PISSODES CASTANEUS (DeGeer)
Coleóptero da familia Curculionidae.
SINONIMIAS.---Pissodes notatus (F.).
DESCRIPCIÓN
Imago.—Lonxitude, de 6 a 9 mm. De cor pardo roxizo mate. A cabeza prolongase
nunha longa trompa, no centro se insiren as antenas, que son xeniculadas. O protórax
é muito máis estreito na zona anterior, ensanchándose de diante hacia atrás; os
angulos posteriores son agudos e algo saintes pa fora; a superficie é rugosa,
dénsamente punteada, con unha fina quilla media dorsal e catro puntos grosos
formados de escamas blancas. Os élitros presentan catro manchas amarillentas,
constituidas por escamas; as duas posteriores son máis grandes e quedan unidas por
unha franxa de escamas blancas.
Posta.---O ovo é elipsoidal, de cor blancucho recién posto e amarillento máis
tarde, as suas dimensións son ( 0´5x1mm).
Para realizar a posta, as femias
taladran coa trompa uns buracos de 2mm de profundidade na casca dos pinos, onde
depositan os ovos aillados, ainda que en ocasións poñen dous ou tres no mismo
buraco.
Larva.---Presenta o aspecto típico das larvas dos curculiónidos. É ápoda,
blancucha, encorvada e relativamente grosa, coa cabeza de cor castaño, alcanzando
totalmente desarrollada, uns 10mm de lonxitude.
Pupa.---A pupa é libre, protexida únicamente polos residuos, en forma de viruta
fina e larga, que acumulou a larva o facer a cámara de pupación.
CICLO BIOLÓXICO
Este insecto presenta un complicado ciclo biolóxico. Os adultos son bastante
lonxevos, hasta 20 meses, e unha vez adquirida a madurez sexual, a femia pode por
durante todo ese tempo.
Xeralmente, a oviposición se reparte en dous periodos bastante marcados, o
primeiro dende maio ata mediados de xullo e o segundo dende finais de agosto ata
outubro. En climas mui suaves, sobre todo nas zonas de litoral, o primeiro periodo de
oviposición podese adiantar bastante e retrasar o segundo, ocurrindo o contrario nas
partes continentais, altas e frías. A influencia do clima sobre o ciclo do insecto é mui
importante, ata o punto de que nos climas mui suaves poden darse duas xeneracións
o ano, mentras que nos climas mui fríos so ten unha xeneración cada dous anos.
As primeiras postas de primaveira dan adultos no outono, que poden reproducirse
antes da hibernación; as postas de setembro e outubro dan adultos en primaveira
tardía. Desta maneira as larvas están presentes no monte prácticamente todo o ano e
tamén os imagos.
2.
O insecto invernaen estado de larva debaixo da codia dos troncos e en estado
adulto, escondido no chan ou entre os laños da codia.
Hacia finais de marzo ou en abril as larvas se transforman en pupas, estado que
dura arredor dun mes. Como os imagos necesitan un determinado tempo para
fortalecer seus órganos, endurecer os élitros e practicar o burato de salida ao exterior,
emerxen aproximadamente a finais de maio e no mes de xuño.
Antes do apareamento hai un corto periodo de maduración sexual, durante o cal
estos gorgullos se alimentan nas copas dos pinos picoteando sobre brotes e cortezas.
As primeiras postas se efetúan nos meses de xuño e xullo. Os ovos, aillados ou en
grupos de dous ou tres, son depositados en pequenos buracos que fae a femia no
tronco e as ramas.
A finais de xullo e durante o mes de agosto, en pleno calor estival, os insectos
entran nun periodo de inactividade que termina en setembro. Finalizada a parada
estival, as femias comezan de novo a alimentarse e a poner.
As larviñas recén nacidas, unha vez perforada a codia, comezan a facer galerías de
alimentación descendentes. Estas galerías quedan taponadas polos excrementos.
Terminado seu desarrollo, a larva se transforma en pupa e logo en imago, dentro
dunha cámara mui típica, ovalada, duns 8mm de lonxitude, sita na terminación da
galería, metade na codia metade na madeira, protexida por un entramado de fibras
de madeira apelotonadas.
DISTRIBUCIÓN
Encontrase en toda Europa e norte de África. Observouse en toda a Espanha
peninsular e apareceu, nos anos setenta, nas Illas Canarias.
DANOS
Este curculiónido ataca preferentemente ós piñeiros xóvenes, sendo de gran
importancia os danos que fae en muitas das nosas repoblacións. Ainda que é capaz de
atacar as árbores sanas, sente preferencia polos debilitados, e os focos de infestación
adoitan ter sua orixe nas mouteiras poboadas de pés débiles. Calquera causa que
orixine o debilitamento da masa é favorable para a propagación de Pissodes. Neste
sentido observouse que son mui sensibles aos ataques de dito insecto as
repoboacións situadas en terreos pobres e de pouca profundidade ou encharcados. A
sequía favorece en xeral a multiplicación desta plaga.
As intervencións selvícolas, tales como clareos, claras, podas, etcétera, si non son
seguidas da extracción dos troncos e da destrución ou saca do monte das leñas,
contribúen enormemente á reproducción de Pissodes, as poblacións invaden
posteriormente ás árbores en pé.
Pissodes castaneus é a plaga máis frecuente das población sitas en solos pouco
profundos ou naquéles que as características non responden as esixencias da especie
empregada na reproducción. Son tamén clásicas as aparicións de focos de Pissodes
3.
cerca dos paraxesafectados polos incendios. Observaronse ataques deste perforador
en todalas especies de Pinus presentes en España.
Os primeiros brotes desta plaga se caracterizan pola aparición nos pinares xóvenes
de pés mortos, illados ou en pequenos grupos, que destacan polo color roxizo das
suas copas. Esto adoita ocorrer na maior parte da nosa xeografía a comezos da
primaveira.
No transcurso do tempo os focos van aumentando en número e extensión, podendo
ocupar en poucos anos grandes superficies se non se poñen os axeitados remedios de
prevención e combate.
PARÁSITOS E PREDADORES
Pissodes castaneus ten muitos parásitos. Dos citados en España os máis
importantes son:
Calcícidos: Metacolus unifasciatus Thoms.; Eurytoma wachtli Mayl.; Icneumónidos:
Pimpla terebrans Ratz.; Ephialtes carbonarius Christ.; Pimpla instigator F.;
Bracónidos: Atanycolus initiator Ness. e Dendrosoter middendorfii Ratz., entre outros
muitos.
Este insecto conta con un poderoso inimigo nun ave das chamadas picapinos,
Dendrocopos major L., que é un asiduo devorador de toda clase de insectos xilófagos,
habiéndose comprobado que come gran cantidade de larvas, pupas e imagos do
Pissodes notatus.
Tamén hai que destacar a predación de imagos por moitas especies de paxaros
insectívoros.
TRATAMENTO
Entre as medidas máis eficaces, tanto preventivas como curativas, figuran a
eliminación das primeiras árbores mortas polo insecto inmediatamente despois de
que se observen os síntomas do ataque (cambio de color nas copas, cunas de
pupación e larvas debaixo da codia). Na maior parte do noso país estos síntomas
comezan a observarse xa nos meses de marzo e abril e os piñeiros atacados deben
ser cortados e queimados antes da segunda quincena do mes de maio.
Mediante esta mesma operación se pode combatir a plaga na sua fase máis
avanzada, e dicir, cando os pinos mortos aparecen por rodales máis ou menos
extensos, pero non excesivamente numerosos.
Estas operacións deben estar terminadas antes de que comencé a emerxencia dos
adultos.
Como complemento destes traballos é aconsellable para o combate de Pissodes
castaneus o emprego de árbores cebo, sobre todo naquelas repoboacións que sufran
ataques endémicos por circunstancias especiais (solos pobres e pouco profundos,
climas adversos, etcétera).
4.
A árbore ceboé unha árbore recen cortada,cuxa función é a de atraer ó insecto
danador para que se instale nél en vez de atacar a outro san. Pissodes castaneus,
igual que muitos outros perforadores de piñeiros, sente gran preferencia pola madeira
fresca e acude a ela masivamente, circunstancia que se aproveita para seu combate
queimando os cebos ou sacandoios do monte, ou ben tratandoios mediante
pulverizacións de insecticidas organofosforados ou piretroides.
Tendo en conta as épocas da ovisposición do insecto, son necesarias duas tandas
de cebos: uns, colocados a finais de xuño ou principios de xuño e outros en setembro.
Deben ser revisados periódicamente e destruidos ou sacados do monte unha vez se
comprobé que foron atacados por Pissodes, o observarse debaixo das cortezas,
galerías, larvas e cunas de pupación. É importantísimo que todos os cebos queden
destruidos e que esta operación se faga antes da salida dos novos imagos (maio-xuño
e setembro-outubro), xa que de non facelo así, os cebos non solamente non
cumplirían a sua misión, senon que contribuirían á propagación da plaga.
Os pinos destinados para cebos deben ser desrramados e apilados en grupos de
10-15 en sitios de fácil e cómodo acceso, procurando que non estean expostos
totalmente ao sol.
En canto a cantidade destos puntos de control, normalmente bastará con un por
cada 15-20 ha, non sendo necesario cubrir todo o Monte, senón aquelas partes nas
cales se observaron focos de árbores mortas.
N. Romanyk e D. Cadaia.