Aí vén o barco do mar e,
aí vén a sardiña toda;
aí vén o meu mariñeiro
vén sentadiño na proa.
Aí vén o vento do mar e,
aí vén o vento mareiro;
aí vén o meu queridiño
vestido de marinheiro.
O mar anda que desanda,
anda que desaparece;
quen ten amores non dorme,
quen non os ten adormece.
Teño un amor mariñeiro,
bonito coma unha rosa;
teño medo que mo leve
algunha nena envexosa.
Vente ventiño do mare,
vente ventiño mareiro;
vente ventiño do mare
e tráeme o meu mariñeiro
Amoriños collín
na beiriña do mar,
amoriños collín
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar.
Xa me dixo teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que te deixe quedar,
que te deixe quedar,
que te deixe quedar,
xa me dixo teu pai
que te saque a bailar.
E soño fontes de palabras como auga
que abrollen precisas
cando regresas co teu cántaro
ao meu cuarto. Xohana Torres. Tempos de Ría.
Ronca o mar,
feren as ondas cos seus dentes,
escacha a escuma,
verque o sal…
María Canosa. Ronca o mar.

VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...

  • 2.
    Aí vén obarco do mar e, aí vén a sardiña toda; aí vén o meu mariñeiro vén sentadiño na proa. Aí vén o vento do mar e, aí vén o vento mareiro; aí vén o meu queridiño vestido de marinheiro.
  • 3.
    O mar andaque desanda, anda que desaparece; quen ten amores non dorme, quen non os ten adormece. Teño un amor mariñeiro, bonito coma unha rosa; teño medo que mo leve algunha nena envexosa. Vente ventiño do mare, vente ventiño mareiro; vente ventiño do mare e tráeme o meu mariñeiro
  • 4.
    Amoriños collín na beiriñado mar, amoriños collín non os podo olvidar, non os podo olvidar, non os podo olvidar, amoriños collín na beiriña do mar. Xa me dixo teu pai que te saque a bailar e no medio do baile que te deixe quedar, que te deixe quedar, que te deixe quedar, xa me dixo teu pai que te saque a bailar.
  • 19.
    E soño fontesde palabras como auga que abrollen precisas cando regresas co teu cántaro ao meu cuarto. Xohana Torres. Tempos de Ría.
  • 32.
    Ronca o mar, ferenas ondas cos seus dentes, escacha a escuma, verque o sal… María Canosa. Ronca o mar.