Entrevista realizada a Carlos Barros por Naiara González Río para a materia “Xéneros informativos” na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, curso 2023-2024.
Distintos collages e caligramas feitos polo alumnado de Literatura galega do século XX e da actualidade. Foron elaborados a partir de imaxes, poemas de escritores galegos ou composicións propias para transmitir os nosos pensamentos e as nosas preocupacións.
2. Os meus tempos de nenez, nos anos cincuenta, e mocidade nos sesenta, érano de verdadeira forza do señor funeralísimo e os que o
acompañaban que fixeron o andar dunha ideoloxía única represora e privada de libertades. Ou así ou… Pois ben nacín a dez anos do
36 e a nada de rematar a segunda guerra mundial. A situación era de enorme escuridade, silencio, medo, control absoluto e
represión sen medida. Pura inxustiza.Viviamos, para alegría do réxime, instaurados na rutina das “ boas formas”, franquista pois,e
na da súa ideoloxía. Mal podiamos abrir unha porta. Simplemente, e mal, mirar pola ventá desde a que podiamos, e con ollo, intuír
a liberdade e que non nos mirasen facer tal cousa. Eu que nacín e vivín en Compostela, aquilo era un contexto de negrura, cera e
campás a oración. O sistema educativo era simplemente clasista, puramente reprodutor literalmente de conceptos ordenados,
marcados, para memorizar sen cuestionar nada, nin de broma. Mal para quen se fose da norma e do establecido. A ditadura
asentouse ao longo destes meus anos en Compostela entre rezos, misas, pasos de semana santa, medos, incienso, virtudes públicas
e pecados ocultos e triunfos que o eran de competitividades establecidas. As cartas estaban marcadas. Eu, con moitos traballos de
meus pais, estudei bacharelato en Peleteiro, desde o primeiro lugar onde estaba, na República Argentina, detrás do cine Metropol.
Cada mes clasificábannos por postos. Os dez últimos da clase non vían luz, neste caso eléctrica da rúa, ata as nove ou nove e
media. Alí estaban castigados. Con todo tamén tiven quen me deu boas referencias e axudas. Falo do aquela Don Xesús Alonso
Montero, Don Benito Varela Jácome, Don Francisco Río Barja e sobre todos a mestra e o mestre Dona María e Don Xesús Pereira,
pais de Aurichu a dona de Xosé Manuel Beiras. Grazas a eles e a outras persoas como Antonio Vilasó, Crego do Castiñeiriño e seu
irmán Xaime fun sufrindo e para ben unha fermosa metamorfose e moi proveitosa. Ir vivir ao Castiñeiriño e poñerme en contacto
coa clase traballadora, obreiros e artesáns, sen perder contacto co “ pueblo” como así lle chamabamos a Compostela, foi un
trasvase de saber e actitudes complementario moi importante. Comecei a reflexionar sobre palabras como liberdade, rebeldía,
idioma, pobo, emigración, solidariedade, democracia, poesía, lealdade, amor. Libereime de moitas certezas. O que me marcou
outrora da ditadura foise esvaendo a prol de luces de novos horizontes e desexos para tempos de liberdade.
David Otero
1. Vostede, que comezou a dar os seus primeiros pasos rodeado dunha ditadura que se estaba a afirmar, como lembra aqueles
primeiros anos de xuventude? Até que punto estas circunstancias xuvenís o marcaron?
2. O feito de vivir case 30 anos na ditadura viuse reflectido na súa obra? Foi causa do seu firme compromiso con Galiza?
Como dixen os tempos da ditadura, os seus conceptos e contextos, incidían no meu pensar e na miña conduta, pero, como tamén
dixen, xurdiron novos estímulos e daquela os límites ríxidos nos que me movía volvéronse flexibles, observables e as ataduras
racháronse. Non foi doado. Como dixen tiven boas axudas. Algúns mestres marabillosos, un Crego rebelde e veciños proletarios, con
conciencia de clase. Boa xente. Seguindo a Neira Vilas direi que tiven sorte de “ subir ao pobo”. Daquela xa xogou un papel
significativo a memoria histórica. No barrio falábase de moitas cousas da guerra civil e así de paseos e cunetas. Falábase de Líster,
do Foucellas, dos mal chamados bandoleiros (que eran guerrilleiros), dos ferroviarios e canteiros. De barrios bravos como o propio
Castiñeiriño, Conxo e Sar. Fun descubrindo sustancialmente a inxustiza e a represión. Canto había que poñer á vista. Iso, claro
está, influíu na miña obra, no gusto de facer biografías como a de Castelao e Bóveda. Descubrín daquela, nos anos sesenta, a Anxel
Casal. Fun ao concerto de Raimon no Estadio da Residencia. Alí estaban Manuel María, ano sesenta e oito, e Uxío Novoneira entre
moitos máis. Velaí como naceu a querencia, a responsabilidade, o compromiso con Galiza.
lunes 9 de noviembre de 2015
3. Máis que compromiso gústame moito a responsabilidade. Velaí que si, que como xa dixen, foi
algo, a memoria histórica, que se me foi interiorizando a través de mostras e feitos de moita
xente que estivo moi cerca dos paseados e reprimidos e arestora, mesmo desde a lei sobre esta
memoria histórica, a restauración e declaración de inocencia dos executados, asasinados,
trasterrados, presos, non está completa e moito menos a busca e entrega ás familias das
moitas e dos moitos que xacen en cunetas e fosas. Que aínda os hai que din que iso xa non
existe. Din que xa cansa. Pois que declaren as inocencias dos que no seu día foron declarados
culpables sen selos e que entreguen os restos dos que aínda as súas familias non teñen. Feitos
e menos palabrería. Os familiares non queren subvencións. Queren as súas mortas e os seus
mortos. Punto. Por iso o futuro non vexo moi ben salvo que dunha vez teñamos gobernos e
institucións propias, democráticas de verdade, que crean no respecto e na esencia de ser
cidadáns. Non olvidemos que cando acabou a guerra no ano 39 non se declarou a paz…
declarouse a victoria. Velaí os vencedores e os vencidos. Hai que emendar iso como sexa. Faise
obrigado. Ao abeiro da Constitución debe ondear a bandeira da recuperación da memoria
histórica e así tal recuperación debese ser cousa institucional e resulta que quen o están a
facer son persoas ou colectivos cívicos con moito traballo, con gravame económico e por riba
con moitas dificultades. Tamén sempre baixo sospeita. Xa está ben do aquel de “ non revolver
nada”, “as feridas non convén abrilas”, pero se non se pecharon e supuran. Que falabaratos
hai. Revolver as cinzas… si… para que se haxa luz.
David Otero
3. Sabemos do seu firme compromiso coa nosa memoria histórica desde sempre. Que pensa de como se está a levar esa recuperación
por parte de quen tería que coller esa bandeira? Como agoira o futuro desta tan necesaria recuperación da nosa memoria histórica?
4. Sempre nos sorprendeu que un home firmemente preocupado e loitador polo noso idioma e polas nosas letras sexa un ensinante de
ciencias. Como se pode entender esta circunstancia?
Iso é consecuencia da metamorfose da que antes falei. Nos meus tempos de Compostela o potente eran as “ciencias”. Esa
referencia franquista. Campaban mellor os de ciencias. E claro… eu fixen o bacharelato por Ciencias. E as oposicións a mestres
tamén por Ciencias. Por matemáticas e Ciencias. Pero nese andar afirmándome na Lingua, na Historia e tradicións, na Cultura, de
Galiza a través dos seus referentes, digo Otero Pedrayo, Cuevillas, Roberto Blanco Torres, Castelao, Rosalía, Curros, Bóveda e
outras e outros como logo Méndez Ferrín, fun esgarabellando cousiñas e fun polo ando das letras como sustento do saber e das
experiencias. Velaí que por iso escribo e penso. Por causa de Galiza. Ao poñerse un “in situ” expresa un no que é e onde está.
Onde sente. Por iso escribo e creo na miña Lingua Galega.
David Otero
lunes 9 de noviembre de 2015
4. A lectura en calquera soporte, libro, pantalla, ao dereito, é un marabilloso exercicio do
pensamento. A lectura ha ser activa e creativa, que tire pola lectora e polo lector, que ao
rematar un libro este quede cheo de experiencias. A lectura ou é porque si ou non é. Ten que
levar moita emoción e desexos. A lectura literal, a repetitiva, é o grao cero da lectura. Alguén
dixo que a lectura non se pode conxugar en imperativo. Un pásao moi mal vendo como un xefe
de estudos calquera castiga a un alumno sen recreo e mándoo á biblioteca a ler un libro e que
llo resuma. Que mal. Que moi mal. Por iso sentín que o referido á lectura e á animación non se
estaba a facer ben. Tampouco a cousa vai por “librar unha hora” e ir á charla dun autor ao que
mal se lle leu o libro. E claro… como podemos animar á lectura se nós non somos lectores e por
riba estamos desanimados? Hai que mover e promover moitos desexos para que as mozas e os
mozos LIBREMENTE collan un libro e se poñan a lelo (que ao mellor nin siquera o acaban e non
pasa nada). Debemos acordar claramente que o libro, a lectura, deben levar a esencia da
liberdade. Non se pode estudar o libro de lectura. Se queremos… sempre atoparemos un libro
co que irmos de ganchete e disfrutar. Quen non tivo esa experiencia (que pode ter outras) non
sabe o que se perde. A lectura non vai por bos camiños. De todas as formas lese máis que antes.
Velaí os libros que se venden. De todos os xeitos podería ser ben máis. Ese que fai? Pois xoga
moi ben ao baloncesto, ao tenis. Dálle ao ordenata… uf!!! E ese…? Ese é un lector. Que prestixio
ten iso? Velaí como anda a cousa e como vai ir. Tamén ter en conta que o libro non é o único
soporte. Que hai outros. Mesmo a realidade. Unha paisaxe, un suceso, unha cara de alegría, un
acto de amor, algo que pensamos e vivimos, que lemos. Non soamente se le nos libros. Por iso
coido que o futuro ten que se orientar ao exercicio do pensamento desde a liberdade e desde
quen un é na súa Lingua e na súa Cultura irmandadas coas dos demais pobos do mundo. Todo un
fervedoiro de pensar e de sentir. Fantasía, imaxinación e creatividade, a mil por primeiro e por
segundo. As nosas letras, en especial a nosa Literatura, hoxe en día figura nas mellores
consideracións de Europa. As nosas escritoras e os noso escritores, ilustradoras e ilustradores,
teñen lugar nos espazos de maior cualidade de Europa. Mirar Manolo Rivas, Aníbal Malvar,
Agustín Fernández Paz, Xavier P. Docampo, Antonio Teijeiro, Leticia Costas, Paco Martín, Fina
Casalderrei, poño por caso. Premiados en moitísimos lugares. Traducidos a moitísimos idiomas.
Confianza, esperanza e futuro, para as nosas letras e non soamente para a nosa Literatura,
ollo).
David Otero
5. Vostede, que sempre foi unha persoa inmiscida na animación á lectura, como cre que se
encontra esta parcela na nosa xuventude actual? E no resto das xeracións? Como ve, ao mesmo
tempo, o presente e o futuro das nosas letras?
David Otero
Portada: “Ramón de Liripio”
lunes 9 de noviembre de 2015
5. David Otero
6. Séntese realmente compracido cando ve que o seu labor didáctico e exemplarizante co seu alumnado acada froitos de
compromiso coa nosa cultura e co noso país? E no seu entorno familiar?
Síntome ben, pero non de todo. Hai mozas e mozos que dá gloria seguilos,
acompañalos, mesmo soñalos e intuílos, pois sabemos que xa velos aí están
botando ánimos e traballo para tirar exemplarmente, afianzar e normalizar, a
nosa cultura. Pero hai otras e outros que os vexo ir, mesmo sen pensalo e
como levados, por outros camiños. A onde queren chegar? Esa é a miña
pregunta. Pois se teñen argumentos. Se a cousa foi determinada por unha
reflexión. Vale. Pero se o asunto é deixarse ir polo cómodo, polo que parece
guai, doado e inmediato… xa veremos. Primeiro deberiamos preguntarnos
quen somos e onde estamos. Que sentimos e que queremos ser. Referido ao
meu entorno familiar teño que dicir que tiven a sorte de ter avós, nai e pai,
sogra e sogro, compañeira e familiares, galegofalantes. Falaban e falan a
Lingua Galega como algo vivencial, directo e natural. Vivían e viven a cultura,
a historia, as tradicións, o ser pobo, dun xeito nada académico e si na
experiencia dos días e das noites. Iso deunos forzas enerxéticas potentes á
nosa parella para educar as nosas fillas e aos nosos fillos no mesmo ca nós e
así en galego. Por outra parte, iso si, tratamos de que sempre accedesen a
outros pobos, culturas e idiomas, coas “alforxas cheas”, quer decirse, desde
as galegas e os galegos que sempre foron (e son) Así se afirman e determinan.
Así nos poñemos no (e co) mundo. Sendo galegas e galegos. Vivimos en galego.
7. Supoñemos que vostede valorará todos os xéneros literarios pero cal (ou cales) cre que están a ter unha función primordial para as
nosas letras? Por que?
A poesía e a narrativa. De primeiras os habitantes dun pobo desde a nenez somos primeiros poetas e logo narradores. Este facer
e experiementar lévanos a que así, e con máis saberes, se vaian conformando creacións e obras que se asentan como xéneros
facéndose literatura. De aí que todas e todos facemos creación e logo algunhas e algúns xa conforman o seren autoras e autores
no campo literario. Gozo moito coa poesía e coa narración. Pensemos que estes dous campos son os máis normalizados da nosa
cultura.
Cabodano de Isaac Díaz Pardo
lunes 9 de noviembre de 2015
6. 9. Vostede, que tocou practicamente todos os xéneros literarios, con cal se sente máis a
gusto á hora de escribir? Por que? Ocórrelle o mesmo tamén á hora de ler?
David Otero
Nest orde direi a poesía, a narración e as biografías. Son tres causas de moita entrega e
consideración. O sentir e ver, o expresar, da poesía. O (re)crear do que son e co que
convivo, a narración. A memoria e a exemplariedade, a biografía. Tamén, xusto xunto co
ensaio, pásame a oler.
8. Son numerosas as asociación nas que Vostede actuou, e actúa, como fundador ou como
membro. Serían realmente necesarias estas asociacións se quen ten que velar pola nosa
cultura actuase en consecuencia? Supoñemos que de todas terá un grato recordo, pero con cal
ou cales se quedaría e por que?
Sempre. Os movementos asociativos, sexan como sexan e do tipo múltiple, son as
verdadeiras dinamizadoras da sociedade e dos pobos. Van diante no andar na dirección dos
horizontes. O malo é cando os movementos sociais de calquera tipo ao estar no poder o
partido “amigo” se paran e perden a intensidade creativa das súas reivindicacións. Por iso
son necesarias como motores de conquistas e de progreso. As asociacións, fundacións e
demais colectivos, agora referido ao mundo cultural, teñen sempre unha presenza
importante e sempre deben estar aí. O grao de intensidade varía e sobre todo de forma
moi triste debo significar o pouco de atención que moitas das institucións lle adican e
orzamentan.
Poño por caso. O gobernos galego leva anos sen sacar unhas convocatorias de axudas a
fundacións e AACC de Galicia. Axudas para desenvolver programas propios de casa
asociación. Queren gobernar a Cultura e iso é mala cousa. A Cultura non se goberna. A
obra cultural non se fai nos convenios singularizados, nin baixo corda. Imos mal e hai que
airealo. Os Colectivos son necesarios e as institucións teñen que funcionar no que lles
corresponde. Non teñen que controlar nada por aquilo de se son amigos ou non. A Cultura
non ten partido. E cada quen ten as súas responsabilidades, as súas funcións. Unha boa
parte do combustible debe vir das institucións, pero a potencia e a enerxía, o traballo, é
cousa das Asociacións. Así andaremos. Das Asociacións que máis quero debo destacar as
Fundacións Castelao, Bóveda e Pedrón de Ouro. Dos colectivos direi AC Vagalumes,
Irmandade Manuel María da Terra Chá e Xermolos.
Portada: “Castelao corenta anos despois”
lunes 9 de noviembre de 2015
7. 11. Como ve Vostede o futuro do noso idioma últimamente tan atacado? E o da nosa cultura?
David Otero
O noso idioma está controlado polo lexislado. Outro tanto a nosa Cultura. Estamos nun
momento de dinamitación considerable. Alguén díxolles ou lles dixeron, Faes Goberno,
Goberno Faes, que habería que controlar as cousas, digo identidade, idioma, cultura,
nación e pobo, e collérono ao pé da letra e fan todo o posible por telo controlado. Mesmo
se non lles fose caro dinamitaríanos de vez. Punto. Pero tamén, ollo, teñen a nosa
resistencia e a nosa rebeldía, que non é pouca e considérana e non pouco. O futuro está
problemático salvo o encender e prender lume de nós, en especial da mocidade, que
sabendo ser NÓS, usan comprensivamente os nosos sinais definitoios e dterminantes,
Lingua e Cultura en Pobo de seu e así non haberá forza asoballante que nos pare. Son
optimista dentro da experiencia que fun acollendo cos anos e coas vivencias. Penso que
vou sabendo que facer con ela. E por iso penso que a cousa non ha ir a peor.
Melloraremos.
10. Vostede está a traballar arreo coa nosa xuventude con todo tipo de actos. Como enxerga
o futuro desta xuventude e o compromiso que esta amosa para con Galiza e coa nosa cultura?
A mocidade constitúe a forza irrenunciable do que queremos construír a cada paso e hora.
O seu futuro vai moito no que sexamos quen de exemplerizar e motivar a que se busquen
as súas verdades e que se fagan as súas preguntas. Teñen a súa forma de ser e nós non
podemos interferir, pero si intervir a boa fe. Nótano ben cando a cousa vai de amigo e non
de coleguilla ou paternalismo innecesario. Teñen os seus lugares e tempos e neles viven os
seus acertas e os seus erros. Constrúense, fanse, únense se lles peta. Viven. E así buscan e
rebuscan, experimentan e desecan. Atopan ou non. Quedan ou vanse. E o mundo segue. Se
o queren, se o comprenden, as súas forzas son inmedibles. E que ninguén pense que van á
súa bóla. Son moi receptivos. Pero non os engañes. Non hai nada máis rebelador que unha
carauta Non xogues con eles para gañar. Son máis responsables do que se pensa. E non
olvidemos que nós estivemos aí e elas e eles estanse facendo, construíndo, afirmando. As
preguntas e as dúbidas son obrigadas. Non lle deas despostas innecesarias ou lle (im)poñas
camiños prefabricados. Para elas e para eles todo debe coller sentido. E Galiza, o Pobo do
Galego, tamén o ten para elas e para eles. E de aí tamén a Lingua e a Cultura. A Historia
e o mañá. Son e serán responsables. Seguro.
Portada: “¿Qué facer coas palabras?”
lunes 9 de noviembre de 2015
9. O entorno e a
capela de Sta.
Comba de Bande
Un monumento
salientábel?
Neste momento Pedro
Feijoo “A memoria da
choiva”(ed. Xerais
p r e m i a d a p o l a s
l e c t o r a s e p o l o s
lectores)
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Paio o estudante da
terceira parte de “ Os
camiños da vida” de D
Ramón Otero Pedrayo e
Africa do poema “
Reconquista” de
Agostinho Neto.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Jhon Berger “ Unha
vez en Europa”Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
O mestre da Lingua das
Bolboretas do libro “ Que
me queres amor” de
Manolo Rivas.
Un personaxe literario co que
se identifique?
“ Campás de medianoite”
Unha película de cine?
lunes 9 de noviembre de 2015
10. A normalización do meu
pobo como pobo de seu e todo
o que iso de normalizar
conleva.
Un anceio por realizar?
Para visitar as ribeiras
do Ulla en especial “ O
Areal”. Para vivir a aldea.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Non ter que convencer a
ninguén máis de que somos
un pobo de noso con Lingua
Galega nosa e Cultura propia
e diferenciada.
Unha utopía?
Na sala da casa das Quintas
de Codeseda, A Estrada
Un lugar axeitado para a
lectura?
A galega. A canción “Aquí” do grupo AQuenlla e letra de X.L.Rivas (Mini).
Un tipo de música? Unhacanción?
A música, a natureza, o
cine
Outro entretemento
ademais da lectura?
lunes 9 de noviembre de 2015
11. A literatura para min non é un
entretemento. Pero si, un entretemento
para min é facer versos coa
debrozadora. E con estribillos…!!!Outro entretemento ademais da literatura?
Todo
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
A revolta
irmandiña e a
guerrilla da
resistencia en
Galiza.
Un feito histórico?
Poñerme a sentir e así intuir.
Logo a expresión, se son quen,
desa vivencia entregándome
aos pensamentos acumulados
de vivencias de tantos tempos.
A intuición é para min a máis
pura inspiración.
Cal é a súa fonte de
inspiración?
Don Ramón Otero
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
A vida
Cal é a súa fonte de
inspiración
Unha obra teatral?
“ Divinas palabras”
de Valle Inclán.
lunes 9 de noviembre de 2015