Xerardo Agrafoxo
1. Amaior parte das veces vemos que un autor ou unha autora xa comeza a escribir dende os primeiros anos independentemente
da súa profesión, mais no seu caso o primeiro foi honrar a profesión, ou é que xa a arte literaria andaba a ter algo de vida?
Como estudante de Xeografía e Historia na UNED, comecei a investigar sobre temas relacionados coa prehistoria. Daquela, a miña arte
literaria estaba oculta.
2. Ah, e por riba os seus ensaios verbo da Barbanza moi especialmente... un é de onde nace, non?
Un é de onde estuda e ten os seus primeiros amigos. A Barbanza foi sempre o meu territorio xeográfico e sentimental. Aquí comezaron
as miñas primeiras pescudas históricas.
3. Os seus ensaios verbo da evolución política en Noia e Barbanza van dende a República até a actualidade... unha mostra da
evolución histórica personalizada nestes lugares ou aquí a historia tivo algunhas diferenzas?
A historia desta contorna é moi semellante. E moi descoñecida, por culpa da ditadura, ata hai pouco en calquera das súas etapas
históricas.
lunes 13 de febrero de 2017
3.
Xerardo Agrafoxo
4. Porque tivo que pasar medio século de vida até a aparición da súa primeira mostra
literaria (O triángulo de Óscar Wilde), cando menos a nivel de publicación?
Tiven a sorte de atopar na miña vida o escritor Antón Riveiro Coello, que me animou a darlles
pulo ás miñas inquedanzas literarias.
5. Até que punto a súa especialización como ensaísta histórico vai repercutir na súa obra
literaria? É esta a plasmación artística das súas inquedanzas históricas?
Coido que a miña tarefa de investigador sempre estará presente na miña obra literaria.
6. Mais, un ano máis tarde da súa irrupción narrativa chégalle un dos máis importantes
premios a nivel narrativo de Galiza, o premio de novela “Manuel García Barros” coa súa obra
Unha viaxe no Ford T... Unha sorpresa, unha nova experiencia, ou un novo incentivo
artístico?
Todo incluido, e sobre todo un novo compromiso intelectual.
lunes 13 de febrero de 2017
4.
Xerardo Agrafoxo
7. Ena anterior obra vemos o mundo de Ernest Hemingway
galeguizado... a súa “Finca Vigía” cubana en Galiza... por que este
traslado espacial?
Porque visitara Cuba nos anos oitenta e quedara cativado por este país.
8. E por que o personaxe e a personalidade de Ernest Hemingway?
Por una carta que lle remitiu a John dos Passos, coido que Hemingway
coñeceu Noia antes da Guerra Civil, onde seguramente tivo algún
compromiso, talvez de natureza sentimental.
9. E falando da súa obra narrativa, na súa seguinte novela (O violinista de
Mala Strana) outro símbolo literario universal, Antoine de Saint-Exupéry...
Igual ca antes, por que este personaxe?
É un home que sempre me interesou, se cadra pola súa misteriosa morte e a
súa complexa amante.
Por certo, acabo de visitar en Senegal a cidade de Saint Louis, onde el residiu
cando foi aviador da Aeropostale, a primeira empresa que levou o correo de
Francia a África.
lunes 13 de febrero de 2017
5.
Xerardo Agrafoxo
10. Todaa súa actividade tanto ensaística coma narrativa desenvólvese no noso idioma. Xamais pensou en empregar outro
idioma ou na tradución como elemento universalizador da súa obra?
Só teño traducida una obra: El triángulo de Óscar Wilde. É un tema que depende máis ben das editoriais.
11. E por seguirmos a preguntar polos protagonistas da súa narrativa, na súa última obra narrativa publicada (A maleta de
Victoria Kent) decidiu trocar un personaxe literario polo da histórica republicana Victoria Kent... unha vez máis, por que esta
protagonista?
Era o alcume que lle puxeron uns falanxistas de Noia, detidos no depósito municipal na primavera do 36, ao carcereiro da vila.
12. Tivo Vostede un fondo contacto con Cuba dende ben anos atrás, e incluso antes falabamos de Ernest Hemingway, que
tamén tivo a este país como referente... Que supuxo para Vostede o contacto con aquela cultura onde a nosa emigración tivo
tanta acollida?
Vivir unha dura realidade: a pobreza dun pobo e ver como a mocidade só pensa en marchar.
Xerardo Agrafoxo recibindo o premio de novela Manuel
García Barros
lunes 13 de febrero de 2017
6.
Xerardo Agrafoxo
13. Erecentemente acaba de chegar ás nosas librarías precisamente un ensaio verbo deste
país (Viaxe á última revolución). Trátase dun ensaio ou perfectamente podería ser unha
novela onde vostede actuase como un narrador e protagonista principal?
Podería ser una novela pola carga literaria das súas páxinas e algunas historias que me contaron
que semellan pura ficción.
14. E para rematarmos, que cambios enxergou Vostede entre esta Cuba actual e aquela que
coñecera hai anos?
Ningún positivo. A mesma ditadura, a mesma represión.
lunes 13 de febrero de 2017
Taj Mahal
Un monumento
salientábel?
AntónRiveiro Coello.
Laura no deserto.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
O protagonista de Seda, de Alexandre
Baricco.
Un personaxe literario co que
se identifique?
A curiosidade.
Cal é a súa fonte de
inspiración?
! Pelle, O conquistador
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
“Vodas de sangue”
Thomas Hardy: Lonxe do
mundanal ruído.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Castelao e
Mandela
lunes 13 de febrero de 2017
9.
Atravesar o desertodo
Sáhara
Un anceio por realizar?
Urbanita Vs. Deserto.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Etiopía. Asilah
(Marrocos)
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
A viaxe do capitán Scott
á Antártida.
Un feito histórico?
Sentido común nos
políticos
Unha utopía?
A miña biblioteca.
Un lugar axeitado para a
lectura?
Os Beatles. Submarinoamarelo
Un tipo de música? Unha
Rosa Aneiros.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Viaxar, canto máis lonxe,
mellor.
Outro entretemento
ademais da lectura?
lunes 13 de febrero de 2017