Desde CGT, tras considerar inxustos moitos puntos das bases da convocatoria das Bolsas de Emprego de Correos, comunicamos en tempo e forma á Comisión Paritaria unha solicitude previa á vía xudicial de rectificación das bases. Non obtivemos resposta algunha.Logo tivemos un acto de conciliación no que Correos presentouse pero non houbo avinza. O resto de Sindicatos nin acudiron á cita, supoñemos que non vir confirma que están dacordo con estas bases.
Ante esta circunstancia a CGT decidiu interpor ante a Audiencia Nacional, unha demanda de conflito colectivo solicitando a impugnación da convocatoria das bolsas de emprego de 2017, adheríndose á misma únicamente Sipte e LaB. O xuízo celebrouse o día 12 de Abril.
Paralelamente á este xuízo leváronse a cabo diferentes concentracións de apoio en diferentes ciudades do estado, Barcelona, Sevilla, Madrid, Las Palmas e Valencia. Na foto, a concentración de Sevilla.