o dereito?
Para que serve o sol, cando non hai día?
Para que serve Deus? Acaso para castigar?
Ou para que a xente sexa mellor?
É que somos só bestias que sofren
para que apodreza dentro o xugo da paixón?
Para que serve a vida, se é un tormento?
Por que o mundo é só unha muralla?
Se fillo, as cousas son como son
Para que ti sexas un home. E loites!
Hanus Hachenburg, 12/07/1929 – 12/07/1944
Temor
Hai un novo temor no gueto,
a morte sega coa súa gadaña.
A maligna enfermidade trae o
espanto consigo.
As vítimas da súa sombra
choran e tremen.
Hoxe ós pais latéxalles o
corazón con medo,
e as nais baixan as súas cabezas
nas súas mans.
Aquí os nenos morren de tifus
e das súas filas cóbrase o
imposto.
Meu corazón latexa aínda no
meu peito
mentres, os meus amigos
parten cara outros mundos.
Quizais morrer enseguida-
quen o diría?
sexa mellor que ver isto.
Non, non, meu Deus, queremos
vivir.
Non queremos que disminúan
as nosas filas.
Queremos facer un mundo
mellor
queremos traballar, non
debemos morrer.
Eva Picková,
15/05/1929 – 18/12/1943
Onde non matan a ninguén
Eu quería ir soa
A onde vive a xente boa
A ese sitio descoñecido
Onde non matan a ninguén,
Quizás mañá chegaremos moitos
Á meta que soño
Quizáis dentro de pouco seremos
millares.
Alena Synkova ( rapaza que escribiu este poema
con 16 anos e sobreviviu ó Holcausto)
Son xudeo
Son xudeu e xudeu seguirei
Aínda que morra de fame
Non renegarei da miña nación
Sempre loitarei
Pola miña nación, polo meu honor
Nunca me avergoñarei
Da miña nación polo meu honor
Orgulloso estou da miña nación
Unha nación digna de honor
Sempre estarei oprimido
Sempre volverei vivir
Franta Bass, 04/09/ 1930 – 28/10/1944)
Baixo as nosas ventás
está parado un bonito tren,
tódolos días chega até nós,
brama como un dragón.
Coñecémolo moi ben
témoslle moito cariño.
Cando chegue o día da liberdade,
levaranos de regreso.
Kity, 12 anos
Margit Koretzová, 08/03/1933 – 04/10/1944
Robert Bondy, 01/05/1932 – 06/10/1944
Irena Karpelesová, 30/12/1930 – 23/10/1944
Marika Friedmannová, 06/08/1932 – 04/10/1944
Sonja Fischerová 16/03/1931 - Sobreviviu
Margalit Ullrichová, 18/06/1931 – 16/10/1944
Alfred Kantor, 17 anos .
Escribiu sobre o seu debuxo:
”Tocar o aramado significaba a morte instantánea. Aínda así, a
xente compartía pan, un sorriso, unha bágoa,…“.
Edita Pollakova, 9 anos
Chegada do tren de deportacións a Terezín.
Edita morreu o 4 de outubro de 1944 en Auschwitz
Yehuda Bacon, con 16 anos.
Ó saír de Terezín, debuxou este retrato do seu pai recentemente
gaseado e cremado en Auschwitz.
Helga Weissova.
Debuxo realizado á salida de Terezín en 1945

More Related Content

Similar to Non vin bolboretas

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriacrmhbarbanza
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriacrmhbarbanza
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13aesperela
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Contos Estraños
 
Dia Da Muller
Dia Da MullerDia Da Muller
Dia Da MullerPaco
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 

Similar to Non vin bolboretas (20)

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Irena Sendler
Irena SendlerIrena Sendler
Irena Sendler
 
Irena Sendler
Irena SendlerIrena Sendler
Irena Sendler
 
L' africain
L' africainL' africain
L' africain
 
L' africain
L' africainL' africain
L' africain
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Lecturas paz
Lecturas pazLecturas paz
Lecturas paz
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
LIBROS POLA PAZ
LIBROS POLA PAZLIBROS POLA PAZ
LIBROS POLA PAZ
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Dia Da Muller
Dia Da MullerDia Da Muller
Dia Da Muller
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 

More from soigca

COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!soigca
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!soigca
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!soigca
 
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en SiriaMudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siriasoigca
 
Arquimedes
ArquimedesArquimedes
Arquimedessoigca
 
Programa do Díai da ciencia en galego2018
Programa do  Díai da ciencia  en galego2018Programa do  Díai da ciencia  en galego2018
Programa do Díai da ciencia en galego2018soigca
 
Recomenda un libro!
Recomenda un libro!Recomenda un libro!
Recomenda un libro!soigca
 
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...soigca
 
Ler no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mansLer no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas manssoigca
 
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica soigca
 
Matria
MatriaMatria
Matriasoigca
 
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60 Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60 soigca
 
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amorDía da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amorsoigca
 
A pintura na lectura
A pintura na lecturaA pintura na lectura
A pintura na lecturasoigca
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades soigca
 
Bibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda RepúblicaBibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda Repúblicasoigca
 
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtríaXeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtríasoigca
 
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivoPresentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivosoigca
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidasoigca
 
Non pegar
Non pegarNon pegar
Non pegarsoigca
 

More from soigca (20)

COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
 
COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!COMEZA A CONTA ATRÁS!
COMEZA A CONTA ATRÁS!
 
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en SiriaMudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
Mudamos fronteiras por muros: Biblioteca de Darayara, en Siria
 
Arquimedes
ArquimedesArquimedes
Arquimedes
 
Programa do Díai da ciencia en galego2018
Programa do  Díai da ciencia  en galego2018Programa do  Díai da ciencia  en galego2018
Programa do Díai da ciencia en galego2018
 
Recomenda un libro!
Recomenda un libro!Recomenda un libro!
Recomenda un libro!
 
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
 
Ler no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mansLer no verán está nas túas mans
Ler no verán está nas túas mans
 
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica Proxecto  lector desde_unha_perspectiva_matematica
Proxecto lector desde_unha_perspectiva_matematica
 
Matria
MatriaMatria
Matria
 
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60 Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
Día da Paz: Loita polos dereitos civís en EEUU anor 50 e 60
 
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amorDía da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
Día da Candeloria:concurso de cartas e chíos de amor
 
A pintura na lectura
A pintura na lecturaA pintura na lectura
A pintura na lectura
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
Bibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda RepúblicaBibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda República
 
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtríaXeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtría
 
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivoPresentación traballo 1_eso_pi definitivo
Presentación traballo 1_eso_pi definitivo
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
 
Non pegar
Non pegarNon pegar
Non pegar
 

Non vin bolboretas

  • 1. Non vin bolboretas por aquí Debuxos e poemas d@s nen@s de Terezín
  • 2. Terezín, pobo do século XVIII con dúas fortalezas situado a 60 km ó noreste de Praga, é coñecido polo seu campo de concentración, o campo de concentracción de Theresienstadt. No ano 1939 os nazis ocuparon Checoslovaquia. No ano 1940 tomaron o control de Theresienstadt instalando unha prisión na Fortaleza Pequena. En 1941 decidiron convertir a Fortaleza Grande nun gueto xudeo amurallado. Para o mundo exterior debía aparecer como unha colonia xudea modelo, pero tratábase dun campo de concentración que tamén foi utilizado como campo de transición cara Auschwitz e outros campos de exterminio. Na fortaleza de Theresienstadt co lema, como en Auschwitz : «O traballo libera»
  • 3. Entre os anos 1941 e 1945 pasaron por Terezínuns 150000 xudeos de sete nacionalidades europeas. Uns 33000 morreron alí, fundamentalmente polas malas e duras condicións do campo de concentración (fame, hacinamento, enfermidades, torturas, ...) e unhas 88000 foron trasaldadas a campos de exterminio. Camposanto en honor ás vítimas de Terezín
  • 4. Dentro deste campo de concentración, os xudeos intentaron construír un paraíso especial para @s nen@s creando os Heim, fogares especiais nos que os nen@s recibían clases e realizaban obraodiros de debuxos, escritura, facían teatro e xogaban. O papel dos instrutores era esencial. Procuraban ós nenos os papeis de pais e nais. «Sentíamos que a pequena illa da infancia estaba ó noso coidado, que sobre nós pesaba o deber de coidalos todo o que fose posible e educalos para ser persoas honradas cando ese inferno terminase». (Das memorias dunha coidadora no fogar para nen@s L318, en: Moradas para nen@s no gueto de Terezin, Beit Theresienstadt coa colaboración de Minhal Jevra vaNoar, Misrad haJinuj, Tarbut veSport, 1997, pág. 8 ) Eses nenos deixaron plasmadas as súas vivenzas dentro e fóra de Terezí, os seus soños e inquetudes, os seus desexos e as súas esperanzas en numerosos debuxos , relatos e poemas. A continuación, unha pequena escolma de poemas e debuxos recollidos no libro:
  • 5. O ratiño Un ratiño sentado na repisa colle pulgas no seu abrigo de pel Pero a esta non a puido agarrar, escondeuse baixo a súa pel. O ratiño axítase sen descanso esta pulga é un mal bicho Veu o seu pai buscou no seu abrigo e zas, agarrou a pulga e cocinouna na pota. O ratonciño chama ó seu avó «Vén, temos pulga para a comida»
  • 6. A bolboreta A derradeira, precisamente a derradeira. Dun amarelo tan resplandecente. Quizais se as bágoas do sol tocaran a pedra branca… Tan, tan amarela Voaba, movíase lixeiramente cara ó alto. Foise, seguramente quería dar ó mundo un bico de despedida. Hai sete semanas que vivo aquí pechado neste gueto. Pero atopei á miña xente aquí, chámanme as floreciñas e a branca pola do castiñeiro do patio. Non vin máis bolboretas. Aquela foi a derradeira. As bolboretas non viven aquí, no gueto. Pavel Friedmann, 7/1/1921 – 29/9/1944
  • 7. Preguntas e respostas Para que serve á xente a fermosa ciencia? Para que serve a beleza das mulleres? Para que serve o mundo, cando non existe o dereito? Para que serve o sol, cando non hai día? Para que serve Deus? Acaso para castigar? Ou para que a xente sexa mellor? É que somos só bestias que sofren para que apodreza dentro o xugo da paixón? Para que serve a vida, se é un tormento? Por que o mundo é só unha muralla? Se fillo, as cousas son como son Para que ti sexas un home. E loites! Hanus Hachenburg, 12/07/1929 – 12/07/1944
  • 8. Temor Hai un novo temor no gueto, a morte sega coa súa gadaña. A maligna enfermidade trae o espanto consigo. As vítimas da súa sombra choran e tremen. Hoxe ós pais latéxalles o corazón con medo, e as nais baixan as súas cabezas nas súas mans. Aquí os nenos morren de tifus e das súas filas cóbrase o imposto. Meu corazón latexa aínda no meu peito mentres, os meus amigos parten cara outros mundos. Quizais morrer enseguida- quen o diría? sexa mellor que ver isto. Non, non, meu Deus, queremos vivir. Non queremos que disminúan as nosas filas. Queremos facer un mundo mellor queremos traballar, non debemos morrer. Eva Picková, 15/05/1929 – 18/12/1943
  • 9. Onde non matan a ninguén Eu quería ir soa A onde vive a xente boa A ese sitio descoñecido Onde non matan a ninguén, Quizás mañá chegaremos moitos Á meta que soño Quizáis dentro de pouco seremos millares. Alena Synkova ( rapaza que escribiu este poema con 16 anos e sobreviviu ó Holcausto)
  • 10. Son xudeo Son xudeu e xudeu seguirei Aínda que morra de fame Non renegarei da miña nación Sempre loitarei Pola miña nación, polo meu honor Nunca me avergoñarei Da miña nación polo meu honor Orgulloso estou da miña nación Unha nación digna de honor Sempre estarei oprimido Sempre volverei vivir Franta Bass, 04/09/ 1930 – 28/10/1944)
  • 11. Baixo as nosas ventás está parado un bonito tren, tódolos días chega até nós, brama como un dragón. Coñecémolo moi ben témoslle moito cariño. Cando chegue o día da liberdade, levaranos de regreso. Kity, 12 anos
  • 12. Margit Koretzová, 08/03/1933 – 04/10/1944 Robert Bondy, 01/05/1932 – 06/10/1944
  • 13. Irena Karpelesová, 30/12/1930 – 23/10/1944 Marika Friedmannová, 06/08/1932 – 04/10/1944
  • 14. Sonja Fischerová 16/03/1931 - Sobreviviu Margalit Ullrichová, 18/06/1931 – 16/10/1944
  • 15. Alfred Kantor, 17 anos . Escribiu sobre o seu debuxo: ”Tocar o aramado significaba a morte instantánea. Aínda así, a xente compartía pan, un sorriso, unha bágoa,…“.
  • 16. Edita Pollakova, 9 anos Chegada do tren de deportacións a Terezín. Edita morreu o 4 de outubro de 1944 en Auschwitz
  • 17. Yehuda Bacon, con 16 anos. Ó saír de Terezín, debuxou este retrato do seu pai recentemente gaseado e cremado en Auschwitz.
  • 18. Helga Weissova. Debuxo realizado á salida de Terezín en 1945