Literatura Galega
                                do Século XX e da Actualidade

                                   Paco Martín


                                         Entrevista
                                  IES Manuel García Barros
                                         A Estrada


                                                                 Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                         Fotos: © Todos os dereitos reservados
viernes 17 de febrero de 2012
Paco Martín


                1.       Que opina sobre os certames literarios? Cumpren estes unha función importante na normalización dunha literatura?
                Imaxino que si. Sobre todo no caso de linguas como é a nosa que, malia estaren minorizadas, teñen unha moi prestixiosa tradición
                literaria. Os certames literarios serven, cando menos, para que moitas das persoas que cren na escrita como arte para compartir teñan
                unha porta aberta pola que lles sexa posible entrar nese mundo ao que aspiran.
                        A participación nun certame literario pode axudar a que outras persoas, polo xeral con intereses semellantes, teñan
                oportunidade de saber da obra do concursante e mesmo facer que poida ser coñecida por outros. Son, ben o sabedes, moitas as
                escritoras e moitos os escritores que comezaron a súa carreira grazas a un destes certames.
                2.       Que supón para Vostede que lle recoñezan o seu labor literario coa
                         concesión dun premio literario? Con cal dos premios que lle outorgaron se
                         sente máis satisfeito?

                 Se hei contar verdade a miña participación en certames foi máis ben escasa. Creo
                 que soamente me cheguei a presentar a dous... Outra cousa son aqueles premios
                 aos que non te tes que presentar. En calquera caso creo que sempre resulta
                 satisfactorio que alguén pense que aquilo que fas non é de todo inútil.
                         Resultoume moi gratificador o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil,
                 especialmente porque aquela foi a primeira vez que se lle concedía un premio
                 nacional a un libro escrito en galego.

                3.       Que feito o motivou a comezar a escribir? Marcou esta circunstancia a súa
                         posterior obra literaria?                                                     Alumnos de Literatura Galega do s.XX cos libros doados por Paco Martín.

                Eu pertenzo a unha xeración na que a importancia da palabra, falada e escrita, era enorme, na que se contaban historias, os cativos
                contabamos aos demais a película que o domingo puideramos ir ver ao cine... Escoitar, ler e falar eran as fiestras ao mundo, as canles
                polas que era posible deixar que descorresen os nosos soños e en calquera deles nos era permitido intervir. Chegou, despois, a tiranía
                dos mass media e aqueles que tiveramos o noso papel, máis ou menos importante, de actores pasamos a simples espectadores-
                receptores do que a radio, a tele ou as axencias de noticias tiñan a ben botarnos na maseira para que nós soamente o consumiramos.
                        Supoño que, ademais de todas esas razóns que xa todos coñecedes, é posible que houbese tamén un aquel de rebeldía contra
                aquel silencio sutilmente imposto. Lembro agora o poema de Novoneyra: “De tanto calar, xa falo eu só”
                        Está claro que ese afán de comunicar, de compartir soños e sentimentos, de te sentir algo que aínda pode ser activo, ten moito
                que ver con isto da escrita. Eu teño un amigo que vive lonxe e ao que soamente vexo de cando en vez. Cando iso se dá e lle pregunto:
                Como vai todo? El engurra os ombros e, sorrindo, contesta: Bulimos!
                Pois iso: que se saiba que bulimos.



viernes 17 de febrero de 2012
Paco Martín


             4.      Que opina da situación actual da lingua e literatura galega? Hai futuro para ambas?
             Eu son de natural optimista mais recoñezo que os esforzos que están a facer aqueles que xogan no equipo contrario ao que eu defendo
             son moitos, moi fortes e case sempre ben pagos –cos cartos de todos- o que lles dá vantaxe. A desconsideración e descarada falla de
             respecto ao idioma ás que os leva a ignorancia, esa fonética vallisoletana que utilizan xornalistas, autoridades e todos aqueles que
             pretenden afastarse do común dos falantes, ese instrumento nefasto -que tanto diñeiro público custou e que non me estrañaría nada
             que fose proxectado co fin de facer o mal que faia- que é o “tradutor automático” castelán-galego (que todos sabemos que non ten
             sentido nin nunca preciso foi), estragador implacable da nosa sintaxe e axudante de conselleiros que digan “Desván de los Monjes”, a
             triste pobreza léxica e sintáctica dos que máis falan nos medios e que en teoría deberan dar exemplo. O Presidente actual da Xunta -
             ao igual que o anterior e mais o seu vicepresidente- pensan que falan galego cando utilizan un castelán mal traducido, desprezando a
             lingua á que lle deben respecto (e mesmo os cartos que cobran) e o que producen é tristura, carraxe e tamén noxo. Esta xente, se en
             verdade sentise unha miga de consideración por ela, deberan saber que cuns meses de relativo esforzo e nas mans de alguén que en
             verdade saiba facelo poderían dignificar a súa fala ao tempo que tamén se dignificarían eles.
                     Tampouco non estou moi convencido de que teñan demasiado interese no que aquí se escribe nin sequera no que antes se
             escribiu, pero iso de limitar a importancia da literatura ao momento da fotografía coa autora ou o autor do bestseller do momento
             non é exclusivo deste noso país. Tamén é certo –e moito máis importante- que aínda hai moitas persoas que si se interesan, que len,
             que escriben –coñezo moitas rapazas e rapaces, moi novas de idade e dunha excelente formación cultural, literaria e superior calidade
             humana-, e que fan, con seguridade e convicción, canto cren que deben facer para que sexamos quen somos as mil primaveras máis que
             Cunqueiro desexou.

             5.       Séntese personificado nalgunha obra que escribiu? Pode unha obra dun autor
                      ser allea case totalmente ao devalar existencial do seu autor?


             Non. Ou polo menos non teño conciencia de que así sexa nin nunca o pretendín.
             Outra cousa é que resulte practicamente imposible evitar que en calquera obra,
             literaria ou non, apareza a presenza, máis ou menos explicitamente, algo do autor
             e daquilo que o rodea.




                                                                                                             Paco Martín nunha cerdeira.




viernes 17 de febrero de 2012
Paco Martín

             6.      Cal é o público para o que lle gusta escribir? É por identificación ou ben por outras circunstancias?

             O que en verdade me gusta é escribir. Para que público? Pois para aquel que encontre na miña escrita algo co que
             conecte. Non creo demasiado no reparto da literatura por idades –agás nos primeiros niveis, claro-. Cando se fala
             de literatura infantil e xuvenil debería falarse de libros que tamén len as rapazas e mais os rapaces, sen que iso
             teña carácter de exclusividade. Nin moito menos. É certo que os que fomos mestres nun tempo no que era
             imposible obter material de traballo na nosa lingua viámonos na necesidade de facelo nós. Entre as máis
             significadas carencias estaban as lecturas, de aí que sexamos moitos os ensinantes que viñemos dar niso que
             chaman escritores de literatura infantil pero que en realidade escribimos para todos. Como ben sabedes hai
             libros da miña autoría situados polos editores en todos os chanzos de idade.
                     O que si resulta innegociable é o do idioma. O que non quere dicir que estea en contra das traducións –de
             feito por aí andan as que fixeron aos meus libros-.

             7.       Gustaríalle que algunha obra súa fose levada ao cine? E se é así cal lle gustaría?

             Xa se fixeron algunhas curtas. Sei que moita da miña escrita é debedora do cine en maior ou menor medida e
             que, polo tanto, non é de todo allea a esa linguaxe. Son –se cadra debera dicir fun- un cinéfilo recalcitrante e a   Paco Martín nunha homenaxe no 2011
             miña afección non esmoreceu, pero non teño un especial interese en que se faga cine a partir do que escribo. Son
             modos distintos de narrar.

            8.      Cal cree que foi a súa obra que tivo máis aceptación entre os lectores? Cal sería esa circunstancia ou temática que produciu esa
                    simbiose obra-lector?

           Sen dúbida “Das cousas de Ramón Lamote”, que leva 25 –ou 26- edicións e pasa dos 100.000 exemplares en galego.
                  Supoño que o personaxe, non demasiado usual pero si doadamente identificable, o lugar onde se move e as circunstancias nas que
           o fai, que poden darse en calquera parte, e ese algo indefinible -e para min descoñecido- que fai que sexa recoñecido por igual en
           calquera vila de Galiza ou de Andalucía, en Costa Rica, México, Buenos Aires ou Nova York...
                  A min, con case trinta títulos publicados, non me parece moi xusto que así sexa., pero...




viernes 17 de febrero de 2012
Paco Martín
              9.       Hai algún tema sobre o que lle guste especialmente escribir? En caso afirmativo, cal
                       sería o motivo desa temática?
              Interésanme esencialmente as xentes. Os temas, como marco no que elas se moven, tamén,
              mais sen preferencias.
             10.      Vostede foi mestre de escola dende o 1961 ata o 2000. Con que faceta se sente máis identificado, o ensino ou a escritura de
                      novelas?  Beberon estas últimas da súa profesión?


             A estas alturas sei xa que serían case imposibles unha sen a outra
             polo que sempre estiven identificado por igual coas dúas.
                    Diría que o meu traballo de mestre serviu en moita medida
             para o desenvolvemento da miña faceta de escritor, e tamén que
             as miñas inquedanzas literarias serviron moito para o meu labor
             como mestre.

               CUESTIONARIO XENÉRICO A TODOS/-AS OS/AS
             ESCRITORES/-AS
             Resúltame imposible responder a este modelo de cuestionarios nos
             que non se permite máis ca unha resposta a cada pregunta. Non
             son quen a facelo. Nunca fun, nin quixera ser, tan tallante nos
             meus criterios. Estou fabricadocon demasiados vimbios: libros,
             películas, musicas, xentes e lugares..., feito de moitas vivencias...
             E sei tamén que -falo por min, claro- aquilo que un día definiu case
             por enteiro o paradigma do que eu imaxinaba para algún aspecto
             determinado acabou, co tempo e a experiencia, sendo substituído,
             e sen que este substituto chegase tampouco a definitivo...                                Cando recibíu o E de escritor.
             Creo que a este tipo de preguntas non é posible dar
             respostassinceras, por máis que se pretenda.
             Desculpádeme, pero así é. Prégovos que fagades por comprender
             estas miñas carencias.
             Moitas grazas.




viernes 17 de febrero de 2012

Paco Martín

  • 1.
    Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Paco Martín Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados viernes 17 de febrero de 2012
  • 2.
    Paco Martín 1. Que opina sobre os certames literarios? Cumpren estes unha función importante na normalización dunha literatura? Imaxino que si. Sobre todo no caso de linguas como é a nosa que, malia estaren minorizadas, teñen unha moi prestixiosa tradición literaria. Os certames literarios serven, cando menos, para que moitas das persoas que cren na escrita como arte para compartir teñan unha porta aberta pola que lles sexa posible entrar nese mundo ao que aspiran. A participación nun certame literario pode axudar a que outras persoas, polo xeral con intereses semellantes, teñan oportunidade de saber da obra do concursante e mesmo facer que poida ser coñecida por outros. Son, ben o sabedes, moitas as escritoras e moitos os escritores que comezaron a súa carreira grazas a un destes certames. 2. Que supón para Vostede que lle recoñezan o seu labor literario coa concesión dun premio literario? Con cal dos premios que lle outorgaron se sente máis satisfeito? Se hei contar verdade a miña participación en certames foi máis ben escasa. Creo que soamente me cheguei a presentar a dous... Outra cousa son aqueles premios aos que non te tes que presentar. En calquera caso creo que sempre resulta satisfactorio que alguén pense que aquilo que fas non é de todo inútil. Resultoume moi gratificador o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, especialmente porque aquela foi a primeira vez que se lle concedía un premio nacional a un libro escrito en galego. 3. Que feito o motivou a comezar a escribir? Marcou esta circunstancia a súa posterior obra literaria? Alumnos de Literatura Galega do s.XX cos libros doados por Paco Martín. Eu pertenzo a unha xeración na que a importancia da palabra, falada e escrita, era enorme, na que se contaban historias, os cativos contabamos aos demais a película que o domingo puideramos ir ver ao cine... Escoitar, ler e falar eran as fiestras ao mundo, as canles polas que era posible deixar que descorresen os nosos soños e en calquera deles nos era permitido intervir. Chegou, despois, a tiranía dos mass media e aqueles que tiveramos o noso papel, máis ou menos importante, de actores pasamos a simples espectadores- receptores do que a radio, a tele ou as axencias de noticias tiñan a ben botarnos na maseira para que nós soamente o consumiramos. Supoño que, ademais de todas esas razóns que xa todos coñecedes, é posible que houbese tamén un aquel de rebeldía contra aquel silencio sutilmente imposto. Lembro agora o poema de Novoneyra: “De tanto calar, xa falo eu só” Está claro que ese afán de comunicar, de compartir soños e sentimentos, de te sentir algo que aínda pode ser activo, ten moito que ver con isto da escrita. Eu teño un amigo que vive lonxe e ao que soamente vexo de cando en vez. Cando iso se dá e lle pregunto: Como vai todo? El engurra os ombros e, sorrindo, contesta: Bulimos! Pois iso: que se saiba que bulimos. viernes 17 de febrero de 2012
  • 3.
    Paco Martín 4. Que opina da situación actual da lingua e literatura galega? Hai futuro para ambas? Eu son de natural optimista mais recoñezo que os esforzos que están a facer aqueles que xogan no equipo contrario ao que eu defendo son moitos, moi fortes e case sempre ben pagos –cos cartos de todos- o que lles dá vantaxe. A desconsideración e descarada falla de respecto ao idioma ás que os leva a ignorancia, esa fonética vallisoletana que utilizan xornalistas, autoridades e todos aqueles que pretenden afastarse do común dos falantes, ese instrumento nefasto -que tanto diñeiro público custou e que non me estrañaría nada que fose proxectado co fin de facer o mal que faia- que é o “tradutor automático” castelán-galego (que todos sabemos que non ten sentido nin nunca preciso foi), estragador implacable da nosa sintaxe e axudante de conselleiros que digan “Desván de los Monjes”, a triste pobreza léxica e sintáctica dos que máis falan nos medios e que en teoría deberan dar exemplo. O Presidente actual da Xunta - ao igual que o anterior e mais o seu vicepresidente- pensan que falan galego cando utilizan un castelán mal traducido, desprezando a lingua á que lle deben respecto (e mesmo os cartos que cobran) e o que producen é tristura, carraxe e tamén noxo. Esta xente, se en verdade sentise unha miga de consideración por ela, deberan saber que cuns meses de relativo esforzo e nas mans de alguén que en verdade saiba facelo poderían dignificar a súa fala ao tempo que tamén se dignificarían eles. Tampouco non estou moi convencido de que teñan demasiado interese no que aquí se escribe nin sequera no que antes se escribiu, pero iso de limitar a importancia da literatura ao momento da fotografía coa autora ou o autor do bestseller do momento non é exclusivo deste noso país. Tamén é certo –e moito máis importante- que aínda hai moitas persoas que si se interesan, que len, que escriben –coñezo moitas rapazas e rapaces, moi novas de idade e dunha excelente formación cultural, literaria e superior calidade humana-, e que fan, con seguridade e convicción, canto cren que deben facer para que sexamos quen somos as mil primaveras máis que Cunqueiro desexou. 5. Séntese personificado nalgunha obra que escribiu? Pode unha obra dun autor ser allea case totalmente ao devalar existencial do seu autor? Non. Ou polo menos non teño conciencia de que así sexa nin nunca o pretendín. Outra cousa é que resulte practicamente imposible evitar que en calquera obra, literaria ou non, apareza a presenza, máis ou menos explicitamente, algo do autor e daquilo que o rodea. Paco Martín nunha cerdeira. viernes 17 de febrero de 2012
  • 4.
    Paco Martín 6. Cal é o público para o que lle gusta escribir? É por identificación ou ben por outras circunstancias? O que en verdade me gusta é escribir. Para que público? Pois para aquel que encontre na miña escrita algo co que conecte. Non creo demasiado no reparto da literatura por idades –agás nos primeiros niveis, claro-. Cando se fala de literatura infantil e xuvenil debería falarse de libros que tamén len as rapazas e mais os rapaces, sen que iso teña carácter de exclusividade. Nin moito menos. É certo que os que fomos mestres nun tempo no que era imposible obter material de traballo na nosa lingua viámonos na necesidade de facelo nós. Entre as máis significadas carencias estaban as lecturas, de aí que sexamos moitos os ensinantes que viñemos dar niso que chaman escritores de literatura infantil pero que en realidade escribimos para todos. Como ben sabedes hai libros da miña autoría situados polos editores en todos os chanzos de idade. O que si resulta innegociable é o do idioma. O que non quere dicir que estea en contra das traducións –de feito por aí andan as que fixeron aos meus libros-. 7. Gustaríalle que algunha obra súa fose levada ao cine? E se é así cal lle gustaría? Xa se fixeron algunhas curtas. Sei que moita da miña escrita é debedora do cine en maior ou menor medida e que, polo tanto, non é de todo allea a esa linguaxe. Son –se cadra debera dicir fun- un cinéfilo recalcitrante e a Paco Martín nunha homenaxe no 2011 miña afección non esmoreceu, pero non teño un especial interese en que se faga cine a partir do que escribo. Son modos distintos de narrar. 8. Cal cree que foi a súa obra que tivo máis aceptación entre os lectores? Cal sería esa circunstancia ou temática que produciu esa simbiose obra-lector? Sen dúbida “Das cousas de Ramón Lamote”, que leva 25 –ou 26- edicións e pasa dos 100.000 exemplares en galego. Supoño que o personaxe, non demasiado usual pero si doadamente identificable, o lugar onde se move e as circunstancias nas que o fai, que poden darse en calquera parte, e ese algo indefinible -e para min descoñecido- que fai que sexa recoñecido por igual en calquera vila de Galiza ou de Andalucía, en Costa Rica, México, Buenos Aires ou Nova York... A min, con case trinta títulos publicados, non me parece moi xusto que así sexa., pero... viernes 17 de febrero de 2012
  • 5.
    Paco Martín 9. Hai algún tema sobre o que lle guste especialmente escribir? En caso afirmativo, cal sería o motivo desa temática? Interésanme esencialmente as xentes. Os temas, como marco no que elas se moven, tamén, mais sen preferencias. 10. Vostede foi mestre de escola dende o 1961 ata o 2000. Con que faceta se sente máis identificado, o ensino ou a escritura de novelas?  Beberon estas últimas da súa profesión? A estas alturas sei xa que serían case imposibles unha sen a outra polo que sempre estiven identificado por igual coas dúas. Diría que o meu traballo de mestre serviu en moita medida para o desenvolvemento da miña faceta de escritor, e tamén que as miñas inquedanzas literarias serviron moito para o meu labor como mestre. CUESTIONARIO XENÉRICO A TODOS/-AS OS/AS ESCRITORES/-AS Resúltame imposible responder a este modelo de cuestionarios nos que non se permite máis ca unha resposta a cada pregunta. Non son quen a facelo. Nunca fun, nin quixera ser, tan tallante nos meus criterios. Estou fabricadocon demasiados vimbios: libros, películas, musicas, xentes e lugares..., feito de moitas vivencias... E sei tamén que -falo por min, claro- aquilo que un día definiu case por enteiro o paradigma do que eu imaxinaba para algún aspecto determinado acabou, co tempo e a experiencia, sendo substituído, e sen que este substituto chegase tampouco a definitivo... Cando recibíu o E de escritor. Creo que a este tipo de preguntas non é posible dar respostassinceras, por máis que se pretenda. Desculpádeme, pero así é. Prégovos que fagades por comprender estas miñas carencias. Moitas grazas. viernes 17 de febrero de 2012