SlideShare a Scribd company logo
1 of 68
Download to read offline
DESCUBRINDO A
PREHISTORIA POLA CONTORNA
“As construcións tradicionais e a toponimia do lugar” (II parte)
ceip Barouta, 2017-2018
DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA
“As construcións tradicionais e a toponimia do lugar” (II parte)
Proxecto levado a cabo no ceip de Barouta, no presente curso académico, 2017-18. Nel
participou todo o Centro e contamos, coma en anos anteriores, co asesoramento da técnica
de medio ambiente do Concello, Patricia Reboreda.
Este ano queriamos continuar co obxectivo de coñecer a contorna, a súa riqueza en restos
prehistóricos e construcións tradicionais de grande valor. Todas estas saídas veñen tendo
moita aceptación entre alumnado e profesorado. Nelas imos descubrindo a nosa historia e
aprendendo a valorala para, despois, aprender a coidala.
Fixemos moitas actividades pero tamén quedaron outras sen rematar. A estas alturas aínda
está pendente algunha das saídas que tiñamos programadas pero que tivemos que adiar
debido ao mal tempo.
Unha novidade deste ano foi que abrimos un web-
blog: http://blogs.voznatura.es/embaroutate/
onde intentamos dar a coñecer todas as actividades
que dende o CEIP de Barouta estamos a
desenvolver e que están relacionadas coa natureza
e co patrimonio da nosa contorna. Tamén nesta
páxina web facemos referencia aos proxectos do
colexio cuxa temática sexa o medio ambiente.
Equipa da contorna
PROPOSTA DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER DENTRO DO PROXECTO DE VOZ
NATURA AO LONGO DO CURSO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES
ETAPA ACTIVIDADE DATA QUE VER
5º e 6º de
E.P.
“Rego dos Pasos”
Andaina desde Pousada a Bertamiráns
.......................
“Dolmen de Dombate e Ecomuseo Forno do Forte”
marzo
abril
Capela, fontes, muíños, vexetación autóctona,
aldea singular, petróglifos ..................
Dolmen, centro de interpretación de
Dombate, Ecomunseo da olaría en Buño,
obradoiro de barro
4º de E.P.
“Rego dos Pasos”
Andaina desde Pousada a Bertamiráns
............................
“Campo Lameiro”
Visita guiada ao Centro de Interpretación
............................
“Castro de Baroña”
marzo
abril
xuño
Capela, fontes, muíños, vexetación autóctona,
aldea singular, petróglifos ..................
Os petróglifos: formas, texturas, obradoiro de
reprodución
...................
O propio Castro: as vivendas, muralla,
orientación ...
2º e 3º
E.P.
“Rego Andoriña”
Ruta circular desde a capela da Magdalena, en Tapia,
Rúa, San Mamede e regreso á praia fluvial de Tapia
abril
maio
Capela, fonte, castro de Piñeiro, muíños,
hórreos, cruceiros, pombais, vexetación de
ribeira...
1º de E.P.
“Petróglifo de Castelo e obradoiro de gravado”
Pequena andaina ao petróglifo e actividade na aula de
natureza da Ameixenda.
abril
A rocha gravada, a vexetación que a rodea
(piñeiros e eucaliptos sobre todo) as aldeas e,
finalmente, o obradoiro sobre Prehistoria
E. Infantil
“Rego dos Pasos”
Un percorrido máis curto, desde Pousada a
Bertamiráns.
xuño Muíños, bosque de ribeira, fontes, hórreos...
Proposta ao profesorado:
Temos un montón de sementes para plantar: landras, noces, abelás... Todas foron
recollidas este outono en parques de Santiago e no patio do colexio.
A idea é que a rapazada tome consciencia e valore o medio no que vive. Pero
ademais, é unha boa ocasión para aprender a distinguir cada unha das sementes, ver
como xermolan, saber algo destas árbores ...
Cada curso pode plantar as súas e logo poñerémolas nun lateral do colexio,
abrigadas do norte, para que sigan o seu proceso natural.
Cando agromen, será o momento de transplantalas e logo levalas ao viveiro
municipal para que medren ben antes de buscarlles sitio no monte.
Algunha poderémola plantar no noso patio!
Equipa da Contorna
DA SEMENTE Á FRAGA
Despois dun ano de seca e tantos incendios no verán, pensamos que podiamos aportar
o noso gran de area para conservar e acrecentar os nosos bosques autóctonos e así
colaborar no coidado e mellora do noso medio.
En novembro, plantamos
landras, noces, abelás... E
ata ginkgo biloba!
Agora deixámolas no corredor leste do colexio, protexidas da friaxe e da invernía.
Agardamos que nolo agradezan e dean boas plantas.
No mes de abril, aquelas sementes que
soterramos no outono están agromando.
As sobreiras naceron case todas pero
tamén temos unha nogueira e carballos.
Agora teremos que transplantalas cada
unha á súa maceta e despois levarémolas
ao viveiro municipal que está a carón do
colexio para que sigan o seu crecemento,
durante un ou dous anos antes de levalas
ao monte.
Algunha quedará no patio do colexio!
Esta sobreira é
moito máis grande
que as outras
porque foi criada
dentro do colexio.
Unha nogueira
Chegou a hora de separar as sobreiras e poñelas en
macetas de unha en unha. Hoxe foi un grupo de 4º.
O grupo de 5º A, foi o encargado de plantar no
patio dúas sobreiras das que sementaron en
outono. Esperemos que lles guste o sitio e se
adapten ben.
PERO…. DE ONDE SAIU ESTA ÁRBORE?
As nenas e nenos de Educación Infantil gozamos da chegada do
outono no colexio. Por fin se puxo a chover! chegou o vento, o
tempo fresquiño e as nosas árbores amigas do patio deixaron
caer as súas follas e tamén as sementes: landras, castañas …
Sementes? que son? que ocorre con elas?
Despois de observalas, miralas ben miradiñas e ver o diferentes
que son, preguntámonos: De que árbore caeron? Eliximos as
landras, por feitiñas, suaves e xeitosas.
Pensamos que nos gustaría saber como pode ser que unha
semente se converta nunha árbore. Que ten que pasar?
Decidimos, entón, recoller algunhas para poñelas en terra, a ver
se medraban, pero … ademais da terra que necesitarán para
converterse en árbores?
Terra, macetas, auga e unha cantarea … Sementes plantadas no
espazo de natureza!
Agora toca regar e agardar. Como choveu e choveu tivemos que
regar pouco e … naceron unhas plantiñas pequenas (ademais de
moita herba). Non ocorreu en todas as macetas pero fixérono
nunhas pouquiñas que transplantamos a outras macetas máis
grandes: máis terra, máis espazo para seguir medrando!
Agardamos expectantes a ver o que medran. Queremos que
formen parte da nosa fraga! Poderemos velas convertidas en
carballos grandes? Educación infantil ( outono-abril)
Primeiro houbo que
buscar as mellores
landras e tamén a
mellor terra.
Plantámolas e
deixámolas no
curruncho de
natureza, ao soliño
e protexidas do
nordés.
Facer un oco, sacar o carballiño con moito xeito, metelo nunha maceta máis grande, tapar con boa terra
e regar. Así fixemos cos seis carballos que nos naceron. Para o ano igual os levamos á fraga!
En setembro do 2.017,
sensibles co tema dos
incendios forestais en Galicia,
as alumnas e os alumnos de
5°B pensamos en pór o noso
gran de area para repoboar o
monte da nosa contorna.
Primeiro buscamos landras e
castañas; escollemos as
mellores para plantalas en
pequenas macetas para
xerminar. Puxémolas fóra, ao
abrigo do colexio e cada
pouco iámolas regar. Logo
veu o inverno e non fixo falla!
Implicados na repoboación do monte con
carballos e castiñeiros.
Pasou o tempo e agora, no mes de abril,
traspasámolas a macetas máis grandes con
terra da horta mesturada con terra
fertilizante.
Logo, regámolas e deixámolas nun lugar
do colexio no que teñen algo de abrigo.
Se agora xa saíron adiante, esperamos que
no futuro sigan medrando para traspasalas
aos nosos montes.
Nenas/os de 5°B
Collendo terra no
horto para pór no
fondo.
PLANTAMOS E COMEMOS
O traballo no horto, este ano foi máis dificultoso, debido ao mal tempo. Con
todo, fomos aproveitando os días máis solleiros para levar a cabo as tarefas que
tiñamos pensadas.
A finais do outono preparamos o novo espazo para plantar; veu un veciño co
seu tractor para pasarlle o fresador e deixóunola moi ben. Fixemos un cambio
para deixar en repouso o anaco que cultivamos os anos anteriores e darlle
tempo a que se recupere. Agora botamos alí restos orgánicos e follas para que
se vaian descompoñendo pouco a pouco.
As primeiras plantacións viñeron no mes de febreiro: allos, chícharos e cebolas.
A pesar do mal tempo, naceron e foron medrando moi ben. Fixémoslle un
abriguiño aos chícharos e houbo que rodear os tallóns con regos para que
correse a auga e non apozara.
Ao longo do ano, foron pasando polo horto, todos os cursos a facer diferentes
tarefas; algúns ían ata no tempo libre de recreo a botar unha man cando estaba
por alí algún adulto traballando.
Sempre puidemos probar os froitos antes de acabar o curso. Esperemos que
este ano tamén o logremos!
Remata xaneiro e xa vai chegando a hora de volver ao horto. Preparamos as sementes
primeiras: allos, cebolas, chícharos. Houbo que facer os regos, botar cal e abono. Pero
agora xa está lista.
Este ano cambiamos a zona de plantación para deixar descansar a terra ocupada nos
anos anteriores.
Hoxe foi un recreo diferente. Un grupo voluntario
recollendo follas da bancada para levar ao horto.
Non importa a idade, nin o xénero. Só a colaboración,
o traballo conxunto, a alegría de compartir.
O alumnado de 2º e 4º plantan allos, cebolas e chícharos.
Alumnado voluntario plantando no horto no seu tempo libre.
Así quedou o abrigo para os chícharos.
A que mola?
21 de marzo: árbores e poesía
Xa chegaron as árbores que imos
plantar no noso horto. Este ano
mercamos:
• 2 érbedos
• 1 amendoeira
• 1 pereira
• 1 claudieira
• 1 abeleira
• 1 pexegueiro
• 1 marmeleiro
• 1 ameixeira verde
• 1 ameixeira vermella
• 1 maceira
Ademais temos castiñeiros, acivros,
1 pradairo e 1 sobreira para engadir
na fraga.
Para plantar unha árbore debes sigue estes pasos:
1. Cavar un burato. Debe ter polo menos o dobre do ancho da
cepa. E convén facelo uns días antes da plantación para que a
terra se osixene.
2. Sacar a planta da maceta. Hai que facelo con coidado para que
as raíces non rompan e sacudir lixeiramente para afrouxar la
cepa.
3. Colocar a árbore no novo lugar. Suxeitala pola cepa, nunca
polo tronco e espelir as raíces. Asegurarse de que queda
dereita e á altura da terra que a rodea, non afundida.
Pódeselle pór un pau guía.
4. Encher o oco coa terra que quitamos e gramar arredor. Logo
regar.
5. Coidar da árbore. Observar se precisa rego e protexela de
golpes. Tamén lle podemos pór un letreiro co seu nome.
Érbedo/albedro (Arbutus
unedo)
O érbedo é un arbusto da familia
das ericáceas, que produce uns
froitos esféricos brandos entre
vermellos e laranxas. Dáse nos vales
interiores dos grandes ríos.
Uso, ornamental. Froitos
comestibles en marmelada e
licores.
Abeleira(Corylus avellana)
É un arbusto caducifolio das
betuláceas de pólas abundantes e
madeira dura, cuxo froito é a abelá.
Especie común dos bosques
galegos. Cultivada polos froitos.
Antigamente, as varas usábanse na
construción, na cestaría...
Amendoeira (Prunus dulcis)
É unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa. A
amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura. As follas
son simples. A flor é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de
drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é
de boa calidade, emprégase en ebanistaría. É típica de climas cálidos,
tolera mal o frío.
Novas árbores no horto!
..
Marmeleiro (Cydonia vulgaris)
É unha árbore da familia rosáceas, de 4 a 5 m de alto,
toro en ramas, follas enteiras, flores solitarias e froito
en pomo, aromático e de carne áspera. É orixinaria
de Asia e dá como froito o marmelo.
Ameixeira (prunus domestica)
É unha froita de pela lisa e polpa consistente
apegada á carabuña, que contén zume doce.
Pódese comer en crúa, pero tamén serve para
preparar marmeladas ou zumes.
Moi abundante en Galicia.
Pexegueiro (Prunus persica)
É unha árbore nativa da China, onde se cultivou por vez
primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego.
Pertence ao xénero Prunus que inclúea cerdeira ou a ameixeira,
da familia das rosáceas. O pexegueiro clasifícase xunto
á amendoeira no subxénero Amygdalus, que se distingue dos
outros por ter a carabuña (onde fican as sementes) brugosa.
Árbores e poesía
“Só despois de que a derradeira árbore sexa cortada,
só despois de que o último río sexa envelenado,
só despois de que o último peixe fose atrapado...
Só entón nos decataremos de que non podemos comer
o diñeiro.”
Indios Cree
Grupo nativo do Canadá
Froiteiras para o horto.
Érbedos, castiñeiros... e poemas para a fraga.
A ANPA tamén participou na plantación.
Un anaco do horto, cos chícharos e algunhas
froiteiras.
Facendo sementeira
O grupo de 1º é o encargado de facer a sementeira de cabaciño.
Cada quen puxo a súa semente. Agora toca agardar uns días...
Parecen
pipas!!!
Os allos e as cebolas medran rodeados de auga. Menos mal
que lle fixemos regos de saída, que senón afogarían.
A primavera vaise notando no horto
e nas froiteiras.
Un grupo de infantil fixo un
percorrido polo horto buscando
onde plantar os amorodos.
Pero onde
están os
amorodos???
Aquí están! Pois aquí imos pór os
nosos tamén e despois
comerémolos.
Primeiro buscamos o
lugar para furar, logo
plantamos e regamos.
Ao acabar, seguimos o
percorrido para ver os
froitos que van
aparecendo.
De momento temos:
cereixas, érbedos e figos.
Educación Infantil
Coa chegada do bo tempo, o curso de terceiro, fixo un alto nas súas tarefas
cotiás para achegarse ao horto e plantar uns regos de cenorias e tomates.
3º de Primaria
COÑECENDO A CONTORNA
Este curso organizamos varias rutas a pé pola zona tendo en conta a idade
da rapazada e os obxectivos do programa. Para estas saídas contamos co
asesoramento da técnica de medio ambiente do Concello.
• Regos dos Pasos, para o alumnado de 4º, 5º e 6º
• Rego Andoriña, para os grupos de 2º e 3º
• Petróglifos de Castelo, para a aula de 1º
• Rego dos Pasos (un pouco máis curta), para o alumnado de E. I.
De cada saída, elaboramos unha pequena guía para que tanto o alumnado
coma o profesorado soubese o que ían ver.
Ao remate, cada aula elaborou o seu traballo; algúns deles podémolos ver
nesta memoria e outros quedaron plasmados en murais nas aulas,
debuxos, conversas...
Ruta de Pousada a Bertamiráns
O carballo da Fonte, preto
do rego de Pousada.
Árbore senlleira, en
proceso de catalogación.
Detalles do seu tronco.
5º de Primaria
As nenas e nenos de 6º, coma se de Marco Polo se tratase, fixemos o noso caderno
de viaxe. Falamos da ruta do “Rego dos Pasos” e das súas marabillas.
6º de Primaria
https://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre
petróglifo > petros (pedra) + glyphein (tratar)
Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha.
O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados realizados en pedra en
tempos prehistóricos.
Petroglifo do Vilar (os Batáns, Ames)
Foi localizado durante a campaña de
seguimento das obras da autovía
Santiago-Noia en 2006.
Trátase dunha estación formada case
exclusivamente por cazoletas e
outras concavidades chama a
atención a súa relativa extensión, xa
que os gravados aparecen en catro
rochas diferentes, probablemente
cinco orixinalmente, algunha delas
foi mutilada durante as obras.
Resulta interesante a súa ubicación
na zona baixa do corazón do val da
Amaía, en un dos poucos outeiros
rochosos, nunha zona de substrato
basicamente sedimentario.
• Ruta petróglifo de Castelo + obradoiro na aula de natureza da Ameixenda
O grupo de 1º ten unha saída a Castelo para ver os seus petróglifos e logo farán un obradoiro de
gravado na Ameixenda. Toda a actividade está programada e guiada pola técnica de medio ambiente
do Concello, Patricia Reboreda.
23 de marzo: aula de 1º
O pasado mércores día 18 de abril, o grupo de 1º tivemos a saída incluída no proxecto de Voz
Natura a Castelo e á aula de natureza da Ameixenda.
Ás 10 da mañá saímos do colexio acompañad@s pola nosa titora Tania, o profe Camilo e
Patricia, a técnica de medio ambiente do Concello, quen se encargou de guiarnos ao longo de
toda a visita.
A primeira parada fixémola en Castelo e fomos de ruta polo monte en busca de petróglifos, os
cales atopamos con facilidade posto que tiñamos ao Sol na posición idónea para poder
diferencialos nas rochas sen moita dificultade. Encantounos poder ir monte arriba, explorar e
trasladarnos a tantos anos atrás imaxinando como farían os gravados e que quererían
transmitir. Todo isto sen esquecer as fermosas vistas que nos ofrecía o lugar.
A seguinte parada foi na aula de natureza da Ameixenda onde, ademais de merendar e xogar,
aprendemos algunhas características dos monos e gorilas e comparámolas coas dos seres
humanos a través de diversos xogos. Foi moi divertido vernos a tod@s en acción!
Xa para rematar, Patricia repartiu uns anaquiños de papel onde gravamos os nosos propios
petróglifos e, finalmente, puidemos levalos para a casa como recordo desta experiencia tan
bonita e enriquecedora.
Ruta petróglifo de Castelo +
Obradoiro na aula de natureza
da Ameixenda
Primeiro houbo que esquivar os toxos pero logo...
Que pracer tocar na laxa que gravaron os nosos antepasados!
Xogando e aprendendo.
Aula de 1º de E.P.
• Ruta Rego Andoriña (O alumnado de 2º e 3º farán esta ruta guiada por Patricia)
Comézase na capela da Magdalena en Tapia para ver a Fontesanta, logo séguese o sendeiro polo monte ata o
rego Andoriña. Un paseo para descubrir o bosque, os usos da auga, muíños (uns derruídos e outros en bo estado),
un antigo castro...; logo veremos os hórreos de Rúa e o do priorado de San Mamede regresando pola devesa de
Sequeiros, un bosque de loureiros cun arrecendo espectacular.
27 de abril: aula de 3º 4 de maio: as dúas aulas de 2º
A rapazada de 3º de EP fíxemos o roteiro do
Rego Andoriña onde tivemos a ocasión de
ver un bosque atlántico bañado polas augas
do río Tambre. Foi un fermoso percorrido.
As construcións populares que máis
chamaron a nosa atención foi o Muíño de
Insua e a Ermida da Nosa Señora da
Madalena.
Andaina polo rego Andoriña
DESCUBRINDO OUTROS LUGARES
Descubrir lugares é un obxectivo
que vimos mantendo ao longo
destes anos.
Sempre tentamos buscar
aqueles lugares que sexan
referente respecto do tema que
estamos a desenvolver. Este ano
escollemos, para 5º e 6º,
Dombate e Forno do Forte polo
tema da Prehistoria e tamén dos
oficios antigos.
E para os grupos de 4º, Campo
Lameiro e os Castros de Baroña.
Sempre resultan interesantes
estas saídas.
Campo Lameiro
Forno do Forte
Dombate
Castros de Baroña
Un descanso merecido para reparar forzas. Unha vista do poboado prehistórico.
O alumnado de 5º e 6º, con esta visita, tivo a oportunidade de aprender algo máis sobre a
Prehistoria e as construcións megalíticas.
Vista da entrada ao dolmen
custodiada por ídolos de pedra.
Este dolmen, situado en
Cabana de Bergantiños, é un
monumento megalítico
construído na 1º metade do
IV milenio a. C. É un dos
conxuntos máis importantes
de Galicia.
No interior da cámara hai
pinturas. Hoxe só se poden ver
nunha réplica que fixeron fóra.
Visita ao Dolmen de Dombate
http://www.concellomalpica.com/fornodoforte/ga/xml/index.php
O Ecomuseo nace como resultado da necesidade de
expoñer ao público a tecnoloxía e o xeito de vida
tradicional dos “oleiros” (alfareiros) de Buño. Está
formado polas antigas casas/obradoiro, forno,
“cabanote” (alpendre) e “cabazo” (hórreo) de varias
familias alfareiras. O conxunto foi rehabilitado
recentemente pola Deputación da Coruña, actual
propietaria, que coidou cada detalle co fin de ofrecer
ao visitante a posibilidade de retroceder no tempo e
poder coñecer, non só como era a vivenda dun
oleiro, senón tamén o seu oficio e o xeito de vida
dunha familia da década de 1950.
ECOMUSEO FORNO DO FORTE
As aulas de 5º e 6º, visitan o
Ecomuseo do Forno do Forte.
Todo resultou interesante pero
o mellor foi xogar co barro e
construír algo bonito.
CONCLUÍNDO
Este proxecto, que agora remata, resultou de grande interese. Confiamos
en que este espírito de buscar e aprender fóra das aulas se manteña vivo e
tamén esperamos que para o vindeiro curso poidamos seguir contando
coa subvención de Voz Natura e o respaldo do Concello.
Que destacariamos deste curso?
• A saída do Rego dos Pasos, sobre todo, a aldea de Pousada que está tan
preto e agocha moitos tesouros.
• Ter a oportunidade de sentirnos artistas practicando e conectando con
aqueloutros artistas prehistóricos.
• Aprender un pouco máis das especies invasoras que temos preto
(acacias, eucaliptos) pero saber que tamén temos bosque de ribeira
que debemos preservar.
• Interese pola repoboación con especies que axuden a rexenerar os
nosos montes.
Por todo isto, facemos unha valoración positiva do traballo levado a cabo
neste curso e que queremos continuar en anos vindeiros.
<<Moita xente pequena, en moitos
lugares pequenos, cultivarán hortos...
Que alimentarán ao mundo>>
Proverbio africano
• Ao programa Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto e amosou interese no
desenvolvemento do mesmo.
• Ao Concello de Ames e á súa técnica medioambiental, Patricia Reboreda, polo seu
asesoramento e colaboración tanto nas visitas guiadas coma na organización de
obradoiros.
• Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que participou e colaborou no
desenvolvemento do proxecto.
• Á ANPA San Mauro, que se involucrou na plantación de árbores.
• Ás familias, que aportaron entusiasmo e interese.
Grazas!
Ceip Barouta – Ames, 25 de abril de 2018
Os nosos agradecementos :

More Related Content

Similar to Memoria 2017

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13ceipcoiron
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexasmagarea
 
Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017Marta Pérez Lage
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
Manuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaManuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaMonContos
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Plantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcadePlantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcadeaurorarra
 
Plantación primaria2013 arcade
Plantación  primaria2013 arcadePlantación  primaria2013 arcade
Plantación primaria2013 arcadeaurorarra
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
Os nosos maios. 1º ed. Primaria
Os nosos maios. 1º ed. PrimariaOs nosos maios. 1º ed. Primaria
Os nosos maios. 1º ed. PrimariaAna Moreiras R
 

Similar to Memoria 2017 (20)

Congresoclima
CongresoclimaCongresoclima
Congresoclima
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexas
 
Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017Dia da arbore e da auga 2017
Dia da arbore e da auga 2017
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Manuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaManuel María, etnografía
Manuel María, etnografía
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Plantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcadePlantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcade
 
Plantación primaria2013 arcade
Plantación  primaria2013 arcadePlantación  primaria2013 arcade
Plantación primaria2013 arcade
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Os nosos maios. 1º ed. Primaria
Os nosos maios. 1º ed. PrimariaOs nosos maios. 1º ed. Primaria
Os nosos maios. 1º ed. Primaria
 
RIAMONTE
RIAMONTERIAMONTE
RIAMONTE
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 

More from 2TERE

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"2TERE
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz2TERE
 
Fotos Buño-Dombate
Fotos Buño-DombateFotos Buño-Dombate
Fotos Buño-Dombate2TERE
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer2TERE
 
Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte2TERE
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos2TERE
 
Excursión polo barbanza
Excursión polo barbanzaExcursión polo barbanza
Excursión polo barbanza2TERE
 
Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015Festa da primavera 2015
Festa da primavera 20152TERE
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal2TERE
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu2TERE
 

More from 2TERE (11)

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 
Fotos Buño-Dombate
Fotos Buño-DombateFotos Buño-Dombate
Fotos Buño-Dombate
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos
 
Excursión polo barbanza
Excursión polo barbanzaExcursión polo barbanza
Excursión polo barbanza
 
Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 

Memoria 2017

  • 1. DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA “As construcións tradicionais e a toponimia do lugar” (II parte) ceip Barouta, 2017-2018
  • 2. DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA “As construcións tradicionais e a toponimia do lugar” (II parte) Proxecto levado a cabo no ceip de Barouta, no presente curso académico, 2017-18. Nel participou todo o Centro e contamos, coma en anos anteriores, co asesoramento da técnica de medio ambiente do Concello, Patricia Reboreda. Este ano queriamos continuar co obxectivo de coñecer a contorna, a súa riqueza en restos prehistóricos e construcións tradicionais de grande valor. Todas estas saídas veñen tendo moita aceptación entre alumnado e profesorado. Nelas imos descubrindo a nosa historia e aprendendo a valorala para, despois, aprender a coidala. Fixemos moitas actividades pero tamén quedaron outras sen rematar. A estas alturas aínda está pendente algunha das saídas que tiñamos programadas pero que tivemos que adiar debido ao mal tempo. Unha novidade deste ano foi que abrimos un web- blog: http://blogs.voznatura.es/embaroutate/ onde intentamos dar a coñecer todas as actividades que dende o CEIP de Barouta estamos a desenvolver e que están relacionadas coa natureza e co patrimonio da nosa contorna. Tamén nesta páxina web facemos referencia aos proxectos do colexio cuxa temática sexa o medio ambiente. Equipa da contorna
  • 3. PROPOSTA DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER DENTRO DO PROXECTO DE VOZ NATURA AO LONGO DO CURSO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES ETAPA ACTIVIDADE DATA QUE VER 5º e 6º de E.P. “Rego dos Pasos” Andaina desde Pousada a Bertamiráns ....................... “Dolmen de Dombate e Ecomuseo Forno do Forte” marzo abril Capela, fontes, muíños, vexetación autóctona, aldea singular, petróglifos .................. Dolmen, centro de interpretación de Dombate, Ecomunseo da olaría en Buño, obradoiro de barro 4º de E.P. “Rego dos Pasos” Andaina desde Pousada a Bertamiráns ............................ “Campo Lameiro” Visita guiada ao Centro de Interpretación ............................ “Castro de Baroña” marzo abril xuño Capela, fontes, muíños, vexetación autóctona, aldea singular, petróglifos .................. Os petróglifos: formas, texturas, obradoiro de reprodución ................... O propio Castro: as vivendas, muralla, orientación ... 2º e 3º E.P. “Rego Andoriña” Ruta circular desde a capela da Magdalena, en Tapia, Rúa, San Mamede e regreso á praia fluvial de Tapia abril maio Capela, fonte, castro de Piñeiro, muíños, hórreos, cruceiros, pombais, vexetación de ribeira... 1º de E.P. “Petróglifo de Castelo e obradoiro de gravado” Pequena andaina ao petróglifo e actividade na aula de natureza da Ameixenda. abril A rocha gravada, a vexetación que a rodea (piñeiros e eucaliptos sobre todo) as aldeas e, finalmente, o obradoiro sobre Prehistoria E. Infantil “Rego dos Pasos” Un percorrido máis curto, desde Pousada a Bertamiráns. xuño Muíños, bosque de ribeira, fontes, hórreos...
  • 4. Proposta ao profesorado: Temos un montón de sementes para plantar: landras, noces, abelás... Todas foron recollidas este outono en parques de Santiago e no patio do colexio. A idea é que a rapazada tome consciencia e valore o medio no que vive. Pero ademais, é unha boa ocasión para aprender a distinguir cada unha das sementes, ver como xermolan, saber algo destas árbores ... Cada curso pode plantar as súas e logo poñerémolas nun lateral do colexio, abrigadas do norte, para que sigan o seu proceso natural. Cando agromen, será o momento de transplantalas e logo levalas ao viveiro municipal para que medren ben antes de buscarlles sitio no monte. Algunha poderémola plantar no noso patio! Equipa da Contorna DA SEMENTE Á FRAGA Despois dun ano de seca e tantos incendios no verán, pensamos que podiamos aportar o noso gran de area para conservar e acrecentar os nosos bosques autóctonos e así colaborar no coidado e mellora do noso medio.
  • 5.
  • 6.
  • 7. En novembro, plantamos landras, noces, abelás... E ata ginkgo biloba!
  • 8. Agora deixámolas no corredor leste do colexio, protexidas da friaxe e da invernía. Agardamos que nolo agradezan e dean boas plantas.
  • 9. No mes de abril, aquelas sementes que soterramos no outono están agromando. As sobreiras naceron case todas pero tamén temos unha nogueira e carballos. Agora teremos que transplantalas cada unha á súa maceta e despois levarémolas ao viveiro municipal que está a carón do colexio para que sigan o seu crecemento, durante un ou dous anos antes de levalas ao monte. Algunha quedará no patio do colexio! Esta sobreira é moito máis grande que as outras porque foi criada dentro do colexio. Unha nogueira
  • 10. Chegou a hora de separar as sobreiras e poñelas en macetas de unha en unha. Hoxe foi un grupo de 4º.
  • 11. O grupo de 5º A, foi o encargado de plantar no patio dúas sobreiras das que sementaron en outono. Esperemos que lles guste o sitio e se adapten ben.
  • 12. PERO…. DE ONDE SAIU ESTA ÁRBORE? As nenas e nenos de Educación Infantil gozamos da chegada do outono no colexio. Por fin se puxo a chover! chegou o vento, o tempo fresquiño e as nosas árbores amigas do patio deixaron caer as súas follas e tamén as sementes: landras, castañas … Sementes? que son? que ocorre con elas? Despois de observalas, miralas ben miradiñas e ver o diferentes que son, preguntámonos: De que árbore caeron? Eliximos as landras, por feitiñas, suaves e xeitosas. Pensamos que nos gustaría saber como pode ser que unha semente se converta nunha árbore. Que ten que pasar? Decidimos, entón, recoller algunhas para poñelas en terra, a ver se medraban, pero … ademais da terra que necesitarán para converterse en árbores? Terra, macetas, auga e unha cantarea … Sementes plantadas no espazo de natureza! Agora toca regar e agardar. Como choveu e choveu tivemos que regar pouco e … naceron unhas plantiñas pequenas (ademais de moita herba). Non ocorreu en todas as macetas pero fixérono nunhas pouquiñas que transplantamos a outras macetas máis grandes: máis terra, máis espazo para seguir medrando! Agardamos expectantes a ver o que medran. Queremos que formen parte da nosa fraga! Poderemos velas convertidas en carballos grandes? Educación infantil ( outono-abril)
  • 13. Primeiro houbo que buscar as mellores landras e tamén a mellor terra. Plantámolas e deixámolas no curruncho de natureza, ao soliño e protexidas do nordés.
  • 14. Facer un oco, sacar o carballiño con moito xeito, metelo nunha maceta máis grande, tapar con boa terra e regar. Así fixemos cos seis carballos que nos naceron. Para o ano igual os levamos á fraga!
  • 15. En setembro do 2.017, sensibles co tema dos incendios forestais en Galicia, as alumnas e os alumnos de 5°B pensamos en pór o noso gran de area para repoboar o monte da nosa contorna. Primeiro buscamos landras e castañas; escollemos as mellores para plantalas en pequenas macetas para xerminar. Puxémolas fóra, ao abrigo do colexio e cada pouco iámolas regar. Logo veu o inverno e non fixo falla! Implicados na repoboación do monte con carballos e castiñeiros.
  • 16. Pasou o tempo e agora, no mes de abril, traspasámolas a macetas máis grandes con terra da horta mesturada con terra fertilizante. Logo, regámolas e deixámolas nun lugar do colexio no que teñen algo de abrigo. Se agora xa saíron adiante, esperamos que no futuro sigan medrando para traspasalas aos nosos montes. Nenas/os de 5°B Collendo terra no horto para pór no fondo.
  • 17. PLANTAMOS E COMEMOS O traballo no horto, este ano foi máis dificultoso, debido ao mal tempo. Con todo, fomos aproveitando os días máis solleiros para levar a cabo as tarefas que tiñamos pensadas. A finais do outono preparamos o novo espazo para plantar; veu un veciño co seu tractor para pasarlle o fresador e deixóunola moi ben. Fixemos un cambio para deixar en repouso o anaco que cultivamos os anos anteriores e darlle tempo a que se recupere. Agora botamos alí restos orgánicos e follas para que se vaian descompoñendo pouco a pouco. As primeiras plantacións viñeron no mes de febreiro: allos, chícharos e cebolas. A pesar do mal tempo, naceron e foron medrando moi ben. Fixémoslle un abriguiño aos chícharos e houbo que rodear os tallóns con regos para que correse a auga e non apozara. Ao longo do ano, foron pasando polo horto, todos os cursos a facer diferentes tarefas; algúns ían ata no tempo libre de recreo a botar unha man cando estaba por alí algún adulto traballando. Sempre puidemos probar os froitos antes de acabar o curso. Esperemos que este ano tamén o logremos!
  • 18. Remata xaneiro e xa vai chegando a hora de volver ao horto. Preparamos as sementes primeiras: allos, cebolas, chícharos. Houbo que facer os regos, botar cal e abono. Pero agora xa está lista. Este ano cambiamos a zona de plantación para deixar descansar a terra ocupada nos anos anteriores.
  • 19. Hoxe foi un recreo diferente. Un grupo voluntario recollendo follas da bancada para levar ao horto. Non importa a idade, nin o xénero. Só a colaboración, o traballo conxunto, a alegría de compartir.
  • 20. O alumnado de 2º e 4º plantan allos, cebolas e chícharos.
  • 21. Alumnado voluntario plantando no horto no seu tempo libre. Así quedou o abrigo para os chícharos. A que mola?
  • 22. 21 de marzo: árbores e poesía Xa chegaron as árbores que imos plantar no noso horto. Este ano mercamos: • 2 érbedos • 1 amendoeira • 1 pereira • 1 claudieira • 1 abeleira • 1 pexegueiro • 1 marmeleiro • 1 ameixeira verde • 1 ameixeira vermella • 1 maceira Ademais temos castiñeiros, acivros, 1 pradairo e 1 sobreira para engadir na fraga.
  • 23. Para plantar unha árbore debes sigue estes pasos: 1. Cavar un burato. Debe ter polo menos o dobre do ancho da cepa. E convén facelo uns días antes da plantación para que a terra se osixene. 2. Sacar a planta da maceta. Hai que facelo con coidado para que as raíces non rompan e sacudir lixeiramente para afrouxar la cepa. 3. Colocar a árbore no novo lugar. Suxeitala pola cepa, nunca polo tronco e espelir as raíces. Asegurarse de que queda dereita e á altura da terra que a rodea, non afundida. Pódeselle pór un pau guía. 4. Encher o oco coa terra que quitamos e gramar arredor. Logo regar. 5. Coidar da árbore. Observar se precisa rego e protexela de golpes. Tamén lle podemos pór un letreiro co seu nome.
  • 24. Érbedo/albedro (Arbutus unedo) O érbedo é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas. Dáse nos vales interiores dos grandes ríos. Uso, ornamental. Froitos comestibles en marmelada e licores. Abeleira(Corylus avellana) É un arbusto caducifolio das betuláceas de pólas abundantes e madeira dura, cuxo froito é a abelá. Especie común dos bosques galegos. Cultivada polos froitos. Antigamente, as varas usábanse na construción, na cestaría... Amendoeira (Prunus dulcis) É unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa. A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura. As follas son simples. A flor é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebanistaría. É típica de climas cálidos, tolera mal o frío. Novas árbores no horto! ..
  • 25. Marmeleiro (Cydonia vulgaris) É unha árbore da familia rosáceas, de 4 a 5 m de alto, toro en ramas, follas enteiras, flores solitarias e froito en pomo, aromático e de carne áspera. É orixinaria de Asia e dá como froito o marmelo. Ameixeira (prunus domestica) É unha froita de pela lisa e polpa consistente apegada á carabuña, que contén zume doce. Pódese comer en crúa, pero tamén serve para preparar marmeladas ou zumes. Moi abundante en Galicia. Pexegueiro (Prunus persica) É unha árbore nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego. Pertence ao xénero Prunus que inclúea cerdeira ou a ameixeira, da familia das rosáceas. O pexegueiro clasifícase xunto á amendoeira no subxénero Amygdalus, que se distingue dos outros por ter a carabuña (onde fican as sementes) brugosa.
  • 26. Árbores e poesía “Só despois de que a derradeira árbore sexa cortada, só despois de que o último río sexa envelenado, só despois de que o último peixe fose atrapado... Só entón nos decataremos de que non podemos comer o diñeiro.” Indios Cree Grupo nativo do Canadá
  • 27. Froiteiras para o horto. Érbedos, castiñeiros... e poemas para a fraga.
  • 28. A ANPA tamén participou na plantación. Un anaco do horto, cos chícharos e algunhas froiteiras.
  • 29. Facendo sementeira O grupo de 1º é o encargado de facer a sementeira de cabaciño. Cada quen puxo a súa semente. Agora toca agardar uns días... Parecen pipas!!!
  • 30. Os allos e as cebolas medran rodeados de auga. Menos mal que lle fixemos regos de saída, que senón afogarían. A primavera vaise notando no horto e nas froiteiras.
  • 31. Un grupo de infantil fixo un percorrido polo horto buscando onde plantar os amorodos. Pero onde están os amorodos??? Aquí están! Pois aquí imos pór os nosos tamén e despois comerémolos.
  • 32. Primeiro buscamos o lugar para furar, logo plantamos e regamos. Ao acabar, seguimos o percorrido para ver os froitos que van aparecendo. De momento temos: cereixas, érbedos e figos. Educación Infantil
  • 33. Coa chegada do bo tempo, o curso de terceiro, fixo un alto nas súas tarefas cotiás para achegarse ao horto e plantar uns regos de cenorias e tomates. 3º de Primaria
  • 34. COÑECENDO A CONTORNA Este curso organizamos varias rutas a pé pola zona tendo en conta a idade da rapazada e os obxectivos do programa. Para estas saídas contamos co asesoramento da técnica de medio ambiente do Concello. • Regos dos Pasos, para o alumnado de 4º, 5º e 6º • Rego Andoriña, para os grupos de 2º e 3º • Petróglifos de Castelo, para a aula de 1º • Rego dos Pasos (un pouco máis curta), para o alumnado de E. I. De cada saída, elaboramos unha pequena guía para que tanto o alumnado coma o profesorado soubese o que ían ver. Ao remate, cada aula elaborou o seu traballo; algúns deles podémolos ver nesta memoria e outros quedaron plasmados en murais nas aulas, debuxos, conversas...
  • 35. Ruta de Pousada a Bertamiráns
  • 36.
  • 37.
  • 38. O carballo da Fonte, preto do rego de Pousada. Árbore senlleira, en proceso de catalogación. Detalles do seu tronco.
  • 39.
  • 40.
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
  • 47.
  • 48.
  • 50. As nenas e nenos de 6º, coma se de Marco Polo se tratase, fixemos o noso caderno de viaxe. Falamos da ruta do “Rego dos Pasos” e das súas marabillas.
  • 52. https://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre petróglifo > petros (pedra) + glyphein (tratar) Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados realizados en pedra en tempos prehistóricos. Petroglifo do Vilar (os Batáns, Ames) Foi localizado durante a campaña de seguimento das obras da autovía Santiago-Noia en 2006. Trátase dunha estación formada case exclusivamente por cazoletas e outras concavidades chama a atención a súa relativa extensión, xa que os gravados aparecen en catro rochas diferentes, probablemente cinco orixinalmente, algunha delas foi mutilada durante as obras. Resulta interesante a súa ubicación na zona baixa do corazón do val da Amaía, en un dos poucos outeiros rochosos, nunha zona de substrato basicamente sedimentario.
  • 53. • Ruta petróglifo de Castelo + obradoiro na aula de natureza da Ameixenda O grupo de 1º ten unha saída a Castelo para ver os seus petróglifos e logo farán un obradoiro de gravado na Ameixenda. Toda a actividade está programada e guiada pola técnica de medio ambiente do Concello, Patricia Reboreda. 23 de marzo: aula de 1º
  • 54. O pasado mércores día 18 de abril, o grupo de 1º tivemos a saída incluída no proxecto de Voz Natura a Castelo e á aula de natureza da Ameixenda. Ás 10 da mañá saímos do colexio acompañad@s pola nosa titora Tania, o profe Camilo e Patricia, a técnica de medio ambiente do Concello, quen se encargou de guiarnos ao longo de toda a visita. A primeira parada fixémola en Castelo e fomos de ruta polo monte en busca de petróglifos, os cales atopamos con facilidade posto que tiñamos ao Sol na posición idónea para poder diferencialos nas rochas sen moita dificultade. Encantounos poder ir monte arriba, explorar e trasladarnos a tantos anos atrás imaxinando como farían os gravados e que quererían transmitir. Todo isto sen esquecer as fermosas vistas que nos ofrecía o lugar. A seguinte parada foi na aula de natureza da Ameixenda onde, ademais de merendar e xogar, aprendemos algunhas características dos monos e gorilas e comparámolas coas dos seres humanos a través de diversos xogos. Foi moi divertido vernos a tod@s en acción! Xa para rematar, Patricia repartiu uns anaquiños de papel onde gravamos os nosos propios petróglifos e, finalmente, puidemos levalos para a casa como recordo desta experiencia tan bonita e enriquecedora. Ruta petróglifo de Castelo + Obradoiro na aula de natureza da Ameixenda
  • 55. Primeiro houbo que esquivar os toxos pero logo... Que pracer tocar na laxa que gravaron os nosos antepasados! Xogando e aprendendo. Aula de 1º de E.P.
  • 56. • Ruta Rego Andoriña (O alumnado de 2º e 3º farán esta ruta guiada por Patricia) Comézase na capela da Magdalena en Tapia para ver a Fontesanta, logo séguese o sendeiro polo monte ata o rego Andoriña. Un paseo para descubrir o bosque, os usos da auga, muíños (uns derruídos e outros en bo estado), un antigo castro...; logo veremos os hórreos de Rúa e o do priorado de San Mamede regresando pola devesa de Sequeiros, un bosque de loureiros cun arrecendo espectacular. 27 de abril: aula de 3º 4 de maio: as dúas aulas de 2º
  • 57. A rapazada de 3º de EP fíxemos o roteiro do Rego Andoriña onde tivemos a ocasión de ver un bosque atlántico bañado polas augas do río Tambre. Foi un fermoso percorrido. As construcións populares que máis chamaron a nosa atención foi o Muíño de Insua e a Ermida da Nosa Señora da Madalena. Andaina polo rego Andoriña
  • 58. DESCUBRINDO OUTROS LUGARES Descubrir lugares é un obxectivo que vimos mantendo ao longo destes anos. Sempre tentamos buscar aqueles lugares que sexan referente respecto do tema que estamos a desenvolver. Este ano escollemos, para 5º e 6º, Dombate e Forno do Forte polo tema da Prehistoria e tamén dos oficios antigos. E para os grupos de 4º, Campo Lameiro e os Castros de Baroña. Sempre resultan interesantes estas saídas. Campo Lameiro Forno do Forte Dombate Castros de Baroña
  • 59.
  • 60.
  • 61.
  • 62.
  • 63. Un descanso merecido para reparar forzas. Unha vista do poboado prehistórico.
  • 64. O alumnado de 5º e 6º, con esta visita, tivo a oportunidade de aprender algo máis sobre a Prehistoria e as construcións megalíticas. Vista da entrada ao dolmen custodiada por ídolos de pedra. Este dolmen, situado en Cabana de Bergantiños, é un monumento megalítico construído na 1º metade do IV milenio a. C. É un dos conxuntos máis importantes de Galicia. No interior da cámara hai pinturas. Hoxe só se poden ver nunha réplica que fixeron fóra. Visita ao Dolmen de Dombate
  • 65. http://www.concellomalpica.com/fornodoforte/ga/xml/index.php O Ecomuseo nace como resultado da necesidade de expoñer ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos “oleiros” (alfareiros) de Buño. Está formado polas antigas casas/obradoiro, forno, “cabanote” (alpendre) e “cabazo” (hórreo) de varias familias alfareiras. O conxunto foi rehabilitado recentemente pola Deputación da Coruña, actual propietaria, que coidou cada detalle co fin de ofrecer ao visitante a posibilidade de retroceder no tempo e poder coñecer, non só como era a vivenda dun oleiro, senón tamén o seu oficio e o xeito de vida dunha familia da década de 1950. ECOMUSEO FORNO DO FORTE
  • 66. As aulas de 5º e 6º, visitan o Ecomuseo do Forno do Forte. Todo resultou interesante pero o mellor foi xogar co barro e construír algo bonito.
  • 67. CONCLUÍNDO Este proxecto, que agora remata, resultou de grande interese. Confiamos en que este espírito de buscar e aprender fóra das aulas se manteña vivo e tamén esperamos que para o vindeiro curso poidamos seguir contando coa subvención de Voz Natura e o respaldo do Concello. Que destacariamos deste curso? • A saída do Rego dos Pasos, sobre todo, a aldea de Pousada que está tan preto e agocha moitos tesouros. • Ter a oportunidade de sentirnos artistas practicando e conectando con aqueloutros artistas prehistóricos. • Aprender un pouco máis das especies invasoras que temos preto (acacias, eucaliptos) pero saber que tamén temos bosque de ribeira que debemos preservar. • Interese pola repoboación con especies que axuden a rexenerar os nosos montes. Por todo isto, facemos unha valoración positiva do traballo levado a cabo neste curso e que queremos continuar en anos vindeiros. <<Moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, cultivarán hortos... Que alimentarán ao mundo>> Proverbio africano
  • 68. • Ao programa Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto e amosou interese no desenvolvemento do mesmo. • Ao Concello de Ames e á súa técnica medioambiental, Patricia Reboreda, polo seu asesoramento e colaboración tanto nas visitas guiadas coma na organización de obradoiros. • Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que participou e colaborou no desenvolvemento do proxecto. • Á ANPA San Mauro, que se involucrou na plantación de árbores. • Ás familias, que aportaron entusiasmo e interese. Grazas! Ceip Barouta – Ames, 25 de abril de 2018 Os nosos agradecementos :