SlideShare a Scribd company logo
ARCOS DE FURCO: A CASIÑA, CORNADO, DUCÍO




                              Natalia García (3ºA)
                              Natalia Soto (3ºA)
                              Manuel Martínez (3ºB)
                              Sandra Piñeiro (3ºB)
SAN BREIXO DE ARCOS DE FURCOS

              San Breixo de Arcos de Furcos é unha parroquia
              que se localiza no norte do concello de Cuntis. A
              parroquia situada nas abas do monte Arca e
              Castroloureiro limita ao norte e leste co concello
              da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A
              Estrada, Ouzande e A Somoza. Ao sur e oeste
              coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro,
              Couselo e Portela, todas elas do concello de
              Cuntis.
              Ten uns 700 habitantes en 11 entidades de
              poboación. Está formado polos seguintes
              lugares ou aldeas: A Casiña, Anllada, Arcos de
              Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros,
              Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso, ademais do
              enclave do Alvedro en Loureiro de Arriba
              (parroquia de Portela), preto do Piñeiro.
              Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val
              do río Gallo, afluente do Umia, que nace nesta
              parroquia, ao pé do Castro de Arcos e do monte
              da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da
              parroquia. Detras destes montes, esténdese por
              unha zona deshabitada, de formas onduladas,
              coñecida co nome de Chan da Quenlla. Aquí
              atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena
              lagoa, que nos últimos anos se veu moi
              deteriorada e desecada pola plantación
              extensiva de eucalipto.
DUCÍO


    Na primeira fotografía vese a entrada a
    Ducío, a parada do autobús, as primeiras
    casas, un eucaliptal ó lonxe, un muro de
    pedra, a eira e dous hórreos.
    Na segunda fotografía vese un lavadoiro
    oculto polas vimbieiras, unha casa grande
    que antigamente era dun cura dunha familia
    rica do lugar, e agora é dun médico que a
    restaurou, un hórreo, a carballeira, o resto de
    casas da aldea e fincas.
    Na fotografía da abaixo vemos as casas que
    están fóra do núcleo da aldea, pero que
    forman parte dela tamén.
    Na época medieval chamábase Doçiu. O
    lugar de Ducío ten forma de ele. A estrada
    que atravesa o lugar de Ducío leva a
    Ferreiros e A Estrada. As casas do lugar son
    antigas, é decir, a maioría están feitas de
    pedra.
MÁMOAS E CASTROS

    Arcos estivo habitado en tempos prerromanos. Mostra
    disto son os castros de Arcos (Castro da Aurela ou
    Ourela), e Castro Loureiro.
    Detrás do Castro da Aurela esténdese o coñecido Campo
    das Tombas, ampla zona poboada por mámoas, que
    datan de arredor de 3000 a.c., das que polo de agora non
    se desenterrou ningunha. Hai contabilizadas 4 mámoas
    no Campo das Tombas e outras 4 de pequeño tamaño no
    Chan do Castro de Arcos.
    O castro da Aurela presenta unha croa practicamente
    circular. Propiedade da comunidade de montes de Arcos,
    está localizado nun monte do lugar de Arcos de Arriba
    nunha altitude de 502 metros. Presenta un estado de
    conservación bo, debido á súa inaccesibilidade e
    elevada altitude, que imposibilitou a súa explotación
    agrícola e forestal. Na actualidade a acción da
    Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis, impediu a
    repoboación forestal neste castro que permanece
    totalmente libre de vexetación. En canto ó folclore, un
    dito popular na zona di así: ”Dende o castro de Arcos ó
    de Loureiro, hai un muíño roendo ouriño”. Os veciños de
    Arcos aínda lembran cando subían ó castro para ver os
    fogos do Apóstolo.
A IGREXA DE SAN BREIXO

         Adicada a San Breixo, un santo mártir portugués
         que morreu co pescozo atravesado por un coitelo, a
         igrexa de Arcos de Furcos, foi trasladada pedra a
         pedra, de Arcos de Arriba do lugar da Manguela, no
         que houbo un antigo mosteiro fundado polo bispo
         Sisenando no seculo IX.
         Esta igrexa é de orixe románica. Ten un corredor
         central e dous laterais, que forman unha cruz latina.
         Súbese polo interior ó campanario, ten unha
         sancristía que sobresae no lado dereito, e que ten
         na súa parede un homenaxe a un canónigo, ten tres
         confesionarios. Na fachada, á dereita, ten esculpido
         os nomes dos mortos do bando franquista da
         Guerra Civil, e unha cruz branca das misións. A seu
         redor aínda quedan algunhas tumbas. Tamén
         vemos a entrada ao cemiterio subterráneo que é
         moi antigo e hai xente que vén velo, as claraboias
         de cristais que hai no chan deixan pasar a claridade
         e ten un muro de pedra con dez columnas.
         O máis valioso desta igrexa son o cruceiro e o
         baldaquino que se atopan no valado exterior,
         ambos goticos, e tamén os cemiterios subterraneos
         dos que só hai dous en Galicia.
O BALDAQUINO



               No muro do adro parroquial está o
               baldaquino de época gótica, con tres
               lumieiras.        Represéntanse          tres
               escenas bíblicas: a Natividade, a
               Adoración dos Reis Magos e o
               Desencravo de Xesucristo. Existiu
               unha       cuarta      lumieira,        hoxe
               desaparecida,          na       que       se
               representaba -segundo parece-, a
               Anunciación. Un altar de pedra, cos
               símbolos         dos        mártires      do
               cristianismo      (neste    caso   facendo
               alusión a San Breixo), unha pía
               bautismal    e    unha      sepultura    con
               caracteres       góticos     completan     o
               fermoso conxunto.
OS CEMITERIOS SUBTERRÁNEOS

                  Estas son fotos da entrada e do
                  interior  dun    dos    cemiterios
                  subterráneos de Arcos. Os máis
                  grandes son de varias familias, e
                  pódense visitar calquera dia, pero
                  hainos dunha soa familia e estes
                  estan cerrados case todo o ano, só
                  se abren o Día dos Defuntos.
                  Estan moi ben conservados, sen
                  humidades, grazas aos ultimos
                  arranxos     que    financiou    a
                  Deputacion de Pontevedra.
O CRUCEIRO




             O cruceiro que se atopa no
             cemiterio desta parroquia, estaba
             no adro pero no ano 1936
             rompeu e anos máis tarde
             trasladouse ó cemiterio vello. É o
             máis antigo do concello datando
             a súa existencia do século XVII,
             aínda que se cree que é do
             século XVI.
             Na cruz represéntase a Piedade,
             co Cristo morto no colo da Virxe,
             e de fronte a Crucifixión. Ten
             todo o fuste decorado con
             figuriñas e motivos relixiosos
             relacionados coa paixón e a
             morte de Cristo. Debaixo ten un
             altar de pedra.
A CAPELA DE SAN RAMÓN DA ANLLADA

                      A parroquia de Arcos de Furcos era
                      nos sec XIX e XX a que máis curas
                      daba á diocese de Santiago. Un
                      deses curas era o de San Andres de
                      Vea (A Estrada) ó que os veciños
                      botaron da parroquia polas ideas
                      políticas. Este voltou enton a Arcos
                      traendo con el a capela do San
                      Ramón que mandara facer en Vea,
                      pedra a pedra, en carros de bois, e
                      mandouna reconstruir na Anllada
                      nun terreo propiedade dos fregueses.
                      Reconstruiuse tamén o cruceiro que
                      ten ó seu carón que xa foi derrubado
                      dúas veces por estar á beira da
                      estrada e foi retirado uns metros para
                      atrás. Nel podemos ver unha dorosa
                      co seu corazón atravesado e no fuste
                      unha figura á que lle falta a cabeza
                      por mor do derrube.
                      O último fin de semana de agosto
                      celébrase aquí a festa en honor do
                      santo.
A CAPELA DE SAN RAMÓN DA ANLLADA: interior




                           Este é o interior da capela, coas
                           imaxes de San Ramón e a Virxe de
                           Lourdes. A capela está moi ben
                           coidada , xa que de Arcos sairon
                           tantos curas, algún deles, coma o
                           cura dos Milagres de Amil ,nado no
                           Caeiro, pagou o ultimo arranxo.
                           poñendo todo o chan de pedra. Hai
                           unha señora encargada de cortar o
                           céspede do adro, e tamén de limpala
                           por dentro.
O PETO DA VIRXE DE MONTSERRAT


                 A virxe pirenaica da Nosa Señora de
                 Montserrat, a cariñosamente coñecida
                 como La Moreneta, na parroquia de Arcos
                 de Furcos tivo moito fervor popular. O
                 peto está situado na aldea da Casiña, onde
                 aínda hoxe os veciños depositan patacas
                 e froitos da terra como ofrenda e rogativa,
                 co obxecto de obter unha boa colleita para
                 o seguinte ano.
                 A virxe representase sentada e co neno no
                 colo,     nunha      rexión     montañosa
                 (simbolizado a cordilleira de Montserrat,
                 en Cataluña) e con dúas figuras humanas
                 ó seu pé que representan a peregrinos que
                 van cara o santuario. Foi restaurada xunto
                 co lavadoiro e a fonte hai uns anos.
                 Na propia igrexa da parroquia tamén
                 aparece a súa talla, curiosamente cun
                 branco facial que non lle é característicao
                 (xa que toda as Monserrat son negras).
O MUÍÑO DO ALARGO (Manuel)

                Na Casiña hai 6 muíños: o muíño da
                Esquiza, o muíño de Porto, o muíño do
                Foriño, o muíño da Devesa, o muíño da
                Ponte e o muíño do Alargo.
                Antes moíase en todos os muíños, pero
                hoxe só se fai no da Esquiza e no da
                Devesa, que restauraron este verán. O
                muiño do Alargo, é “un muiño moi antigo na
                familia, porque foi construído polo avo da
                miña avoa, é este foise herdando ata que
                chegou a ser propiedade de miña avoa, e
                máis dun curmán”, di Manuel..
                Deste muiño foi de onde saiu a primeira
                electricidade para a aldea. Na Casiña non
                houbo electricidade ata 1870. Pola noite
                botábanlle a auga para que movese un
                rodicio moi grande, que cunha polea facía
                xirar unha dinamo, é pola mañá cerrábaselle
                a auga.
                Tamén contan que era un dos mellores
                porque era moi raro que encallase (apear), é
                dicir que a auga cubrise o rodicio é non o
                deixara xirar.
                Este é tamén é o meu recuncho
                preferido, porque é onde nos
                xuntamos todos os amigos, aínda que
                agora esta en ruínas.
O MUÍÑO DA DEVESA

                Este muiño recibe este nome
                porque no lugar que está chámase
                a Braña da Devesa.
                Este muíño é moi antigo, e nel
                teñen parte moitos veciños, tantos
                coma 17 parceiros, que teñen
                dereito   a    moer   nel    unhas
                determinadas horas. Estas horas
                están escritas nun papel que garda
                o último en usalo.
                Foi varias veces modificado,
                porque non moía ben a causa de
                que tiña o cubo aberto, é dicir que
                a auga só facia a forza da presión
                que levaba, pero máis tarde
                púxoselle un tubo, para que
                ademais da forza da auga, tamén
                fixese forza o peso que esta
                exercía.
                Nesta última reparación tamén se
                pensou en poñerlle unha caixa de
                bolas para que andase máis
                rápido, pero quíxose consevar
                como foi sempre, só cambiándolle
                o teito porque estaba a piques de
                caer.
O MUÍÑO DA ESQUIZA

           Está situado entre Ducío e A Casiña e
           pertence a ambas aldeas desde fai máis de
           cen anos. Non todas as casas das dúas
           aldeas teñen dereito a el. Antigamente cada
           casa tiña certos días da semana de
           moenda. Unhas doce horas cada casa,
           unhas vinte casas. Hoxe en día hai pouca
           xente que vai a moer e non se utiliza o
           mesmo sistema de antes. A xente pide a
           chave a persoa encargada de tela e se non
           hai ninguén moendo pódese utilizar.
           Na fotografía vense dous muíños, pero só
           funciona un. A auga descende polo muíño
           con pouca presión e dentro hai unha cadea
           cun pao que se levanta para que a auga
           vaia a dar ó rodicio. O millo bótase nun
           cubo que baixa por unha rampla que chega
           ó ollo do muíño, que o pasa a dúas capas
           de pedra, onde o tritura e sae a fariña.
           Depositase nun caixón de madeira que ten
           ó redor. A fariña sácase cunha pa.
           Antigamente limpábase cunha xesta e
           agora várrese cunha vasoira pequeniña.
O HÓRREO


     Este hórreo fíxose no ano 1926. Servía para
     gardar o millo, para os animais, para que
     non se mollara. A xente ía ao hórreo a
     coller as espigas para os coellos, cabalos,
     ovellas, etc. No inverno, como tiñan frío,
     ían polas   espigas e debuxábanas ao
     quentiño, na casa.
     Este hórreo foi restaurado hai uns 10 anos,
     polo que semella moi novo. Hoxe é máis
     que nada un elemento decorativo da casa.


     Do hórreo de abaixo e mellor non dicir
     nada, é un claro exemplo de feísmo, do que
     nunca se debe facer.
O POMBAL DE SOTO




           Este pombal está en Arcos de Arriba e é
           privado. Chámase o pombal de Soto.
           Ten forma de hexágono e está feita de
           pedras sen cementar. O tellado está
           feito con tellas do país e ten unha porta
           pequena de madeira.

           As pombas entraban por unha fiestra
           que agora está pechada. Por dentro
           teñen un sitio para baixar e meterse
           nuns machinais. Debe ter máis de
           douscentos machinais. Abaixo ten un
           círculo onde lle botaban o millo as
           pombas. Debe de ter máis de cen anos.
           Actualmente está pechado. Como se
           pode ver ó seu redor hai moita maleza.
A ESCOLA UNITARIA




           Estas son os dous edificos da escola
           unitaria de Arcos. Só se usa un coma
           escola. Está bastante descoidada, con
           moita maleza, e tras delas incluso hai dúas
           granxas, unha delas abandonada (foto de
           baixo), o que non axuda a crear un entorno
           axeitado para unha escola.

           Aínda así, algúns sábados pola mañá imos
           uns cantos rapaces e rapazas de Arcos a
           xogar ao fútbol e outras cousas. Na que
           non usan os rapaces danse clases de
           inglés, manualidades, etc. para os veciños.
A FONTE DE DUCÍO



              Nesta fotografía vemos unha fonte
              onde beben as poucas vacas que
              quedan na aldea, e tamén a xente que
              pasa polo lugar para coller auga visto
              que é moi sá. Está no medio da aldea.
              Ten detrás un muro de pedra.
              Bota auga todo o ano, tendo o
              manacial nunhas fincas a un
              quilómetro da fonte, nun lugar
              chamado Aveán. Antigamente estaba
              situada no muro da miña eira e foi
              trasladada fai cincuenta anos.
              A placa colocada despois do traslado
              ten     escrito:    “Diputación     y
              ayuntamiento, cooperación”. Como
              pode verse non está moi ben coidada
              e hai xente que a quere restaurar coa
              axuda da xente da aldea e pedindo
              unha subvención.
A FONTE DA CASIÑA




                    Na aldea da Casiña non había
                    auga. Grazas os veciños de toda
                    conseguírona e trouxérona do
                    monte,     da   Pedragueira    en
                    Ferreiros. A auga veu para a
                    Casiña no ano 1965-1966.
                    O lavadoiro ´fíxose no ano 1967-
                    1968. Ó lavadoiro ían os veciños e
                    a xente doutras aldeas a lavar a
                    roupa     (antes     non     había
                    lavadoras). Hoxe xa ningúen vai
                    lavar a roupa e a fonte é máis
                    decorativa que outra cousa.
                    O lavadoiro restaurárono hai uns
                    catro ou cinco anos.
A PEDREGUEIRA




                A Pedregueira é unha fonte que nos
                dá auga potable para toda a aldea da
                Casiña. Está situada un preto do
                Piñeiro,
                Cando foi descuberta, haberá uns 45
                anos, foi traída con tubaxes a todas
                as casas da aldea.
                As persoas da aldea foron quen,
                mediante o seu esforzo, fixeron
                unha gabia e conduciron os tubos
                ata uns depósitos. A auga que sobra
                sae para o lavadoiro, por iso non
                sempre está botando.
                Este feito non ten o aprezo que
                merece, porque en moitos lugares
                teñen que mercar auga, é nos
                témola gratis.
A FONTE DA VARXE




         Esta fonte está situada nun lugar chamada a
         varxina, por iso lle foi posto ese nome.
         Ainda que pouco se sabe dela, porque non
         se sabe onde nace, sábese que é potable,
         por un estudo que fixeron.
         Non é unha fonte como as que se ven por aí,
         senón algo natural que sae por unha cova
         pequena, e baixa por un lugar feito na pedra
         debido a erosión que esa auga exerceu sobre
         ela.
         Esta situada nun lugar dificil de encontrar pa
         quen nunca foi alí porque hai moitos
         camiños e engánante un pouco.
CERCADOS E CULTIVOS


           Este cercado de leira é privado, está
           separando as eiras de dúas casas. Está feito
           de pedras grises, chamadas de Moraña, que
           están enterradas e teñen un metro de altura
           e trinta de ancho sen cemento de unión.
           Fixérono hai sesenta anos. Aínda que non
           se vexa cada eira ten un hórreo.
           Antigamente debaixo dun deles había un
           niño de avellas.

           Na fotografía de abaixo vese unha das
           poucas fincas que ten millo na aldea, que é
           propiedade dunha das catro persoas que
           teñen vacas, porque o resto da xente nova
           traballa no comercio e na industria. Vese o
           millo esfollado aínda que no medio estaba
           sen coller porque estaba verde.
UNHA CARBALLEIRA CENTENARIA



                   Esta    carballeira   centenaria   é
                   privada. Antigamente estaba moi
                   coidada porque a xente levaba as
                   vacas a pacer e podaban os
                   carballos para que tivesen máis
                   vigor, pero agora está abandonada.
                   Nesta carballeira hai unha fonte que
                   foi renovada este ano e antigamente
                   era un lavadoiro. A pedra que ten
                   abaixo era antigamente unha pía que
                   estaba posta noutro sitio, onde
                   bebían as vacas. Está situada no
                   medio do lugar e esta é a parte de
                   abaixo da carballeira. Ó lado hai a
                   eira dunha casa.
O RÍO GALLO




              O río Gallo é un afluente do río
              Umia. O río Gallo nace en
              Ferreiros no “Muiño do Rato”.
              Ferreiros e unha aldea de Arcos
              de Furcos. O río Gallo pasa por
              Ferreiros, Ducio, A Casiña,
              Anllada (o candán), Cuntis,
              Meira e vai desembocar no Umia
              un pouco máis arriba da Ponte
              Taboada (Cuntis). O río ten unha
              lonxitude aproximada e 15
              quilómetros..
AS TABERNAS

     Estas son as duas tabernas de Arcos de Furcos.
     A primeira está no campo da festa, ó lado da
     igrexa. As festas patronais de Arcos son do 1 ó 4
     de outubro. A segunda esta no lugar da Casiña,
     pegada á estrada.

     No campo que se observa na foto de arriba é
     onde se fan as festas patronais, aínda que agora
     hai debate, porque non é un bo terreo e uns
     prefírenas facer aí, onde se fixeron toda a vida,
     outros que se fagan na horta do cura e a minoría
     que desapareza a festa. Nos tempos das nosas
     avoa, a xente subía aos balcóns que hai na
     taberna e miraban a festa.
     Hai uns anos eran tamén comercios, hoxe en día
     é un sitio público de encontro das persoas
     maiores, mozos e nenos. Aquí é onde nos
     encontramos despois da misa e quedamos para
     baixar a Cuntis polas tardes. Polas tardes
     soamente hai xente maior para xogando as
     cartas.
CASAS DE TURISMO RURAL



            Estas son as duas casas rurais que temos en
            Arcos. A da primeira foto é a casa rural
            “Minguiños da Ponte” e está en Arcos de
            Arriba.
            A segunda esta na Casiña, a propietaria e
            Puri Togariños, unha coñecida pintora. Case
            sempre se aluga a casa enteira, e nas
            paredes, asi coma nos cabeceiros das camas
            colgan pinturas da dona. Esta casa chámase
            a ‘Villa do Campo’. Esta é a casa máis grande
            da aldea, Está situada nun lugar chamado “O
            Rego do Campo”, xunto ao lavadoiro. Ali
            residia un home chamado José, que era
            canteiro,   dedicábase    a     facer   fornos
            artesanais para facer o pan, capas para os
            muiños, é moitas cousas máis.
O CARPINTEIRO



        Este home é o único carpinteiro da aldea
        que traballa como se facía antigamente.
        Aprendeu o oficio do seu pai. Vive no
        Caeiro e chámase José Luís Touriño
        Ferro. Nesta fotografía está medindo as
        portas dun armario que lle pediron facer,
        vai ser un armario branco. Algúns dos
        seus instrumentos que me mostrou máis
        antigos son o cepillo, que serve para alisar
        a madeira, o gramil, que serve para trazar
        liñas paralelas pola beira dunha peza en
        escuadra, o cepillo de desbaste, o cepillo
        curvo e a garlopa, que serve para igualar e
        pulir a superficie de madeira. Na Casiña
        hai outra carpintería, pero que traballa de
        maneira industrial.
A CARPINTERÍA INDUSTRIAL



                       Está carpinteria xa existía no
                       ano 1960. Naqueles tempos
                       utilizaban as trenchas, a
                       serra de madeira, o serrón...
                       porque non había maquinas
                       como as que hai hoxe en día.
                       Despois esta carpintería
                       cerrouse porque o dono se
                       xubilou.
                       Cando casou a filla do dono,
                       o xenro volveuna abrir. Isto
                       ocorreu arredor do ano 1993.
                       O xenro foi modernizando a
                       caprpintería, que pasou de
                       ser un talle a unha fábrica
                       con máquinas e mesmo
                       comprou unha finca para
                       facer oficinas e almacéns.
CASAS (Natalia García)




                 Esta é unhas das moitas casas que non
                 me gustan poque, a verdade é que hai
                 moito onde escoller. Casas co ladrillo á
                 vista ou coma esta sen restaurar, hai
                 moitas.    Elixín   esta    por    estar
                 abandonada sendo de ricos, e estando
                 nun lugar no que todo o arredor está
                 moi coidado. Así, aínda se fai máis fea .
                 E nin mais nin menos ca casa do cura
                 (casa reitoral), ten un grande terreo
                 arredor, antes cheo de froiteiras e
                 agora, ó igual ca casa, está
                 abandonado.
CASAS (Natalia García)




          O que máis me gusta da miña casa son as vistas.
          Por debaixo dela pasa o río , as mañás pódense
          ver garzas e aguias cazando, e dende o balcón
          vexo os montes do Xesteiras e da Ermida. Era
          unha casa antiga. Chamabanlle a Casa da
          Señorita, porque era dunha solteira que viñera
          de Cuba chea de cartos, pero a soidade levouna
          á bebida e cando morreu, meu avó comprou a
          casa . Ten un pequeño xardin e unha finca
          cerrada con moitas froiteiras.
CASAS (Sandra)




                 Esta casa non está mal pero
                 non me gusta porque está
                 soa, illada das outras casas
                 da Casiña. En cambio, as
                 outras casas gústanme
                 porque están moi xuntiñas
                 e cando saes da casa podes
                 falar con alguén. Debe ter
                 uns 100 anos, de pedra.
                 Dentro da casa vai moito
                 frío.
CASAS (Sandra)




                 Esta é casa que máis me gusta.
                 Din que vai que ser para
                 Turismo Rural, pero non o sei
                 seguro.
                 A casa estba en ruínas, co
                 tellado caéndose e hai uns
                 dous anos mercárona un
                 profesor que deu clases no
                 Colexio, Mario Iglesias, e a súa
                 muller, e restaurárona. Hoxe é
                 a casa que máis destaca na
                 Casiña. Ademais da casa,
                 tamén me gusta moito o patio
                 co pozo, as árbores e o
                 céspede.
CASAS (Manuel)



                 Esta é a casa que máis me gusta pola
                 restauración que fixeron os donos.
                 Antes era unha casa que estaba en
                 moi mal estado, e con moito traballo
                 foi restaurada, para o meu gusto é a
                 casa máis bonita da aldea da Casiña.

                 Os motivos do por que me gusta son:
                 O seu emprazamento, a orde en que
                 foron situadas cada unha das partes
                 como o xardín, o antigo garaxe, a
                 caseta de madeira; o tipo de tellado;
                 o cerrado do arredor.
                 Creo que debería de haber máis
                 restauración de casas e non degradar
                 a paisaxe construíndo máis casas,
                 ademáis do que se aforraría en tirar a
                 casa vella e volver a empezar de novo
                 para facer outra.
CASAS (Manuel)


                 A casa de Doña Sofía, foi a primeira
                 escola que houbo na aldea, onde
                 recibiu clases meu bisavó.
                 Polo que contan era unha profesora
                 moi dura, que a mínima poñíate de
                 xeonllos encima dunhas areas cos
                 brazos estendidos, e rezando.
                 Aínda que profesores duros hainos
                 en todos os centros.
                 Esta señora era dunha familia moi
                 rica, e a filla casou cun indio, e
                 Doña Sofía foi vivir para Madrid, por
                 iso esta casa está en ruinas.
                 Esas riquezas non eran riquezas de
                 cartos, porque meu avó contoume
                 que antes as riquezas mirábanse
                 polos horreos, cantos máis claros
                 tivese o horreo máis rica era a
                 familia.
O MEU RECUNCHO (Natalia García)




                      Este é o meu recuncho. Está fóra da
                      casa, antigamente era unha palleira,
                      agora arranxada. Cando chove estase
                      moi ben, e cando fai sol tamén,
                      porque está ben illada. Na imaxe só
                      se observa unha tele, pero tamén
                      teño o futbulín, unha cama, un
                      escritorio para estudar, un espello
                      para bailar e outras cousas coma un
                      pequeño ximnasio para facer deporte
                      e de paso adelgazar. Ademais
                      pinteino eu a miña maneira e
                      gústanme as cores e a decoración,
                      que tamén e miña.
Arcos De Furco

More Related Content

What's hot

PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1ardillas
 
"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
2TERE
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
2TERE
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)tamaruskio
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
2TERE
 
Vilaboa 2º Trimestre
Vilaboa  2º TrimestreVilaboa  2º Trimestre
Vilaboa 2º TrimestreInesytta
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
Viaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreiroViaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreirosatelite1
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
monadela
 
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Heladio Anxo Fernández
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
2TERE
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Marlou
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosmonadela
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
iesasorey
 

What's hot (19)

PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
Cuntis, O BañO
Cuntis, O BañOCuntis, O BañO
Cuntis, O BañO
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Vilaboa 2º Trimestre
Vilaboa  2º TrimestreVilaboa  2º Trimestre
Vilaboa 2º Trimestre
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
Viaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreiroViaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreiro
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Barro
BarroBarro
Barro
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 

Viewers also liked

Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
Heladio Anxo Fernández
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
Heladio Anxo Fernández
 

Viewers also liked (9)

Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Similar to Arcos De Furco

Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
guest2d4de8
 
Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
guest2d4de8
 
Concello de Arzúa
Concello de ArzúaConcello de Arzúa
Concello de Arzúasiil_
 
Concello de Coirós
Concello de CoirósConcello de Coirós
Concello de Coirósmanuper
 
cabana de bergantiños
cabana de bergantiñoscabana de bergantiños
cabana de bergantiñostu_puta_madre
 
Un libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Un libro un concello percorrendo a provincia da CoruñaUn libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Un libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroYolanda Castro
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
monadela
 
Excursión a Betanzos
Excursión a BetanzosExcursión a Betanzos
Excursión a Betanzosmackerel100
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
Josefina Carballo Blanco
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
maribeliglesias64
 
A estrada
A estradaA estrada
A estradanonpodo
 

Similar to Arcos De Furco (20)

Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
 
Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
 
Concello de Arzúa
Concello de ArzúaConcello de Arzúa
Concello de Arzúa
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
Concello de Coirós
Concello de CoirósConcello de Coirós
Concello de Coirós
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
cabana de bergantiños
cabana de bergantiñoscabana de bergantiños
cabana de bergantiños
 
Un libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Un libro un concello percorrendo a provincia da CoruñaUn libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
Un libro un concello percorrendo a provincia da Coruña
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaro
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
 
MESIA
MESIAMESIA
MESIA
 
Excursión a Betanzos
Excursión a BetanzosExcursión a Betanzos
Excursión a Betanzos
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 
Pobra do Caramiñal
Pobra do CaramiñalPobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
A estrada
A estradaA estrada
A estrada
 
Berres
BerresBerres
Berres
 

More from Heladio Anxo Fernández

Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Magán
MagánMagán
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Heladio Anxo Fernández
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
Heladio Anxo Fernández
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
Heladio Anxo Fernández
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10Heladio Anxo Fernández
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
Heladio Anxo Fernández
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
Heladio Anxo Fernández
 

More from Heladio Anxo Fernández (20)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Arcos De Furco

  • 1. ARCOS DE FURCO: A CASIÑA, CORNADO, DUCÍO Natalia García (3ºA) Natalia Soto (3ºA) Manuel Martínez (3ºB) Sandra Piñeiro (3ºB)
  • 2. SAN BREIXO DE ARCOS DE FURCOS San Breixo de Arcos de Furcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis. A parroquia situada nas abas do monte Arca e Castroloureiro limita ao norte e leste co concello da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A Estrada, Ouzande e A Somoza. Ao sur e oeste coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro, Couselo e Portela, todas elas do concello de Cuntis. Ten uns 700 habitantes en 11 entidades de poboación. Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso, ademais do enclave do Alvedro en Loureiro de Arriba (parroquia de Portela), preto do Piñeiro. Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val do río Gallo, afluente do Umia, que nace nesta parroquia, ao pé do Castro de Arcos e do monte da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da parroquia. Detras destes montes, esténdese por unha zona deshabitada, de formas onduladas, coñecida co nome de Chan da Quenlla. Aquí atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena lagoa, que nos últimos anos se veu moi deteriorada e desecada pola plantación extensiva de eucalipto.
  • 3. DUCÍO Na primeira fotografía vese a entrada a Ducío, a parada do autobús, as primeiras casas, un eucaliptal ó lonxe, un muro de pedra, a eira e dous hórreos. Na segunda fotografía vese un lavadoiro oculto polas vimbieiras, unha casa grande que antigamente era dun cura dunha familia rica do lugar, e agora é dun médico que a restaurou, un hórreo, a carballeira, o resto de casas da aldea e fincas. Na fotografía da abaixo vemos as casas que están fóra do núcleo da aldea, pero que forman parte dela tamén. Na época medieval chamábase Doçiu. O lugar de Ducío ten forma de ele. A estrada que atravesa o lugar de Ducío leva a Ferreiros e A Estrada. As casas do lugar son antigas, é decir, a maioría están feitas de pedra.
  • 4. MÁMOAS E CASTROS Arcos estivo habitado en tempos prerromanos. Mostra disto son os castros de Arcos (Castro da Aurela ou Ourela), e Castro Loureiro. Detrás do Castro da Aurela esténdese o coñecido Campo das Tombas, ampla zona poboada por mámoas, que datan de arredor de 3000 a.c., das que polo de agora non se desenterrou ningunha. Hai contabilizadas 4 mámoas no Campo das Tombas e outras 4 de pequeño tamaño no Chan do Castro de Arcos. O castro da Aurela presenta unha croa practicamente circular. Propiedade da comunidade de montes de Arcos, está localizado nun monte do lugar de Arcos de Arriba nunha altitude de 502 metros. Presenta un estado de conservación bo, debido á súa inaccesibilidade e elevada altitude, que imposibilitou a súa explotación agrícola e forestal. Na actualidade a acción da Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis, impediu a repoboación forestal neste castro que permanece totalmente libre de vexetación. En canto ó folclore, un dito popular na zona di así: ”Dende o castro de Arcos ó de Loureiro, hai un muíño roendo ouriño”. Os veciños de Arcos aínda lembran cando subían ó castro para ver os fogos do Apóstolo.
  • 5. A IGREXA DE SAN BREIXO Adicada a San Breixo, un santo mártir portugués que morreu co pescozo atravesado por un coitelo, a igrexa de Arcos de Furcos, foi trasladada pedra a pedra, de Arcos de Arriba do lugar da Manguela, no que houbo un antigo mosteiro fundado polo bispo Sisenando no seculo IX. Esta igrexa é de orixe románica. Ten un corredor central e dous laterais, que forman unha cruz latina. Súbese polo interior ó campanario, ten unha sancristía que sobresae no lado dereito, e que ten na súa parede un homenaxe a un canónigo, ten tres confesionarios. Na fachada, á dereita, ten esculpido os nomes dos mortos do bando franquista da Guerra Civil, e unha cruz branca das misións. A seu redor aínda quedan algunhas tumbas. Tamén vemos a entrada ao cemiterio subterráneo que é moi antigo e hai xente que vén velo, as claraboias de cristais que hai no chan deixan pasar a claridade e ten un muro de pedra con dez columnas. O máis valioso desta igrexa son o cruceiro e o baldaquino que se atopan no valado exterior, ambos goticos, e tamén os cemiterios subterraneos dos que só hai dous en Galicia.
  • 6. O BALDAQUINO No muro do adro parroquial está o baldaquino de época gótica, con tres lumieiras. Represéntanse tres escenas bíblicas: a Natividade, a Adoración dos Reis Magos e o Desencravo de Xesucristo. Existiu unha cuarta lumieira, hoxe desaparecida, na que se representaba -segundo parece-, a Anunciación. Un altar de pedra, cos símbolos dos mártires do cristianismo (neste caso facendo alusión a San Breixo), unha pía bautismal e unha sepultura con caracteres góticos completan o fermoso conxunto.
  • 7. OS CEMITERIOS SUBTERRÁNEOS Estas son fotos da entrada e do interior dun dos cemiterios subterráneos de Arcos. Os máis grandes son de varias familias, e pódense visitar calquera dia, pero hainos dunha soa familia e estes estan cerrados case todo o ano, só se abren o Día dos Defuntos. Estan moi ben conservados, sen humidades, grazas aos ultimos arranxos que financiou a Deputacion de Pontevedra.
  • 8. O CRUCEIRO O cruceiro que se atopa no cemiterio desta parroquia, estaba no adro pero no ano 1936 rompeu e anos máis tarde trasladouse ó cemiterio vello. É o máis antigo do concello datando a súa existencia do século XVII, aínda que se cree que é do século XVI. Na cruz represéntase a Piedade, co Cristo morto no colo da Virxe, e de fronte a Crucifixión. Ten todo o fuste decorado con figuriñas e motivos relixiosos relacionados coa paixón e a morte de Cristo. Debaixo ten un altar de pedra.
  • 9. A CAPELA DE SAN RAMÓN DA ANLLADA A parroquia de Arcos de Furcos era nos sec XIX e XX a que máis curas daba á diocese de Santiago. Un deses curas era o de San Andres de Vea (A Estrada) ó que os veciños botaron da parroquia polas ideas políticas. Este voltou enton a Arcos traendo con el a capela do San Ramón que mandara facer en Vea, pedra a pedra, en carros de bois, e mandouna reconstruir na Anllada nun terreo propiedade dos fregueses. Reconstruiuse tamén o cruceiro que ten ó seu carón que xa foi derrubado dúas veces por estar á beira da estrada e foi retirado uns metros para atrás. Nel podemos ver unha dorosa co seu corazón atravesado e no fuste unha figura á que lle falta a cabeza por mor do derrube. O último fin de semana de agosto celébrase aquí a festa en honor do santo.
  • 10. A CAPELA DE SAN RAMÓN DA ANLLADA: interior Este é o interior da capela, coas imaxes de San Ramón e a Virxe de Lourdes. A capela está moi ben coidada , xa que de Arcos sairon tantos curas, algún deles, coma o cura dos Milagres de Amil ,nado no Caeiro, pagou o ultimo arranxo. poñendo todo o chan de pedra. Hai unha señora encargada de cortar o céspede do adro, e tamén de limpala por dentro.
  • 11. O PETO DA VIRXE DE MONTSERRAT A virxe pirenaica da Nosa Señora de Montserrat, a cariñosamente coñecida como La Moreneta, na parroquia de Arcos de Furcos tivo moito fervor popular. O peto está situado na aldea da Casiña, onde aínda hoxe os veciños depositan patacas e froitos da terra como ofrenda e rogativa, co obxecto de obter unha boa colleita para o seguinte ano. A virxe representase sentada e co neno no colo, nunha rexión montañosa (simbolizado a cordilleira de Montserrat, en Cataluña) e con dúas figuras humanas ó seu pé que representan a peregrinos que van cara o santuario. Foi restaurada xunto co lavadoiro e a fonte hai uns anos. Na propia igrexa da parroquia tamén aparece a súa talla, curiosamente cun branco facial que non lle é característicao (xa que toda as Monserrat son negras).
  • 12. O MUÍÑO DO ALARGO (Manuel) Na Casiña hai 6 muíños: o muíño da Esquiza, o muíño de Porto, o muíño do Foriño, o muíño da Devesa, o muíño da Ponte e o muíño do Alargo. Antes moíase en todos os muíños, pero hoxe só se fai no da Esquiza e no da Devesa, que restauraron este verán. O muiño do Alargo, é “un muiño moi antigo na familia, porque foi construído polo avo da miña avoa, é este foise herdando ata que chegou a ser propiedade de miña avoa, e máis dun curmán”, di Manuel.. Deste muiño foi de onde saiu a primeira electricidade para a aldea. Na Casiña non houbo electricidade ata 1870. Pola noite botábanlle a auga para que movese un rodicio moi grande, que cunha polea facía xirar unha dinamo, é pola mañá cerrábaselle a auga. Tamén contan que era un dos mellores porque era moi raro que encallase (apear), é dicir que a auga cubrise o rodicio é non o deixara xirar. Este é tamén é o meu recuncho preferido, porque é onde nos xuntamos todos os amigos, aínda que agora esta en ruínas.
  • 13. O MUÍÑO DA DEVESA Este muiño recibe este nome porque no lugar que está chámase a Braña da Devesa. Este muíño é moi antigo, e nel teñen parte moitos veciños, tantos coma 17 parceiros, que teñen dereito a moer nel unhas determinadas horas. Estas horas están escritas nun papel que garda o último en usalo. Foi varias veces modificado, porque non moía ben a causa de que tiña o cubo aberto, é dicir que a auga só facia a forza da presión que levaba, pero máis tarde púxoselle un tubo, para que ademais da forza da auga, tamén fixese forza o peso que esta exercía. Nesta última reparación tamén se pensou en poñerlle unha caixa de bolas para que andase máis rápido, pero quíxose consevar como foi sempre, só cambiándolle o teito porque estaba a piques de caer.
  • 14. O MUÍÑO DA ESQUIZA Está situado entre Ducío e A Casiña e pertence a ambas aldeas desde fai máis de cen anos. Non todas as casas das dúas aldeas teñen dereito a el. Antigamente cada casa tiña certos días da semana de moenda. Unhas doce horas cada casa, unhas vinte casas. Hoxe en día hai pouca xente que vai a moer e non se utiliza o mesmo sistema de antes. A xente pide a chave a persoa encargada de tela e se non hai ninguén moendo pódese utilizar. Na fotografía vense dous muíños, pero só funciona un. A auga descende polo muíño con pouca presión e dentro hai unha cadea cun pao que se levanta para que a auga vaia a dar ó rodicio. O millo bótase nun cubo que baixa por unha rampla que chega ó ollo do muíño, que o pasa a dúas capas de pedra, onde o tritura e sae a fariña. Depositase nun caixón de madeira que ten ó redor. A fariña sácase cunha pa. Antigamente limpábase cunha xesta e agora várrese cunha vasoira pequeniña.
  • 15. O HÓRREO Este hórreo fíxose no ano 1926. Servía para gardar o millo, para os animais, para que non se mollara. A xente ía ao hórreo a coller as espigas para os coellos, cabalos, ovellas, etc. No inverno, como tiñan frío, ían polas espigas e debuxábanas ao quentiño, na casa. Este hórreo foi restaurado hai uns 10 anos, polo que semella moi novo. Hoxe é máis que nada un elemento decorativo da casa. Do hórreo de abaixo e mellor non dicir nada, é un claro exemplo de feísmo, do que nunca se debe facer.
  • 16. O POMBAL DE SOTO Este pombal está en Arcos de Arriba e é privado. Chámase o pombal de Soto. Ten forma de hexágono e está feita de pedras sen cementar. O tellado está feito con tellas do país e ten unha porta pequena de madeira. As pombas entraban por unha fiestra que agora está pechada. Por dentro teñen un sitio para baixar e meterse nuns machinais. Debe ter máis de douscentos machinais. Abaixo ten un círculo onde lle botaban o millo as pombas. Debe de ter máis de cen anos. Actualmente está pechado. Como se pode ver ó seu redor hai moita maleza.
  • 17. A ESCOLA UNITARIA Estas son os dous edificos da escola unitaria de Arcos. Só se usa un coma escola. Está bastante descoidada, con moita maleza, e tras delas incluso hai dúas granxas, unha delas abandonada (foto de baixo), o que non axuda a crear un entorno axeitado para unha escola. Aínda así, algúns sábados pola mañá imos uns cantos rapaces e rapazas de Arcos a xogar ao fútbol e outras cousas. Na que non usan os rapaces danse clases de inglés, manualidades, etc. para os veciños.
  • 18. A FONTE DE DUCÍO Nesta fotografía vemos unha fonte onde beben as poucas vacas que quedan na aldea, e tamén a xente que pasa polo lugar para coller auga visto que é moi sá. Está no medio da aldea. Ten detrás un muro de pedra. Bota auga todo o ano, tendo o manacial nunhas fincas a un quilómetro da fonte, nun lugar chamado Aveán. Antigamente estaba situada no muro da miña eira e foi trasladada fai cincuenta anos. A placa colocada despois do traslado ten escrito: “Diputación y ayuntamiento, cooperación”. Como pode verse non está moi ben coidada e hai xente que a quere restaurar coa axuda da xente da aldea e pedindo unha subvención.
  • 19. A FONTE DA CASIÑA Na aldea da Casiña non había auga. Grazas os veciños de toda conseguírona e trouxérona do monte, da Pedragueira en Ferreiros. A auga veu para a Casiña no ano 1965-1966. O lavadoiro ´fíxose no ano 1967- 1968. Ó lavadoiro ían os veciños e a xente doutras aldeas a lavar a roupa (antes non había lavadoras). Hoxe xa ningúen vai lavar a roupa e a fonte é máis decorativa que outra cousa. O lavadoiro restaurárono hai uns catro ou cinco anos.
  • 20. A PEDREGUEIRA A Pedregueira é unha fonte que nos dá auga potable para toda a aldea da Casiña. Está situada un preto do Piñeiro, Cando foi descuberta, haberá uns 45 anos, foi traída con tubaxes a todas as casas da aldea. As persoas da aldea foron quen, mediante o seu esforzo, fixeron unha gabia e conduciron os tubos ata uns depósitos. A auga que sobra sae para o lavadoiro, por iso non sempre está botando. Este feito non ten o aprezo que merece, porque en moitos lugares teñen que mercar auga, é nos témola gratis.
  • 21. A FONTE DA VARXE Esta fonte está situada nun lugar chamada a varxina, por iso lle foi posto ese nome. Ainda que pouco se sabe dela, porque non se sabe onde nace, sábese que é potable, por un estudo que fixeron. Non é unha fonte como as que se ven por aí, senón algo natural que sae por unha cova pequena, e baixa por un lugar feito na pedra debido a erosión que esa auga exerceu sobre ela. Esta situada nun lugar dificil de encontrar pa quen nunca foi alí porque hai moitos camiños e engánante un pouco.
  • 22. CERCADOS E CULTIVOS Este cercado de leira é privado, está separando as eiras de dúas casas. Está feito de pedras grises, chamadas de Moraña, que están enterradas e teñen un metro de altura e trinta de ancho sen cemento de unión. Fixérono hai sesenta anos. Aínda que non se vexa cada eira ten un hórreo. Antigamente debaixo dun deles había un niño de avellas. Na fotografía de abaixo vese unha das poucas fincas que ten millo na aldea, que é propiedade dunha das catro persoas que teñen vacas, porque o resto da xente nova traballa no comercio e na industria. Vese o millo esfollado aínda que no medio estaba sen coller porque estaba verde.
  • 23. UNHA CARBALLEIRA CENTENARIA Esta carballeira centenaria é privada. Antigamente estaba moi coidada porque a xente levaba as vacas a pacer e podaban os carballos para que tivesen máis vigor, pero agora está abandonada. Nesta carballeira hai unha fonte que foi renovada este ano e antigamente era un lavadoiro. A pedra que ten abaixo era antigamente unha pía que estaba posta noutro sitio, onde bebían as vacas. Está situada no medio do lugar e esta é a parte de abaixo da carballeira. Ó lado hai a eira dunha casa.
  • 24. O RÍO GALLO O río Gallo é un afluente do río Umia. O río Gallo nace en Ferreiros no “Muiño do Rato”. Ferreiros e unha aldea de Arcos de Furcos. O río Gallo pasa por Ferreiros, Ducio, A Casiña, Anllada (o candán), Cuntis, Meira e vai desembocar no Umia un pouco máis arriba da Ponte Taboada (Cuntis). O río ten unha lonxitude aproximada e 15 quilómetros..
  • 25. AS TABERNAS Estas son as duas tabernas de Arcos de Furcos. A primeira está no campo da festa, ó lado da igrexa. As festas patronais de Arcos son do 1 ó 4 de outubro. A segunda esta no lugar da Casiña, pegada á estrada. No campo que se observa na foto de arriba é onde se fan as festas patronais, aínda que agora hai debate, porque non é un bo terreo e uns prefírenas facer aí, onde se fixeron toda a vida, outros que se fagan na horta do cura e a minoría que desapareza a festa. Nos tempos das nosas avoa, a xente subía aos balcóns que hai na taberna e miraban a festa. Hai uns anos eran tamén comercios, hoxe en día é un sitio público de encontro das persoas maiores, mozos e nenos. Aquí é onde nos encontramos despois da misa e quedamos para baixar a Cuntis polas tardes. Polas tardes soamente hai xente maior para xogando as cartas.
  • 26. CASAS DE TURISMO RURAL Estas son as duas casas rurais que temos en Arcos. A da primeira foto é a casa rural “Minguiños da Ponte” e está en Arcos de Arriba. A segunda esta na Casiña, a propietaria e Puri Togariños, unha coñecida pintora. Case sempre se aluga a casa enteira, e nas paredes, asi coma nos cabeceiros das camas colgan pinturas da dona. Esta casa chámase a ‘Villa do Campo’. Esta é a casa máis grande da aldea, Está situada nun lugar chamado “O Rego do Campo”, xunto ao lavadoiro. Ali residia un home chamado José, que era canteiro, dedicábase a facer fornos artesanais para facer o pan, capas para os muiños, é moitas cousas máis.
  • 27. O CARPINTEIRO Este home é o único carpinteiro da aldea que traballa como se facía antigamente. Aprendeu o oficio do seu pai. Vive no Caeiro e chámase José Luís Touriño Ferro. Nesta fotografía está medindo as portas dun armario que lle pediron facer, vai ser un armario branco. Algúns dos seus instrumentos que me mostrou máis antigos son o cepillo, que serve para alisar a madeira, o gramil, que serve para trazar liñas paralelas pola beira dunha peza en escuadra, o cepillo de desbaste, o cepillo curvo e a garlopa, que serve para igualar e pulir a superficie de madeira. Na Casiña hai outra carpintería, pero que traballa de maneira industrial.
  • 28. A CARPINTERÍA INDUSTRIAL Está carpinteria xa existía no ano 1960. Naqueles tempos utilizaban as trenchas, a serra de madeira, o serrón... porque non había maquinas como as que hai hoxe en día. Despois esta carpintería cerrouse porque o dono se xubilou. Cando casou a filla do dono, o xenro volveuna abrir. Isto ocorreu arredor do ano 1993. O xenro foi modernizando a caprpintería, que pasou de ser un talle a unha fábrica con máquinas e mesmo comprou unha finca para facer oficinas e almacéns.
  • 29. CASAS (Natalia García) Esta é unhas das moitas casas que non me gustan poque, a verdade é que hai moito onde escoller. Casas co ladrillo á vista ou coma esta sen restaurar, hai moitas. Elixín esta por estar abandonada sendo de ricos, e estando nun lugar no que todo o arredor está moi coidado. Así, aínda se fai máis fea . E nin mais nin menos ca casa do cura (casa reitoral), ten un grande terreo arredor, antes cheo de froiteiras e agora, ó igual ca casa, está abandonado.
  • 30. CASAS (Natalia García) O que máis me gusta da miña casa son as vistas. Por debaixo dela pasa o río , as mañás pódense ver garzas e aguias cazando, e dende o balcón vexo os montes do Xesteiras e da Ermida. Era unha casa antiga. Chamabanlle a Casa da Señorita, porque era dunha solteira que viñera de Cuba chea de cartos, pero a soidade levouna á bebida e cando morreu, meu avó comprou a casa . Ten un pequeño xardin e unha finca cerrada con moitas froiteiras.
  • 31. CASAS (Sandra) Esta casa non está mal pero non me gusta porque está soa, illada das outras casas da Casiña. En cambio, as outras casas gústanme porque están moi xuntiñas e cando saes da casa podes falar con alguén. Debe ter uns 100 anos, de pedra. Dentro da casa vai moito frío.
  • 32. CASAS (Sandra) Esta é casa que máis me gusta. Din que vai que ser para Turismo Rural, pero non o sei seguro. A casa estba en ruínas, co tellado caéndose e hai uns dous anos mercárona un profesor que deu clases no Colexio, Mario Iglesias, e a súa muller, e restaurárona. Hoxe é a casa que máis destaca na Casiña. Ademais da casa, tamén me gusta moito o patio co pozo, as árbores e o céspede.
  • 33. CASAS (Manuel) Esta é a casa que máis me gusta pola restauración que fixeron os donos. Antes era unha casa que estaba en moi mal estado, e con moito traballo foi restaurada, para o meu gusto é a casa máis bonita da aldea da Casiña. Os motivos do por que me gusta son: O seu emprazamento, a orde en que foron situadas cada unha das partes como o xardín, o antigo garaxe, a caseta de madeira; o tipo de tellado; o cerrado do arredor. Creo que debería de haber máis restauración de casas e non degradar a paisaxe construíndo máis casas, ademáis do que se aforraría en tirar a casa vella e volver a empezar de novo para facer outra.
  • 34. CASAS (Manuel) A casa de Doña Sofía, foi a primeira escola que houbo na aldea, onde recibiu clases meu bisavó. Polo que contan era unha profesora moi dura, que a mínima poñíate de xeonllos encima dunhas areas cos brazos estendidos, e rezando. Aínda que profesores duros hainos en todos os centros. Esta señora era dunha familia moi rica, e a filla casou cun indio, e Doña Sofía foi vivir para Madrid, por iso esta casa está en ruinas. Esas riquezas non eran riquezas de cartos, porque meu avó contoume que antes as riquezas mirábanse polos horreos, cantos máis claros tivese o horreo máis rica era a familia.
  • 35. O MEU RECUNCHO (Natalia García) Este é o meu recuncho. Está fóra da casa, antigamente era unha palleira, agora arranxada. Cando chove estase moi ben, e cando fai sol tamén, porque está ben illada. Na imaxe só se observa unha tele, pero tamén teño o futbulín, unha cama, un escritorio para estudar, un espello para bailar e outras cousas coma un pequeño ximnasio para facer deporte e de paso adelgazar. Ademais pinteino eu a miña maneira e gústanme as cores e a decoración, que tamén e miña.