SlideShare a Scribd company logo
1 of 57
Memoria horto escolar
Proxecto do Ceip Barouta e
subvencionado por Voz Natura
Curso escolar 2014-15
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
C.E.I.P. BAROUTA
ENCONTRO CO HORTO
Cando chegamos en setembro, tiñamos o horto algo desleixado mais aínda
puidemos recoller algún dos froitos que quedaban: amorodos, framboesas e tamén
cenorias, allo porro e as esponxas vexetais. Algunha cabaza, que aproveitamos para
o Samaín e pouco máis. As froiteiras prenderan e gozaban de boa saúde.
Respecto das esponxas, puidemos ver todo o proceso: sementar, transplantar,
crecer pola rede, florear e ver como ía medrando o froito. Deron moitas pero foron
morrendo debido ao mal tempo que veu en outono. Con todo, logramos cinco.
Agora haberá que branquealas.
NOVO CURSO, NOVO PROXECTO
Para este curso tiñamos novos obxectivos:
• Observar a importancia do abono e fertilización no crecemento das
plantas.
• Facer actividades de medida, deseño e distribución dos tallóns co
alumnado de 5º e 6º.
• Rexistrar o sucedido en fichas de aula.
• Distinguir entre horto (zona de froitas e verduras) e fraga (zona de
arborado con froitos e para madeira).
• Recoller a materia orgánica das árbores do patio, restos do comedor e
das merendas, para facer compost.
• Observar o crecemento das sementes e das plantas.
Para iso deseñamos dúas grandes zonas:
• O horto, onde poriamos as verduras, froitos, flores, aromáticas e
froiteiras.
• A fraga, na que plantariamos dous castiñeiros, un bidueiro, algún
acivro... Para ir sumando ao arborado xa existente no patio.
RENOVACIÓN DO HORTO
Este ano queriamos darlle un cambio respecto do pasado. Mantemos a situación e as
froiteiras plantadas pero imos organizar a plantación en dúas zonas, cada unha delas
subdividida en 4 tallóns, cadanseu cun tipo de plantas similares.
• Na zona A: construímos, coa axuda duns papás, 4 caixóns de
madeira (de 1,30x2,50 m) que enchemos coa terra do horto, e
follas e logo botamos cal, abono e algo de substrato.
• Na zona B: hai tamén 4 tallóns feitos na terra pero sen engadir
ningún fertilizante, agás a folla que recolleramos do patio.
Trátase de ver como inflúe o uso de abono do solo no crecemento das plantas. Fíxose un
seguimento quincenal, a partir de marzo, co inicio das primeiras plantacións, e foise
rexistrando en fichas que se poden ver no caderno do horto.
O traballo máis duro, organización do horto, medición, apertura de carreiros, feitura dos
buratos para plantar as árbores, recollida masiva de folla ... correu a cargo das titorías de 5º e
6º; o resto das aulas, participaron sementando, plantando, regando, observando ... e
reflexionando sobre o acontecido.
Houbo dúas datas nas que todo o cole, en diferentes recunchos, estaba facendo algunha
tarefa para o horto: en febreiro, coas primeiras sementes (uns no horto e outros en caixas de
porespán) e a outra foi para celebrar a festa da Primavera “Árbores e Poesía”. Era unha festa
ver a todo o alumnado implicado, interesado e con ganas de participar.
Caderno do horto
Barouta, 2014-2015
Información e seguimento
As ferramentas
1. pá / laia
2. angazo (rastrillo)
3. sacho/eixada
4. legoña
5. vasoira
6. carreta
7. forcada
1
6 2
3
1
7
5
4
RECOMENDABLE NON RECOMENDABLE
• Restos de froita ou verdura
• Pousos do café, te,
infusións
• Flores, restos de plantas
• Restos de poda, serradura,
cinsas
• Restos da horta
• Herba
• Follas
• Casca de ovo
• Tonas das patacas, da
froita
• Palla, toxo
• Maleza
• Feces ou excrementos de
animais
• Restos inorgánicos,
plásticos, vidro, briks
• Restos de papel, cartón
• Materiais contaminantes
• Papeis brillantes ou con
tinta
• Comida cociñada
Que podemos botar no composteiro?
O noso composteiro
Froitos
Solanáceas
Cucurbitáceas
Follas
Compostas
Quenopodiáceas
Raíz
Umbelíferas
Liliáceas
Mellorantes
Leguminosas
Crucíferas
Abono:
Moi esixentes
Abono:
Esixencia media
Abono:
Esixencia moderada
Abono:
Pouca esixencia
Abono:
Moi esixentes
Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4
meses Tallón 1 Tallón 2 Tallón 3 Tallón 4 sementeiros árbores
febreiro cenorias
cebolas
chícharos allo porro
acelga
leituga
berenxena
tomate
brócoli
flores
marzo froiteiras
castiñeiros
acivro
bidueiro
abril berenxena
tomate
cabazas
espinacas
leituga
eiruga
acelga
porro xudías
brócoli
cártamo
esponxas
flores
maio millo leituga
CALENDARIO PREVISTO DE PLANTACIÓN
meses Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4
febreiro
2ª quincena
Plantamos cebolas e
cenorias
Plantamos chícharos
marzo
1º quincena
2ª quincena
Saíron as cebolas e están
ben .
A finais, aparecen as
cenorias
Naceron ben ao longo
dos 3 regos
Os chícharos seguen
medrando.
abril
1º quincena
2ª quincena
Transplantamos unhas
cabazas.
Transplante de cabaciño.
Puxemos uns tomates
protexidos con botellas
de plástico.
Todo vai medrando.
Puxemos uns pés de
leituga e de eiruga.
Transplante da acelga que
tiñamos en maceta.
Están medrando ben.
As cenorias van a modo.
As cebolas medran.
Vai asomando a cenoria.
O cebolo engorda e a
cenoria vese mellor.
Puxemos unha rede para
soster os chícharos.
Plantamos brócoli para
ver como se vai
adaptando
Plantamos as xudías e os
tirabeques.
Saíron as xudías e os
tirabeques.
maio
1º quincena
2ª quincena
Botaremos o millo e as
fabas.
Transplantaremos a
berenxena.
Seguiremos observando o
crecemento.
Transplante de allo
porro.
Agardamos que nazan as
xudías e os tirabeques e
que floreen os chícharos
para poder probalos
antes de fin de curso.
xuño
Zona AFicha de seguimento
meses Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4
febreiro
2ª quincena
Plantamos cebolas e
cenorias
Plantamos chícharos
marzo
1ª quincena
2ª quincena
Saíron algunhas e vense
máis febles.
Parece que asoma algunha
cenoria.
Saíron bastantes chícharos
pero menos que na zona A.
Medran pero non naceron
todos.
abril
1ª quincena
2ª quincena
Transplante de cabazas.
Transplante de cabaciño.
Puxemos uns tomates
protexidos con botellas de
plástico.
Medran menos.
Puxemos uns pés de
leituga e eiruga.
Transplante de acelga, que
tiñamos en maceta.
Algunhas morreron e
houbo que repoñer.
As cebolas ben pero as
cenorias non medran.
Vai asomando algunha
cenoria.
O crecemento é lento.
Puxemos uns pés de brócoli.
Plantamos as xudías e os
tirabeques.
Os chícharos medran e xa
teñen a súa rede tamén. O
brócoli mantense.
As xudías naceron moi poucas
pero os tirabeques si.
maio
1ª quincena
2ª quincena
Botaremos o millo e as
fabas.
Transplantaremos a
berenxena.
Seguiremos observando o
crecemento.
Transplante de allo porro. Agardamos que nazan as
xudías e os tirabeques e que
floreen os chícharos.
xuño
Zona BFicha de seguimento
2014-2015
Volvemos ao horto!
No outono, xuntamos un
montón de folla para darlle
un aporte importante de
materia orgánica e que
podrecese antes de fresar
co tractor.
Recollida
de folla
no patio
Grandes e pequenos, no recreo ou
noutros momentos do horario...
A través da ANPA,
conseguimos que viñese
un veciño co seu tractor
para fresar o terreo.
Que ben quedou!
Grazas!
Logo, houbo que deseñar os tallóns e distribuír o espazo.
O alumnado de 5º e 6º mediu o terreo e debuxou a forma do que será o novo horto.
Preparando o camiño central para
acceder ao horto sen pisar no
sementado.
Medir, marcar, apartar a terra para os tallóns...
Colaborar e aprender xuntos!
Cada tallón terá 1,20 m de largo e 3 m
de longo, aproximadamente.
Así quedou distribuído o horto: a zona A, na que
botamos folla, abono e substrato; zona B, que só leva a
folla pero nada de abono nin substrato.
Observaremos o que pasa!
Plantando unha sebe para marcar
o límite do horto e que faga
bonito, mentres non poñemos a
valla ou rede máis visible.
Plantación e sementeiros
O 19 de febreiro, aproveitando o bo tempo e a lúa
axeitada, saímos todo o colexio ao patio para iniciar a
plantación.
O alumnado de 5º e 6º, estivo no horto, botando
chícharos, cebolas e cenorias. Estas sementes van
directamente na terra pois resisten ben a
climatoloxía de agora en diante.
O resto das aulas, fixeron sementeiros de flores e
produtos de horta. Estes quedarán resgardados da
xeada e do mal tempo para asegurar un crecemento
rápido. Logo levarémolos ao horto.
Desfacer o substrato, botalo nos tallóns; logo encalar de botar o abono.
Deixar todo listo para logo plantar.
Agora xa se poden botar as
cebolas, os chícharos e as
cenorias e plantar algún arbusto
nun dos laterais.
Cada aula tiña unha caixa con terra e as súas
sementes (flores , leituga, tomate, eiruga,
berenxena ...).
Houbo que collelas, enterralas, regar con xeitiño
e logo deixalas na terraza protexidas do frío e
orientados ao sol.
E. I. prepara sementeira de flores
Ranúnculos e zinnias
A leituga do
sementeiro, nacendo
Transplante de brócoli
Xa hai varias plantas
para levar ao horto.
Á dereita, separar de
unha en unha.
Distintos
procesos
Festa da primavera
Barouta, 27 de marzo de 2015
Cada ano, polo 21 de marzo, celebramos a Festa da
Primavera plantando árbores e recitando poemas. Esta
vez, como caeu en sábado, decidimos adialo para o 27
de marzo. Fixémolo cadrar coa despedida de trimestre.
Antes do recreo, aproveitamos para ir ao horto a plantar.
Cada curso tiña asinada unha árbore e tamén algunha
planta aromática ou de flor. Puxemos froiteiras (figueira,
ameixeira, cerdeira, mandarineiro), árbores ornamentais
(marmelo de flor, acivro) e de froitos (castiñeiro,
bidueiro, oliveira), menta, tomiño, romeu, xarxa, malva...
Despois do recreo, xuntámonos todas as aulas, no 1º
andar, a carón da Biblioteca, para recitar poemas.
Houbo versos en galego (de Rosalía, Curros, García
Tiejeiro...) , en castelán (de Alberti) e ata en inglés.
Para rematar, unha canción “As árbores da fraga” e a
proba dos froitos do horto, aínda que de momento só
poden ser de goma, claro!
Fixemos unha exposición con todos os traballos e máis
cos libros de poesía e resultou un acto bonito.
Acivro, cerdeira e
marmelo de flor
Observar, plantar
e logo deixar todo
recollido.
Aulas de 5º e 6º
É igual un mandarineiro ca un
castiñeiro ou unha nogueira?
Observando as
miñocas que tiña a
nogueira no terrón.
As aulas de 1º reflexionando:
Son froiteiras, son de madeira, que son?
As aulas de Infantil, encheron de flores as macetas do seu parque de xogo.
Que bonito se ve agora!
Na zona das aromáticas temos 5 grupos
que ocupan toda a fronte do horto.
Puxemos: lavanda, malva de olor,
mentas, tomiño, ceboliño, perexil, romeu,
ruda, ourego, macela.
Tamén está deste lado a zona dos
amorodos.
Recital de poesía
Traballos de aula
Reflexións sobre o traballo realizado ao
redor do horto e da natureza, busca de
información, debuxo, lectura, reciclaxe de
briks para facer macetas para agasallar ás
familias con plantas ...
Cadrar o traballo do horto co currículo.
2º B, Primaria
2º A, Primaria
Nestes días, a
figueira, abriu
todas estas follas.
Cando soubemos que iamos plantar un
BIDUEIRO e un CASTIÑEIRO puxémonos
mans á obra e primeiro atendemos na pantalla
ás explicacións das mestras.
Alumnado
de infantil
TRABALLO DE AULA EN INFANTIL
As 4 aulas de Infantil
UN ANO MÁIS EXPERIMENTANDO NO HORTO
Sachamos, fixemos regos,
sementamos, transplantamos,
abonamos, regamos, reflexionamos,
observamos e sacamos conclusións,
quitamos herbas, plantamos árbores
e aromáticas... isto é parte da nosa
colaboración no horto escolar.
Fomos ao horto en grupo, con
outros cursos e, mesmo, de xeito
individual.
Vimos como xurdían as primeiras
folliñas e como ían medrando os
chícharos, as cenorias...
Aprendemos a diferenciar a pereira
da maceira mirando as súas follas.
Este ano vimos as flores da pereira e
agardamos probar algunha pera.
Ter un horto no cole proporciona un descanso do traballo intelectual sen deixar de aprender. É máis
lúdico e permite estar fóra, en contacto coa natureza, gozar xuntos e aporta experiencia no traballo.
Por todo isto, gustaríanos seguir co proxecto do horto no futuro.
Aula de quinto
Aula de cuarto
Macetas para
agasallar ás
familias con
plantas do
horto.
Reciclando
Cal escollerei?
Xa temos a valla!
As froiteiras, adáptanse no noso horto.
Valoración do proxecto
O horto na escola
permite que
nenos de todas as
idades, e adultos,
poidan participar
xuntos
divertíndose e
aprendendo.
Ana
Algunhas opinións do alumnado.
A modo de conclusións:
A experiencia no horto foi estupenda, a pesar de que as condicións non son moi axeitadas.
Partimos dun terreo areento, que leva máis de 20 anos sen traballar. A pesar de termos
plantado xa o curso pasado e de botar folla, abono e algo de substrato e compost, as plantas
van de vagariño.
• Este curso démoslle unha renovación e foi valorado moi positivamente por toda a
Comunidade Educativa. Aprendemos da experiencia pasada.
• Si que puidemos comprobar que as plantas medran mellor se hai abono. De momento
aínda están pequenas pero xa se nota a diferenza.
• O alumnado vai con frecuencia polo horto (a veces en grupo e outras, de xeito individual),
pregunta, colabora, fala del na casa... Amosa interese por esta actividade.
• As familias tamén se interesan: miran a evolución dos sementeiros, algunhas colaboran
aportando plantas, outras levan das que nós temos e axudan a manter a ilusión.
• O profesorado participa, sobre todo, desenvolvendo as actividades propostas na súa
titoría.
• Combinar o traballo no horto co curricular, resulta moi interesante xa que se pon en
práctica moito do estudado.
• Estas actividades favorecen a relación entre cursos de idades diferentes, a cooperación, a
axuda, a motivación.
Por todo isto, facemos unha valoración positiva e, de feito, solicitamos un ano máis, un novo
proxecto.
Queremos deixar aquí o noso agradecemento a toda a Comunidade
Educativa:
• Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que colaborou moito
e sen o que non se podería levar a cabo o proxecto.
• ANPA San Mauro, que nos facilitou contactos para levar a cabo algunhas
tarefas máis complicadas.
• Ás familias, que aportaron entusiasmo, compartiron plantas, levaron das
que nós tiñamos e preocupábanse por seguir o que ía acontecendo.
• A Luisa, da que tanto temos aprendido a través do seu blogue,
http://www.hortagalega.eu/
Grazas!
Ceip Barouta – Ames, 29 de abril de 2015

More Related Content

Similar to Memoria horto 2014 15

Traballo no horto
Traballo no hortoTraballo no horto
Traballo no hortoaulabarouta
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)MonContos
 
Día da árbore 2014
Día da árbore 2014Día da árbore 2014
Día da árbore 2014bibliolois
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015biblionova
 
Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017Marta Pérez Lage
 
1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
1ªsaída ao horto ecolóxico infantil1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
1ªsaída ao horto ecolóxico infantilpatrioza
 
PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNAPROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNAbiblionova
 
A horta ecolóxica - EEI Monte da Guía
A horta ecolóxica - EEI Monte da GuíaA horta ecolóxica - EEI Monte da Guía
A horta ecolóxica - EEI Monte da Guíamontedaguia
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 

Similar to Memoria horto 2014 15 (14)

Traballo no horto
Traballo no hortoTraballo no horto
Traballo no horto
 
Bañal
BañalBañal
Bañal
 
Que sae dunha semente
Que sae dunha sementeQue sae dunha semente
Que sae dunha semente
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
MAIO 2022-1.pdf
MAIO 2022-1.pdfMAIO 2022-1.pdf
MAIO 2022-1.pdf
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
Día da árbore 2014
Día da árbore 2014Día da árbore 2014
Día da árbore 2014
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017
 
1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
1ªsaída ao horto ecolóxico infantil1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
1ªsaída ao horto ecolóxico infantil
 
PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNAPROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
 
A horta ecolóxica - EEI Monte da Guía
A horta ecolóxica - EEI Monte da GuíaA horta ecolóxica - EEI Monte da Guía
A horta ecolóxica - EEI Monte da Guía
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 

More from 2TERE

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"2TERE
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
árbores e poesía
árbores e poesíaárbores e poesía
árbores e poesía2TERE
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos2TERE
 
Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015Festa da primavera 2015
Festa da primavera 20152TERE
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal2TERE
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu2TERE
 

More from 2TERE (7)

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
árbores e poesía
árbores e poesíaárbores e poesía
árbores e poesía
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos
 
Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Memoria horto 2014 15

  • 1.
  • 2. Memoria horto escolar Proxecto do Ceip Barouta e subvencionado por Voz Natura Curso escolar 2014-15 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.E.I.P. BAROUTA
  • 3. ENCONTRO CO HORTO Cando chegamos en setembro, tiñamos o horto algo desleixado mais aínda puidemos recoller algún dos froitos que quedaban: amorodos, framboesas e tamén cenorias, allo porro e as esponxas vexetais. Algunha cabaza, que aproveitamos para o Samaín e pouco máis. As froiteiras prenderan e gozaban de boa saúde. Respecto das esponxas, puidemos ver todo o proceso: sementar, transplantar, crecer pola rede, florear e ver como ía medrando o froito. Deron moitas pero foron morrendo debido ao mal tempo que veu en outono. Con todo, logramos cinco. Agora haberá que branquealas.
  • 4. NOVO CURSO, NOVO PROXECTO Para este curso tiñamos novos obxectivos: • Observar a importancia do abono e fertilización no crecemento das plantas. • Facer actividades de medida, deseño e distribución dos tallóns co alumnado de 5º e 6º. • Rexistrar o sucedido en fichas de aula. • Distinguir entre horto (zona de froitas e verduras) e fraga (zona de arborado con froitos e para madeira). • Recoller a materia orgánica das árbores do patio, restos do comedor e das merendas, para facer compost. • Observar o crecemento das sementes e das plantas. Para iso deseñamos dúas grandes zonas: • O horto, onde poriamos as verduras, froitos, flores, aromáticas e froiteiras. • A fraga, na que plantariamos dous castiñeiros, un bidueiro, algún acivro... Para ir sumando ao arborado xa existente no patio.
  • 5. RENOVACIÓN DO HORTO Este ano queriamos darlle un cambio respecto do pasado. Mantemos a situación e as froiteiras plantadas pero imos organizar a plantación en dúas zonas, cada unha delas subdividida en 4 tallóns, cadanseu cun tipo de plantas similares. • Na zona A: construímos, coa axuda duns papás, 4 caixóns de madeira (de 1,30x2,50 m) que enchemos coa terra do horto, e follas e logo botamos cal, abono e algo de substrato. • Na zona B: hai tamén 4 tallóns feitos na terra pero sen engadir ningún fertilizante, agás a folla que recolleramos do patio. Trátase de ver como inflúe o uso de abono do solo no crecemento das plantas. Fíxose un seguimento quincenal, a partir de marzo, co inicio das primeiras plantacións, e foise rexistrando en fichas que se poden ver no caderno do horto. O traballo máis duro, organización do horto, medición, apertura de carreiros, feitura dos buratos para plantar as árbores, recollida masiva de folla ... correu a cargo das titorías de 5º e 6º; o resto das aulas, participaron sementando, plantando, regando, observando ... e reflexionando sobre o acontecido. Houbo dúas datas nas que todo o cole, en diferentes recunchos, estaba facendo algunha tarefa para o horto: en febreiro, coas primeiras sementes (uns no horto e outros en caixas de porespán) e a outra foi para celebrar a festa da Primavera “Árbores e Poesía”. Era unha festa ver a todo o alumnado implicado, interesado e con ganas de participar.
  • 6. Caderno do horto Barouta, 2014-2015 Información e seguimento
  • 7. As ferramentas 1. pá / laia 2. angazo (rastrillo) 3. sacho/eixada 4. legoña 5. vasoira 6. carreta 7. forcada 1 6 2 3 1 7 5 4
  • 8. RECOMENDABLE NON RECOMENDABLE • Restos de froita ou verdura • Pousos do café, te, infusións • Flores, restos de plantas • Restos de poda, serradura, cinsas • Restos da horta • Herba • Follas • Casca de ovo • Tonas das patacas, da froita • Palla, toxo • Maleza • Feces ou excrementos de animais • Restos inorgánicos, plásticos, vidro, briks • Restos de papel, cartón • Materiais contaminantes • Papeis brillantes ou con tinta • Comida cociñada Que podemos botar no composteiro? O noso composteiro
  • 10. meses Tallón 1 Tallón 2 Tallón 3 Tallón 4 sementeiros árbores febreiro cenorias cebolas chícharos allo porro acelga leituga berenxena tomate brócoli flores marzo froiteiras castiñeiros acivro bidueiro abril berenxena tomate cabazas espinacas leituga eiruga acelga porro xudías brócoli cártamo esponxas flores maio millo leituga CALENDARIO PREVISTO DE PLANTACIÓN
  • 11. meses Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4 febreiro 2ª quincena Plantamos cebolas e cenorias Plantamos chícharos marzo 1º quincena 2ª quincena Saíron as cebolas e están ben . A finais, aparecen as cenorias Naceron ben ao longo dos 3 regos Os chícharos seguen medrando. abril 1º quincena 2ª quincena Transplantamos unhas cabazas. Transplante de cabaciño. Puxemos uns tomates protexidos con botellas de plástico. Todo vai medrando. Puxemos uns pés de leituga e de eiruga. Transplante da acelga que tiñamos en maceta. Están medrando ben. As cenorias van a modo. As cebolas medran. Vai asomando a cenoria. O cebolo engorda e a cenoria vese mellor. Puxemos unha rede para soster os chícharos. Plantamos brócoli para ver como se vai adaptando Plantamos as xudías e os tirabeques. Saíron as xudías e os tirabeques. maio 1º quincena 2ª quincena Botaremos o millo e as fabas. Transplantaremos a berenxena. Seguiremos observando o crecemento. Transplante de allo porro. Agardamos que nazan as xudías e os tirabeques e que floreen os chícharos para poder probalos antes de fin de curso. xuño Zona AFicha de seguimento
  • 12. meses Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4 febreiro 2ª quincena Plantamos cebolas e cenorias Plantamos chícharos marzo 1ª quincena 2ª quincena Saíron algunhas e vense máis febles. Parece que asoma algunha cenoria. Saíron bastantes chícharos pero menos que na zona A. Medran pero non naceron todos. abril 1ª quincena 2ª quincena Transplante de cabazas. Transplante de cabaciño. Puxemos uns tomates protexidos con botellas de plástico. Medran menos. Puxemos uns pés de leituga e eiruga. Transplante de acelga, que tiñamos en maceta. Algunhas morreron e houbo que repoñer. As cebolas ben pero as cenorias non medran. Vai asomando algunha cenoria. O crecemento é lento. Puxemos uns pés de brócoli. Plantamos as xudías e os tirabeques. Os chícharos medran e xa teñen a súa rede tamén. O brócoli mantense. As xudías naceron moi poucas pero os tirabeques si. maio 1ª quincena 2ª quincena Botaremos o millo e as fabas. Transplantaremos a berenxena. Seguiremos observando o crecemento. Transplante de allo porro. Agardamos que nazan as xudías e os tirabeques e que floreen os chícharos. xuño Zona BFicha de seguimento
  • 13.
  • 14. 2014-2015 Volvemos ao horto! No outono, xuntamos un montón de folla para darlle un aporte importante de materia orgánica e que podrecese antes de fresar co tractor.
  • 15. Recollida de folla no patio Grandes e pequenos, no recreo ou noutros momentos do horario...
  • 16. A través da ANPA, conseguimos que viñese un veciño co seu tractor para fresar o terreo. Que ben quedou! Grazas!
  • 17. Logo, houbo que deseñar os tallóns e distribuír o espazo. O alumnado de 5º e 6º mediu o terreo e debuxou a forma do que será o novo horto.
  • 18. Preparando o camiño central para acceder ao horto sen pisar no sementado.
  • 19. Medir, marcar, apartar a terra para os tallóns... Colaborar e aprender xuntos! Cada tallón terá 1,20 m de largo e 3 m de longo, aproximadamente.
  • 20. Así quedou distribuído o horto: a zona A, na que botamos folla, abono e substrato; zona B, que só leva a folla pero nada de abono nin substrato. Observaremos o que pasa!
  • 21. Plantando unha sebe para marcar o límite do horto e que faga bonito, mentres non poñemos a valla ou rede máis visible.
  • 22.
  • 23. Plantación e sementeiros O 19 de febreiro, aproveitando o bo tempo e a lúa axeitada, saímos todo o colexio ao patio para iniciar a plantación. O alumnado de 5º e 6º, estivo no horto, botando chícharos, cebolas e cenorias. Estas sementes van directamente na terra pois resisten ben a climatoloxía de agora en diante. O resto das aulas, fixeron sementeiros de flores e produtos de horta. Estes quedarán resgardados da xeada e do mal tempo para asegurar un crecemento rápido. Logo levarémolos ao horto.
  • 24. Desfacer o substrato, botalo nos tallóns; logo encalar de botar o abono. Deixar todo listo para logo plantar.
  • 25. Agora xa se poden botar as cebolas, os chícharos e as cenorias e plantar algún arbusto nun dos laterais.
  • 26. Cada aula tiña unha caixa con terra e as súas sementes (flores , leituga, tomate, eiruga, berenxena ...). Houbo que collelas, enterralas, regar con xeitiño e logo deixalas na terraza protexidas do frío e orientados ao sol.
  • 27. E. I. prepara sementeira de flores Ranúnculos e zinnias
  • 28.
  • 29. A leituga do sementeiro, nacendo Transplante de brócoli Xa hai varias plantas para levar ao horto. Á dereita, separar de unha en unha. Distintos procesos
  • 30. Festa da primavera Barouta, 27 de marzo de 2015
  • 31. Cada ano, polo 21 de marzo, celebramos a Festa da Primavera plantando árbores e recitando poemas. Esta vez, como caeu en sábado, decidimos adialo para o 27 de marzo. Fixémolo cadrar coa despedida de trimestre. Antes do recreo, aproveitamos para ir ao horto a plantar. Cada curso tiña asinada unha árbore e tamén algunha planta aromática ou de flor. Puxemos froiteiras (figueira, ameixeira, cerdeira, mandarineiro), árbores ornamentais (marmelo de flor, acivro) e de froitos (castiñeiro, bidueiro, oliveira), menta, tomiño, romeu, xarxa, malva... Despois do recreo, xuntámonos todas as aulas, no 1º andar, a carón da Biblioteca, para recitar poemas. Houbo versos en galego (de Rosalía, Curros, García Tiejeiro...) , en castelán (de Alberti) e ata en inglés. Para rematar, unha canción “As árbores da fraga” e a proba dos froitos do horto, aínda que de momento só poden ser de goma, claro! Fixemos unha exposición con todos os traballos e máis cos libros de poesía e resultou un acto bonito.
  • 32. Acivro, cerdeira e marmelo de flor Observar, plantar e logo deixar todo recollido. Aulas de 5º e 6º
  • 33. É igual un mandarineiro ca un castiñeiro ou unha nogueira? Observando as miñocas que tiña a nogueira no terrón.
  • 34. As aulas de 1º reflexionando: Son froiteiras, son de madeira, que son?
  • 35. As aulas de Infantil, encheron de flores as macetas do seu parque de xogo. Que bonito se ve agora!
  • 36. Na zona das aromáticas temos 5 grupos que ocupan toda a fronte do horto. Puxemos: lavanda, malva de olor, mentas, tomiño, ceboliño, perexil, romeu, ruda, ourego, macela. Tamén está deste lado a zona dos amorodos.
  • 38. Traballos de aula Reflexións sobre o traballo realizado ao redor do horto e da natureza, busca de información, debuxo, lectura, reciclaxe de briks para facer macetas para agasallar ás familias con plantas ... Cadrar o traballo do horto co currículo.
  • 39.
  • 42.
  • 43. Nestes días, a figueira, abriu todas estas follas.
  • 44.
  • 45.
  • 46. Cando soubemos que iamos plantar un BIDUEIRO e un CASTIÑEIRO puxémonos mans á obra e primeiro atendemos na pantalla ás explicacións das mestras. Alumnado de infantil
  • 47. TRABALLO DE AULA EN INFANTIL
  • 48. As 4 aulas de Infantil
  • 49. UN ANO MÁIS EXPERIMENTANDO NO HORTO Sachamos, fixemos regos, sementamos, transplantamos, abonamos, regamos, reflexionamos, observamos e sacamos conclusións, quitamos herbas, plantamos árbores e aromáticas... isto é parte da nosa colaboración no horto escolar. Fomos ao horto en grupo, con outros cursos e, mesmo, de xeito individual. Vimos como xurdían as primeiras folliñas e como ían medrando os chícharos, as cenorias... Aprendemos a diferenciar a pereira da maceira mirando as súas follas. Este ano vimos as flores da pereira e agardamos probar algunha pera. Ter un horto no cole proporciona un descanso do traballo intelectual sen deixar de aprender. É máis lúdico e permite estar fóra, en contacto coa natureza, gozar xuntos e aporta experiencia no traballo. Por todo isto, gustaríanos seguir co proxecto do horto no futuro. Aula de quinto
  • 51. Macetas para agasallar ás familias con plantas do horto. Reciclando Cal escollerei?
  • 52.
  • 53. Xa temos a valla!
  • 54. As froiteiras, adáptanse no noso horto.
  • 55. Valoración do proxecto O horto na escola permite que nenos de todas as idades, e adultos, poidan participar xuntos divertíndose e aprendendo. Ana Algunhas opinións do alumnado.
  • 56. A modo de conclusións: A experiencia no horto foi estupenda, a pesar de que as condicións non son moi axeitadas. Partimos dun terreo areento, que leva máis de 20 anos sen traballar. A pesar de termos plantado xa o curso pasado e de botar folla, abono e algo de substrato e compost, as plantas van de vagariño. • Este curso démoslle unha renovación e foi valorado moi positivamente por toda a Comunidade Educativa. Aprendemos da experiencia pasada. • Si que puidemos comprobar que as plantas medran mellor se hai abono. De momento aínda están pequenas pero xa se nota a diferenza. • O alumnado vai con frecuencia polo horto (a veces en grupo e outras, de xeito individual), pregunta, colabora, fala del na casa... Amosa interese por esta actividade. • As familias tamén se interesan: miran a evolución dos sementeiros, algunhas colaboran aportando plantas, outras levan das que nós temos e axudan a manter a ilusión. • O profesorado participa, sobre todo, desenvolvendo as actividades propostas na súa titoría. • Combinar o traballo no horto co curricular, resulta moi interesante xa que se pon en práctica moito do estudado. • Estas actividades favorecen a relación entre cursos de idades diferentes, a cooperación, a axuda, a motivación. Por todo isto, facemos unha valoración positiva e, de feito, solicitamos un ano máis, un novo proxecto.
  • 57. Queremos deixar aquí o noso agradecemento a toda a Comunidade Educativa: • Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que colaborou moito e sen o que non se podería levar a cabo o proxecto. • ANPA San Mauro, que nos facilitou contactos para levar a cabo algunhas tarefas máis complicadas. • Ás familias, que aportaron entusiasmo, compartiron plantas, levaron das que nós tiñamos e preocupábanse por seguir o que ía acontecendo. • A Luisa, da que tanto temos aprendido a través do seu blogue, http://www.hortagalega.eu/ Grazas! Ceip Barouta – Ames, 29 de abril de 2015