SlideShare a Scribd company logo
CAMBIOS NOS ECOSISTEMAS
Profesor: Adán Gonçalves
1. Os Cambios Naturais nos Ecosistemas
Os ecosistemas son sistemas dinámicos que varían ao longo do tempo, aínda que
sempre tenden cara o equilibrio ou éstase. Para que se chege ao equilibrio deben
cumprirse tres condicións:
 Os factores ambientais permanecen estables
 O tamaño poboacional mantense constante
 No hai alteración externa no ecosistema
Este estado de equilibrio dun ecosistema é sempre un estado ideal, xa que os
ecosistemas non están illados.
As transformacións nun ecosistema
 Segundo a súa orixe:
 Naturais: sen intervención humana. Unha erupción volcánica, a formación dun
bosque…
 Artificiais: de orixe antrópico. Un vertido, unha corta dun bosque…
 Segundo a súa duración:
 Graduais: Ocorren lentamente. A formación dun bosque ou un cambio climático
natural…
 Catastróficas: Suceden rápidamente. A queima dun bosque, unha inundación…
 Segundo a súa extensión:
 Locais: afectan a unha rexión determinada. A vaga de lumes en Galicia na época
estival, os afloramentos mariños en determinadas zonas…
 Global: atinxen a todo o planeta. O burato da capa do ozono, o efecto
invernadoiro natural e artificial, o impacto dun meteorito de grande tamaño…
En xeral podemos dicir que as transformacións naturais que afectan ao biótopo ocorren
de xeito gradual na escala de tempo xeolóxico (miles ou millóns de anos) e afectan ao
relevo, o clima… aínda que tamén pode haber cambios bruscos cunha orixe natural como
son unha erupción ou un terremoto.
Os cambios naturais referidos á biocenose tamén adoitan ser graduais a escala de tempo
biolóxico (centos de anos) como o é unha sucesión ecolóxica.
Os cambios antrópicos, pola contra, soen ser máis rápidos e ocorren no chamado tempo
social duns anos ou como moito décadas como sucede coa corta dun bosque ou o
desecado dunha lagoa.
Cambios rítmicos nos ecosistemas
En calquera ecosistema acontecen cambios cíclicos e periódicos debidos aos movementos
do noso planeta, da Lúa e do Sol. Os máis destacados son:
 A alternancia noite-día:
Inflúe en todos os ecosistemas excepto naqueles aos que non chega a luz (zonas abisais,
zonas profundas do solo, covas…).
O fitoplancto realiza migracións verticais, achégase a superficie durante o día para facer a
fotosíntese e afástase pola noite para recoller nutrientes.
En ecosistemas terrestres a existencia de animais diurnos e nocturnos aumenta os nichos
ecolóxicos aumentando a biodiversidade.
 Estacionalidade:
Afecta especialmente nas zonas temperadas, onde é máis acusada (cambios de horas de
luz, temperatura, precipitacións…). Ten unha grande influenza nos aspectos reprodutivos:
época de floración, épocas de cría…
2. A Sucesión Ecolóxica
Unha sucesión ecolóxica é a secuencia de cambios que se producen nun ecosistema
consecuencia da súa propia dinámica interna.
É un proceso lento e gradual caracterizado por unha evolución desde un estado inicial
de baixa diversidade cara un estado final de madurez de maior diversidade.
Ao longo do tempo unhas especies son substituídas por outras, a aparición das novas
especies condiciona a presenza ou a ausencia doutras. As especies colonizadoras, máis
xeralistas, van sendo substituídas por especies máis esixentes nos seus requerimentos,
pero que compiten mellor nas novas condicións, especialistas.
Cambios nunha sucesión
 Aumenta a diversidade de especies (máis nichos ecolóxicos)
 Aumenta a complexidade estrutural: redes tróficas máis elaboradas.
 Increméntase a biomasa, nun principio de forma exponencial, cando o ecosistema é
maduro estabilízase.
 Aumenta a eficacia no aproveitamento da enerxía
 Diminúe a produtividade (menor taxa de renovación da biomasa)
 Aumenta a estabilidade do ecosistema: maior autorregulación do ecosistema que fai
que sexa máis resistente ás perturbacións.
Sucesión primaria: aquela que ten lugar nunha rexión que nunca antes fora
colonizada, é dicir, que nunca tivo un solo. Por exemplo, unha illa volcánica recén
formada.
Sucesión secundaria: a producida nunha zona na que existía unha comunidade que
foi eliminada parcial ou totalmente por algunha alteración. Por exemplo, a queima
dun bosque ou un campo de cultivo abandonado.
Tipos de sucesións
• Fórmase un solo onde se establecen os vexetais con raíces.
• Aparecen as primeiras especies, denominadas pioneiras ou colonizadoras.
• Son substituidas polas especies especialistas.
Sucesión primaria
Tipos de sucesións
Sucesión secundaria
• Nun bosque mediterráneo producese a corta.
• O humus desaparece, aparece o pastizal e algúns arbustos como as xaras.
• Aparecen especies arbóreas pouco esixentes coas condicións do solo.
• Desenvólvense especies, como a aciñeira, que precisa solos profundos.
• Ao final do proceso xurde de novo un bosque mediterráneo.
Comunidade clímax
É o estado de equilibrio estable dun ecosistema maduro. Supón a última etapa da
sucesión natural dun ecosistema.
En realidade é un estado ideal, xa que para alcanzalo o ecosistema tería que ser un
sistema illado non suxeito a perturbacións é esto non sucede na natureza. En
definitiva, o clímax non se alcanza nunca.
Todos os ecosistemas sofren alteracións que os levan a estadíos anteriores da sucesión
(regresión) ou a unha evolución da etapa actual.
3. As Poboacións nos ecosistemas.
Autorregulación
O crecemento poboacional na natureza está limitado pola dispoñibilidade de recursos e as
relacións que establece unha poboación co resto de poboacións da biocenose.
A resistencia ambiental é o concepto que define o conxunto de factores bióticos e
abióticos que limitan o crecemento dunha poboación.
A dinámica de poboacións é a parte da Ecoloxía que se ocupa do estudo dos cambios no
tamaño poboacional no medio natural (con factores que limitan o crecemento).
Curvas de Crecemento
Se non houbese limitacións (ecosistema ideal) unha poboación crecería de xeito
exponencial. Se representamos este crecemento ideal nunha gráfica na que
relacionásemos o tamaño poboacional co tempo observaríamos unha curva de
crecemento en “J” (Curva de crecemento exponencial).
Pero, evidentemente, na natureza os recursos non son ilimitados, por iso este tipo de
crecemento só ten lugar en condicións especiais e durante períodos curtos de tempo.
En condicións naturais, con recursos limitados, unha poboación comeza a crecer
exponencialmente, pero chegado un punto a resistencia ambiental frea este ritmo de
crecemento e o crecemento é máis lento e se estabiliza arredor dun valor (K). Orixínase
agora unha curva de crecemento en forma de “S” (Curva de crecemento logístico).
O valor K, denomínase capacidade de carga do ecosistema e constitúe o tamaño
poboacional máximo dunha poboación para un ecosistema determinado. Cando as
poboacións fluctúan arredor de K, dise que a poboación está en equilibrio ou que ten un
crecemento estacionario.
CURVAS DE CRECEMIENTO
Número de
individuos
Tempo
Curva en
forma de J
Curva en
forma de S
(Capacidade
de carga do
ecosistema)
K
Fluctuacións
Crecemento estacionario
EQUILIBRIO
Estrategias de reprodución
 Estrategas da “r”
Especies colonizadoras ou oportunistas que se asentan en ecosistemas nas súas primeiras
fases ou en condicións de inestabilidade. Caracterízanse por un tempo de vida curto e
unha taxa reprodutiva elevada (moitos descendentes) e son exemplos típicos as bacterias,
as microalgas, moitos insectos, os roedores, moitas herbas…
 Estrategas da “K”
Especies especialistas ben adaptadas a vivir nun determinado ambiente que é estable nas
súas condicións. Tempos de vida máis amplos, a maioría dos individuos chegan a vida
adulta, pero con tazas reprodutivas baixas (poucos descendentes). Son exemplos a maioría
das aves e mamíferos.
Curvas de Supervivencia e fecundidade
As curvas de supervivencia amosan como afecta a mortalidade ao longo do ciclo vital
dunha poboación, mentres que ás de fecundidade reflicten a natalidade.
Un r presenta unha elevada
mortalidade infantil e son poucos os
individuos que chegan a idade adulta.
No caso dun k soe haber pouco
mortalidade infantil e son moitos os
individuos que chegan a idade adulta
onde se da a maior mortalidade.
Os r alcanzan axiña a idade
reprodutora e dase pronto o pico
de fecundidade, pola contra nos K
tardase máis en alcanzar a idade
reprodutora e o máximo de
fecundidade prodúcese ao final da
idade xuvenil.
4. Cambios Antrópicos no ecosistema.
O Uso dos Recursos
Durante millóns de anos todos os cambios nos ecosistemas foron naturais.
Na actualidade, a maioría deles débense a actividades humanas que ademais ocorren a un
ritmo acelerado.
A nosa poboación crece exponencialmente como se os recuros fosen ilimitados, pero esto
non é así, e o noso modo de vida depende dun gran consumo de recursos e unha enorme
xeración de residuos que debemos xestionar.
Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero xa somos capaces de ignorar
as normas do equilibrio natural, porque a nosa capacidade científico-tecnolóxica
permítenos en certa medida escapar dos mecanismos da selección natural.
Seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxilidade da nosa especie e a súa
dependencia respecto das outras formas de vida.
Recursos naturais
Un recurso natural é todo aquilo que nos proporciona a natureza e do que obtemos un
beneficio.
Pódense clasificar en:
 Enerxéticos: proporcionan distintas fontes de enerxía: solar, eólica, nuclear,
combustibles fósiles, biomasa…
 Materias primas: constitúen recursos a nivel industrial como as rochas ou os minerais,
o algodón ou as peles.
 Alimentarios: son fontes de alimento obtidas na gandería, agricultura, acuicultura,
pesca…
 Hídricos: para consumo doméstico, industrial, na agricultura…
 Territorio: tanto o espazo para realizar actividades como o seu valor como recurso
paisaxístico ou de biodiversidade.
 Reserva: é a cantidade dun recurso natural que pode ser explotada e extraída dun
xeito economicamente rendible.
Segundo a dispoñibilidade os recursos poden ser:
 Recursos Renovables: aqueles cuxa taxa de renovación é maior que a do noso
consumo. Por exemplo, a biomasa ou a enerxía solar.
 Recursos Non Renovables: aqueles cuxa taxa de renovación non compensa o noso
consumo e, polo tanto, esgotaránse co tempo. Por exemplo, o uranio ou os
combustibles fósiles.
5. Os Impactos Ambientais
Considérase un impacto ambiental calquera alteración do medio natural debido a
actividades humanas. Hai dous tipos:
 Impactos positivos: que implican unha mellora no medio. Por exemplo unha
reforestación ou o tratamento de augas residuais.
 Impactos negativos: que implican un deterioro do medio. Por exemplo, un vertido
de augas residuais, unha corta dun bosque ou un incendio provocado.
Os principais impactos ambientais na actualidade son:
 A queima de combustibles fósiles
 Os procesos industrais
 Os cambios no uso da terra
 A sobreexplotación dos recursos biolóxicos
 A queima de combustibles fósiles e a enerxía nuclear
A produción enerxética actual e o transporte depende fundamentalmente de dúas fontes
primordiais, os combustibles fósiles e a enerxía nuclear. Ambolos dous son fontes de enerxía
non renovable o que de por si supón un problema importante, pero ademais a extracción,
transporte e utilización destas fontes de enerxía supón unha ameaza clara para o medio
natural e o planeta en xeral.
A utilización dos combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) supón a liberación de
cantidades inxentes de gases de efecto invernadoiro (principalmente CO2) que están a
contribuir ao aumento acelerado da temperatura global (Quecemento global) e a un
inevitable cambio climático de consecuencias desastrosas para o planeta e por suposto, para
nos mesmos.
A enerxái nuclear basada entre outros no uranio, ademais dos problemas na extracción trae
consigo unha xestión de residuos radiactivos que todavía temos que resolver de xeito
eficiente.
 Os procesos industrais
As actividades industrais, por un lado fundaméntase no uso de combustibles fósiles que
producen ademais de CO2, gases como os Nox e os Sox que son responsables dos
fenómenos de choiva ácida.
Por outra banda, a nosa industria produce tamén contaminantes como os CFC´s
(aerosoles, frigoríficos…) responsables do burato da capa de ozono, e pesticidas e
plaguicidas que contaminan o solo e as augas.
A xestión dos residuos industriais, sexan ou non radiactivos, supón sempre un problema
o que debemos dar unha solución axeitada.
 Os cambios nos usos da terra
O sobrepastoreo, a deforestación, a agricultura intensiva e a construción de
infraestruturas son as principais causas da perda de solo.
 A sobreexplotación de recursos biolóxicos
Está relacionada coa pesca con métodos intensivos, a agricultura intensiva, a introdución
de especies exóticas, a caza non regulada… Esta sobreexplotación xunto coa
fragmentación e destrución de hábitats está a provocar a extinción de especies e unha
perda da biodiversidade. Uns exemplos:
 A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España
ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a
principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos
(excluíndo os micromamíferos) en terra firme.
 As especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai
unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores
na fauna nativa. Un dos exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo
introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable
da extinción, polo momento, de 200 especies.
Avaliación dos impactos ambientais
A avaliación de impacto ambiental (AIA) é un instrumento preventivo para a conservación e
xestión do medio natural. A nosa lexislación obriga a elaborar estas AIA para realizar
determinados proxectos, sobre todo de grandes infraestruturas.
A AIA debe ser multidisciplinar e debe considerar os efectos sobre o medio. Consta de
varias fases:
• Estudo de Impacto Ambiental: documento no que se identifican os impactos do proxecto
e se establecen as medidas correctoras.
• Información pública: para que particulares e colectivos poidan ver o estudo e presentar
alegacións.
• Declaración de Impacto: as autoriades ambientais analizan o estudo e as alegacións que
se poideran presentar e declaran o proxecto viable ou non.
6. Impactos Ambientais Negativos
 Incendios Forestais
Cando non podemos controlar un lume falamos dun incendio, se se atopa nas
condicións idóneas pode descontrolarse de xeito que afecte a terreos forestais, entón
falamos dun incendio forestal.
Os incendios forestais interrompen o proceso de sucesión ecolóxica cara a comunidade
clímax.
A magnitude dun incendio depende de moitos factores: tipo de vexetación, condicións
climáticas, períodos de seca, xestión do monte…
Un bosque pode tardar 120 anos en recuperarse tras un incendio. A maioría dos
incendios teñen unha orixe antrópica, ben por un descuido ou con intencionalidade.
Para evitar os incendios forestais debemos tomar unha serie de medidas preventivas:
 Non prender lume no monte
 Non tirar cabichas nin mistos acesos
 Controlar os vertedoiros e áreas recreativas
 Crear devasas
 Realizar rozas periódicas
 Establecer vixiancia
 Adoitar medidas legais: non permitir a venda máis barata de madeira ou facer o solo
urbanizable
 Fomentar a educación ambiental
 Degradación do solo
O solo pode perderse por erosión. Na actualidade este proceso veuse acelerado por
actividades humanas como as malas prácticas agrícolas, a deforestación, as construccións,
o sobrepastoreo ou os incendios. Esta perda orixina a desertificación que podemos definir
como a degradación ecolóxica dun solo fértil, é dicir, que deixa de ser produtivo. A
desertificación constitúe hoxe un problema a escala mundial.
 Perda de Biodiversidade
Por tres motivos dos que xa falamos:
 A sobreexplotación
 A destrución de hábitats
 A introdución de especies exóticas
Fauna invasora
Especies invasoras
7. A Protección do Medio Natural
Para frear a deterioración dos ecosistemas e protexer determinadas zonas creáronse
dende principios do século pasado os espazos naturais protexidos.
Os espazos naturais son áreas pouco transformadas polo home que presentan
características biolóxicas, paisaxísticas ou doutro tipo que xustifican a súa especial
protección.
En España a Lei de Conservación de Espazos Naturais e da Flora e a Fauna Silvestres
establece catro tipos de espazos protexidos: Parques, Reservas Naturais, Paisaxes
Protexidas e Monumentos Naturais.
En Galicia hai máis de 60 zonas protexidas, forma parte da rexión bioxeográfica atlántica
europea e posúe algún tipo de protección no 13% do seu territorio.
 Parques
Son áreas naturais pouco transformadas polo home interesantes pola súa beleza
paisaxística, pola presenza de formacións xeomorfolóxicas singulares ou polos
ecosistemas que alberga. Hai dous niveis de protección:
 Parque nacionais: espazos representativos dos nosos principais ecosistemas.
Son o máximo nivel de protección. A súa declaración e xestión é compartida
(Estado-Comunidade Autónoma). En Galicia temos o Parque Nacional das
Illas Atlánticas.
 Parques naturais: constitúen un nivel inferior de protección respecto aos
nacionais e se permiten determinados aproveitamentos dos recursos. A
xestión recae en cada comunidade autónoma. En Galicia temos seis: Baixa
Limia- Serra do Xurés, Complexo Dunar de Corrubedo, Serra de Enciña da
Lastra, Fragas do Eume, Monte Aloia e Serra do Invernadoiro.
 Reservas Naturais
Se protexen ecosistemas ou comunidades e permítese a explotación dos recursos se é
compatible cos valores a protexer.
 Paisaxes Protexidas
Se protexen valores estéticos e culturais de especial interese. Por exemplo as concas
mineiras asturianas ou Os penedeos de Pasarela e Traba e o Val do río Navea en Galicia.
 Monumentos Naturais
Espazos ou elementos naturais importantes pola súa beleza ou singularidade. Un exemplo
típico é a praia das Catedrais.
 Reservas da Biosfera
Áreas representativas do planeta, de ecosistemas terrestres, costeiros, mariños ou unha
combinación destes non alterados e que precisan ser preservados. Neles habitan especies
representativas, endémicas, ameazadas ou en perigo. A distinció é otorgada pola UNESCO
dentro do programa “O Home e a Biosfera”. A súa función primordial é a conservación e
protección da Biodiversidade. Un Exemplo: As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
8. A Protección da Biodiversidade
A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con intereses
económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade non é unha excepción.
Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países desenvolvidos
que non sempre se cumpren.
Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións medioambientais vense
supeditadas aos ingresos derivados da explotación dos recursos biolóxicos con maior
facilidade, e a presión dos intereses económicos do primeiro mundo, a situación é
complicada e normalmente é o medio o que sae perdendo.
Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda enorme co medio
natural: en Europa centos de hábitats están en declive, o 42% dos mamíferos, o 15%
das aves e o 52% dos peixes doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.
No Cumio da Terra de 2002
moitos países se
comprometeron a reducir de
forma significativa a perda da
biodiversidade durante os
seguintes oito anos.
En 2010 non só non se
reducira a presión sobre a
diversidade biolóxica, senón
que as súas principais causas
se mantiñan e nalgún caso se
intensificaran.
Lista Vermella- Categorías-Especies en Perigo
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en
perigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os
factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat.
Esta organización internacional dende 1963 elabora a listaxe ou libro vermello de
especies ameazadas que se actualiza anualmente.
Nesta listaxe establécense oito categorias segundo o grao de ameaza nas que se basa o
Catálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece básicamente dúas
categorías:
 En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se
continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.
 Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se
non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común.
A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación.
Na actualidade (2015) hai 190 en perigo e 130 como vulnerables.
Catálogo Nacional
9. Os Grandes Cambios Ambientais
A Terra dende que se formou, hai uns 4600 M.a., constitúe un planeta en continuo cambio.
 Cambios na atmosfera
• Evolución da composición química
• Cambios climáticos
• Formación da capa de ozono
• Incremento do efecto invernadoiro
 Cambios na hidrosfera
 Cambios na xeosfera
• Movemento dos continentes
• Modelado do relevo
• Cambios de polaridade
 Cambios na biosfera
• Aparición da vida
• Aparición do Homo sapiens
• Extincións
 Cambios na atmosfera
• Evolución da composición química
A atmosfera orixinouse a partir das emanacións volcánicas de gases da Terra en
formación. Esta primeira atmosfera carecía de O2 e está composta fundamentalmente por
CO2, N2, CH4 e vapor de auga. Hai uns 2200 M.a. as achegas de O2 por parte dos
fotosintéticos provocaron que este gas comezara a acumularse na atmosfera, que se
volveu oxidante.
• Cambios climáticos
Na actualidade a temperatura media na superficie é duns 15ºC, ideal para a vida, pero a
Terra primitiva era máis cálida debido as altas concentracións de CO2. Coa chegada dos
fotosintéticos diminuiu esa cantidade o que provocou hai uns 2500 M.a. a primeira
glaciación. Dende entón se veñen sucedendo períodos glaciares e interglaciares.
Actualmente estamos nun período interglaciar de uns 10000 anos.
 Cambios na atmosfera
• Formación da capa de Ozono
A acumulación de O2 na atmosfera permitiu a formación da capa de ozono que
cosntitue unha barreira protectora fronte as radiacións uv. Esta circunstancia
posibilitou que a vida se abrise paso tamén en terra firme.
• Incremento do efecto invernadoiro
O efecto invernadoiro natural é esencial para a vida xa que permite unha temperatura
en superficie axeitada. Débese a concentración de certos gases (CO2, CH4 ou vapor de
auga) en capas baixas da atmosfera. Sen embargo, o efecto invernadoiro artificial, é
dicir o provocado polas actividades humanas (queima de combustibles fósiles,
incendios forestais…) está a provocar un aumento moi acelerado da temperatura do
planeta (Quecemento Global) que nos leva cara un cambio climático de consecuencias
nefastas .
 Cambios na hidrosfera
A actividade volcánica da Terra en formación emitiu grandes cantidades de vapor de
auga á atmosfera. Cando a temperatura descendeu por baixo dos 100ºC, este vapor
condensouse e orixináronse as primeiras chuvias que deron lugar, xunto coas achegas
procedentes de asteroides hidratados, aos primeiros mares e océanos. A presenza de
auga permitiu a aparición da vida e os mares e océanos moderaron o clima do planeta
(efecto termorregulador).
 Cambios na xeosfera
• Cambios na posición dos continentes
A distribución dos continentes non deixa de cambiar dende que se formaron. O seu
movemento permite o peche e apertura de océanos e a formación de cordilleiras.
• Cambios no relevo
Os axentes xeolóxicos modifican e modelan continuamente a superficie do planeta.
• Cambios no magnetismo
O campo magnético xerado a nivel do núcleo terrestre sofre cambios de polaridade
periódicamente.
 Cambios na biosfera
• Aparición dos seres vivos
Temos rexistro fósil de vida dende hai 3800-3500 M.a. asociados a mares primitivos. Estos
primeiros organismos eran similares as actuais cianobacterias, é dicir, procariotas. Os
primeiros fotosintéticos comezan a osixenar a atmosfera e provocan un cambio drástico nela.
Os primeiros eucariotas non xurden ata hai uns 1800 M.a. eran protistas, os pluricelulares
non xurde ata hai aproximadamente uns 700 M.a.
Hai 550 M.a. prodúcese a chamada “Explosión Cámbrica” que se traduce nun aumento
espectacular de novos grupos de organismos.
• Aparición de Homo sapiens
A nosa especie é unha recén chegada ao planeta, pero a súa influenza no medio xa é
tremenda. Crece a ritmo exponenecial e para elo consome grande cantidade de recursos.
• Extincións
A desaparición de especies é un feito inherente ao propio proceso evolutivo. Os científicos
establecen que houbo cinco grandes extincións e que na actualidade somos responsables da
sexta.
A FAUNA DE EDIACARA (OS PRIMEIROS PLURICELULARES)
BURGERSS SHALE ( A EXPLOSIÓN CÁMBRICA)
A extinción pérmica (245 M.a.)
supón a desaparición dun 90%
das especies.
A extinción cretácica
(65 M.a) provocou a
desaparición dos
dinosaurios
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 http://biologia.laguia2000.com/ecologia/cambios-que-se-producen-durante-la-
sucesion-ecologica
 https://bioteoria.wordpress.com/2015/10/18/ecological-succession/
 http://ciencia-bizarra.blogspot.com.es/2013/12/la-fauna-de-ediacara-un-
experimento.html
 http://derechosociedadymedioambiente.blogspot.com.es/2010/10/informe-planeta-
vivo-2010-de-wwf.html
 http://ies.europa.rivas.educa.madrid.org/biologia/documentos/ctm/bl3_biosfera/pr
oduccion_productividad.pdf
 https://www.pinterest.com/pin/294352525618096888/
 http://revistacmc.jgcalleja.es/?p=168
 http://www.risasinmas.com/otra-teoria-de-la-extincion-de-los-dinosaurios/
 http://slideplayer.es/slide/3817508/
 http://slideplayer.es/slide/26964/
 http://www4.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/04Ecosis/110ProPri.htm

More Related Content

What's hot

Unidade 6 ecosistemas
Unidade 6  ecosistemasUnidade 6  ecosistemas
Unidade 6 ecosistemas
martamosquera
 
Ecosistemas
EcosistemasEcosistemas
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
Begoña Moure
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
begoxin 1
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
monadela
 
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)mxcamba
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.
 
Tema 7. invertebrados
Tema 7. invertebradosTema 7. invertebrados
Tema 7. invertebrados
IagoFolgarIglesias
 
Estudo dos ecosistemas
Estudo dos ecosistemasEstudo dos ecosistemas
Estudo dos ecosistemasirenetraba
 
Naturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quintoNaturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quinto
Fiz
 
Tema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino PlantasTema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino Plantas
SALVADOR FOLGAR COUSELO
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasirenetraba
 
Resumo t3 naturais_6
Resumo t3 naturais_6Resumo t3 naturais_6
Resumo t3 naturais_6
Fiz
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
Nacho Valverde
 
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemasSucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemascolegiominmaculada
 
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)Cristina
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Organizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosferaOrganizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosfera
jmsantaeufemia
 
Habitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxicoHabitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxico
David Botana Louro
 
A capacidade de relación das plantas
A capacidade de relación das plantasA capacidade de relación das plantas
A capacidade de relación das plantas
cienciaactivazorelle
 

What's hot (20)

Unidade 6 ecosistemas
Unidade 6  ecosistemasUnidade 6  ecosistemas
Unidade 6 ecosistemas
 
Ecosistemas
EcosistemasEcosistemas
Ecosistemas
 
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
 
Tema 7. invertebrados
Tema 7. invertebradosTema 7. invertebrados
Tema 7. invertebrados
 
Estudo dos ecosistemas
Estudo dos ecosistemasEstudo dos ecosistemas
Estudo dos ecosistemas
 
Naturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quintoNaturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quinto
 
Tema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino PlantasTema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino Plantas
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
 
Resumo t3 naturais_6
Resumo t3 naturais_6Resumo t3 naturais_6
Resumo t3 naturais_6
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemasSucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
Sucesion ecologica bio 4 t7 transformacións nos ecosistemas
 
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Organizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosferaOrganizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosfera
 
Habitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxicoHabitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxico
 
A capacidade de relación das plantas
A capacidade de relación das plantasA capacidade de relación das plantas
A capacidade de relación das plantas
 

Viewers also liked

6 Cambios nos ecosistemas
6 Cambios nos  ecosistemas6 Cambios nos  ecosistemas
6 Cambios nos ecosistemas
davidcasadobravo
 
Lower git bleeding
Lower git bleedingLower git bleeding
Lower git bleeding
مهدي الخميس
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Cambios artificiales
Cambios artificiales Cambios artificiales
Cambios artificiales MaytteP
 
Cbsktb short report final
Cbsktb short report finalCbsktb short report final
Cbsktb short report final
Ciara-Creshell Henderson
 
EMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for Applications
EMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for ApplicationsEMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for Applications
EMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for Applications
David vonThenen
 
Tema 8 cambios en los ecosistemas
Tema 8 cambios en los ecosistemasTema 8 cambios en los ecosistemas
Tema 8 cambios en los ecosistemas
trinidadsotonavarro
 
Nyelvtanulás - Éves tervező
Nyelvtanulás - Éves tervezőNyelvtanulás - Éves tervező
Nyelvtanulás - Éves tervező
Czímer Zoltán
 
ferfrff
ferfrffferfrff
ferfrff
osa parda
 
Creating Immortal Content
Creating Immortal ContentCreating Immortal Content
Creating Immortal Content
Ben Cook
 
Maltrato animal
Maltrato animalMaltrato animal
Maltrato animal
jennifer aguirre
 
Mapa conceptual - Programación No Numérica II
Mapa conceptual - Programación No Numérica IIMapa conceptual - Programación No Numérica II
Mapa conceptual - Programación No Numérica II
Nathaly Quijada
 
Motivasi for MAN 4 jkt
Motivasi for MAN 4 jktMotivasi for MAN 4 jkt
Motivasi for MAN 4 jkt
Dedi Dwitagama
 
Cambios en los ecosistemas
Cambios en los ecosistemasCambios en los ecosistemas
Cambios en los ecosistemas
PROFESORA ROCIO
 
Newer treatment modalities of glaucoma
Newer treatment modalities of glaucomaNewer treatment modalities of glaucoma
Newer treatment modalities of glaucoma
Atif Rahman
 
Cambios en el ecosistema
Cambios en el ecosistemaCambios en el ecosistema
Cambios en el ecosistemaprofesoraudp
 
Spot trading-company
Spot trading-companySpot trading-company
Spot trading-company
Spot Trading Company
 
m2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpoint
m2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpointm2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpoint
m2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpoint
leprofdefrancais2
 

Viewers also liked (20)

6 Cambios nos ecosistemas
6 Cambios nos  ecosistemas6 Cambios nos  ecosistemas
6 Cambios nos ecosistemas
 
Lower git bleeding
Lower git bleedingLower git bleeding
Lower git bleeding
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Cambios artificiales
Cambios artificiales Cambios artificiales
Cambios artificiales
 
Cbsktb short report final
Cbsktb short report finalCbsktb short report final
Cbsktb short report final
 
EMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for Applications
EMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for ApplicationsEMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for Applications
EMC World 2016 - Deep Dive with Mesos and Persistent Storage for Applications
 
Tema 8 cambios en los ecosistemas
Tema 8 cambios en los ecosistemasTema 8 cambios en los ecosistemas
Tema 8 cambios en los ecosistemas
 
Nyelvtanulás - Éves tervező
Nyelvtanulás - Éves tervezőNyelvtanulás - Éves tervező
Nyelvtanulás - Éves tervező
 
ferfrff
ferfrffferfrff
ferfrff
 
Creating Immortal Content
Creating Immortal ContentCreating Immortal Content
Creating Immortal Content
 
Maltrato animal
Maltrato animalMaltrato animal
Maltrato animal
 
Mapa conceptual - Programación No Numérica II
Mapa conceptual - Programación No Numérica IIMapa conceptual - Programación No Numérica II
Mapa conceptual - Programación No Numérica II
 
Ame in oracle hrms
Ame in oracle hrmsAme in oracle hrms
Ame in oracle hrms
 
Motivasi for MAN 4 jkt
Motivasi for MAN 4 jktMotivasi for MAN 4 jkt
Motivasi for MAN 4 jkt
 
Cambios en los ecosistemas
Cambios en los ecosistemasCambios en los ecosistemas
Cambios en los ecosistemas
 
Newer treatment modalities of glaucoma
Newer treatment modalities of glaucomaNewer treatment modalities of glaucoma
Newer treatment modalities of glaucoma
 
Cambios en el ecosistema
Cambios en el ecosistemaCambios en el ecosistema
Cambios en el ecosistema
 
Reporte
ReporteReporte
Reporte
 
Spot trading-company
Spot trading-companySpot trading-company
Spot trading-company
 
m2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpoint
m2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpointm2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpoint
m2fa1 jeanne Franse woorden 2.42,4 woordenlijst powerpoint
 

Similar to Cambios nos ecosistemas

Organización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosferaOrganización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosfera
jmsantaeufemia
 
Tema 6 os ecosistemas e os factores ambientais
Tema 6 os ecosistemas e os factores ambientaisTema 6 os ecosistemas e os factores ambientais
Tema 6 os ecosistemas e os factores ambientais
irenetraba
 
bosques primarios
bosques primariosbosques primarios
bosques primarios
03hug
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e Maríaguesta313896
 
A biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaA biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaguesta313896
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e Maríaguesta313896
 
6 cambios nos ecosistemas
6 cambios nos  ecosistemas6 cambios nos  ecosistemas
6 cambios nos ecosistemas
David Casado Bravo
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanpaulaif
 
Tema 5 A Evolución Biolóxica
Tema 5  A Evolución BiolóxicaTema 5  A Evolución Biolóxica
Bio diversidade
Bio diversidadeBio diversidade
Bio diversidadeMariaivan
 
Tema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosferaTema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosfera
SALVADOR FOLGAR COUSELO
 
Desenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento SustentableDesenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento Sustentable
nancyespana
 
Dinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemasDinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemas
irenetraba
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
Tono Canosa
 
Evolución correxido axustado
Evolución correxido axustadoEvolución correxido axustado
Evolución correxido axustadomperille
 
A ecosfera
A ecosferaA ecosfera
A ecosfera
irenetraba
 
Sistemas medio
Sistemas medioSistemas medio
Sistemas medio
Nacho Valverde
 
Cara a unha xestion sustentable do planeta
Cara a unha xestion sustentable do planetaCara a unha xestion sustentable do planeta
Cara a unha xestion sustentable do planeta
Nacho Valverde
 

Similar to Cambios nos ecosistemas (20)

Organización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosferaOrganización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosfera
 
Tema 6 os ecosistemas e os factores ambientais
Tema 6 os ecosistemas e os factores ambientaisTema 6 os ecosistemas e os factores ambientais
Tema 6 os ecosistemas e os factores ambientais
 
bosques primarios
bosques primariosbosques primarios
bosques primarios
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
 
A biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaA biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maría
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
 
6 cambios nos ecosistemas
6 cambios nos  ecosistemas6 cambios nos  ecosistemas
6 cambios nos ecosistemas
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izan
 
Tema 5 A Evolución Biolóxica
Tema 5  A Evolución BiolóxicaTema 5  A Evolución Biolóxica
Tema 5 A Evolución Biolóxica
 
Bio diversidade
Bio diversidadeBio diversidade
Bio diversidade
 
Tema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosferaTema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosfera
 
Desenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento SustentableDesenvolvemento Sustentable
Desenvolvemento Sustentable
 
Dinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemasDinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemas
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Evolución correxido axustado
Evolución correxido axustadoEvolución correxido axustado
Evolución correxido axustado
 
A ecosfera
A ecosferaA ecosfera
A ecosfera
 
Biodiversidad
BiodiversidadBiodiversidad
Biodiversidad
 
Sistemas medio
Sistemas medioSistemas medio
Sistemas medio
 
Sistemas medio
Sistemas medioSistemas medio
Sistemas medio
 
Cara a unha xestion sustentable do planeta
Cara a unha xestion sustentable do planetaCara a unha xestion sustentable do planeta
Cara a unha xestion sustentable do planeta
 

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Xeosfera
XeosferaXeosfera
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Célula ii
Célula iiCélula ii

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 
Base química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicosBase química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicos
 

Cambios nos ecosistemas

  • 2. 1. Os Cambios Naturais nos Ecosistemas Os ecosistemas son sistemas dinámicos que varían ao longo do tempo, aínda que sempre tenden cara o equilibrio ou éstase. Para que se chege ao equilibrio deben cumprirse tres condicións:  Os factores ambientais permanecen estables  O tamaño poboacional mantense constante  No hai alteración externa no ecosistema Este estado de equilibrio dun ecosistema é sempre un estado ideal, xa que os ecosistemas non están illados.
  • 3. As transformacións nun ecosistema  Segundo a súa orixe:  Naturais: sen intervención humana. Unha erupción volcánica, a formación dun bosque…  Artificiais: de orixe antrópico. Un vertido, unha corta dun bosque…  Segundo a súa duración:  Graduais: Ocorren lentamente. A formación dun bosque ou un cambio climático natural…  Catastróficas: Suceden rápidamente. A queima dun bosque, unha inundación…  Segundo a súa extensión:  Locais: afectan a unha rexión determinada. A vaga de lumes en Galicia na época estival, os afloramentos mariños en determinadas zonas…  Global: atinxen a todo o planeta. O burato da capa do ozono, o efecto invernadoiro natural e artificial, o impacto dun meteorito de grande tamaño…
  • 4. En xeral podemos dicir que as transformacións naturais que afectan ao biótopo ocorren de xeito gradual na escala de tempo xeolóxico (miles ou millóns de anos) e afectan ao relevo, o clima… aínda que tamén pode haber cambios bruscos cunha orixe natural como son unha erupción ou un terremoto. Os cambios naturais referidos á biocenose tamén adoitan ser graduais a escala de tempo biolóxico (centos de anos) como o é unha sucesión ecolóxica. Os cambios antrópicos, pola contra, soen ser máis rápidos e ocorren no chamado tempo social duns anos ou como moito décadas como sucede coa corta dun bosque ou o desecado dunha lagoa.
  • 5. Cambios rítmicos nos ecosistemas En calquera ecosistema acontecen cambios cíclicos e periódicos debidos aos movementos do noso planeta, da Lúa e do Sol. Os máis destacados son:  A alternancia noite-día: Inflúe en todos os ecosistemas excepto naqueles aos que non chega a luz (zonas abisais, zonas profundas do solo, covas…). O fitoplancto realiza migracións verticais, achégase a superficie durante o día para facer a fotosíntese e afástase pola noite para recoller nutrientes. En ecosistemas terrestres a existencia de animais diurnos e nocturnos aumenta os nichos ecolóxicos aumentando a biodiversidade.  Estacionalidade: Afecta especialmente nas zonas temperadas, onde é máis acusada (cambios de horas de luz, temperatura, precipitacións…). Ten unha grande influenza nos aspectos reprodutivos: época de floración, épocas de cría…
  • 6. 2. A Sucesión Ecolóxica Unha sucesión ecolóxica é a secuencia de cambios que se producen nun ecosistema consecuencia da súa propia dinámica interna. É un proceso lento e gradual caracterizado por unha evolución desde un estado inicial de baixa diversidade cara un estado final de madurez de maior diversidade. Ao longo do tempo unhas especies son substituídas por outras, a aparición das novas especies condiciona a presenza ou a ausencia doutras. As especies colonizadoras, máis xeralistas, van sendo substituídas por especies máis esixentes nos seus requerimentos, pero que compiten mellor nas novas condicións, especialistas.
  • 7. Cambios nunha sucesión  Aumenta a diversidade de especies (máis nichos ecolóxicos)  Aumenta a complexidade estrutural: redes tróficas máis elaboradas.  Increméntase a biomasa, nun principio de forma exponencial, cando o ecosistema é maduro estabilízase.  Aumenta a eficacia no aproveitamento da enerxía  Diminúe a produtividade (menor taxa de renovación da biomasa)  Aumenta a estabilidade do ecosistema: maior autorregulación do ecosistema que fai que sexa máis resistente ás perturbacións.
  • 8. Sucesión primaria: aquela que ten lugar nunha rexión que nunca antes fora colonizada, é dicir, que nunca tivo un solo. Por exemplo, unha illa volcánica recén formada. Sucesión secundaria: a producida nunha zona na que existía unha comunidade que foi eliminada parcial ou totalmente por algunha alteración. Por exemplo, a queima dun bosque ou un campo de cultivo abandonado.
  • 9. Tipos de sucesións • Fórmase un solo onde se establecen os vexetais con raíces. • Aparecen as primeiras especies, denominadas pioneiras ou colonizadoras. • Son substituidas polas especies especialistas. Sucesión primaria
  • 10. Tipos de sucesións Sucesión secundaria • Nun bosque mediterráneo producese a corta. • O humus desaparece, aparece o pastizal e algúns arbustos como as xaras. • Aparecen especies arbóreas pouco esixentes coas condicións do solo. • Desenvólvense especies, como a aciñeira, que precisa solos profundos. • Ao final do proceso xurde de novo un bosque mediterráneo.
  • 11. Comunidade clímax É o estado de equilibrio estable dun ecosistema maduro. Supón a última etapa da sucesión natural dun ecosistema. En realidade é un estado ideal, xa que para alcanzalo o ecosistema tería que ser un sistema illado non suxeito a perturbacións é esto non sucede na natureza. En definitiva, o clímax non se alcanza nunca. Todos os ecosistemas sofren alteracións que os levan a estadíos anteriores da sucesión (regresión) ou a unha evolución da etapa actual.
  • 12. 3. As Poboacións nos ecosistemas. Autorregulación O crecemento poboacional na natureza está limitado pola dispoñibilidade de recursos e as relacións que establece unha poboación co resto de poboacións da biocenose. A resistencia ambiental é o concepto que define o conxunto de factores bióticos e abióticos que limitan o crecemento dunha poboación. A dinámica de poboacións é a parte da Ecoloxía que se ocupa do estudo dos cambios no tamaño poboacional no medio natural (con factores que limitan o crecemento).
  • 13. Curvas de Crecemento Se non houbese limitacións (ecosistema ideal) unha poboación crecería de xeito exponencial. Se representamos este crecemento ideal nunha gráfica na que relacionásemos o tamaño poboacional co tempo observaríamos unha curva de crecemento en “J” (Curva de crecemento exponencial). Pero, evidentemente, na natureza os recursos non son ilimitados, por iso este tipo de crecemento só ten lugar en condicións especiais e durante períodos curtos de tempo. En condicións naturais, con recursos limitados, unha poboación comeza a crecer exponencialmente, pero chegado un punto a resistencia ambiental frea este ritmo de crecemento e o crecemento é máis lento e se estabiliza arredor dun valor (K). Orixínase agora unha curva de crecemento en forma de “S” (Curva de crecemento logístico). O valor K, denomínase capacidade de carga do ecosistema e constitúe o tamaño poboacional máximo dunha poboación para un ecosistema determinado. Cando as poboacións fluctúan arredor de K, dise que a poboación está en equilibrio ou que ten un crecemento estacionario.
  • 14.
  • 15. CURVAS DE CRECEMIENTO Número de individuos Tempo Curva en forma de J Curva en forma de S (Capacidade de carga do ecosistema) K Fluctuacións Crecemento estacionario EQUILIBRIO
  • 16. Estrategias de reprodución  Estrategas da “r” Especies colonizadoras ou oportunistas que se asentan en ecosistemas nas súas primeiras fases ou en condicións de inestabilidade. Caracterízanse por un tempo de vida curto e unha taxa reprodutiva elevada (moitos descendentes) e son exemplos típicos as bacterias, as microalgas, moitos insectos, os roedores, moitas herbas…  Estrategas da “K” Especies especialistas ben adaptadas a vivir nun determinado ambiente que é estable nas súas condicións. Tempos de vida máis amplos, a maioría dos individuos chegan a vida adulta, pero con tazas reprodutivas baixas (poucos descendentes). Son exemplos a maioría das aves e mamíferos.
  • 17.
  • 18. Curvas de Supervivencia e fecundidade As curvas de supervivencia amosan como afecta a mortalidade ao longo do ciclo vital dunha poboación, mentres que ás de fecundidade reflicten a natalidade. Un r presenta unha elevada mortalidade infantil e son poucos os individuos que chegan a idade adulta. No caso dun k soe haber pouco mortalidade infantil e son moitos os individuos que chegan a idade adulta onde se da a maior mortalidade. Os r alcanzan axiña a idade reprodutora e dase pronto o pico de fecundidade, pola contra nos K tardase máis en alcanzar a idade reprodutora e o máximo de fecundidade prodúcese ao final da idade xuvenil.
  • 19. 4. Cambios Antrópicos no ecosistema. O Uso dos Recursos Durante millóns de anos todos os cambios nos ecosistemas foron naturais. Na actualidade, a maioría deles débense a actividades humanas que ademais ocorren a un ritmo acelerado. A nosa poboación crece exponencialmente como se os recuros fosen ilimitados, pero esto non é así, e o noso modo de vida depende dun gran consumo de recursos e unha enorme xeración de residuos que debemos xestionar. Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero xa somos capaces de ignorar as normas do equilibrio natural, porque a nosa capacidade científico-tecnolóxica permítenos en certa medida escapar dos mecanismos da selección natural. Seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxilidade da nosa especie e a súa dependencia respecto das outras formas de vida.
  • 20. Recursos naturais Un recurso natural é todo aquilo que nos proporciona a natureza e do que obtemos un beneficio. Pódense clasificar en:  Enerxéticos: proporcionan distintas fontes de enerxía: solar, eólica, nuclear, combustibles fósiles, biomasa…  Materias primas: constitúen recursos a nivel industrial como as rochas ou os minerais, o algodón ou as peles.  Alimentarios: son fontes de alimento obtidas na gandería, agricultura, acuicultura, pesca…  Hídricos: para consumo doméstico, industrial, na agricultura…  Territorio: tanto o espazo para realizar actividades como o seu valor como recurso paisaxístico ou de biodiversidade.
  • 21.  Reserva: é a cantidade dun recurso natural que pode ser explotada e extraída dun xeito economicamente rendible. Segundo a dispoñibilidade os recursos poden ser:  Recursos Renovables: aqueles cuxa taxa de renovación é maior que a do noso consumo. Por exemplo, a biomasa ou a enerxía solar.  Recursos Non Renovables: aqueles cuxa taxa de renovación non compensa o noso consumo e, polo tanto, esgotaránse co tempo. Por exemplo, o uranio ou os combustibles fósiles.
  • 22. 5. Os Impactos Ambientais Considérase un impacto ambiental calquera alteración do medio natural debido a actividades humanas. Hai dous tipos:  Impactos positivos: que implican unha mellora no medio. Por exemplo unha reforestación ou o tratamento de augas residuais.  Impactos negativos: que implican un deterioro do medio. Por exemplo, un vertido de augas residuais, unha corta dun bosque ou un incendio provocado. Os principais impactos ambientais na actualidade son:  A queima de combustibles fósiles  Os procesos industrais  Os cambios no uso da terra  A sobreexplotación dos recursos biolóxicos
  • 23.  A queima de combustibles fósiles e a enerxía nuclear A produción enerxética actual e o transporte depende fundamentalmente de dúas fontes primordiais, os combustibles fósiles e a enerxía nuclear. Ambolos dous son fontes de enerxía non renovable o que de por si supón un problema importante, pero ademais a extracción, transporte e utilización destas fontes de enerxía supón unha ameaza clara para o medio natural e o planeta en xeral. A utilización dos combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) supón a liberación de cantidades inxentes de gases de efecto invernadoiro (principalmente CO2) que están a contribuir ao aumento acelerado da temperatura global (Quecemento global) e a un inevitable cambio climático de consecuencias desastrosas para o planeta e por suposto, para nos mesmos. A enerxái nuclear basada entre outros no uranio, ademais dos problemas na extracción trae consigo unha xestión de residuos radiactivos que todavía temos que resolver de xeito eficiente.
  • 24.  Os procesos industrais As actividades industrais, por un lado fundaméntase no uso de combustibles fósiles que producen ademais de CO2, gases como os Nox e os Sox que son responsables dos fenómenos de choiva ácida. Por outra banda, a nosa industria produce tamén contaminantes como os CFC´s (aerosoles, frigoríficos…) responsables do burato da capa de ozono, e pesticidas e plaguicidas que contaminan o solo e as augas. A xestión dos residuos industriais, sexan ou non radiactivos, supón sempre un problema o que debemos dar unha solución axeitada.  Os cambios nos usos da terra O sobrepastoreo, a deforestación, a agricultura intensiva e a construción de infraestruturas son as principais causas da perda de solo.
  • 25.  A sobreexplotación de recursos biolóxicos Está relacionada coa pesca con métodos intensivos, a agricultura intensiva, a introdución de especies exóticas, a caza non regulada… Esta sobreexplotación xunto coa fragmentación e destrución de hábitats está a provocar a extinción de especies e unha perda da biodiversidade. Uns exemplos:  A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme.  As especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Un dos exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo momento, de 200 especies.
  • 26. Avaliación dos impactos ambientais A avaliación de impacto ambiental (AIA) é un instrumento preventivo para a conservación e xestión do medio natural. A nosa lexislación obriga a elaborar estas AIA para realizar determinados proxectos, sobre todo de grandes infraestruturas. A AIA debe ser multidisciplinar e debe considerar os efectos sobre o medio. Consta de varias fases: • Estudo de Impacto Ambiental: documento no que se identifican os impactos do proxecto e se establecen as medidas correctoras. • Información pública: para que particulares e colectivos poidan ver o estudo e presentar alegacións. • Declaración de Impacto: as autoriades ambientais analizan o estudo e as alegacións que se poideran presentar e declaran o proxecto viable ou non.
  • 27. 6. Impactos Ambientais Negativos  Incendios Forestais Cando non podemos controlar un lume falamos dun incendio, se se atopa nas condicións idóneas pode descontrolarse de xeito que afecte a terreos forestais, entón falamos dun incendio forestal. Os incendios forestais interrompen o proceso de sucesión ecolóxica cara a comunidade clímax. A magnitude dun incendio depende de moitos factores: tipo de vexetación, condicións climáticas, períodos de seca, xestión do monte… Un bosque pode tardar 120 anos en recuperarse tras un incendio. A maioría dos incendios teñen unha orixe antrópica, ben por un descuido ou con intencionalidade.
  • 28. Para evitar os incendios forestais debemos tomar unha serie de medidas preventivas:  Non prender lume no monte  Non tirar cabichas nin mistos acesos  Controlar os vertedoiros e áreas recreativas  Crear devasas  Realizar rozas periódicas  Establecer vixiancia  Adoitar medidas legais: non permitir a venda máis barata de madeira ou facer o solo urbanizable  Fomentar a educación ambiental
  • 29.  Degradación do solo O solo pode perderse por erosión. Na actualidade este proceso veuse acelerado por actividades humanas como as malas prácticas agrícolas, a deforestación, as construccións, o sobrepastoreo ou os incendios. Esta perda orixina a desertificación que podemos definir como a degradación ecolóxica dun solo fértil, é dicir, que deixa de ser produtivo. A desertificación constitúe hoxe un problema a escala mundial.  Perda de Biodiversidade Por tres motivos dos que xa falamos:  A sobreexplotación  A destrución de hábitats  A introdución de especies exóticas Fauna invasora Especies invasoras
  • 30. 7. A Protección do Medio Natural Para frear a deterioración dos ecosistemas e protexer determinadas zonas creáronse dende principios do século pasado os espazos naturais protexidos. Os espazos naturais son áreas pouco transformadas polo home que presentan características biolóxicas, paisaxísticas ou doutro tipo que xustifican a súa especial protección. En España a Lei de Conservación de Espazos Naturais e da Flora e a Fauna Silvestres establece catro tipos de espazos protexidos: Parques, Reservas Naturais, Paisaxes Protexidas e Monumentos Naturais. En Galicia hai máis de 60 zonas protexidas, forma parte da rexión bioxeográfica atlántica europea e posúe algún tipo de protección no 13% do seu territorio.
  • 31.  Parques Son áreas naturais pouco transformadas polo home interesantes pola súa beleza paisaxística, pola presenza de formacións xeomorfolóxicas singulares ou polos ecosistemas que alberga. Hai dous niveis de protección:  Parque nacionais: espazos representativos dos nosos principais ecosistemas. Son o máximo nivel de protección. A súa declaración e xestión é compartida (Estado-Comunidade Autónoma). En Galicia temos o Parque Nacional das Illas Atlánticas.  Parques naturais: constitúen un nivel inferior de protección respecto aos nacionais e se permiten determinados aproveitamentos dos recursos. A xestión recae en cada comunidade autónoma. En Galicia temos seis: Baixa Limia- Serra do Xurés, Complexo Dunar de Corrubedo, Serra de Enciña da Lastra, Fragas do Eume, Monte Aloia e Serra do Invernadoiro.
  • 32.  Reservas Naturais Se protexen ecosistemas ou comunidades e permítese a explotación dos recursos se é compatible cos valores a protexer.  Paisaxes Protexidas Se protexen valores estéticos e culturais de especial interese. Por exemplo as concas mineiras asturianas ou Os penedeos de Pasarela e Traba e o Val do río Navea en Galicia.  Monumentos Naturais Espazos ou elementos naturais importantes pola súa beleza ou singularidade. Un exemplo típico é a praia das Catedrais.  Reservas da Biosfera Áreas representativas do planeta, de ecosistemas terrestres, costeiros, mariños ou unha combinación destes non alterados e que precisan ser preservados. Neles habitan especies representativas, endémicas, ameazadas ou en perigo. A distinció é otorgada pola UNESCO dentro do programa “O Home e a Biosfera”. A súa función primordial é a conservación e protección da Biodiversidade. Un Exemplo: As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • 33. 8. A Protección da Biodiversidade A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con intereses económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade non é unha excepción. Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países desenvolvidos que non sempre se cumpren. Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións medioambientais vense supeditadas aos ingresos derivados da explotación dos recursos biolóxicos con maior facilidade, e a presión dos intereses económicos do primeiro mundo, a situación é complicada e normalmente é o medio o que sae perdendo. Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda enorme co medio natural: en Europa centos de hábitats están en declive, o 42% dos mamíferos, o 15% das aves e o 52% dos peixes doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.
  • 34. No Cumio da Terra de 2002 moitos países se comprometeron a reducir de forma significativa a perda da biodiversidade durante os seguintes oito anos. En 2010 non só non se reducira a presión sobre a diversidade biolóxica, senón que as súas principais causas se mantiñan e nalgún caso se intensificaran.
  • 35. Lista Vermella- Categorías-Especies en Perigo Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en perigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat. Esta organización internacional dende 1963 elabora a listaxe ou libro vermello de especies ameazadas que se actualiza anualmente. Nesta listaxe establécense oito categorias segundo o grao de ameaza nas que se basa o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece básicamente dúas categorías:  En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.  Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común. A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación. Na actualidade (2015) hai 190 en perigo e 130 como vulnerables. Catálogo Nacional
  • 36.
  • 37.
  • 38. 9. Os Grandes Cambios Ambientais A Terra dende que se formou, hai uns 4600 M.a., constitúe un planeta en continuo cambio.  Cambios na atmosfera • Evolución da composición química • Cambios climáticos • Formación da capa de ozono • Incremento do efecto invernadoiro  Cambios na hidrosfera  Cambios na xeosfera • Movemento dos continentes • Modelado do relevo • Cambios de polaridade  Cambios na biosfera • Aparición da vida • Aparición do Homo sapiens • Extincións
  • 39.  Cambios na atmosfera • Evolución da composición química A atmosfera orixinouse a partir das emanacións volcánicas de gases da Terra en formación. Esta primeira atmosfera carecía de O2 e está composta fundamentalmente por CO2, N2, CH4 e vapor de auga. Hai uns 2200 M.a. as achegas de O2 por parte dos fotosintéticos provocaron que este gas comezara a acumularse na atmosfera, que se volveu oxidante. • Cambios climáticos Na actualidade a temperatura media na superficie é duns 15ºC, ideal para a vida, pero a Terra primitiva era máis cálida debido as altas concentracións de CO2. Coa chegada dos fotosintéticos diminuiu esa cantidade o que provocou hai uns 2500 M.a. a primeira glaciación. Dende entón se veñen sucedendo períodos glaciares e interglaciares. Actualmente estamos nun período interglaciar de uns 10000 anos.
  • 40.  Cambios na atmosfera • Formación da capa de Ozono A acumulación de O2 na atmosfera permitiu a formación da capa de ozono que cosntitue unha barreira protectora fronte as radiacións uv. Esta circunstancia posibilitou que a vida se abrise paso tamén en terra firme. • Incremento do efecto invernadoiro O efecto invernadoiro natural é esencial para a vida xa que permite unha temperatura en superficie axeitada. Débese a concentración de certos gases (CO2, CH4 ou vapor de auga) en capas baixas da atmosfera. Sen embargo, o efecto invernadoiro artificial, é dicir o provocado polas actividades humanas (queima de combustibles fósiles, incendios forestais…) está a provocar un aumento moi acelerado da temperatura do planeta (Quecemento Global) que nos leva cara un cambio climático de consecuencias nefastas .
  • 41.  Cambios na hidrosfera A actividade volcánica da Terra en formación emitiu grandes cantidades de vapor de auga á atmosfera. Cando a temperatura descendeu por baixo dos 100ºC, este vapor condensouse e orixináronse as primeiras chuvias que deron lugar, xunto coas achegas procedentes de asteroides hidratados, aos primeiros mares e océanos. A presenza de auga permitiu a aparición da vida e os mares e océanos moderaron o clima do planeta (efecto termorregulador).  Cambios na xeosfera • Cambios na posición dos continentes A distribución dos continentes non deixa de cambiar dende que se formaron. O seu movemento permite o peche e apertura de océanos e a formación de cordilleiras. • Cambios no relevo Os axentes xeolóxicos modifican e modelan continuamente a superficie do planeta. • Cambios no magnetismo O campo magnético xerado a nivel do núcleo terrestre sofre cambios de polaridade periódicamente.
  • 42.  Cambios na biosfera • Aparición dos seres vivos Temos rexistro fósil de vida dende hai 3800-3500 M.a. asociados a mares primitivos. Estos primeiros organismos eran similares as actuais cianobacterias, é dicir, procariotas. Os primeiros fotosintéticos comezan a osixenar a atmosfera e provocan un cambio drástico nela. Os primeiros eucariotas non xurden ata hai uns 1800 M.a. eran protistas, os pluricelulares non xurde ata hai aproximadamente uns 700 M.a. Hai 550 M.a. prodúcese a chamada “Explosión Cámbrica” que se traduce nun aumento espectacular de novos grupos de organismos. • Aparición de Homo sapiens A nosa especie é unha recén chegada ao planeta, pero a súa influenza no medio xa é tremenda. Crece a ritmo exponenecial e para elo consome grande cantidade de recursos. • Extincións A desaparición de especies é un feito inherente ao propio proceso evolutivo. Os científicos establecen que houbo cinco grandes extincións e que na actualidade somos responsables da sexta.
  • 43. A FAUNA DE EDIACARA (OS PRIMEIROS PLURICELULARES)
  • 44. BURGERSS SHALE ( A EXPLOSIÓN CÁMBRICA)
  • 45. A extinción pérmica (245 M.a.) supón a desaparición dun 90% das especies. A extinción cretácica (65 M.a) provocou a desaparición dos dinosaurios
  • 47. WEBGRAFÍA  http://biologia.laguia2000.com/ecologia/cambios-que-se-producen-durante-la- sucesion-ecologica  https://bioteoria.wordpress.com/2015/10/18/ecological-succession/  http://ciencia-bizarra.blogspot.com.es/2013/12/la-fauna-de-ediacara-un- experimento.html  http://derechosociedadymedioambiente.blogspot.com.es/2010/10/informe-planeta- vivo-2010-de-wwf.html  http://ies.europa.rivas.educa.madrid.org/biologia/documentos/ctm/bl3_biosfera/pr oduccion_productividad.pdf  https://www.pinterest.com/pin/294352525618096888/  http://revistacmc.jgcalleja.es/?p=168  http://www.risasinmas.com/otra-teoria-de-la-extincion-de-los-dinosaurios/  http://slideplayer.es/slide/3817508/  http://slideplayer.es/slide/26964/  http://www4.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/04Ecosis/110ProPri.htm