SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Rúa da Pastoriza, 8
                                      15781 Santiago de Compostela
                                      Tfno.: 981 545 436
                                      Fax: 981 544 424
                                      www.xunta.es/linguagalega


       CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A ELABORACIÓN DA
        EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS
                      LETRAS GALEGAS 2013


A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 13
do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 16, do 24 de
xaneiro de 2012), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a
elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en
2013 ─Roberto Vidal Bolaño─, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa
histórica na que este viviu.


                                    OBXECTIVOS

1. Potenciar o estudo da obra e da época de Roberto Vidal Bolaño.
2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica.
3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación
e normalización da lingua galega.
4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración
interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do
alumnado.
5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa
sobre a figura deste autor.
6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega e promover a súa
divulgación como referentes para outros centros.


                                        BASES

1. Participantes
Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aos que se refire a base
segunda desta convocatoria.

2. Categorías
Establécense dúas categorías:
a) Para os centros de educación infantil e primaria.
b) Para os centros de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, de formación
profesional e para os restantes centros de ensinanzas especiais: ensinanzas artísticas
(de arte dramática, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración, de
danza, de deseño, de música), ensinanzas deportivas e ensinanzas de idiomas.

Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria
poderán concursar nas dúas categorías.

3. Eixe temático dos traballos
O eixe temático da exposición será a obra e a época de Roberto Vidal Bolaño,
observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico sexa
só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.
Rúa da Pastoriza, 8
                                        15781 Santiago de Compostela
                                        Tfno.: 981 545 436
                                        Fax: 981 544 424
                                        www.xunta.es/linguagalega


4. Forma de elaboración do traballo
 O traballo será interdepartamental.
No caso dos centros de educación primaria, terase en conta a participación dos
equipos de distintos ciclos.

5. Número e características dos carteis e da guía
 A exposición constará de:
- 10 carteis de 70 x 50 cm.
- Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa
observación e fomenten o labor de investigación do alumnado.
- Estas actividades xuntaranse á exposición en forma de guía ou cuestionario, cunha
extensión máxima de 20 páxinas.

- A técnica para utilizar é libre e os traballos poderanse presentar a cor.

6. Premios
Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu
premio en metálico por importe de 2.500 €.

Se a calidade dos traballos presentados non fose a axeitada, os premios poderán
declararse desertos.

7. Presentación dos traballos
Os traballos entregaranse en formato dixital pdf ou jpg, cunha resolución entre 100 e
200 píxeles/polgada, modo de cor cmyk, acompañados da reprodución impresa dun
dos carteis, no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas xefaturas territoriais
ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común. Presentaranse baixo un pseudónimo ou lema identificador. Os
datos do centro e os do grupo de traballo introduciranse nunha plica. No exterior desta
figurará unicamente un pseudónimo ou un lema da exposición.

Para os efectos de axilizar a recepción dos traballos, os centros poderán adiantar a
proposta de carteis e de guía á Secretaría Xeral de Política Lingüística mediante o
envío ao seguinte enderezo electrónico: sxpl.planificacion@xunta.es. Co obxecto de
preservar a confidencialidade dos traballos á hora de ser avaliados polo xurado, o
envío realizarase separando os arquivos coa proposta de traballos, aos que se lles
dará un nome ou lema, do arquivo onde aparecerá o nome e datos do centro. A
Secretaría Xeral de Política Lingüística entregaralle ao xurado unicamente os traballos
identificados co lema ou nome que lle dea o centro. Unha vez que o xurado remate a
súa valoración, unirase cada traballo co nome do centro que o elaborou.

Esta forma de envío non exime os centros de entregar os traballos no rexistro oficial,
tal e como se establece no primeiro parágrafo.

8. Prazo
O prazo de presentación dos traballos remata o día 16 de xaneiro de 2013.

9. Xurado
 Para o ditame dos premios establecerase un xurado formado por:

- A persoa titular da Subdirección Xeral de Política Lingüística.
- A persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.
Rúa da Pastoriza, 8
                                      15781 Santiago de Compostela
                                      Tfno.: 981 545 436
                                      Fax: 981 544 424
                                      www.xunta.es/linguagalega


- Un asesor ou asesora técnica encargado/a dos contidos educativos.
O xurado poderá contar cos informes dunha comisión técnica especializada para
colaborar na valoración daqueles proxectos que coide pertinentes.

10. Criterios de valoración
O xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración:

- Ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado.
- Inclusión de actividades dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento,
ademais das correspondentes aos seminarios implicados.
- Nivel de implicación e incidencia na comunidade educativa.
- Carácter motivador e orixinalidade da proposta.
- Orde, claridade, coherencia e corrección gramatical na presentación.

11. Tratamento dos orixinais
Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os/as autores/as así o
soliciten, por escrito, no prazo máximo dun mes a partir da data en que se faga pública
a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren destruiranse.

12. Distribución das exposicións gañadoras
A exposición de cada unha das categorías que resulte seleccionada será imprimida e
distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de
ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e
casas da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de Galicia e o
nome do centro gañador.

13. Responsabilidades legais
A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera
responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente
na que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer as persoas
participantes.

14. Difusión dos traballos gañadores
A Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito a organizar
exposicións e/ou a exhibir, reproducir ou publicar a imaxe ou o contido dos traballos
presentados, por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións ca
as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o
texto refundido da Lei de propiedade intelectual.

157. Propiedade intelectual
O concepto creativo global do traballo é de explotación exclusiva da Secretaría Xeral
de Política Lingüística. Todos os materiais que se produzan pasarán a ser propiedade
da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que poderá realizar as modificacións que,
de acordo cos autores, melloren o resultado final e faciliten acadar os obxectivos desta
convocatoria.

16. Modificacións
Os centros gañadores deberán entregarlle á secretaría xeral os traballos presentados
nun formato de alta resolución que permita realizar as modificacións que, de acordo
cos autores, cumpra realizar.
Rúa da Pastoriza, 8
                                       15781 Santiago de Compostela
                                       Tfno.: 981 545 436
                                       Fax: 981 544 424
                                       www.xunta.es/linguagalega




17. Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de
Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da
interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable.



Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012




Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

More Related Content

What's hot

Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016satelite1
 
Doazón tríptico
Doazón trípticoDoazón tríptico
Doazón trípticosatelite1
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLRomán Landín
 
Iii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxesIii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxessatelite1
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020satelite1
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 

What's hot (8)

Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
 
Doazón tríptico
Doazón trípticoDoazón tríptico
Doazón tríptico
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
 
Iii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxesIii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxes
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Basesconcursoppt 2010
Basesconcursoppt 2010Basesconcursoppt 2010
Basesconcursoppt 2010
 

Viewers also liked

Eleccións para o consello escolar do centro
Eleccións para o consello escolar do centroEleccións para o consello escolar do centro
Eleccións para o consello escolar do centrosatelite1
 
Letras galegas 2015 (escaneado)
Letras galegas 2015 (escaneado)Letras galegas 2015 (escaneado)
Letras galegas 2015 (escaneado)satelite1
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Veronica DEL Rio
 
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelaEnquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelasatelite1
 
Crónica entrega de premios 16 maio
Crónica entrega de premios 16 maioCrónica entrega de premios 16 maio
Crónica entrega de premios 16 maiosatelite1
 
Antonio gonzález videoconferencia ctfcos. cern
Antonio gonzález videoconferencia ctfcos. cernAntonio gonzález videoconferencia ctfcos. cern
Antonio gonzález videoconferencia ctfcos. cernsatelite1
 
Diptico xornadas formacion_ednlg
Diptico xornadas formacion_ednlgDiptico xornadas formacion_ednlg
Diptico xornadas formacion_ednlgsatelite1
 
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013satelite1
 
Díptico reporteiros na rede
Díptico reporteiros na redeDíptico reporteiros na rede
Díptico reporteiros na redesatelite1
 
Concurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de librosConcurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de librossatelite1
 
Crónica maios no cpi virxe da cela
Crónica maios no cpi virxe da celaCrónica maios no cpi virxe da cela
Crónica maios no cpi virxe da celasatelite1
 
Comeza a campaña de recadación fin de curso
Comeza a campaña de recadación  fin de cursoComeza a campaña de recadación  fin de curso
Comeza a campaña de recadación fin de cursosatelite1
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosYolanda Castro
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Antonio memorias dun neno labrego teatronarón
Antonio memorias dun neno labrego teatronarónAntonio memorias dun neno labrego teatronarón
Antonio memorias dun neno labrego teatronarónsatelite1
 
Obradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curiel
Obradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curielObradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curiel
Obradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curielsatelite1
 
Folleto decembro ok2
Folleto decembro ok2Folleto decembro ok2
Folleto decembro ok2satelite1
 
Folleto programacion decembro
Folleto programacion decembroFolleto programacion decembro
Folleto programacion decembrosatelite1
 
Crónica antonio gonzález obradoiro de creatividade
Crónica antonio gonzález obradoiro de creatividadeCrónica antonio gonzález obradoiro de creatividade
Crónica antonio gonzález obradoiro de creatividadesatelite1
 
Máis curiosidades
Máis curiosidadesMáis curiosidades
Máis curiosidadessatelite1
 

Viewers also liked (20)

Eleccións para o consello escolar do centro
Eleccións para o consello escolar do centroEleccións para o consello escolar do centro
Eleccións para o consello escolar do centro
 
Letras galegas 2015 (escaneado)
Letras galegas 2015 (escaneado)Letras galegas 2015 (escaneado)
Letras galegas 2015 (escaneado)
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015
 
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelaEnquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
 
Crónica entrega de premios 16 maio
Crónica entrega de premios 16 maioCrónica entrega de premios 16 maio
Crónica entrega de premios 16 maio
 
Antonio gonzález videoconferencia ctfcos. cern
Antonio gonzález videoconferencia ctfcos. cernAntonio gonzález videoconferencia ctfcos. cern
Antonio gonzález videoconferencia ctfcos. cern
 
Diptico xornadas formacion_ednlg
Diptico xornadas formacion_ednlgDiptico xornadas formacion_ednlg
Diptico xornadas formacion_ednlg
 
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
 
Díptico reporteiros na rede
Díptico reporteiros na redeDíptico reporteiros na rede
Díptico reporteiros na rede
 
Concurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de librosConcurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de libros
 
Crónica maios no cpi virxe da cela
Crónica maios no cpi virxe da celaCrónica maios no cpi virxe da cela
Crónica maios no cpi virxe da cela
 
Comeza a campaña de recadación fin de curso
Comeza a campaña de recadación  fin de cursoComeza a campaña de recadación  fin de curso
Comeza a campaña de recadación fin de curso
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Antonio memorias dun neno labrego teatronarón
Antonio memorias dun neno labrego teatronarónAntonio memorias dun neno labrego teatronarón
Antonio memorias dun neno labrego teatronarón
 
Obradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curiel
Obradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curielObradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curiel
Obradoiro de iniciación ás artes escénicas con xoan curiel
 
Folleto decembro ok2
Folleto decembro ok2Folleto decembro ok2
Folleto decembro ok2
 
Folleto programacion decembro
Folleto programacion decembroFolleto programacion decembro
Folleto programacion decembro
 
Crónica antonio gonzález obradoiro de creatividade
Crónica antonio gonzález obradoiro de creatividadeCrónica antonio gonzález obradoiro de creatividade
Crónica antonio gonzález obradoiro de creatividade
 
Máis curiosidades
Máis curiosidadesMáis curiosidades
Máis curiosidades
 

Similar to Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev

Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20videoMaria
 
Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011satelite1
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UECharo García
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xovesatelite1
 
Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]191072xlgr
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1pastoraastray
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivosatelite1
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescolasatelite1
 
Concurso de fotografía auga e literatura
Concurso de fotografía auga e literaturaConcurso de fotografía auga e literatura
Concurso de fotografía auga e literaturaYolanda Castro
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiasatelite1
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19jubos
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
Bases II certame
Bases II certameBases II certame
Bases II certamecenlf
 

Similar to Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev (20)

Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20video
 
Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011
 
Vi concurso de relatos 2018
Vi concurso de relatos 2018Vi concurso de relatos 2018
Vi concurso de relatos 2018
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xove
 
Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescola
 
Concurso de fotografía auga e literatura
Concurso de fotografía auga e literaturaConcurso de fotografía auga e literatura
Concurso de fotografía auga e literatura
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
Bases II certame
Bases II certameBases II certame
Bases II certame
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev

  • 1. Rúa da Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 981 545 436 Fax: 981 544 424 www.xunta.es/linguagalega CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A ELABORACIÓN DA EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 13 do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro de 2012), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2013 ─Roberto Vidal Bolaño─, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu. OBXECTIVOS 1. Potenciar o estudo da obra e da época de Roberto Vidal Bolaño. 2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica. 3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega. 4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado. 5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura deste autor. 6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros. BASES 1. Participantes Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aos que se refire a base segunda desta convocatoria. 2. Categorías Establécense dúas categorías: a) Para os centros de educación infantil e primaria. b) Para os centros de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, de formación profesional e para os restantes centros de ensinanzas especiais: ensinanzas artísticas (de arte dramática, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración, de danza, de deseño, de música), ensinanzas deportivas e ensinanzas de idiomas. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías. 3. Eixe temático dos traballos O eixe temático da exposición será a obra e a época de Roberto Vidal Bolaño, observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico sexa só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.
  • 2. Rúa da Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 981 545 436 Fax: 981 544 424 www.xunta.es/linguagalega 4. Forma de elaboración do traballo O traballo será interdepartamental. No caso dos centros de educación primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos. 5. Número e características dos carteis e da guía A exposición constará de: - 10 carteis de 70 x 50 cm. - Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. - Estas actividades xuntaranse á exposición en forma de guía ou cuestionario, cunha extensión máxima de 20 páxinas. - A técnica para utilizar é libre e os traballos poderanse presentar a cor. 6. Premios Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 2.500 €. Se a calidade dos traballos presentados non fose a axeitada, os premios poderán declararse desertos. 7. Presentación dos traballos Os traballos entregaranse en formato dixital pdf ou jpg, cunha resolución entre 100 e 200 píxeles/polgada, modo de cor cmyk, acompañados da reprodución impresa dun dos carteis, no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas xefaturas territoriais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Presentaranse baixo un pseudónimo ou lema identificador. Os datos do centro e os do grupo de traballo introduciranse nunha plica. No exterior desta figurará unicamente un pseudónimo ou un lema da exposición. Para os efectos de axilizar a recepción dos traballos, os centros poderán adiantar a proposta de carteis e de guía á Secretaría Xeral de Política Lingüística mediante o envío ao seguinte enderezo electrónico: sxpl.planificacion@xunta.es. Co obxecto de preservar a confidencialidade dos traballos á hora de ser avaliados polo xurado, o envío realizarase separando os arquivos coa proposta de traballos, aos que se lles dará un nome ou lema, do arquivo onde aparecerá o nome e datos do centro. A Secretaría Xeral de Política Lingüística entregaralle ao xurado unicamente os traballos identificados co lema ou nome que lle dea o centro. Unha vez que o xurado remate a súa valoración, unirase cada traballo co nome do centro que o elaborou. Esta forma de envío non exime os centros de entregar os traballos no rexistro oficial, tal e como se establece no primeiro parágrafo. 8. Prazo O prazo de presentación dos traballos remata o día 16 de xaneiro de 2013. 9. Xurado Para o ditame dos premios establecerase un xurado formado por: - A persoa titular da Subdirección Xeral de Política Lingüística. - A persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.
  • 3. Rúa da Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 981 545 436 Fax: 981 544 424 www.xunta.es/linguagalega - Un asesor ou asesora técnica encargado/a dos contidos educativos. O xurado poderá contar cos informes dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles proxectos que coide pertinentes. 10. Criterios de valoración O xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración: - Ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado. - Inclusión de actividades dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento, ademais das correspondentes aos seminarios implicados. - Nivel de implicación e incidencia na comunidade educativa. - Carácter motivador e orixinalidade da proposta. - Orde, claridade, coherencia e corrección gramatical na presentación. 11. Tratamento dos orixinais Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os/as autores/as así o soliciten, por escrito, no prazo máximo dun mes a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren destruiranse. 12. Distribución das exposicións gañadoras A exposición de cada unha das categorías que resulte seleccionada será imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de Galicia e o nome do centro gañador. 13. Responsabilidades legais A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente na que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer as persoas participantes. 14. Difusión dos traballos gañadores A Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito a organizar exposicións e/ou a exhibir, reproducir ou publicar a imaxe ou o contido dos traballos presentados, por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións ca as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual. 157. Propiedade intelectual O concepto creativo global do traballo é de explotación exclusiva da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Todos os materiais que se produzan pasarán a ser propiedade da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que poderá realizar as modificacións que, de acordo cos autores, melloren o resultado final e faciliten acadar os obxectivos desta convocatoria. 16. Modificacións Os centros gañadores deberán entregarlle á secretaría xeral os traballos presentados nun formato de alta resolución que permita realizar as modificacións que, de acordo cos autores, cumpra realizar.
  • 4. Rúa da Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 981 545 436 Fax: 981 544 424 www.xunta.es/linguagalega 17. Aceptación das bases A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable. Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012 Valentín García Gómez Secretario xeral de Política Lingüística