A LINGUA DOS
       SEFARDÍS
O XUDEU-ESPAÑOL
Clasificación
   É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia
    Herzegovina, Grecia, República de Macedonia e
    Bulgaria. Conta na actualidade cuns 150.000
    falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a
    súa subdivisión é a seguinte:
     Itálico
      Romance
       Ítalo-occidental
        Subgrupo Occidental
         Grupo Galo-Ibérico
          Grupo Ibero-Romance
          Judeoespañol
   Estatus oficial: Recoñecida por Israel.
   Regulado por: Autoridad Nasionala del Ladino
BREVE HISTORIA DOS SEFARDÍS E ORIXES
                 DA LINGUA
   Os sefardís foron os xudeus expulsados da
    Península Ibérica que refusaron converterse ó
    catolicismo (RR CC, Edicto de Granada, 31 de
    Marzo de 1492).
   Eles levaron consigo a súa lingua de procedencia:
    castelán, galego, catalán… e ó ser os
    castelanfalantes os máis numerosos na diáspora,
    foi o idioma predominante para estas
    comunidades xudías emigradas, se ben recibiron
    influencia do resto das linguas faladas polos
    distintos membros da comunidade.
   Pode dicirse que é un español antigo, que apenas
    evolucionou. É unha lingua diferente pero
    totalmente intelixible.
   Posúe varios nomes: 1. Ladino. 2. Sefardí.
    3.Xudeu-español ou djudezmo
   1.Ladino: chamáse ladino ás traducións literais do hebreo
    litúrxico (español con sintaxe hebrea) “fazer en latino”.
    Tamén se lle chama xudeu-español calco. En moitas
    ocasións tamén se coñece como ladino, por asimilación, á
    lingua vernácula, pero nun nivel académico é preferible
    distinguir entre ladino (lingua de tradución), e xudeu-
    español (lingua falada). Actualmente, no mundo dos
    estudios sefardís existe unha polémica aberta entre autores
    como H. V. Sephiha, que considera a presenza de dúas
    linguas diferentes: o ladino (xudeu-español calco) e o
    xudeu-español vernáculo (lingua viva), e os seus
    opositores, como I. Hassán, para quen existe só unha
    lingua con diferentes variantes estilísticas, entre as que non
    hai discontinuidade.
   O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo
    Sefarad= España. Nome biblíco. Os sefardís a maioría das
    veces refírense á súa lingua como espanyol (grafía
    propia). O termo “xudeu-español” necesario para
    distinguilo do español moderno. Os sefardís sempre
    mantiveron un amor pola “madre patria” coa que se
    referían a España, moitos hoxe en día séntense españois.
   Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en
    perigo de morte, pois excepto en Israel e España, onde se
    atopan algúns organismos a prol da súa defensa, no resto de
    comunidades a perda é progresiva quedando restrinxida ó
    ámbito familiar que non o transmite. A Asociación Nacional do
    Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en
    xudeu-español, Aki Yerushalayim ("Aquí Jerusalén") http://www.aki-
    yerushalayim.co.il/ay/087/index.htm , a radio Kol en Israel emite en
    Sefardí; en España tamén hai algúns medios de comunicación
    que promoven o xudeu-español: Radio Exterior de
    España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de
    20 anos no aire.(http://www.rtve.es/podcast/radio-exterior/emision-en-
    sefardi/). Varias casas editoriais españolas editan libros escritos
    en xudeu-español. En tierras ajenas yo me vo murir (Gad
    Nasí): recompilación de contos e testemuños en lingua
    xudeu-española. Los Dos Mellizos, novela do século
    XIX; Crónicas de los Reyes Otomanos (Moshé Almosnino),
    primeira publicación formal en lingua xudeu-española.
   O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión
    (Beerseba, Israel) leva un importante labor docente de axuda
    á preservación do xudeu-español. http:// www.youtube.com/
    watch?v=4izbvb4k2R0
Na actualidade podemos dicir que o xudeu-español
  é un conxunto dialectal que presenta dúas
  modalidades: oral e escrita. A oral divídese en
  dous grupos: a variante oriental (djudezmo),
  falada polos xudeus sefardís que partiron cara a
  Portugal, Países Baixos, Italia, Península
  Balcánica e Imperio Otomano, mantida
  actualmente en Israel, Turquía e algúns países
  balcánicos. En Israel está habendo unha certa
  recuperación por parte dos descendentes de
  sefardís que emigraron a Israel trala creación do
  novo estado. (http://www.youtube.com/watch?
  v=U53XKRY2qg0&feature=channel )
A variante occidental, coñecida como haketía
  (falada polos xudeus sefardís da zona norte de
  Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla).
  A lingua de traducción do hebreo dos textos
  sagrados, é o ladino.
Historia da comunidade sefardí. Entender o
   porqué da situación actual do idioma.
   Os xudeus que chegaron ó Imperio Otomán foron recibidos
    como representantes da avanzada civilización occidental e
    tratados con respecto. Aquí foi onde a comunidade sefardí
    tivo máis auxe. Non lles obrigaban a aceptar o idioma nin a
    relixión. Non lles facían participar na vida do país, polo que
    os sefardís non se incorporaban á sociedade e non
    deixaban de usar a súa lingua. Os que acababan de chegar
    asimilaban e “castelanizaban” a outras comunidades xudías
    grazas ó seu prestixio social e económico, pronto se
    formaron grandes comunidades sefardís en ciudades
    importantes do país (Salónica, Estambul, Saraievo,
    Skopie).
   Como resultado, durante os séculos XVI e XVII creouse
    unha koiné lingüística, que tiña trazos de diferentes
    variedades peninsulares co predominio do español
    meridional, e con elementos recibidos doutras linguas coas
    que estaba en contacto, sobre todo do turco e do grego.
   Os sefardís chegaron a constituír a burguesía ata o século XVIII.
    Baixo o seu control estaban as minas de ouro e prata, o comercio
    e as aduanas.
   Foron os armadores e médicos máis célebres e os tradutores
    oficiais (o Corán non deixaba que os musulmáns exerceran este
    posto). Foron eles os que implantaron a imprenta e fundaron a
    primeira universidade do imperio en Salónica. Esta bonanza da
    comunidade sefardí traduciuse na época dourada da linua, onde
    comezou a florecer a literatura.
   Calcúlase que o número dos sefardófonos podía alcanzar naqueles
    tempos os 350 mil.
   A partir do século XIX foron perdendo postos significativos polo
    auxe do nacionalismo. A constante caída do Imperio Otomán e a
    consecuente creación de novos estados, os sefardís foron
    obrigados a usar as linguas nacionais. Xurdiu unha corrente de
    antisemitismo en toda Europa Oriental que, sen chegar á
    violencia, impedía os xudeus practicala súa relixión. Todos estes
    fenómenos provocaron unha gran emigración dos xudeus ós
    países de Europa Occidental e América, onde a maioría deixaba de
    usar o xudeu-español para incorporárense no novo entorno.
   O exterminio nazi fixo que desaparecesen case todas as
    comunidades sefardís de Europa oriental. En cinco anos o xudeu-
    español perdeu o 90% dos falantes. A falta de medios de
    comunicación, a falta de recoñecemento oficial e organismos que
    defendesen ou promovesen o xudeu-español fixeron que as
    xeracións seguintes se incorporasen totalmente ás sociedades dos
    países en que estaban.
Situación da lingua na actualidade
   O número de falantes de xudeu-español rolda na actualidade os 150.000.
    En Israel é onde se atopa o maior número de sefardís (en torno os 100
    mil), pois a maioría emigraron a Israel na creación do novo estado e
    transmitiron a lingua ás novas xeracións. Fóra de Israel a comunidade
    máis significativa é a turca (15.000 falantes). Aquí o número de periódicos
    e boletíns emitidos en xudeu-español segue sendo significativo.
   Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do
    xudeu-español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, cunha
    gran aportación do castelán estándar, do que se toma numeroso
    vocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e
    eslavos.
   Hai disconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súa
    proximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por
    asimilarse totalmente ó castelán moderno.
   A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos,
    que non trasmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo,
    pois senten que non é necesaria xa que os seus fillos cobren as súas
    necesidades coas lnguas do territorio onde está a comunidade.
   Está recoñecida en Israel, onde se atopa a ANL (órgano encargado do
    estudo da lingua xudeu-española, da súa protección e da súa
    conservación). Non é lingua oficial pero pode impartirse a nivel académico.
    Existe unha cantidade de tradición oral e de literatura oral e refráns en
    sefardí. http://sefarad.rediris.es/ http://es.wikipedia.org/wiki/
    Idioma_judeoespa%C3%B1ol
O xudeu-español
   1.Escritura e fonética: antes da expulsión
    da península Ibérica xa existían as
    traducións en ladino, que se efectuaban en
    alfabeto hebreo. Trala chegada de
    comunidades sefardís a distintos países
    adoptaron as grafías correspondentes do
    territorio. Os emigrados no norte de
    África mantiveron a grafía al-hamiada
    (hebreo pero con lingua española), en
    Europa optouse polo latino e a adaptación
    ás normas ortográficas dos países onde
    estaban as comunidades sefardís.
   Na actualidade, o xudeu-español escríbese
    comunmente en alfabeto latino, sobre todo
    grazas ó turco, que representa fielmente sons
    coincidentes co xudeu-español. De aí a
    importancia do alfabeto turco, pois adáptase moi
    ben para a súa representación. Os seguintes
    caracteres é frecuente encontralos nas
    publicacións turcas en djudezmo:
   Ç - [CH] española - Munço - Mucho
   Ş - [SH] española - Buşkar - Buscar
   C - [Y] consonante española - Cidyo - Judío
   J - [ZH] J francesa - Fijo - Hijo
   NY - [Ñ] española - Kunyada - Cuñada
   H - [J] española - Haber - Socio
   Estudosos como Jacob M. Hassán (filólogo
    sefardí), alegan que o xudeu-español debe
    adoptar a ortografía da lingua española estándar.
    Outros suxiren que o xudeoespañol adopte a
    ortografía usada durante a época da Expulsión de
    1492, xa que o idioma conserva pronuncias e
    léxico da época: a existencia da /s/
    (orixinalmente /ts/) - c (antes de e y de i) e ç/z
    ((cedilla): tales como en caça; a /s/ - ss: por
    exemplo en passo e a [ʃ] - x: como en dixo. A
    pronunciación orixinal da [ʒ] - g (antes de e o de
    i); a /z/ (orixinalmente /dz/) - z: permanecería
    en palabras como fazer e dezir. O /z/ - s: como
    en casa (sonoro). Diferenciaríanse b e v, en
    contexto intervocálico (debe – deve). O uso dos
    dígrafos ch, ph e th como /k /, /f/ e /t/ en
    español estándar, sería utilizado en palabras
    como en orthographía o theología.; asimismo a Q
    latina usaríase ante palabras como
     quando, quanto e qual. O uso de k para o
    fonema oclusivo velar xordo.
   O filólogo andaluz Pascual Pascual Recuero fai uso
    dunha ortografía que reproduce con gran
    exactitude os sons do xudeu-español. Algúns
    caracteres que propón:
   Ž - [J] francesa
   Đ - D palatalizado
   Ĉ - [CH] español
   X - [SH] (como en galego)
   Algúns entenden que usar a vella ortografía
    castelá distancia características non-hispánicas do
    xudeu-español.Non obstante, a literatura
    española da idade clásica e de ouro gañaría un
    renovado interés, un mellor aprezo e
    entendemento se a súa ortografía se utilizase
    novamente.
   2. O léxico.
   2.1. A base hispánica
     1) Os arcaísmos.
     Os xudeus mantiveron, á parte de fonemas medievais e trazos
    morfosintácticos, un léxico medieval inexistente no español
    moderno. Exemplos:
     - os adverbios agora (ahora), ansina (así), ainda (todavía);
     - conservación de f inicial latina no adxetcivo ferrojento
    (oxidado), unha das poucas palabras que conserva f inicial;
     - os verbos trokar (cambiar), topar (encontrar), kaler (ser
    necesario), cuzir (coser);
     - os sustantivos lonso (oso), luvya (lluvia), mego (brujo).
   2) Elementos innovadores e creacións. A pesar de que ten unha
    base castelá medieval, durante estes cinco séculos foi creando un
    número impresionante de innovacións morfolóxicas e fonolóxicas,
    concidentes coas falas españolas meridoniais. Fenómenos como o
    lleísmo ou o seseo: yevar o kreasyon (fenómenos totalmente
    xeneralizados en xudeu-español).
   Na morfosintaxis se observan cambios interesantes: creación de
    equivalentes para palabras como idealista, patriota,
   fiel, hipócrita o jóvenes, inventando xénero gramatical:
    idealisto, patrioto, fiela, hipócrito e jóvenas.
   2.2 Elementos “mixtos”
   Son palabras que foron elaboradas con lexemas
    casteláns ós que se lle engaden sufixos
    principalmente hebreos e turcos, ou ó revés:
    lexemas estranxeiros adaptados ó xudeu-español.
                                               -
    hebraísmos hispanizados: mazal (suerte) deu
    mazaloso (afortunado), malsin (agravio) –
    malsinar (calumniar);
     - turquismos hispanizados: dayanmak –
    dayanear (soportar); batak (lodo) – embatakar
    (ensuciar)                                    -
    vocábulos gregos hispanizados: pisma
    (obstáculo) – pismear (obstaculizar);
   2.3. O extrahispánico
   1) O tomado do hebreo: palabras relacionadas coa relixión,
   Os costumes e tradicións hebreas, a vida cotiá... Que xa
    eran usadas na península antes da súa expulsión: šaḅat
    (sábado), adar(febrero - marzo), seudá (comida festiva),
    berajá (bendición), tefilá (oración), yešibá (escola de
    estudos rabínicos).
   2) O tomado do grego. palabras como papú (‘abuelo’, de
    pappós), posón (‘moeda de prata’, de posón), eremo
    (‘miserable’, de eremós).
   3) O legado turco. A maior influencia está no vocabulario
    da vida laboral, comercial e administrativa. Exemplos:
    ambar (despensa), bakal (tenda de comestibles), charší
    (mercado) ou parás (moeda), kolay (fácil), ama (pero), sira
    (serie).
   4) Os idiomas balcánicos: polk (reximento), dóskel
    (profesor), rida (cortina).
   5) O inglés. Fenómeno bastante novo. Palabras
    relacionadas co desenvolvemento técnico, Internet, a
    cultura pop, etc., tales como: e-mail, link, komputadora,
    disko, heavy-metal, sito ou sitio (web).
Bibliografía
   http://www.proyectos-saluda.org/index.php?
    option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122


    http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1ol
   http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladin
    o1.htm
   http://www.proel.org/index.php?
    pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoesp
    a
   http://www.lateinamerika.uni-
    koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf

A lingua dos sefardís

  • 1.
    A LINGUA DOS SEFARDÍS O XUDEU-ESPAÑOL
  • 2.
    Clasificación  É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia Herzegovina, Grecia, República de Macedonia e Bulgaria. Conta na actualidade cuns 150.000 falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a súa subdivisión é a seguinte: Itálico Romance Ítalo-occidental Subgrupo Occidental Grupo Galo-Ibérico Grupo Ibero-Romance Judeoespañol  Estatus oficial: Recoñecida por Israel.  Regulado por: Autoridad Nasionala del Ladino
  • 3.
    BREVE HISTORIA DOSSEFARDÍS E ORIXES DA LINGUA  Os sefardís foron os xudeus expulsados da Península Ibérica que refusaron converterse ó catolicismo (RR CC, Edicto de Granada, 31 de Marzo de 1492).  Eles levaron consigo a súa lingua de procedencia: castelán, galego, catalán… e ó ser os castelanfalantes os máis numerosos na diáspora, foi o idioma predominante para estas comunidades xudías emigradas, se ben recibiron influencia do resto das linguas faladas polos distintos membros da comunidade.  Pode dicirse que é un español antigo, que apenas evolucionou. É unha lingua diferente pero totalmente intelixible.  Posúe varios nomes: 1. Ladino. 2. Sefardí. 3.Xudeu-español ou djudezmo
  • 4.
    1.Ladino: chamáse ladino ás traducións literais do hebreo litúrxico (español con sintaxe hebrea) “fazer en latino”. Tamén se lle chama xudeu-español calco. En moitas ocasións tamén se coñece como ladino, por asimilación, á lingua vernácula, pero nun nivel académico é preferible distinguir entre ladino (lingua de tradución), e xudeu- español (lingua falada). Actualmente, no mundo dos estudios sefardís existe unha polémica aberta entre autores como H. V. Sephiha, que considera a presenza de dúas linguas diferentes: o ladino (xudeu-español calco) e o xudeu-español vernáculo (lingua viva), e os seus opositores, como I. Hassán, para quen existe só unha lingua con diferentes variantes estilísticas, entre as que non hai discontinuidade.  O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo Sefarad= España. Nome biblíco. Os sefardís a maioría das veces refírense á súa lingua como espanyol (grafía propia). O termo “xudeu-español” necesario para distinguilo do español moderno. Os sefardís sempre mantiveron un amor pola “madre patria” coa que se referían a España, moitos hoxe en día séntense españois.
  • 5.
    Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en perigo de morte, pois excepto en Israel e España, onde se atopan algúns organismos a prol da súa defensa, no resto de comunidades a perda é progresiva quedando restrinxida ó ámbito familiar que non o transmite. A Asociación Nacional do Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en xudeu-español, Aki Yerushalayim ("Aquí Jerusalén") http://www.aki- yerushalayim.co.il/ay/087/index.htm , a radio Kol en Israel emite en Sefardí; en España tamén hai algúns medios de comunicación que promoven o xudeu-español: Radio Exterior de España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de 20 anos no aire.(http://www.rtve.es/podcast/radio-exterior/emision-en- sefardi/). Varias casas editoriais españolas editan libros escritos en xudeu-español. En tierras ajenas yo me vo murir (Gad Nasí): recompilación de contos e testemuños en lingua xudeu-española. Los Dos Mellizos, novela do século XIX; Crónicas de los Reyes Otomanos (Moshé Almosnino), primeira publicación formal en lingua xudeu-española.  O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión (Beerseba, Israel) leva un importante labor docente de axuda á preservación do xudeu-español. http:// www.youtube.com/ watch?v=4izbvb4k2R0
  • 6.
    Na actualidade podemosdicir que o xudeu-español é un conxunto dialectal que presenta dúas modalidades: oral e escrita. A oral divídese en dous grupos: a variante oriental (djudezmo), falada polos xudeus sefardís que partiron cara a Portugal, Países Baixos, Italia, Península Balcánica e Imperio Otomano, mantida actualmente en Israel, Turquía e algúns países balcánicos. En Israel está habendo unha certa recuperación por parte dos descendentes de sefardís que emigraron a Israel trala creación do novo estado. (http://www.youtube.com/watch? v=U53XKRY2qg0&feature=channel ) A variante occidental, coñecida como haketía (falada polos xudeus sefardís da zona norte de Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla). A lingua de traducción do hebreo dos textos sagrados, é o ladino.
  • 7.
    Historia da comunidadesefardí. Entender o porqué da situación actual do idioma.  Os xudeus que chegaron ó Imperio Otomán foron recibidos como representantes da avanzada civilización occidental e tratados con respecto. Aquí foi onde a comunidade sefardí tivo máis auxe. Non lles obrigaban a aceptar o idioma nin a relixión. Non lles facían participar na vida do país, polo que os sefardís non se incorporaban á sociedade e non deixaban de usar a súa lingua. Os que acababan de chegar asimilaban e “castelanizaban” a outras comunidades xudías grazas ó seu prestixio social e económico, pronto se formaron grandes comunidades sefardís en ciudades importantes do país (Salónica, Estambul, Saraievo, Skopie).  Como resultado, durante os séculos XVI e XVII creouse unha koiné lingüística, que tiña trazos de diferentes variedades peninsulares co predominio do español meridional, e con elementos recibidos doutras linguas coas que estaba en contacto, sobre todo do turco e do grego.
  • 8.
    Os sefardís chegaron a constituír a burguesía ata o século XVIII. Baixo o seu control estaban as minas de ouro e prata, o comercio e as aduanas.  Foron os armadores e médicos máis célebres e os tradutores oficiais (o Corán non deixaba que os musulmáns exerceran este posto). Foron eles os que implantaron a imprenta e fundaron a primeira universidade do imperio en Salónica. Esta bonanza da comunidade sefardí traduciuse na época dourada da linua, onde comezou a florecer a literatura.  Calcúlase que o número dos sefardófonos podía alcanzar naqueles tempos os 350 mil.  A partir do século XIX foron perdendo postos significativos polo auxe do nacionalismo. A constante caída do Imperio Otomán e a consecuente creación de novos estados, os sefardís foron obrigados a usar as linguas nacionais. Xurdiu unha corrente de antisemitismo en toda Europa Oriental que, sen chegar á violencia, impedía os xudeus practicala súa relixión. Todos estes fenómenos provocaron unha gran emigración dos xudeus ós países de Europa Occidental e América, onde a maioría deixaba de usar o xudeu-español para incorporárense no novo entorno.  O exterminio nazi fixo que desaparecesen case todas as comunidades sefardís de Europa oriental. En cinco anos o xudeu- español perdeu o 90% dos falantes. A falta de medios de comunicación, a falta de recoñecemento oficial e organismos que defendesen ou promovesen o xudeu-español fixeron que as xeracións seguintes se incorporasen totalmente ás sociedades dos países en que estaban.
  • 9.
    Situación da linguana actualidade  O número de falantes de xudeu-español rolda na actualidade os 150.000. En Israel é onde se atopa o maior número de sefardís (en torno os 100 mil), pois a maioría emigraron a Israel na creación do novo estado e transmitiron a lingua ás novas xeracións. Fóra de Israel a comunidade máis significativa é a turca (15.000 falantes). Aquí o número de periódicos e boletíns emitidos en xudeu-español segue sendo significativo.  Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do xudeu-español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, cunha gran aportación do castelán estándar, do que se toma numeroso vocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e eslavos.  Hai disconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súa proximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por asimilarse totalmente ó castelán moderno.  A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos, que non trasmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo, pois senten que non é necesaria xa que os seus fillos cobren as súas necesidades coas lnguas do territorio onde está a comunidade.  Está recoñecida en Israel, onde se atopa a ANL (órgano encargado do estudo da lingua xudeu-española, da súa protección e da súa conservación). Non é lingua oficial pero pode impartirse a nivel académico. Existe unha cantidade de tradición oral e de literatura oral e refráns en sefardí. http://sefarad.rediris.es/ http://es.wikipedia.org/wiki/ Idioma_judeoespa%C3%B1ol
  • 10.
    O xudeu-español  1.Escritura e fonética: antes da expulsión da península Ibérica xa existían as traducións en ladino, que se efectuaban en alfabeto hebreo. Trala chegada de comunidades sefardís a distintos países adoptaron as grafías correspondentes do territorio. Os emigrados no norte de África mantiveron a grafía al-hamiada (hebreo pero con lingua española), en Europa optouse polo latino e a adaptación ás normas ortográficas dos países onde estaban as comunidades sefardís.
  • 11.
    Na actualidade, o xudeu-español escríbese comunmente en alfabeto latino, sobre todo grazas ó turco, que representa fielmente sons coincidentes co xudeu-español. De aí a importancia do alfabeto turco, pois adáptase moi ben para a súa representación. Os seguintes caracteres é frecuente encontralos nas publicacións turcas en djudezmo:  Ç - [CH] española - Munço - Mucho  Ş - [SH] española - Buşkar - Buscar  C - [Y] consonante española - Cidyo - Judío  J - [ZH] J francesa - Fijo - Hijo  NY - [Ñ] española - Kunyada - Cuñada  H - [J] española - Haber - Socio
  • 12.
    Estudosos como Jacob M. Hassán (filólogo sefardí), alegan que o xudeu-español debe adoptar a ortografía da lingua española estándar. Outros suxiren que o xudeoespañol adopte a ortografía usada durante a época da Expulsión de 1492, xa que o idioma conserva pronuncias e léxico da época: a existencia da /s/ (orixinalmente /ts/) - c (antes de e y de i) e ç/z ((cedilla): tales como en caça; a /s/ - ss: por exemplo en passo e a [ʃ] - x: como en dixo. A pronunciación orixinal da [ʒ] - g (antes de e o de i); a /z/ (orixinalmente /dz/) - z: permanecería en palabras como fazer e dezir. O /z/ - s: como en casa (sonoro). Diferenciaríanse b e v, en contexto intervocálico (debe – deve). O uso dos dígrafos ch, ph e th como /k /, /f/ e /t/ en español estándar, sería utilizado en palabras como en orthographía o theología.; asimismo a Q latina usaríase ante palabras como quando, quanto e qual. O uso de k para o fonema oclusivo velar xordo.
  • 13.
    O filólogo andaluz Pascual Pascual Recuero fai uso dunha ortografía que reproduce con gran exactitude os sons do xudeu-español. Algúns caracteres que propón:  Ž - [J] francesa  Đ - D palatalizado  Ĉ - [CH] español  X - [SH] (como en galego)  Algúns entenden que usar a vella ortografía castelá distancia características non-hispánicas do xudeu-español.Non obstante, a literatura española da idade clásica e de ouro gañaría un renovado interés, un mellor aprezo e entendemento se a súa ortografía se utilizase novamente.
  • 14.
    2. O léxico.  2.1. A base hispánica 1) Os arcaísmos. Os xudeus mantiveron, á parte de fonemas medievais e trazos morfosintácticos, un léxico medieval inexistente no español moderno. Exemplos: - os adverbios agora (ahora), ansina (así), ainda (todavía); - conservación de f inicial latina no adxetcivo ferrojento (oxidado), unha das poucas palabras que conserva f inicial; - os verbos trokar (cambiar), topar (encontrar), kaler (ser necesario), cuzir (coser); - os sustantivos lonso (oso), luvya (lluvia), mego (brujo).  2) Elementos innovadores e creacións. A pesar de que ten unha base castelá medieval, durante estes cinco séculos foi creando un número impresionante de innovacións morfolóxicas e fonolóxicas, concidentes coas falas españolas meridoniais. Fenómenos como o lleísmo ou o seseo: yevar o kreasyon (fenómenos totalmente xeneralizados en xudeu-español).  Na morfosintaxis se observan cambios interesantes: creación de equivalentes para palabras como idealista, patriota,  fiel, hipócrita o jóvenes, inventando xénero gramatical: idealisto, patrioto, fiela, hipócrito e jóvenas.
  • 15.
    2.2 Elementos “mixtos”  Son palabras que foron elaboradas con lexemas casteláns ós que se lle engaden sufixos principalmente hebreos e turcos, ou ó revés: lexemas estranxeiros adaptados ó xudeu-español. - hebraísmos hispanizados: mazal (suerte) deu mazaloso (afortunado), malsin (agravio) – malsinar (calumniar); - turquismos hispanizados: dayanmak – dayanear (soportar); batak (lodo) – embatakar (ensuciar) - vocábulos gregos hispanizados: pisma (obstáculo) – pismear (obstaculizar);
  • 16.
    2.3. O extrahispánico  1) O tomado do hebreo: palabras relacionadas coa relixión,  Os costumes e tradicións hebreas, a vida cotiá... Que xa eran usadas na península antes da súa expulsión: šaḅat (sábado), adar(febrero - marzo), seudá (comida festiva), berajá (bendición), tefilá (oración), yešibá (escola de estudos rabínicos).  2) O tomado do grego. palabras como papú (‘abuelo’, de pappós), posón (‘moeda de prata’, de posón), eremo (‘miserable’, de eremós).  3) O legado turco. A maior influencia está no vocabulario da vida laboral, comercial e administrativa. Exemplos: ambar (despensa), bakal (tenda de comestibles), charší (mercado) ou parás (moeda), kolay (fácil), ama (pero), sira (serie).  4) Os idiomas balcánicos: polk (reximento), dóskel (profesor), rida (cortina).  5) O inglés. Fenómeno bastante novo. Palabras relacionadas co desenvolvemento técnico, Internet, a cultura pop, etc., tales como: e-mail, link, komputadora, disko, heavy-metal, sito ou sitio (web).
  • 17.
    Bibliografía  http://www.proyectos-saluda.org/index.php? option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122  http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1ol  http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladin o1.htm  http://www.proel.org/index.php? pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoesp a  http://www.lateinamerika.uni- koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf