Intelixencia emocional na Educación Infantil
A educación emocional é básica nesta etapa, xa que ao igual
que aprenden rutinas,normas,letras,números....tamén é a idade
propicia para coñecer os seus sentimentos.
Tendo en conta que a finalidade da educación, é o
desenvolvemento pleno e íntegro da personalidade do neno/a , é
necesario atender xunto ao desenvolvemento cognitivo, ao
desenvolvemento emocional e moral.
A intelixencia emocional ten uns componentes básicos:
1- Autocoñecemento emocional ( ou conciencia dun mesmo ).
2- Autocontrol emocional .
3- Automotivación , dirixir as emocións cara un obxectivo
permite manter a motivación.
4- Empatía ( recoñecer as emocións alleas) , ben a través das
expresións da cara, xestos...podemos crear lazos coas persoas.
5- Habilidades sociais (ou relacións interpersonais )
Actividades para traballar a intelixencia emocional en infantil :
1- O rincón de pensar ( actividade de autocoñecemento e
autocontrol ), lugar importante para cando se produce unha
conducta disruptiva . O neno /a sentase na cadeira e pensa
durante uns intres no que fixo mal , e , como se sinte el e o
compañeiro/a afectado . A continuación levantase e conta o
que estivo pensando.
2- Os contos , como actividade de recoñecemento de emocións
alleas . Os nenos con axuda do mestre /pai/nai comentan os
sentimentos poñéndose no lugar de quen os sinte.Os nenos e
os maiores necesitan recoñecer as súas emocións,para
expresarse de forma libre e equilibrada ,e , progresivamente
ser capaces de responsabilizarse delas. Os contos son un
espazo de proxección onde podemos sentir calquer cousa a
través das personaxes .
3- As caras ( recoñecer emocións ), despois de ver ou
comentar un conto , se lles pide que pinten caras cos
sentimentos das personaxes do conto e así todos podrán
observar os debuxos dos seus compañeiros e ver as
diferentes posicións da cara, boca....cando sinten unha ou
outra emoción.
4- Dramatizacións, facemos teatro con marionetas onde
imitamos actividades do día a día . O fin é o cambio de rol ,
para mellorar as relacións interpersoais : imitamos a nai
cociñando , ao avó lendo un conto....
5- A asamblea ( actividade para coñecer as emocións propias
e alleas e de autocontrol ). Todas as mañás falamos do que
nos pasou ou ben contamos algo, os compañeiros escoitan e
dan solucións ao problemas que poidan xurdir.
6- Cancións, cantamos con distinto ton de voz , así
aprendemos os diferentes tons que se poden utilizar cando
se sinten diferentes emocións e cal debe ser o ton adecuado
para falar .
Este tipo de intelixencia traballa o espazo interpersoal
(cooperación, comunicación e respeto polos demais) e o espazo
intrapersoal (expresión,seguridade nun mesmo,responsabilidade e
amor propio ).
Son múltiples as intelixencias a traballar nesta etapa ,xunto a
emocional destacan :
- Lingüística , referida á expresión e comprensión oral.
- Física-cinestésica , abarca a : motricidade fina e grosa ,
a expresión e esquema corporal, así como a percepción e
discriminación.
- Espacial, orientación e localización espacial.
- Musical, ritmo.
- Lóxico-matemática, trabállase a través de clasificacións
,comparacións e agrupacións.

I.emocional copia

  • 1.
    Intelixencia emocional naEducación Infantil A educación emocional é básica nesta etapa, xa que ao igual que aprenden rutinas,normas,letras,números....tamén é a idade propicia para coñecer os seus sentimentos. Tendo en conta que a finalidade da educación, é o desenvolvemento pleno e íntegro da personalidade do neno/a , é necesario atender xunto ao desenvolvemento cognitivo, ao desenvolvemento emocional e moral. A intelixencia emocional ten uns componentes básicos: 1- Autocoñecemento emocional ( ou conciencia dun mesmo ). 2- Autocontrol emocional . 3- Automotivación , dirixir as emocións cara un obxectivo permite manter a motivación. 4- Empatía ( recoñecer as emocións alleas) , ben a través das expresións da cara, xestos...podemos crear lazos coas persoas. 5- Habilidades sociais (ou relacións interpersonais ) Actividades para traballar a intelixencia emocional en infantil : 1- O rincón de pensar ( actividade de autocoñecemento e autocontrol ), lugar importante para cando se produce unha conducta disruptiva . O neno /a sentase na cadeira e pensa durante uns intres no que fixo mal , e , como se sinte el e o compañeiro/a afectado . A continuación levantase e conta o que estivo pensando. 2- Os contos , como actividade de recoñecemento de emocións alleas . Os nenos con axuda do mestre /pai/nai comentan os sentimentos poñéndose no lugar de quen os sinte.Os nenos e os maiores necesitan recoñecer as súas emocións,para expresarse de forma libre e equilibrada ,e , progresivamente ser capaces de responsabilizarse delas. Os contos son un espazo de proxección onde podemos sentir calquer cousa a través das personaxes .
  • 2.
    3- As caras( recoñecer emocións ), despois de ver ou comentar un conto , se lles pide que pinten caras cos sentimentos das personaxes do conto e así todos podrán observar os debuxos dos seus compañeiros e ver as diferentes posicións da cara, boca....cando sinten unha ou outra emoción. 4- Dramatizacións, facemos teatro con marionetas onde imitamos actividades do día a día . O fin é o cambio de rol , para mellorar as relacións interpersoais : imitamos a nai cociñando , ao avó lendo un conto.... 5- A asamblea ( actividade para coñecer as emocións propias e alleas e de autocontrol ). Todas as mañás falamos do que nos pasou ou ben contamos algo, os compañeiros escoitan e dan solucións ao problemas que poidan xurdir. 6- Cancións, cantamos con distinto ton de voz , así aprendemos os diferentes tons que se poden utilizar cando se sinten diferentes emocións e cal debe ser o ton adecuado para falar . Este tipo de intelixencia traballa o espazo interpersoal (cooperación, comunicación e respeto polos demais) e o espazo intrapersoal (expresión,seguridade nun mesmo,responsabilidade e amor propio ). Son múltiples as intelixencias a traballar nesta etapa ,xunto a emocional destacan : - Lingüística , referida á expresión e comprensión oral. - Física-cinestésica , abarca a : motricidade fina e grosa , a expresión e esquema corporal, así como a percepción e discriminación. - Espacial, orientación e localización espacial. - Musical, ritmo. - Lóxico-matemática, trabállase a través de clasificacións ,comparacións e agrupacións.