Revista escolar do CEIP Albeiros (Lugo) na que se recompilan as principais actividades e traballos desenvolvidos pola comunidade educativa do centro ao longo do curso escolar 2022-2023
Editorial…………………………….……….……………………..………3
Formigas…………………………..………….………….…………. 4-7
Animaliños………………………………….…… ……………..8-9
Visitamos o Gadis………………..……….……………. 10-11
Visita a Marcelle…………………………………… 12-13
Pasapalabra de animais………………….. 14-15
Calendario Estiño- pasatempos…………… 16-17
Visitáronnos………………………………………. 18-19
Xogamos coa poesía……………….………. 20-21
Frases feitas………………………………………. 22-23
Minicontos…………………………………………… 24-25
Casa Grande de Xanceda……………………. 26-27
Entroido……………………………….………… 28-29
Marrocos……………………………………. 30-31
Letras Galegas……………………….. 32-33
Maios…………………………..………….. 34-35
Na Biblioteca… ……………………..………. 36-37
Parolando coa rapazada de Albeiros…… 38-39
O noso hortiño ……………………………………….40
O infinito ciclo da auga………………………41
Cantando ao Arde Lucus…………….. 42-43
My great-grandparents………….…….. 44-47
Os exames…………………………….……………48-49
3.
"Vacacións! Vacacións! Vacacións!
Finalmentechegou o momento que todos esperabamos. Despois dun ano escolar
intenso, é hora de descansar e gozar do tempo libre coa familia e amigos. As vacacións son
unha oportunidade para recargar enerxías e facer cousas que non podemos durante o ano
escolar.
Con todo, tamén é importante seguir aprendendo durante as vacacións. Isto non
significa que teñas que pasar todo o día estudando, pero si que debes aproveitar o tempo
libre para ler libros interesantes, aprender cousas novas e facer actividades educativas.
Pero antes de, coma sempre, desexarvos unhas boas vacacións, non podo rematar
esta editorial sen agradecer o seu bo facer, compañeirismo, profesionalidade… á nosa
querida xefa de estudos Dolores. Podería encher liñas e liñas agradecendo, tanto a nivel
persoal como en nome de toda a comunidade educativa, todo o que fixo polo colexio.
Traballaches toda a túa vida coma a que máis e chegou o momento de relaxarse e gozar. É
hora de que aproveites o teu tempo libre. Moitas grazas en nome de todos e… Feliz
xubilación!
Agora si que me despido ata o ano que vén. Gozade das vacacións ao máximo, pero
non esquezades seguir aprendendo e crecendo como persoas.
Felices vacacións!
MARROCOS
Este ano aactividade da biblioteca escolar trataba dos países do noso a redor, e a nos
tocounos Marrocos, un pais situado no noroeste de África. A capital é Rabat e a cidade
máis poboada é Casablanca. A súa relixión é musulmá, a cultura é marroquí e a moeda é
o Dirham marroquí. Un dato curioso que aprendemos foi que os tuaregs (que viven no
deserto) visten unha prenda chamada gandora que lles tingue a pel de cor azul.
A continuación explicamos as diferentes actividades que fixemos ao longo do curso.
Tatuaxes de Henna. Os días 2 e 3 de febreiro veu Ouahiba a nai de Mohammed a facer
uns tatuaxes de henna ao alumnado de 5ºA e 5ºB. Había henna de dous tipos explicounos
que a henna faise con auga e con arxila. Trouxo plantillas de diversas formas e puidemos
escoller que formas facernos. Encantoulle a todo o alumnado de 5º e Ouahiba foi moi
paciente e tatuounos a todos con moito cariño e habilidade.
Entroido
Polo entroido vestímonos con roupa tradicional marroquí, feita por nós. Fixémola cunha
tea que decoramos con rotuladores. Tamén fixemos uns gorros de cor vermello cun fío
negro colgando, simulando o fez (gorro típico marroquí). Estivemos polo patio desfilando e
pasámolo moi ben!
Degustación de sobremesas
típicas e de té. Os alumnos e
alumnas de 5ºA e 5ºB probamos
sobremesas típicas de Marrocos
e té. A proba fixémola na aula
de 5 B o 9 de febreiro. O té
estaba feito de :auga,menta e
azucre. Tamén comemos
dátiles, froito moi doce. Había
galletas feitas de cacahuete e
améndoa principalmente, e uns
doces cun caramelo de fresa.
31.
A sala deexposición. O proceso de creación de esta sala comezou decorando a parede
cunhas bonitas letras de MARROCOS e coa súa bandeira, así como con información
xeral do país. A continuación puxemos todos os obxectos que foi cedendo o alumnado do
centro así como o profesorado e tamén creamos uns cartóns onde escribimos a
información básica de cada obxecto cedido a esta sala. Ao mesmo tempo creamos as
celosías para poñer nas ventás do salón simulando as vidreiras das mesquitas musulmás.
Por último puxemos o cadro de MALIKA AGUEZNAY, da que falaremos a continuación.
Visitas guiadas na sala de exposición. A actividade consistiu en guiar ao alumnado do
Ceip Albeiros pola exposición. Para elo, elaboramos un guión co que iamos a dicir na
visita guiada, e preparámolo para realizalo cos nenos e nenas de 1º a 6º. Foi unha
experiencia moi boa e divertida, inda que tamén nos poñiamos un pouco nerviosos e
nerviosas nas visitas.
Neste proxecto tivemos que coñecer a MALIKA AGUEZNAY unha artista marroquí que
naceu en Casablanca. O alumnado de 5ºA e 5ºB fixemos unha replica dun cadro dela, é
un arte abstracto inda que a nós recórdanos a algas. O cadro está feito con cartóns de
distintas formas recortados por nós, e con pinturas de varias cores.
36.
A NOSA BIBLIOTECA
Aolongo deste curso realizamos
entre outras as seguintes actividades:
Contacontos da paz, do alumnado do
IES Muralla Romana
Obradoiro de
Samaín na biblio
Xogos Romanos
Photocall "ler
dáche ás"
Xogos no blog
37.
Contacontos
Recitado de poesíaa nivel de Centro
no día de Rosalía
"Cóntame un conto" Chapas día do libro
Visita autores
www.bibliotecalbeiros.blogspot.com
38.
Este ano oalumnado de 5º estivemos apren-
dendo a ser periodistas.
Buscamos persoas de diferentes ámbitos da
sociedade que aceptaran ser entrevistados por
nós.
Preparamos as entrevistas buscando infor-
mación sobre elas e redactando e
seleccionando entre todas as preguntas
para lles facer.
Tamén nos encargamos de montar un
estudio de grabación e decorado de xeito
diferente para cada entrevista.
Ademais organizamos equipos de traballo con
técnicos /as de son , cámaras, asistentes de pro-
dución, presentadores/as e entrevistaores/as.
Podedes velas todas na páxina web do cole!
ASSANE GAYE
Assane, pai dun neno do cole, é
senegalés e contounos moitas cousas
sobre a súa vida en Senegal e o seu
camiño como inmigrante ata inte-
grarse en España.
ADUFEIRAS DO SALITRE
Algunhas das cantareiras deste grupo foron
as nosas primeiras convidadas e, ademais,
puidemos cantar con elas unha das
cancións de Xabier Díaz, con quen cantan
habitualmente.
39.
OLALLA RODIL
É diputadano Parlamento de Galicia.
Contounos cousas da súa infancia en Ribeira
de Piquín e como as voltas da vida a levaron a
descubrir a súa paixón pola política.
MÓNICA REVILLA
É unha muller todoterreo: motorista,
garda civil de tráfico, nai de dous
nenos e estudante univesitaria.
Contounos, entre outras cousas, os
importantes labores que fan no seu
traballo para o beneficio e seguridade
da sociedade.
DIEGO AS
Tiñamos todo listo para entrevistalo,
pero por mor dun inconvinte de última
hora non puido estar con nós, aínda que
prometeu que ía cumprir a súa palabra.
Agardámoste!
40.
O NOSO HORTIÑO
Estecurso, as nenas e nenos de 1ºB cultivamos un pequeno horto escolar.
Plantamos sementes de
varias plantas: cabazas, pa-
tacas, fabas, garavanzos,
lentellas, albahaca, espina-
cas… Reutilizamos botes
de plástico transparente
como macetas, para poder
observar mellor como
brotaban as súas raíces.
Algunhas sementes agro-
maron, pero outras non.
Observamos como medraban, aprendemos as
súas partes e a función de cada unha mentres as
coidabamos ata o momento de transplantalas.
Acochamos a terra con herba seca
para que conserve mellor a humi-
dade.
Vemos como me-
dran as plantas, men-
tres medramos nós
E xa comezamos a
recoller a nosa co-
lleita!
41.
De onde véna auga limpa que sae das billas da nosa casa ou do cole? A onde vai a auga
que emporcamos nas nosas casas ou no cole? Unha visita á Depuradora de augas resi-
duais e á Potabilizadora da nosa cidade permitiunos comprender mellor este complexo
proceso.
Que cheiro máis apestoso! Estamos na Depuradora. Ata aquí chega, por longas tube-
rías, a auga que usamos. Está moi porca! Hai que limpala antes de devolvela ao río Miño.
Na Potabilizadora xa non cheira. Aquí recollen a auga do río Miño. Podemos bañarnos ne-
la, empregala para regar as plantas ou para lavar a roupa, pero non debemos bebela.
Para poder beber a
auga que chega aos
ríos grazas á choiva,
hai que quitarlle
substancias microscó-
picas que poderían en-
fermarnos. Disto en-
cárgase a Potabiliza-
dora.
44.
STUDENTS INTERVIEWED THEIRPARENTS AND THEIR
GRANNIES AND GRANDADS TO GET INFORMATION
ABOUT LIFE IN 1920, 1930,1940, 1950…
SOME STUDENTS ARE VERY LUCKY TO HAVE A
GREAT- GRANDPARENT TO TALK TO !!!!!!
45.
Este curso oalumnado traballou na vida dos tataravós….Qué vidas tan
fermosas e duras, vistas dende hoxe en día.
Students worked hard on their great- grandparents lifes….thinking how
was life at that time….what they didn´t have compared to nowadays….
How pretty and hard lifes they had!
47.
Special thanks toall the students in 6th
course, whose job is partially
reproduced here: HUGO REIJA, MILENY RODRÍGUEZ, AINHOA
AGUADO , ARANTXA BLANCO, ADELINA ZAGÁN, NAYA ABELEDO.
48.
ANSIEDADE ANTE OSEXAMES
Poñerse nervioso antes ou durante un exame é frecuente. Certo nerviosismo ou activación
son necesarios porque axudan a estar máis atentos ó xeito de resolver o exame
O problema é percibir o exame como algo negativo, como un problema... polo tanto é
importante aprender a controlarse e relaxarse. Os nervios non son polos exames en se mesmos,
senón polos pensamentos que entorno a eles xeramos. Polo tanto debemos aprender a cambiar os
pensamentos negativos por positivos. Estes pensamentos positivos chámanse autoinstrucións
positivas que deben ser combinadas con relaxación para poder afrontar axeitadamente un exame.
me
EXEMPLOS DE AUTOINSTRUCIÓNS POSITIVAS
AUTOINSTRUCCIÓNS POSITIVAS SOBRE MIN E A MIÑA CAPACIDADE
AUTOINSTRUCCIÓNS POSITIVAS SOBRE OS RESULTADOS
A ansiedade que ten un neno ante os exames, consiste en certas emocións negativas que
sinte ante as avaliacións, é normal cando persigue os seus obxectivos, pero cando é máis intensa
pode chegar a interferir na vida das persoas ou impedir progresos cara aos seus obxectivos..
A angustia pode ser antes ou durante a preparación para o estudo e tamén despois nos
exames, pode ser debido a malas experiencias anteriores, incluso nas consecuencias negativas de
que salga mal o exame. Tamén estes temores poden ser debidos a unha falta de preparación para
as probas, debidos a erros de distribución do tempo, de malos hábitos de estudo, ou dunha
sobrecarga de materia do día anterior. Ás veces pode somatizar esa ansiedade ou angustia (con
dores, nervios...).
PENSAMENTO
(negativo)
Suspendín o exame
anterior non vou a
aprobar ningún este
curso
ANSIEDADE
Non me concentro
estudando
Non entendo o que leo
A vista é borrosa
Non lembro o que
estudei
Fago mal o exame
SUSPENDO
PENSAMENTO
(positivo)
Podo conseguilo
O vou a facer moi ben
Voume esforzar
TRANQUILIDADE Concéntrome
estudando
Entendo o que me
preguntan
Véñenme á cabeza as
ideas do que estudei e
vou respondendo
Fago ben o exame
APROBO
Vou a estar
tranquilo
Fíxeno ben outras
veces esta tamén
Eu podo! Eu podo!
Vou aprobar
A partir de agora todo
vai a mellorar
49.
Recomendacións para reduciresta ansiedade:
Fundamental preparar e organizar o material de estudo, non evitar a situación de exame.
Darse tempo suficiente para facer as cousas necesarias antes do exame (revisar a materia
de estudo, facer esquemas, reler, resumos...). O tempo de estudo debe incluír a
realización dun "plan de estudo":
1º- O volume de traballo e asinarlle un tempo, algúns temas ou actividades
requiren máis atención.
2º- Estimación do tempo necesario en horas e días (20 minutos de estudo
concentrado e 5 de descanso/ou por dúas horas de estudo 20 de descanso), facer un
horario, contar co tempo para o repaso e incluso para imprevistos.
3º- Cumpre o teu plan, unha vez feito o teu calendario-horario, tes que cumprilo
asumir o teu compromiso.
Establecer os obxectivos de estudo para afrontalos paso a paso, para non saturarse.
Orientacións xerais para darlle máis seguridade serán:
☺ Ter unha rutina, va a darlle maior confianza, xa que permítelle adiantar o que ven.
☺ Darlle maior autonomía, que poida ir tomando decisións sen que os pais teñan que dar
a aprobación, axúdalle a decidirse máis rápido.
☺ Mellorar a súa autoestima e motivala dicíndolle que pode logralo e transmitirlle esa
seguridade que non ten.
☺ Reducir as críticas, animar aos rapaces que fagan algo, pero senón o fan perfecto ou
como nos gusta, enseguida sinalamos o seu erro ou como debería facelo ben, con isto
non pensamos que os axudamos a non confundirse, non obstante nos nenos inseguros,
esa esixencia conseguirá que o neno desconfíe, de que pode facelo ben e non o intente
de novo por sentirse xulgado.
Autoinstrucións para o día do exame
1. Respira e dis ¡estudei e fareino ben!
2. Escribe o teu nome e data. Recorda facer ben a letra e limpeza do escrito.
3. Miras e lees as preguntas e pensas : o que me preguntan, como o vou a contestar ,o que me piden.... Eu
podo, xestiono o meu tempo para facer o exame. Podes subliñar na pregunta a palabra que indique a
acción.
4. Volvo a ler e contesto as preguntas fáciles, as que mellor sei, deixa para o final as máis difíciles.
Recorda ler varias veces a pregunta para entender ben.
5. Ler de novo e contestar as que peor sei, poñendo todo o que recorde.
6. Repaso con atención o exame, fixándome se queda algo sen contestar, reviso ben as follas por diante e
por detrás se van ordenadas, comprobo por si confundín algo para cambialo, reviso a miña letra e
ortografía por si debo modificar algo, si puxen o nome e data...
7. Remato e entrego o exame. Ben feito! O teu esforzo sempre merece a pena.. Parabéns!
8. Lembra que podes preguntar no exame dubidas lóxicas e xustificadas ó profesor.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP DE ALBEIROS