SlideShare a Scribd company logo
os bechos dos
ríos
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Mon
Daporta
Roque é bastante dado a andar,
e curioso a máis non dar, e cando vai de camiño
non deixa nada sen ver, nin grande nin pequeniño.
Hai uns días nunha andaina que fixo pola beira do río
fixouse en ducias de cousas que antes non tiña visto
Sorprendido polo que veu, e sabendo que non vira todo,
púxose a buscar e pescudar... quixo chegar ata o fondo!
E a maiores dos bechos de sempre, dos que todo o mundo sabe,
descubreu unha boa morea de outros menos familiares.
Nas correntes de auga de Galiza podemos atopar
ben máis dun milleiro de bechos varios. Hai animais
de todas clases: mamíferos, aves, réptiles, anfibios
e, por suposto, peixes, pero tamén hai unhas 1.000
especies de invertebrados de tamaño visible e
moitos outros mais pequenos.
Co que veu, buscou e estudou…
tendes, de aquí en diante, o traballiño que armou.
VERTEBRADOS
Lontra (Lutra lutra).
Atópase en correntes de
augas limpas e con boa
vexetación de ribeira.
Mide entre 62 e 69 cm de
longo, máis 40 cm de
rabo, e pode pesar ata 11
kg. Aliméntase de peixes,
ras, crustáceos e outros
animais.
Mamíferos:
Visón europeo
(Mustela lutreola).
Escaso. atópase á beira de ríos
de corrente lenta. Mide de 37
a 43 cm, máis de 15 a 19 cm
de rabo, as femias algo menos,
e pode pesar entre 500 e 800
g. Aliméntase de roedores,
ras, peixes, aves acuáticas ou
ovos.
Visón americano (Neovison vison).
Especie invasora. Atópase nas beiras de
ríos. Mide entre 30 e 45 cm, máis uns
20 cm de rabo, e pode pesar ata 1,5
kg. Aliméntase de peixes, ras,
pequenos mamíferos e aves acuáticas.
Furapresas, aguaneiro
(Galemys pyrenaicus).
Atópase en ríos e
regatos de augas limpas
e con corrente. Ten
costumes nocturnos.
Mide entre 11 e 16 cm
de longo, e outros
tantos de rabo, e pode
pesar entre 35 e 80 g.
Aliméntase de
invertebrados
acuáticos, maiormente
larvas.
Aguaneira ou rata de auga
(Arvicola sapidus). Atópase
en augas de corrente lenta
con abundante vexetación
nas beiras. Mide de 16 a 23
cm, máis outros 12 cm de
rabo, e pode pesar entre
150 e 280 g. Aliméntase de
vexetais.
Rata de auga do norte
(Arvicola amphibius).
Viven en tobos escavados nas
ribeiras de ríos e regatos de
augas tranquilas, canles de
rega e estanques. Miden entre
14 e 22 cm, máis un rabo de 7
a 12 cm, e poden pesar entre
150 e 250 g. Aliméntase de
vexetais.
Muraño patibranco (Neomys fodiens).
Atópase en correntes de auga limpa e ben
oxixenada. Mide entre 7 e 10 cm, incluído o
rabo, e pode pesar entre10 e 20 g. Aliméntase
de invertebrados e, ocasionalmente, de peixes
pequenos e anfibios.
Muraño de Cabrera (Neomys anomalus). Habita en ríos e
regatos e correntes de augas limpas e ata en pastos e praderías
húmidas de montaña. Mide de 6 a 9 cm, máis outros de 4 a 6
cm de rabo e pode pesar de 8 a 16 g. Aliméntase de
invertebrados acuáticos e ocasionalmente de peixes pequenos
e anfibios.
Corvo mariño real
(Phalacrocorax carbo).
Visitante invernal, de agosto a abril,
procedente de Europa, que se pode
atopar en espazos abertos de ríos e
encoros nos que captura, en mergullo,
peixes. Mide entre 80 e 90 cm de longo.
Aves:
Garza real (Ardea cinerea). Máis abondosa no inverno, cun grande número de exemplares europeos.
Atópase ao longo do curso dos ríos. Mide entre 85 cm e 1 m de lonxitude.
Garzota (Egretta garzetta).
Invernante menos abundante ao
longo dos ríos, pero común nos
esteiros. Mide de 50 a 65 cm.
Cegoña (Ciconia ciconia).
Visitante de verán e
invernante escasa. Atópase en
zonas húmidas e nas beiras
dos ríos máis grandes onde
captura peixes e, maiormente,
anfibios e invertebrados. Mide
entre 1 m e 1,1 m de longo.
Rascón (Rallus aquaticus).
Vive nos esteiros e zonas con vexetación
mesta da beira dos ríos. Aliméntase de
vexetais e invertebrados. Mide entre 23
e 28 cm.
Galiñola, demo negro
(Fulica atra). Vive en lagoas
e encoros con vexetación.
Aliméntase de herbas e
invertebrados. Mide entre
36 e 42 cm.
Galiña de río (Gallinula chloropus).
Vive entre a vexetación, en lagoas e
nas beiras dos ríos. Aliméntase de
sementes e invertebrados. Mide
entre 32 e 35 cm.
Becacina xorda
(Lymnocripes minimus).
Invernante escaso en
marismas e xunqueiras.
Aliméntase de sementes e
invertebrados. Mide entre
17 e 20 cm.
Gaivota chorona
(Chroicocephalus ridibundus ou Larus ridibundus).
Vese case todo o ano en lagoas e encoros. Aliméntase de
restos e invertebrados. Mide de 34 a 39 cm.
Gaivota patiamarela
(Larus cachinnans).
É ave mariña mais vese
en masas de auga doce
preto de áreas urbanas
e de vertedoiros.
Aliméntase de todo
tipo de materia animal
e elaborados. Mide
entre 60 e 68 cm.
Picapeixe (Alcedo atthis).
Vese nas beiras dos ríos de
augas limpas. Aliméntase de
peixes e insectos acuáticos.
Mide de 17 a 19 cm.
Parrulos: Lavanco
(Anas plathyrhynchos).
Atópase en zonas de augas
tranquilas. É o parrulo máis
común. Aliméntase de
vexetais e invertebrados.
Mide de 50 a 60 cm.
Cerceta real (Anas crecca). É un parrulo pequeno, invernante en encoros e
de paso. Aliméntase de vexetais e invertebrados. Mide de 32 a 35 cm.
Mergullón pequeno
(Tachybaptus ruficollis).
Vese en augas calmas con
vexetación. Aliméntase de
invertebrados, peixes
pequenos, e algunha
materia vexetal. Mide
entre 24 e 29 cm.
Mergullón cristado
(Podiceps cristatus).
Vese en encoros e augas
calmas con vexetación.
Aliméntase de peixes,
anfibios, invertebrados e
algunha materia vexetal.
Mide entre 46 e 50 cm.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Vese en ríos
de augas limpas con corrente. Aliméntase
en mergullo de larvas de insectos. Mide
entre 17 e 20 cm.
Bilurico bailón (Actitis hypoleucus).
Vese nas beiras dos ríos. Aliméntase de
invertebrados. Mide de 18 a 21 cm.
Lavandeira real
(Motacilla cinerea).
Vese na beira de ríos e regatos.
Aliméntase de insectos. Mide
entre 17 e 20 cm
Lavandeira verdeal
(Motacilla flava).
Vese no verán preto da
auga. Aliméntase de
invertebrados. Mide de 15
a 17 cm.
Lavandeira branca
(Motacilla alba). Vese á beira
da auga. Mide de 16 a 19 cm
de lonxitude. O macho ten as
manchas negras mais grandes
e mais marcadas. Aliméntase
de insectos, eirugas e vermes.
Sapoconcho europeo
(Emys orbicularis). Atópase en
augas quedas, ou lentas, con
vexetación. É escaso e está
ameazado por perda de hábitat.
Aliméntase de pequenos animais
e dos seus restos. A cuncha pode
medir máis de 20 cm.
Réptiles:
Sapoconcho
mediterráneo
(Mauremys leprosa).
Atópase en augas quedas,
ou lentas, con vexetación.
Moi escaso e so en
puntos illados.
Aliméntase de pequenos
animais e de restos, a
cuncha pode medir de 15
a 20 cm de longo.
Sapoconcho de orellas
vermellas (Trachemys
scripta elegans). Especie
invasora orixinaria do
sueste dos Estados
Unidos. Atópase en augas
calmadas de varios ríos e
encoros. Aliméntase de
vexetais e animais. A
cuncha pode medir máis
de 25 cm de longo.
Cobra de auga ou cobra
viperina (Natrix maura).
É bastante común preto
da auga. Aliméntase
anfibios peixes e
invertebrados acuáticos.
Mide entre 60 e 70 cm.
Cobra de colar (Natrix natrix).
Atópase preto das beiras onde
se alimenta de anfibios. É
bastante común. Pode medir
ata máis de 1 m.
Saramaganta ou salamántiga galega
(Chioglossa lusitanica). Vese en
zonas húmidas preto de augas
limpas, correntes e ben oxixenadas.
Ten hábitos nocturnos. Aliméntase
de pequenos animais. Mide de 12 a
15 cm, cun rabo de ata 10 cm.
Anfibios:
Pintafontes común
(Lissotriton boscai).
Atópase en augas lentas e
calmas. Aliméntase de
larvas de invertebrados.
Mide entre 7 e 10 cm dos
que algo máis da metade
son de rabo.
Pintafontes palmado
(Lissotriton helveticus).
Atópase en augas calmas e
lentas. Aliméntase de larvas
de animais acuáticos. Mide
ata 8 cm dos que o rabo son
algo máis da metade.
Pintafontes verde (Triturus marmoratus).
Case so vai á auga na tempada de cría.
Aliméntase de pequenos animais. Pode
medir ata 16 cm.
Sapiño pinto
(Discoglossus galganoi).
Atópase en augas
calmas. Aliméntase de
bechos pequenos. Pode
medir entre 6 e 7 cm.
Sapo común
(Bufo bufo ou Bufo spinosus).
So se achega á auga para poñer os
ovos. Aliméntase de animais
pequenos. Os machos, que son
máis pequenos, miden ata 8 cm;
as femias poden acadar os 12 cm.
Estroza (Hyla molleri).
Atópase subida na
vexetación preto da auga, en
zonas calmas. Aliméntase de
insectos e arañas. Mide
entre 3 e 4 cm.
Ra patilonga (Rana iberica).
Atópase na beira de
correntes de auga limpa e
fresca. Aliméntase de
pequenos animais. Adoita
medir entre 3 e 5 cm.
Ra verde (Pelophylax perezi).
Atópase en augas calmas ou
de corrente lenta. Aliméntase
de bechos pequenos. Pode
medir máis de 7 cm de longo.
Ra vermella
(Rana temporaria).
So se achega á auga para
criar. Alimentase de
pequenos animais. Os
machos poden medir de 3
a 4 cm e as femias de 4 a 6
cm.
Troita (Salmo trutta trutta fario).
Atópase en todos os ríos. Mide entre
20 e 30 cm aínda que pode acadar
tallas máis grandes.
Peixes: unhas 30 especies.
Reo (Salmo trutta trutta).
Entra nos ríos no verán para
desovar. Pode medir entre
35 e 45 cm.
Salmón (Salmo salar).
Remonta os ríos de
febreiro a agosto para
criar. Os adultos poden
medir ata 90 cm de
longo.
Barbo (Barbus barbus bocagei). So se atopa nuns poucos
ríos do sur de Galiza onde vive preto do fondo. Pode
acadar os 50 cm. Aliméntase de restos e de larvas.
Tenca (Tinca tinca). Atópase en augas lentas. As femias
poden acadar un tamaño máximo de 70 cm, os machos
algo menos. Aliméntase de pequenos animais.
Lamprea (Petromizon marinus). Entra nos ríos para
reproducirse ao longo da primavera. Mide de 70 cm ata 1 m.
Aliméntase de sangue que extrae doutros peixes.
Anguía (Anguilla anguilla). Remonta os ríos sendo nova e déixaos para
ir desovar ao mar. Os machos poden medir de 30 a 35 cm de media e
as femias máis grandes poden chegar a 1 m.
Boga (Chondrostoma polylepis). Vive no curso medio dos
ríos con corrente. Acada unha talla media de 25 cm.
Aliméntase de vexetais e de restos
Peixe (Chondrostoma ou
Pseudochondrostoma duriense).
Vive nos tramos medios dos ríos
con corrente. Non mide máis de
30 cm. Aliméntase de
vexetación, pequenos
invertebrados e restos.
Escalo (Squalus carolitertii ou Leuciscus carolitertii).
Atópase nas cuncas do Miño e os seus afluentes e
noutros ríos ao sur. Pode medir uns 25 cm.
Bermelliña (Chondrostoma arcasii ou Rutilus arcasii). Atópase en
ríos ao sur do Tambre. Mide de media uns 10 cm.
Espiñento (Gasterosteus
aculeatus). Atópase nas
cuncas do Miño-Sil, no Limia,
nos tramos finais do Ulla e
do Umia, e noutros lugares
puntuais. Pode acadar uns 5
cm de talla media.
Barbela (Cobitis calderoni). Vive en fondos de grava de
augas limpas. Pode medir ata 9 cm.
Barbela do Miño (Cobitis paludica). Atópase en fondos
de area e grava. Pode medir ata 12 cm.
Sable ou sábalo (Alosa alosa).
Atópase so no Miño de marzo a
xuño. Pode medir de media
entre 35 e 45 cm.
Sabela ou zamborca (Alosa falax). Atópase no Miño e no Ulla que remontan
na primavera. Mide de media de 30 a 45 cm.
Muxo ou muxe
(Chelon labrosus).
Vive nos esteiros e nos
cursos baixos dos ríos. Pode
medir máis de 30 cm.
Aliméntase de case
calquera cousa.
Troita arco iris (Oncorhynchus mykiss). Especie
introducida. Pode medir máis de 60 cm.
Piscardo (Phoxinus phoxinus). Especie
introducida. Vive nos tramos medios e
altos dos ríos con augas limpas. Pode
medir ata 10 cm. Aliméntase de
animais pequenos.
Gobio (Gobio gobio). Especie introducida nalgús ríos.
Vive preto dos fondos. Pode medir entre 10 e 15 cm.
Aliméntase de invertebrados e das súas larvas.
Pachorro, peixe vermello ou carpa vermella
(Carassius auratus). Especie introducida. Vive en
augas calmas. Pode medir ata uns 30 cm.
Aliméntase de case calquera cousa.
Carpa (Cyprinus carpio). Atópase en
augas lentas. Pode medir ata 80 cm e
pesar 14 kg. É omnívora.
Black-bass ou perca americana (Micropterus salmoides).
Especie introducida. Atópase en augas tranquilas, limpas.
Pode medir ata 50 cm e pesar 3 kg. Carnívora.
Gambusia (Gambusia holbrooki). Especie introducida.
O macho mide uns 5 cm, a femia pode chegar aos 10
cm. Aliméntase de larvas de mosquitos.
INVERTEBRADOS
Cangrexo de río do país
(Austrapotamobius italicus pallipes).
Escaso, en perigo de extinción, e moi
localizado en áreas calcarias. Pode
medir ata 15 cm. Aliméntase de
animais e de restos.
Crustáceos:
Camarón de río
(Atyaephyra desmarestii).
Atópase en augas
tranquilas con vexetación.
Mide entre 3 e 4 cm, as
femias son máis grandes.
Alimentación omnívora
Cangrexo de río americano
(Procambarus clarkii). Especie
introducida e invasora. Atópase en
augas tranquilas. Pode medir ata 15
cm. Aliméntase de case calquera
cousa.
Echinogammarus berilloni.
Atópase debaixo das pedras.
Mide pouco máis de 1 cm.
DIPTEROS. En Galiza coñécense unhas 450 especies
de dípteros que teñen o desenvolvemento larvario
asociado á auga. Como algunhas espécies de tabáns.
Insectos:
Os tabáns pertencen á familia Tabanidae. Son insectos
coñecidos polas súas molestas picaduras. Os machos
aliméntanse de pole e as femias de sangue de animais.
En Galiza coñécense 15 especies con larvas acuáticas.
Adulto, larvas e detalle dos ollos do
tabán Hybomitra distinguenda, unha
especie común. Mide de 15 a 18 mm.
Sírfidos (Syrphidae). Coñécense unhas 6 000 especies no mundo, máis
de 50 en Galiza das que 6 teñen larvas acuáticas. A maioría dos adultos
teñen deseños que semellan abellas ou vésporas. Aliméntanse de néctar
e de pole das flores e actúan como axentes polinizadores. as larvas teñen
unha alimentación moi variada. As especies acuáticas comen plantas en
descomposición e materia animal, en pozas e regatos, entre as terrestres
hainas depredadoras de áfidos, trips, e outros insectos que poden ser
pragas das plantas.
adulto de Eristalis,
que imita unha abella,
e a súa larva na que
destaca o sifón que
utiliza para respirar
sen saír á superficie
Quironómidos (Chironomidae). Familia con
máis de 7.000 especies, case 300 en Galiza,
que veñen a ser máis da metade dos
dípteros acuáticos. Moitos adultos son
semellantes a mosquitos, viven moi pouco
tempo e case non se alimentan. As larvas
aliméntanse, segundo a especie, de restos,
de outros animais máis pequenos, de
vexetais,...
Culícidos (Culicidae) coñecidos como mosquitos.
Existen algo máis de 3.500 especies. En Galiza so
se coñecen 3 ( Culex pipens, Aedes geniculatus e
Anopheles maculipennis). Miden ata 1,5 cm. As
larvas viven na auga e aliméntanse de restos e
microorganismos. Os adultos machos aliméntanse
de zumes vexetais que lles aporten zucre e case
toas as femias se alimentan de sangue para
poderen producir os ovos. Os Anopheles poden
transmitir enfermidades.
Culex pipens, o mosquito común.
Larvas de mosquito
Aedes geniculatus Anopheles maculipennis
ODONATOS (Odonata). libeliñas, candís, gaiteiros,
cabalos do demo... Unhas 5.900 especies no mundo,
arredor de 50 en Galiza. As larvas viven na auga e son
cazadores activos. Os adultos cazan insectos voadores.
Polo tamaño e as cores son os insectos acuáticos máis
chamativos. Aínda que non todos viven nos ríos
atópanse sempre preto da auga. Normalmente
diferencianse dous tipos os cigópteros, que teñen
corpos delgados e cando pousan colocan as ás sobre o
corpo, e os anisópteros, que son xeralmente máis
grandes e pousan coas ás estendidas cara aos lados.
Parella de libeliñas
en cópula
Libeliña azul (Calopterix virgo). É unha libeliña común. Atópase e cría en correntes de
augas frías e rápidas. Mide arredor de 5 cm.
Calopterygidae. 3 especies de
gaiteiros ou libeliñas de 4 a 6 cm,
coas ás coreadas e brillantes, que se
desenvolven en ríos e regatos.
Coenagrion. 11 especies en Galiza.
Atópanse en augas remansadas de
pouca corrente.
Coenagrion mercuriale. Atópase en cursos de
auga pequenos, regos e canles de rega con
abundante vexetación. Mide de 20 a 45 mm. En
Europa está protexido.
Lestidae. 8 especies de gaiteiros,
máis comúns en pozas e lagoas que
nas augas correntes.
Lestes viridis ou Chalcolestes viridis. É o gaiteiro de máis
talla do xénero, de 3,5 a máis de 4,5 cm. Desenvólvese en
augas correntes.
Platycnemididae.
2 especies de augas
correntes, máis comúns en
ríos grandes con vexetación
que en regatos.
Parella de Platycnemis acutipennis
Aeshnidae. 6 especies en Galiza. Son as libélulas máis grandes
de Europa poden chegar aos 10 cm. Son comúns en augas
estancadas.
Cabalo do demo de cu azul (Aeshna cyanea). Cría en augas estancadas ou
remansos de corrente lenta. Pode medir ata 8 cm
Libeliña teixa (Boyeria irene). Mide de 6 a 7 cm.
Este aeshnido, a diferencia dos demais da súa
familia, atópase en augas limpas correntes, con
árbores nas beiras.
Cordulegaster. 1 especie en ríos de augas tranquilas.
Imaxes de Cordulegaster boltonii
Macromia splendens é endémica do sur de Francia e
de partes da Península Ibérica. Atópase en tramos
lentos de ríos cumpridos con vexetación de ribeira.
Pode medir ata 70 mm. Está en perigo de extinción
Cordulidae. 2 especies. Trátase dunhas
reliquias que sobreviviron ás glaciacións.
O xénero, unhas 112 especies, habita
principalmente en áreas de clima tropical,
só M. splendens e Oxygastra curtisii se
atopan no continente europeo.
Oxigastra curtisii. Especie
catalogada como en perigo.
Facilmente recoñecible polo seu
brillo metálico
(Gomphus graslinii). Atópase en
zonas calmas de ríos e regatos en bo
estado, limpos e con vexetación.
Mide de 4 a 7 cm.
Está en perigo.
Gomphidae. 6 especies de candís
de cor amarela e negra, de augas
correntes
Libelullidae 11 especies nas que os
machos son azuis ou vermellos e as
femias amarelas e castañas. Atópanse
en augas tranquilas
Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum). Atópase en augas paradas ou de
corrente lenta. Mide de 3 a 4 cm
EFEMERÓPTEROS. Unhas 3.000 especies
no mundo, en Galiza 46. Insectos de ata 2
cm de lonxitude con longos apéndices
caudais que poden dobrar a lonxitude do
corpo. As ninfas son sempre acuáticas,
viven en augas limpas, e tardan meses, ou
anos, en completar o desenvolvemento.
Os adultos so viven unhas horas ou uns
días e non se alimentan.
Adulto e ninfa de Baetis rhodani.
Común en augas correntes limpas e
con vexetación.
Ninfa e adulto de Nemoura cinerea,
unha mosca das pedras
Ninfa e adulto de
Perla matritensis,
unha perla habitual.
PLECÓPTEROS. Máis de 50 especies en Galiza, unhas 3.500 no
mundo. Adoitan vivir en augas de calidade, limpas, correntes e
ben oxixenadas. As ninfas sofren numerosas mudas antes de
acadaren as características de adultos. Divídense en dous
grupos os Euholognatos (moscas das pedras). As ninfas
aliméntanse de restos orgánicos; e Sistelognatos (Perlas).
Teñen ninfas carnívoras.
HETERÓPTEROS 30 especies de 8 familias. De formas e tamaños diversos, conforman un grupo de animais
curiosos, case todos carnívoros co aparato bucal transformado nun peteiro perforador. Distínguense dúas
clases: Nepomorfos (que se moven habitualmente dentro da auga) e Gerromorfos (que se moven pola
superficie da auga)
Nepomorfo: barqueiro Gerromorfos: patinadores
Corixidae. 12 especies en Galiza, unhas 500 no
mundo. Coñécense co nome de barqueiros.
Viven en augas tranquilas. Miden de 5 a 15
mm de lonxitude. Aliméntase de algas e
material vexetal morto. Os adultos, fóra da
auga, desprázanse voando.
Barqueiro (Sigara nigrolineata), ninfa e adulto alado
Naucoridae. Chinches da auga. 2 especies en Galiza.
Aliméntanse de animais pequenos. Os adultos voan.
Naucoris maculatus. Pode medir ata 1,5 cm
Aphelocheirus occidentalis común. Mide arredor de 1 cm de longo.
Nepidae: En Galiza coñécense 2 especies.
(Ranatra linearis). Pode medir ata 7 cm de longo. O tubo respiratorio adoita ser tan
longo coma o corpo. Aliméntase de pequenos animais. Os adultos poden voar.
Escorpión de agua (Nepa cinerea). Vive en augas
tranquilas e de pouca corrente, con vexetación. Colle o
oxíxeno directamente do aire polo tubo respirador. Pode
medir ata 4 cm. Caza pequenos animais, cabezolos e
peixes.
Notonectidae. En Galiza coñécense 7 especies.
Barqueiro ou nadador de costas (Notonecta glauca). Mide ata 2 cm. Aliméntase de
cabezolos e peixes. Dentro da auga móvese de costas e trasládanse dun sitio a outro
voando.
Gerridae. En Galiza coñécense 3
especies. Hai unhas 1.700 no
mundo, dos que uns poucos son
mariños. Son coñecidos co nome
de zapateiros, costureiras,
mariñeiros, xastres, muxiricos,…
Zapateiro (Gerris lacustris). Vese, en
grupos, movendose pola tona da auga.
Mide ata 2 cm de longo. Aliméntase de
insectos. Os adultos poden voar.
Hydrometridae. Familia con algo
máis de 100 especies no mundo. En
Galiza so se coñece 1 especie o
(Hydrometra stagnorum).
Hydrometra stagnorum. Mide ata 2 cm de longo.
Aliméntase de insectos mortos que atopa na
superficie da auga
SIALIDOS. familia cunhas 100 especies.
Miden ata 2,5 cm. As larvas son cazadoras e
tardan un ou dous anos en completar o
desenvolvemento. Os adultos so viven dous
ou tres días e non se alimentan. En Galiza
coñécense 4 especies.
Adulto e ninfa de Sialis lutaria,
COLEÓPTEROS. Do case un millón de especies de coleópteros que
se cree que existen no mundo, unhas 400.000 teñen a súa vida
ligada á auga. Destas últimas en Galiza pódense atopar unhas 200
especies, as máis viven en augas estancadas .
Hainos que tanto as larvas como os adultos pasan a vida na auga,
hainos que so teñen o desenvolvemento larvario na auga e
hainos que se desenvolven en terra e os adultos van á auga.
Os que máis chaman a atención son os ditiscos, polo seu tamaño,
e os xirinos pola súa curiosa forma de moverse
Dytiscus marginatus. A larva
pode medir ata 6 cm. É un
predador que captura outras
larvas, cabezolos e ata peixes.
Dytiscidae. Unhas 80 especies en Galiza, máis de 4.000 especies no mundo.
As larvas e os adultos son cazadores activos que se alimentan de outros animais.
Os máis grandes capturan cabezolos e peixes pequenos
Dytiscus semisulcatus. escaravello grande, de 2 a 3 cm. Atópase en augas lentas
con moita vexetación
Xirínidos (Gyrinidae) escribanos da auga. Son escaravellos que adoitan nadar na superficie da
auga cando están tranquilos, aínda que mergullan cando se senten ameazados. Teñen o hábito
de nadar rapidamente en círculos cando están alarmados. A familia acolle unhas 700 especies
en todo o mundo que miden desde os 3 aos 18 mm de lonxitude. Teñen as patas medias e
traseiras adaptadas para nadar -están moi aplanadas e beireadas de sedas- mentres que as
patas dianteiras son longas e adaptadas a agarrar as presas.
En Galiza coñécense 4 especies
Larva e adulto de Orectochilus villosus. Vive nos ríos.
Atópanse preto de zonas de corrente. Aliméntase de larvas de
insectos. Mide de 5,5 a 6,5 mm de longo
Os Chrysomelidae son, na súa grande maioría, escaravellos terrestres
comedores de follas, pero hai unha subfamila, os Donaciinae, que teñen
larvas acuáticas ou que se desenvolven nas plantas acuáticas. En Galiza
coñécense 17 especies pertencentes a esta subfamilia.
Hydraenidae. En Galiza coñécense 32 especies.
Son escaravellos pequenos, os máis grandes non
chegan aos 7 mm, que se alimentan de vexetais
e os seus restos. As larvas desenvólvense en
terra e os adultos viven na auga.
Hydrophilidae. En Galiza coñécense 29
especies. Tanto as larvas como os adultos
viven na auga. Os adultos capturan o aire
coas antenas.
Donacia aquatica. A larva, acuática, aliméntase nos talos
dos carrizos. Os adultos miden de 6 a 9 mm de longo.
Hydrophilus pistaceus. Adulto e larva.
O adulto mide uns 4 cm. Pouco común.
Hydraena sp.
TRICÓPTEROS friganeas, moscas de estoxo. As larvas, segundo a especie, aliméntanse de animais, vexetais
ou restos. Constrúen refuxios (estoxos) ou redes de captura coa seda que segregan. Os adultos, alados, viven
poucos días e non se alimentan.
No mundo coñécense entre 7.000 e 10.000 especies, En Galiza 147 especies de varias familias.
Limnephilidae é a familia máis representada con 30 especies. Son os tricópteros dominantes nas áreas
temperadas do hemisferio norte. Os adultos miden uns 15 mm e as larvas ata 30 mm.
Friganea, adulto e estoxos de diferentes especies
Podura aquatica. Atópase na tona de augas estancadas. Mide entre 1 e 2 mm.
Aliméntase de materia orgánica en descomposición. O máis destacado deste animal
e un apéndice que leva pregado debaixo do abdome, a fúrcula, que usa a xeito de
panca para dar saltos, de ata 20 cm, e fuxir dos perigos.
(Collembola). Artrópodos hexápodos moi
próximos aos insectos. Son animais de
ambientes húmidos nos que forman grupos
numerosos. Miden menos de 5 mm Coñécense
case 8.000 especies que se atopan en todos
continentes (incluída a Antártida).
Colémbolos:
Coñécense varias especies de ácaros, de pequeno tamaño e
cores chamativas, que viven na auga dos ríos e algunhas
arañas que desenvolven a súa actividade na auga.
Arácnidos:
Pirata piraticus. Atópase en augas estancadas e correntes. Pirata piscatorius. Atópase en augas estancadas e correntes lentas.
Corbiculidae 1 especie. Invasora
orixinaria do sueste de Asia onde se
consume como alimento.
Moluscos:
BIVALVOS
Corbicula fluminea. Vive en fondos de area
con correntes rápidas. Reprodúcese
abundantemente e medra moi rápido.
Margaritiferidae 1 especie.
O mexillón de río (Margaritifera
margaritifera).
Mexillón de río (Margaritifera margaritifera).
Atópase en zonas areosas de augas
remansadas. Poden medir ata 15 cm e vivir
máis de 100 anos. Está catalogado como
especie en perigo.
A Universidade de Santiago de Compostela
ten a única planta de cultivo de mexillón de río
da Península Ibérica.
Mytilidae 1 especie. Xenostrobus securis. Mexillón
procedente de Nova Celandia que se atopa xa nalgúns
esteiros, suxeito a todo tipo de sustratos. Mide de 2 a 3
cm.
Xenostrobus securis.
Pisidium amnicum
Sphaeriidae 8 especies. Bivalvos pequenos que
raramente pasan de 1 cm. Viven enterrados nos
sedimentos.
Pisidium casertanum (berberecho ou chícharo). É un dos
máis comúns. Mide arredor de 5 mm.
Pisidium amnicum. É un dos
máis grandes. Pode medir de
7 a 11 mm.
Unionidae, 4 especies. Bivalvos filtradores grandes, de
ata 15 cm, que viven medio enterrados en fondos de
area e fango.
Unio pictorum.
Mide de 8 a 15 cm.
Potomida littoralis. mide de 6 a 8 cm
Anodonta cygnea.
Pode chegar a 20 cm,
Unio elongatulus
Valvatidae 1 especie Valvata piscinalis.
GASTERÓPODOS
Valvata piscinalis. Vive en augas calmas ou
cursos lentos. Aliméntase de vexetais. Mide
uns 5 mm de alto e de 3 a 5mm de groso
Lymnaeidae 4 especies de caracois pulmonados.
Radix auricularia antes Lymnaea
auricularia. Atópase en augas lentas
co fondo de barro. O ancho da cuncha
é de 12 a 18 mm e a altura de 14 a 24
mm. Aliméntase de restos e de algas.
Radix peregra antes Lymnaea peregra.
Común en augas tranquilas.
Galba truncatula antes Lymnaea truncatula,
Vive en augas pouco aireadas pouco profundas e
pode pasar longos períodos en seco. A altura da
cuncha é de 5-10 mm e o ancho de 2,5-6 mm.
Aliméntase de algas, vexetais e restos.
Omphiscola glabra antes Lymnaea glabra.
Atópase en áreas estancadas. A altura da
cuncha é de 9 a 12 mm, ata 20 mm, e o
ancho de 3 a 5 mm.
Bithyniidae. 1 especie Bithynia tentaculata.
Bithynia tentaculata. Vive en augas estancadas con
abundante vexetación. mide de 7 a 13 mm. Ten opérculo
calcario
Ancylidae. 1 especie Ancylus fluviatilis
Ancylus fluviatilis (lapa de río). Adoita atoparse en augas correntes, claras e ricas
en oxíxeno. Aliméntase de algas. Mide de 6 a 8 mm.
Ferisiidae. 1 especie Ferrisia wautieri
Ferrisia wautieri lapa. Atópase,
case sempre apegada ás plantas,
en augas remansadas. Mide ata 4
mm. Aliméntase de algas
Hirudo medicinalis. Pode medir máis de 10 cm. Aliméntase de sangue de animais
grandes e pode soportar grandes períodos de abstinencia. Está protexida.
HIRUDÍNEOS (sambesugas). Coñécense unhas 12 especies.
Hainas cazadoras de animais pequenos, chupadoras de
sangue, e preeiras
Dina lineata. Pode medir ata 8 cm. Aliméntase
de invertebrados
Batracobdella algira. Mide ata 3 cm. Parásito
común de varios anfibios.
Anélidos:
Lumbricillus rivalis. Pode medir ata
2 cm. Aparece nos filtros das
depuradoras. Pertence á familia
Enchytraeidae da que se coñecen
unhas 20 especies que viven en
regatos e nos cursos altos dos ríos.
Haplotaxis gordioides. Único representante da
familia Haplotaxidae. Pode medir ata 40 cm e
entre 0,3 e 2 mm de diámetro.
Eisenella tetraedra. Pode medir de 2 a 8 cm, vive
en substratos húmidos, incluídos os da beira dos
ríos. Pertence á familia Lumbricidae.
Nais alpina. Común e abundante
entre as plantas acuáticas de augas
de correntes rápidas. Pertence á
familia Naididae da que se coñecen
32 especies.
Tubifex (vermes do
lodo). Viven medio
enterrados nos fondos
agrupados en colonias.
Aliméntanse de restos
de materia orgánica.
Son da familia
Tubificidae da que se
coñecen unhas 20
especies..
Oligoquetos. Unhas 100 especies de 8 familias, de animais de corpo longo,
de sección circular, cun número variable de segmentos e tamaños moi
diversos. Na súa distribución inflúe moito o tipo de substrato e a
velocidade da corrente.
TURBELARIOS (planarias). Poden medir de 5 a 35 mm,
carnívoros.
Platelmintos:
Polycelis felina. Atópase en todo tipo
de augas correntes
Dugesia tigrina. De
orixe americana.
Gordidae. Coñecidos
como vermes de crina de
cabalo. As larvas son
parásitas de artrópodos.
Poden medir de 10 a 70
cm. En Galiza so se atopa
o Gordius aquaticus.
Mide uns 15 cm
Nematomorfos:
As esponxas son seres típicamente
mariños, pero hai unas poucas
especies que viven en augas doces.
Son pouco aparentes e menos
coñecidas e estudiadas.
Esponxas:
Spongilla lacustris. Atópase formando
pequenas masas sobre materiais e
elementos dos fondos de augas tranquilas.
E despois de recortar, medir e axustar
ata aquí cheguei... para non cansar
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos
autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

Similar to Morcego Roque, O Río

RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
iesasorey
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegadosegsumay
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
MonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
MonContos
 
Silván, parentes e achegados
Silván, parentes e achegadosSilván, parentes e achegados
Silván, parentes e achegados
MonContos
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
MonContos
 
Presentacion pdf
Presentacion pdfPresentacion pdf
Presentacion pdf
tambre
 
O eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemaO eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistema
biblionova
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
MonContos
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
MonContos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
MonContos
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
MonContos
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibiosxancia1
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
monadela
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaiesasorey
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
MonContos
 

Similar to Morcego Roque, O Río (20)

RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegados
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Moluscos
Moluscos Moluscos
Moluscos
 
Silván, parentes e achegados
Silván, parentes e achegadosSilván, parentes e achegados
Silván, parentes e achegados
 
Os animais da selva
Os animais da selvaOs animais da selva
Os animais da selva
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Presentacion pdf
Presentacion pdfPresentacion pdf
Presentacion pdf
 
O eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemaO eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistema
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de seba
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
MonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
MonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
MonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
MonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
MonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
MonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
MonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
MonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
MonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
MonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
MonContos
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
MonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
MonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
MonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
MonContos
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
MonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
MonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Morcego Roque, O Río

  • 1. os bechos dos ríos COUSIÑAS FEITAS NA CASA Mon Daporta
  • 2. Roque é bastante dado a andar,
  • 3. e curioso a máis non dar, e cando vai de camiño non deixa nada sen ver, nin grande nin pequeniño.
  • 4. Hai uns días nunha andaina que fixo pola beira do río fixouse en ducias de cousas que antes non tiña visto
  • 5. Sorprendido polo que veu, e sabendo que non vira todo, púxose a buscar e pescudar... quixo chegar ata o fondo!
  • 6. E a maiores dos bechos de sempre, dos que todo o mundo sabe, descubreu unha boa morea de outros menos familiares.
  • 7. Nas correntes de auga de Galiza podemos atopar ben máis dun milleiro de bechos varios. Hai animais de todas clases: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e, por suposto, peixes, pero tamén hai unhas 1.000 especies de invertebrados de tamaño visible e moitos outros mais pequenos. Co que veu, buscou e estudou… tendes, de aquí en diante, o traballiño que armou.
  • 9. Lontra (Lutra lutra). Atópase en correntes de augas limpas e con boa vexetación de ribeira. Mide entre 62 e 69 cm de longo, máis 40 cm de rabo, e pode pesar ata 11 kg. Aliméntase de peixes, ras, crustáceos e outros animais. Mamíferos:
  • 10. Visón europeo (Mustela lutreola). Escaso. atópase á beira de ríos de corrente lenta. Mide de 37 a 43 cm, máis de 15 a 19 cm de rabo, as femias algo menos, e pode pesar entre 500 e 800 g. Aliméntase de roedores, ras, peixes, aves acuáticas ou ovos.
  • 11. Visón americano (Neovison vison). Especie invasora. Atópase nas beiras de ríos. Mide entre 30 e 45 cm, máis uns 20 cm de rabo, e pode pesar ata 1,5 kg. Aliméntase de peixes, ras, pequenos mamíferos e aves acuáticas.
  • 12. Furapresas, aguaneiro (Galemys pyrenaicus). Atópase en ríos e regatos de augas limpas e con corrente. Ten costumes nocturnos. Mide entre 11 e 16 cm de longo, e outros tantos de rabo, e pode pesar entre 35 e 80 g. Aliméntase de invertebrados acuáticos, maiormente larvas.
  • 13. Aguaneira ou rata de auga (Arvicola sapidus). Atópase en augas de corrente lenta con abundante vexetación nas beiras. Mide de 16 a 23 cm, máis outros 12 cm de rabo, e pode pesar entre 150 e 280 g. Aliméntase de vexetais.
  • 14. Rata de auga do norte (Arvicola amphibius). Viven en tobos escavados nas ribeiras de ríos e regatos de augas tranquilas, canles de rega e estanques. Miden entre 14 e 22 cm, máis un rabo de 7 a 12 cm, e poden pesar entre 150 e 250 g. Aliméntase de vexetais.
  • 15. Muraño patibranco (Neomys fodiens). Atópase en correntes de auga limpa e ben oxixenada. Mide entre 7 e 10 cm, incluído o rabo, e pode pesar entre10 e 20 g. Aliméntase de invertebrados e, ocasionalmente, de peixes pequenos e anfibios.
  • 16. Muraño de Cabrera (Neomys anomalus). Habita en ríos e regatos e correntes de augas limpas e ata en pastos e praderías húmidas de montaña. Mide de 6 a 9 cm, máis outros de 4 a 6 cm de rabo e pode pesar de 8 a 16 g. Aliméntase de invertebrados acuáticos e ocasionalmente de peixes pequenos e anfibios.
  • 17. Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo). Visitante invernal, de agosto a abril, procedente de Europa, que se pode atopar en espazos abertos de ríos e encoros nos que captura, en mergullo, peixes. Mide entre 80 e 90 cm de longo. Aves:
  • 18. Garza real (Ardea cinerea). Máis abondosa no inverno, cun grande número de exemplares europeos. Atópase ao longo do curso dos ríos. Mide entre 85 cm e 1 m de lonxitude.
  • 19. Garzota (Egretta garzetta). Invernante menos abundante ao longo dos ríos, pero común nos esteiros. Mide de 50 a 65 cm.
  • 20. Cegoña (Ciconia ciconia). Visitante de verán e invernante escasa. Atópase en zonas húmidas e nas beiras dos ríos máis grandes onde captura peixes e, maiormente, anfibios e invertebrados. Mide entre 1 m e 1,1 m de longo.
  • 21. Rascón (Rallus aquaticus). Vive nos esteiros e zonas con vexetación mesta da beira dos ríos. Aliméntase de vexetais e invertebrados. Mide entre 23 e 28 cm.
  • 22. Galiñola, demo negro (Fulica atra). Vive en lagoas e encoros con vexetación. Aliméntase de herbas e invertebrados. Mide entre 36 e 42 cm.
  • 23. Galiña de río (Gallinula chloropus). Vive entre a vexetación, en lagoas e nas beiras dos ríos. Aliméntase de sementes e invertebrados. Mide entre 32 e 35 cm.
  • 24. Becacina xorda (Lymnocripes minimus). Invernante escaso en marismas e xunqueiras. Aliméntase de sementes e invertebrados. Mide entre 17 e 20 cm.
  • 25. Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus ou Larus ridibundus). Vese case todo o ano en lagoas e encoros. Aliméntase de restos e invertebrados. Mide de 34 a 39 cm.
  • 26. Gaivota patiamarela (Larus cachinnans). É ave mariña mais vese en masas de auga doce preto de áreas urbanas e de vertedoiros. Aliméntase de todo tipo de materia animal e elaborados. Mide entre 60 e 68 cm.
  • 27. Picapeixe (Alcedo atthis). Vese nas beiras dos ríos de augas limpas. Aliméntase de peixes e insectos acuáticos. Mide de 17 a 19 cm.
  • 28. Parrulos: Lavanco (Anas plathyrhynchos). Atópase en zonas de augas tranquilas. É o parrulo máis común. Aliméntase de vexetais e invertebrados. Mide de 50 a 60 cm.
  • 29. Cerceta real (Anas crecca). É un parrulo pequeno, invernante en encoros e de paso. Aliméntase de vexetais e invertebrados. Mide de 32 a 35 cm.
  • 30. Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis). Vese en augas calmas con vexetación. Aliméntase de invertebrados, peixes pequenos, e algunha materia vexetal. Mide entre 24 e 29 cm.
  • 31. Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Vese en encoros e augas calmas con vexetación. Aliméntase de peixes, anfibios, invertebrados e algunha materia vexetal. Mide entre 46 e 50 cm.
  • 32. Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Vese en ríos de augas limpas con corrente. Aliméntase en mergullo de larvas de insectos. Mide entre 17 e 20 cm.
  • 33. Bilurico bailón (Actitis hypoleucus). Vese nas beiras dos ríos. Aliméntase de invertebrados. Mide de 18 a 21 cm.
  • 34. Lavandeira real (Motacilla cinerea). Vese na beira de ríos e regatos. Aliméntase de insectos. Mide entre 17 e 20 cm
  • 35. Lavandeira verdeal (Motacilla flava). Vese no verán preto da auga. Aliméntase de invertebrados. Mide de 15 a 17 cm.
  • 36. Lavandeira branca (Motacilla alba). Vese á beira da auga. Mide de 16 a 19 cm de lonxitude. O macho ten as manchas negras mais grandes e mais marcadas. Aliméntase de insectos, eirugas e vermes.
  • 37. Sapoconcho europeo (Emys orbicularis). Atópase en augas quedas, ou lentas, con vexetación. É escaso e está ameazado por perda de hábitat. Aliméntase de pequenos animais e dos seus restos. A cuncha pode medir máis de 20 cm. Réptiles:
  • 38. Sapoconcho mediterráneo (Mauremys leprosa). Atópase en augas quedas, ou lentas, con vexetación. Moi escaso e so en puntos illados. Aliméntase de pequenos animais e de restos, a cuncha pode medir de 15 a 20 cm de longo.
  • 39. Sapoconcho de orellas vermellas (Trachemys scripta elegans). Especie invasora orixinaria do sueste dos Estados Unidos. Atópase en augas calmadas de varios ríos e encoros. Aliméntase de vexetais e animais. A cuncha pode medir máis de 25 cm de longo.
  • 40. Cobra de auga ou cobra viperina (Natrix maura). É bastante común preto da auga. Aliméntase anfibios peixes e invertebrados acuáticos. Mide entre 60 e 70 cm.
  • 41. Cobra de colar (Natrix natrix). Atópase preto das beiras onde se alimenta de anfibios. É bastante común. Pode medir ata máis de 1 m.
  • 42. Saramaganta ou salamántiga galega (Chioglossa lusitanica). Vese en zonas húmidas preto de augas limpas, correntes e ben oxixenadas. Ten hábitos nocturnos. Aliméntase de pequenos animais. Mide de 12 a 15 cm, cun rabo de ata 10 cm. Anfibios:
  • 43. Pintafontes común (Lissotriton boscai). Atópase en augas lentas e calmas. Aliméntase de larvas de invertebrados. Mide entre 7 e 10 cm dos que algo máis da metade son de rabo.
  • 44. Pintafontes palmado (Lissotriton helveticus). Atópase en augas calmas e lentas. Aliméntase de larvas de animais acuáticos. Mide ata 8 cm dos que o rabo son algo máis da metade.
  • 45. Pintafontes verde (Triturus marmoratus). Case so vai á auga na tempada de cría. Aliméntase de pequenos animais. Pode medir ata 16 cm.
  • 46. Sapiño pinto (Discoglossus galganoi). Atópase en augas calmas. Aliméntase de bechos pequenos. Pode medir entre 6 e 7 cm.
  • 47. Sapo común (Bufo bufo ou Bufo spinosus). So se achega á auga para poñer os ovos. Aliméntase de animais pequenos. Os machos, que son máis pequenos, miden ata 8 cm; as femias poden acadar os 12 cm.
  • 48. Estroza (Hyla molleri). Atópase subida na vexetación preto da auga, en zonas calmas. Aliméntase de insectos e arañas. Mide entre 3 e 4 cm.
  • 49. Ra patilonga (Rana iberica). Atópase na beira de correntes de auga limpa e fresca. Aliméntase de pequenos animais. Adoita medir entre 3 e 5 cm.
  • 50. Ra verde (Pelophylax perezi). Atópase en augas calmas ou de corrente lenta. Aliméntase de bechos pequenos. Pode medir máis de 7 cm de longo.
  • 51. Ra vermella (Rana temporaria). So se achega á auga para criar. Alimentase de pequenos animais. Os machos poden medir de 3 a 4 cm e as femias de 4 a 6 cm.
  • 52. Troita (Salmo trutta trutta fario). Atópase en todos os ríos. Mide entre 20 e 30 cm aínda que pode acadar tallas máis grandes. Peixes: unhas 30 especies.
  • 53. Reo (Salmo trutta trutta). Entra nos ríos no verán para desovar. Pode medir entre 35 e 45 cm.
  • 54. Salmón (Salmo salar). Remonta os ríos de febreiro a agosto para criar. Os adultos poden medir ata 90 cm de longo.
  • 55. Barbo (Barbus barbus bocagei). So se atopa nuns poucos ríos do sur de Galiza onde vive preto do fondo. Pode acadar os 50 cm. Aliméntase de restos e de larvas.
  • 56. Tenca (Tinca tinca). Atópase en augas lentas. As femias poden acadar un tamaño máximo de 70 cm, os machos algo menos. Aliméntase de pequenos animais.
  • 57. Lamprea (Petromizon marinus). Entra nos ríos para reproducirse ao longo da primavera. Mide de 70 cm ata 1 m. Aliméntase de sangue que extrae doutros peixes.
  • 58. Anguía (Anguilla anguilla). Remonta os ríos sendo nova e déixaos para ir desovar ao mar. Os machos poden medir de 30 a 35 cm de media e as femias máis grandes poden chegar a 1 m.
  • 59. Boga (Chondrostoma polylepis). Vive no curso medio dos ríos con corrente. Acada unha talla media de 25 cm. Aliméntase de vexetais e de restos
  • 60. Peixe (Chondrostoma ou Pseudochondrostoma duriense). Vive nos tramos medios dos ríos con corrente. Non mide máis de 30 cm. Aliméntase de vexetación, pequenos invertebrados e restos.
  • 61. Escalo (Squalus carolitertii ou Leuciscus carolitertii). Atópase nas cuncas do Miño e os seus afluentes e noutros ríos ao sur. Pode medir uns 25 cm.
  • 62. Bermelliña (Chondrostoma arcasii ou Rutilus arcasii). Atópase en ríos ao sur do Tambre. Mide de media uns 10 cm.
  • 63. Espiñento (Gasterosteus aculeatus). Atópase nas cuncas do Miño-Sil, no Limia, nos tramos finais do Ulla e do Umia, e noutros lugares puntuais. Pode acadar uns 5 cm de talla media.
  • 64. Barbela (Cobitis calderoni). Vive en fondos de grava de augas limpas. Pode medir ata 9 cm.
  • 65. Barbela do Miño (Cobitis paludica). Atópase en fondos de area e grava. Pode medir ata 12 cm.
  • 66. Sable ou sábalo (Alosa alosa). Atópase so no Miño de marzo a xuño. Pode medir de media entre 35 e 45 cm.
  • 67. Sabela ou zamborca (Alosa falax). Atópase no Miño e no Ulla que remontan na primavera. Mide de media de 30 a 45 cm.
  • 68. Muxo ou muxe (Chelon labrosus). Vive nos esteiros e nos cursos baixos dos ríos. Pode medir máis de 30 cm. Aliméntase de case calquera cousa.
  • 69. Troita arco iris (Oncorhynchus mykiss). Especie introducida. Pode medir máis de 60 cm.
  • 70. Piscardo (Phoxinus phoxinus). Especie introducida. Vive nos tramos medios e altos dos ríos con augas limpas. Pode medir ata 10 cm. Aliméntase de animais pequenos.
  • 71. Gobio (Gobio gobio). Especie introducida nalgús ríos. Vive preto dos fondos. Pode medir entre 10 e 15 cm. Aliméntase de invertebrados e das súas larvas.
  • 72. Pachorro, peixe vermello ou carpa vermella (Carassius auratus). Especie introducida. Vive en augas calmas. Pode medir ata uns 30 cm. Aliméntase de case calquera cousa.
  • 73. Carpa (Cyprinus carpio). Atópase en augas lentas. Pode medir ata 80 cm e pesar 14 kg. É omnívora.
  • 74. Black-bass ou perca americana (Micropterus salmoides). Especie introducida. Atópase en augas tranquilas, limpas. Pode medir ata 50 cm e pesar 3 kg. Carnívora.
  • 75. Gambusia (Gambusia holbrooki). Especie introducida. O macho mide uns 5 cm, a femia pode chegar aos 10 cm. Aliméntase de larvas de mosquitos.
  • 77. Cangrexo de río do país (Austrapotamobius italicus pallipes). Escaso, en perigo de extinción, e moi localizado en áreas calcarias. Pode medir ata 15 cm. Aliméntase de animais e de restos. Crustáceos:
  • 78. Camarón de río (Atyaephyra desmarestii). Atópase en augas tranquilas con vexetación. Mide entre 3 e 4 cm, as femias son máis grandes. Alimentación omnívora
  • 79. Cangrexo de río americano (Procambarus clarkii). Especie introducida e invasora. Atópase en augas tranquilas. Pode medir ata 15 cm. Aliméntase de case calquera cousa.
  • 80. Echinogammarus berilloni. Atópase debaixo das pedras. Mide pouco máis de 1 cm.
  • 81. DIPTEROS. En Galiza coñécense unhas 450 especies de dípteros que teñen o desenvolvemento larvario asociado á auga. Como algunhas espécies de tabáns. Insectos: Os tabáns pertencen á familia Tabanidae. Son insectos coñecidos polas súas molestas picaduras. Os machos aliméntanse de pole e as femias de sangue de animais. En Galiza coñécense 15 especies con larvas acuáticas. Adulto, larvas e detalle dos ollos do tabán Hybomitra distinguenda, unha especie común. Mide de 15 a 18 mm.
  • 82. Sírfidos (Syrphidae). Coñécense unhas 6 000 especies no mundo, máis de 50 en Galiza das que 6 teñen larvas acuáticas. A maioría dos adultos teñen deseños que semellan abellas ou vésporas. Aliméntanse de néctar e de pole das flores e actúan como axentes polinizadores. as larvas teñen unha alimentación moi variada. As especies acuáticas comen plantas en descomposición e materia animal, en pozas e regatos, entre as terrestres hainas depredadoras de áfidos, trips, e outros insectos que poden ser pragas das plantas. adulto de Eristalis, que imita unha abella, e a súa larva na que destaca o sifón que utiliza para respirar sen saír á superficie
  • 83. Quironómidos (Chironomidae). Familia con máis de 7.000 especies, case 300 en Galiza, que veñen a ser máis da metade dos dípteros acuáticos. Moitos adultos son semellantes a mosquitos, viven moi pouco tempo e case non se alimentan. As larvas aliméntanse, segundo a especie, de restos, de outros animais máis pequenos, de vexetais,...
  • 84. Culícidos (Culicidae) coñecidos como mosquitos. Existen algo máis de 3.500 especies. En Galiza so se coñecen 3 ( Culex pipens, Aedes geniculatus e Anopheles maculipennis). Miden ata 1,5 cm. As larvas viven na auga e aliméntanse de restos e microorganismos. Os adultos machos aliméntanse de zumes vexetais que lles aporten zucre e case toas as femias se alimentan de sangue para poderen producir os ovos. Os Anopheles poden transmitir enfermidades. Culex pipens, o mosquito común. Larvas de mosquito Aedes geniculatus Anopheles maculipennis
  • 85. ODONATOS (Odonata). libeliñas, candís, gaiteiros, cabalos do demo... Unhas 5.900 especies no mundo, arredor de 50 en Galiza. As larvas viven na auga e son cazadores activos. Os adultos cazan insectos voadores. Polo tamaño e as cores son os insectos acuáticos máis chamativos. Aínda que non todos viven nos ríos atópanse sempre preto da auga. Normalmente diferencianse dous tipos os cigópteros, que teñen corpos delgados e cando pousan colocan as ás sobre o corpo, e os anisópteros, que son xeralmente máis grandes e pousan coas ás estendidas cara aos lados. Parella de libeliñas en cópula
  • 86. Libeliña azul (Calopterix virgo). É unha libeliña común. Atópase e cría en correntes de augas frías e rápidas. Mide arredor de 5 cm. Calopterygidae. 3 especies de gaiteiros ou libeliñas de 4 a 6 cm, coas ás coreadas e brillantes, que se desenvolven en ríos e regatos.
  • 87. Coenagrion. 11 especies en Galiza. Atópanse en augas remansadas de pouca corrente. Coenagrion mercuriale. Atópase en cursos de auga pequenos, regos e canles de rega con abundante vexetación. Mide de 20 a 45 mm. En Europa está protexido.
  • 88. Lestidae. 8 especies de gaiteiros, máis comúns en pozas e lagoas que nas augas correntes. Lestes viridis ou Chalcolestes viridis. É o gaiteiro de máis talla do xénero, de 3,5 a máis de 4,5 cm. Desenvólvese en augas correntes.
  • 89. Platycnemididae. 2 especies de augas correntes, máis comúns en ríos grandes con vexetación que en regatos. Parella de Platycnemis acutipennis
  • 90. Aeshnidae. 6 especies en Galiza. Son as libélulas máis grandes de Europa poden chegar aos 10 cm. Son comúns en augas estancadas. Cabalo do demo de cu azul (Aeshna cyanea). Cría en augas estancadas ou remansos de corrente lenta. Pode medir ata 8 cm
  • 91. Libeliña teixa (Boyeria irene). Mide de 6 a 7 cm. Este aeshnido, a diferencia dos demais da súa familia, atópase en augas limpas correntes, con árbores nas beiras.
  • 92. Cordulegaster. 1 especie en ríos de augas tranquilas. Imaxes de Cordulegaster boltonii
  • 93. Macromia splendens é endémica do sur de Francia e de partes da Península Ibérica. Atópase en tramos lentos de ríos cumpridos con vexetación de ribeira. Pode medir ata 70 mm. Está en perigo de extinción Cordulidae. 2 especies. Trátase dunhas reliquias que sobreviviron ás glaciacións. O xénero, unhas 112 especies, habita principalmente en áreas de clima tropical, só M. splendens e Oxygastra curtisii se atopan no continente europeo.
  • 94. Oxigastra curtisii. Especie catalogada como en perigo. Facilmente recoñecible polo seu brillo metálico
  • 95. (Gomphus graslinii). Atópase en zonas calmas de ríos e regatos en bo estado, limpos e con vexetación. Mide de 4 a 7 cm. Está en perigo. Gomphidae. 6 especies de candís de cor amarela e negra, de augas correntes
  • 96. Libelullidae 11 especies nas que os machos son azuis ou vermellos e as femias amarelas e castañas. Atópanse en augas tranquilas Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum). Atópase en augas paradas ou de corrente lenta. Mide de 3 a 4 cm
  • 97. EFEMERÓPTEROS. Unhas 3.000 especies no mundo, en Galiza 46. Insectos de ata 2 cm de lonxitude con longos apéndices caudais que poden dobrar a lonxitude do corpo. As ninfas son sempre acuáticas, viven en augas limpas, e tardan meses, ou anos, en completar o desenvolvemento. Os adultos so viven unhas horas ou uns días e non se alimentan. Adulto e ninfa de Baetis rhodani. Común en augas correntes limpas e con vexetación.
  • 98. Ninfa e adulto de Nemoura cinerea, unha mosca das pedras Ninfa e adulto de Perla matritensis, unha perla habitual. PLECÓPTEROS. Máis de 50 especies en Galiza, unhas 3.500 no mundo. Adoitan vivir en augas de calidade, limpas, correntes e ben oxixenadas. As ninfas sofren numerosas mudas antes de acadaren as características de adultos. Divídense en dous grupos os Euholognatos (moscas das pedras). As ninfas aliméntanse de restos orgánicos; e Sistelognatos (Perlas). Teñen ninfas carnívoras.
  • 99. HETERÓPTEROS 30 especies de 8 familias. De formas e tamaños diversos, conforman un grupo de animais curiosos, case todos carnívoros co aparato bucal transformado nun peteiro perforador. Distínguense dúas clases: Nepomorfos (que se moven habitualmente dentro da auga) e Gerromorfos (que se moven pola superficie da auga) Nepomorfo: barqueiro Gerromorfos: patinadores
  • 100. Corixidae. 12 especies en Galiza, unhas 500 no mundo. Coñécense co nome de barqueiros. Viven en augas tranquilas. Miden de 5 a 15 mm de lonxitude. Aliméntase de algas e material vexetal morto. Os adultos, fóra da auga, desprázanse voando. Barqueiro (Sigara nigrolineata), ninfa e adulto alado
  • 101. Naucoridae. Chinches da auga. 2 especies en Galiza. Aliméntanse de animais pequenos. Os adultos voan. Naucoris maculatus. Pode medir ata 1,5 cm Aphelocheirus occidentalis común. Mide arredor de 1 cm de longo.
  • 102. Nepidae: En Galiza coñécense 2 especies. (Ranatra linearis). Pode medir ata 7 cm de longo. O tubo respiratorio adoita ser tan longo coma o corpo. Aliméntase de pequenos animais. Os adultos poden voar. Escorpión de agua (Nepa cinerea). Vive en augas tranquilas e de pouca corrente, con vexetación. Colle o oxíxeno directamente do aire polo tubo respirador. Pode medir ata 4 cm. Caza pequenos animais, cabezolos e peixes.
  • 103. Notonectidae. En Galiza coñécense 7 especies. Barqueiro ou nadador de costas (Notonecta glauca). Mide ata 2 cm. Aliméntase de cabezolos e peixes. Dentro da auga móvese de costas e trasládanse dun sitio a outro voando.
  • 104. Gerridae. En Galiza coñécense 3 especies. Hai unhas 1.700 no mundo, dos que uns poucos son mariños. Son coñecidos co nome de zapateiros, costureiras, mariñeiros, xastres, muxiricos,… Zapateiro (Gerris lacustris). Vese, en grupos, movendose pola tona da auga. Mide ata 2 cm de longo. Aliméntase de insectos. Os adultos poden voar.
  • 105. Hydrometridae. Familia con algo máis de 100 especies no mundo. En Galiza so se coñece 1 especie o (Hydrometra stagnorum). Hydrometra stagnorum. Mide ata 2 cm de longo. Aliméntase de insectos mortos que atopa na superficie da auga
  • 106. SIALIDOS. familia cunhas 100 especies. Miden ata 2,5 cm. As larvas son cazadoras e tardan un ou dous anos en completar o desenvolvemento. Os adultos so viven dous ou tres días e non se alimentan. En Galiza coñécense 4 especies. Adulto e ninfa de Sialis lutaria,
  • 107. COLEÓPTEROS. Do case un millón de especies de coleópteros que se cree que existen no mundo, unhas 400.000 teñen a súa vida ligada á auga. Destas últimas en Galiza pódense atopar unhas 200 especies, as máis viven en augas estancadas . Hainos que tanto as larvas como os adultos pasan a vida na auga, hainos que so teñen o desenvolvemento larvario na auga e hainos que se desenvolven en terra e os adultos van á auga. Os que máis chaman a atención son os ditiscos, polo seu tamaño, e os xirinos pola súa curiosa forma de moverse Dytiscus marginatus. A larva pode medir ata 6 cm. É un predador que captura outras larvas, cabezolos e ata peixes.
  • 108. Dytiscidae. Unhas 80 especies en Galiza, máis de 4.000 especies no mundo. As larvas e os adultos son cazadores activos que se alimentan de outros animais. Os máis grandes capturan cabezolos e peixes pequenos Dytiscus semisulcatus. escaravello grande, de 2 a 3 cm. Atópase en augas lentas con moita vexetación
  • 109. Xirínidos (Gyrinidae) escribanos da auga. Son escaravellos que adoitan nadar na superficie da auga cando están tranquilos, aínda que mergullan cando se senten ameazados. Teñen o hábito de nadar rapidamente en círculos cando están alarmados. A familia acolle unhas 700 especies en todo o mundo que miden desde os 3 aos 18 mm de lonxitude. Teñen as patas medias e traseiras adaptadas para nadar -están moi aplanadas e beireadas de sedas- mentres que as patas dianteiras son longas e adaptadas a agarrar as presas. En Galiza coñécense 4 especies Larva e adulto de Orectochilus villosus. Vive nos ríos. Atópanse preto de zonas de corrente. Aliméntase de larvas de insectos. Mide de 5,5 a 6,5 mm de longo
  • 110. Os Chrysomelidae son, na súa grande maioría, escaravellos terrestres comedores de follas, pero hai unha subfamila, os Donaciinae, que teñen larvas acuáticas ou que se desenvolven nas plantas acuáticas. En Galiza coñécense 17 especies pertencentes a esta subfamilia. Hydraenidae. En Galiza coñécense 32 especies. Son escaravellos pequenos, os máis grandes non chegan aos 7 mm, que se alimentan de vexetais e os seus restos. As larvas desenvólvense en terra e os adultos viven na auga. Hydrophilidae. En Galiza coñécense 29 especies. Tanto as larvas como os adultos viven na auga. Os adultos capturan o aire coas antenas. Donacia aquatica. A larva, acuática, aliméntase nos talos dos carrizos. Os adultos miden de 6 a 9 mm de longo. Hydrophilus pistaceus. Adulto e larva. O adulto mide uns 4 cm. Pouco común. Hydraena sp.
  • 111. TRICÓPTEROS friganeas, moscas de estoxo. As larvas, segundo a especie, aliméntanse de animais, vexetais ou restos. Constrúen refuxios (estoxos) ou redes de captura coa seda que segregan. Os adultos, alados, viven poucos días e non se alimentan. No mundo coñécense entre 7.000 e 10.000 especies, En Galiza 147 especies de varias familias. Limnephilidae é a familia máis representada con 30 especies. Son os tricópteros dominantes nas áreas temperadas do hemisferio norte. Os adultos miden uns 15 mm e as larvas ata 30 mm. Friganea, adulto e estoxos de diferentes especies
  • 112. Podura aquatica. Atópase na tona de augas estancadas. Mide entre 1 e 2 mm. Aliméntase de materia orgánica en descomposición. O máis destacado deste animal e un apéndice que leva pregado debaixo do abdome, a fúrcula, que usa a xeito de panca para dar saltos, de ata 20 cm, e fuxir dos perigos. (Collembola). Artrópodos hexápodos moi próximos aos insectos. Son animais de ambientes húmidos nos que forman grupos numerosos. Miden menos de 5 mm Coñécense case 8.000 especies que se atopan en todos continentes (incluída a Antártida). Colémbolos:
  • 113. Coñécense varias especies de ácaros, de pequeno tamaño e cores chamativas, que viven na auga dos ríos e algunhas arañas que desenvolven a súa actividade na auga. Arácnidos: Pirata piraticus. Atópase en augas estancadas e correntes. Pirata piscatorius. Atópase en augas estancadas e correntes lentas.
  • 114. Corbiculidae 1 especie. Invasora orixinaria do sueste de Asia onde se consume como alimento. Moluscos: BIVALVOS Corbicula fluminea. Vive en fondos de area con correntes rápidas. Reprodúcese abundantemente e medra moi rápido.
  • 115. Margaritiferidae 1 especie. O mexillón de río (Margaritifera margaritifera). Mexillón de río (Margaritifera margaritifera). Atópase en zonas areosas de augas remansadas. Poden medir ata 15 cm e vivir máis de 100 anos. Está catalogado como especie en perigo. A Universidade de Santiago de Compostela ten a única planta de cultivo de mexillón de río da Península Ibérica.
  • 116. Mytilidae 1 especie. Xenostrobus securis. Mexillón procedente de Nova Celandia que se atopa xa nalgúns esteiros, suxeito a todo tipo de sustratos. Mide de 2 a 3 cm. Xenostrobus securis.
  • 117. Pisidium amnicum Sphaeriidae 8 especies. Bivalvos pequenos que raramente pasan de 1 cm. Viven enterrados nos sedimentos. Pisidium casertanum (berberecho ou chícharo). É un dos máis comúns. Mide arredor de 5 mm. Pisidium amnicum. É un dos máis grandes. Pode medir de 7 a 11 mm.
  • 118. Unionidae, 4 especies. Bivalvos filtradores grandes, de ata 15 cm, que viven medio enterrados en fondos de area e fango. Unio pictorum. Mide de 8 a 15 cm. Potomida littoralis. mide de 6 a 8 cm Anodonta cygnea. Pode chegar a 20 cm, Unio elongatulus
  • 119. Valvatidae 1 especie Valvata piscinalis. GASTERÓPODOS Valvata piscinalis. Vive en augas calmas ou cursos lentos. Aliméntase de vexetais. Mide uns 5 mm de alto e de 3 a 5mm de groso
  • 120. Lymnaeidae 4 especies de caracois pulmonados. Radix auricularia antes Lymnaea auricularia. Atópase en augas lentas co fondo de barro. O ancho da cuncha é de 12 a 18 mm e a altura de 14 a 24 mm. Aliméntase de restos e de algas. Radix peregra antes Lymnaea peregra. Común en augas tranquilas. Galba truncatula antes Lymnaea truncatula, Vive en augas pouco aireadas pouco profundas e pode pasar longos períodos en seco. A altura da cuncha é de 5-10 mm e o ancho de 2,5-6 mm. Aliméntase de algas, vexetais e restos. Omphiscola glabra antes Lymnaea glabra. Atópase en áreas estancadas. A altura da cuncha é de 9 a 12 mm, ata 20 mm, e o ancho de 3 a 5 mm.
  • 121. Bithyniidae. 1 especie Bithynia tentaculata. Bithynia tentaculata. Vive en augas estancadas con abundante vexetación. mide de 7 a 13 mm. Ten opérculo calcario
  • 122. Ancylidae. 1 especie Ancylus fluviatilis Ancylus fluviatilis (lapa de río). Adoita atoparse en augas correntes, claras e ricas en oxíxeno. Aliméntase de algas. Mide de 6 a 8 mm.
  • 123. Ferisiidae. 1 especie Ferrisia wautieri Ferrisia wautieri lapa. Atópase, case sempre apegada ás plantas, en augas remansadas. Mide ata 4 mm. Aliméntase de algas
  • 124. Hirudo medicinalis. Pode medir máis de 10 cm. Aliméntase de sangue de animais grandes e pode soportar grandes períodos de abstinencia. Está protexida. HIRUDÍNEOS (sambesugas). Coñécense unhas 12 especies. Hainas cazadoras de animais pequenos, chupadoras de sangue, e preeiras Dina lineata. Pode medir ata 8 cm. Aliméntase de invertebrados Batracobdella algira. Mide ata 3 cm. Parásito común de varios anfibios. Anélidos:
  • 125. Lumbricillus rivalis. Pode medir ata 2 cm. Aparece nos filtros das depuradoras. Pertence á familia Enchytraeidae da que se coñecen unhas 20 especies que viven en regatos e nos cursos altos dos ríos. Haplotaxis gordioides. Único representante da familia Haplotaxidae. Pode medir ata 40 cm e entre 0,3 e 2 mm de diámetro. Eisenella tetraedra. Pode medir de 2 a 8 cm, vive en substratos húmidos, incluídos os da beira dos ríos. Pertence á familia Lumbricidae. Nais alpina. Común e abundante entre as plantas acuáticas de augas de correntes rápidas. Pertence á familia Naididae da que se coñecen 32 especies. Tubifex (vermes do lodo). Viven medio enterrados nos fondos agrupados en colonias. Aliméntanse de restos de materia orgánica. Son da familia Tubificidae da que se coñecen unhas 20 especies.. Oligoquetos. Unhas 100 especies de 8 familias, de animais de corpo longo, de sección circular, cun número variable de segmentos e tamaños moi diversos. Na súa distribución inflúe moito o tipo de substrato e a velocidade da corrente.
  • 126. TURBELARIOS (planarias). Poden medir de 5 a 35 mm, carnívoros. Platelmintos: Polycelis felina. Atópase en todo tipo de augas correntes Dugesia tigrina. De orixe americana.
  • 127. Gordidae. Coñecidos como vermes de crina de cabalo. As larvas son parásitas de artrópodos. Poden medir de 10 a 70 cm. En Galiza so se atopa o Gordius aquaticus. Mide uns 15 cm Nematomorfos:
  • 128. As esponxas son seres típicamente mariños, pero hai unas poucas especies que viven en augas doces. Son pouco aparentes e menos coñecidas e estudiadas. Esponxas: Spongilla lacustris. Atópase formando pequenas masas sobre materiais e elementos dos fondos de augas tranquilas.
  • 129. E despois de recortar, medir e axustar ata aquí cheguei... para non cansar As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta