SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E DA DIRECCIÓN XERAL DE
EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA DA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
POLA QUE SE APROBAN AS BASES E SE CONVOCA O CONCURSO DE CURTAS
SENDA DOS FAROS
A Senda dos Faros é un itinerario de interese paisaxístico contemplado nos instrumen-
tos de ordenación do territorio de Galicia para fomentar o descubrimento de todo o lito-
ral, pór en valor os recursos territoriais e as paisaxes que se van percorrendo. Búsca-
se, ademais, a conexión con outras rutas alternativas que ofrezan un rico patrimonio
cultural e etnográfico.
Consta de 53 etapas que van desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova de
Cerveira (Portugal), e que lle dá continuidade no tramo galego á Senda Europea E9. Á
parte, hai tres etapas insulares (Ons, Cíes e Sálvora).
Para o seu desenvolvemento, asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia
de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o Insti-
tuto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable. A súa aspiración é xe-
rar un modelo de xestión integrado que leve a unha maior identificación da cidadanía
residente coa Senda dos Faros e, así, que poida contribuír a unha estratexia de sus-
tentabilidade.
Por outra banda, a Fundación Energias de Portugal (EDP) ten por misión reforzar o
compromiso do Grupo EDP nos ámbitos xeográficos en que desenvolve a súa activi-
dade, con especial atención ás áreas educativa, cultural, social e ambiental dentro
dunha perspectiva de desenvolvemento sustentable global.
No programa de actuacións e actividades deste convenio contémplase un proceso de
participación da comunidade educativa, de modo que se propoñen distintas activida-
des para realizar cos centros de ensino do territorio polo que discorre a Senda dos Fa-
ros e outros de Galicia que amosen interese na iniciativa.
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Entre todos os valores culturais e naturais que se atopan neste percorrido, a lingua
destaca necesariamente como vehículo de relación e de expresión, como un valor pa-
trimonial común a todos os territorios, un patrimonio que hai que coidar e valorizar.
Por este motivo, dentro do marco do citado convenio, a Secretaría Xeral de Política
Lingüística, como órgano da Consellería de Cultura e Turismo, e a Dirección Xeral de
Educación, Formación e Innovación Educativa, como órgano da Consellería de Edu-
cación, Universidade e Formación Profesional, realizan a seguinte convocatoria.
Artigo 1. Obxecto da convocatoria
O obxecto desta disposición é convocar un premio para vídeos en galego de temática
relacionada coa Senda dos Faros e establecer o procedemento para a súa concesión.
Os seus obxectivos son:
- Pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe,
a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio
polo que atravesa a Senda dos Faros.
- Dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade
educativa.
- Promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega por medio da vinculación
coas tecnoloxías da información e da comunicación.
- Favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes.
- Fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que
favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.
- Estimular a participación e o traballo conxunto entre o alumnado.
Artigo 2. Categorías de participación
Establécese unha única categoría de participación, destinada a vídeos realizados con
alumnado de educación secundaria (ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de
grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio.
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Artigo 3. Características dos premios
Estableceranse os seguintes premios para os centros, en función da categoría
anteriormente sinalada:
PREMIOS DOTACIÓN
1.º PREMIO Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a
visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o
relativo ó festival na xornada de proxección das curtas.
Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega.
Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos/as)
Figura e diploma acreditativo con mención ao primeiro premio
2.º PREMIO Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a
visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o
relativo ó festival na xornada de visionado das curtas.
Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos/as)
Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega.
Figura e diploma acreditativo con mención ao segundo premio
3.º PREMIO Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a
visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o
relativo ó festival na xornada de visionado das curtas.
Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos)
Cheque-regalo de 200 € para material audiovisual ou literario en lingua galega.
Figura e diploma acreditativo con mención ao terceiro premio
PREMIO DO
PÚBLICO
Figura e diploma acreditativo
PREMIO Á
MELLOR ACTRIZ
Figura e diploma acreditativo
PREMIO AO
MELLOR ACTOR
Figura e diploma acreditativo
Os premios poderán quedar desertos, en caso de non presentaren a calidade
suficiente para os outorgar.
A entrega dos galardóns realizarase nun acto público na Cidade da Cultura, nunha
gala que se celebrará a finais do mes de maio de 2020. Os gañadores daranse a
coñecer nesta mesma gala, onde se proxectarán as curtas finalistas e a curta
premiada polo público.
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Artigo 4. Destinatarios
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas sostidas
con fondos públicos: ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato,
formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas
especiais de grao medio.
Cada centro poderá presentar un máximo de dous vídeos.
O alumnado participará en grupo, cun mínimo de dous integrantes.
En cada un dos traballos presentados debe haber unha persoa docente que exerza
como responsable da xestión dos contidos, das imaxes e do son do vídeo que se
presente.
A/O docente responsable dos vídeos galardoados co 1.º, 2.º e 3.º premio recibirá unha
certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de
formación permanente do profesorado. En caso de ser responsable de máis dun
vídeo, só poderá recibir unha certificación.
Artigo 5. Solicitude de participación
A solicitude de participación formalizaraa a directora ou o director do centro,
segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria. Deberaa enviar por
correo electrónico ao seguinte enderezo: curtas@sendadosfaros.gal.
No asunto indicarase “Concurso Senda dos Faros” e o nome do centro.
Presentarase unha solicitude diferente para cada vídeo.
Artigo 6. Prazo
O prazo para solicitar a participación comezará o día seguinte ao da publicación
desta convocatoria nos webs da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade
e Formación Profesional e rematará o 30 de xaneiro de 2020.
A data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Artigo 7. Forma de presentación dos vídeos
Os vídeos enviaranse a través de Velaquí ou We Transfer a
curtas@sendadosfaros.gal.
Incluirase no envío un documento cos seguintes datos (anexos I e II):
- Título do vídeo.
- Centro educativo que o presenta: nome, código, enderezo, teléfono,
enderezo electrónico.
- Certificación da dirección do centro que inclúa a listaxe do alumnado e do
profesorado participante.
Artigo 8. Características dos vídeos
Os vídeos deben estar realizados integramente en lingua galega e a súa temática
estará relacionada coa Senda dos Faros, entendida como unha viaxe
multidimensional polas múltiples facetas do territorio litoral de Galicia. É unha
inmersión na súa gastronomía, na súa cultura e nos seus espazos naturais; é un
lugar de encontro coa súa xente, baixo o filtro da elevada diversidade e
heteroxeneidade das paisaxes que vai atravesando (amplíase a información sobre a
Senda dos Faros no anexo III).
A modalidade dos traballos é libre (curtametraxes, dramatizacións, videoclips etc.) e
admitiranse distintas técnicas de elaboración (animación, stop motion, cámara
rápida...). Realizaranse coa participación activa do alumnado en todas as fases de
elaboración.
Poderán ser creados con calquera dispositivo electrónico de boa calidade (teléfono
móbil, cámara de vídeo, cámara fotográfica, tableta...). Realizaranse en horizontal,
en cor ou en branco e negro, e terán unha duración máxima de 5 minutos (incluídos
os títulos de crédito).
Presentaranse en formato dixital, preferiblemente en formato mp4, con resolución
para web (mínimo 1.280 x 720 píxeles). Se isto non for posible, tamén se admitirán
en mpg, mov, avi, wmv e epub3.
Incluirán un espazo de créditos no que indicarán o nome do centro e o do concurso e
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
engadirán nun lugar visible os logos da Xunta de Galicia, Galicia “o bo camiño”,
Xacobeo 2021, Senda dos Faros, Fundación Galicia Sustentable e Fundación EDP.
Estes logos, xunto coas indicacións para o seu uso, serán enviados aos centros que
se inscriban, unha vez rematado o prazo para solicitar a participación.
A banda sonora, a música, os efectos sonoros e as imaxes que se empreguen
deberán ser orixinais, estar libres de dereitos ou ter licenza de uso para o fin
educativo que se persegue.
As obras elaboraranse e difundiranse baixo a licenza «Creative Commons», que
combine as propiedades «recoñecemento», «non comercial» e «compartir igual».
O centro deberá contar coa autorización da nai, o pai ou representante legal do
alumnado menor de idade participante para usar a súa imaxe no vídeo e nas accións de
difusión derivadas en webs, redes sociais etc., sempre con fins educativos.
Artigo 9. Procedemento de selección
Para a selección dos vídeos gañadores constituirase un xurado que estará integrado
polos seguintes membros:
- A persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística,
ou a persoa en quen delegue, que actuará como presidenta.
- Unha persoa asesora técnica da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Unha persoa asesora técnica da Subdirección Xeral de Ordenación e
Innovación Educativa e Formación do Profesorado.
- Unha persoa especialista do sector audiovisual.
- Unha persoa en representación do Festival de Cans.
- Dúas persoas en representación das seguintes entidades: Axencia de Turismo de
Galicia, Instituto de Estudios do Territorio, Agader, Fundación Galicia Sustentable e
Fundación EDP.
Previamente, unha comisión formada por membros da Fundación Galicia
Sustentable preseleccionará as curtas que cumpren cos criterios establecidos. Estas
serán as que pasen á fase de concurso.
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Na fase de concurso, o xurado elixirá as tres curtas premiadas, así como os premios
á mellor actriz e ao mellor actor.
O premio do público outorgarase por votación popular, entre os vídeos que pasen á
fase de concurso, a través dunha plataforma habilitada para tal efecto e que estará
operativa desde o 1 ata o 30 de abril de 2020.
Os vídeos valoraranse atendendo aos seguintes criterios:
- Calidade lingüística oral e escrita.
- Orixinalidade, creatividade e innovación.
- Calidade técnica, estética e artística.
- Capacidade da obra de dar a coñecer a Senda dos Faros.
- Potenciación dos valores democráticos (integración, inclusión social, amizade, non-
violencia, igualdade de xénero, solidariedade...).
O xurado poderá desbotar aquelas producións cuxo contido non se axuste ás bases
ou que promovan unha mensaxe ofensiva, violenta ou discriminatoria.
Artigo 10. Difusión das experiencias e dos materiais elaborados
A presentación a este certame implicará, no caso dos traballos premiados, a
colaboración nas accións de difusión que se organicen.
As entidades integrantes do Convenio de colaboración (Axencia de Turismo de
Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio e Fundación Galicia Sustentable)
así como as entidades involucradas neste certame (Fundación EDP, Secretaría Xeral
de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional) poderán difundir os vídeos participantes e
gañadores nos webs ou plataformas dixitais de comunicación que consideren
oportuno.
En todas as accións informativas e divulgativas e nas publicacións relacionadas con
esta convocatoria ou cos vídeos elaborados, farase constar nun lugar destacado que a
iniciativa deriva do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia,
Agader, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación Galicia Sustentable
para o desenvolvemento da Senda dos Faros e utilizaranse, cando proceda, os
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
logotipos correspondentes.
Artigo 11. Protección de datos
No desenvolvemento desta convocatoria respectaranse cantas esixencias establece o
Regulamento UE 679/2016 xeral de protección de datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5
de decembro (BOE 06.12.2018), de protección de datos persoais e garantía dos dereitos
dixitais e adoptaranse cantas medidas resulten necesarias para cumprir as súas
previsións e, en particular, para garantir a seguridade e integridade dos datos persoais e
dos dereitos dixitais e a súa protección fronte a alteracións, perdas, tratamentos ou
accesos non autorizados.
Serán de aplicación todos os dereitos e obrigas derivados da normativa aplicable en
materia de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais.
As persoas interesadas poderán acceder aos seus datos, rectificalos e suprimilos, así
como exercer outros dereitos nos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 12. Solicitude de información
Os centros inscritos poderán obter máis información sobre a Senda dos Faros no web
do proxecto (www.sendadosfaros.gal) ou mediante unha solicitude na través do seguinte
enderezo electrónico: curtas@sendadosfaros.gal.
Artigo 13. Aceptación das bases
A participación neste concurso implica a aceptación total das súas bases.
A organización reserva para si o dereito a interpretar as bases deste certame sempre e
cando sexa necesario para o seu bo desenvolvemento.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019
O secretario xeral de Política Lingüística O director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa
Valentín García Gómez Manuel Corredoira López
Colaboran
CVE:SjmefR12a1
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Asinadopor:GARCIAGOMEZ,VALENTIN
Cargo:SecretarioXeral
Dataehora:27/11/201909:49:22
Asinadopor:CORREDOIRALOPEZ,MANUEL
Cargo:DirectorXeraldeEducación,FormaciónProfe
Innov.Educativa
Dataehora:27/11/201914:50:12

More Related Content

Similar to Senda dos-faros-convocatoria

Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020satelite1
 
Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2satelite1
 
Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Concurso letras galegas 2010
Concurso letras galegas 2010Concurso letras galegas 2010
Concurso letras galegas 2010satelite1
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio oksatelite1
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxecenlf
 
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010satelite1
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 
Axudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesAxudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesodesvanmarita
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016satelite1
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012satelite1
 
Basescertame
BasescertameBasescertame
Basescertamesatelite1
 

Similar to Senda dos-faros-convocatoria (20)

Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020
 
Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2
 
Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Concurso letras galegas 2010
Concurso letras galegas 2010Concurso letras galegas 2010
Concurso letras galegas 2010
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio ok
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
 
Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Tarefa4
Tarefa4Tarefa4
Tarefa4
 
Tarefa4
Tarefa4Tarefa4
Tarefa4
 
Axudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesAxudas campamentos ingles
Axudas campamentos ingles
 
V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3
 
V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3V clmntk gallego a3
V clmntk gallego a3
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
 
Basescertame
BasescertameBasescertame
Basescertame
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Senda dos-faros-convocatoria

  • 1. RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE APROBAN AS BASES E SE CONVOCA O CONCURSO DE CURTAS SENDA DOS FAROS A Senda dos Faros é un itinerario de interese paisaxístico contemplado nos instrumen- tos de ordenación do territorio de Galicia para fomentar o descubrimento de todo o lito- ral, pór en valor os recursos territoriais e as paisaxes que se van percorrendo. Búsca- se, ademais, a conexión con outras rutas alternativas que ofrezan un rico patrimonio cultural e etnográfico. Consta de 53 etapas que van desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova de Cerveira (Portugal), e que lle dá continuidade no tramo galego á Senda Europea E9. Á parte, hai tres etapas insulares (Ons, Cíes e Sálvora). Para o seu desenvolvemento, asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o Insti- tuto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable. A súa aspiración é xe- rar un modelo de xestión integrado que leve a unha maior identificación da cidadanía residente coa Senda dos Faros e, así, que poida contribuír a unha estratexia de sus- tentabilidade. Por outra banda, a Fundación Energias de Portugal (EDP) ten por misión reforzar o compromiso do Grupo EDP nos ámbitos xeográficos en que desenvolve a súa activi- dade, con especial atención ás áreas educativa, cultural, social e ambiental dentro dunha perspectiva de desenvolvemento sustentable global. No programa de actuacións e actividades deste convenio contémplase un proceso de participación da comunidade educativa, de modo que se propoñen distintas activida- des para realizar cos centros de ensino do territorio polo que discorre a Senda dos Fa- ros e outros de Galicia que amosen interese na iniciativa. Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 2. Entre todos os valores culturais e naturais que se atopan neste percorrido, a lingua destaca necesariamente como vehículo de relación e de expresión, como un valor pa- trimonial común a todos os territorios, un patrimonio que hai que coidar e valorizar. Por este motivo, dentro do marco do citado convenio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, como órgano da Consellería de Cultura e Turismo, e a Dirección Xeral de Educación, Formación e Innovación Educativa, como órgano da Consellería de Edu- cación, Universidade e Formación Profesional, realizan a seguinte convocatoria. Artigo 1. Obxecto da convocatoria O obxecto desta disposición é convocar un premio para vídeos en galego de temática relacionada coa Senda dos Faros e establecer o procedemento para a súa concesión. Os seus obxectivos son: - Pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros. - Dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa. - Promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación. - Favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes. - Fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas. - Estimular a participación e o traballo conxunto entre o alumnado. Artigo 2. Categorías de participación Establécese unha única categoría de participación, destinada a vídeos realizados con alumnado de educación secundaria (ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio. Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 3. Artigo 3. Características dos premios Estableceranse os seguintes premios para os centros, en función da categoría anteriormente sinalada: PREMIOS DOTACIÓN 1.º PREMIO Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o relativo ó festival na xornada de proxección das curtas. Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega. Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos/as) Figura e diploma acreditativo con mención ao primeiro premio 2.º PREMIO Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o relativo ó festival na xornada de visionado das curtas. Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos/as) Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega. Figura e diploma acreditativo con mención ao segundo premio 3.º PREMIO Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o relativo ó festival na xornada de visionado das curtas. Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos) Cheque-regalo de 200 € para material audiovisual ou literario en lingua galega. Figura e diploma acreditativo con mención ao terceiro premio PREMIO DO PÚBLICO Figura e diploma acreditativo PREMIO Á MELLOR ACTRIZ Figura e diploma acreditativo PREMIO AO MELLOR ACTOR Figura e diploma acreditativo Os premios poderán quedar desertos, en caso de non presentaren a calidade suficiente para os outorgar. A entrega dos galardóns realizarase nun acto público na Cidade da Cultura, nunha gala que se celebrará a finais do mes de maio de 2020. Os gañadores daranse a coñecer nesta mesma gala, onde se proxectarán as curtas finalistas e a curta premiada polo público. Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 4. Artigo 4. Destinatarios Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio. Cada centro poderá presentar un máximo de dous vídeos. O alumnado participará en grupo, cun mínimo de dous integrantes. En cada un dos traballos presentados debe haber unha persoa docente que exerza como responsable da xestión dos contidos, das imaxes e do son do vídeo que se presente. A/O docente responsable dos vídeos galardoados co 1.º, 2.º e 3.º premio recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado. En caso de ser responsable de máis dun vídeo, só poderá recibir unha certificación. Artigo 5. Solicitude de participación A solicitude de participación formalizaraa a directora ou o director do centro, segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria. Deberaa enviar por correo electrónico ao seguinte enderezo: curtas@sendadosfaros.gal. No asunto indicarase “Concurso Senda dos Faros” e o nome do centro. Presentarase unha solicitude diferente para cada vídeo. Artigo 6. Prazo O prazo para solicitar a participación comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria nos webs da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e no Portal Educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e rematará o 30 de xaneiro de 2020. A data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020. Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 5. Artigo 7. Forma de presentación dos vídeos Os vídeos enviaranse a través de Velaquí ou We Transfer a curtas@sendadosfaros.gal. Incluirase no envío un documento cos seguintes datos (anexos I e II): - Título do vídeo. - Centro educativo que o presenta: nome, código, enderezo, teléfono, enderezo electrónico. - Certificación da dirección do centro que inclúa a listaxe do alumnado e do profesorado participante. Artigo 8. Características dos vídeos Os vídeos deben estar realizados integramente en lingua galega e a súa temática estará relacionada coa Senda dos Faros, entendida como unha viaxe multidimensional polas múltiples facetas do territorio litoral de Galicia. É unha inmersión na súa gastronomía, na súa cultura e nos seus espazos naturais; é un lugar de encontro coa súa xente, baixo o filtro da elevada diversidade e heteroxeneidade das paisaxes que vai atravesando (amplíase a información sobre a Senda dos Faros no anexo III). A modalidade dos traballos é libre (curtametraxes, dramatizacións, videoclips etc.) e admitiranse distintas técnicas de elaboración (animación, stop motion, cámara rápida...). Realizaranse coa participación activa do alumnado en todas as fases de elaboración. Poderán ser creados con calquera dispositivo electrónico de boa calidade (teléfono móbil, cámara de vídeo, cámara fotográfica, tableta...). Realizaranse en horizontal, en cor ou en branco e negro, e terán unha duración máxima de 5 minutos (incluídos os títulos de crédito). Presentaranse en formato dixital, preferiblemente en formato mp4, con resolución para web (mínimo 1.280 x 720 píxeles). Se isto non for posible, tamén se admitirán en mpg, mov, avi, wmv e epub3. Incluirán un espazo de créditos no que indicarán o nome do centro e o do concurso e Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 6. engadirán nun lugar visible os logos da Xunta de Galicia, Galicia “o bo camiño”, Xacobeo 2021, Senda dos Faros, Fundación Galicia Sustentable e Fundación EDP. Estes logos, xunto coas indicacións para o seu uso, serán enviados aos centros que se inscriban, unha vez rematado o prazo para solicitar a participación. A banda sonora, a música, os efectos sonoros e as imaxes que se empreguen deberán ser orixinais, estar libres de dereitos ou ter licenza de uso para o fin educativo que se persegue. As obras elaboraranse e difundiranse baixo a licenza «Creative Commons», que combine as propiedades «recoñecemento», «non comercial» e «compartir igual». O centro deberá contar coa autorización da nai, o pai ou representante legal do alumnado menor de idade participante para usar a súa imaxe no vídeo e nas accións de difusión derivadas en webs, redes sociais etc., sempre con fins educativos. Artigo 9. Procedemento de selección Para a selección dos vídeos gañadores constituirase un xurado que estará integrado polos seguintes membros: - A persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, ou a persoa en quen delegue, que actuará como presidenta. - Unha persoa asesora técnica da Secretaría Xeral de Política Lingüística. - Unha persoa asesora técnica da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado. - Unha persoa especialista do sector audiovisual. - Unha persoa en representación do Festival de Cans. - Dúas persoas en representación das seguintes entidades: Axencia de Turismo de Galicia, Instituto de Estudios do Territorio, Agader, Fundación Galicia Sustentable e Fundación EDP. Previamente, unha comisión formada por membros da Fundación Galicia Sustentable preseleccionará as curtas que cumpren cos criterios establecidos. Estas serán as que pasen á fase de concurso. Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 7. Na fase de concurso, o xurado elixirá as tres curtas premiadas, así como os premios á mellor actriz e ao mellor actor. O premio do público outorgarase por votación popular, entre os vídeos que pasen á fase de concurso, a través dunha plataforma habilitada para tal efecto e que estará operativa desde o 1 ata o 30 de abril de 2020. Os vídeos valoraranse atendendo aos seguintes criterios: - Calidade lingüística oral e escrita. - Orixinalidade, creatividade e innovación. - Calidade técnica, estética e artística. - Capacidade da obra de dar a coñecer a Senda dos Faros. - Potenciación dos valores democráticos (integración, inclusión social, amizade, non- violencia, igualdade de xénero, solidariedade...). O xurado poderá desbotar aquelas producións cuxo contido non se axuste ás bases ou que promovan unha mensaxe ofensiva, violenta ou discriminatoria. Artigo 10. Difusión das experiencias e dos materiais elaborados A presentación a este certame implicará, no caso dos traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen. As entidades integrantes do Convenio de colaboración (Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio e Fundación Galicia Sustentable) así como as entidades involucradas neste certame (Fundación EDP, Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) poderán difundir os vídeos participantes e gañadores nos webs ou plataformas dixitais de comunicación que consideren oportuno. En todas as accións informativas e divulgativas e nas publicacións relacionadas con esta convocatoria ou cos vídeos elaborados, farase constar nun lugar destacado que a iniciativa deriva do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación Galicia Sustentable para o desenvolvemento da Senda dos Faros e utilizaranse, cando proceda, os Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 8. logotipos correspondentes. Artigo 11. Protección de datos No desenvolvemento desta convocatoria respectaranse cantas esixencias establece o Regulamento UE 679/2016 xeral de protección de datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro (BOE 06.12.2018), de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e adoptaranse cantas medidas resulten necesarias para cumprir as súas previsións e, en particular, para garantir a seguridade e integridade dos datos persoais e dos dereitos dixitais e a súa protección fronte a alteracións, perdas, tratamentos ou accesos non autorizados. Serán de aplicación todos os dereitos e obrigas derivados da normativa aplicable en materia de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais. As persoas interesadas poderán acceder aos seus datos, rectificalos e suprimilos, así como exercer outros dereitos nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Artigo 12. Solicitude de información Os centros inscritos poderán obter máis información sobre a Senda dos Faros no web do proxecto (www.sendadosfaros.gal) ou mediante unha solicitude na través do seguinte enderezo electrónico: curtas@sendadosfaros.gal. Artigo 13. Aceptación das bases A participación neste concurso implica a aceptación total das súas bases. A organización reserva para si o dereito a interpretar as bases deste certame sempre e cando sexa necesario para o seu bo desenvolvemento. Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019 O secretario xeral de Política Lingüística O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Valentín García Gómez Manuel Corredoira López Colaboran CVE:SjmefR12a1 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve Asinadopor:GARCIAGOMEZ,VALENTIN Cargo:SecretarioXeral Dataehora:27/11/201909:49:22 Asinadopor:CORREDOIRALOPEZ,MANUEL Cargo:DirectorXeraldeEducación,FormaciónProfe Innov.Educativa Dataehora:27/11/201914:50:12