SlideShare a Scribd company logo
Manuel Lourenzo González
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Manuel Lourenzo González (Vilaboa, 1955). É
especialmente coñecido no ámbito narrativo, xa for
por narrativa infantil e xuvenil, xa for en narrativa
para outras idades. Comezou a se coñecer ao gañar o
“Premio Manuel García Barros de Novela” coa obra
Arqueofaxia. Máis tarde virían varios recoñecementos
onde teriamos que salientar o “Premio Xerais” coa
obra O xardín das pedras flotantes. Polo que respecta
á literatura infantil e xuvenil, cómpre salientarmos a
súa obra Irmán do vento coa que acadou o “Premio
Merlín”. Tamén acadou importantes certames a nivel
teatral como son “O Facho” (Auto do Entroido) ou o
“Premio Estornela” (A música da noite).
miércoles 25 de mayo de 2016
Non me parece que haxa unha idade para comezar a escribir, xa que non é unha actividade que requira,
por exemplo, de certas facultades físicas, coma os deportes, ou dunha longa preparación académica,
como poden ser as disciplinas científicas. Polo contrario, de querermos buscarlle unha idade á literatura,
sería mellor a madurez, pola carga de experiencia de vida e de lecturas acumuladas. Certamente,
sabemos de escritores que produciron grandes obras en idades novas, pero o retrato mental que temos
todos do escritor, habitualmente é unha persoa de idade. Polo tanto, o de “escritor tardío” non é algo
que vaia comigo.
Outra cousa é a idade na que se empeza a publicar. Cando eu dei a coñecer o conto infantil A galiña, o
lagarto e o burro, xa levaba escritos varios centos, quizais milleiros, de páxinas.
Deixo dito aquí que cando digo “escritores” estou dicindo “escritores e escritoras”, para non ter que
repetilo; e o mesmo cando me refira a “rapaces”, “lectores”, etc.; deamos por salvada a cuestión do
xénero para non nos facermos tediosos.
Manuel Lourenzo González
1.- Supoñemos que ao mellor xa llo levan preguntado abondo pero imos facelo de novo: considérase Vostede un autor tardío (quizabes
o primeiro recoñecemento lle viñese por aquela peza A galiña, o lagarto e o burro)?
2.- Ao falarmos de premios importantes a nivel narrativo en galego (“Xerais”, “Blanco Amor” e “García Barros”) Vostede xa os ostenta
todos... É ese o recoñecemento pleno a un narrador en galego ou inda quedan moitas outras metas?
Os premios literarios non son (ou non deberían ser) nunca unha meta, senón unha parte dun camiño. Un resorte que funciona como
obxectivo a curto prazo e como estímulo para outras andainas. Mais que en ningún caso significa unha consagración nin cousa
parecida. A verdadeira consagración do escritor, ou o seu “recoñecemento pleno”, como dicides na pregunta, dáse cando a súa obra
acada a universalidade, é dicir, que ten validez máis alá das propias fronteiras e ademais perdura co paso do tempo. É o que ocorre
cos escritores que chamamos “clásicos” e que todos recoñecemos como tales. No meu caso, a día de hoxe áchome extremadamente
lonxe deses niveis, e quizais nunca o consiga. Aínda que tamén é certo que creo firmemente nunha frase que se di ás veces: “estou
seguro de que a miña mellor obra aínda está por vir”.
Portada: “Irmán do vento”
miércoles 25 de mayo de 2016
Realmente, o García Barros significou unha alegría especial, sen dúbida superior ás demais,
polo simple feito de ser o meu primeiro premio importante. Eu sempre fun, e sigo sendo, moi
crítico con todo o que fago, e con ese talante custábame imaxinar que as miñas obras
puidesen ser consideradas dignas de premios. Por outro lado, Arqueofaxia era a miña primeira
novela, xa que eu traballaba habitualmente no campo do relato curto. E tiña moito de
experimental e de atrevemento construtivo, toda unha rareza ambiciosa para min mesmo.
Polo tanto, o premio foi unha sorpresa máis que feliz.
3.- E claro, falando de premios, o García Barros de aquí da Estrada foi o que primeiro acadou dos tres... Que sentiu cando lle
comunicaron que a súa Arqueofaxia fora merecente de tal galardón?
5.- Que lle fornece a un escritor a literatura infanto-xuvenil que non lle forneza aqueloutra enfocada cara idades máis adultas?
4.- E falando desta obra deixou escrito don Agustín Fernández Paz o seguinte: “...recorrendo a
enfoques propios da ciencia-ficción, unha reflexión sobre nós mesmos...” É difícil mergullarnos na
nosa sociedade contemporánea dende unha óptica de ciencia-ficción ou máis ben esta nosa
actualidade dista ben pouco da ciencia-ficción?
O meu caso non é diferente doutras ducias de casos de persoas que traballaron sempre no ámbito escolar. Nun comezo, do contacto
permanente e tan intenso co alumnado xorde un coñecemento de primeira man do seu ámbito vivencial e dos cosmos nos que se
moven, e con el o desexo de trasladarlles historias que poden resultarlles de interese e, asemade, cumpran unha función formativa
en diversos terreos, no académico, no social, no ecolóxico, no psicolóxico, no estético, etc, e, por suposto, no literario. Gardando as
distancias, vén ser a mesma relación da nai ou o pai que inventan contos pola noite para o seu fillo pequeno na hora de durmir.
Ora ben, chega un momento en que a LIX acada unha dimensión por si mesma, como se fose un subxénero narrativo máis, entón o
que priva é o carácter puramente literario das obras, ata o punto de que a súa recepción ou a súa adecuación a certas idades pasan
a un segundo plano. Naturalmente, esas son as obras máis meritorias, e como profesor sei que, á larga, son as que verdadeiramente
funcionan e serven como experiencia vital.
Eu diría que a mellor maneira de mergullarnos na sociedade contemporánea, ou de calquera momento histórico, é precisamente a
través da ficción, sexa científica ou doutro tipo. Quizais no noso tempo, tan marcado por sucesos e elementos que proveñen do campo
da tecnoloxía e das ciencias aplicadas, sexa a ficción científica a que mellor lle acaia. Desde logo, tanto a política como a sociedade
dan para unha lectura profunda nese terreo, que, por certo, sempre acaba por ter un carácter distópico. Significa que o mundo da
creación non ten moita confianza no futuro que se está a crear.
Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo González
miércoles 25 de mayo de 2016
Manuel Lourenzo
7.- E falando de teatro, xénero no que Vostede tamén ten depositado o seu gran de area, non cre que a este tan importante xénero lle falta
un empuxe institucional ben máis comprometido especialmente cara á posta en escena? Xulga que pode ser un xénero literario “incómodo”
para a Administración?
6.- E falando desta literatura para idades temperás, xulga Vostede que a nosa literatura está a pasar por un dos seus mellores momentos
ou aínda lle falta algo?
Para empezar, eu non falaría de “a Administración” en abstracto; non son todas iguais. Pola práctica, sabemos que para unhas a cultura
é algo importante, que hai que protexer e estimular; para outras é irrelevante, polo tanto déixase ir de calquera maneira; e incluso para
outras é algo que molesta, entón atácase ou dificúltase ao máximo. Cada un saberá en cal dos tres casos estamos nós actualmente.
No caso concreto de teatro dáse unha circunstancia que non se dá noutras ramas, que é o esforzo económico e organizativo que esixe.
Está claro que os representantes políticos deberían ter entre as súas obrigas facilitar as iniciativas dos particulares na actividade
teatral. Pero, ao mesmo tempo, o teatro conta cunha raigame popular importante como espectáculo en directo, e se xuntamos a isto a
súa dimensión crítica, entón pode resultar enormemente incómodo para o poder, como ben dicides. Daquela, outro extremo a ter en
conta no caso de que un goberno protexa e estimule o teatro é que este non se perda, precisamente, esa dimensión crítica.
Hai unha concordia xeral en afirmar que a LIX galega está nun momento espléndido, tanto en canto ao número de obras que se
publican cada ano como pola alta calidade de moitas delas, con coidadas edicións e numerosas traducións a outros idiomas. Ora ben, é
un fenómeno que se dá en moitas literaturas, non só na nosa. E non debemos esquecer que para moitas editoriais o mundo escolar
representa a maior parte do negocio, polo cal debemos relativizar estas apreciacións.
8.- Tamén no seu haber está o quizais máis importante premio a nivel galego de literatura infantil e xuvenil -o “Premio Merlín”- coa obra
Irmán do vento... Aquí si que se botan ben de menos moitos máis certames para unha completa normalización, non?
Os premios son importantes na literatura, ou en calquera ámbito, primeiro porque animan os creadores no seu labor, e segundo porque
permiten unha maior visibilización das obras. Ora ben, non deixan de ser apoios puntuais que axudar a manter viva a ilusión dunha
literatura propia. Na miña opinón, a normalización dunha literatura cunha historia deficitaria como é a nosa necesitaría unas bases
moito máis sólidas e duradeiras, que deberían empezar pola propia idea de país con lingua propia e con elementos identitarios propios.
Mentres teñamos no noso subconsciente colectivo o castelán como lingua A e o galego como lingua B, a nosa literatura seguirá sen
normalizar.
Manuel Lourenzo González
miércoles 25 de mayo de 2016
Manuel Lourenzo
Portada: “Atl”
9.- Un dos xéneros que houbo que encetar alá polos anos 80 e 90 foi o da literatura erótica...
Vostede así mesmo tamén gañou o certame “Narrativas quentes” coa obra Infidelicidades...
Segue a ser un subxénero narrativo inda infravalorado ou inda existe certo tabú?
Existe un enorme tabú social contra todo canto teña que ver co sexo e o erotismo. Resulta chocante que por todas as vías se nos
ensine que os valores do amor, a amizade, etc., son os positivos e que o odio e a violencia son os negativos, e que despois, nos medios
de comunicación e de entretemento (particularmente no cine, na televisión, nos videoxogos, etc.) se oculte todo canto ten que ver co
sexo e, en cambio, se visualicen de forma ostentosa os comportamentos violentos e crueis.
En canto ao da infravaloración, é certo que os puristas en xeral desprezan a literatura “de xénero”, sexa cal sexa, pero isto non deixa
de ser unha postura academicista. Dentro de cada subxénero hai obras de maior e de menor calidade, igual que entre as outras, e ao
final o que vale é apreciación de cada lector, o verdadeiro destinatario do texto.
10.- Por que en determinado momento Vostede se mergullou no mundo mítico da Atlántida na súa obra ATL? Foi realmente un desafío?
Foi un desafío bastante serio, e se se le a obra creo que se entende por que o digo. En Atl
puxen en xogo os máis importantes elementos da chamada ciencia ficción clásica á vez que
aportei elementos novidosos de peso, ensarillándoos uns con outros nun mundo que procurei
dotar de lóxica e credibilidade.
Sobre o porqué, diría que cando se me presenta unha historia que contar, ao mesmo tempo esa
historia trae consigo o tipo de expresión literaria, de linguaxe, de tonalidade, etc., e neste
caso a trama pedíame claramente este tipo de narración. Situala na mítica Atlántida,
transformada en escenario dun mundo tan distinto e ao mesmo tempo tan igual ao noso, só foi
cuestión de lóxica.
11.- E tamén lle tiñamos que preguntar algo pola súa obra O xardín das pedras flotantes...Unha
novela onde se mesturan amor, humor, fantasía, traxedia... Como dar forma a unha novela con
tantos horizontes internos?
É unha pregunta tan ben formulada que non sei se saberei respondela.
Enlazando co que dixen antes, creo poder resaltar o afán que teño por explorar todas as
posibilidades da expresión literaria. Neste caso, a historia de O xardín... requiría unha
construcción peculiar, lonxe de calquera xénero estándar. Daquela, simplemente me deixei
levar por unha certa intuición narrativa que derivaba dun coñecemento profundo dos
personaxes que a protagonizan, do seu contexto vital, e das tensións e as emocións que moven
todo ese mundo; sen esquecer, por suposto, toda a lírica que podía haber máis alá da propia
historia e na que podía recoñecerse cada lector.
Encantoume a pregunta, de verdade; non debín constestar nada.
Manuel Lourenzo González
miércoles 25 de mayo de 2016
Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo
12.- Hai dúas obras súas onde se inmisce de cheo no mundo árabe (Irak) que son Irmán do
vento (Premio Merlín) e Flor de area... Que foi o que o levou a escribir para as idades máis
temperás sobre este mundo diferente, machista...?
Un dos principais é precisamente esa “diferenza” que mencionades.
Como detalle anecdótico, Irmán do vento escribina en 2003, ao mesmo tempo que se
estaba producindo a guerra da que se fala na historia, a invasión de Irak por unha serie
de países da nosa contorna. Daquela, eu reunín no libro dúas aspiracións principais.
Unha, narrar unha guerra desde o punto de vista dun rapaz; os rapaces son sempre as
persoas que menos culpa teñen de que haxa guerras e, porén, sos as súas vítimas máis
crueis. E dous, achegarme a unha cultura tan diferente á nosa e que, non obstante, creo
que debe ser tratada co máximo respecto. Obviamente, eu non estou de acordo con
moitos dos aspectos da súa maneira de ser (por ex., ese “machismo” que mencionades).
Ora ben, tampouco creo que nós teñamos unhas capacidades superiores que nos
permitan xulgalos e dicir como teñen que ser. Eles teñen as súas vergoñas e nós temos
as nosas, igual que nós temos as nosas glorias e eles teñen as súas. Ao final, coido que o
único que cabe é o entendemento. O que non cabe, de ninguna maneira, é odio e a
guerra.
Flor de Area só foi a continuación do mesmo afán coa construción dunha segunda
historia, neste caso protagonizada por unha muller e cunha trama moitio máis complexa
que Irmán do vento. Un desafío realmente grande para min.
13.- Durante uns anos a súa pluma foi imaxinando pasaxes históricas pontevedresas nun xornal (“Pontevedra viva”) dende unha óptica
digamos que de fantasía... Que foi o que o levou a recolleitalos nun libro -Cegoñas no fondo da ría-?
Neste caso xuntáronse as ganas de imaxinar e de construír relatos co de xogar con elementos históricos reais, dentro dun afán con moito
de divertimento.
Para min foi unha experiencia moi particular (todas o son) porque reunía nun mesmo traballo tres mundos que habitualmente funcionan
separadamente: a literatura, a historia e o xornalismo.
Alguén dixo que con estes textos acababa de crear un xénero novo. Non sei se será tanto, pero o que si me queda é o orgullo de terlle
dado á miña cidade de adopción, Pontevedra, unha compilación de crónicas de “historia creativa” que non ten, estou seguro, ninguna
outra cidade do mundo.
Manuel Lourenzo González
miércoles 25 de mayo de 2016
CUESTIONARIO
miércoles 25 de mayo de 2016
O Partenón
Un monumento
salientábel?
Con polvora e
magnolias, de Méndez
Ferrín
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Pepa a Loba. Ulises
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Cien años de soledad
de Gª Márquez
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Hamlet
Un personaxe literario co que
se identifique?
Blade Runner
Unha película de cine?
miércoles 25 de mayo de 2016
Conseguir recoñecemento
como escritor. Verdadeiro
recoñecemento
Un anceio por realizar?
Para visitar, o deserto.
Para descansar, a
Patagonia.
E viceversa
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
A mesma. Noutro
nivel, sermos
gobernados por
persoas
intelixentes,
honestas e
desinteresadas
Unha utopía?
Unha boa sombra
Un lugar axeitado para alectura?
Por convición: calquera expresión
popular. Ex: as interpretacións deDavide Salvado.
Por formación: o rock. Ex: pezas deThe Doors
Un tipo de música? Unhacanción?
miércoles 25 de mayo de 2016
O cineOutro entretemento ademais da literatura?
A medias.
Montaña
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Calquera progreso
técnico- científico que
fose útil para a
humanidade en xeral
sen prexudicar a
natureza
Un feito histórico?
En canto ao universo literario, Álvaro
Cunqueiro
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Supoño que a vida.
As vidas
Cal é a súa fonte de
inspiración?
Unha obra teatral?Á espera de Godot
miércoles 25 de mayo de 2016

More Related Content

What's hot

Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
Asnosasletras
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
Asnosasletras
 

What's hot (17)

Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 

Viewers also liked

Recursos humanos
Recursos humanosRecursos humanos
Recursos humanos
Jimmy Limas
 
Caza Del Tesoro[1]
Caza Del Tesoro[1]Caza Del Tesoro[1]
Caza Del Tesoro[1]
guest9c12e
 
PassionFruit2015_deckf
PassionFruit2015_deckfPassionFruit2015_deckf
PassionFruit2015_deckf
Omar Martin
 

Viewers also liked (20)

Barra One - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700
Barra One - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700Barra One - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700
Barra One - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700
 
Recursos humanos
Recursos humanosRecursos humanos
Recursos humanos
 
10 cool facts about canada
10 cool facts about canada10 cool facts about canada
10 cool facts about canada
 
AZ Holding presents C.I.R.O. (Eng)
AZ Holding presents C.I.R.O. (Eng)AZ Holding presents C.I.R.O. (Eng)
AZ Holding presents C.I.R.O. (Eng)
 
01 CS_ Invenium 290911
01 CS_ Invenium 29091101 CS_ Invenium 290911
01 CS_ Invenium 290911
 
Diapositivas del proyecto liliana
Diapositivas del proyecto lilianaDiapositivas del proyecto liliana
Diapositivas del proyecto liliana
 
Sublime - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700
Sublime - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700Sublime - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700
Sublime - Vendas em www-imoveisdorj-com-br ou (21) 3683-0700
 
AZ Holding presentazione - Welcome & Security (ITA)
AZ Holding presentazione - Welcome & Security (ITA)AZ Holding presentazione - Welcome & Security (ITA)
AZ Holding presentazione - Welcome & Security (ITA)
 
Are you an ecological gardener
Are you an ecological gardenerAre you an ecological gardener
Are you an ecological gardener
 
Brochure AZ Holding - Credit Management
Brochure AZ Holding - Credit ManagementBrochure AZ Holding - Credit Management
Brochure AZ Holding - Credit Management
 
Anti Fraud
Anti FraudAnti Fraud
Anti Fraud
 
Caza Del Tesoro[1]
Caza Del Tesoro[1]Caza Del Tesoro[1]
Caza Del Tesoro[1]
 
Libertad en Cristo
Libertad en CristoLibertad en Cristo
Libertad en Cristo
 
AZ Holding presentazione - Antifrode
AZ Holding presentazione - AntifrodeAZ Holding presentazione - Antifrode
AZ Holding presentazione - Antifrode
 
PassionFruit2015_deckf
PassionFruit2015_deckfPassionFruit2015_deckf
PassionFruit2015_deckf
 
Роль литературных вечеров досуга в ознакомлении дошкольников с художествен...
Роль  литературных  вечеров досуга в ознакомлении дошкольников  с художествен...Роль  литературных  вечеров досуга в ознакомлении дошкольников  с художествен...
Роль литературных вечеров досуга в ознакомлении дошкольников с художествен...
 
7java Events
7java Events7java Events
7java Events
 
Ardo Hansson Eesti ja euroala majandusest
Ardo Hansson Eesti ja euroala majandusestArdo Hansson Eesti ja euroala majandusest
Ardo Hansson Eesti ja euroala majandusest
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
ОЗНАКОМЛЕНИЕ ДЕТЕЙ-ДОШКОЛЬНИКОВ С ТЕХНИКОЙ КОМКОВАНИЯ
ОЗНАКОМЛЕНИЕ ДЕТЕЙ-ДОШКОЛЬНИКОВ С ТЕХНИКОЙ КОМКОВАНИЯОЗНАКОМЛЕНИЕ ДЕТЕЙ-ДОШКОЛЬНИКОВ С ТЕХНИКОЙ КОМКОВАНИЯ
ОЗНАКОМЛЕНИЕ ДЕТЕЙ-ДОШКОЛЬНИКОВ С ТЕХНИКОЙ КОМКОВАНИЯ
 

Similar to Manuel Lourenzo González

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
Asnosasletras
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
Asnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
Asnosasletras
 

Similar to Manuel Lourenzo González (20)

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (15)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Manuel Lourenzo González

  • 1. Manuel Lourenzo González Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Manuel Lourenzo González (Vilaboa, 1955). É especialmente coñecido no ámbito narrativo, xa for por narrativa infantil e xuvenil, xa for en narrativa para outras idades. Comezou a se coñecer ao gañar o “Premio Manuel García Barros de Novela” coa obra Arqueofaxia. Máis tarde virían varios recoñecementos onde teriamos que salientar o “Premio Xerais” coa obra O xardín das pedras flotantes. Polo que respecta á literatura infantil e xuvenil, cómpre salientarmos a súa obra Irmán do vento coa que acadou o “Premio Merlín”. Tamén acadou importantes certames a nivel teatral como son “O Facho” (Auto do Entroido) ou o “Premio Estornela” (A música da noite). miércoles 25 de mayo de 2016
  • 2. Non me parece que haxa unha idade para comezar a escribir, xa que non é unha actividade que requira, por exemplo, de certas facultades físicas, coma os deportes, ou dunha longa preparación académica, como poden ser as disciplinas científicas. Polo contrario, de querermos buscarlle unha idade á literatura, sería mellor a madurez, pola carga de experiencia de vida e de lecturas acumuladas. Certamente, sabemos de escritores que produciron grandes obras en idades novas, pero o retrato mental que temos todos do escritor, habitualmente é unha persoa de idade. Polo tanto, o de “escritor tardío” non é algo que vaia comigo. Outra cousa é a idade na que se empeza a publicar. Cando eu dei a coñecer o conto infantil A galiña, o lagarto e o burro, xa levaba escritos varios centos, quizais milleiros, de páxinas. Deixo dito aquí que cando digo “escritores” estou dicindo “escritores e escritoras”, para non ter que repetilo; e o mesmo cando me refira a “rapaces”, “lectores”, etc.; deamos por salvada a cuestión do xénero para non nos facermos tediosos. Manuel Lourenzo González 1.- Supoñemos que ao mellor xa llo levan preguntado abondo pero imos facelo de novo: considérase Vostede un autor tardío (quizabes o primeiro recoñecemento lle viñese por aquela peza A galiña, o lagarto e o burro)? 2.- Ao falarmos de premios importantes a nivel narrativo en galego (“Xerais”, “Blanco Amor” e “García Barros”) Vostede xa os ostenta todos... É ese o recoñecemento pleno a un narrador en galego ou inda quedan moitas outras metas? Os premios literarios non son (ou non deberían ser) nunca unha meta, senón unha parte dun camiño. Un resorte que funciona como obxectivo a curto prazo e como estímulo para outras andainas. Mais que en ningún caso significa unha consagración nin cousa parecida. A verdadeira consagración do escritor, ou o seu “recoñecemento pleno”, como dicides na pregunta, dáse cando a súa obra acada a universalidade, é dicir, que ten validez máis alá das propias fronteiras e ademais perdura co paso do tempo. É o que ocorre cos escritores que chamamos “clásicos” e que todos recoñecemos como tales. No meu caso, a día de hoxe áchome extremadamente lonxe deses niveis, e quizais nunca o consiga. Aínda que tamén é certo que creo firmemente nunha frase que se di ás veces: “estou seguro de que a miña mellor obra aínda está por vir”. Portada: “Irmán do vento” miércoles 25 de mayo de 2016
  • 3. Realmente, o García Barros significou unha alegría especial, sen dúbida superior ás demais, polo simple feito de ser o meu primeiro premio importante. Eu sempre fun, e sigo sendo, moi crítico con todo o que fago, e con ese talante custábame imaxinar que as miñas obras puidesen ser consideradas dignas de premios. Por outro lado, Arqueofaxia era a miña primeira novela, xa que eu traballaba habitualmente no campo do relato curto. E tiña moito de experimental e de atrevemento construtivo, toda unha rareza ambiciosa para min mesmo. Polo tanto, o premio foi unha sorpresa máis que feliz. 3.- E claro, falando de premios, o García Barros de aquí da Estrada foi o que primeiro acadou dos tres... Que sentiu cando lle comunicaron que a súa Arqueofaxia fora merecente de tal galardón? 5.- Que lle fornece a un escritor a literatura infanto-xuvenil que non lle forneza aqueloutra enfocada cara idades máis adultas? 4.- E falando desta obra deixou escrito don Agustín Fernández Paz o seguinte: “...recorrendo a enfoques propios da ciencia-ficción, unha reflexión sobre nós mesmos...” É difícil mergullarnos na nosa sociedade contemporánea dende unha óptica de ciencia-ficción ou máis ben esta nosa actualidade dista ben pouco da ciencia-ficción? O meu caso non é diferente doutras ducias de casos de persoas que traballaron sempre no ámbito escolar. Nun comezo, do contacto permanente e tan intenso co alumnado xorde un coñecemento de primeira man do seu ámbito vivencial e dos cosmos nos que se moven, e con el o desexo de trasladarlles historias que poden resultarlles de interese e, asemade, cumpran unha función formativa en diversos terreos, no académico, no social, no ecolóxico, no psicolóxico, no estético, etc, e, por suposto, no literario. Gardando as distancias, vén ser a mesma relación da nai ou o pai que inventan contos pola noite para o seu fillo pequeno na hora de durmir. Ora ben, chega un momento en que a LIX acada unha dimensión por si mesma, como se fose un subxénero narrativo máis, entón o que priva é o carácter puramente literario das obras, ata o punto de que a súa recepción ou a súa adecuación a certas idades pasan a un segundo plano. Naturalmente, esas son as obras máis meritorias, e como profesor sei que, á larga, son as que verdadeiramente funcionan e serven como experiencia vital. Eu diría que a mellor maneira de mergullarnos na sociedade contemporánea, ou de calquera momento histórico, é precisamente a través da ficción, sexa científica ou doutro tipo. Quizais no noso tempo, tan marcado por sucesos e elementos que proveñen do campo da tecnoloxía e das ciencias aplicadas, sexa a ficción científica a que mellor lle acaia. Desde logo, tanto a política como a sociedade dan para unha lectura profunda nese terreo, que, por certo, sempre acaba por ter un carácter distópico. Significa que o mundo da creación non ten moita confianza no futuro que se está a crear. Manuel Lourenzo Manuel Lourenzo González miércoles 25 de mayo de 2016
  • 4. Manuel Lourenzo 7.- E falando de teatro, xénero no que Vostede tamén ten depositado o seu gran de area, non cre que a este tan importante xénero lle falta un empuxe institucional ben máis comprometido especialmente cara á posta en escena? Xulga que pode ser un xénero literario “incómodo” para a Administración? 6.- E falando desta literatura para idades temperás, xulga Vostede que a nosa literatura está a pasar por un dos seus mellores momentos ou aínda lle falta algo? Para empezar, eu non falaría de “a Administración” en abstracto; non son todas iguais. Pola práctica, sabemos que para unhas a cultura é algo importante, que hai que protexer e estimular; para outras é irrelevante, polo tanto déixase ir de calquera maneira; e incluso para outras é algo que molesta, entón atácase ou dificúltase ao máximo. Cada un saberá en cal dos tres casos estamos nós actualmente. No caso concreto de teatro dáse unha circunstancia que non se dá noutras ramas, que é o esforzo económico e organizativo que esixe. Está claro que os representantes políticos deberían ter entre as súas obrigas facilitar as iniciativas dos particulares na actividade teatral. Pero, ao mesmo tempo, o teatro conta cunha raigame popular importante como espectáculo en directo, e se xuntamos a isto a súa dimensión crítica, entón pode resultar enormemente incómodo para o poder, como ben dicides. Daquela, outro extremo a ter en conta no caso de que un goberno protexa e estimule o teatro é que este non se perda, precisamente, esa dimensión crítica. Hai unha concordia xeral en afirmar que a LIX galega está nun momento espléndido, tanto en canto ao número de obras que se publican cada ano como pola alta calidade de moitas delas, con coidadas edicións e numerosas traducións a outros idiomas. Ora ben, é un fenómeno que se dá en moitas literaturas, non só na nosa. E non debemos esquecer que para moitas editoriais o mundo escolar representa a maior parte do negocio, polo cal debemos relativizar estas apreciacións. 8.- Tamén no seu haber está o quizais máis importante premio a nivel galego de literatura infantil e xuvenil -o “Premio Merlín”- coa obra Irmán do vento... Aquí si que se botan ben de menos moitos máis certames para unha completa normalización, non? Os premios son importantes na literatura, ou en calquera ámbito, primeiro porque animan os creadores no seu labor, e segundo porque permiten unha maior visibilización das obras. Ora ben, non deixan de ser apoios puntuais que axudar a manter viva a ilusión dunha literatura propia. Na miña opinón, a normalización dunha literatura cunha historia deficitaria como é a nosa necesitaría unas bases moito máis sólidas e duradeiras, que deberían empezar pola propia idea de país con lingua propia e con elementos identitarios propios. Mentres teñamos no noso subconsciente colectivo o castelán como lingua A e o galego como lingua B, a nosa literatura seguirá sen normalizar. Manuel Lourenzo González miércoles 25 de mayo de 2016
  • 5. Manuel Lourenzo Portada: “Atl” 9.- Un dos xéneros que houbo que encetar alá polos anos 80 e 90 foi o da literatura erótica... Vostede así mesmo tamén gañou o certame “Narrativas quentes” coa obra Infidelicidades... Segue a ser un subxénero narrativo inda infravalorado ou inda existe certo tabú? Existe un enorme tabú social contra todo canto teña que ver co sexo e o erotismo. Resulta chocante que por todas as vías se nos ensine que os valores do amor, a amizade, etc., son os positivos e que o odio e a violencia son os negativos, e que despois, nos medios de comunicación e de entretemento (particularmente no cine, na televisión, nos videoxogos, etc.) se oculte todo canto ten que ver co sexo e, en cambio, se visualicen de forma ostentosa os comportamentos violentos e crueis. En canto ao da infravaloración, é certo que os puristas en xeral desprezan a literatura “de xénero”, sexa cal sexa, pero isto non deixa de ser unha postura academicista. Dentro de cada subxénero hai obras de maior e de menor calidade, igual que entre as outras, e ao final o que vale é apreciación de cada lector, o verdadeiro destinatario do texto. 10.- Por que en determinado momento Vostede se mergullou no mundo mítico da Atlántida na súa obra ATL? Foi realmente un desafío? Foi un desafío bastante serio, e se se le a obra creo que se entende por que o digo. En Atl puxen en xogo os máis importantes elementos da chamada ciencia ficción clásica á vez que aportei elementos novidosos de peso, ensarillándoos uns con outros nun mundo que procurei dotar de lóxica e credibilidade. Sobre o porqué, diría que cando se me presenta unha historia que contar, ao mesmo tempo esa historia trae consigo o tipo de expresión literaria, de linguaxe, de tonalidade, etc., e neste caso a trama pedíame claramente este tipo de narración. Situala na mítica Atlántida, transformada en escenario dun mundo tan distinto e ao mesmo tempo tan igual ao noso, só foi cuestión de lóxica. 11.- E tamén lle tiñamos que preguntar algo pola súa obra O xardín das pedras flotantes...Unha novela onde se mesturan amor, humor, fantasía, traxedia... Como dar forma a unha novela con tantos horizontes internos? É unha pregunta tan ben formulada que non sei se saberei respondela. Enlazando co que dixen antes, creo poder resaltar o afán que teño por explorar todas as posibilidades da expresión literaria. Neste caso, a historia de O xardín... requiría unha construcción peculiar, lonxe de calquera xénero estándar. Daquela, simplemente me deixei levar por unha certa intuición narrativa que derivaba dun coñecemento profundo dos personaxes que a protagonizan, do seu contexto vital, e das tensións e as emocións que moven todo ese mundo; sen esquecer, por suposto, toda a lírica que podía haber máis alá da propia historia e na que podía recoñecerse cada lector. Encantoume a pregunta, de verdade; non debín constestar nada. Manuel Lourenzo González miércoles 25 de mayo de 2016
  • 6. Manuel Lourenzo Manuel Lourenzo 12.- Hai dúas obras súas onde se inmisce de cheo no mundo árabe (Irak) que son Irmán do vento (Premio Merlín) e Flor de area... Que foi o que o levou a escribir para as idades máis temperás sobre este mundo diferente, machista...? Un dos principais é precisamente esa “diferenza” que mencionades. Como detalle anecdótico, Irmán do vento escribina en 2003, ao mesmo tempo que se estaba producindo a guerra da que se fala na historia, a invasión de Irak por unha serie de países da nosa contorna. Daquela, eu reunín no libro dúas aspiracións principais. Unha, narrar unha guerra desde o punto de vista dun rapaz; os rapaces son sempre as persoas que menos culpa teñen de que haxa guerras e, porén, sos as súas vítimas máis crueis. E dous, achegarme a unha cultura tan diferente á nosa e que, non obstante, creo que debe ser tratada co máximo respecto. Obviamente, eu non estou de acordo con moitos dos aspectos da súa maneira de ser (por ex., ese “machismo” que mencionades). Ora ben, tampouco creo que nós teñamos unhas capacidades superiores que nos permitan xulgalos e dicir como teñen que ser. Eles teñen as súas vergoñas e nós temos as nosas, igual que nós temos as nosas glorias e eles teñen as súas. Ao final, coido que o único que cabe é o entendemento. O que non cabe, de ninguna maneira, é odio e a guerra. Flor de Area só foi a continuación do mesmo afán coa construción dunha segunda historia, neste caso protagonizada por unha muller e cunha trama moitio máis complexa que Irmán do vento. Un desafío realmente grande para min. 13.- Durante uns anos a súa pluma foi imaxinando pasaxes históricas pontevedresas nun xornal (“Pontevedra viva”) dende unha óptica digamos que de fantasía... Que foi o que o levou a recolleitalos nun libro -Cegoñas no fondo da ría-? Neste caso xuntáronse as ganas de imaxinar e de construír relatos co de xogar con elementos históricos reais, dentro dun afán con moito de divertimento. Para min foi unha experiencia moi particular (todas o son) porque reunía nun mesmo traballo tres mundos que habitualmente funcionan separadamente: a literatura, a historia e o xornalismo. Alguén dixo que con estes textos acababa de crear un xénero novo. Non sei se será tanto, pero o que si me queda é o orgullo de terlle dado á miña cidade de adopción, Pontevedra, unha compilación de crónicas de “historia creativa” que non ten, estou seguro, ninguna outra cidade do mundo. Manuel Lourenzo González miércoles 25 de mayo de 2016
  • 8. O Partenón Un monumento salientábel? Con polvora e magnolias, de Méndez Ferrín Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Pepa a Loba. Ulises Un personaxe galego e un estranxeiro? Cien años de soledad de Gª Márquez Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Hamlet Un personaxe literario co que se identifique? Blade Runner Unha película de cine? miércoles 25 de mayo de 2016
  • 9. Conseguir recoñecemento como escritor. Verdadeiro recoñecemento Un anceio por realizar? Para visitar, o deserto. Para descansar, a Patagonia. E viceversa Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A mesma. Noutro nivel, sermos gobernados por persoas intelixentes, honestas e desinteresadas Unha utopía? Unha boa sombra Un lugar axeitado para alectura? Por convición: calquera expresión popular. Ex: as interpretacións deDavide Salvado. Por formación: o rock. Ex: pezas deThe Doors Un tipo de música? Unhacanción? miércoles 25 de mayo de 2016
  • 10. O cineOutro entretemento ademais da literatura? A medias. Montaña Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Calquera progreso técnico- científico que fose útil para a humanidade en xeral sen prexudicar a natureza Un feito histórico? En canto ao universo literario, Álvaro Cunqueiro Un/ha autor/-a con quen se identifique? Supoño que a vida. As vidas Cal é a súa fonte de inspiración? Unha obra teatral?Á espera de Godot miércoles 25 de mayo de 2016