Os tópicos literarios O Amor, nas súas máis variadas formas, maniféstase ao longo da historia nos diversos tópicos literarios que analizan o carácter positivo e tamén negativo deste sentimento universal. Ao longo da presentación imos ver como estes se reflicten en todas as artes: a escultura, a pintura e de xeito especial na literatura. AMOR
AMOR BONUS AMOR BONUS Céntrase no carácter positivo do amor espiritual, considerado o único e verdadeiro. A escultura de Juan de Ávalos dos amantes de Teruel, reflicte este tipo de amor a través da imaxe das mans dos namorados que non chegan a tocarse nin sequera tras ter quedado eternamente unidos trala morte
AMOR MIXTO Analiza o carácter complexo do amor físico e espiritual, cando se dan de maneira conxunta. No lenzo “Amor sagrado, amor profano”, de Tiziano, temos a Venus vestida, representando o amor puro e celestial e a Venus espida, que simboliza o amor profano, adulterado polas roupaxes e as xoias, procurando a beleza no artificial.
AMOR FUROR/ FUROR AMORIS Fai referencia ao amor salvaxe ou ao amor apaixonado, dende a concepción do amor como lume interior. Analiza tamén o carácter negativo da paixón sexual e do amor físico. Ofelia, o atormentado personaxe de Hamlet, reacciona coa loucura e o suicidio ao desengano amoroso, deixándose levar pola paixón, sen decatarse do tráxico erro.
RELIGIO AMORIS Noutros casos, analízase o carácter alienante do culto ao amor e do sentimento amoroso,presentado como unha enfermidade ou un servidume do que o home debe liberarse para acadar a felicidade. A Celestina de Fernando de Rojas alértanos sobre este tipo de amor. Outro exemplo atopámolo nalgúns poemas medievais e nas súas ilustracións como a do “ Códex Manesse”, da 1ª metade do s. XIV, no que vemos a un trobador ofrecendo un poema á súa amada.
VENATOR AMORIS Céntrase na caza do amor, presentando a relación amorosa coma unha cacería do ser amado. Atopámolo en numerosas ilustracións de obras da literatura medieval.

Diapositivas

  • 1.
    Os tópicos literariosO Amor, nas súas máis variadas formas, maniféstase ao longo da historia nos diversos tópicos literarios que analizan o carácter positivo e tamén negativo deste sentimento universal. Ao longo da presentación imos ver como estes se reflicten en todas as artes: a escultura, a pintura e de xeito especial na literatura. AMOR
  • 2.
    AMOR BONUS AMORBONUS Céntrase no carácter positivo do amor espiritual, considerado o único e verdadeiro. A escultura de Juan de Ávalos dos amantes de Teruel, reflicte este tipo de amor a través da imaxe das mans dos namorados que non chegan a tocarse nin sequera tras ter quedado eternamente unidos trala morte
  • 3.
    AMOR MIXTO Analizao carácter complexo do amor físico e espiritual, cando se dan de maneira conxunta. No lenzo “Amor sagrado, amor profano”, de Tiziano, temos a Venus vestida, representando o amor puro e celestial e a Venus espida, que simboliza o amor profano, adulterado polas roupaxes e as xoias, procurando a beleza no artificial.
  • 4.
    AMOR FUROR/ FURORAMORIS Fai referencia ao amor salvaxe ou ao amor apaixonado, dende a concepción do amor como lume interior. Analiza tamén o carácter negativo da paixón sexual e do amor físico. Ofelia, o atormentado personaxe de Hamlet, reacciona coa loucura e o suicidio ao desengano amoroso, deixándose levar pola paixón, sen decatarse do tráxico erro.
  • 5.
    RELIGIO AMORIS Noutroscasos, analízase o carácter alienante do culto ao amor e do sentimento amoroso,presentado como unha enfermidade ou un servidume do que o home debe liberarse para acadar a felicidade. A Celestina de Fernando de Rojas alértanos sobre este tipo de amor. Outro exemplo atopámolo nalgúns poemas medievais e nas súas ilustracións como a do “ Códex Manesse”, da 1ª metade do s. XIV, no que vemos a un trobador ofrecendo un poema á súa amada.
  • 6.
    VENATOR AMORIS Céntrasena caza do amor, presentando a relación amorosa coma unha cacería do ser amado. Atopámolo en numerosas ilustracións de obras da literatura medieval.