SlideShare a Scribd company logo
NEERLANDÉS
ou flamengo
O neerlandés é un idioma
de orixe xermánica que é
lingua oficial nos Países
Baixos e en Bélxica, onde
se fala na parte
setentrional. Tamén se
fala no NO de Francia
(Flandres francés) e nunha
pequena parte do oeste
de Alemaña.
PORTUGUÉS
Idioma oficial de Portugal; do Brasil co nome de brasileiro;
e das antigas colonias africanas de Angola, Cabo Verde,
San Tomé- Príncipe, Giné Bissau e Moçambique. O
portugués e o galego naceron sendo a mesma lingua ata
que as fronteiras políticas os dividiron: o galego entrou no
séculos escuros mentres o portugués se espallou polo
mundo. Ten 270 millóns de falantes.
ALEMÁN
Idioma oficial de Alemaña, Austria, Liechtenstein. En
Suíza é cooficial xunto co francés e o italiano, aínda que
é a única lingua oficial dos cantóns alemáns, ao norte e
centro de Suíza (63’7%). Tamén é cooficial en Bélxica
xunto co neerlandés e o francés; e en Luxemburgo,
xunto ao alemán e ao francés. Ten uns 180 millóns de
falantes.
ITALIANO
Idioma oficial de Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e unha
das catro linguas oficiais en Suíza xunto co alemán o francés e o
romanche, sendo a lingua oficial dos cantóns situados ao sur
(6’5%). Tamén se fala en zonas do litoral de Eslovenia e Croacia .
Ten uns 55 millóns de falantes.
FRANCÉS
Único idioma oficial de Francia (aínda que existen outras linguas
faladas en diferentes zonas). Tamén é a lingua oficial de Mónaco,
cooficial en Bélxica (co flamengo e o alemán), en Luxemburgo (co
luxemburgués e o alemán), en Suíza (co alemán e o italiano, sendo
oficial nos cantóns situados ao oeste (20’4%); en Canadá (xunto co
inglés) sendo a única lingua oficial nas rexións do Quebec; e en
África, nas antigas colonias, especialmente en Costa de Marfil .
Calcúlanse 274 millóns de falantes.
DANÉS ou DINAMARQUÉS
Único idioma oficial de Dinamarca e cooficial nas Illas Feroe xunto
ao feroés. Tamén se fala en Groenlandia aínda que non é idioma
oficial. Ten uns 5 millóns de falantes.
CATALÁN
Idioma cooficial xunto co castelán en Cataluña e tamén en Valencia
co nome de valenciano e nas illas Baleares co nome de balear. É o
único idioma oficial de Andorra. Fálase tamén nalgunhas zonas da
fronteira francesa onde non ten recoñecemento oficial e na cidade
italiana de Alguer . Ten 10’02 millóns de falantes.
GALEGO
Idioma cooficial en Galicia, xunto co castelán. Ten unha orixe común co
portugués e, aínda que se consideren linguas independentes,
pertencen á mesma familia lingüística. Tamén se fala e se permite o seu
ensino regrado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León)
e nunha zona da provincia de Zamora, chamada As Portelas. En 19
concellos limítrofes de Asturias fálase o eonaviego ou galego-
asturiano.
En tres concellos estremeños, na fronteira con Portugal, no Val de
Xálima (San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde
do Fresno), na provincia de Cáceres, fálase a fala.
Non hai unanimidade acerca de se pode considerarse
unha variedade de galego, procedente dos galegos
participantes na Reconquista que se asentaron nesa
zona, ou unha lingua diferenciada da familia do
Galego-portugués.
POLACO
Idioma oficial de Polonia. Ten 38 millóns de falantes.
RUSO
É lingua oficial en Rusia e cooficial en Bielorrusia, Casaquistán,
Quirguisia, na República Autónoma de Crimea, na Ucraína e nas non
recoñecidas internacionalmente Transnistria, Osetia do Sur e
Abkhazia. Segue falándoses em países que formaron parte da Unión
Soviética como Letonia ou Estonia. O número total de falantes
podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.
CASTELÁN ou ESPAÑOL
Idioma oficial en España e cooficial nas comunidades autónomas de
Galicia (xunto co galego), Euscadi (xunto co éuscaro), Cataluña,
Valencia e Baleares (xunto co catalán,valenciano e mallorquín); e en
México, Centroamérica e Sudamérica menos Brasil. Ten máis de
300 millóns de falantes.
INGLÉS
Idioma oficial de Reino Unido, dos EEUU e de Australia e cooficial en
Irlanda, xunto ao irlandés, en Canadá xunto co francés e en Nova
Zelandia xunto co maorí. Non é a lingua máis falada, pero é tamén oficial
en: Botsuana, Camerún, os Estados Federados de Micronesia, Fiyi,
Gambia, Ghana, Hong Kong, India, Kenia, Kiribati, Lesotho, Liberia, Malta,
Islas Marshall, Mauricio, Namibia, Nigeria, Pakistán, Palaos, Papúa Nueva
Guinea, Filipinas (Philippine Inglés), Ruanda, Samoa, Seychelles, Sierra
Leona, Islas Salomón, Sri Lanka, Sudán, Sudán do Sur, Suazilandia,
Tanzania, Uganda, Zambia
e Zimbabue.
Ten uns
500 millóns de
falantes.
GAÉLICO-IRLANDÉS
O irlandés era a lingua principal da illa antes de que se
producise a conquista inglesa de Irlanda durante a Idade
Media. Desde 1922, coa independencia
da República de Irlanda,
converteuse en idioma oficial
xunto ao inglés.
Ten 2’7 millóns de falantes.
GREGO
Idioma orixinario e oficial de Grecia e cooficial en Chipre xunto o
turco. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e
Italia. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34
séculos de fontes escritas . Ten uns 11 millóns de falantes.
CHECO
Idioma oficial da República Checa. O checo é unha das linguas
eslavas do oeste de Europa, xunto co polaco, eslovaco e o sorabo.
Falado por uns 12 millóns de persoas.
GAÉLICO-ESCOCÉS
Lingua falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no
norte do país por unhas 70.000 persoas aínda que en tempos tivo
unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia.
Recentemente fixéronse intentos por recuperala
e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés
nalgunhas administracións .
É unha lingua celta da mesma rama que
o gaélico irlandés e o manx xa que as
tres proveñen do irlandés antigo.
ARMENIO
Idioma falada polo pobo armenio, lingua oficial das repúblicas
caucásicas de Armenia e de Nagorno-Karabakh.
O armenioé a única lingua dunha póla independente das lingua
indoeuropeas polo que é de moito interese para os lingüistas.
Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C.
Ten un alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
GALÉS
É a lingua do pobo galés. Idioma oficial no País de Gales, no Reino
Unido, xunto co inglés. Pertence a póla britónica das linguas
célticas.
Debido ao crecente uso do inglés, o
número de falantes de galés ten ido
descendendo desde hai décadas.
Con todo, de resultas dun número
de medidas, entre elas a introdución
da Acta da lingua galesa de 1993,
o galés vén gozando dun forte
rexurdimento nos últimos anos
e ten un status de igualdade co
inglés no sector público en Gales.
É a lingua céltica máis falada.
ASTURIANO
Lingua propia do Principado de Asturias que non ten aínda
recoñecemento de lingua oficial. O asturiano (asturianu) é unha
lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés que deriva
directamente do latín (ao que tamén pertence as falas tradicionais
de León e Zamora e o mirandés, lingua propia de Miranda do
Douro en Portugal).
ÉUSCARO
Idioma moi antigo, lingua tradicional dos vascos, no territorio que
rodea o Golfo de Biscaia, chamado Euskalerría. Fálase no País
Vasco e norte de Navarra en España e no Departamento de
Pireneos Atlánticos en Francia. É considerada como unha lingua
illada, e o único dos idiomas falados en
Europa Occidental que non descende
do tronco indoeuropeo,
xunto a linguas como finés,
húngaro, estonio, xeorxiano,
turco e maltés.
OCCITANO
O occitanoé a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual
Francia, época na que tivo un gran desenvolvemento literario.
Tamén se coñeceu como provenzal en diversas épocas todo o
dominio lingüístico pero a partir de1960 o provenzal designa a
variante de occitano falada
na Provenza; outra das
variantes de occitano, falada
na Aquitania, chámase gascón.
A ela pertence o aranés,
lingua falada e recoñecida
como oficial na rexión
do Val de Arán
no Estatuto de
Autonomía de Cataluña.
BRETÓN
Idioma falado na Bretaña, unha
pequena península situada no noroeste
de Francia. Fálase sobre todo nos
territorios máis occidentais, aínda que
se está a recuperar noutras partes da
rexión. Non ten recoñecemento oficial.
Conta cuns 200.000 falantes.
É unha lingua celta insular de tipo
britónico, estreitamente emparentada
co córnico e co galés. Houbo tamén
asentamentos de bretóns ata o século
XV en Galicia, no norte de Lugo, que
chegaron fuxindo das Illas Británicas
polas guerras anglosaxoas.
Bretón
córnico
galés
RAPANUI
A lingua rapanui (vananga Rapa Nui), tamén chamado pascuense,
é o idioma falado polo pobo rapanui na Illa de Pascua, e forma
parte do grupo de linguas de Polinesia oriental xunto co maorí, o
rarotongano, o tahitiano, o tuamotu, o marquesano, o hawaiano e
o mangarevano.
O ano 1888 marcará a anexión da illa por parte de Chile e como
consecuencia a influencia do español chileno medrará, sendo
hoxe a lingua oficial.
O rapanui está
amparado polas leis
desde a aprobación
en Chile nos anos 1990
da 'Lei Indíxena'.
GUARANÍ
É unha lingua da familia tupí-guaraní cuns 12 millóns de falantes
no Cono Sur de América. É, co español, idioma oficial en Paraguai a
partir da Constitución de 1992. Tamén é unha das linguas
indíxenas oficiais en Bolivia. Fálase tamén no norleste de
Arxentina, sendo lingua oficial na provincia de Corrientes xunto co
español, e no suroeste do Brasil.
É a lingua nativa dos guaranís, pobo
orixinario desa zona, pero na súa
variante moderna, cuxo estándar
é representado polo guaraní paraguaio, posúe un amplo uso. É
unha das linguas máis faladas entre as
linguas amerindias e a única cuxo uso
se foi estendendo a non indíxenas.
QUECHUA
O quechua tamén coñecido
como runa simi ("lingua da
xente"), é unha familia de
linguas que teñen unha orixe
común, o protoquechua, que
se falou nun territorio dos
Andes próximo da costa do
Perú. Ten rango de lingua
oficial en Perú, Ecuador e
Bolivia; conta tamén cuns
centos de falantes en
Colombia e na Arxentina. En
total calcúlanse uns dez
millóns de falantes.
WOLOF
Ó idioma wolof é unha lingua da familia das linguas níxer-congo. É
o idioma máis falado no Senegal e no grupo étnico dos wolof.
No Senegal, un 40% da poboación ten a lingua wolof como lingua
materna e o outro 40% como segunda lingua. En Gambia,
aproximadamente un 15% da poboación
(unhas 200.000 persoas) tena como
lingua materna, pero na capital,
Banjul, un 50% emprégaa como
primeira lingua. En Mauritania,
aproximadamente un 7% (185.000
persoas) da poboación fala wolof,
sobre todo nas zonas costeiras
do leste.
IORUBA
É unha lingua falada en África Occidental, principalmente en
Nixeria. O número de falantes de ioruba estimábase en arredor
de 20 millóns na década de 1990. É a lingua nativa do pobo
ioruba, que vive en Nixeria e Benin, con comunidades en
Europa, América e outras partes de África.
Unha variedade da lingua,
o lucumi, é a lingua litúrxica
da relixión da Santería, no
Caribe.
O ioruba está moi relacionado
coa lingua itsekiri(falada no
delta do río Níxer) e co igala
(falada en Nixeria central).
SWAHILI
É unha lingua africana que pertence ao grupo das linguas bantús,
sendo a que conta con máis falantes dentro deste grupo, que
forma parte á súa vez da
familia de linguas
níxer-congo.
Fálase sobre todo en
Tanzania e Kenia,
e en zonas limítrofes
de Uganda, Mozambique,
Congo (Rep. Dem.),
Ruanda, Burundi, Somalia
e Zimbabue.
HINDI
É un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da
India, sendo un dos seus idiomas oficiais xunto co inglés e outros 22
idiomas cooficiais en diferentes estados. É unha lingua
indoeuropea, da familia
indoirania.
O hindi é o cuarto idioma
máis falado no mundo,
despois do inglés.
Preto de 500 millóns de
persoas falan hindi e máis
de 800 poden entendelo.
XAPONÉS
É un idioma da familia de linguas xapónicas falado por máis de
130 millóns de persoas, principalmente nas illas do arquipélago
de Xapón.
ÁRABE
É a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas
afroasiáticas e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo.
Fálase ó longo do mundo árabe sendo a única lingua oficial en vinte
países e cooficial noutros seis. É a lingua litúrxica do islam.
A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de
diglosia. Todo árabe culto adoita
falar tanto o seu dialecto
local como o árabe estándar,
que aprendeu na escola.
Este último adoita ser utilizado
en situacións de comunicación
con falantes doutros dialectos
arábigos (por exemplo,
un marroquí a falar cun sirio).
CHINÉS
É a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao
grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés
como unha única lingua, debido ao feito de que todos os seus
falantes escriben igual, o certo é que é un conxunto de linguas
distintas, cuxos falantes non se entenden entre si. A principal e
oficial na República da China é o mandarín estánda (Putonghua),
baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da
China é o cantonés (Yue).
Arredor dun quinto da poboación
mundial, por riba de 1.000 millóns,
falan algunha forma de chinés
como lingua materna. 700 millóns
poden comunicarse eficazmente
en mandarín, superando a calquera
outra lingua do mundo.
HEBREO
É unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática.
Historicamente, é a lingua dos israelís e dos seus antergos. Deixou
de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV e
sobrevivíu no período medieval só como lingua litúrxica e da
literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como
lingua falada e da literatura. Hoxe é a lingua de 9 millóns de
persoas en todo o mundo, dos cales 7 millóns son de Israel. Nos
Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante,
con 221.593 falantes,
a maioría procedentes de Israel.
O hebreo moderno é unha das dúas
linguas oficiais de Israel (a outra é o
árabe), mentres que o hebreo bíblico
é usado para a oración e estudo
polas comunidades xudías de todo
o mundo.
ESPERANTO
É unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua
internacional para toda a poboación mundial sen substituír as
linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis
falada.
A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de
linguas modernas de orixe indoeuropea e tamén do latín e o grego
clásicos. Pola súa estrutura simplificada e case sen excepcións o
esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, esta lingua
funciona como calquera outra. A intención era crear unha lingua
moi fácil para que calquera persoa se puidese entender cun falante
doutra lingua.

More Related Content

What's hot

A lingua dos sefardís
A lingua dos sefardísA lingua dos sefardís
A lingua dos sefardísVillar Millán
 
Guía 3. o plurilingüismo da Península Ibérica
Guía 3. o plurilingüismo da Península IbéricaGuía 3. o plurilingüismo da Península Ibérica
Guía 3. o plurilingüismo da Península Ibérica
Marlou
 
Linguas Peninsulares
Linguas PeninsularesLinguas Peninsulares
Linguas Peninsulares
Román Landín
 
As linguas da península ibérica
As linguas da península ibéricaAs linguas da península ibérica
As linguas da península ibérica
Mª Dolores Alvariño Varela
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
noagaliza
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09xenevra
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
Román Landín
 
Indoeuropeos
IndoeuropeosIndoeuropeos
Indoeuropeos
Dives Gallaecia
 
Diversidade linguistica
Diversidade linguisticaDiversidade linguistica
Diversidade linguisticaLoli Cid Cid
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
PlurilingüismoMarlou
 
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadasLinguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadasAlba Berrecoso González
 
As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.
Marlou
 

What's hot (15)

A lingua dos sefardís
A lingua dos sefardísA lingua dos sefardís
A lingua dos sefardís
 
Guía 3. o plurilingüismo da Península Ibérica
Guía 3. o plurilingüismo da Península IbéricaGuía 3. o plurilingüismo da Península Ibérica
Guía 3. o plurilingüismo da Península Ibérica
 
Linguas Peninsulares
Linguas PeninsularesLinguas Peninsulares
Linguas Peninsulares
 
As linguas da península ibérica
As linguas da península ibéricaAs linguas da península ibérica
As linguas da península ibérica
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 
Situacion linguas españa
Situacion linguas españaSituacion linguas españa
Situacion linguas españa
 
Situacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañASituacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañA
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
 
Indoeuropeos
IndoeuropeosIndoeuropeos
Indoeuropeos
 
Diversidade linguistica
Diversidade linguisticaDiversidade linguistica
Diversidade linguistica
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadasLinguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
 
Situacion Linguas Europa
Situacion Linguas EuropaSituacion Linguas Europa
Situacion Linguas Europa
 
As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.
 

Similar to Inform linguas

2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
Coordinadora Galega ENDL
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMartaGlezTic
 
Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1
cpidonaurelio
 
O multilingüismo europeo
O multilingüismo europeoO multilingüismo europeo
O multilingüismo europeo
Marlou
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
SinoSecundaria1
 
O Asturiano
O AsturianoO Asturiano
O Asturiano
Román Landín
 
As linguas da península ibérica
As linguas da península ibéricaAs linguas da península ibérica
As linguas da península ibérica
Mª Dolores Alvariño Varela
 
Mapa lingüístico de italia
Mapa lingüístico de italiaMapa lingüístico de italia
Mapa lingüístico de italia
DavidC99
 
Linguas oficiais de Europa
Linguas oficiais de EuropaLinguas oficiais de Europa
Linguas oficiais de Europa
Loli Cid Cid
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialSusana Ferreiro
 
O breton
O bretonO breton
O breton
Loli Cid Cid
 
As linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasAs linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasdomenechino
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae Historia
Alfonso Blanco
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.aitorhveiga
 
Trabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaTrabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásica
AlexiiaVa
 
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A SMarlou
 

Similar to Inform linguas (20)

2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Situacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañASituacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañA
 
Situacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañASituacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañA
 
Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1
 
O multilingüismo europeo
O multilingüismo europeoO multilingüismo europeo
O multilingüismo europeo
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
 
O catalán
O   catalánO   catalán
O catalán
 
O Asturiano
O AsturianoO Asturiano
O Asturiano
 
As linguas da península ibérica
As linguas da península ibéricaAs linguas da península ibérica
As linguas da península ibérica
 
Mapa lingüístico de italia
Mapa lingüístico de italiaMapa lingüístico de italia
Mapa lingüístico de italia
 
Linguas oficiais de Europa
Linguas oficiais de EuropaLinguas oficiais de Europa
Linguas oficiais de Europa
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundial
 
O bretón
O bretónO bretón
O bretón
 
O breton
O bretonO breton
O breton
 
As linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasAs linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeas
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae Historia
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.
 
Trabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaTrabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásica
 
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
 

More from lingualiza

Danza aldan
Danza aldanDanza aldan
Danza aldan
lingualiza
 
Arañas no cinema
Arañas no cinemaArañas no cinema
Arañas no cinema
lingualiza
 
As arañas na banda deseñada
As arañas na banda deseñadaAs arañas na banda deseñada
As arañas na banda deseñada
lingualiza
 
Arañas e velenos
Arañas e velenosArañas e velenos
Arañas e velenos
lingualiza
 
Arañas na literatura
Arañas na literaturaArañas na literatura
Arañas na literatura
lingualiza
 
Domingo Fontán,
Domingo Fontán,Domingo Fontán,
Domingo Fontán,
lingualiza
 
A cabeleira
A cabeleiraA cabeleira
A cabeleira
lingualiza
 
día da muller
día da mullerdía da muller
día da muller
lingualiza
 
Froita do máis apetecible
Froita do máis apetecibleFroita do máis apetecible
Froita do máis apeteciblelingualiza
 
as matemáticas e a froita
as matemáticas e a froitaas matemáticas e a froita
as matemáticas e a froita
lingualiza
 
Clube Do Galego
Clube Do GalegoClube Do Galego
Clube Do Galegolingualiza
 
Poesía Contemporánea
Poesía ContemporáneaPoesía Contemporánea
Poesía Contemporánea
lingualiza
 

More from lingualiza (13)

Danza aldan
Danza aldanDanza aldan
Danza aldan
 
Arañas no cinema
Arañas no cinemaArañas no cinema
Arañas no cinema
 
As arañas na banda deseñada
As arañas na banda deseñadaAs arañas na banda deseñada
As arañas na banda deseñada
 
Arañas e velenos
Arañas e velenosArañas e velenos
Arañas e velenos
 
Arañas na literatura
Arañas na literaturaArañas na literatura
Arañas na literatura
 
Domingo Fontán,
Domingo Fontán,Domingo Fontán,
Domingo Fontán,
 
A cabeleira
A cabeleiraA cabeleira
A cabeleira
 
día da muller
día da mullerdía da muller
día da muller
 
Froita do máis apetecible
Froita do máis apetecibleFroita do máis apetecible
Froita do máis apetecible
 
as matemáticas e a froita
as matemáticas e a froitaas matemáticas e a froita
as matemáticas e a froita
 
Clube Do Galego
Clube Do GalegoClube Do Galego
Clube Do Galego
 
Pequesprofes
PequesprofesPequesprofes
Pequesprofes
 
Poesía Contemporánea
Poesía ContemporáneaPoesía Contemporánea
Poesía Contemporánea
 

Inform linguas

  • 1.
  • 2. NEERLANDÉS ou flamengo O neerlandés é un idioma de orixe xermánica que é lingua oficial nos Países Baixos e en Bélxica, onde se fala na parte setentrional. Tamén se fala no NO de Francia (Flandres francés) e nunha pequena parte do oeste de Alemaña.
  • 3. PORTUGUÉS Idioma oficial de Portugal; do Brasil co nome de brasileiro; e das antigas colonias africanas de Angola, Cabo Verde, San Tomé- Príncipe, Giné Bissau e Moçambique. O portugués e o galego naceron sendo a mesma lingua ata que as fronteiras políticas os dividiron: o galego entrou no séculos escuros mentres o portugués se espallou polo mundo. Ten 270 millóns de falantes.
  • 4. ALEMÁN Idioma oficial de Alemaña, Austria, Liechtenstein. En Suíza é cooficial xunto co francés e o italiano, aínda que é a única lingua oficial dos cantóns alemáns, ao norte e centro de Suíza (63’7%). Tamén é cooficial en Bélxica xunto co neerlandés e o francés; e en Luxemburgo, xunto ao alemán e ao francés. Ten uns 180 millóns de falantes.
  • 5. ITALIANO Idioma oficial de Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e unha das catro linguas oficiais en Suíza xunto co alemán o francés e o romanche, sendo a lingua oficial dos cantóns situados ao sur (6’5%). Tamén se fala en zonas do litoral de Eslovenia e Croacia . Ten uns 55 millóns de falantes.
  • 6. FRANCÉS Único idioma oficial de Francia (aínda que existen outras linguas faladas en diferentes zonas). Tamén é a lingua oficial de Mónaco, cooficial en Bélxica (co flamengo e o alemán), en Luxemburgo (co luxemburgués e o alemán), en Suíza (co alemán e o italiano, sendo oficial nos cantóns situados ao oeste (20’4%); en Canadá (xunto co inglés) sendo a única lingua oficial nas rexións do Quebec; e en África, nas antigas colonias, especialmente en Costa de Marfil . Calcúlanse 274 millóns de falantes.
  • 7. DANÉS ou DINAMARQUÉS Único idioma oficial de Dinamarca e cooficial nas Illas Feroe xunto ao feroés. Tamén se fala en Groenlandia aínda que non é idioma oficial. Ten uns 5 millóns de falantes.
  • 8. CATALÁN Idioma cooficial xunto co castelán en Cataluña e tamén en Valencia co nome de valenciano e nas illas Baleares co nome de balear. É o único idioma oficial de Andorra. Fálase tamén nalgunhas zonas da fronteira francesa onde non ten recoñecemento oficial e na cidade italiana de Alguer . Ten 10’02 millóns de falantes.
  • 9. GALEGO Idioma cooficial en Galicia, xunto co castelán. Ten unha orixe común co portugués e, aínda que se consideren linguas independentes, pertencen á mesma familia lingüística. Tamén se fala e se permite o seu ensino regrado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León) e nunha zona da provincia de Zamora, chamada As Portelas. En 19 concellos limítrofes de Asturias fálase o eonaviego ou galego- asturiano. En tres concellos estremeños, na fronteira con Portugal, no Val de Xálima (San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno), na provincia de Cáceres, fálase a fala. Non hai unanimidade acerca de se pode considerarse unha variedade de galego, procedente dos galegos participantes na Reconquista que se asentaron nesa zona, ou unha lingua diferenciada da familia do Galego-portugués.
  • 10. POLACO Idioma oficial de Polonia. Ten 38 millóns de falantes.
  • 11. RUSO É lingua oficial en Rusia e cooficial en Bielorrusia, Casaquistán, Quirguisia, na República Autónoma de Crimea, na Ucraína e nas non recoñecidas internacionalmente Transnistria, Osetia do Sur e Abkhazia. Segue falándoses em países que formaron parte da Unión Soviética como Letonia ou Estonia. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.
  • 12. CASTELÁN ou ESPAÑOL Idioma oficial en España e cooficial nas comunidades autónomas de Galicia (xunto co galego), Euscadi (xunto co éuscaro), Cataluña, Valencia e Baleares (xunto co catalán,valenciano e mallorquín); e en México, Centroamérica e Sudamérica menos Brasil. Ten máis de 300 millóns de falantes.
  • 13. INGLÉS Idioma oficial de Reino Unido, dos EEUU e de Australia e cooficial en Irlanda, xunto ao irlandés, en Canadá xunto co francés e en Nova Zelandia xunto co maorí. Non é a lingua máis falada, pero é tamén oficial en: Botsuana, Camerún, os Estados Federados de Micronesia, Fiyi, Gambia, Ghana, Hong Kong, India, Kenia, Kiribati, Lesotho, Liberia, Malta, Islas Marshall, Mauricio, Namibia, Nigeria, Pakistán, Palaos, Papúa Nueva Guinea, Filipinas (Philippine Inglés), Ruanda, Samoa, Seychelles, Sierra Leona, Islas Salomón, Sri Lanka, Sudán, Sudán do Sur, Suazilandia, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabue. Ten uns 500 millóns de falantes.
  • 14. GAÉLICO-IRLANDÉS O irlandés era a lingua principal da illa antes de que se producise a conquista inglesa de Irlanda durante a Idade Media. Desde 1922, coa independencia da República de Irlanda, converteuse en idioma oficial xunto ao inglés. Ten 2’7 millóns de falantes.
  • 15. GREGO Idioma orixinario e oficial de Grecia e cooficial en Chipre xunto o turco. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34 séculos de fontes escritas . Ten uns 11 millóns de falantes.
  • 16. CHECO Idioma oficial da República Checa. O checo é unha das linguas eslavas do oeste de Europa, xunto co polaco, eslovaco e o sorabo. Falado por uns 12 millóns de persoas.
  • 17. GAÉLICO-ESCOCÉS Lingua falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país por unhas 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións . É unha lingua celta da mesma rama que o gaélico irlandés e o manx xa que as tres proveñen do irlandés antigo.
  • 18. ARMENIO Idioma falada polo pobo armenio, lingua oficial das repúblicas caucásicas de Armenia e de Nagorno-Karabakh. O armenioé a única lingua dunha póla independente das lingua indoeuropeas polo que é de moito interese para os lingüistas. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C. Ten un alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
  • 19. GALÉS É a lingua do pobo galés. Idioma oficial no País de Gales, no Reino Unido, xunto co inglés. Pertence a póla britónica das linguas célticas. Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anos e ten un status de igualdade co inglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.
  • 20. ASTURIANO Lingua propia do Principado de Asturias que non ten aínda recoñecemento de lingua oficial. O asturiano (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés que deriva directamente do latín (ao que tamén pertence as falas tradicionais de León e Zamora e o mirandés, lingua propia de Miranda do Douro en Portugal).
  • 21. ÉUSCARO Idioma moi antigo, lingua tradicional dos vascos, no territorio que rodea o Golfo de Biscaia, chamado Euskalerría. Fálase no País Vasco e norte de Navarra en España e no Departamento de Pireneos Atlánticos en Francia. É considerada como unha lingua illada, e o único dos idiomas falados en Europa Occidental que non descende do tronco indoeuropeo, xunto a linguas como finés, húngaro, estonio, xeorxiano, turco e maltés.
  • 22. OCCITANO O occitanoé a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, época na que tivo un gran desenvolvemento literario. Tamén se coñeceu como provenzal en diversas épocas todo o dominio lingüístico pero a partir de1960 o provenzal designa a variante de occitano falada na Provenza; outra das variantes de occitano, falada na Aquitania, chámase gascón. A ela pertence o aranés, lingua falada e recoñecida como oficial na rexión do Val de Arán no Estatuto de Autonomía de Cataluña.
  • 23. BRETÓN Idioma falado na Bretaña, unha pequena península situada no noroeste de Francia. Fálase sobre todo nos territorios máis occidentais, aínda que se está a recuperar noutras partes da rexión. Non ten recoñecemento oficial. Conta cuns 200.000 falantes. É unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico e co galés. Houbo tamén asentamentos de bretóns ata o século XV en Galicia, no norte de Lugo, que chegaron fuxindo das Illas Británicas polas guerras anglosaxoas. Bretón córnico galés
  • 24. RAPANUI A lingua rapanui (vananga Rapa Nui), tamén chamado pascuense, é o idioma falado polo pobo rapanui na Illa de Pascua, e forma parte do grupo de linguas de Polinesia oriental xunto co maorí, o rarotongano, o tahitiano, o tuamotu, o marquesano, o hawaiano e o mangarevano. O ano 1888 marcará a anexión da illa por parte de Chile e como consecuencia a influencia do español chileno medrará, sendo hoxe a lingua oficial. O rapanui está amparado polas leis desde a aprobación en Chile nos anos 1990 da 'Lei Indíxena'.
  • 25. GUARANÍ É unha lingua da familia tupí-guaraní cuns 12 millóns de falantes no Cono Sur de América. É, co español, idioma oficial en Paraguai a partir da Constitución de 1992. Tamén é unha das linguas indíxenas oficiais en Bolivia. Fálase tamén no norleste de Arxentina, sendo lingua oficial na provincia de Corrientes xunto co español, e no suroeste do Brasil. É a lingua nativa dos guaranís, pobo orixinario desa zona, pero na súa variante moderna, cuxo estándar é representado polo guaraní paraguaio, posúe un amplo uso. É unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única cuxo uso se foi estendendo a non indíxenas.
  • 26. QUECHUA O quechua tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Perú. Ten rango de lingua oficial en Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total calcúlanse uns dez millóns de falantes.
  • 27. WOLOF Ó idioma wolof é unha lingua da familia das linguas níxer-congo. É o idioma máis falado no Senegal e no grupo étnico dos wolof. No Senegal, un 40% da poboación ten a lingua wolof como lingua materna e o outro 40% como segunda lingua. En Gambia, aproximadamente un 15% da poboación (unhas 200.000 persoas) tena como lingua materna, pero na capital, Banjul, un 50% emprégaa como primeira lingua. En Mauritania, aproximadamente un 7% (185.000 persoas) da poboación fala wolof, sobre todo nas zonas costeiras do leste.
  • 28. IORUBA É unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria. O número de falantes de ioruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990. É a lingua nativa do pobo ioruba, que vive en Nixeria e Benin, con comunidades en Europa, América e outras partes de África. Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O ioruba está moi relacionado coa lingua itsekiri(falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).
  • 29. SWAHILI É unha lingua africana que pertence ao grupo das linguas bantús, sendo a que conta con máis falantes dentro deste grupo, que forma parte á súa vez da familia de linguas níxer-congo. Fálase sobre todo en Tanzania e Kenia, e en zonas limítrofes de Uganda, Mozambique, Congo (Rep. Dem.), Ruanda, Burundi, Somalia e Zimbabue.
  • 30. HINDI É un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India, sendo un dos seus idiomas oficiais xunto co inglés e outros 22 idiomas cooficiais en diferentes estados. É unha lingua indoeuropea, da familia indoirania. O hindi é o cuarto idioma máis falado no mundo, despois do inglés. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi e máis de 800 poden entendelo.
  • 31. XAPONÉS É un idioma da familia de linguas xapónicas falado por máis de 130 millóns de persoas, principalmente nas illas do arquipélago de Xapón.
  • 32. ÁRABE É a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe sendo a única lingua oficial en vinte países e cooficial noutros seis. É a lingua litúrxica do islam. A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia. Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).
  • 33. CHINÉS É a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual, o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estánda (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue). Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna. 700 millóns poden comunicarse eficazmente en mandarín, superando a calquera outra lingua do mundo.
  • 34. HEBREO É unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelís e dos seus antergos. Deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV e sobrevivíu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura. Hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo, dos cales 7 millóns son de Israel. Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes, a maioría procedentes de Israel. O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo.
  • 35. ESPERANTO É unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de linguas modernas de orixe indoeuropea e tamén do latín e o grego clásicos. Pola súa estrutura simplificada e case sen excepcións o esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, esta lingua funciona como calquera outra. A intención era crear unha lingua moi fácil para que calquera persoa se puidese entender cun falante doutra lingua.