O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática do río Miño. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática das plantas. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática da natureza e paisaxe. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática das aves. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática do río Miño. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática das plantas. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática da natureza e paisaxe. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática das aves. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática dos animais. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática do tempo. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática dos animais. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática do tempo. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Presentacion de Gonzalo e Andrea sobre un poema de Xohana Torres.
A poesía de Xohana é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX, e un referente para as mulleres na recuperación da palabra.
1. Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística.
Fotografías cedidas pola Asociación Sagres de Aguiño.
2. DENDE O COLEXIO PÚBLICO DE AGUIÑO
O NOSO AGRADECEMENTO
Á ASOCIACIÓN CULTURAL “SAGRES” POLAS FOTOGRAFÍAS DA PARROQUIA DE
AGUIÑO E DA SÚA XENTE DO MAR, QUE ILUSTRAN ESTE FOTOEMARIO.
CURSO 2009-2010.
3. Na mar, olas salgadas, cabeleiras
verdenevadas, ledas como vidro
liso, suave e frío, ou vento duro.
(Aquilino Iglesias Alvariño)
4. Como umo oásis branco era o meu día
Nele secretamente eu navegava
Unicamente o vento me seguía.
(Sophia de Mello )
5. Chove fóra. Nas pozas
Aboia a luz do gas.
Na lameira da rúa
Entérrase un cantar.
Mariñeiros de Amberes,
De Cork e Rotterdam…
O acordeón borracho
Fala inglés, alemán…
Na folla do coitelo
Foxe a luz cal no mar.
(Armado Carballo)
6. E a orla branca foi de ilha em continente,
Clareou, correndo, até o fin do mundo,
E viu-se a terra enteira, de repente,
Surgir, redonda, do azul profundo.
(Fernando Pessoa)
7. Dende o pequeño peirao
das lindas casas en fía
nas bravas embarcacións
polan bocan viciña
cacadan o mar aberto
que en Coitelada se inicia
onde pescarán merluzas,
ollomoles e sardiñas.
Mugardeses vide a min
nunha dorna de alegría
e levádeme convosco
polas ondas verdelila.
(Dictinio del Castillo-Elejabeytia)
8. O céu, a terra, o vento sossegado...
as ondas, que se estendem pola areia...
os peixes, que no mar o sono enfreia...
o nocturno silêncio repousado...
(Luis de Camões)
9. A través do teu corazão passou em barco
Que não pára de seguir sem ti o seu caminho.
(Sophia de Mello)
10. Ai, meu amor, dame o percebe
ai deses que andas apañando,
ai eu douche o meu corazón,
ai par que mo vaias gardando.
(Cantiga Mariñeira)
11. Eu tambén não sei o que é o mar.
Aguardo a madrugada, impaciente,
os pes descalços na areia.
(Eugénio de Andrade)
12. A arte do mariñeiro
évos moi enmarañada
porque como anda con redes
sempre se encontra enredado.
(Cantiga Mariñeira)
13. Filla da ría de Arousa
Somo-las tres de Rianxo:
“Picariño”, “Coma Ti”,
“Anduriña” máis “Rosario”.
Unha raiola de sol
Abonda para alegrarnos.
Mariñeiros,
Levádenos a Cambados.
Contra do vento e a escuma
Iremos dando bandazos
E seguiremos a Sálvora,
A Corrubedo e o faro.
¡Mariñeiros,
Levádenos a Corrubedo!
(Dictinio del Castillo-Elejabeytia)
14. Entre o teu rostro e o mar
ninguem deseja ser neve.
(Eugénio de Andrade)
15. No tempo tristeiro da invernía
as ondas do mar escachaban pesadamente
contra as costas.
Poesía Céltiga (Inverno – S. XI)
16. Ollade diante de vós, cara o Nordés,
ó mar arrufado, rico en fauna.
A moradía das focas, ledas e brillantes,
está en preamar.
Poesía Céltiga (Tristos Líricos – S.XIII)
18. Teño un barco alá no pensamento
traballando en horas de nostalxias,
a sol imaxinado e a arrecendo
de azuis madeiras e esperanzas.
Unha escuma emprestada de salseiros
faille cóxegas de amante polas bandas.
¡Meu barquiño, capaz de cen alentos,
Amarrado para sempre nesta praia!
(Ana Mª Fdez)
19. ¡Da xenio contemplar
a superficie do mar, a defensa dos benaventurados!
No prateado país do Sur
naves e carros corren á teima.
Poesía Céltiga (A illa dos Benabenturados – S. VIII)
20. Gosto de ver quando a luz 'scaseia...
Se acaso eu amo a vastidaõ do mar,
É quando ollo outro mar d'areia.
(Teixeira de Pascoaes)
21. Illa do amor, eu lémbrote
de pinos colmada e de gueivotas,
arrombada de vento e de mareas,
con cinco tombas, cinco buraquiños
mirando, ollos valdeiros, cara ó ceo.
Fálovos duns homes
que xa nin cinza son,
e cinco leitos, cinco caramuxos,
que o mar ten apreixados docemente.
Eu pregunto qué foi
das súas cinco voces, dos seus soños,
dos seus cantos de amor nas carballeiras
Qué foi tamén das sombras que pasaban
tecendo a súa historia nos solpores.
¿Cómo eran os seus berro
no calado cristal da noite morna?
(Celso Emilio Ferreiro)
22. Mas se em vós, ondas, mora a piedade
levai tambén as lágrimas que choro,
pois asim me levais a causa delas.
(Luís de Camões)
23. De todos os cantos do mundo
Amo com um amor mais forte e mais profundo
Aquela praia extasiada e nua,
Oonde me uni ao mar, ao vento e á lua.
(Sophia de Mello )
24. Por eso de derretían,
cal si foran de manteiga,
diante delas os rapaces,
os rapaciños da festa,
os mariñeiros do mare
que donde á Virxe viñeran
porque a Virxen os salvara
de naufragar na tormenta.
Mais se salvaron no mare
non se salvarán na terra,
mariñeiros, mariñeiros,
que aquí tamén hai tormentas
que afogan corasonsiños
sin que lle vallan ofertas,
que oie a Virxe aos que se afogan
do mar entre as ondas feras,
mais non oie ós namorados
que de afogarse se alegran.
(Rosalía de Castro)
25. E tí vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…
(Celso Emilio Ferreiro)
26. Corazón!
Latexa aquelas armonías
porque xa vai chegar!
O qué...?
Xa vai chegar
(Manuel Antonio)
27. Vai polo mar coma unha gaivota,
vai polo mar.
Leva un bico un murmurio de escumas,
coma un cantar.
Vai polo mar buscando camiños,
vai polo mar;
Lendo os poemas que fai o vento,
cando hai luar.
Meu barquiño grande,
ledo e lixeiro
cando nel me atopo,
¡son mariñeiro!
(Ana Mª Fdez)
28. O vento ven cheo de loito lonxanán
Polo camiño torto
van batendo coas trebas
uns pasos estranos.
(Manuel Antonio)
29. Alalá rezador do silenzo Hoxe está de festa o home raro dono
e da dor cicelada no ar do calendario dos días pensativos
Alalá das imaxes perdidas que vive aqueles días
polo ronsel que nos deixaron cada Inverno e cada Outono
os sentimentos mortos a chorar. e non viven nada máis.
(Manuel Antonio)
30. Beira do mar
Un silenzo de brétema
é o enterro da tarde fracasada.
(Manuel Antonio)
31. A nosa Virxe do Carme
ten unha torre no mar
para ve-los mariñeiros
cando saen para o mar.
(Cantiga Mariñeira)
32. Virxe do Carme valeme,
que estou no medio do mar
e non hai barqueiro que reme.
(Cantiga Mariñeira)
33. Os berros dos mazaricos
rachan as sedas do mar,
no carro das mouras nubes
vén do sur o temporal.
Nas barras e nos peiraos
rompen as oulas cristadas
de lóstregos azuados
das estrelas afogadas.
Púxose o ceo de loito
polos que van afogar.
As centellas como trallas
baten no lombo do mar.
(Armado Carballo)
34. Nosa señora do Carme
vai indo pola ribeira
collendo cuncha por cuncha
e metendo na faltriqueira.
(Cantiga Mariñeira)
35. Nosa Señora do Carme
devolveme o que perdín:
perdín á miña naiciña
na ribeira de Marín.
(Cantiga Mariñeira)
36. Trouxo o vento unha voce
e a voce unha inquedanza.
(Manuel Antonio)
37. Cruzo Arousa coas rapazas
Enriqueta, Marga e Fina
dende o Grove a Santa Euxenia
nunha dorna branca e lila.
Todo vai ben a babor
A estribor, mellor aínda
e tráenme no peneiriño
¿Qué máis desexar na vida?
Xa sabedes, volvoretas,
onde por min preguntar:
a dreita de Vilanova,
logo á esquerda e máis alá.
( Dictinio del Castillo-Elejabeytia)
38. Eu hei de ir ó mar pescar,
hei de pescar un peixiño;
qen caza sempre recibe
un abrazo ou un biquiño.
(Cantiga Mariñeira)
39. Alén das horas
ponse a sordina da alba
nos beizos do silenzo
e volve o tono menor da choiva
No marco da lúa
Fórase esvaíndo o retrato dunha noiva.
(Manuel Antonio)
40. O silenzo das pedras
entrebadas e podres
Hai uns pasos que pasan
para que na noite pesen.
(Manuel Antonio)
41. ¡Chorar, chorar, mentres o barco rompe
contra o solpor da noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
nin o teu riso, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, cinza me queda. ¡Cinza,
Capitán!
Soia a sirea do teu barco
Toda a eternidá.
Fume nos ollos, area fría
Nas miñas maus.
E en boca que perdín, a longa pipa
Fumando a miña vida, capitán.
( Xosé Mª Díaz Castro)
42. Carpinteiro faime un barco
da casca dunha cebola,
para pasea-las nenas
de Cespón a Taragoña.
(Cantiga Mariñeira)
43. Onde arde a memoria
Un verso a falar
Dun vento de seda.
Es ti quen pasa.
O tempo que queda.
(Gonzalo Navaza)
44. Sei que será aquí
aquí sobre a pel
delgada do océano
sobre
o ventre dunha dorna,
sobre
a néboa silandeira destas praias
(Antonio Piñeiro)
45. Veñen os pescadores
saltando os tombos,
deixando risa e pranto
no mar máis fondo.
Veñen os pescadores
buscando a praia,
o sol brilla na escuma
coma unha alfaia.
Veñen os pescadores,
xorden da néboa,
coma fantasmas mudos
por ve-la terra.
(Ana Mª Fdez)
47. ¿Qué atopariamos se lle désemos a volta ó mar,
que semella unha lámina escamoteada?
(X.L. Marqués)
48. El navegar, navegaba
nunha dorna mariñeira;
nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras
no corazón – Ai, Dios Santo!
(Álvarez Blázquez)
49. O mar reza as súas foulas
como rosarios brancos
a carón da túa cruz de luz inmóbil
na noite exeonllado.
(Amado Carballo)
50. ¡Quen dera se nao senlleira
n-aquel mar non presentido
das ja mergulladas terras!
(Fermín Bouza Brey)
51. Dígoche adiós dende o barco
que a lonxanas terra vai.
Dígoche adiós dende as Cíes
que están preñadas de mar.
Adiós nas ondas que pasan,
adiós nas ondas que pasan
adiós na luz de funchal,
espello da lúa chea,
paradiso terreal.
(Celso Emilio Ferreiro)
52. O sol era un paxaro triste
que se pousaba no penol.
( Manuel Antonio)
53. A frescura do mar
de súpeto mistúrase
coa ternura do ar.
(Curros Enríquez)
54. Nunha noite de galerna os ventos atoparán
como unha cruz, teu cadáver
nas mans viúdas do mar.
(Amado Carballo)
55. Hai lóstregos de espranza
na lonxitú do mar
e comenza a alborada
nun céltico cantar.
(Amado Carballo)
57. Veñen e van, pralá, pracá, sumisas
as escumas do mar,
cubrindo coas súas rendas ós rochedos.
(Celso Emilio Ferreiro)
58. Iste é o mar das ondas manseliñas,
dos boscos silandeiros de abelaiñas.
(Celso Emilio Ferreiro)
59. Os bos e xeneroso
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais só os ignorantes,
e feridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
(Eduardo Pondal)
61. Cabaleiro do mar, fun cabaleiro
dun castelo de estrelas desvalidas
entre cachóns de amémonas perdidas
entre cinzas que afloran no salseiro.
(Alexandre Nerium)
62. Toda a espranza do mundo, para Galicia.
Galicia sen vosoutros é pequena.
(Méndez Ferrín)
63. Beira do mar
Un silenzo de brétema
é o enterro da tarde fracasada
Inconcretamentes
teño unha voce Eu
e a onda infinda
amigante
repétema.
(Manuel Antonio)
65. Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
loitade polos destinos,
dos eidos de Breogán.
(Eduardo Pondal)
67. Unha gamela nova, toda verde,
co teu nome tan guapo no costado,
¡ondas caramiñás da miña vida!
Ti sola, miña brava mariñeira,
namorada, remabas cara o sol.
( Aquilino Iglesias Alvariño)
69. Pasei a ría de Arousa
nunha barquiña de vela,
non vin cousa máis bonita,
nin quero volver a vela.
(Cantiga Mariñeira)
70. Veño de cose-la rede
sentadiña na ribera
xa me agarda miña nai
co caldiño na lareira.
(Cantiga Mariñeira)
71. ¡Ao mar! ¡Ao mar!
Da embarcación no peito
as sístoles e diástoles dos embolos
acompasan o son da túa ledicia
¡Ao mar! ¡Ao mar!
Un lene vento arpeiro
zoa en cordas e paus con demora
e rípalle as guedellas
ás xugadas de pipa do navío
¡Ao mar! ¡Ao mar!
(Eduardo Blanco Amor)