A terra estácomposta por diferentes
envoltas que son a atmosfera, a hidrosfera
e a criosfera e foron cambiando ao longo da
historia e o tempo, como tamén os océanos
e continentes.
A nosa especie empezou hai 200.000 anos
en África e estendeuse a todo o mundo,
pero a vida na terra comezara millóns de
anos antes con seres moi simples como
as cianobacterias, eubacterias e
arquibacterias, que dan comezo á historia
3.
da relación entrea biosfera e as demais
esferas da terra. A atmosfera de entón era
redutora, pero coa actividade dos
microorganismos ( fotosíntese) a atmosfera
foise facendo rica en osíxeno.
Foi a partir de aí cando comezan a xurdir os
organismos pluricelulares e complexos.
4.
A vida divídeseen cinco
grandes reinos:
Reino Monera, Reino
Protoctista,
Reino Plantae,
Reino Animalia e Reino
Fungi. Unha cousa que
teñen en común todos
os seres vivos é que son
capaces de
autocopiarse.
5.
Os anfibios deféndenseben na terra pero
necesitan auga preto para poder vivir.
Empezan a xurdir distintos tipos de animais
como son os mamíferos, aves e réptiles. Coa
extinción dos dinosauros e outros réptiles
produciuse unha catástrofe que cambiou
drasticamente o ambiente
6.
e a biosfera.Prodúcense dúas grandes
catástrofes que causan grandes danos na
terra, moito frío, extínguense os
dinosauros e outros réptiles, pero volveron
aparecer plantas, lagartos, tartarugas...
Despois da extinción os monos e os
demais grupos de mamíferos continuaron
evolucionando.
7.
A terra dividiuseen cinco continentes:
América, África, Asia, Europa e Oceanía
(tectónica de placas). Eses movementos da
litosfera fan que a Terra en sentido
xeolóxico sexa un planeta vivo.
8.
Cos monos ea súa evolución aparecen
os hominoideos (nós pertencemos a este
grupo). Pouco a pouco apareceron os
homínidos. O primeiro homínido que
apareceu foi o austrolopitecus en países
africanos. Estes tiñan grandes moas e o seu
alimento era máis duro. Eran pequenos e
bípedes.
9.
Comezan as glaciaciónse o planeta cada vez
é máis frío e os homínidos e o resto dos
animais e plantas teñen que adaptarse aos
cambios dos novos climas.
Na illa de Flores,ao norte de Java, en
Indonesia, descubriuse unha cova con restos
duns homínido, os Homo florensis. Nesa cova
encontráronse tamén instrumentos de pedra.
Estes homínidos tiveran ademais que navegar
para alcanzar a illa e isto é algo que só está ao
alcance da nosa especie. Unha explicación para
estes homiños de Flores sería a de que uns
homínidos como os de Xeorxia, ou quizais máis
primitivos, Homo habilis, chegaron fai ,milloes
de anos ata Flores e seguramente alí
fixéronse máis pequenos.
Hai autores quesosteñen que só existiu no
pasado - como no presente- unha especie de
homínido, aínda que claramente dividida en
variedades xeográficas ( Especie
politípica). Outros en cambio, sosteñen o
contrario, a humanidade estendeuse en
varias especies verdadeiras, que non se
cruzaban entre si ou que apenas compartían
xenes.
14.
Cando apareceu a
conciencia,con ela
xurdiu a última das
esferas, a “ envolvida’’
pensante ou noosfera,
que require un sistema
de comunicación
especial chamada
linguaxe humana. Este
tipo de comunicación
codifica a información
por medio de símbolos,
sexan sons ou letras.
15.
A especie Homo sapiens saíude África e
estendeuse por Eurasia, encontrouse
cos neandertales en Europa.
Os neandertales acabaron desaparecendo
no sur da península Ibérica. E para entón os
cromañóns xa produciran magníficas obras
de arte. O contacto entre ambos os dous
tivo lugar no medio da última glaciación,
pero despois disto só quedaron o sapiens,
que crían nos espíritos e forzas
sobrenaturais. Cando a glaciación rematou,
no Mediterráneo, os humanos almacenaban
sementes de gramíneas para alimentarse en
épocas de escaseza.
16.
As chuvias comezarona facerse máis abundantes e
as terra áridas empezaron a florecer e a
frutificar, o que lles permitiu coñecer o seu
territorio e xa non tiñan que percorrer longas
distancias para cazar. Foron bos tempos e a
poboación aumentou máis do que fixera nunca.
As chuvias diminuíron e as temperaturas
descenderon, os recursos fixéronse máis escasos.
Nese momento, algúns humanos (natufienses)
reaccionaron ás novas condicións favorecendo as
especies que lle eran máis útiles. Cando remataron
os malos tempos o xerme da agricultura e a gandaría
xa implantáranse nos territorios do Crecente Fértil.
17.
É entón cando,co consumo de especies vexetais
domesticadas, empeza a cociña elaborada. Tamén
neste tempo, aparecen os primeiros indicios de
domesticación de animais. Así comezou a “selección
artificial’’ feita por humanos que escollían os
exemplares que máis lles conviñan. Ao cabo dun
tempo ese proceso de selección deu lugar a cambios
morfolóxicos que permiten diferenciar as especies
domesticadas das silvestres. Os humanos dende
entón, 'están condenados ´ ´ a gañar o pan coa suor
da súa fronte. Coa gandaría abriuse camiño a
epidemias
18.
No continente asiático,
naChina nororiental, na
conca alta do río
Amarelo, comezouse a
cultivar paínzo.
En Henan arroz,
nabos, berzas e froitas.
Estas aldeas tamén
domesticaron o porco.
Tamén hai evidencias
arqueolóxicas de
sericultura: cría do
verme de seda, para
obter fío.
19.
No resto deAsia criáronse bovinos, aves,
dromedarios, camelos... Co tempo as xentes
do Neolítico conseguiron obter novos
beneficios deles: forza de traballo e leite.
En Nova Guinea, á parte de domesticar
tubérculos, bulbos e talos optaron
polo canivalismo. A maior achega de
América ao resto do mundo foi a pataca.
20.
Unha das consecuenciasde sementar,
recoller e almacenar foi que aumentou o
alimento o que reduciu a mortalidade en
épocas de escaseza e como consecuencia
aumentou a poboación.
21.
A gandaría ea agricultura non se
estenderon cubrindo toda a superficie da
Terra debido a que non todos os lugares
don apropiados para esta práctica, debido
ao clima e ao medio que posúen.
22.
Dende a apariciónda agricultura e a
gandaría a superficie da Terra non volveu
ser a mesma, a progresiva transformación
das paisaxes non seguiu as mesmas pautas
en todas as partes, xa que cada cultura
marcou sobre o territorio os seus propios
sinais de identidade. Os grandes bosques
foron tallados e substituídos por campos
labrados. Tamén se foron trasladando
cultivos e animais. Construíronse canles de
rego ou diques, en terras utilízase a técnica
do barbeito,
23.
comézanse a sementarplantas para facer
biocombustibles. Úsanse pesticidas para
combater pragas, pero para evitar a perda
de colleitas redúcese o seu uso. A
poboación aumentou tanto que necesitaron
estruturas de poder para organizarse,
entón naceron os Estados.
24.
Hai 400.000 anosos antepasados
dos neandertales agrupábanse arredor do
lume nunha cova (Menez- Dregan). A
cacharela perfectamente preparada
proporcionáballes luz e calor e cociñaban alí
os seus alimentos.
25.
O lume erapara os homes do pasado unha
maxia inventada e gozada polos deuses. E
pouco a pouco empezáseselle a encontrar
moitos usos ao lume ( aliado na
caza, desbrozar, amolecer e fertilizar o
chan, tamén se descubriu o seu potencial
para producir obxectos). Sen el non se
tería podido fabricar un novo produto que
acabou sendo indispensable para a vida
cotiá: a cerámica.
26.
A busca dabeleza proporcionou a
explotación doutros materiais como os
metais, pero o ouro, a prata e o cobre xa se
utilizaban había tempo. Pero a calor dunha
cacharela non era suficiente para extraer
todos os metais; así foi como se
encontraron novos usos para os fornos.
Nacera a metalurxia.
27.
A extracción docarbón resultaba bastante
cara pero a principios do
S.XVIII Newcomen inventou a máquina de
vapor. A finais de século S.James W
presentou un modelo máis eficaz.
28.
O mundo dotransporte tamén se cambiou
coa aparición de embarcacións movidas por
motores e cos trens arrastrados por
locomotoras de vapor. O espolio da terra
alcanzou proporcións desmesuradas.
29.
Ao esgotamento dosrecursos naturais que
a terra tardou millóns de anos en producir
sumábase a constatación dos residuos
derivados da actividade fabril estaban a
modificar a atmosfera, a biosfera e a
litosfera.
30.
O mundo sempre
estivo desigualmente poboadopero este
desequilibrio foise acrecentando dende o
comezo da sedentarizaciónque xerou o
comezo das grandes civilizacións. Na
actualidade máis da metade da poboación
vive en cidades. Xorden as primeiras
cidades: Mesopotamia, Exipto, Val do Indo,
China ou Mesoamérica. O seu urbanismo
responde ás novas necesidades.
31.
Os seres humanosensuciamos moito dende
o principio e cada vez máis. No momento de
esplendor do lixo empeza tamén a
revolución industrial. Dende entón as
aglomeracións urbanas fóronse convertendo
nun dos problemas máis incitantes e máis
difícil solución. Fóronse formando
vertedoiros a ceo aberto que xeraron todo
tipo de problemas.
32.
En Tokyo, queé a cidade máis populosa do
mundo, non ten o recolledor de lixo máis
grande, alí optaron por incinerar os seus
residuos. O problema desta practica é a
emisión de substancias contaminantes á
atmosfera.
33.
Pero en xerala poboación é consciente do
problema e mesmo xurdiron movementos de
voluntarios que se dedican a recoller
materiais como o papel e o cartón para a
súa posterior reutilización.
34.
Os vertedoiros teñenun tempo de vida
limitado porque non poden superar
certos límites de carga, pero resulta
complicado substituílos. En países con
economías máis débiles, o habitual é que
a situación dos vertedoiros se eternice e
acaben converténdose en lugares
esperpénticos.
35.
A parte dosrecolledores de lixo, as
incineradoras tamén producen substancias
contaminantes como dioxinas procedentes
da combustión dos plásticos, conservantes...
36.
Nos últimos anoso fantasma do cambio
climático pende sobre nós, pero non é unha
novidade porque o clima sempre esta
cambiando e ata as modificacións máis
pequenas teñen consecuencias sobre os
seres vivos.
37.
Poderiamos despregar unhalista case
inalcanzable de desastres provocados pola
nosa forma de relacionarnos co noso
ámbito. Pero tamén temos pactos de boa
vontade coa terra. Os humanos asinamos
tratados de paz coa Terra, o 22 de xullo de
1918 declárase en España o Parque Nacional
da Montaña de Covadonga, que o 1995 foi
ampliado e se converteu no Parque Nacional
dos Picos de Europa.
38.
A Terra éun fermoso lugar, pero ten unha
enfermidade chamada home. Así se
expresaba Nietzche e moita xente máis
pénsao hoxe en día.
Moitos datos indícannos que dende hai un
século, e sobre todo nas dúas últimas
décadas o planeta se está a quentar moi á
présa.
39.
Os seres humanosdebido ás actividades
que realizamos estamos a producir un
cambio climático. A especie humana está a
influír no clima e debería preocuparnos en
especial aos españois, posto que o noso
territorio sufriría un aumento de aridez.
Á parte de contaminar practicamente
todas as masas de auga, somos
responsables da desaparición de
40.
innumerables especies. Étan grande a
destrución que se falou da sexta gran crise
da biosfera, é dicir, a última das extincións
masivas.
"Pensa globalmente, actúa localmente"