Voceiro da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña
                  Número I               Inverno 2012


            Saúdo da Presidenta, Yolanda Pascual

Tras seis meses de vida decidimos que
era hora de sacar á rúa este pequeno e
humilde voceiro para contar o traballo
que levamos feito en todo este tempo.
Por primeira vez en moito tempo un
barrio con tanta historia como o da
Magdalena volvía a ter unha Asociación
para mellorar a calidade de         vida da
xente que aquí vive. Dende o noso
nacemento tivemos claro que esta non
tiña que ser unha Asociación que
estivera   adicada   tan   só   a    recibir   Costa da Condomiña e que manteñan
subvencións, senón que era necesario           ao día o pago mensual de 3 euros que
ter actividades, facer cousas que moitas       se estableceu na primeira reunión. Tan
veces non requiren da necesidade de            só con isto pasarás a engrosar a gran
cartos, senón da vontade das persoas           familia que é esta Asociación.
por facer actividades para todos.              E como todos os que intentan facer este
E vontade temos suficiente. É por iso          tipo de traballos podemos cometer
que queremos usar este voceiro, o              erros, moitas veces por descoñecer o
primeiro de moitos, para presentar as          funcionamento diario deste tipo de
imaxes do traballo que levamos feito ao        asociacións.
longo de todo este tempo.                      Pero para iso estamos, para axudarvos e
Como sabedes, seguimos constante-              que nos axudedes.
mente buscando novos socios, novas
familias que vivan ou traballen dentro
do noso barrio, entre a Ponte Nova e a
abril—
       Sábado 7 de abril—Comida de Presentación
Aproveitamos a Festa da Magdalena para presentarnos cunha churrascada na que
vendimos máis de duascentas racións de comida. Recuperamos para este día a receita
do Bolo da Magdalena e tivemos xogos infantís para todos os nenos do barrio.




                    abril—
          Luns 9 de abril—O luns da Magdalena
Aproveitamos o Luns da Magdalena para seguir ca festa. Á saída da misa repartimos
cacahuetes e viño. Ademais trouxemos a un grupo de música tradicional e fixemos
que despois de moito tempo a xente volvera á Festa da Magdalena.




   Domingo 17 de xuño -Charla sobre a Historia do barrio

                                          Trouxemos ao historiador betanceiro Xose
                                          Mª Veiga Ferreira a falar da historia do
                                          noso barrio. Foi unha charla na Capilla da
                                          Magdalena e que servíu para pechar a
                                          Exposición de Fotos Antigas. Na charla,
                                          que está dispoñible en Internet, falou do
                                          Hospital de Leprosos, da Fábrica de
                                          Curtidos, das nosas fontes da Condomiña
                                          e da Cangrexeira, de veciños ilustres, etc.
Sábado 16 de xuño—Exposición de fotos antigas
                xuño—
Durante varios meses recolectamos entre os veciños fotos antigas do barrio cas que
fixemos unha exposición. A día de hoxe a colección segue aumentando e dentro de
pouco poderemos ver a exposición no Liceo e recollida nun pequeno libro.




                  xuño—
     Sábado 30 de xuño—Lumeirada de San Pedro
Celebramos a chegada do verán todos xuntos cunha lumeirada e un concerto.




                     xullo—
          5, 6, 7 de xullo—Feira Franca Medieval
                                         Para a Feira Medieval cada familia participou
                                         aportando un postre que xunto aos alimentos
                                         típico (cacahuetes e Bolo da Magdalena) os
                                         tivemos á venda no noso posto. Ademais de
                                         dar a coñecer as actividades da Asociación de
                                         Veciños ensinámoslle a todos os que por el
                                         pasaron que na Idade Media xa existía o
                                         noso barrio, que era onde estaban ingresados
                                         os leprosos. Intentamos facer a representa-
                                         ción da expulsión dos leprosos nas nosas rúas,
                                         pero dende o Concello non aceptaron a nosa
                                         proposta.
setembro—
       Domingo 2 de setembro—I Xira aos Caneiros
Para despedir o verán todos xuntos fixemos unha viaxe na Diana Cazadora e subimos
a pasar o día ao Campo dos Caneiros. Bailes, baños no río, comida e unha queimada
ao chegar a terra.




                                  E isto non é todo!
- Firmamos un convenio de colaboración ca Biblioteca do IES As Mariñas para poder
 levar prestados os libros e as películas que teñen.
- Facemos pequenos préstamos de cartos sen intereses ás familias que teñan que
 afrontar un gasto extraordinario.
- O Concello e o Ministerio de Traballo non nos deixan un local no edificio dos
 Sindicatos, no Parque, pero seguimos buscando alternativas.
- Reunimos máis de 1300 firmas para evitar a colocación dunha gasolineira diante do
 colexio Vales Villamarín.
- Conseguimos cambiar o paso de peatóns da Avenida Fraga Iribarne e a colocación
 de obstáculos para limitar a velocidade dos coches.
- Reclamamos todo tipo de obras e amaños que foran necesarios para o barrio e
 tamén unha maior presencia dos servizos de limpeza en certas zonas.
- Temos Lotería de Nadal á venda, o número é o 35.247...a ver se hai sorte!
E sobre todo, estamos aquí para axudarte, para ser unha parte máis da túa familia!!!




                             Únete a nós!!!

Veciños da Magdalena e a Condomiña I

  • 1.
    Voceiro da Asociaciónde Veciños da Magdalena e a Condomiña Número I Inverno 2012 Saúdo da Presidenta, Yolanda Pascual Tras seis meses de vida decidimos que era hora de sacar á rúa este pequeno e humilde voceiro para contar o traballo que levamos feito en todo este tempo. Por primeira vez en moito tempo un barrio con tanta historia como o da Magdalena volvía a ter unha Asociación para mellorar a calidade de vida da xente que aquí vive. Dende o noso nacemento tivemos claro que esta non tiña que ser unha Asociación que estivera adicada tan só a recibir Costa da Condomiña e que manteñan subvencións, senón que era necesario ao día o pago mensual de 3 euros que ter actividades, facer cousas que moitas se estableceu na primeira reunión. Tan veces non requiren da necesidade de só con isto pasarás a engrosar a gran cartos, senón da vontade das persoas familia que é esta Asociación. por facer actividades para todos. E como todos os que intentan facer este E vontade temos suficiente. É por iso tipo de traballos podemos cometer que queremos usar este voceiro, o erros, moitas veces por descoñecer o primeiro de moitos, para presentar as funcionamento diario deste tipo de imaxes do traballo que levamos feito ao asociacións. longo de todo este tempo. Pero para iso estamos, para axudarvos e Como sabedes, seguimos constante- que nos axudedes. mente buscando novos socios, novas familias que vivan ou traballen dentro do noso barrio, entre a Ponte Nova e a
  • 2.
    abril— Sábado 7 de abril—Comida de Presentación Aproveitamos a Festa da Magdalena para presentarnos cunha churrascada na que vendimos máis de duascentas racións de comida. Recuperamos para este día a receita do Bolo da Magdalena e tivemos xogos infantís para todos os nenos do barrio. abril— Luns 9 de abril—O luns da Magdalena Aproveitamos o Luns da Magdalena para seguir ca festa. Á saída da misa repartimos cacahuetes e viño. Ademais trouxemos a un grupo de música tradicional e fixemos que despois de moito tempo a xente volvera á Festa da Magdalena. Domingo 17 de xuño -Charla sobre a Historia do barrio Trouxemos ao historiador betanceiro Xose Mª Veiga Ferreira a falar da historia do noso barrio. Foi unha charla na Capilla da Magdalena e que servíu para pechar a Exposición de Fotos Antigas. Na charla, que está dispoñible en Internet, falou do Hospital de Leprosos, da Fábrica de Curtidos, das nosas fontes da Condomiña e da Cangrexeira, de veciños ilustres, etc.
  • 3.
    Sábado 16 dexuño—Exposición de fotos antigas xuño— Durante varios meses recolectamos entre os veciños fotos antigas do barrio cas que fixemos unha exposición. A día de hoxe a colección segue aumentando e dentro de pouco poderemos ver a exposición no Liceo e recollida nun pequeno libro. xuño— Sábado 30 de xuño—Lumeirada de San Pedro Celebramos a chegada do verán todos xuntos cunha lumeirada e un concerto. xullo— 5, 6, 7 de xullo—Feira Franca Medieval Para a Feira Medieval cada familia participou aportando un postre que xunto aos alimentos típico (cacahuetes e Bolo da Magdalena) os tivemos á venda no noso posto. Ademais de dar a coñecer as actividades da Asociación de Veciños ensinámoslle a todos os que por el pasaron que na Idade Media xa existía o noso barrio, que era onde estaban ingresados os leprosos. Intentamos facer a representa- ción da expulsión dos leprosos nas nosas rúas, pero dende o Concello non aceptaron a nosa proposta.
  • 4.
    setembro— Domingo 2 de setembro—I Xira aos Caneiros Para despedir o verán todos xuntos fixemos unha viaxe na Diana Cazadora e subimos a pasar o día ao Campo dos Caneiros. Bailes, baños no río, comida e unha queimada ao chegar a terra. E isto non é todo! - Firmamos un convenio de colaboración ca Biblioteca do IES As Mariñas para poder levar prestados os libros e as películas que teñen. - Facemos pequenos préstamos de cartos sen intereses ás familias que teñan que afrontar un gasto extraordinario. - O Concello e o Ministerio de Traballo non nos deixan un local no edificio dos Sindicatos, no Parque, pero seguimos buscando alternativas. - Reunimos máis de 1300 firmas para evitar a colocación dunha gasolineira diante do colexio Vales Villamarín. - Conseguimos cambiar o paso de peatóns da Avenida Fraga Iribarne e a colocación de obstáculos para limitar a velocidade dos coches. - Reclamamos todo tipo de obras e amaños que foran necesarios para o barrio e tamén unha maior presencia dos servizos de limpeza en certas zonas. - Temos Lotería de Nadal á venda, o número é o 35.247...a ver se hai sorte! E sobre todo, estamos aquí para axudarte, para ser unha parte máis da túa familia!!! Únete a nós!!!