A II República (1931-1936)
Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera




 O longo período de réxime liberal da
 Restauración (1976-1923) rematou coa
 Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

 Eran dous réximes ao servizo dos
 intereses dos poderosos, que
 monopolizaban o poder e reprimían
 calquera protesta das clases populares
 co apoio do Exército e da Igrexa.

 O intento de volver á Restauración en
 1930 foi un fracaso que tamén provocou
 a caída da Monarquía de Alfonso XIII.




                                            Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
A España de 1930


España tiña uns 23 millóns de
habitantes. Máis de 10 millóns non
sabían ler nin escribir.

O 47% da poboación activa traballaba na
agricultura. Case 2 millóns de labregos
eran xornaleiros sen terra que se
concentraban no sur. Os campesiños
galegos sobrevivían en reducidos
latifundios.
                                              Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo
O 20% da poboación activa traballaba
nas fábricas, na mineiría e na
construción, con soldos insuficientes e
horarios excesivos.

Os sindicatos (a CNT anarquista e a
UGT socialista) tiñan as súas bases nas
áreas industriais de Cataluña e o País
Vasco, e entre os xornaleiros andaluces.

A crise do 29 afectou sobre todo ás
clases populares, aumentando moito o
desemprego nos anos trinta.


                                             Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
A proclamación da República (abril de 1931)

As forzas republicanas uníronse en
agosto de 1930 no chamado Pacto de
San Sebastián. En decembro, o intento
de pronunciamento militar republicano
iniciado en Jaca, fracasou.

O 12 de abril celeráronse eleccións
municipais, gañando as candidaturas
republicanas nas grandes cidades.

O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao
exilio. Proclamouse a República cun
enorme entusiasmo popular.

O Comité Revolucionario saído do Pacto
de San Sebastián tomou o poder,
formando un Goberno provisional.




                                           Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931


O Goberno provisional convocou
eleccións en xuño de 1931, que gañaron
as esquerdas. Formouse un goberno de
coalición entre republicanos de
esquerda e socialistas.

Elaborouse unha nova Constitución, na
que as esquerdas impuxeron a súa
maioría parlamentaria. Os artigos máis
discutidos foron os relacionados coa
organización do territorio (as
autonomías), as relacións Igrexa-Estado
e o voto das mulleres.
O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa


Na Constitución separouse a Igrexa do
Estado, rematando cos privilexios
seculares da Igrexa católica: suprimiuse
a contribución económica do Estado;
prohibiuse que as Ordes relixiosas
exerceran o ensino, a industria ou o
comercio; secularizáronse os
cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio;
etc.

As esquerdas vían á Igrexa como unha
aliada das clases dominantes, e estas
fixeron da cuestión relixiosa un           Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931)
elemento fundamental da súa oposición
á República.

A Igrexa apoiou á dereita e serviu en
1936 de coartada ideolóxica ao bando
franquista na Guerra Civil.
O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías
A existencia de forzas nacionalistas nas
tres rexións con lingua propia, con gran
apoio en Cataluña (Esquerra
Republicana), levou a que na
Constitución se recollera a posibilidade
de que se aprobasen estatutos e se
creanse gobernos autónomos, fronte a
unha dereita centralista que os vía coma
un atentado á unidade da patria.               Cataláns a favor do Estatuto

O Estatuto catalán aprobouse en 1932,
pero o vasco e o galego non puideron
aplicarse polo estalido da Guerra Civil.




                                           Campaña contra o Estatuto catalán
O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres
Na II República as mulleres viron mellorar
como nunca a súa situación xurídica e
social. Recoñeceuse a súa igualdade cos
homes.

Na conquista do sufraxio foi fundamental a
loita da deputada Clara Campoamor, fronte
a oposición ou indeferenza da maioría dos
deputados,      mesmo de moitos das
esquerdas que pensaban que as mulleres
podían ser manipuladas.

Conseguiuse a igualdade xurídica cos
homes, regulouse o matrimonio civil e o
divorcio e equiparouse o dereito á
educación e ao traballo.

Non sempre sen conseguiu, a pesar da
lexislación, romper o machismo
sociolóxico, pero todos os avances na
igualdade remataron co triunfo do
franquismo.




                            Clara Campoamor
O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación



Impulsouse o ensino público para
diminuír o elevado analfabetismo (30%,
40% nas mulleres). Construíronse 5.000
novas escolas cada ano, formándose
miles de novos mestres.

Tamén se fomentou a creación de
bibliotecas ambulantes, das Misións
Pedagóxicas (escolas itinerantes) e
grupos de teatro como La Barraca,
formado por universitarios voluntarios e
que promoveu García Lorca.

Todas estas medidas contaron coa
pechada oposición da Igrexa e da
dereita, que as vían como un perigo que
atentaba contra o control que
tradicionalmente exercían sobre a
sociedade.




                                           Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército



A depuración dos elementos máis
reaccionarios, subordinado o Exército
ao poder civil, e a reducción do elevado
número de oficiais foron os dous
obxectivos principais do Goberno.

Sen embargo, os altos oficiais seguiron
a ser maioritariamente conservadores e
dispostos a intervir na vida política.

En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa
                                                  Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932)
encabezou un intento de golpe de
estado (a sanjurjada) contra as reformas
republicanas. Fracasou pero foi o
primeiro aviso do que aconteceu en
1936.




                                           Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social

O Goberno aprobou medidas
encamiñadas a mellorar a situación dos
traballadores. Pero estas eran
insuficientes nun contexto de crise
económica cun forte aumento do paro.
A reforma agraria non se aprobou ata
setembro de 1932 e aplicouse con moita
lentitude.

A conflitividade social foi en aumento,
protagonizada polos sindicatos, sobre
todo o anarquista da CNT. Houbo
contantes enfrontamentos entre as
forzas de orde pública e os               Matanza de Casas Viejas
traballadores. O de máis sona foi o de
Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron
23 xornaleiros que participaran nunha
ocupación de fincas.

A conflitividade provocou a rotura da
coalición de goberno e a convocatoria
de eleccións en novembro de 1933, nas
que participaron por primeira vez as
mulleres.




                                              Folga en Valencia
O Bienio de Dereitas (1933-1936)




Nas eleccións a esquerda sufriu unha
importante derrota. O partido máis
votado foi a CEDA (Confederación de
Dereitas Autónomas) pero, ao non
aceptar a República o partido que
formou goberno foi o Partido Radical de
Lerroux.

Neste período paraliráronse as medidas
reformistas do primeiro bienio,
devolvendo ás clases privilexiadas á
posición dominante de que gozaban ata
a proclamación da República.




                                          Cola para votar nas eleccións de 1933
O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro

A vida política radicalizouse        e a
conflitividade social foi en aumento. O
PSOE e a UGT decidíronse pola vía
revolucionaria, as dereitas contactaron
cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia
e a maioría dos partidos crearon milicias
armadas.

No verán de 1934 as esquerdas (agás a
CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras
para frear ao fascismo. En outubro          Columna de prisioneiros en Asturias
iniciaron un movemento revolucionario
cando entraron cinco ministros da
CEDA no Goberno.

A revolución só triunfou en Asturias,
onde tamén participaron os anarquistas.
Os obreiros controlaron a situación
durante dúas semanas, sendo
derrotados polas forzas coloniais de
Marrocos, baixo a supervisión de
Franco. A represión foi moi dura, con
30.000 encarcerados, entre eles o
goberno da Generalitat catalá.



                                            Goberno da Generalitat preso. Alfonso
A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936)
O Goberno de Lerroux caeu por un
escándalo de corrupción: o estraperlo.
Nas eleccións de febreiro a esquerda
acudiu unida na Fronte Popular e
venceu por pouca marxe ás dereitas.

A política da Fronte Popular (co galego
Casares Quiroga como xefe do
Goberno) limitouse a acelerar as
reformas postas en marcha no primeiro
bienio.




                                          Cartel da CEDA con Gil Robles




                                          Zonas onde gañou a Fronte Popular
A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra



A dereita non aceptou os resultados das
eleccións de febreiro e aceleraron os
preparativos para facerse co poder pola
forza.

A violencia política foi en aumento, con
numerosos enfrontamento nas rúas (en
cinco meses houbo 269 asasinatos
políticos).
                                                     Tensión nas rúas
Os asasinatos do tenente Castillo polos
falanxistas e do deputado da dereita,
Calvo Sotelo, como vinganza, foron a
escusa para que os conspiradores
iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo
na colonia marroquí.




                                            Tenente Castillo e Calvo Sotelo
O Estatuto de Autonomía de Galicia

Os grupos nacionalistas galegos
crearon o primeiro partido político en
1931: o Partido Galeguista. A súa acción
política centrouse na consecución da
autonomía.

O Estatuto iniciou o seu proceso de
aprobación en 1932, cando foi apoiado
polos concellos de Galicia reunidos en
Santiago. Durante o Bienio de Dereitas
paralizouse todo o proceso autonómico.
                                                     Alonso Ríos na campaña do Estatuto
En 1936 o Partido Galeguista únese á
Fronte Popular e o 28 de xuño
celebrouse o referendo, sendo aprobado
por unha gran maioría.

Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou
para conseguir que as Cortes da
República aprobasen o Estatuto, nunha
decisión máis simbólica que efectiva,
que non tivo transcendencia ata a
Constitución de 1978, cando Galicia é
recoñecida como nacionalidade
histórica.



                                           Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
VIDA COTIÁ: campesiños




Descanso da malla, Mequinenza, 1932                        Familia campesiña, 1932




Traballando no campo andaluz          Campesiñas galegas         Carro en San Ramón, Lleida
VIDA COTIÁ: obreiros e empregados




  Pescadaría en Madrid, 1935         Mineiros asturianos, 1934         Perruquería de Sevilla, 1934




Canteira en Collado Mediano    Traballador dunha imprenta, 1932   Construción do viaduto en Madrid, 1935
VIDA COTIÁ: mulleres




 Na escola, Madrid, 1936                                                     Extraendo sangue, 1934




                            Modistillas pedindo noivo a San Antonio,
                                      Madrid, 1933. Alfonso



                                                                       Mulleres na industria téxtil
Modistas, Madrid, 1934
VIDA COTIÁ: traballos á marxe




Home anuncio en Barcelona, 1934.                Casimiro Municio, verdugo de      Recollendo cabichas en Madrid, 1934.
          Centelles                                 Madrid, 1932. Alfonso




       Vendedores de gravatas en Madrid, 1935                                  Prostitutas e ‘chulos’
VIDA COTIÁ: educación




Autobús das Misións Pedagóxicas     Nenos nunha representación da Misións   Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas




     Nenos e nenas na escola                        Escola                         Aula da Universidade de Madrid
VIDA COTIÁ: a relixión




Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935                  Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles




Procesión en Sevilla                  Curas con nenos orfos                          A primeira misa, 1935
VIDA COTIÁ: os deportes




   Partido de fútbol en Gijón                                    Partido de baloncesto España & Portugal




Ximnasio en Gijón               Vicente Trueba, ciclista, 1933                    Ricardo Zamora, 1936
VIDA COTIÁ: as cidades




Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932                         Rúa do Progreso, Ourense                 Vigo, 1935




Tranvía de Madrid                             Praza da República de Vilagarcía                 Praza de Lepanto, Cuntis
VIDA COTIÁ: estampas




  Moeda de dunha peseta de 1933                                Teléfono




                                                                                              Anuncio de 1936




Cartel de Bagaría                 Portada dunha revista naturista         Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934
II República (1931-1936)

II República (1931-1936)

  • 1.
    A II República(1931-1936)
  • 2.
    Antecedentes: Restauración eDitadura de Primo de Rivera O longo período de réxime liberal da Restauración (1976-1923) rematou coa Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Eran dous réximes ao servizo dos intereses dos poderosos, que monopolizaban o poder e reprimían calquera protesta das clases populares co apoio do Exército e da Igrexa. O intento de volver á Restauración en 1930 foi un fracaso que tamén provocou a caída da Monarquía de Alfonso XIII. Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
  • 3.
    A España de1930 España tiña uns 23 millóns de habitantes. Máis de 10 millóns non sabían ler nin escribir. O 47% da poboación activa traballaba na agricultura. Case 2 millóns de labregos eran xornaleiros sen terra que se concentraban no sur. Os campesiños galegos sobrevivían en reducidos latifundios. Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo O 20% da poboación activa traballaba nas fábricas, na mineiría e na construción, con soldos insuficientes e horarios excesivos. Os sindicatos (a CNT anarquista e a UGT socialista) tiñan as súas bases nas áreas industriais de Cataluña e o País Vasco, e entre os xornaleiros andaluces. A crise do 29 afectou sobre todo ás clases populares, aumentando moito o desemprego nos anos trinta. Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
  • 4.
    A proclamación daRepública (abril de 1931) As forzas republicanas uníronse en agosto de 1930 no chamado Pacto de San Sebastián. En decembro, o intento de pronunciamento militar republicano iniciado en Jaca, fracasou. O 12 de abril celeráronse eleccións municipais, gañando as candidaturas republicanas nas grandes cidades. O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao exilio. Proclamouse a República cun enorme entusiasmo popular. O Comité Revolucionario saído do Pacto de San Sebastián tomou o poder, formando un Goberno provisional. Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
  • 5.
    O Bienio Progresista(1931-1933): A Constitución de 1931 O Goberno provisional convocou eleccións en xuño de 1931, que gañaron as esquerdas. Formouse un goberno de coalición entre republicanos de esquerda e socialistas. Elaborouse unha nova Constitución, na que as esquerdas impuxeron a súa maioría parlamentaria. Os artigos máis discutidos foron os relacionados coa organización do territorio (as autonomías), as relacións Igrexa-Estado e o voto das mulleres.
  • 6.
    O Bienio Progresista(1931-1933): A Igrexa Na Constitución separouse a Igrexa do Estado, rematando cos privilexios seculares da Igrexa católica: suprimiuse a contribución económica do Estado; prohibiuse que as Ordes relixiosas exerceran o ensino, a industria ou o comercio; secularizáronse os cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio; etc. As esquerdas vían á Igrexa como unha aliada das clases dominantes, e estas fixeron da cuestión relixiosa un Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931) elemento fundamental da súa oposición á República. A Igrexa apoiou á dereita e serviu en 1936 de coartada ideolóxica ao bando franquista na Guerra Civil.
  • 7.
    O Bienio Progresista(1931-1933): as autonomías A existencia de forzas nacionalistas nas tres rexións con lingua propia, con gran apoio en Cataluña (Esquerra Republicana), levou a que na Constitución se recollera a posibilidade de que se aprobasen estatutos e se creanse gobernos autónomos, fronte a unha dereita centralista que os vía coma un atentado á unidade da patria. Cataláns a favor do Estatuto O Estatuto catalán aprobouse en 1932, pero o vasco e o galego non puideron aplicarse polo estalido da Guerra Civil. Campaña contra o Estatuto catalán
  • 8.
    O Bienio Progresista(1931-1933): as mulleres Na II República as mulleres viron mellorar como nunca a súa situación xurídica e social. Recoñeceuse a súa igualdade cos homes. Na conquista do sufraxio foi fundamental a loita da deputada Clara Campoamor, fronte a oposición ou indeferenza da maioría dos deputados, mesmo de moitos das esquerdas que pensaban que as mulleres podían ser manipuladas. Conseguiuse a igualdade xurídica cos homes, regulouse o matrimonio civil e o divorcio e equiparouse o dereito á educación e ao traballo. Non sempre sen conseguiu, a pesar da lexislación, romper o machismo sociolóxico, pero todos os avances na igualdade remataron co triunfo do franquismo. Clara Campoamor
  • 9.
    O Bienio Progresista(1931-1933): a Educación Impulsouse o ensino público para diminuír o elevado analfabetismo (30%, 40% nas mulleres). Construíronse 5.000 novas escolas cada ano, formándose miles de novos mestres. Tamén se fomentou a creación de bibliotecas ambulantes, das Misións Pedagóxicas (escolas itinerantes) e grupos de teatro como La Barraca, formado por universitarios voluntarios e que promoveu García Lorca. Todas estas medidas contaron coa pechada oposición da Igrexa e da dereita, que as vían como un perigo que atentaba contra o control que tradicionalmente exercían sobre a sociedade. Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
  • 10.
    O Bienio Progresista(1931-1933): o Exército A depuración dos elementos máis reaccionarios, subordinado o Exército ao poder civil, e a reducción do elevado número de oficiais foron os dous obxectivos principais do Goberno. Sen embargo, os altos oficiais seguiron a ser maioritariamente conservadores e dispostos a intervir na vida política. En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932) encabezou un intento de golpe de estado (a sanjurjada) contra as reformas republicanas. Fracasou pero foi o primeiro aviso do que aconteceu en 1936. Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
  • 11.
    O Bienio Progresista(1931-1933): A conflitividade social O Goberno aprobou medidas encamiñadas a mellorar a situación dos traballadores. Pero estas eran insuficientes nun contexto de crise económica cun forte aumento do paro. A reforma agraria non se aprobou ata setembro de 1932 e aplicouse con moita lentitude. A conflitividade social foi en aumento, protagonizada polos sindicatos, sobre todo o anarquista da CNT. Houbo contantes enfrontamentos entre as forzas de orde pública e os Matanza de Casas Viejas traballadores. O de máis sona foi o de Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron 23 xornaleiros que participaran nunha ocupación de fincas. A conflitividade provocou a rotura da coalición de goberno e a convocatoria de eleccións en novembro de 1933, nas que participaron por primeira vez as mulleres. Folga en Valencia
  • 12.
    O Bienio deDereitas (1933-1936) Nas eleccións a esquerda sufriu unha importante derrota. O partido máis votado foi a CEDA (Confederación de Dereitas Autónomas) pero, ao non aceptar a República o partido que formou goberno foi o Partido Radical de Lerroux. Neste período paraliráronse as medidas reformistas do primeiro bienio, devolvendo ás clases privilexiadas á posición dominante de que gozaban ata a proclamación da República. Cola para votar nas eleccións de 1933
  • 13.
    O Bienio deDereitas (1933-1936): a revolución de outubro A vida política radicalizouse e a conflitividade social foi en aumento. O PSOE e a UGT decidíronse pola vía revolucionaria, as dereitas contactaron cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia e a maioría dos partidos crearon milicias armadas. No verán de 1934 as esquerdas (agás a CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras para frear ao fascismo. En outubro Columna de prisioneiros en Asturias iniciaron un movemento revolucionario cando entraron cinco ministros da CEDA no Goberno. A revolución só triunfou en Asturias, onde tamén participaron os anarquistas. Os obreiros controlaron a situación durante dúas semanas, sendo derrotados polas forzas coloniais de Marrocos, baixo a supervisión de Franco. A represión foi moi dura, con 30.000 encarcerados, entre eles o goberno da Generalitat catalá. Goberno da Generalitat preso. Alfonso
  • 14.
    A Fronte Popular(febreiro-xullo 1936) O Goberno de Lerroux caeu por un escándalo de corrupción: o estraperlo. Nas eleccións de febreiro a esquerda acudiu unida na Fronte Popular e venceu por pouca marxe ás dereitas. A política da Fronte Popular (co galego Casares Quiroga como xefe do Goberno) limitouse a acelerar as reformas postas en marcha no primeiro bienio. Cartel da CEDA con Gil Robles Zonas onde gañou a Fronte Popular
  • 15.
    A Fronte Popular(febreiro-xullo 1936): cara a Guerra A dereita non aceptou os resultados das eleccións de febreiro e aceleraron os preparativos para facerse co poder pola forza. A violencia política foi en aumento, con numerosos enfrontamento nas rúas (en cinco meses houbo 269 asasinatos políticos). Tensión nas rúas Os asasinatos do tenente Castillo polos falanxistas e do deputado da dereita, Calvo Sotelo, como vinganza, foron a escusa para que os conspiradores iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo na colonia marroquí. Tenente Castillo e Calvo Sotelo
  • 16.
    O Estatuto deAutonomía de Galicia Os grupos nacionalistas galegos crearon o primeiro partido político en 1931: o Partido Galeguista. A súa acción política centrouse na consecución da autonomía. O Estatuto iniciou o seu proceso de aprobación en 1932, cando foi apoiado polos concellos de Galicia reunidos en Santiago. Durante o Bienio de Dereitas paralizouse todo o proceso autonómico. Alonso Ríos na campaña do Estatuto En 1936 o Partido Galeguista únese á Fronte Popular e o 28 de xuño celebrouse o referendo, sendo aprobado por unha gran maioría. Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou para conseguir que as Cortes da República aprobasen o Estatuto, nunha decisión máis simbólica que efectiva, que non tivo transcendencia ata a Constitución de 1978, cando Galicia é recoñecida como nacionalidade histórica. Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
  • 17.
    VIDA COTIÁ: campesiños Descansoda malla, Mequinenza, 1932 Familia campesiña, 1932 Traballando no campo andaluz Campesiñas galegas Carro en San Ramón, Lleida
  • 18.
    VIDA COTIÁ: obreirose empregados Pescadaría en Madrid, 1935 Mineiros asturianos, 1934 Perruquería de Sevilla, 1934 Canteira en Collado Mediano Traballador dunha imprenta, 1932 Construción do viaduto en Madrid, 1935
  • 19.
    VIDA COTIÁ: mulleres Na escola, Madrid, 1936 Extraendo sangue, 1934 Modistillas pedindo noivo a San Antonio, Madrid, 1933. Alfonso Mulleres na industria téxtil Modistas, Madrid, 1934
  • 20.
    VIDA COTIÁ: traballosá marxe Home anuncio en Barcelona, 1934. Casimiro Municio, verdugo de Recollendo cabichas en Madrid, 1934. Centelles Madrid, 1932. Alfonso Vendedores de gravatas en Madrid, 1935 Prostitutas e ‘chulos’
  • 21.
    VIDA COTIÁ: educación Autobúsdas Misións Pedagóxicas Nenos nunha representación da Misións Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas Nenos e nenas na escola Escola Aula da Universidade de Madrid
  • 22.
    VIDA COTIÁ: arelixión Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935 Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles Procesión en Sevilla Curas con nenos orfos A primeira misa, 1935
  • 23.
    VIDA COTIÁ: osdeportes Partido de fútbol en Gijón Partido de baloncesto España & Portugal Ximnasio en Gijón Vicente Trueba, ciclista, 1933 Ricardo Zamora, 1936
  • 24.
    VIDA COTIÁ: ascidades Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932 Rúa do Progreso, Ourense Vigo, 1935 Tranvía de Madrid Praza da República de Vilagarcía Praza de Lepanto, Cuntis
  • 25.
    VIDA COTIÁ: estampas Moeda de dunha peseta de 1933 Teléfono Anuncio de 1936 Cartel de Bagaría Portada dunha revista naturista Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934