Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazFrancisco Castro
Laudatio pronunciada polo escritor Francisco Castro en Trasalba, na Casa Grande de don Ramón, o 29 de xuño de 2014, co gallo da entrega do Premio Trasalba ao escritor Agustín Fernández Paz.
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
Presentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazFrancisco Castro
Laudatio pronunciada polo escritor Francisco Castro en Trasalba, na Casa Grande de don Ramón, o 29 de xuño de 2014, co gallo da entrega do Premio Trasalba ao escritor Agustín Fernández Paz.
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
Presentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
Guía de Lectura sobre Xosé María Díaz Castro escritor al que se le dedican el Día das Letras Galegas 2014 elaborada por la Biblioteca Municipal de Estudios Locales
di Paolo M. Rossini
Clinica Neurologica, Università Cattolica, Policlinico . Gemelli, Roma
Convegno "Le neuroscienze incontrano le altre discipline"
Padova, Palazzo del Bo
5 maggio 2011
Il convegno è promosso dall’Università di Padova e dal Dipartimento di Psicologia generale della stessa università, con il sostegno della Fondazione Sigma Tau e della Fondazione Giannino Bassetti.
Piacenza, October 14, 2011
"Innovating Food, Innovating the Law"
Conference
GANGJIAN DU (Hunan University, China)
Law and food safety in China
Video: http://vimeo.com/31078486
Guía de Lectura sobre Xosé María Díaz Castro escritor al que se le dedican el Día das Letras Galegas 2014 elaborada por la Biblioteca Municipal de Estudios Locales
di Paolo M. Rossini
Clinica Neurologica, Università Cattolica, Policlinico . Gemelli, Roma
Convegno "Le neuroscienze incontrano le altre discipline"
Padova, Palazzo del Bo
5 maggio 2011
Il convegno è promosso dall’Università di Padova e dal Dipartimento di Psicologia generale della stessa università, con il sostegno della Fondazione Sigma Tau e della Fondazione Giannino Bassetti.
Piacenza, October 14, 2011
"Innovating Food, Innovating the Law"
Conference
GANGJIAN DU (Hunan University, China)
Law and food safety in China
Video: http://vimeo.com/31078486
Piacenza, October 14, 2011
"Innovating Food, Innovating the Law"
Conference
FRANCESCO TIMPANO and LUCA LANINI (Università Cattolica del Sacro
Cuore, Italy)
Traceability at the interface between economics and the law
Slides: http://vimeo.com/31449386
di Riccardo Manzotti
Convegno "Le neuroscienze incontrano le altre discipline"
Padova, Palazzo del Bo
5 maggio 2011
Il convegno è promosso dall’Università di Padova e dal Dipartimento di Psicologia generale della stessa università, con il sostegno della Fondazione Sigma Tau e della Fondazione Giannino Bassetti.
Flogging Design: Daily Disasters & Best Practice in Online Shop DesignMatt Balara
So many businesses earn their daily bread online, so why are so many online shops so poorly designed?
This presentation from Edge of the Web '09 in Perth, Australia, is a review of common mistakes, and numerous common sense solutions and best practice examples for e-commerce site design.
Discurso de Xosé Manuel Pazo Blanco, presidente honorífico da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, en representación do Consello Municipal da Lingua do Concello de Ferrol, no acto de homenaxe celebrado o día 28 de abril de 2013 por mor do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e do 50 aniversario da institucionalización do Día das Letras Galegas.
Conxunto de actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e Primaria para traballar os versos de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro, co gallo do 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora. Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela.
1. 08_ Viaxe á lingua e á literatura galegas do XIX
Antes de comezar
Elaborade entre toda a clase unha listaxe de escritoras galegas e escritores
galegos. Clasificádeos por épocas.
Lede atentamente o seguinte fragmento do prólogo a Caldo de Grelos, obra de R. Armada
Teijeiro, que escribiu Curros Enríquez:
“Mais dise comunmente: escribir en catalán ou en galego, podendo escribir en castelán
para que o entendan todos, é unha grande proba de egoísmo. Antes ao contrario, egoísta
é o que pretende obrigar ao escritor a empregar a linguaxe oficial imposta, que pode non
dominar tanto como a súa, sen fixarse en que cohíbe a súa liberdade e en que escribindo
en castelán quizais o entendesen todos menos aqueles que máis lle interesa que o
entendan. Poderá suceder que os que cultivan os dialectos con preferencia aos idiomas
dominantes, expresen neles ideas e conceptos que merezan e deban ser divulgados por
todas partes e coñecidos por toda clase de xentes; mais, neste caso, o escritor galego ou
catalán, non é máis egoísta que o o alemán ou o francés, que obriga a que os traduzan; e
se para traducilos hai que coñecer previamente a linguaxe da rexión para a que
escribiron, iso irán gañando a filoloxía e a causa do progreso.”
Que razóns utiliza Curros para defender o emprego do galego na literatura?
A que lingua se refire Curros cando di “linguaxe oficial imposta”?
Poñede adxectivos ao substantivo lingua e asociádeos con algunhas linguas que
coñezades.
Asociade cales destes adxectivos teñen que ver con trazos propios da lingua e
cales coa subxectividade dos seus falantes? Agrupamos non encerado as
características subxectivas e con que poden ter que ver.
Cal son as diferenzas entre linguas e dialectos? Con que sentido se utiliza aquí a
palabra “dialecto”?
2. Un texto d’O divino sainete que tamén nos fala disto
“ —Dígame, miña señora: polo argomento, que é forte,
¿É certo que na súa terra mais non estou convencido.
renace a poesía agora?
Eu sosteño, e traio probas,
—Boubas que ceiban ó vento que Galicia esperta; dígao
catro soñadores tolos... a autora das Follas Novas.
¡Non lle hai tal renacemento!
—¡Valente choromiqueira!
—Non haberá; mais non quita Poetas dese feitío
pra que Castelar o afirme. cómpranse a centos na feira.
—Xa lle eu tirei da lavita
Fai anos que un mala peza
En certa acasión... ¡Ten gracia quixo coröala en vida
eso de chamar poetas i eu tireillo da cabeza.
a esas rans da democracia!
—Non me maltrate ó grande home... —Agora comprendo o gusto
¡El, ó fin, nas apuradas con que lle rezou pola alma...
é o que nos dá un pouco nome! —Honrar ós mortos é xusto.
De alguén sei que, tras de rirse —Ese deber todos temos;
dil e dos seus ideales, pero inda máis xusto acho
cando quixo redemirse que ós vivos non deshonremos.
do olvido, sentouno á mesa, Mais a ilustre padronesa
fíxoo falar... i a eso debe deixando, pois, astra coido
valer o que val e pesa. que de mentala lle pesa.
—Se eso que di vai comigo, Diga e perdoe: ¿ises vates
mente. Eu brillo con luz propia. que mostran tantos alentos
—Morra o conto...—¡Mente, digo! para os modernos combates;
I en demostra de que mente, ises Novos e Labartas,
faga o favor de ler ise ises Lagos, esas pelras
tomo, e despois escarmente. que surxen á luz en sartas;
E de súpeto escoitando esa xeneración nova
un tumbo, baixei os ollos de parleiros rousinoles?...
e vin a meus pés, rolando, —Cantan... como Xan da Cova.
un libro da nova escola Non quixen oír máis nada.
que cheira a Carulla ás légoas —Vámonos, rogueille ó Mestre,
e fede que apesta a Zola. ¡ou fago unha xudiada!”
—¿Convenceuse?—Estou ferido
3. Lede o poema e aproveitade para preguntar todas as palabras, nomes,
expresións que vos son alleas.
Esa personaxe que repudia a nova literatura en galego correspóndese
con unha escritora do XIX. Investigade quen era.
Cales son as pexas que lle pon á literatura galega?
E, en concreto, que afirma sobre Rosalía de Castro?
Revisade a vosa lista.
Tivestes en conta o criterio da lingua á hora de elaborar a lista.
Coñeciades á anterior escritora da que falamos?
Fixádevos tamén no número de mulleres que aparecen e cal é a época
da que coñecedes a máis escritores e escritoras.
ACTIVIDADE
Facemos un barómetro de valores.
Precisamos un espazo amplo (patio, corredor, ximnasio). O voso
profesor ou a vosa profesora vai traer seis sentenzas sobre esta
cuestión que estamos a tratar. El ou ela van lelas de unha en unha e
situaranse no medio do espazo. Vós debédesvos posicionar: a favor (no
extremo dereito do espazo), en contra (no extremo esquerdo). Non
podedes falar durante a actividade só podedes explicar o voso
posicionamento cando a profesora ou o profesor vos dea a palabra. A
medida que os compañeiros e as compañeiras vaian falando podedes
modificar a vosa posición no espazo (sen falar, só observando). Canto
máis vos acheguedes ao lugar no que está situado o profesor ou a
profesora menos radicais seredes na vosa postura. Só podedes quedar
polo centro dúas veces.
“O galego non é unha lingua válida para a narración”
“O mellor libro é o que se vende”
“Publicar en galego só vende en Galiza”
4. Xa escoitamos moitas reflexións. Que vixencia teñen as ideas que expresa
Curros? Como se reflicte isto na literatura galega actual?
Estas cuestións na prensa da época e hoxe
Lede as dúas cartas ao director que reproducimos a seguir: unha de finais do
XIX e outra de finais do século XX.
5. • Moitos dos artigos e cartas ao director que aparecen na prensa de hoxe, xa
repiten temas que se trataban no século XIX. Comparade esta carta
enviada á Revista Gallega no 1898 e o artigo asinado por Xosé M. Martínez
Oca case cen anos despois, no 1995:
“Campo neutral”
Sr. Direitor da REVISTA GALLEGA
Señor e amigo: non hai moitos anos que para honra-la memoria de algús fillos
ilustres desta nobre cidade puxéronse unhas lápidas comemorativass nas
casas en que viviran Cornide e Lasagra, e a heroína Mayor Pita.
Hoxe, con motivo do vil asesinato do tenente coronel D. Xaquín Ruis, de
que tanto se falou, iniciou algún a ideia que se puxese na casa onde nacera
esta nobre vítima da perfidia de unhos bárbaros, unha lápida comemorativa.
Nada é máis xusto, e polo tanto non só non combatimos esto, senón que
polo contrario, non podemos menos de a louvar e desear que o que é só un
falar chegue logo a ser un feito. Pero ao mesmo tempo non deixa de me causar
certa estrañeza o que cando se fai algunha cousa para salvar do
esquencimento a lembranza de algun dino fillo deste pobo, e tendo polo tanto
este acto un ouxeto e un sabor puramente rexional, ou millor local, se use nas
inscriciós que se lle dedican, un lenguaxe que non é o do noso país.
As iscriciós das lápidas antes ditas están nun idioma que non é o
popular de Galicia. ¿Por qué non se fixeron en gallego? Se pois, se chega a
face-la de Don Xaquín Ruis, poderá subsanar en parte esta falta (ou millor
inadvertencia) de amor ás cousas da nosa terra usando na iscrición que se
poña o idioma de Macías e de Rosalía de Castro.
E xa que do idioma noso estamos falando, ocúrreseme que, actualmente
está pasando en Galicia unha verdadeira crisis filolóxica que ha de traer
seguramente, tarde ou cedo, unha grande revolta na curia, na xeografía e na
historia. Referímonos ás traduciós, ou millor, falsificaciós, dos nomes dos
lugares dos distritos rurás e aínda de rúas nas cidades e vilas. Vemos o lugar
de Acea d´ama convertido por algún corrutor ou enemigo do idioma de Galicia
en Haciadama; o de Zrezo convertido en Cerezo, Ordes convertido en
Órdenes; Fisterra convertido en Finisterre; o Cabo Vilán, convertido en Cabo
Villano, etc., etc. Outros lugares, sen duda por falta de atrevemento no tradutor
quedaron mitade en castellano e a mitade en gallego, coma Ponte do Porco,
que se convirtiu en Puente del Porco e aquí mesmo na Cruña a Rúa Nova
convertiuse en Ruanueva; o lugar dos Alcabaleiros en calle de Caballeros… e,
en fin, calaremos outros máis, e aínda máis disparatados porque cousas destas
non se cheguen a saber no estranxeiro onde se xusgaría mal da cultura dos
que trataron de semellantes troques de nomes con tanto lucimento; e aínda a
autoridade superior –o Istituto xeográfico e estadístico- debería poñer man
nesto para volve-las cousas ao seu e dar fin a tanta anarquía polos trastornos
que como dixemos pode causar ao propietario, ao viaxeiro, ao xeógrafo, ao
historiador e mais ao anticuario.
Pero vexo que estas mal escritas liñas van a privar de ocupa-los esteos
da apreciabre REVISTA que vostede tan dinamente dirixe, con traballos de
6. máis interese e valía, e polo tanto deixo a pruma ofrecéndome de vostede
atento seguro servidor que beixa as súas maos.
Un bon gallego.
A Cruña aos 11 días do mes de Xaneiro do
ano 1898
“A importancia do nome”
Antigamente certos pobos mantiñan a crenza de que o vínculo entre o nome e
o obxecto ou suxeito denominado non é arbitraria, senón un elo entre dúas
partes vitais da propia personalidade. O nome propio era considerado unha
cousa sagrada, que non se podía cambiar, porque nel estaba contida a esencia
do suxeito nominado.
Hoxe descoñecemos o significado do topónimo desta cidade. Ignoramos que
razóns moveron ós nosos devanceiros para designar o núcleo urbano formado
nesta breve península atlántica co nome de A Coruña. Pero intuímos que entre
nome e cidade existe unha relación que non por descoñecida deixa de ser
importante.
Dentro do que na actualidade é núcleo urbano coruñés existe outra reste de
topónimos cun significado de fácil comprensión: Os Pelamios, Os Mallos, As
Lagoas, A Gaiteira, A Zapateira ou A Sardiñeira. ¿Sería o mesmo que lles
chamásemos Los Noques, Los Mazos, Las Lagunas, La Gaitera, La Zapatera
ou La Sardinera?
A teima parece cando menos ridícula, se non triste e acomplexada. ¿Por qué
hai logo quen quere modificar o nome da cidade que os engloba? ¿Por
complexo? ¿Por ignorancia? ¿Por alienación?
Por favor, que nolo deixen así, que non modifiquen algo que forma parte do
espírito da cidade, como tratan tamén de modificar o seu ser para convertela
en recinto amurallado e hostil contra canto a rodea, en lugar de porto aberto a
tódolos ventos, tódalas rotas do mar e tódalas liberdades, como sempre foi.
Xosé Manuel Martínez Oca, en A Coruña, Publicación eventual coruñesa, nº 1,
xullo de 1995.
7. Facémonos conscientes da realidade.
De xeito individual, imos cubrir unha quiniela para reflexionarmos sobre a
situación actual da lingua. En vez de partidos de fútbol, poñemos un ámbito
social do gal:
se pensades que nel predomina o galego riscades o 1
-
se coidades que o galego e o castelán teñen igual presenza nese ámbito
-
riscades o X
se pensades que é o castelán o que predomina riscades o 2
-
ÁMBITO SOCIAL GALEGO AMBAS CASTELÁN
Revistas (música, corazón, informática…) 1 X 2
Prensa diaria (xornais, deportivos…) 1 X 2
Programas da televisión 1 X 2
Cine, DVD 1 X 2
Música (radio, discoteca, festas…) 1 X 2
Páxinas web, blogs… 1 X 2
Xoguetes (bonecas, Playstation, PSP…) 1 X 2
Comercios (rótulos, carteis…) 1 X 2
Etiquetas dos produtos 1 X 2
Menús (móbil, televisión, mp4…) 1 X 2
Libros de instrucións (neveira, dvd, ipod…) 1 X 2
Libros de lectura (bibliotecas, librarías…) 1 X 2
Materias no centro educativo 1 X 2
Actividades extrescolares (deportes, 1 X 2
informática…)
Documentos cotiás (carné de identidade, 1 X 2
impresos administrativos, seguro da
moto…)
Despois de cuberta a quiniela individualmente, comentades o resultado e
intentade chegar a cubrir unha quiniela entre todos os membros da aula.
Engadídelle algún ámbito que estea presente na vosa vida e que non estea na
quiniela.
Que conclusións quitades sobre a situación do galego na nosa sociedade
despois do resultado?
Cales pensas que son as solucións para que o galego gañe esta quiniela? E
vós en que queredes contribuír?