BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES
As reformas do centro tamén afectaron á biblioteca: ela soíña botou para arriba aos
profes, e, ademais do que xa tiña, ocupou o espacio que eles antes ocupaban. Seica un
día, todo o centro chegará ser unha inmensa biblioteca onde todos sexamos alumnos dos
libros.
Máis espazo e máis actividades. Este curso, A Marela Tarabela (o boletín informativo
da biblio) tivo unha irmanciña dixital: A Marela Tarabela (Edición ciberespacio), coa súa
c o r t e e n h t t p : / /
tarabelateca.blogspot.com/.
Ao longo do curso, e a
través da biblioteca, visitá-
ronnos Javier Mosquera,
Blanca Álvarez, Riveiro Co-
ello…; fixéronse exitosísi-
mas actividades de dinami-
zación como a Olimpíada
do Saber e o Reader’s Que-
so; e exposicións memora-
bles como a adicadas a
Moncho Valcarce, a do día
de San Valentín (con mil
poemas que voaron quen
sabe onde) e a antiga Gre-
cia.
Un grupo de trinta e un alumnos de francés realizaron un intercambio cun Instituto de
Rennes, en Francia. Estiveron durante 10 días percorrendo,en autobús, o país veciño. Moncho ,
Servando e Mª Jesús ocupáronse de que todo funcionase o mellor posible. Temos o relato de
Aldara, Victoria, Génesis, Carla e Carla Cacheda de 3º de ESO. Así tamén nós saberemos o que
fixeron por eses mundos de Deus:
Saímos ás cinco da tarde do instituto e, despois de 15 horas en autobús, chegamos a
Poitiers, onde estivemos todo o día no Futuroscope. Estabamos todos tan cansos da
viaxe que nos quedabamos durmidos nas películas en 3D e logo espertabamos, por
exemplo, cun calamar xigante enfronte nosa (un espertar un pouco incómodo). Bailamos
cos robots e comemos alí. Ó cabo dunhas horas fomos ata o hotel, pero ó chegar tivemos
que nos trasladar en bus cara outro en mellores condicións.
Pola noite vimos un espectáculo de luces na auga. Estaba moi ben, pero como
duraba moito, ó final xa cansaba.
Ó día seguinte saímos de Poitiers ás 9 e viaxamos toda a mañá. Chegamos a París,
comemos e collemos o metro. Vimos o Louvre por fóra e visitamos Nôtre Dame.
Paseamos polo lado do Sena, aínda que facía moito frío e choveu intermitentemente
durante todo o día. Pola noite recollemos as maletas no autobús e fomos ó albergue, que
daba bastante medo, e excepto unha habitación, as restantes non tiñan baño.
VIAXE A FRANCIA
INTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIO
Á mañá seguinte cantámoslle o “cumpreanos feliz” a Victoria no metro. Logo
fomos ver a Torre Eiffel, pero de seguida chamaron Carla Cacheda, Génesis e Daniel
Reboredo dicindo que se perderan. Resulta que tiñan a torre detrás e non se daban conta.
Camiñamos moito durante a mañá para ir ver o Sagrado Corazón, pois tivemos que
subir moitas costas e escaleiras. Chegamos ó Louvre e a penas vimos unhas poucas
salas do museo, porque aquilo era inmenso. Ó saír chamou Moncho dicindo que en trinta
minutos debiamos estar na Torre Eiffel se queriamos subir.
Comezamos todos a correr polas estacións de tren e metro meténdonos a presión
nos vagóns, e empuxando á xente, que nos miraba escandalizada mentres nós
gritabamos e algúns saltaban as máquinas onde se metían os tickets, para logo apurar
máis por medo a que nos perseguise a policía. Toda unha película. Saímos da última
estación e…, alí estaba: a Torre Eiffel iluminada por centos de luces palpebrexantes. Era
impresionante. Logo subimos ata o segundo
andar. Desde alí víase o París nocturno
iluminado. Máxico. Ó baixar esperábanos moita
xente que pretendía vendernos monitores de
cores. Perdémonos o paseo en barco polo Sena
porque tiñamos unha comida reservada.
Servíronnos un prato inmenso cun pincho de
carne que case ninguén deu comido. Xa na
sobremesa, chegou o camareiro cantando o
“cumpreanos feliz” en francés cun pastel e unha
vela na man, pero con tan mala sorte que nese
momento Victoria estaba no baño. Cando
chegou xa non era unha sorpresa. Aínda así
volveulle cantar a canción.
Á mañá seguinte chegamos a Rennes. Cando vimos a todos os franceses
esperándonos, empezamos a dicirlle ós profesores que non queriamos baixar do
autobús.
A primeira noite foi incómoda para todos, pero ó día seguinte cando nos
reencontramos no instituto estivemos contando anécdotas moi emocionados pola
primeira experiencia na casa dos franceses. Ese día fomos ó Mont Sant-Michel, onde
tivemos que subir moitas escaleiras para lograr chegar á cima e non poder nin levantar a
cabeza do vento que ía.
Ó día seguinte visitamos as cidades de Saint Malo, Dinan e Dinard. Vimos moitas igrexas
e na praia fixemos unha pirámide humana que rematou en desastre. Subimos a unha
muralla na que Moncho comezou a tocar a gaita mentres nós cantabamos e a xente
botaba moedas no maletín da gaita.
A seguinte excursión foi a Vitres e Chartres, onde había un espectacular castelo
medieval con moitas escaleiras e costas, que nos fixeron acabar a todos alancando e en
manga curta a pesar do mal tempo. O xoves tivemos que contestar por grupos un
cuestionario sobre Rennes. Para isto debiamos movernos pola cidade e preguntar á
xente.
O último día en Rennes fomos a clase cos nosos correspondentes compañeiros.
Comemos no comedor do instituto, déronnos unha charla sobre o bretón, e pola noite
ceamos os españois nunha típica crepería da cidade, e máis tarde saímos cos franceses.
O sábado pola mañá despedímonos, vimos un mercado famoso de Rennes, e
emprendemos o camiño de volta cara a Biarritz, onde ceamos kebab, contamos unha
historia “de medo” preto da praia e pasamos a noite.
O domingo foi outro día de autobús. Chegamos a Lalín sobre as oito e media
4ºA ESO
VISITA: SAMOS
Como cada ano, o alumnado de relixión fixo a súa visita. Este curso tocou Samos e
os alumnos de 3º e 4º foron ata terras de Lugo acompañados dos profesores Luís
Moreiras e Carlos Míguez.
4ºB ESO
A MARELA NATURISTA
A comezos do curso, apare-
ceu o número 5 do Boletín da
nosa biblioteca, adicado a flo-
ra do entorno do Instituto.
O traballo foi realizado
polo alumnado de Ciencias
Medioambientais de 4º da
ESO do curso 2006-2007,
baixo a coordenación da pro-
fesora Berta Calvín.
TEATRO: BICOS CON LINGUA
Todos os da ESO, o 23 de abril foron ao teatro ver “Bicos con
lingua” de Talía Teatro; esta vez organizou a actividade o
Departamento de Normalización Lingüística.
VISITA: FORUM
ORIENTA 2008
Acompañados de María
Jesús Gracia, Severiano
Casalderrey, Manuel Darriva
y Carlos Miguez, o alumnado
de 1º de Bac. foi a Vigo ao
Forum Orienta 2008, que
organizou a Consellería de
Educación e Ordenación
Universitaria.
4ºC ESO
4ºD ESO
EXPO: LETRAS GALEGAS EN ROCHA VIVA
Normalización Lingüística en colaboración
co Concello levou ao auditorio a exposición
“Letras galegas en rocha viva”.
Este é un traballo de José Manuel Rivera,
persoa comprometida co uso da lingua galega e
coa nosa cultura, que cede aos centros de forma
desinteresada.
Nesta exposición recóllense todos os
autores homenaxeados no Día das Letras Galegas
dende 1963 ata hoxe.
Dende o Aller Ulloa convidouse ao resto dos
centros escolares a visitala.
ACTIVIDADE: MAGOSTO
Os alumnos de 4º da ESO organizaron, coma tódolos anos para sacar ”pelillas” para
a excursión, o magosto no patio do Instituto.
Alí disfrutamos dunhas horas de lecer, comemos castañas e algúns doces que
prepararon para a ocasión.
Aí van esas fotos de mostra.
4ºE ESO
EXPO: PRESTIGE
O
Departamento de Ciencias trouxo ao noso centro unha exposición sobre o Prestige,
que todos puidemos apreciar durante uns días.
1ºA BAC
TÍTERES:
ESPECULACIÓN
INMOBILIARIA
Especulación inmobiliaria”
foi a obra que puidieron ver
os de 1º e 2º da ESO, na que,
por certo, disfrutaron moito,
representada pola compañía
de títeres El tenderete,
chegada de Euskadi.
VIAXE: SANTIAGO. CGAG. XÉNEROS
Nos inicios do curso, o alumnado de 1º
de bacharelato acompañados de Vizoso,
Felicidade, Beatriz e Roberto, viaxaron a
Santiago para ver no CEGAC a exposición
“A batalla dos xéneros”, sobre a arte
feminista dos anos 70.
Tamén visitaron no mes de abril o Parlamento xunto
con Vizoso e Roberto.
EDUCACIÓN VISUAL
O noso centro
foi seleccionado
para participar no
p r o g r a m a
“Audiovisuais nas
aulas”, organizado
polo Consorcio
audiovisual de
Galicia.
Trátase dunha actividade coordinada por Manuel
Balea en colaboración co grupo de traballo formado por
Moncho, que é o coordinador, Severiano, Manuel, Miguel,
Mario,Paio, Rozas, Jorge ,Roberto e Maribel.
A actividade, pensada para rapaces de 3º e 4º da
ESO, consistiu nun obradoiro de curtas co móbil. O plan
de traballo desenvolveuse en dúas xornadas de cinco
horas. Na primeira planificaron e prepararon as curtas e
na segunda, realizáronse os ensaios e as gravacións.
1ºB BAC
EXPOSICIÓN DE RETRATOS
Iniciativa do Departamento de Plástica e Visual, expuñéronse no vestíbulo do centro
una boa mostra de retratos feitos polo alumnado. Alí estiveron representados dende gran-
des personaxes ata os propios alumnos.
VIAXE: ANDORRA = NEVE
O Concello de Lalín convocou
dez prazas para viaxar a Ando-
rra, á neve do 11 ao 18 de febrei-
ro. Para repartir estas prazas, a
dirección seleccionou a dez ra-
paces e rapazas en función das
súas cualificacións escolares;
trátase ,polo tanto, dun premio.Os profesores acompañantes foron Luís Viz e Manuel Gó-
mez.
Olalla San Martín Rozados e Elena
López Fernández de 2º B da ESO
estiveron alí para contárnolo:
O once de febreiro ás cinco da ma-
ñá saímos de Lalín vinte rapaces e
rapazas e os profesores rumbo a
Andorra para pasar unha semana
memorable.
Estamos seguras de que non vos
importa demasiado como foi a elec-
ción dos alumnos, a viaxe en avión ou a paliza posterior ata Andorra en autobús, por iso
ímosvos contar o que consideramos os mellores momentos.
Chegamos ao Principado de Andorra ás dúas da tarde; baixamos as maletas, repartimos
as habitacións e fomos xantar a marabillosa ensalada que nos tiñan preparada. Tivemos a
tarde libre ata as nove da noite que é a hora da cea e logo fomos para as habitacións, a
durmir sen facer ruído…
Os seguintes días pola mañá iamos esquiar dende as once ata as dúas da tarde cuns mo-
nitores arxentinos moi agradables que
nos axudaron en todo momento.Gracias
a Álvaro e ao seu compañeiro!!!Pola tar-
de os guías ensináronnos museos,
igrexas e o Parlamento de Andorra.
O mellor de todo foi a pista de xeo á que
nos levaron e onde chamamos a aten-
ción polas innumerables caídas, a festa
de despedida, na que case todos baila-
ron menos algúns aburridos (xa eles sa-
ben quen son ), o balneario, os baños
turcos, a sauna e o jacuzzi.
Tampouco había marxe para o aburrimento coas excursións e as xuntanzas nas habita-
cións nas que se formou algunha parelliña.
Despois de todo temos que agradecerlle aos profesores que nos aguantaran toda a se-
mana,aos amigos que deixamos aquí que nos seguiran esperando, á condutora do auto-
bús que nos levou a todas as viaxes nas que nos tivo que escoitar berrando a Rianxeira, e
por suposto ao Concello de Andorra, que fixo posible que pasaramos a mellor semana
das nosas vidas”.
EXPO-GRECIA
O alumnado de 1º da ESO, dirixido pola profesora de Ciencias Sociais Elia realizou unha
preciosa exposición sobre Grecia Antiga. O obxectivo era levar un tema teórico á práctica
para achegar o mundo clásico aos nosos días.
A exposición consta de varios apartados:
-O mundo grego e as principais “polis”, Esparta e Atenas.
-A arquitectura,cerámica,pintura e escultura.
-A filosofía grega
-O teatro, os xogos olímpicos, a relixión.
-A Acrópole.
Como apoio, proxectouse un vídeo sobre Grecia elaborado polos rapaces .
Non queremos deixar pasar a ocasión sen agradecer a implicación e a axuda dos pais,
avós e outros parentes neste proxecto.
1ºC BAC
1ºD BAC
CLUBES DE LECTURA: TRAMA IRMAU
Este curso foi o das primeiras tentativas de implantar clubes de lectura dentro da no-
sa comunidade educativa: alumnos, pais, profes…: A Trama IRMAU, que así ten por nome
a nosa rede de clubes.
Puxéronse en marcha varios.
Pola súa excepcionalidade, é de xustiza
destacar o intento de reunir varias xeracións
familiares arredor dun libro: Casas baratas, de
Antón Riveiro Coello.
O alumnado de referencia era de 1º de
BACH, seguramente o menos adecuado, pois
correspóndese con idades en que se adoita
crear “distancias” con pais/nais. E aínda que
pais/nais que sabemos que se sumaron á pro-
posta non deron o paso de acudir ao encontro, ao final xuntámonos un bo feixe de xente
e Antón Riveiro (afable, falador, narrador) cativounos.
Tamén con impecable regularidade nas súas convocato-
rias, o clube Liches este? para o profesorado, botou andar con
propostas a pares cada mes.
Para os rapaces, creáronse dous clubes, centrados en 1º e
2º da ESO.
Nestes casos, máis que funcionar os grupos funcionaron
determinados lectores, algúns xa lexendarios na súa voracida-
de lectora (Santiago Medina, probable futura personaxe dunha desas novelas tan alucina-
damente fantasiosas que ten a ben dixerir de tarde en tarde), ou outros menos recoñeci-
bles pero igualmente amantes da lectura.
Coma toda novidade, o importante foi empezar para así poder seguir.
2º
A
B
A
C
H
A
R
E
L
A
2ºB BACHARELATO
As presas de última hora nun-
ca son boas. Como o ano pasa-
do, coller aos rapaces de 2º de
Bac en maio foi tarefa case im-
posible. O case é evidente se se
mira para a foto que está aquí á
dereita. Con todo, estas seis
rapazas conforman unha per-
fecta imaxe na que a ben segu-
ro os seus compañeiros se han
ver perfectamente representa-
dos.

Piramide0708b

  • 1.
    BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA: NOVO ESPAZOPARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES As reformas do centro tamén afectaron á biblioteca: ela soíña botou para arriba aos profes, e, ademais do que xa tiña, ocupou o espacio que eles antes ocupaban. Seica un día, todo o centro chegará ser unha inmensa biblioteca onde todos sexamos alumnos dos libros. Máis espazo e máis actividades. Este curso, A Marela Tarabela (o boletín informativo da biblio) tivo unha irmanciña dixital: A Marela Tarabela (Edición ciberespacio), coa súa c o r t e e n h t t p : / / tarabelateca.blogspot.com/. Ao longo do curso, e a través da biblioteca, visitá- ronnos Javier Mosquera, Blanca Álvarez, Riveiro Co- ello…; fixéronse exitosísi- mas actividades de dinami- zación como a Olimpíada do Saber e o Reader’s Que- so; e exposicións memora- bles como a adicadas a Moncho Valcarce, a do día de San Valentín (con mil poemas que voaron quen sabe onde) e a antiga Gre- cia.
  • 2.
    Un grupo detrinta e un alumnos de francés realizaron un intercambio cun Instituto de Rennes, en Francia. Estiveron durante 10 días percorrendo,en autobús, o país veciño. Moncho , Servando e Mª Jesús ocupáronse de que todo funcionase o mellor posible. Temos o relato de Aldara, Victoria, Génesis, Carla e Carla Cacheda de 3º de ESO. Así tamén nós saberemos o que fixeron por eses mundos de Deus: Saímos ás cinco da tarde do instituto e, despois de 15 horas en autobús, chegamos a Poitiers, onde estivemos todo o día no Futuroscope. Estabamos todos tan cansos da viaxe que nos quedabamos durmidos nas películas en 3D e logo espertabamos, por exemplo, cun calamar xigante enfronte nosa (un espertar un pouco incómodo). Bailamos cos robots e comemos alí. Ó cabo dunhas horas fomos ata o hotel, pero ó chegar tivemos que nos trasladar en bus cara outro en mellores condicións. Pola noite vimos un espectáculo de luces na auga. Estaba moi ben, pero como duraba moito, ó final xa cansaba. Ó día seguinte saímos de Poitiers ás 9 e viaxamos toda a mañá. Chegamos a París, comemos e collemos o metro. Vimos o Louvre por fóra e visitamos Nôtre Dame. Paseamos polo lado do Sena, aínda que facía moito frío e choveu intermitentemente durante todo o día. Pola noite recollemos as maletas no autobús e fomos ó albergue, que daba bastante medo, e excepto unha habitación, as restantes non tiñan baño. VIAXE A FRANCIA INTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIO
  • 3.
    Á mañá seguintecantámoslle o “cumpreanos feliz” a Victoria no metro. Logo fomos ver a Torre Eiffel, pero de seguida chamaron Carla Cacheda, Génesis e Daniel Reboredo dicindo que se perderan. Resulta que tiñan a torre detrás e non se daban conta. Camiñamos moito durante a mañá para ir ver o Sagrado Corazón, pois tivemos que subir moitas costas e escaleiras. Chegamos ó Louvre e a penas vimos unhas poucas salas do museo, porque aquilo era inmenso. Ó saír chamou Moncho dicindo que en trinta minutos debiamos estar na Torre Eiffel se queriamos subir. Comezamos todos a correr polas estacións de tren e metro meténdonos a presión nos vagóns, e empuxando á xente, que nos miraba escandalizada mentres nós gritabamos e algúns saltaban as máquinas onde se metían os tickets, para logo apurar máis por medo a que nos perseguise a policía. Toda unha película. Saímos da última estación e…, alí estaba: a Torre Eiffel iluminada por centos de luces palpebrexantes. Era impresionante. Logo subimos ata o segundo andar. Desde alí víase o París nocturno iluminado. Máxico. Ó baixar esperábanos moita xente que pretendía vendernos monitores de cores. Perdémonos o paseo en barco polo Sena porque tiñamos unha comida reservada. Servíronnos un prato inmenso cun pincho de carne que case ninguén deu comido. Xa na sobremesa, chegou o camareiro cantando o “cumpreanos feliz” en francés cun pastel e unha vela na man, pero con tan mala sorte que nese momento Victoria estaba no baño. Cando chegou xa non era unha sorpresa. Aínda así volveulle cantar a canción. Á mañá seguinte chegamos a Rennes. Cando vimos a todos os franceses esperándonos, empezamos a dicirlle ós profesores que non queriamos baixar do autobús. A primeira noite foi incómoda para todos, pero ó día seguinte cando nos reencontramos no instituto estivemos contando anécdotas moi emocionados pola primeira experiencia na casa dos franceses. Ese día fomos ó Mont Sant-Michel, onde tivemos que subir moitas escaleiras para lograr chegar á cima e non poder nin levantar a cabeza do vento que ía. Ó día seguinte visitamos as cidades de Saint Malo, Dinan e Dinard. Vimos moitas igrexas e na praia fixemos unha pirámide humana que rematou en desastre. Subimos a unha muralla na que Moncho comezou a tocar a gaita mentres nós cantabamos e a xente botaba moedas no maletín da gaita. A seguinte excursión foi a Vitres e Chartres, onde había un espectacular castelo medieval con moitas escaleiras e costas, que nos fixeron acabar a todos alancando e en manga curta a pesar do mal tempo. O xoves tivemos que contestar por grupos un cuestionario sobre Rennes. Para isto debiamos movernos pola cidade e preguntar á xente. O último día en Rennes fomos a clase cos nosos correspondentes compañeiros. Comemos no comedor do instituto, déronnos unha charla sobre o bretón, e pola noite ceamos os españois nunha típica crepería da cidade, e máis tarde saímos cos franceses. O sábado pola mañá despedímonos, vimos un mercado famoso de Rennes, e emprendemos o camiño de volta cara a Biarritz, onde ceamos kebab, contamos unha historia “de medo” preto da praia e pasamos a noite. O domingo foi outro día de autobús. Chegamos a Lalín sobre as oito e media
  • 4.
    4ºA ESO VISITA: SAMOS Comocada ano, o alumnado de relixión fixo a súa visita. Este curso tocou Samos e os alumnos de 3º e 4º foron ata terras de Lugo acompañados dos profesores Luís Moreiras e Carlos Míguez.
  • 5.
    4ºB ESO A MARELANATURISTA A comezos do curso, apare- ceu o número 5 do Boletín da nosa biblioteca, adicado a flo- ra do entorno do Instituto. O traballo foi realizado polo alumnado de Ciencias Medioambientais de 4º da ESO do curso 2006-2007, baixo a coordenación da pro- fesora Berta Calvín. TEATRO: BICOS CON LINGUA Todos os da ESO, o 23 de abril foron ao teatro ver “Bicos con lingua” de Talía Teatro; esta vez organizou a actividade o Departamento de Normalización Lingüística.
  • 6.
    VISITA: FORUM ORIENTA 2008 Acompañadosde María Jesús Gracia, Severiano Casalderrey, Manuel Darriva y Carlos Miguez, o alumnado de 1º de Bac. foi a Vigo ao Forum Orienta 2008, que organizou a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 4ºC ESO
  • 7.
    4ºD ESO EXPO: LETRASGALEGAS EN ROCHA VIVA Normalización Lingüística en colaboración co Concello levou ao auditorio a exposición “Letras galegas en rocha viva”. Este é un traballo de José Manuel Rivera, persoa comprometida co uso da lingua galega e coa nosa cultura, que cede aos centros de forma desinteresada. Nesta exposición recóllense todos os autores homenaxeados no Día das Letras Galegas dende 1963 ata hoxe. Dende o Aller Ulloa convidouse ao resto dos centros escolares a visitala.
  • 8.
    ACTIVIDADE: MAGOSTO Os alumnosde 4º da ESO organizaron, coma tódolos anos para sacar ”pelillas” para a excursión, o magosto no patio do Instituto. Alí disfrutamos dunhas horas de lecer, comemos castañas e algúns doces que prepararon para a ocasión. Aí van esas fotos de mostra.
  • 9.
    4ºE ESO EXPO: PRESTIGE O Departamentode Ciencias trouxo ao noso centro unha exposición sobre o Prestige, que todos puidemos apreciar durante uns días.
  • 10.
    1ºA BAC TÍTERES: ESPECULACIÓN INMOBILIARIA Especulación inmobiliaria” foia obra que puidieron ver os de 1º e 2º da ESO, na que, por certo, disfrutaron moito, representada pola compañía de títeres El tenderete, chegada de Euskadi. VIAXE: SANTIAGO. CGAG. XÉNEROS Nos inicios do curso, o alumnado de 1º de bacharelato acompañados de Vizoso, Felicidade, Beatriz e Roberto, viaxaron a Santiago para ver no CEGAC a exposición “A batalla dos xéneros”, sobre a arte feminista dos anos 70. Tamén visitaron no mes de abril o Parlamento xunto con Vizoso e Roberto. EDUCACIÓN VISUAL O noso centro foi seleccionado para participar no p r o g r a m a “Audiovisuais nas aulas”, organizado polo Consorcio audiovisual de Galicia. Trátase dunha actividade coordinada por Manuel Balea en colaboración co grupo de traballo formado por Moncho, que é o coordinador, Severiano, Manuel, Miguel, Mario,Paio, Rozas, Jorge ,Roberto e Maribel. A actividade, pensada para rapaces de 3º e 4º da ESO, consistiu nun obradoiro de curtas co móbil. O plan de traballo desenvolveuse en dúas xornadas de cinco horas. Na primeira planificaron e prepararon as curtas e na segunda, realizáronse os ensaios e as gravacións.
  • 11.
    1ºB BAC EXPOSICIÓN DERETRATOS Iniciativa do Departamento de Plástica e Visual, expuñéronse no vestíbulo do centro una boa mostra de retratos feitos polo alumnado. Alí estiveron representados dende gran- des personaxes ata os propios alumnos.
  • 12.
    VIAXE: ANDORRA =NEVE O Concello de Lalín convocou dez prazas para viaxar a Ando- rra, á neve do 11 ao 18 de febrei- ro. Para repartir estas prazas, a dirección seleccionou a dez ra- paces e rapazas en función das súas cualificacións escolares; trátase ,polo tanto, dun premio.Os profesores acompañantes foron Luís Viz e Manuel Gó- mez. Olalla San Martín Rozados e Elena López Fernández de 2º B da ESO estiveron alí para contárnolo: O once de febreiro ás cinco da ma- ñá saímos de Lalín vinte rapaces e rapazas e os profesores rumbo a Andorra para pasar unha semana memorable. Estamos seguras de que non vos importa demasiado como foi a elec- ción dos alumnos, a viaxe en avión ou a paliza posterior ata Andorra en autobús, por iso ímosvos contar o que consideramos os mellores momentos. Chegamos ao Principado de Andorra ás dúas da tarde; baixamos as maletas, repartimos as habitacións e fomos xantar a marabillosa ensalada que nos tiñan preparada. Tivemos a tarde libre ata as nove da noite que é a hora da cea e logo fomos para as habitacións, a durmir sen facer ruído… Os seguintes días pola mañá iamos esquiar dende as once ata as dúas da tarde cuns mo- nitores arxentinos moi agradables que nos axudaron en todo momento.Gracias a Álvaro e ao seu compañeiro!!!Pola tar- de os guías ensináronnos museos, igrexas e o Parlamento de Andorra. O mellor de todo foi a pista de xeo á que nos levaron e onde chamamos a aten- ción polas innumerables caídas, a festa de despedida, na que case todos baila- ron menos algúns aburridos (xa eles sa- ben quen son ), o balneario, os baños turcos, a sauna e o jacuzzi. Tampouco había marxe para o aburrimento coas excursións e as xuntanzas nas habita- cións nas que se formou algunha parelliña. Despois de todo temos que agradecerlle aos profesores que nos aguantaran toda a se- mana,aos amigos que deixamos aquí que nos seguiran esperando, á condutora do auto- bús que nos levou a todas as viaxes nas que nos tivo que escoitar berrando a Rianxeira, e por suposto ao Concello de Andorra, que fixo posible que pasaramos a mellor semana das nosas vidas”.
  • 13.
    EXPO-GRECIA O alumnado de1º da ESO, dirixido pola profesora de Ciencias Sociais Elia realizou unha preciosa exposición sobre Grecia Antiga. O obxectivo era levar un tema teórico á práctica para achegar o mundo clásico aos nosos días. A exposición consta de varios apartados: -O mundo grego e as principais “polis”, Esparta e Atenas. -A arquitectura,cerámica,pintura e escultura. -A filosofía grega -O teatro, os xogos olímpicos, a relixión. -A Acrópole. Como apoio, proxectouse un vídeo sobre Grecia elaborado polos rapaces . Non queremos deixar pasar a ocasión sen agradecer a implicación e a axuda dos pais, avós e outros parentes neste proxecto. 1ºC BAC
  • 14.
    1ºD BAC CLUBES DELECTURA: TRAMA IRMAU Este curso foi o das primeiras tentativas de implantar clubes de lectura dentro da no- sa comunidade educativa: alumnos, pais, profes…: A Trama IRMAU, que así ten por nome a nosa rede de clubes. Puxéronse en marcha varios. Pola súa excepcionalidade, é de xustiza destacar o intento de reunir varias xeracións familiares arredor dun libro: Casas baratas, de Antón Riveiro Coello. O alumnado de referencia era de 1º de BACH, seguramente o menos adecuado, pois correspóndese con idades en que se adoita crear “distancias” con pais/nais. E aínda que pais/nais que sabemos que se sumaron á pro- posta non deron o paso de acudir ao encontro, ao final xuntámonos un bo feixe de xente e Antón Riveiro (afable, falador, narrador) cativounos. Tamén con impecable regularidade nas súas convocato- rias, o clube Liches este? para o profesorado, botou andar con propostas a pares cada mes. Para os rapaces, creáronse dous clubes, centrados en 1º e 2º da ESO. Nestes casos, máis que funcionar os grupos funcionaron determinados lectores, algúns xa lexendarios na súa voracida- de lectora (Santiago Medina, probable futura personaxe dunha desas novelas tan alucina- damente fantasiosas que ten a ben dixerir de tarde en tarde), ou outros menos recoñeci- bles pero igualmente amantes da lectura. Coma toda novidade, o importante foi empezar para así poder seguir.
  • 15.
    2º A B A C H A R E L A 2ºB BACHARELATO As presasde última hora nun- ca son boas. Como o ano pasa- do, coller aos rapaces de 2º de Bac en maio foi tarefa case im- posible. O case é evidente se se mira para a foto que está aquí á dereita. Con todo, estas seis rapazas conforman unha per- fecta imaxe na que a ben segu- ro os seus compañeiros se han ver perfectamente representa- dos.