DOMINGO FONTÁN e a súa CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA
Domingo Fontán,
o descoñecido arquitecto
do rostro de Galicia
151 aniversario da súa morte,
200 do comenzo da elaboración da
Carta Xeométrica de Galicia,
o primeiro mapa moderno
feito na Península,
O PRIMEIRO RETRATO DA NOSA TERRA
dunha precisión admirable.
Naceu na Porta do Conde, concello de Portas, no 1788.
Estivo en Noia, ao pé do seu tío cura que o educou en saberes moi
diversos. Conservou toda a vida ese interese polo estudo de cousas tan
disímiles como a teoloxía, a matemática, as leis, a lingua francesa, a
filosofía, a lingua castellana e todo o referente a Galiza. Fontán foi o
retrato calcado dun humanista.
Matriculouse en Filosofía con tan só 12 anos e entrou así na
Universidade de Santiago, onde deu clase a partir dos 23, e incorpórase
aos grupos liberais da cidade. Humanista e liberal, implicouse na loita
política. Iso tróuxolle serios problemas persoais e profesionais en
distintos momentos da súa vida. E iso, tras a chegada do reaccionario rei
Fernando VII, conduciuno a el e a outros profesores membros da
masonería santiaguesa ante un tribunal universitario acusado de
"formar parte del número de los corifeos del Partido Liberal”, é dicir, dos
traidores ao Rei. Foi absolto da acusación e conservou a praza de
profesor universitario nesa ocasión; anos máis tarde sería novamente
sancionado e "purificado".
O SEU MESTRE
Foi discípulo de JOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, "o matemático de
Bermés“ (Lalín). Rodríguez impartira aulas na universidade de
Gottinga, fixera medicións xeodésicas para a armada británica,
ensaiara a triangular o meridiano entre Dunkerke e Barcelona, fora
convidado polo tzar das Rusias para astrónomo e recibira os
encargos de levantar o mapa da Península e fixar un novo sistema
de pesos e medidas. Tamén recibiu represalias polo seu
compromiso coas ideas liberais.
Pódese dicir que a posterior vida pública de Fontán vai ser unha
continuidade plena da do seu mestre, os mesmos ideais e afáns.
Até foi calcando os seus pasos profesionais: gañou a praza de
catedrático de Matemáticas Elementais e ao ano seguinte ocupa a
cátedra de Rodríguez González, "Matemáticas Sublimes".
A SÚA GRAN TAREFA: O MAPA DE GALICIA
Do seu mestre recibiu a súa gran tarefa, levantar a carta de
Galiza segundo un método científico, a triangulación xeodésica;
o sistema de medición co que xa se deseñara o mapa de Francia
había tempo e co que se estaban a deseñar os doutros reinos
europeos. Sen outro respaldo que o da universidade e as
achegas dalgúns amigos, o mapa é unha fazaña científica
prácticamente solitaria.
"Levantar a Carta Xeográfica dun reino é emprender unha obra
orixinal na súa clase, e en nada parecida aos mapas que diariamente
se publican. Non se recorre para iso a datos alleos cuxa exactitude non
estea comprobada; é forzoso adquirilos sobre o terreo, trasladándose a
el para debuxalo; elixir as estacións ou vértices dos triángulos que a
xeito dunha rede han de abarcar toda a súa extensión [...]".
MÉTODO DE TRABALLO
Un traballo de tal envergadura que tiña de ser realizado por un só individuo
obrigouno a ir pouco e pouco e dun xeito moi doméstico.
-Fixo as primeiras probas nun pombal do pazo de Sobrecarreira, en Sigrás
(Cambre), propiedade da familia do seu amigo, o político Antonio Loriga,
onde triangulou con dúas pranchetas os accidentes xeográficos que rodeaban
o lugar.
-En 1817, hai 200 anos, fai a medición astronómica e xeométrica da torre
Berenguela. Será o “punto cero” do seu mapa
“Atopei a latitude da Torre do Reloxo da Catedral por máis de 144
observacións astronómicas da (estrela) Polar, e por outras 200 de Orión e por
alturas meridianas do Sol”, anotou Fontán no seu caderno de traballo.
-A partir deste “punto cero” desenvolveu a rede de estacións xeodésicas por
toda Galicia, cunha exactitude asombrosa, axudándose do seu teodolito, que
hoxe se conserva na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela. Para
medir as distancias empregou o metro, unha distancia que non foi adoptada
oficialmente en España ata 1849. Niso tamén foi un pioneiro.
-A accidentada orografía do país dificultaba en maior medida as triangulacións que
debería facer Fontán, pero non se arredou. Foi un complexo traballo que realizou
gran parte das veces en solitario, dacabalo ou a pé, e, noutras ocasións coa axuda
do seu irmán Andrés, que completaba os datos recollidos por Domingo con
medicións barométricas que facía en Noia, ao nivel do mar, e un grupo de
estudantes e amigos. Rexistrou os accidentes xeográficos, cumes, chairas, cabos e
badías, máis de 3.600 curatos (parroquias) e máis de 10.000 vilas, pobos e aldeas.
Debeu coñecer, por tanto, á meirande parte dos galegos vivos naquel momento. A
súa sona propagouse pronto polo territorio, e era recibido, segundo conta Murado,
“cunha mestura de reverencia e conmiseración, a que lle merecía un sabio que tiña
o comportamento dun tolo”.
-As dificultades económicas e técnicas, a convulsión política e as súas outras
actividades profesionais estiveron a piques de facer que Fontán renunciase en
varias ocasións á súa empresa. Por fin en 1834, entrega formalmente a Carta á
raíña rexente María Cristina. "[...]
“Aspirando tan só a ser útil a Galicia consagrei a este obxecto os meus aforros, a
miña saúde e as miñas tarefas científicas por máis de ducia e media de anos,
logrando resultados que saberá apreciar a posteridade cando se sometan á censura
pública a Carta Geográfica de este antigo reino e as operacións que lle serviron de
base [...]".
- A raíña aprobou unha partida de 160.000 reais para imprimir o mapa de Fontán, aínda que
a imposibilidade de realizar os traballos en España debido aos estragos da guerra retrasou o
seu inicio. A Carta comezouse a gravar no 1839 en París, nos talleres Bouffard, Aínda había
ter dificultades para poder imprimir a Carta coa escala desexada, véndose obrigado a viaxar
a Francia para supervisar o traballo. Rematouse seis anos despois, aínda que houbo que
agardar ao 1847 para que chegasen a España 500 das 550 copias encargadas polo goberno.
O resto chegaron tempo despois. Daquela primeira tirada aínda se conservan exemplares na
Real Academia Galega ou no Pazo de Trasalba, sede da Fundación Otero Pedrayo. Este mapa
marca unha nova época na cartografía española caracterizada polo rigor científico e, tamén,
pola introdución do sistema métrico decimal.
DESEÑOU AS COMUNICACIÓNS
Alén do traballo universitario e das medicións xeodésicas, foi secretario da Deputación
Provincial de Galicia en 1820 e cando o Reino foi dividido en catro provincias pasou a ser
secretario da Deputación da Coruña.
No 1826 encargóuselle a delimitación municipal e xudicial da Galiza e tres anos despois o
trazado de todas as estradas que eran para abrir.
Fontán foi non só quen retratou o territorio do país senón o deseñador das súas
comunicacións. Posteriormente, en 1860, trázase a liña do primeiro camiño de ferro entre
Santiago e Carril e o enxeñeiro Tomás Rumbal recoñece que é "sacado do excelente mapa de
Galicia feito polo distinguido señor Don Domingo Fontán".
UN POLÍTICO LIBERAL
Foi tamén un político activo, deputado por Pontevedra, por Lugo e por
Pontevedra novamente, durante as convulsas rexencias de María Cristina e
Espartero e o comezo do reinado de Isabel II. A ideoloxía que formou a Fontán,
do mesmo xeito que aos seus contemporáneos liberais, aínda non contemplaba a
Galiza politicamente, mais o seu coñecemento polo miúdo da situación que vivía
o reino deulle unha visión que podemos chamar galeguista. Así, o seu inxente
labor como deputado fíxoo conscientemente desde un "perspectivismo político
galego".
Cando regresou definitivamente a Galicia probou sorte como empresario cunha
fábrica de papel en Lousame, herdada do seu tío crego. Desenvolveu innúmeras
tarefas, encargas e responsabilidades: Bibliotecario e presidente da Sociedade
Económica de Amigos do País santiaguesa, membro da Societé de Geographie,
director do Observatorio Astronómico de Madrid, da Escola de Enxeñeiros e
Xeógrafos...
Faleceu en 1866 no balneario de Cuntis. Os seus restos xacen no Panteón de
Galegos Ilustres desde 1988, xunto a Rosalía, Castelao e as outras figuras que,
cada unha ao seu xeito, debuxaron o rostro do país.
FALANDO DO MAPA DE FONTÁN
OTERO PEDRAYO na novela
Arredor de si
Adrián Solovio, o personaxe en que se
retrata a si mesmo Otero Pedrayo na
novela Arredor de si, contempla
emocionado como o seu tío, a piques de
morrer, lle pide que ilumine coa candea
o mapa de Fontán para que el poida
pasar por última vez a a súa man polos
nomes dos lugares amados. E o primeiro
paso para que Adrián descubra Galiza no
rostro exacto do país.
• Cunqueiro lembra que tropezou con el un día nos
corredores do instituto de Lugo: "Foi o meu grande encontro
co meu país galego: alí estaba a miña terra, a terra da miña
vocación e dos meus días, a terra temporal e a eterna [...]. Alí
detívenme a contemplar as comarcas coñecidas [...]“
• E Castelao fala del no Sempre en
Galiza,
"para uns a Terra é o pequeno berce no que
naceron: apenas un fermoso val [...]. Para
outros, a Terra é tan grande que soamente
alcanzan a vela no mapa de Fontán".
• O xornalista e escritor lucense Miguel
Anxo Murado rescatou hai anos este
persoeiro. Na primeira liña do primeiro
capítulo de Outra idea de Galicia
(Debate, 2013), Murado xa dá por feito
que o nome de Domingo Fontán “non
lle dirá gran cousa ao lector”. Pero,
como destaca, Fontán é clave para
entender o país. El foi o artífice de que
Galicia se adiantara en máis dun século
ao resto do Estado español en posuír un
mapa científico, un documento con tal
precisión que en moitos lugares non se
puido igualar ata a aparición das
medicións por satélite.
Durante case vinte anos, percorreu palmo a palmo o país
para trazar a súa Carta Xeométrica, que serviu de base para o
trazado de moitas das posteriores vías de comunicación que
artellaron todo o territorio galego.
• Precisamente foi esa primeira liña do libro
de Murado a que inspirou ao reporteiro
brasileiro Vítor Hugo Brandalise, que,
despois de indagar na historia de Fontán,
decidiu percorrer, ao longo de varios
meses de 2012, os mesmos pasos que
dera o matemático 195 anos atrás. O seu
proxecto quedou recollido no blog El
primer rostro de Galicia, e ofrece, coas
ferramentas multimedia do século XXI,
unha detallada reprodución daquela
aventura.
• Marcos Calveiro será o autor da novela
biográfica Fontán (Galaxia, 2015).
CANGAS NO MAPA DE FONTÁN

Domingo Fontán,

  • 1.
    DOMINGO FONTÁN ea súa CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA
  • 2.
    Domingo Fontán, o descoñecidoarquitecto do rostro de Galicia 151 aniversario da súa morte, 200 do comenzo da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa moderno feito na Península, O PRIMEIRO RETRATO DA NOSA TERRA dunha precisión admirable.
  • 3.
    Naceu na Portado Conde, concello de Portas, no 1788. Estivo en Noia, ao pé do seu tío cura que o educou en saberes moi diversos. Conservou toda a vida ese interese polo estudo de cousas tan disímiles como a teoloxía, a matemática, as leis, a lingua francesa, a filosofía, a lingua castellana e todo o referente a Galiza. Fontán foi o retrato calcado dun humanista. Matriculouse en Filosofía con tan só 12 anos e entrou así na Universidade de Santiago, onde deu clase a partir dos 23, e incorpórase aos grupos liberais da cidade. Humanista e liberal, implicouse na loita política. Iso tróuxolle serios problemas persoais e profesionais en distintos momentos da súa vida. E iso, tras a chegada do reaccionario rei Fernando VII, conduciuno a el e a outros profesores membros da masonería santiaguesa ante un tribunal universitario acusado de "formar parte del número de los corifeos del Partido Liberal”, é dicir, dos traidores ao Rei. Foi absolto da acusación e conservou a praza de profesor universitario nesa ocasión; anos máis tarde sería novamente sancionado e "purificado".
  • 4.
    O SEU MESTRE Foidiscípulo de JOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, "o matemático de Bermés“ (Lalín). Rodríguez impartira aulas na universidade de Gottinga, fixera medicións xeodésicas para a armada británica, ensaiara a triangular o meridiano entre Dunkerke e Barcelona, fora convidado polo tzar das Rusias para astrónomo e recibira os encargos de levantar o mapa da Península e fixar un novo sistema de pesos e medidas. Tamén recibiu represalias polo seu compromiso coas ideas liberais. Pódese dicir que a posterior vida pública de Fontán vai ser unha continuidade plena da do seu mestre, os mesmos ideais e afáns. Até foi calcando os seus pasos profesionais: gañou a praza de catedrático de Matemáticas Elementais e ao ano seguinte ocupa a cátedra de Rodríguez González, "Matemáticas Sublimes".
  • 5.
    A SÚA GRANTAREFA: O MAPA DE GALICIA Do seu mestre recibiu a súa gran tarefa, levantar a carta de Galiza segundo un método científico, a triangulación xeodésica; o sistema de medición co que xa se deseñara o mapa de Francia había tempo e co que se estaban a deseñar os doutros reinos europeos. Sen outro respaldo que o da universidade e as achegas dalgúns amigos, o mapa é unha fazaña científica prácticamente solitaria. "Levantar a Carta Xeográfica dun reino é emprender unha obra orixinal na súa clase, e en nada parecida aos mapas que diariamente se publican. Non se recorre para iso a datos alleos cuxa exactitude non estea comprobada; é forzoso adquirilos sobre o terreo, trasladándose a el para debuxalo; elixir as estacións ou vértices dos triángulos que a xeito dunha rede han de abarcar toda a súa extensión [...]".
  • 6.
    MÉTODO DE TRABALLO Untraballo de tal envergadura que tiña de ser realizado por un só individuo obrigouno a ir pouco e pouco e dun xeito moi doméstico. -Fixo as primeiras probas nun pombal do pazo de Sobrecarreira, en Sigrás (Cambre), propiedade da familia do seu amigo, o político Antonio Loriga, onde triangulou con dúas pranchetas os accidentes xeográficos que rodeaban o lugar. -En 1817, hai 200 anos, fai a medición astronómica e xeométrica da torre Berenguela. Será o “punto cero” do seu mapa “Atopei a latitude da Torre do Reloxo da Catedral por máis de 144 observacións astronómicas da (estrela) Polar, e por outras 200 de Orión e por alturas meridianas do Sol”, anotou Fontán no seu caderno de traballo. -A partir deste “punto cero” desenvolveu a rede de estacións xeodésicas por toda Galicia, cunha exactitude asombrosa, axudándose do seu teodolito, que hoxe se conserva na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela. Para medir as distancias empregou o metro, unha distancia que non foi adoptada oficialmente en España ata 1849. Niso tamén foi un pioneiro.
  • 7.
    -A accidentada orografíado país dificultaba en maior medida as triangulacións que debería facer Fontán, pero non se arredou. Foi un complexo traballo que realizou gran parte das veces en solitario, dacabalo ou a pé, e, noutras ocasións coa axuda do seu irmán Andrés, que completaba os datos recollidos por Domingo con medicións barométricas que facía en Noia, ao nivel do mar, e un grupo de estudantes e amigos. Rexistrou os accidentes xeográficos, cumes, chairas, cabos e badías, máis de 3.600 curatos (parroquias) e máis de 10.000 vilas, pobos e aldeas. Debeu coñecer, por tanto, á meirande parte dos galegos vivos naquel momento. A súa sona propagouse pronto polo territorio, e era recibido, segundo conta Murado, “cunha mestura de reverencia e conmiseración, a que lle merecía un sabio que tiña o comportamento dun tolo”. -As dificultades económicas e técnicas, a convulsión política e as súas outras actividades profesionais estiveron a piques de facer que Fontán renunciase en varias ocasións á súa empresa. Por fin en 1834, entrega formalmente a Carta á raíña rexente María Cristina. "[...] “Aspirando tan só a ser útil a Galicia consagrei a este obxecto os meus aforros, a miña saúde e as miñas tarefas científicas por máis de ducia e media de anos, logrando resultados que saberá apreciar a posteridade cando se sometan á censura pública a Carta Geográfica de este antigo reino e as operacións que lle serviron de base [...]".
  • 8.
    - A raíñaaprobou unha partida de 160.000 reais para imprimir o mapa de Fontán, aínda que a imposibilidade de realizar os traballos en España debido aos estragos da guerra retrasou o seu inicio. A Carta comezouse a gravar no 1839 en París, nos talleres Bouffard, Aínda había ter dificultades para poder imprimir a Carta coa escala desexada, véndose obrigado a viaxar a Francia para supervisar o traballo. Rematouse seis anos despois, aínda que houbo que agardar ao 1847 para que chegasen a España 500 das 550 copias encargadas polo goberno. O resto chegaron tempo despois. Daquela primeira tirada aínda se conservan exemplares na Real Academia Galega ou no Pazo de Trasalba, sede da Fundación Otero Pedrayo. Este mapa marca unha nova época na cartografía española caracterizada polo rigor científico e, tamén, pola introdución do sistema métrico decimal. DESEÑOU AS COMUNICACIÓNS Alén do traballo universitario e das medicións xeodésicas, foi secretario da Deputación Provincial de Galicia en 1820 e cando o Reino foi dividido en catro provincias pasou a ser secretario da Deputación da Coruña. No 1826 encargóuselle a delimitación municipal e xudicial da Galiza e tres anos despois o trazado de todas as estradas que eran para abrir. Fontán foi non só quen retratou o territorio do país senón o deseñador das súas comunicacións. Posteriormente, en 1860, trázase a liña do primeiro camiño de ferro entre Santiago e Carril e o enxeñeiro Tomás Rumbal recoñece que é "sacado do excelente mapa de Galicia feito polo distinguido señor Don Domingo Fontán".
  • 9.
    UN POLÍTICO LIBERAL Foitamén un político activo, deputado por Pontevedra, por Lugo e por Pontevedra novamente, durante as convulsas rexencias de María Cristina e Espartero e o comezo do reinado de Isabel II. A ideoloxía que formou a Fontán, do mesmo xeito que aos seus contemporáneos liberais, aínda non contemplaba a Galiza politicamente, mais o seu coñecemento polo miúdo da situación que vivía o reino deulle unha visión que podemos chamar galeguista. Así, o seu inxente labor como deputado fíxoo conscientemente desde un "perspectivismo político galego". Cando regresou definitivamente a Galicia probou sorte como empresario cunha fábrica de papel en Lousame, herdada do seu tío crego. Desenvolveu innúmeras tarefas, encargas e responsabilidades: Bibliotecario e presidente da Sociedade Económica de Amigos do País santiaguesa, membro da Societé de Geographie, director do Observatorio Astronómico de Madrid, da Escola de Enxeñeiros e Xeógrafos... Faleceu en 1866 no balneario de Cuntis. Os seus restos xacen no Panteón de Galegos Ilustres desde 1988, xunto a Rosalía, Castelao e as outras figuras que, cada unha ao seu xeito, debuxaron o rostro do país.
  • 12.
    FALANDO DO MAPADE FONTÁN OTERO PEDRAYO na novela Arredor de si Adrián Solovio, o personaxe en que se retrata a si mesmo Otero Pedrayo na novela Arredor de si, contempla emocionado como o seu tío, a piques de morrer, lle pide que ilumine coa candea o mapa de Fontán para que el poida pasar por última vez a a súa man polos nomes dos lugares amados. E o primeiro paso para que Adrián descubra Galiza no rostro exacto do país.
  • 13.
    • Cunqueiro lembraque tropezou con el un día nos corredores do instituto de Lugo: "Foi o meu grande encontro co meu país galego: alí estaba a miña terra, a terra da miña vocación e dos meus días, a terra temporal e a eterna [...]. Alí detívenme a contemplar as comarcas coñecidas [...]“ • E Castelao fala del no Sempre en Galiza, "para uns a Terra é o pequeno berce no que naceron: apenas un fermoso val [...]. Para outros, a Terra é tan grande que soamente alcanzan a vela no mapa de Fontán".
  • 14.
    • O xornalistae escritor lucense Miguel Anxo Murado rescatou hai anos este persoeiro. Na primeira liña do primeiro capítulo de Outra idea de Galicia (Debate, 2013), Murado xa dá por feito que o nome de Domingo Fontán “non lle dirá gran cousa ao lector”. Pero, como destaca, Fontán é clave para entender o país. El foi o artífice de que Galicia se adiantara en máis dun século ao resto do Estado español en posuír un mapa científico, un documento con tal precisión que en moitos lugares non se puido igualar ata a aparición das medicións por satélite. Durante case vinte anos, percorreu palmo a palmo o país para trazar a súa Carta Xeométrica, que serviu de base para o trazado de moitas das posteriores vías de comunicación que artellaron todo o territorio galego.
  • 15.
    • Precisamente foiesa primeira liña do libro de Murado a que inspirou ao reporteiro brasileiro Vítor Hugo Brandalise, que, despois de indagar na historia de Fontán, decidiu percorrer, ao longo de varios meses de 2012, os mesmos pasos que dera o matemático 195 anos atrás. O seu proxecto quedou recollido no blog El primer rostro de Galicia, e ofrece, coas ferramentas multimedia do século XXI, unha detallada reprodución daquela aventura. • Marcos Calveiro será o autor da novela biográfica Fontán (Galaxia, 2015).
  • 17.
    CANGAS NO MAPADE FONTÁN