This daily commodity report from Epic Research provides information on commodity prices and trends for dhaniya, castorseed, turmeric, guar gum and other agricultural commodities. It includes opening, high, low and closing prices for the month, along with support and resistance levels. The report also discusses international market conditions, arrivals and prices in various Indian markets, and provides recommendations to buy or sell certain commodities based on the current trends and outlook.
This daily commodity report from Epic Research provides information on commodity prices and trends for dhaniya, castorseed, turmeric, guar gum and other agricultural commodities. It includes opening, high, low and closing prices for the month, along with support and resistance levels. The report also discusses international market conditions, arrivals and prices in various Indian markets, and provides recommendations to buy or sell certain commodities based on the current trends and outlook.
Natalia is a 16-year-old girl from Jankówka who lives with her mother, father, younger sister Asia, cat, and god. She has been learning regional dances for 9 years. Her mother works as a pastry chef and her father works as a mechanic in Norway. Natalia and her younger sister Asia, who is 3 years younger, enjoy spending weekends together going to the cinema, shopping, or talking.
This is a presentations of our findings from usability testing of OAuth, OpenID, and the Hybrid protocol. This was originally presented at the OpenID Usability Summit hosted at Facebook on Feb. 10th.
Prezentacja Agata Wiatrowskiej -Wiśniewskiej z Festiwalu Coachingu organizowanego przez Stowarzyszenie Coachów Polskich pod patronatem merytorycznym Izby Coachingu.
Problem Starego Portfela Kredyytów Hipotecznych W Bre Bankguest4e550dc
Opis problemu z umowami kredytu hipotecznego tzw. starego portfela denominowanego we franku szwajcarskim. Umowy podpisane z BRE bankiem - mbank i multibank. Więcej na http://mstop.pl oraz http://nabiciwbrebank.pl
O morcego Roque descubre os pleuronectiformes (peixes planos) e fainos un achegamento á súa vida e outras curiosidades, ademais dun breve percorrido pola súa diversidade facendo fincapé na especies que aparecen nas lonxas galegas.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Os anfibios son vertebrados coa pel núa, catro
patas, reprodución ovípara con fecundación
externa na auga (fase larvaria acuática) e
desenvolvemento das crias con metamorfose.
Coñécense unhas 6.000 especies.
En Galicia atópanse cinco especies de ras, cinco de sapos, dúas
de salamántigas e tres de lagartiños das fontes.
3. As ras son os máis acuáticos dos anfibios.
Os demais so se achegan a ela para
reproducírense.
7. Ra verde (Pelophylax perezi). O anfibio máis
común e o máis acuático. Atópase en lagoas,
encoros, ríos e pozas.
8. Os machos emiten sons para atraer ás femias
Posta de ran. Os ovos están
incluídos nunha masa xelatinosa.
Amplexus: a fecundación é externa e o
macho suxeita á femia para provocar a
posta dos ovos e asegurarse de que o
seu esperma os fertilce.
As crías ds anfibios chámanse
cágados ou cabezolos.
9. Rela ou Estroza (Hyla molleri).
Vive nas árbores e arbustos
perto da auga. A cor verde
mimetízaa coas follas. So vai á
auga nas datas de reprodución
a pór os ovos.
10. Ra patilonga, ra dos regos (Rana iberica).
Vive nos ríos, en correntes de augas
rápidas e de montaña. É un endemismo
do noroeste da Península Ibérica.
11. Ra vermella (Rana temporaria).
Atópase na metade norte de
Galicia e nos cumes.
12. Sapo común (Bufo bufo).
É o máis grande dos sapos galegos, as femias
poden sobrepasar os 20 cm.
De costumes terrestres, so vai á auga a desovar.
14. Sapo de esporas (Pelobates
cultripes). Anfibio de vida terrestre e
costumes nocturnas. As rugosidades
da pel sérvenlle de camuflaxe. O gran
tamaño dos ollos denota a súa
actividade nocturna.
15. Sapo corriqueiro (Bufo calamita). Sapo de
pequeno tamaño cunha característica liña
polo medio do lombo.
17. Píntega (Salamandra salamandra gallaica).
É facilmente recoñecible polo deseño da
súa pel de cor marela e negra. É bastante
común pero pouco vista porque é de
costumes nocturnos. Vive nos bosques
caducifolios.
18. Pintafontes, lagartiño de auga ou
limpafontes (Triturus helveticus). Anfibio
terrestre e nocturno, aínda que pode pasar
longas tempadas na auga. Os machos teñen
as patas traseiras palmeadas.
Parella en época de apareamento.
19. Saramaganta rabilonga ou salamántiga galega
(Chioglosa lusitanica).
Especie endémica do noroeste da Península Ibérica.
Vive nas proximidades de regatos de augas rápidas e
ben osixenadas en microclimas saturados de
humidade. Considerada especie vulnerable pola IUCN.
20. Limpafontes verde, píntega de auga
(Triturus marmoratus).
Común por toda Galicia.
Os machos teñen unha crista
dorsal moi destacada.
21. Pintafontes común, sabanduxa, lagartiño de auga (Triturus boscai).
Atópase por toda Galicia ata os 1.700 m de altitude.
macho na época de apareamento
22. Os anfibios son especies moi vulnerables ás alteracións ambientais
e na actualidade moitas atópanse seriamente ameazadas.
Todas as especies de anfibios galegas están protexidas por Leis do
Estado Español e polo Convenio de Berna.
Na lista vermella de especies ameazadas a nivel mundial publicada
pola IUCN, (Unión Internacional da Conservación da Natureza, 1996
aparecen a saramaganta rabilonga e a rela ou estroza.