OS INVERTEBRADOS
Diego Santiago Beceiro 1º A ESO
1
ÍNDICE
Introdución 3
Os poríferos: as esponxas 4
Os vermes mariños: os arenícolas 5
Os cnidarios: as anémonas 6
Os moluscos: os mexillóns 7
Os crustáceos: os centolos 8
Os equinodermos: as estrelas de mar 9
Conclusión e valoración 10
Bibliografía: 11
Anexo 12
2
INTRODUCIÓN
Neste traballo falarei dos invertebrados mariños dos grupo dos poríferos, vermes
mariños, cnidarios, moluscos, crustáceos e equinodermos.
Todos son seres vivos que habitan cerca de nos, na nosa ría, nas praias, entre as
rochas ou na area, e que seguro que todos coñecemos.
De cada grupo poñerei algunhas imaxes, as súas características (alimentación,
reprodución, aspecto, lugar onde habita e algunha curiosidade).
3
OS PORÍFEROS: AS ESPONXAS
AS ESPONXAS:
Invertebrados pertencentes ao grupo dos poríferos. O seu corpo, case sempre en
forma de saco, está cuberto de poros e está formado por espiñas ou por fibras
elásticas chamadas espículas . Habitan en todos os océanos e tamen en augas doces.
O seu tamaño varía dende os 2 milímetros (Esponxa perforadora) ata os 2 metros
(Esponxa barril)
ALIMENTACIÓN:
Son heterótrofas, o alimento entra, coa auga, polos poros, pasa polo atrio (cavidade
interior da esponxa) e a comida quédase atrapada dentro mentras a auga sae polo
ósculo (abertura superior).
REPRODUCIÓN:
Todas as esponxas se reproducen de maneira sexual, pero son moi comúns diversos
tipos de reproducción asexual, a partir de fragmentos.
CURIOSIDADES:
Usábanse para a hixiene persoal na antiguedade, probablemente descubertas polos
exipcios, e na actualidade son sustituidas por esponxas feitas de fibras sintéticas.
A pesca de esponxas era unha das probas dos antigos xogos olímpicos.
4
VERMES MARIÑOS: OS ARENÍCOLAS
OS ARENÍCOLAS:
Son anélidos, do grupo dos vermes, o seu corpo está formado por unha sucesión de
segmentos iguais donde se repiten algúns órganos. Habitan desde Noruega ao
Mediterráneo, sendo abundantes no Cantábrico.
ALIMENTACIÓN:
Son heterótrofos, excavan na area e van tragando os microorganismos dela.
REPRODUCIÓN:
Son hermafroditas.
CURIOSIDADES:
Teñen un corpo formado por tres partes diferentes. Son usados con moita frecuencia
como cebo para a pesca con cana.
5
OS CNIDARIOS: AS ANÉMONAS
AS ANÉMONAS:
Son cnidarios, co corpo en forma de pólipo (viven fixas ao sustrato, teñen forma de
saco e a súa boca sitúase na parte superior) que viven pegadas as rochas.
ALIMENTACIÓN:
Son heterótrofas, capturando as súas presa cos seus tentáculos urticantes: cando
esta roza un cnidocito (célula que se sitúa nos tentáculos) , este dispárase e aturde á
presa, que é devorada.
REPRODUCIÓN:
Sexual e asexual. Sexual, cando os ovos son expulsados e son fecundados polo espema
fóra. Reprodución asexual por fragmentación ou xemación.
CURIOSIDADES:
Os cnidocitos pódense neutralizar con vinagre. Pese ó seu veneno, hai peixes que viven
no medio delas, xa que son inmunes. Trátase dunha relación beneficiosa para os dous,
unha relación de mutualismo: a anémona protexe o peixe e este limpa á anémona.
6
OS MOLUSCOS: OS MEXILLÓNS
OS MEXILLÓNS:
Son moluscos bivalvos (teñen dúas valvas, pé en forma de cuña e carecen de rádula).
Habitan practicamente por todo o mundo. Viven fixos nun lugar.
ALIMENTACIÓN:
Son filtradores, é dicir, aliméntanse de fitoplacton e outros seres vivos que flotan na
auga.
REPRODUCIÓN:
Teñen reprodución sexual e cada individuo é unisexual.
CURIOSIDADES:
Son moi apreciados como alimento e o seu cultivo é unha das actividades máis
importantes da ría de Arousa (bateas).
Algúns tipos de mexillóns constitúen pragas e destrúen ecosistemas, como por
exemplo o mexillón cebra, que está a destruir o ecosistema do río Ebro.
7
OS CRUSTÁCEOS: OS CENTOLOS
OS CENTOLOS:
Son artrópodos do grupo dos crustáceos e habitan no noroeste do mar Atlántico e no
mar Mediterráneo. É un cangrexo migratorio de gran tamaño moi apreciado como
alimento.
ALIMENTACIÓN:
Os crustáceos son heterótrofos e aliméntanse de restos de seres vivos pero algúns
comen placton.
REPRODUCIÓN:
Teñen reprodución sexual e cada individuo ten un sexo diferente.
CURIOSIDADES:
Hai crustáceos como o cangrexo cocotero que poden partir superficies duras, (como
os cocos) coas pinzas. O cangrexo cocotero tamén é chamado “cangrexo ladrón” pola
súa afición de roubar cousas brilantes.
O cangrexo xigante japonés é o crustáceo máis grande do mundo, con patas de ata 1’5
metros de longo, 20 kg de peso e uns 4 metros de diámetro. É cego, cun oído e pelos
sensibles ó son e vive nas profundidades do Pacífico e en Xapón.
8
OS EQUINODERMOS: AS ESTRELAS DE
MAR
AS ESTRELAS DE MAR:
Son equinodermos e habitan o océano Atlántico. A maioría delas teñen cinco
extremidades, pero hainas de 10, 20 e mesmo 40 brazos
ALIMENTACIÓN:
Algunhas estrelas de mar aliméntanse de partículas que hai no fondo e outras son
depredadoras.
REPRODUCIÓN:
Pode ser sexual ou asexual. Unha forma de reprodución asexual é por fragmentación,
cando se rompe un dos brazos e deste anaco nace un novo ser vivo.
CURIOSIDADES:
As estrelas de mar do grupo das serpenteantes habitan todos os lugares do océano,
mesmo nas profundidades.
Estes seres vivos non teñen sangre, senón auga do mar no seu lugar.
9
CONCLUSIÓN E VALORACIÓN PERSOAL
Este foi un traballo moi interesante, xa que se trataba de recoller información sobre
seres vivos que eu coñezo e que atopo con moita frecuencia cando vou á praia ( os
mexillóns, as estrelas de mar, …) ou mesmo no super (os centolos, por exemplo). Tamén
foi interesante ver o uso diario que facemos dalgúns destes animais (as esponxas, os
arenícolas) ou como dun anaco dun ser vivo pode nacer outro (as estrelas).
Outro feito que me gustou foi o de que , gracias a Internet, é moi sinxelo acceder á
información e as imaxes sobre este tema, aínda que nalgunhas webs habia moitos
datos difíciles de entender. O certo é que foi sinxelo atopar cousas interesantes e
imaxes espectaculares.
10
BIBLIOGRAFÍA
http://es.wikipedia.org/wiki/Porifera
http://curiosidades-de-animales.blogspot.com.es/2008/08/esponjas-corales-y-algo-
ms.html
http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/EDAD_1eso_10_
animales_invertebrados/contenido/1q10/ventanas/ventana2.htm
http://encina.pntic.mec.es/~nmeb0000/invertebrados/anelidos/gruposanelidos/poliqu
etos.html
http://www.asturnatura.com/especie/arenicola-marina.html
http://www.asturnatura.com/especie/arenicola-marina.html
http://www.waza.org/es/zoo/elegir-una-especie/invertebrados/corales-anemonas-
mar-medusas-y-familiares-cnidarios/anemonia-viridis
http://es.wikipedia.org/wiki/Actiniaria
http://wikifaunia.com/animales-acuaticos/mejillon/
http://es.wikipedia.org/wiki/Mytilidae
http://www.natureduca.com/acui_cultiv_molusc_mejillon1.php
http://www.botanical-online.com/animales/mejillones.htm
http://www.elhogarnatural.com/otros%20animales/rarezasycuriosidades.htm
http://origendelavida.galeon.com/artropodos.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Maja_squinado
http://es.wikipedia.org/wiki/Birgus_latro
http://es.wikipedia.org/wiki/Cangrejo_gigante_japon%C3%A9s
http://www.nationalgeographic.es/animales/invertebrados/estrellas-mar
http://es.wikipedia.org/wiki/Asteroidea
http://planetaenexpansion.blogspot.com.es/2012/06/curiosidades-de-las-estrellas-
de-mar.html
11
ANEXO
12
13
14
15
16

Diego