Bieito Iglesias
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Bieito Iglesias Araúxo é un escritor galego, nacido en Ourense 
o ano 1957. Foi fillo de emigrantes, o que influíu na súa obra.
Licenciouse en Historia e foi profesor de lingua e literatura
galega. Ademais colabora en periódicos e revistas como A
Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos e
traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego. Dalgúns dos premios
que gañou destacan o Premio Merlín en el 1999, por A noite
das cabras do aire, o premio García Barros de novela no 2001,
por A historia escríbese de noite e o premio da Asociación de
Escritores na Lingua Galega á mellor traxectoria de
periodismo cultural no 2011, concedido en 2012.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
1.Ourense foi a súa cidade de nacemento, o espazo dalgunha da súa narrativa... mais Santiago
de Compostela foi outra cousa, non? E incluso vimos por aí que Vostede “viviu tres
Santiagos”...
Santiago foi o encontro coa mocidade de toda Galiza e coas secuelas do movemento estudiantil de
maio do sesenta e oito.
2. O seu aparecer literario foi un tanto dardío e nunha entrevista do xornal La Voz de Galicia
dixo «se empezara antes igual me arrepentía das obras escritas» En que cambiou a súa visión
do mundo?
Empecei aos trinta anos e aforreime as dúbidas que tería se rompese a escribir de máis rapaz,
pero logo sucedéronse dous ou tres escritores que asinan co meu nome, porque un muda cada
tantiños anos ou fosilízase.
3.E o seu debut literario produciuse con Aventura en Nassau... Por que este espazo lonxano
das Bahamas para a súa primeira novela publicada -inda que xa ben anos antes un longo
relatou seu viaxara até Luanda-?
Luanda sucedía en Ourense e no Porto, agora Aventura en Nassau si que supuxo unha fuxida
consciente cara outros escenarios. A maior parte da miña obra ambiéntase en Galiza pero tamén
me gusta viaxar por outras xeografías.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
4. A súa incursión na literatura infantil e xuvenil produciuse coa obra A noite das cabras do aire -Premio Merlín-. Con todos os
recoñecementos, por que non voltar a este público literario?
Escribín con gusto unha nouvelle de misterio que poden ler mozotes ou xente de calquera idade, pero trátase dun traballo ocasional.
Non teño vocación de escritor infanto-xuvenil.
5. No ano 2001 a súa novela A historia escríbese de noite acadou un dos premios narrativos
máis importantes da nosa literatura. Que supuxo este recoñecemento?
O premio xa me pillou grandiño e polo tanto non me fixo tolear. De calquera maneira sempre se
agradece un pequeno recoñecemento ao traballo.
6. Por certo, unha novela irónica, divertida, “grotesca” -como se di por aí- sobre o mundo
da prostitución en Galiza... Que pretendeu con esta súa novela?
A novela trataba sobre todo da crise dunha parella (divorcio, fillos compartillados) e logo
incluía dúas tramas secundarias: unha novela histórica sobre o carlismo catalán do XIX e unha
sátira sobre o paroxismo sexual contemporáneo.
7. Cos catro longos relatos que conforman a súa Miss Ourense pretendeu quizais mergullarse
no xénero detectivesco, policíaco...? Un xénero que, dende logo, nestes momentos goza
dunha forte saúde na nosa literatura...
Cando saíu Miss Ourense aínda non estaba tan na moda o xénero negro. A min sempre me
interesou como lector, desde a primeira mocidade, de modo que me encontrei cómodo nesa
fórmula.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
8. E con O mellor francés de Barcelona (Premio da Crítica de GalicIa do ano 1999)
outra volta aos relatos... Como se sente máis a gusto, escribindo unha novela longa ou
co relato, por moito que unha serie destes puider configurar realmente unha longa
novela?
Son un escritor fundamentalmente de media distancia, non me vexo como velocista nin
como maratoniano.
9. Para lermos a Arthur Conan Doyle no noso idioma temos que recorrer practicamente
ás súas traducións. Puideron estas ser os alicerces da súa posterior novelística?
Algún pastiche de Holmes escribín logo da tradución, no entanto a miña novelística vén
doutras fontes: Faulkner, Nabokov, Eduardo Blanco Amor, etc.
10. Ás veces pensamos que traducir literatura é do máis doado para quen manexe
idiomas... Non é isto un erro xa que lle hai que dar certa “literatura” á propia obra
orixinal?
A tradución vén sendo unha recreación, por iso o gran desafío á hora de trasladar Conan
Doyle ao galego consistía en darlle voz no noso idioma a personaxes vitorianos.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
11. Ultimamente tamén vimos saír lírica da súa pluma -A última música das cousas-.
Unha nova experiencia literaria ou máis ben xa vén de atrás?
Unha estrada secundaria. A corrente central da miña escrita indica que son un prosador
ficcionista aínda que tamén poida escribir versos.
12. Tampouco o xornalismo lle é alleo e incluso foi merecente dun premio como o
“Blanco Torres” por Barcos a pique e tamén un recoñecemento pola AELG pola súa
traxectoria xornalística. Pois daquela temos que lle preguntar a súa opinión verbo da
situación do noso xornalismo actual...
O xornalismo literario foi outra estrada secundaria pola que circulei, neste caso durante
moitos anos. O xornalismo non literario, hoxe e sempre, é propaganda da guerra dos
donos dos medios.
13. E xa vai alá máis dun lustro dende a súa última publicación narrativa... para cando
outra(s) obra(s) narrativa(s) de Bieito Iglesias?
Nunca se sabe, eu planifico pouco, escribo só cando me sae de adentro.
14. E para rematarmos, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura?
A literatura, a arte en xeral, depende do talento e o talento acontece, como un milagre.
así pois, mañá pode nacer na Estrada un Shakespeare. Outra cousa é a literatura en
galego. Para que esta exista, terá que perdurar o noso idioma e iso xa é un asunto
político.
jueves 20 de abril de 2017
CUESTIONARIO
jueves 20 de abril de 2017
O Panteón de
Agrippa
Un monumento
salientábel?
“A esmorga”.
Blanco Amor.
Un/ha autor/-a galego?
Un personaxe galego e
un estranxeiro/-a?
John Silver o Longo
Un personaxe literario co que
se identifique?
A vida
Cal é a súa fonte de
inspiración?
A anxo azul; Amarcord; O terceiro
home
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Divinas palabras, de Valle Inclán
Pálido Lume. V Nabokov
Un/ha autor/-a e unha obra
estranxeira?
Rañolas, Julien Sorel
jueves 20 de abril de 2017
Vivir unha
tempada nun
hotel suízo
Un anceio por realizar?
Unha vila mediana
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Roma
A guerra do Vietnam
Un feito histórico?
Percorrer o
Amazonas
Unha utopía?
A cama
Un lugar axeitado para a
lectura?
Je ne regrette rien por Edith
Piaf
Un tipo de música? Unhacanción?
Saul Belllow
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
O cinema
Outro entretemento
ademais da lectura?
jueves 20 de abril de 2017

Entrevista bieito iglesias

  • 1.
    Bieito Iglesias Entrevista IES ManuelGarcía Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Bieito Iglesias Araúxo é un escritor galego, nacido en Ourense  o ano 1957. Foi fillo de emigrantes, o que influíu na súa obra. Licenciouse en Historia e foi profesor de lingua e literatura galega. Ademais colabora en periódicos e revistas como A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos e traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego. Dalgúns dos premios que gañou destacan o Premio Merlín en el 1999, por A noite das cabras do aire, o premio García Barros de novela no 2001, por A historia escríbese de noite e o premio da Asociación de Escritores na Lingua Galega á mellor traxectoria de periodismo cultural no 2011, concedido en 2012. jueves 20 de abril de 2017
  • 2.
    Bieito Iglesias 1.Ourense foia súa cidade de nacemento, o espazo dalgunha da súa narrativa... mais Santiago de Compostela foi outra cousa, non? E incluso vimos por aí que Vostede “viviu tres Santiagos”... Santiago foi o encontro coa mocidade de toda Galiza e coas secuelas do movemento estudiantil de maio do sesenta e oito. 2. O seu aparecer literario foi un tanto dardío e nunha entrevista do xornal La Voz de Galicia dixo «se empezara antes igual me arrepentía das obras escritas» En que cambiou a súa visión do mundo? Empecei aos trinta anos e aforreime as dúbidas que tería se rompese a escribir de máis rapaz, pero logo sucedéronse dous ou tres escritores que asinan co meu nome, porque un muda cada tantiños anos ou fosilízase. 3.E o seu debut literario produciuse con Aventura en Nassau... Por que este espazo lonxano das Bahamas para a súa primeira novela publicada -inda que xa ben anos antes un longo relatou seu viaxara até Luanda-? Luanda sucedía en Ourense e no Porto, agora Aventura en Nassau si que supuxo unha fuxida consciente cara outros escenarios. A maior parte da miña obra ambiéntase en Galiza pero tamén me gusta viaxar por outras xeografías. jueves 20 de abril de 2017
  • 3.
    Bieito Iglesias 4. Asúa incursión na literatura infantil e xuvenil produciuse coa obra A noite das cabras do aire -Premio Merlín-. Con todos os recoñecementos, por que non voltar a este público literario? Escribín con gusto unha nouvelle de misterio que poden ler mozotes ou xente de calquera idade, pero trátase dun traballo ocasional. Non teño vocación de escritor infanto-xuvenil. 5. No ano 2001 a súa novela A historia escríbese de noite acadou un dos premios narrativos máis importantes da nosa literatura. Que supuxo este recoñecemento? O premio xa me pillou grandiño e polo tanto non me fixo tolear. De calquera maneira sempre se agradece un pequeno recoñecemento ao traballo. 6. Por certo, unha novela irónica, divertida, “grotesca” -como se di por aí- sobre o mundo da prostitución en Galiza... Que pretendeu con esta súa novela? A novela trataba sobre todo da crise dunha parella (divorcio, fillos compartillados) e logo incluía dúas tramas secundarias: unha novela histórica sobre o carlismo catalán do XIX e unha sátira sobre o paroxismo sexual contemporáneo. 7. Cos catro longos relatos que conforman a súa Miss Ourense pretendeu quizais mergullarse no xénero detectivesco, policíaco...? Un xénero que, dende logo, nestes momentos goza dunha forte saúde na nosa literatura... Cando saíu Miss Ourense aínda non estaba tan na moda o xénero negro. A min sempre me interesou como lector, desde a primeira mocidade, de modo que me encontrei cómodo nesa fórmula. jueves 20 de abril de 2017
  • 4.
    Bieito Iglesias 8. Econ O mellor francés de Barcelona (Premio da Crítica de GalicIa do ano 1999) outra volta aos relatos... Como se sente máis a gusto, escribindo unha novela longa ou co relato, por moito que unha serie destes puider configurar realmente unha longa novela? Son un escritor fundamentalmente de media distancia, non me vexo como velocista nin como maratoniano. 9. Para lermos a Arthur Conan Doyle no noso idioma temos que recorrer practicamente ás súas traducións. Puideron estas ser os alicerces da súa posterior novelística? Algún pastiche de Holmes escribín logo da tradución, no entanto a miña novelística vén doutras fontes: Faulkner, Nabokov, Eduardo Blanco Amor, etc. 10. Ás veces pensamos que traducir literatura é do máis doado para quen manexe idiomas... Non é isto un erro xa que lle hai que dar certa “literatura” á propia obra orixinal? A tradución vén sendo unha recreación, por iso o gran desafío á hora de trasladar Conan Doyle ao galego consistía en darlle voz no noso idioma a personaxes vitorianos. jueves 20 de abril de 2017
  • 5.
    Bieito Iglesias 11. Ultimamentetamén vimos saír lírica da súa pluma -A última música das cousas-. Unha nova experiencia literaria ou máis ben xa vén de atrás? Unha estrada secundaria. A corrente central da miña escrita indica que son un prosador ficcionista aínda que tamén poida escribir versos. 12. Tampouco o xornalismo lle é alleo e incluso foi merecente dun premio como o “Blanco Torres” por Barcos a pique e tamén un recoñecemento pola AELG pola súa traxectoria xornalística. Pois daquela temos que lle preguntar a súa opinión verbo da situación do noso xornalismo actual... O xornalismo literario foi outra estrada secundaria pola que circulei, neste caso durante moitos anos. O xornalismo non literario, hoxe e sempre, é propaganda da guerra dos donos dos medios. 13. E xa vai alá máis dun lustro dende a súa última publicación narrativa... para cando outra(s) obra(s) narrativa(s) de Bieito Iglesias? Nunca se sabe, eu planifico pouco, escribo só cando me sae de adentro. 14. E para rematarmos, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura? A literatura, a arte en xeral, depende do talento e o talento acontece, como un milagre. así pois, mañá pode nacer na Estrada un Shakespeare. Outra cousa é a literatura en galego. Para que esta exista, terá que perdurar o noso idioma e iso xa é un asunto político. jueves 20 de abril de 2017
  • 6.
  • 7.
    O Panteón de Agrippa Unmonumento salientábel? “A esmorga”. Blanco Amor. Un/ha autor/-a galego? Un personaxe galego e un estranxeiro/-a? John Silver o Longo Un personaxe literario co que se identifique? A vida Cal é a súa fonte de inspiración? A anxo azul; Amarcord; O terceiro home Unha película de cine? Unha obra teatral? Divinas palabras, de Valle Inclán Pálido Lume. V Nabokov Un/ha autor/-a e unha obra estranxeira? Rañolas, Julien Sorel jueves 20 de abril de 2017
  • 8.
    Vivir unha tempada nun hotelsuízo Un anceio por realizar? Unha vila mediana Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Roma A guerra do Vietnam Un feito histórico? Percorrer o Amazonas Unha utopía? A cama Un lugar axeitado para a lectura? Je ne regrette rien por Edith Piaf Un tipo de música? Unhacanción? Saul Belllow Un/ha autor/-a con quen se identifique? O cinema Outro entretemento ademais da lectura? jueves 20 de abril de 2017