SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E DA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E
INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE APROBAN AS BASES E SE CONVOCAN
OS PREMIOS A CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO ELABORADAS NO
MARCO DO PROGRAMA NÓS TAMÉN CREAMOS! PARA O CURSO
ACADÉMICO 2019/2020
O Estatuto de autonomía de Galicia recolle a obriga dos poderes públicos de garantir
o uso normal do galego e de potenciar o seu emprego en todos os planos da vida
pública, cultural e informativa, así como de dispor os medios necesarios para facilitar
o seu coñecemento.
Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece que
as autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas
encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino e que a Xunta de
Galicia debe estimular as manifestacións culturais en lingua galega e contribuír ao
fomento do libro en galego.
Por estes motivos, o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario
de Galicia sinala a necesidade de aumentar o emprego do galego nas actividades
complementarias e a Administración educativa procura fomentar o seu uso en
distintos espazos e situacións de comunicación dos centros educativos, sobre todo
a través da acción dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG).
Ademais, a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa contempla o logro da competencia nas dúas linguas oficiais das
comunidades autónomas con idioma propio como unha das finalidades da
educación, xunto coa adquisición de coñecementos técnicos e artísticos que
aseguren o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades do
alumnado.
Ao mesmo tempo, a comunidade educativa é consciente de que as aprendizaxes
lingüísticas se fan tamén fóra das aulas de lingua e da importancia que ten, para a
adquisición do galego, tanto a lectura neste idioma como a motivación para usalo.
Neste sentido, cómpre favorecer unha asociación positiva do alumnado coa
lingua galega mediante a súa ligazón con actividades relacionadas coa cultura
actual (audiovisual, TIC...), e tamén por medio da vinculación afectiva que dá o uso do
idioma no tempo de lecer.
En consecuencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de
Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación
1
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
Profesional
RESOLVEN:
Convocar os premios a curtas de animación en galego no marco do programa Nós
tamén creamos! para o curso académico 2019/2020, de acordo coas seguintes
bases:
Artigo 1. Obxecto da convocatoria
O obxecto desta disposición é convocar tres premios a curtas de animación en galego
elaboradas seguindo as pautas do programa de dinamización lingüística Nós tamén
creamos! e regular o procedemento para a súa concesión.
Nós tamén creamos! é un programa conxunto da Secretaría Xeral de Política
Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación Radio e
Televisión de Galicia (CRTVG). Os seus obxectivos son promover unha imaxe
positiva e actual da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos
ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lles ofrece ás
cativas e aos cativos a sección infantil do web da CRTVG.
Artigo 2. Características dos premios: categorías, dotación e recoñecemento
Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
o Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo
de educación infantil
o Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e
segundo de educación primaria
o Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e
cuarto de educación primaria
Cada centro premiado nunha destas categorías recibirá un lote de libros de
OQOeditora e mais un agasallo da CRTVG, así como un diploma acreditativo.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional unha certificación de Primeiro
Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia
2
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e
de 20 horas para o profesorado participante.
As curtametraxes gañadoras serán emitidas e difundidas, sempre que tecnicamente sexa
posible, en distintos programas da CRTVG.
Artigo 3. Destinatarios
Participarán nesta convocatoria os centros de titularidade pública admitidos no
programa Nós tamén creamos!, dentro do Plan Proxecta 2019-2020, convocado pola
Resolución do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se
establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos
públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional durante o curso 2019/2020.
Tamén poderán participar outros centros educativos de titularidade pública que
impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil e de primeiro a cuarto
cursos de primaria e que soliciten a súa inscrición.
Só se poderá presentar unha solicitude por centro, cun límite máximo de 8 docentes
participantes e mínimo de 2. Os centros poderán formar un máximo de dous equipos,
de 2 a 4 docentes cada un. Polo menos un/ha docente de cada proxecto deberá
pertencer ao equipo de dinamización da lingua galega e o resto impartiralle docencia
ao alumnado co que se realice a curta de animación.
O alumnado participante deberá pertencer a algún dos cursos correspondentes á
categoría pola que participa. En caso de poder incluírse en varias categorías,
competirá na categoría do estudantado de máis idade do grupo.
Artigo 4. Solicitude de participación
O profesorado dos centros de titularidade pública admitido no programa Nós tamén
creamos! do Plan Proxecta 2019/2020 quedará inscrito de oficio no concurso, de
maneira que non necesitará presentar unha solicitude de participación.
O resto do profesorado deberá solicitar a súa participación mediante unha instancia
(ver anexo), que presentará no Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nos lugares e na forma
previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas. Se a solicitude é remitida por
correo, presentaraa nun sobre aberto para que o persoal de correos poida selala e
facer constar a data antes de certificala.
3
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
O prazo para solicitar a participación comezará o día seguinte ao da publicación
desta convocatoria no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade
e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/) e rematará o 20 de
xaneiro de 2020.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, a Secretaría Xeral de Política Lingüística
e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
publicarán a relación de centros admitidos e excluídos no web da Secretaría Xeral
de Política Lingüística (www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional e comunicaranlles aos centros a
aceptación da súa participación por correo electrónico.
Artigo 5. Material e asesoramento
Enviaráselles aos centros que, por non estaren inscritos no Plan Proxecta, aínda non
recibisen o material, un lote de libros cuxos dereitos de autor lles foron cedidos á
Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional para este proxecto. Os equipos participantes deberán escoller
un destes libros para basearen nel a curta que realicen co alumnado.
Durante o proceso de creación, os centros que non están inscritos no Plan Proxecta
tamén contarán con asesoramento técnico no enderezo electrónico
nostamencreamos@gmail.com e recibirán formación adaptada á temática na que se
encadra a convocatoria, en relación coas competencias audiovisuais, tecnolóxicas,
dixitais e lingüísticas e coas materias precisas (lingua, guión, iluminación, son) para
elaborar unha curta en galego coa técnica stop motion.
Artigo 6. Características das curtametraxes
As curtametraxes de animación que se presenten ao concurso serán unha
adaptación cinematográfica en animación e coa técnica stop motion dalgunha das
obras literarias facilitadas aos centros participantes e cuxos dereitos de autor de
carácter patrimonial se lles ceden á Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería
de Educación, Universidade e Formación Profesional para a reelaboración obxecto
deste concurso. As músicas e os efectos sonoros que se empreguen deberán ser
orixinais, estar libres de dereitos ou ter licenza de uso para o fin educativo que se
persegue.
As curtas realizaranse coa participación activa do alumnado en todas as fases de
elaboración. Esta documentarase cun making off final ou un ficheiro anexo con
fotografías ou calquera outra documentación que evidencie a intervención do
alumnado ao longo do proceso.
4
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
As gravacións terán calidade DVD e unha duración máxima de 5 minutos (incluídos
os títulos de crédito). O making off non computará no tempo establecido.
As curtametraxes tamén incluirán, a modo de información, un espazo de créditos no
que recollerán o nome das persoas que participaron na creación da obra (alumnado
e profesorado). Engadirán, así mesmo, o logo dos equipos de dinamización da lingua
galega e mais unha lenda que indique que esta curtametraxe foi elaborada ao abeiro
do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! con fins educativos.
Esta lenda deberá manterse na difusión posterior da curta ou na presentación a
outros certames.
Todos os dereitos de autor de carácter patrimonial derivados da reelaboración da
curtametraxe corresponderanlles á Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería
de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Artigo 7. Envío das curtametraxes
Cada curta deberá presentarse gravada nun DVD ou nunha memoria USB, nun sobre
no que tamén se deberá incluír un documento cos seguintes datos:
Nome da curta
Categoría pola que se presenta
Centro educativo que a presenta:
Código do centro
Nome do centro
Enderezo
Teléfono
Enderezo electrónico
Nivel educativo do alumnado participante
Certificación da dirección do centro coa listaxe do profesorado participante na
curtametraxe:
Nome e apelidos
DNI con letra
Relación co alumnado (p. e. titor/a, profesor/a de Educación Física,
membro do equipo de dinamización da lingua galega...)
Este sobre dirixirase ao seguinte enderezo:
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rúa San Roque, 2, 1.º andar
15781 Santiago de Compostela
5
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
No remite indicarase o título do libro, o da curtametraxe e a categoría pola que
participa (véxase o artigo 2).
A medida que se vaian entregando, as curtas poderán verse na sección Nós tamén
creamos! do web infantil da CRTVG: http://www.crtvg.es/infantil.
Artigo 8. Prazo de entrega das curtametraxes
O prazo para enviar as curtas elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!
rematará o 30 de abril de 2020.
Artigo 9. Comisión de selección e criterios de valoración
1. Comisión de selección
Para a selección das curtametraxes crearase unha comisión que estará presidida
pola persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización
Lingüística, ou a persoa en quen delegue, e integrada polos seguintes membros:
a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
e Formación do Profesorado ou a persoa en quen delegue
b) Unha persoa asesora técnica da Secretaría Xeral de Política Lingüística
c) O coordinador ou coordinadora central dos equipos de dinamización da lingua
galega
d) A persoa representante da CRTVG
e) Unha persoa representante de OQOeditora
f) Un funcionario ou funcionaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que
actuará como secretario ou secretaria, con voz e sen voto.
A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica
especializada para colaborar na valoración daqueles proxectos que coide
pertinentes, que poderá estar integrada por persoal asesor de Innovación Educativa
e de Política Lingüística, persoal da CRTVG e de OQOeditora.
2. Criterios de valoración
Valoraranse os proxectos atendendo aos seguintes criterios:
a) Calidade lingüística, expresividade e interpretación na curtametraxe
6
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
b) Orixinalidade, creatividade e innovación da curtametraxe
c) Calidade técnica, estética e artística da curtametraxe
Artigo 10. Resolución
Logo de analizar as solicitudes presentadas, a Comisión de Selección emitirá a
proposta de resolución dirixida ás persoas titulares da Secretaría Xeral de Política
Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa.
A resolución conxunta da Secretaría Xeral e da Dirección Xeral publicarase na
páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade
e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/), no prazo máximo de 4
meses contados desde a data de entrega fixada no artigo 8.
De non facelo así, as persoas solicitantes deberán entender desestimada a súa
solicitude.
Artigo 11. Difusión das experiencias e dos materiais elaborados
Os traballos premiados serán publicados na pestana Nós tamén creamos! da sección
infantil do web da CRTVG (http://www.crtvg.es/infantil) e poderán ser difundidos en
diversos programas da cadea. Tamén poderán difundilos a Secretaría Xeral de
Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa nos seus webs ou plataformas dixitais de comunicación.
A presentación a esta convocatoria implicará para os centros premiados a
colaboración en todas as accións de difusión que se organicen, así como a cesión dos
dereitos de propiedade intelectual de contido patrimonial en favor dos organismos que
convocan.
De ser o caso, en todas as accións informativas e divulgativas e nas publicacións que
se fagan relacionadas con esta convocatoria ou coas curtametraxes de animación
reelaboradas farase constar a colaboración das partes nun lugar destacado e
utilizaranse, cando proceda, os logos de cada unha das entidades participantes de
acordo coa normativa de identidade corporativa.
Artigo 12. Protección de datos
No desenvolvemento desta convocatoria respectaranse cantas esixencias establece o
7
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
Regulamento UE 679/2016 xeral de protección de datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5
de decembro (BOE 06.12.2018), de protección de datos persoais e garantía dos dereitos
dixitais e adoptaranse cantas medidas resulten necesarias para cumprir as súas
previsións e, en particular, para garantir a seguridade e integridade dos datos persoais e
dos dereitos dixitais e a súa protección fronte a alteracións, perdas, tratamentos ou
accesos non autorizados.
Serán de aplicación todos os dereitos e obrigas derivados da normativa aplicable en
materia de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais.
As persoas interesadas poderán acceder aos seus datos, rectificalos e suprimilos, así
como exercer outros dereitos nos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019
O secretario xeral de Política Lingüística
Valentín García Gómez
O director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa
Manuel Corredoira López
8
CVE:xynkkUoA90
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Asinadopor:GARCIAGOMEZ,VALENTIN
Cargo:SecretarioXeral
Dataehora:10/12/201911:09:41
Asinadopor:CORREDOIRALOPEZ,MANUEL
Cargo:DirectorXeraldeEducación,FormaciónProfe
Innov.Educativa
Dataehora:10/12/201911:27:26

More Related Content

What's hot

Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio oksatelite1
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoAnálise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoCoordinadora Galega ENDL
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoCoordinadora Galega ENDL
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoMarlou
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativacenlf
 

What's hot (6)

Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio ok
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoAnálise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto Plurilingüismo
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativa
 

Similar to Ntc convocatoria-2019 2020

Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revConvocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revsatelite1
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionsatelite1
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOBOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOCharo García
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UECharo García
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Anpa Limiar
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012satelite1
 
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpubcenlf
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivosatelite1
 
Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2satelite1
 
Introduccion abalar tarefa 4
Introduccion abalar tarefa 4Introduccion abalar tarefa 4
Introduccion abalar tarefa 4kelli5276
 
Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019satelite1
 
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Anpa Limiar
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 

Similar to Ntc convocatoria-2019 2020 (20)

Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revConvocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOBOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
 
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2
 
Introduccion abalar tarefa 4
Introduccion abalar tarefa 4Introduccion abalar tarefa 4
Introduccion abalar tarefa 4
 
Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019
 
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
 
Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Lingua e Universidade
Lingua e UniversidadeLingua e Universidade
Lingua e Universidade
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Ntc convocatoria-2019 2020

  • 1. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE APROBAN AS BASES E SE CONVOCAN OS PREMIOS A CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO ELABORADAS NO MARCO DO PROGRAMA NÓS TAMÉN CREAMOS! PARA O CURSO ACADÉMICO 2019/2020 O Estatuto de autonomía de Galicia recolle a obriga dos poderes públicos de garantir o uso normal do galego e de potenciar o seu emprego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, así como de dispor os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece que as autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino e que a Xunta de Galicia debe estimular as manifestacións culturais en lingua galega e contribuír ao fomento do libro en galego. Por estes motivos, o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia sinala a necesidade de aumentar o emprego do galego nas actividades complementarias e a Administración educativa procura fomentar o seu uso en distintos espazos e situacións de comunicación dos centros educativos, sobre todo a través da acción dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG). Ademais, a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa contempla o logro da competencia nas dúas linguas oficiais das comunidades autónomas con idioma propio como unha das finalidades da educación, xunto coa adquisición de coñecementos técnicos e artísticos que aseguren o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades do alumnado. Ao mesmo tempo, a comunidade educativa é consciente de que as aprendizaxes lingüísticas se fan tamén fóra das aulas de lingua e da importancia que ten, para a adquisición do galego, tanto a lectura neste idioma como a motivación para usalo. Neste sentido, cómpre favorecer unha asociación positiva do alumnado coa lingua galega mediante a súa ligazón con actividades relacionadas coa cultura actual (audiovisual, TIC...), e tamén por medio da vinculación afectiva que dá o uso do idioma no tempo de lecer. En consecuencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación 1 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 2. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal Profesional RESOLVEN: Convocar os premios a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020, de acordo coas seguintes bases: Artigo 1. Obxecto da convocatoria O obxecto desta disposición é convocar tres premios a curtas de animación en galego elaboradas seguindo as pautas do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! e regular o procedemento para a súa concesión. Nós tamén creamos! é un programa conxunto da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Os seus obxectivos son promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lles ofrece ás cativas e aos cativos a sección infantil do web da CRTVG. Artigo 2. Características dos premios: categorías, dotación e recoñecemento Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio: o Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil o Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria o Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria Cada centro premiado nunha destas categorías recibirá un lote de libros de OQOeditora e mais un agasallo da CRTVG, así como un diploma acreditativo. O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia 2 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 3. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. As curtametraxes gañadoras serán emitidas e difundidas, sempre que tecnicamente sexa posible, en distintos programas da CRTVG. Artigo 3. Destinatarios Participarán nesta convocatoria os centros de titularidade pública admitidos no programa Nós tamén creamos!, dentro do Plan Proxecta 2019-2020, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/2020. Tamén poderán participar outros centros educativos de titularidade pública que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil e de primeiro a cuarto cursos de primaria e que soliciten a súa inscrición. Só se poderá presentar unha solicitude por centro, cun límite máximo de 8 docentes participantes e mínimo de 2. Os centros poderán formar un máximo de dous equipos, de 2 a 4 docentes cada un. Polo menos un/ha docente de cada proxecto deberá pertencer ao equipo de dinamización da lingua galega e o resto impartiralle docencia ao alumnado co que se realice a curta de animación. O alumnado participante deberá pertencer a algún dos cursos correspondentes á categoría pola que participa. En caso de poder incluírse en varias categorías, competirá na categoría do estudantado de máis idade do grupo. Artigo 4. Solicitude de participación O profesorado dos centros de titularidade pública admitido no programa Nós tamén creamos! do Plan Proxecta 2019/2020 quedará inscrito de oficio no concurso, de maneira que non necesitará presentar unha solicitude de participación. O resto do profesorado deberá solicitar a súa participación mediante unha instancia (ver anexo), que presentará no Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nos lugares e na forma previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se a solicitude é remitida por correo, presentaraa nun sobre aberto para que o persoal de correos poida selala e facer constar a data antes de certificala. 3 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 4. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal O prazo para solicitar a participación comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/) e rematará o 20 de xaneiro de 2020. Unha vez rematado o prazo de inscrición, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicarán a relación de centros admitidos e excluídos no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e comunicaranlles aos centros a aceptación da súa participación por correo electrónico. Artigo 5. Material e asesoramento Enviaráselles aos centros que, por non estaren inscritos no Plan Proxecta, aínda non recibisen o material, un lote de libros cuxos dereitos de autor lles foron cedidos á Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para este proxecto. Os equipos participantes deberán escoller un destes libros para basearen nel a curta que realicen co alumnado. Durante o proceso de creación, os centros que non están inscritos no Plan Proxecta tamén contarán con asesoramento técnico no enderezo electrónico nostamencreamos@gmail.com e recibirán formación adaptada á temática na que se encadra a convocatoria, en relación coas competencias audiovisuais, tecnolóxicas, dixitais e lingüísticas e coas materias precisas (lingua, guión, iluminación, son) para elaborar unha curta en galego coa técnica stop motion. Artigo 6. Características das curtametraxes As curtametraxes de animación que se presenten ao concurso serán unha adaptación cinematográfica en animación e coa técnica stop motion dalgunha das obras literarias facilitadas aos centros participantes e cuxos dereitos de autor de carácter patrimonial se lles ceden á Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a reelaboración obxecto deste concurso. As músicas e os efectos sonoros que se empreguen deberán ser orixinais, estar libres de dereitos ou ter licenza de uso para o fin educativo que se persegue. As curtas realizaranse coa participación activa do alumnado en todas as fases de elaboración. Esta documentarase cun making off final ou un ficheiro anexo con fotografías ou calquera outra documentación que evidencie a intervención do alumnado ao longo do proceso. 4 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 5. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal As gravacións terán calidade DVD e unha duración máxima de 5 minutos (incluídos os títulos de crédito). O making off non computará no tempo establecido. As curtametraxes tamén incluirán, a modo de información, un espazo de créditos no que recollerán o nome das persoas que participaron na creación da obra (alumnado e profesorado). Engadirán, así mesmo, o logo dos equipos de dinamización da lingua galega e mais unha lenda que indique que esta curtametraxe foi elaborada ao abeiro do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! con fins educativos. Esta lenda deberá manterse na difusión posterior da curta ou na presentación a outros certames. Todos os dereitos de autor de carácter patrimonial derivados da reelaboración da curtametraxe corresponderanlles á Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Artigo 7. Envío das curtametraxes Cada curta deberá presentarse gravada nun DVD ou nunha memoria USB, nun sobre no que tamén se deberá incluír un documento cos seguintes datos: Nome da curta Categoría pola que se presenta Centro educativo que a presenta: Código do centro Nome do centro Enderezo Teléfono Enderezo electrónico Nivel educativo do alumnado participante Certificación da dirección do centro coa listaxe do profesorado participante na curtametraxe: Nome e apelidos DNI con letra Relación co alumnado (p. e. titor/a, profesor/a de Educación Física, membro do equipo de dinamización da lingua galega...) Este sobre dirixirase ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Política Lingüística Rúa San Roque, 2, 1.º andar 15781 Santiago de Compostela 5 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 6. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal No remite indicarase o título do libro, o da curtametraxe e a categoría pola que participa (véxase o artigo 2). A medida que se vaian entregando, as curtas poderán verse na sección Nós tamén creamos! do web infantil da CRTVG: http://www.crtvg.es/infantil. Artigo 8. Prazo de entrega das curtametraxes O prazo para enviar as curtas elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! rematará o 30 de abril de 2020. Artigo 9. Comisión de selección e criterios de valoración 1. Comisión de selección Para a selección das curtametraxes crearase unha comisión que estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, ou a persoa en quen delegue, e integrada polos seguintes membros: a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado ou a persoa en quen delegue b) Unha persoa asesora técnica da Secretaría Xeral de Política Lingüística c) O coordinador ou coordinadora central dos equipos de dinamización da lingua galega d) A persoa representante da CRTVG e) Unha persoa representante de OQOeditora f) Un funcionario ou funcionaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que actuará como secretario ou secretaria, con voz e sen voto. A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles proxectos que coide pertinentes, que poderá estar integrada por persoal asesor de Innovación Educativa e de Política Lingüística, persoal da CRTVG e de OQOeditora. 2. Criterios de valoración Valoraranse os proxectos atendendo aos seguintes criterios: a) Calidade lingüística, expresividade e interpretación na curtametraxe 6 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 7. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal b) Orixinalidade, creatividade e innovación da curtametraxe c) Calidade técnica, estética e artística da curtametraxe Artigo 10. Resolución Logo de analizar as solicitudes presentadas, a Comisión de Selección emitirá a proposta de resolución dirixida ás persoas titulares da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. A resolución conxunta da Secretaría Xeral e da Dirección Xeral publicarase na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/), no prazo máximo de 4 meses contados desde a data de entrega fixada no artigo 8. De non facelo así, as persoas solicitantes deberán entender desestimada a súa solicitude. Artigo 11. Difusión das experiencias e dos materiais elaborados Os traballos premiados serán publicados na pestana Nós tamén creamos! da sección infantil do web da CRTVG (http://www.crtvg.es/infantil) e poderán ser difundidos en diversos programas da cadea. Tamén poderán difundilos a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nos seus webs ou plataformas dixitais de comunicación. A presentación a esta convocatoria implicará para os centros premiados a colaboración en todas as accións de difusión que se organicen, así como a cesión dos dereitos de propiedade intelectual de contido patrimonial en favor dos organismos que convocan. De ser o caso, en todas as accións informativas e divulgativas e nas publicacións que se fagan relacionadas con esta convocatoria ou coas curtametraxes de animación reelaboradas farase constar a colaboración das partes nun lugar destacado e utilizaranse, cando proceda, os logos de cada unha das entidades participantes de acordo coa normativa de identidade corporativa. Artigo 12. Protección de datos No desenvolvemento desta convocatoria respectaranse cantas esixencias establece o 7 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 8. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal Regulamento UE 679/2016 xeral de protección de datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro (BOE 06.12.2018), de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e adoptaranse cantas medidas resulten necesarias para cumprir as súas previsións e, en particular, para garantir a seguridade e integridade dos datos persoais e dos dereitos dixitais e a súa protección fronte a alteracións, perdas, tratamentos ou accesos non autorizados. Serán de aplicación todos os dereitos e obrigas derivados da normativa aplicable en materia de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais. As persoas interesadas poderán acceder aos seus datos, rectificalos e suprimilos, así como exercer outros dereitos nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019 O secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Manuel Corredoira López 8 CVE:xynkkUoA90 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve Asinadopor:GARCIAGOMEZ,VALENTIN Cargo:SecretarioXeral Dataehora:10/12/201911:09:41 Asinadopor:CORREDOIRALOPEZ,MANUEL Cargo:DirectorXeraldeEducación,FormaciónProfe Innov.Educativa Dataehora:10/12/201911:27:26