SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Historia de España Composición Sexenio Democrático 
A revolución de setembro de 1868, que os seus protagonistas chamaron a “Gloriosa”, 
significou o final da monarquía de Isabel e o inicio do Sexenio Democrático (1868-1874). Este 
novo período da historia de España foi a derradeira etapa da revolución liberal e representou 
un intento de ampliar o liberalismo e instaurar a democracia pero aqueles anos estiveron 
cheos de conflitos. A rexencia, a monarquía democrática de Amadeo de Savoia e máis adiante 
a República non puideron dotar ao sistema dunha certa estabilidade, fracasando o intento de 
modernización política e conducindo á Restauración dos Borbóns na persoa de Alfonso XII. 
Os catro documentos de fonte primaria e carácter político reflexan os feitos máis destacados 
destes convulsos seis anos. 
Para poder entender o Sexenio, antes debemos situarnos no final do reinado de Isabel II. 
Durante o período isabelino desenvolveuse en España o proceso de construción liberal pero 
unha serie de problemas dificultaron a consolidación dun sistema político parlamentario 
verdadeiramente representativo. O favoritismo cara aos moderados distorsionou a 
alternancia no poder e a miúdo o cambio de partido gobernante non foi o resultado dunhas 
eleccións senón dun pronunciamento militar ou revolta popular. Ademais, o sufraxio 
censatario e a manipulación das eleccións deixaban o sistema político en mans dunha minoría 
e nas distintas camarillas políticas. Todos estes problemas atoparon o seu punto culminante 
no último goberno moderado (1863-1868) caracterizado polo forte autoritarismo e pola 
grave crise económica. A crise económica a escala europea fixo acto de presenza na economía 
española na crise financeira e de subsistencias. A primeira atopa as súas causas na crise do 
sector ferroviario e téxtil da industria catalá, a segunda é provocada pola escaseza de trigo. A 
recesión económica instalábase no último goberno do reinado de Isabel II provocando un 
forte incremento de paro e da inestabilidade social. 
O forte autoritarismo moderado deterioraba cada vez máis a política española. Os primeiros 
síntomas de descontento chegaron da man dos progresistas a través do pronunciamento do 
sarxentos de San Gil que fracasou no seu intento. Ante a imposibilidade de acceder ao poder a 
través de eleccións, o Partido Progresista ,dirixido por Prim, e o Partido Demócrata asinarán 
o Pacto de Ostende (1867) coa finalidade de poñerlle fin á monarquía isabelina e deixar a 
nova forma de goberno en mans dunhas Cortes constituíntes que sería escollidas por sufraxio 
universal. Con posterioridade uníronse ao devandito pacto os unionistas de Serrano, o que 
favorecía a presenza de altos mandos do exército na Gloriosa revolución. 
O 19 de setembro de 1868 as tropas dirixidas por Juan Bautista Topete álzanse contra o 
goberno e a raíña, o punto culminante terá lugar na batalla da Ponte de Alcolea na que as 
tropas isabelinas son derrotadas . Mentras nas cidade as forzas populares urbanas dirixidas 
por progresistas, demócratas e republicanos constituíron as Xuntas revolucionarias (Doc1) 
cuxas consignas básicas eran o final da monarquía <<(..Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a 
soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”..).>>, a soberanía nacional e o establecemento do 
sufraxio universal (<<…Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio 
universal…>>), a separación da Igrexa e do Estado e a proclamación da república. Estas 
propostas das Xuntas non eran compartidas polos dirixentes unionistas e progresistas, que xa 
viran cumprido o obxectivo de acabar coa monarquía isabelina e o goberno moderado. 
O novo goberno provisional ,xurdido trala Gloriosa, fíxose con control das Xuntas 
revolucionarias e nomeuse a Serrano como rexente e a Prim como xefe de goberno, de novo o 
poder estaba nas mans dos liberais. As primeiras medidas foi a promulgación dunha serie de 
decretos (liberdade de imprenta, sufraxio universal….) e a convocatoria de eleccións a Cortes 
Constituíntes. As eleccións, as primeiras en España que recoñeceron o sufraxio universal 
masculino, déronlle a vitoria a progresistas e unionistas, quedando moi afastados os 
demócratas. A primeira gran medida foi a redacción dunha nova Constitución. 
A Consitución de 1869 (Doc 2) é a primeira baseada no liberalismo democrático. As súas 
características principais son: defende a soberanía nacional (Art 32.), establece a división de 
1
Historia de España Composición Sexenio Democrático 
poderes en: lexislativo nas Cortes Bicamerais (Art 34.), o executivo no monarca e os ministros 
(Art 35.) e o xudicial nos tribunais de xustiza (Art 36.). En canto ao sufraxio e á 
confesionalidade do Estado, establece o universal masculino para maiores de 25 anos e a 
confesión católica pero permítense outros cultos. Finalmente a constitución estableceu un 
amplo réxime de dereitos e liberdades (Art 17.) propios dunha democracia. 
Proclamada a Constitución, o goberno continuou a súa labor reformista centrándose na 
modernización económica. A política levada a cabo caracterizouse pola defensa do 
librecambismo e pola apertura do mercado español á entrada de capital estranxeiro. Estes 
obxectivos tiveron a súa plasmación na establecemento da peseta como unidade monetaria, a 
Lei de Minas, a Lei de Bases Arancelarias… 
A Constitución de 1869 establecía, como forma de goberno, unha monarquía democrática, 
polo tanto a principal tarefa era atopar un novo monarca. Prim foi o encargado de buscar 
candidato para o trono español que non alterase as relacións internacionais e respectase o 
novo réxime nacido trala Gloriosa. O candidato elixido foi Amadeo de Savoia, un home cunha 
concepción democrática da monarquía e membro da dinastía artífice da unificación de Italia. 
O reinado de Amadeo de Savoia (1870-1873) foi un auténtico fracaso vítima dunha continua 
inestabilidade. O reinado iniciase marcado pola tráxica norte de Prim tres días antes de ser 
coroado e polos escasos apoios políticos, só gozaba contaba coa coalición de goberno formada 
por progresistas, unionistas e demócrata. 
Amadeo I contou dende o principio coa oposición dos moderados que continuaban fieis aos 
Borbóns, agora na figura do futuro Alfonso XII. A Igrexa que vira tocada os seus privilexios 
trala aprobación da Constitución de 1869, mantivo unha actitude hostil. Os carlistas con 
Carlos VII aproveitaron para reanudar a súa loita armada no País Vasco, Navarra e Cataluña, 
aínda que non chegaron a constituír un verdadeiro perigo, converteuse nun foco de 
inestabilidade. Os sectores republicanos e grupos populares descontentos cos éxitos 
alcanzados pola Gloriosa, amosaron a súa oposición á nova monarquía a través de 
insurreccións de carácter federalista e anarquistas. Paralelamente a estes problemas 
internos, dende o exterior a Guerra dos Dez Anos en Cuba unirase á permanente 
inestabilidade da monarquía. 
A crise final do reinado virá da man da desintegración da coalición gobernamental 
(unionistas, progresistas e demócratas) motivada pola constante inestabilidade dos 
gobernos. Finalmente, privado de todo apoio, Amadeo de Savoia (Doc3) presentou a súa 
renuncia <<(… “Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en 
constante loita, vendo cada día máis distante a era de paz que tanto desexo (...)…)>> 
deixando constancia dos problemas que azoutaban ao país anteriormente enumerados 
Tralo fracaso da solución monárquica, a proclamación da Primeira República española foi a 
saída máis doada. A primeira experiencia republicana naceu un 11 de febrero de 1873 
presidida por Estalisnao Figueras, sen embargo o novo sistema non contaba cun apoio 
político real no interior nin no exterior . No interior a gran parte dos integrantes das Cortes 
eran monárquicos e no contexto internacional non gozaba do apoio das grandes potencias 
estranxeiras agás EEUU. Sen embargo foi recibida con entusiasmo polas clases populares que 
viron a oportunidade dun cambio social que non se acadara coa Gloriosa. Estas aspiracións 
foron rapidamente controladas polos dirixentes republicanos que disolveron as Xuntas e 
reprimiron as revoltas populares. 
Os primeiro pasos da nova República viñeron dados coa convocatoria de Cortes Constituíntes. 
A vitoria foi para os republicanos federais pero débese destacar que máis da metade do 
electorado se abstivo. Estalisnao Figueras converteuse no presidente da República 
2
Historia de España Composición Sexenio Democrático 
Democrática Federal pero o seu mandato foi efímero pasando o goberno ás mans de 
Francisco Pi y Margall, que quedou encargado de elaborar unha Constitución federal para 
España. 
A Constitución Republicana Federal de 1873 (Do4) foi un proxecto que pretendeu emprender 
importantes reformas, pero os poucos meses que durou a experiencia republicana non 
permitiron o seu desenvolvemento. O novo texto continuaba o camiño marcado pola 
Constitución de 1869. A súa principal novidade era a estrutura de Estado Federal (Art 39), a 
nación española estaba composta por dezasete Estados (Art 1), entre eles Cuba, e declaraba 
que o poder emanaba de tres niveis: municipios, Estados rexionais e Estado Federal. En canto 
ás súas principais características: sancionaba a soberanía nacional (Art 42), establecíase a 
división de poderes (Art 45) en lexislativo exercido polas Cortes bicamerais, o executivo polo 
presidente e os ministros e o xudicial polos tribunais. O sufraxio fixado (Art 42) era universal 
masculino, por primeira vez declarábase a liberdade de culto e a separación de Igrexa-Estado 
e a relación de dereitos e deberes recollidos seguía a tendencia marcada pola Constitución de 
1969. 
A primeira experiencia república estivo marcada polos graves problemas (carlismo, a guerra 
de Cuba o cantonalismo) que condicionaron toda a actividade política. A insurrección carlista 
animouse co nacemento da República, prolongándose ate o ano 1876. No exterior, a guerra 
continuaba na illa cubana e a solución de incorporala ao Estado Federal non conseguiu 
solucionar os problemas na illa. Pero foi o conflito cantonal o que con máis forza fixo 
tambalear á nova república poñendo tamén de manifesto as divisións internas entres os 
republicanos. 
O cantonalismo era un fenómeno complexo no que se mesturaban as aspiracións 
autonomistas dos republicanos federais intransixentes coas as aspiracións revolucionarias 
anarquistas chegadas a España da man da Internacional. En distintas zonas do territorio 
español, a poboación desencantada coa República e radicalizada polos principios 
anarquistas, alzouse proclamando cantóns independentes sendo o máis destacado o de 
Cartaxena. 
Ante o clima de violencia e tensión, o presidente Pi y Margall opúxose a sufocar a revolta 
polas armas e dimitiu. A presidencia recaeu en Nicolás Salmerón que optou pola intervención 
militar, sendo un éxito pero tamén entregáballe ao exército o papel protagonista de garante 
da orde e da estabilidade que os políticos non podían acadar. 
Salmerón dimitiu ante a incapacidade moral de dictar penas de morte contra os cantonalistas. 
A presidencia é asumida polo conservador e republicano unitario Emilio Castelar. A 
República viraba claramente cara á dereita conservadora, abandonando toda política 
reformista. Os sectores máis progesistas do republicanismo, con Figueras, Pi y Margall e 
Salmerón á cabeza, presentaron unha moción de censura para provocar a dimisión de 
Castelar. A moción foi un éxito pero o exército co capitán xeneral Manuel Pavía, consciente da 
súa posición como garante de orde e estabilidade, deu un golpe contra a República que poñía 
ao xeneral Serrano como presidente, agardando até o pronunciamento de Martínez Campos 
que restaurará a monarquía dos Borbóns na persoa de Alfonso XII 
En conclusión, os seis anos de experiencia democrática estiveron marcados pola continua 
inestabilidade. O fracaso da monarquía democrática de Amadeo de Savoia e a convulsa 
primeira experiencia republicana traerán como saída a Restauración dos Borbóns. A nova 
Restauración monárquica ideada por Cánovas do Castillo, supuxo o retorno ao 
conservadurismo político e a farsa democrática fundamentada na alternancia do poder dos 
grandes partidos, o conservador e o liberal. 
3

More Related Content

What's hot

A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)
xosea
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIME
camposseijo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
camposseijo
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
aialo1
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
rubempaul
 

What's hot (19)

A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIME
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Restauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismoRestauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 

Similar to Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)

Restauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoRestauración e Caciquismo
Restauración e Caciquismo
Xosé Rodríguez
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
Luisa Paz
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
pablokatt
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
pablokatt
 

Similar to Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874) (20)

U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
 
Restauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoRestauración e Caciquismo
Restauración e Caciquismo
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
 
Xeografia4
Xeografia4Xeografia4
Xeografia4
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Restauración - Alfonso XII
Restauración  - Alfonso XIIRestauración  - Alfonso XII
Restauración - Alfonso XII
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
Tema 5 Xeografía e historia
Tema 5 Xeografía e historiaTema 5 Xeografía e historia
Tema 5 Xeografía e historia
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 

More from David Barrán Ferreiro

Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
David Barrán Ferreiro
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
David Barrán Ferreiro
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
 Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
David Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e TotalitarismosHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
David Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundoHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
David Barrán Ferreiro
 
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio DemocráticoHistoria de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
David Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución FrancesaHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
David Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución IndustrialHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
David Barrán Ferreiro
 
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VIIHistoria de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
David Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo RéximeHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
David Barrán Ferreiro
 

More from David Barrán Ferreiro (20)

Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
 
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o climaXeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
 Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e TotalitarismosHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
 
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaCCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
 
CCSS 1ºESO Unidade 7 As primeiras civilizacións
CCSS 1ºESO Unidade 7  As primeiras civilizaciónsCCSS 1ºESO Unidade 7  As primeiras civilizacións
CCSS 1ºESO Unidade 7 As primeiras civilizacións
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra MundialHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
 
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6  A PrehistoriaCCSS 1ºESO Unidade 6  A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
 
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanosXeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundoHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
 
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación EspañolaXeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
 
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimáticaCCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
 
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio DemocráticoHistoria de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución FrancesaHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución IndustrialHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
 
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VIIHistoria de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
 
CCSS 1º ESO Unidade 2 O relevo
CCSS 1º ESO Unidade 2 O relevoCCSS 1º ESO Unidade 2 O relevo
CCSS 1º ESO Unidade 2 O relevo
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo RéximeHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
 

Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)

  • 1. Historia de España Composición Sexenio Democrático A revolución de setembro de 1868, que os seus protagonistas chamaron a “Gloriosa”, significou o final da monarquía de Isabel e o inicio do Sexenio Democrático (1868-1874). Este novo período da historia de España foi a derradeira etapa da revolución liberal e representou un intento de ampliar o liberalismo e instaurar a democracia pero aqueles anos estiveron cheos de conflitos. A rexencia, a monarquía democrática de Amadeo de Savoia e máis adiante a República non puideron dotar ao sistema dunha certa estabilidade, fracasando o intento de modernización política e conducindo á Restauración dos Borbóns na persoa de Alfonso XII. Os catro documentos de fonte primaria e carácter político reflexan os feitos máis destacados destes convulsos seis anos. Para poder entender o Sexenio, antes debemos situarnos no final do reinado de Isabel II. Durante o período isabelino desenvolveuse en España o proceso de construción liberal pero unha serie de problemas dificultaron a consolidación dun sistema político parlamentario verdadeiramente representativo. O favoritismo cara aos moderados distorsionou a alternancia no poder e a miúdo o cambio de partido gobernante non foi o resultado dunhas eleccións senón dun pronunciamento militar ou revolta popular. Ademais, o sufraxio censatario e a manipulación das eleccións deixaban o sistema político en mans dunha minoría e nas distintas camarillas políticas. Todos estes problemas atoparon o seu punto culminante no último goberno moderado (1863-1868) caracterizado polo forte autoritarismo e pola grave crise económica. A crise económica a escala europea fixo acto de presenza na economía española na crise financeira e de subsistencias. A primeira atopa as súas causas na crise do sector ferroviario e téxtil da industria catalá, a segunda é provocada pola escaseza de trigo. A recesión económica instalábase no último goberno do reinado de Isabel II provocando un forte incremento de paro e da inestabilidade social. O forte autoritarismo moderado deterioraba cada vez máis a política española. Os primeiros síntomas de descontento chegaron da man dos progresistas a través do pronunciamento do sarxentos de San Gil que fracasou no seu intento. Ante a imposibilidade de acceder ao poder a través de eleccións, o Partido Progresista ,dirixido por Prim, e o Partido Demócrata asinarán o Pacto de Ostende (1867) coa finalidade de poñerlle fin á monarquía isabelina e deixar a nova forma de goberno en mans dunhas Cortes constituíntes que sería escollidas por sufraxio universal. Con posterioridade uníronse ao devandito pacto os unionistas de Serrano, o que favorecía a presenza de altos mandos do exército na Gloriosa revolución. O 19 de setembro de 1868 as tropas dirixidas por Juan Bautista Topete álzanse contra o goberno e a raíña, o punto culminante terá lugar na batalla da Ponte de Alcolea na que as tropas isabelinas son derrotadas . Mentras nas cidade as forzas populares urbanas dirixidas por progresistas, demócratas e republicanos constituíron as Xuntas revolucionarias (Doc1) cuxas consignas básicas eran o final da monarquía <<(..Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”..).>>, a soberanía nacional e o establecemento do sufraxio universal (<<…Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal…>>), a separación da Igrexa e do Estado e a proclamación da república. Estas propostas das Xuntas non eran compartidas polos dirixentes unionistas e progresistas, que xa viran cumprido o obxectivo de acabar coa monarquía isabelina e o goberno moderado. O novo goberno provisional ,xurdido trala Gloriosa, fíxose con control das Xuntas revolucionarias e nomeuse a Serrano como rexente e a Prim como xefe de goberno, de novo o poder estaba nas mans dos liberais. As primeiras medidas foi a promulgación dunha serie de decretos (liberdade de imprenta, sufraxio universal….) e a convocatoria de eleccións a Cortes Constituíntes. As eleccións, as primeiras en España que recoñeceron o sufraxio universal masculino, déronlle a vitoria a progresistas e unionistas, quedando moi afastados os demócratas. A primeira gran medida foi a redacción dunha nova Constitución. A Consitución de 1869 (Doc 2) é a primeira baseada no liberalismo democrático. As súas características principais son: defende a soberanía nacional (Art 32.), establece a división de 1
  • 2. Historia de España Composición Sexenio Democrático poderes en: lexislativo nas Cortes Bicamerais (Art 34.), o executivo no monarca e os ministros (Art 35.) e o xudicial nos tribunais de xustiza (Art 36.). En canto ao sufraxio e á confesionalidade do Estado, establece o universal masculino para maiores de 25 anos e a confesión católica pero permítense outros cultos. Finalmente a constitución estableceu un amplo réxime de dereitos e liberdades (Art 17.) propios dunha democracia. Proclamada a Constitución, o goberno continuou a súa labor reformista centrándose na modernización económica. A política levada a cabo caracterizouse pola defensa do librecambismo e pola apertura do mercado español á entrada de capital estranxeiro. Estes obxectivos tiveron a súa plasmación na establecemento da peseta como unidade monetaria, a Lei de Minas, a Lei de Bases Arancelarias… A Constitución de 1869 establecía, como forma de goberno, unha monarquía democrática, polo tanto a principal tarefa era atopar un novo monarca. Prim foi o encargado de buscar candidato para o trono español que non alterase as relacións internacionais e respectase o novo réxime nacido trala Gloriosa. O candidato elixido foi Amadeo de Savoia, un home cunha concepción democrática da monarquía e membro da dinastía artífice da unificación de Italia. O reinado de Amadeo de Savoia (1870-1873) foi un auténtico fracaso vítima dunha continua inestabilidade. O reinado iniciase marcado pola tráxica norte de Prim tres días antes de ser coroado e polos escasos apoios políticos, só gozaba contaba coa coalición de goberno formada por progresistas, unionistas e demócrata. Amadeo I contou dende o principio coa oposición dos moderados que continuaban fieis aos Borbóns, agora na figura do futuro Alfonso XII. A Igrexa que vira tocada os seus privilexios trala aprobación da Constitución de 1869, mantivo unha actitude hostil. Os carlistas con Carlos VII aproveitaron para reanudar a súa loita armada no País Vasco, Navarra e Cataluña, aínda que non chegaron a constituír un verdadeiro perigo, converteuse nun foco de inestabilidade. Os sectores republicanos e grupos populares descontentos cos éxitos alcanzados pola Gloriosa, amosaron a súa oposición á nova monarquía a través de insurreccións de carácter federalista e anarquistas. Paralelamente a estes problemas internos, dende o exterior a Guerra dos Dez Anos en Cuba unirase á permanente inestabilidade da monarquía. A crise final do reinado virá da man da desintegración da coalición gobernamental (unionistas, progresistas e demócratas) motivada pola constante inestabilidade dos gobernos. Finalmente, privado de todo apoio, Amadeo de Savoia (Doc3) presentou a súa renuncia <<(… “Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en constante loita, vendo cada día máis distante a era de paz que tanto desexo (...)…)>> deixando constancia dos problemas que azoutaban ao país anteriormente enumerados Tralo fracaso da solución monárquica, a proclamación da Primeira República española foi a saída máis doada. A primeira experiencia republicana naceu un 11 de febrero de 1873 presidida por Estalisnao Figueras, sen embargo o novo sistema non contaba cun apoio político real no interior nin no exterior . No interior a gran parte dos integrantes das Cortes eran monárquicos e no contexto internacional non gozaba do apoio das grandes potencias estranxeiras agás EEUU. Sen embargo foi recibida con entusiasmo polas clases populares que viron a oportunidade dun cambio social que non se acadara coa Gloriosa. Estas aspiracións foron rapidamente controladas polos dirixentes republicanos que disolveron as Xuntas e reprimiron as revoltas populares. Os primeiro pasos da nova República viñeron dados coa convocatoria de Cortes Constituíntes. A vitoria foi para os republicanos federais pero débese destacar que máis da metade do electorado se abstivo. Estalisnao Figueras converteuse no presidente da República 2
  • 3. Historia de España Composición Sexenio Democrático Democrática Federal pero o seu mandato foi efímero pasando o goberno ás mans de Francisco Pi y Margall, que quedou encargado de elaborar unha Constitución federal para España. A Constitución Republicana Federal de 1873 (Do4) foi un proxecto que pretendeu emprender importantes reformas, pero os poucos meses que durou a experiencia republicana non permitiron o seu desenvolvemento. O novo texto continuaba o camiño marcado pola Constitución de 1869. A súa principal novidade era a estrutura de Estado Federal (Art 39), a nación española estaba composta por dezasete Estados (Art 1), entre eles Cuba, e declaraba que o poder emanaba de tres niveis: municipios, Estados rexionais e Estado Federal. En canto ás súas principais características: sancionaba a soberanía nacional (Art 42), establecíase a división de poderes (Art 45) en lexislativo exercido polas Cortes bicamerais, o executivo polo presidente e os ministros e o xudicial polos tribunais. O sufraxio fixado (Art 42) era universal masculino, por primeira vez declarábase a liberdade de culto e a separación de Igrexa-Estado e a relación de dereitos e deberes recollidos seguía a tendencia marcada pola Constitución de 1969. A primeira experiencia república estivo marcada polos graves problemas (carlismo, a guerra de Cuba o cantonalismo) que condicionaron toda a actividade política. A insurrección carlista animouse co nacemento da República, prolongándose ate o ano 1876. No exterior, a guerra continuaba na illa cubana e a solución de incorporala ao Estado Federal non conseguiu solucionar os problemas na illa. Pero foi o conflito cantonal o que con máis forza fixo tambalear á nova república poñendo tamén de manifesto as divisións internas entres os republicanos. O cantonalismo era un fenómeno complexo no que se mesturaban as aspiracións autonomistas dos republicanos federais intransixentes coas as aspiracións revolucionarias anarquistas chegadas a España da man da Internacional. En distintas zonas do territorio español, a poboación desencantada coa República e radicalizada polos principios anarquistas, alzouse proclamando cantóns independentes sendo o máis destacado o de Cartaxena. Ante o clima de violencia e tensión, o presidente Pi y Margall opúxose a sufocar a revolta polas armas e dimitiu. A presidencia recaeu en Nicolás Salmerón que optou pola intervención militar, sendo un éxito pero tamén entregáballe ao exército o papel protagonista de garante da orde e da estabilidade que os políticos non podían acadar. Salmerón dimitiu ante a incapacidade moral de dictar penas de morte contra os cantonalistas. A presidencia é asumida polo conservador e republicano unitario Emilio Castelar. A República viraba claramente cara á dereita conservadora, abandonando toda política reformista. Os sectores máis progesistas do republicanismo, con Figueras, Pi y Margall e Salmerón á cabeza, presentaron unha moción de censura para provocar a dimisión de Castelar. A moción foi un éxito pero o exército co capitán xeneral Manuel Pavía, consciente da súa posición como garante de orde e estabilidade, deu un golpe contra a República que poñía ao xeneral Serrano como presidente, agardando até o pronunciamento de Martínez Campos que restaurará a monarquía dos Borbóns na persoa de Alfonso XII En conclusión, os seis anos de experiencia democrática estiveron marcados pola continua inestabilidade. O fracaso da monarquía democrática de Amadeo de Savoia e a convulsa primeira experiencia republicana traerán como saída a Restauración dos Borbóns. A nova Restauración monárquica ideada por Cánovas do Castillo, supuxo o retorno ao conservadurismo político e a farsa democrática fundamentada na alternancia do poder dos grandes partidos, o conservador e o liberal. 3