Cantarola dos nenos
Amiguiñostodos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
E os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Xosé Neira Vilas
Cantarolas. Ed. Xerais
3.
ventos
Que veña ovento fungón,
que lle quero pero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
A cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis
verdes, grises, de cristal,
mais calquera cor que teñan
será sempre a cor da paz
Antonio García Teijeiro
Ventos. Ed. Xerais
4.
A paz
A pazabafa calada
nas casas
da gran Bagdag.
Bagdag agarda
mañás calmas
bañadas en paz.
A paz calza alpargatas,
balas calza
a arma fatal.
Bagdag arrastra
palabras mancadas
tras as armas vas.
A paz,
palabra tan cara,
a paz, palabra cabal.
Bagdag agarda
a paz da nácara,
prata, ámbar, ananás .
Elvira Rivero Tobío.
"Palabras Brancas". Ed. Xerais.
5.
BASTA
Basta á pazmaltratada,
ás trampas canallas,
ás malvadas lacras: basta!
Basta á fatal labazada,
ás casas arrasadas,
ás falsas fazañas:
basta!
Basta ás mans asañadas,
ás fadas malfadadas,
as malas malandanzas:
basta!
Basta ás amargas palabras .
Grazas ás palabras plantadas
nas landas da paz .
Elvira Rivero Tobío.
"Palabras Brancas". Ed. Xerais
6.
Só tres letras
Sótres letras, tres letras nada máis,
só tres letras que para sempre aprenderás.
Só tres letras para escribir PAZ.
O P, o A, e o Z, só tres letras.
Só tres letras, tres letras nada máis,
para cantar PAZ, para facer PAZ.
O P de pobo, o A de amar
e o Z de zafiro ou de rapaz.
(De zafiro por un mundo azul,
de rapaz por un neno coma ti.)
Gloria Fuertes
Aquí paz y además Gloria. Susaeta
7.
UN SOLDADO DETRASDUNFUSIL
Unsoldado detrasdunfusil detrasdunhabala
detrasdoutrabala detrasdoutrabala
detrasdou…..
é
unha enorme
parvada.
Gloria Sánchez.
Construír a Paz. Ed. Xerais
8.
LEMBRANZA PARA ALÍSMAÍN
Choven balas
Seres berran
Arden vilas
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas
E miseria
Noite fría
Tristes guerras
Nace o medo
Chora a terra.
Antonio García Teijeiro.
Chove nos versos. Ed. Xerais.
9.
O NENO EO XABARIÍN
Xabarín, xabarín,
Que fas no meu xardín?
Busco un brinquedo
neste lindo arboredo.
Xoguemos no arredor
A xabarín e cazador.
Eu non gosto da guerra
Só quero paz nesta terra.
Xabarín, xabarín,
Tocarás no meu violín?
Neste lugar de soidade
Faremos a nosa amizade.
Xosé Lois García
A figueira lingoreteira. Ed. Do Castro
10.
O reino
No tempoaquel
cando os animais falaban,
Dicir liberdade non era triste.
Dicir verdade era coma un río,
dicir amor,
dicir amigo,
Era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animais falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Dicir teu e meu, non se entendía,
dicir espada estaba prohibido,
dicir prisión soamente era unha verba
sen senso, un aire que mancaba
O corazón da xente.
Cando,
cando se perdeu
este gran Reino?
Celso Emilio Ferreiro
Longa noite de pedra.
Celso Emilio Ferreiro para os nenos.
Consellería de Cultura e Deportes.
11.
Teño un corazónsenlleiro
Teño un corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza
Diando, fía que fía….
Ela fía e au confío
no albor do novo día.
Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética.
Factoría K de libros.
.