SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
CONCURSO – EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2010


A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas,
convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e
lingua do autor homenaxeado en 2010, Uxío Novoneyra, e/ou sobre a situación
sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.


Obxectivos:
1. Potenciar o estudo da obra e da época de Uxío Novoneyra.


2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica.


3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación
e normalización da lingua galega.


4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración
interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do
alumnado.


5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa
sobre a figura deste autor.


6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa
divulgación como referentes para outros centros.
Bases:
1. Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade
da Consellería de Educación: públicos e privados, escolas unitarias e de ensino
primario, centros rurais agrupados, centros de ensino secundario, centros
integrados, escolas oficiais de idiomas, centros de educación de adultos...


2. Establécense dúas categorías: a) Centros de educación infantil e primaria; b)
Os restantes. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil,
primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías.


3. A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída
en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior, como centros de ensino, centros
de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da
cultura, entre outros. Nela figurarán o logo da Secretaría Xeral de Política
Lingüística e o nome do centro gañador.


4. Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán
cadanseu premio en metálico por un importe de 4.000 €.


5. Os premios poderán, se a calidade dos traballos presentados non fose a
axeitada, declararse desertos.


6. O eixe temático da exposición será a obra e a época de Uxío Novoneyra,
observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico
sexa só un motivo para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.


7. O traballo será interdepartamental e na súa elaboración deberán estar
implicados un mínimo de cinco seminarios. No caso dos centros de educación
primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos.
8. Valorarase especialmente a inclusión de actividades dirixidas a distintos
ámbitos de coñecemento, ademais das correspondentes aos seminarios
implicados.


9. A exposición constará de 15 carteis de 70 x 100.


10. A técnica para utilizar é libre e os traballos poderanse presentar a toda cor.


11. Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa
observación e que fomenten o labor de investigación do alumnado. Xuntaranse á
exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 25
páxinas.


12. Os traballos entregaranse en formato dixital .pdf ou .jpg, cunha resolución
entre 72 e 100 píxeles/polgada, modo de cor cmyk, acompañado da reprodución
impresa dun dos carteis, no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas
delegacións provinciais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común. Presentaranse baixo un pseudónimo ou lema
identificador. Os datos do centro e os do grupo de traballo introduciranse nunha
plica. No exterior desta figurará unicamente un pseudónimo ou un lema da
exposición.
Os traballos que resulten premiados deberán ser reenviados á Secretaría Xeral de
Política Lingüística en formato dixital .pdf ou .jpg, cunha resolución de 300
píxeles/polgada.


13. O prazo de presentación remata o día 8 de febreiro.


14. A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera
responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación
vixente en materia de propiedade intelectual na que poidan incorrer os/as
participantes.


15. A Secretaría Xeral de Política Lingüística resérvase o dereito a organizar
exposicións e/ou a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido dos
traballos presentados por calquera medio que se considere oportuno, sen máis
limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril,
polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual.


16. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá desenvolver as accións que
considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados das
categorías incluídas nesta convocatoria.


17. A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría
Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia
derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable.

More Related Content

Similar to Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010

Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020satelite1
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionsatelite1
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOMredemuseisticalugo
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriasatelite1
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescolasatelite1
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18satelite1
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxecenlf
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosrmplugo
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020satelite1
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 

Similar to Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010 (20)

Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoria
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescola
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18
 
Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)Ciconi@ 20 (galego)
Ciconi@ 20 (galego)
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todos
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010

  • 1. CONCURSO – EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2010 A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2010, Uxío Novoneyra, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. Obxectivos: 1. Potenciar o estudo da obra e da época de Uxío Novoneyra. 2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica. 3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega. 4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado. 5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura deste autor. 6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para outros centros.
  • 2. Bases: 1. Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación: públicos e privados, escolas unitarias e de ensino primario, centros rurais agrupados, centros de ensino secundario, centros integrados, escolas oficiais de idiomas, centros de educación de adultos... 2. Establécense dúas categorías: a) Centros de educación infantil e primaria; b) Os restantes. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías. 3. A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior, como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros. Nela figurarán o logo da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o nome do centro gañador. 4. Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por un importe de 4.000 €. 5. Os premios poderán, se a calidade dos traballos presentados non fose a axeitada, declararse desertos. 6. O eixe temático da exposición será a obra e a época de Uxío Novoneyra, observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico sexa só un motivo para abordar unha realidade complexa e heteroxénea. 7. O traballo será interdepartamental e na súa elaboración deberán estar implicados un mínimo de cinco seminarios. No caso dos centros de educación primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos.
  • 3. 8. Valorarase especialmente a inclusión de actividades dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento, ademais das correspondentes aos seminarios implicados. 9. A exposición constará de 15 carteis de 70 x 100. 10. A técnica para utilizar é libre e os traballos poderanse presentar a toda cor. 11. Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa observación e que fomenten o labor de investigación do alumnado. Xuntaranse á exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 25 páxinas. 12. Os traballos entregaranse en formato dixital .pdf ou .jpg, cunha resolución entre 72 e 100 píxeles/polgada, modo de cor cmyk, acompañado da reprodución impresa dun dos carteis, no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Presentaranse baixo un pseudónimo ou lema identificador. Os datos do centro e os do grupo de traballo introduciranse nunha plica. No exterior desta figurará unicamente un pseudónimo ou un lema da exposición. Os traballos que resulten premiados deberán ser reenviados á Secretaría Xeral de Política Lingüística en formato dixital .pdf ou .jpg, cunha resolución de 300 píxeles/polgada. 13. O prazo de presentación remata o día 8 de febreiro. 14. A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación
  • 4. vixente en materia de propiedade intelectual na que poidan incorrer os/as participantes. 15. A Secretaría Xeral de Política Lingüística resérvase o dereito a organizar exposicións e/ou a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido dos traballos presentados por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual. 16. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá desenvolver as accións que considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados das categorías incluídas nesta convocatoria. 17. A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable.