SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
As revolucións rusas e a formación da URSS.

     A revolución de outubro de 1917 instaurou en Rusia un sistema alternativo ao capitalismo e ao
liberalismo político, o socialismo soviético. Paradoxicamente, esta revolución tivo lugar nun país
cunhas condicións que non semellaban, segundo a teoría marxista, as máis axeitadas.

Rusia a comezos do século X X.
     Economicamente, Rusia era un país esencialmente agrario . A tardía industrialización
do país, comezada na década de 1890, concentrárase nalgunhas rexións (San Petersburgo,
Moscova, Polonia, os Urais) e nuns poucos sectores (minería, industria pesada). O papel do Estado e
a inversión estranxeira foran fundamentais no seu avance.
     O país presentaba enormes desigualdades e unha aguda conflitividade sociais . As
minorías privilexiadas (nobreza terratenente, burocracia estatal, clero ortodoxo) contrastaban
fortemente coa maioría campesiña , pobre e necesitada de terras. A burguesía e as clases
medias eran moi débiles. O proletariado fabril, escaso pero moi concentrado, sufría unhas
durísimas condicións de vida e traballo.
     O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta , estaba habitado por
unha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico-cultural. Os rusos a penas
representaban a metade dos seus habitantes. A axitación nacionalista acadara forza entre
algunhas comunidades do imperio (polacos, fineses, ucraínos, xeorxianos, armenios...)
     Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia. Este réxime caracterizábase pola
concentración do poder en mans do tsar , o non recoñecemento das liberdades e dereitos
individuais e a falla de auténticas institucións representativas. Nicolas II, o derradeiro dos Romanov
entronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte ás complicadas
circunstancias nas que lle tocaría reinar.
     A heteroxénea oposición política estaba fortemente perseguida. Dentro dela podemos
distinguir fundamentalmente tres sectores:
    • Os liberais, apoiados por sectores da nobreza a burguesía e as clases medias, aspiraban a
        instaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo das monarquías da Europa
        occidental. A súa principal organización política foi o Partido Constitudional Democrático
        ou kadet, creado en 1905.
    • Os populistas, defensores do campesiñado e da comunidade rural, organizáronse no
        Partido Socialista Revolucionario ou eserita, fundado en 1902.
    • Os marxistas buscaron o apoio do proletariado fabril. En 1898 formaron o Partido
        Obreiro Socialdemócrata. Dende 1903, aparecen divididos entre un sector moderado,
        reformista, os menxeviques, e os revolucionarios radicais, bolxeviques, liderados por Lenin.

A revolución de 1905.
     O sistema autocrático veuse moi afectados polos episodios revolucionarios de 1905, nos que
participaron diferentes sectores sociais e políticos. Na xestación da revolución incidiron diferentes
causas: unha grave crise económica , a conseguinte agudización dos conflitos sociais
(folgas obreiras, levantamentos campesiños) e a derrota rusa na guerra co Xapón (1904-
1905), que puxo de relevo a incompetencia das autoridades tsaristas . A masacre do
domingo vermello , perpetrada en San Petersburgo pola garda imperial sobre unha
manifestación obreira pacífica en xaneiro de 1905, contribuiu á xeralización das protestas
populares. O amotinamento dalgunhas unidades militares agravou a situación. En moitos lugares,
incluída a capital imperial, apareceron os primeiros soviets, consellos locais formados por
representantes elixidos por obreiros, soldados e campesiños, para dirixir as accións de protesta.
     Ante a gravidade da situación, o tsar veuse na obriga de prometer a concesión de reformas


                                                  1
A revolución rusa e a formación da URSS


(Manifesto de Outubro). Sen embargo, unha vez restablecida a orde a finais de 1905, as promesas
víronse recortadas: a Duma (parlamento) tivo escasos poderes; as liberdades foron moi
restrinxidas, a reforma agraria do ministro Stolipin tivo un alcance moi limitado e non neutralizou
as demandas campesiñas. Ficou instaurado un sistema pseudoconstitucional que a penas
limitaba os poderes do tsar. Para a oposición socialista, a revolución de 1905 constituiría unha
valiosa experiencia dende o punto de vista teórico e práctico.

As revolucións de 1917.
     Resulta imposible explicar o acontecido en Rusia entre febreiro e outubro de 1917 sen ter en
conta os efectos da Gran Guerra sobre o imperio tsarista:
    • O conflito representou para Rusia unha total desfeita militar : as derrotas ante os
        exércitos das potencias centrais, sobre todo ante as tropas xermanas, provocaron
        enormes perdas territoriais (Polonia, Bielorrusia, Lituania), materiais e humanas e a
        deterioriación da disciplina militar (actos de desobediencia, desercións, motíns).
    • As consecuencias económicas foron tamén moi graves. A mobilización de millóns de
        campesiños contribuiu á caída da produción agrícola . A produción industrial e o
        sistema de transportes reorientáronse cara o esforzo de guerra . O conseguinte
        desabastecemento das cidades produciu subas de prezos e fame. O gasto bélico
        xerou uns crecentes déficit e endebedamento públicos e contribuiu á inflación.
    • O descontento popular traduciuse nun forte estourido social : folgas obreiras,
        levantamentos campesiños, motíns militares, protestas populares.
    • A gravidade dos problemas puxo de relevo a incompetencia do goberno, os mandos
        militares e do propio Nicolas II , rodeado dunha corte onde o influxo do sinistro
        Rasputín provocaba unha forte controversia.
     A comezos de 1917, as folgas estendéronse polas grandes fábricas da capital imperial,
rebautizada Petrogrado. A finais de febreiro, unha serie de manifestacións populares contra
a fame e a guerra (pan e paz) precipitaron os acontecementos. Cando os soldados se negaron a
disparar contra os manifestantes e mesmo se sumaron ás protestas a situación tornouse explosiva.
Políticos liberais da Duma, figuras da Corte e mandos militares comezaron a manobrar para forzar
a renuncia de Nicolas II. Finalmente, o 2 de marzo, o tsar abdicou no seu irmán o gran duque
Miguel pero este rexeitaría aquel envelenado ofrecemento.
     A revolución de febreiro de 1917 significou a fin da autocracia. O poder foi asumido
formalmente polo Goberno provisional emanado da Duma e formado inicialmente por políticos
liberais (Luov, Miliukov) máis un socialista moderado (Kerenski). Máis tarde incorporaríanse a el
menxeviques e eseritas. Ao mesmo tempo constituíase o soviet de Petrogrado, formado por
representantes dos obreiros e soldados da capital. O seu exemplo non tardaría en espallarse por
tódalas cidades, aldeas e unidades militares do imperio. Deste xeito, no lugar do vello réxime
aparecía unha dualidade de poder , nacida da contraposición Goberno Provisional-soviets.
     O Goberno Provisional recoñeceu os dereitos e liberdades individuais, prometeu amplas
reformas sociais, o reparto das terras entre os campesiños e a convocatoria dunha Asemblea
Constituínte elixida por sufraxio universal para decidir o futuro do país. Pero a decisión de
manter a Rusia na guerra mundial converteu en papel mollado as súas promesas. Os
problemas económicos, sociais e militares non se resolveron e as reformas adiáronse. Polo tanto, a
posición dos socialistas moderados (menxeviques e eseritas) entre os sectores populares e nos
soviets foise debilitando. Os bolxeviques, baixo a dirección de Lenin, habían ser os grandes
beneficiarios da situación. As súas propostas (paz, terra e todo o poder para os soviets) resumían as
demandas populares e déronlles a maioría nos soviets. Tras o fracasado do golpe de Estado do
xeneral Kornilov contra o Goberno provisional (agosto de 1917) estaban preparados para a
conquista do poder.
     O 25 de outubro de 1917, un levantamento armado bolxevique organizado por Trotski

                                                 2
A revolución rusa e a formación da URSS


en Petrogrado derrubaba o Goberno Provisional. O poder era asumido polo Consello de
Comisarios do Pobo , o goberno revolucionario presidido por Lenin, formado por bolxeviques
(Trotski, Stalin) e apoiado polos soviets. Os primeiros decretos do Consello sinalaban unha nova
ruptura co pasado e pretendían consolidar o apoio popular aos bolxeviques:
    • Confiscáronse as grandes propiedades para a súa repartición entre os campesiños .
    • Estableceuse o control obreiro na industria a través de comités elixidos polos
        traballadores nas fábricas.
    • Impúxose a estatalización da banca, os ferrocarrís e o comercio exterior .
    • Proclamouse o dereito á libre determinación dos pobos que formaban parte do
        Estado ruso.
    • Comezaron decontado as negociacións de paz coas potencias centrais . Ao
        armisticio de decembro de 1917 seguiu o Tratado de Brest-Litovsk en marzo de 1918
        co que remataba a participación rusa na guerra a costa -iso si- de grandes perdas territoriais
        e materiais.
    Mantívose a convocatoria da Asemblea Constituínte. As eleccións celebradas en
novembro de 1917 deron a maioría aos eseritas, que aínda mantiñan un importante apoio entre o
campesiñado. Os bolxeviques disolvérona pola forza sen ningunha contemplación. Axiña comezou
a persecución contra todos os grupos opositores ao goberno leninista, kadets, menxeviques,
eseritas...O Partido Comunista, denominación adoptada polos bolxeviques en marzo de 1918,
fíxose co monopolio do poder. En xullo de 1918, o Congreso dos Sóviet, aprobaba a Constitución
da Republica Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR) , nome oficial do novo Estado.

A formación da URSS: Lenin (1917-1924).
    Os primeiros pasos do Estado soviético estiveron marcados pola figura do seu fundador e pola
guerra civil . Entre 1918 e 1921, Rusia viviu un cruento enfrontamento armado entre as tropas
bolxeviques, organizadas por Trotski no Exército Vermello , e as forzas contrarrevolucionarias
dos chamabos exércitos brancos apoiados nun primeiro momento polas potencias aliadas
(Francia, Gran Bretaña, Estados Unidos, Xapón).
    O Exército Vermello logrou impoñerse a costa de enormes sacrificios. Dende o punto de vista
político, a guerra acentuou as tendencias ditatoriais do réxime soviético. Dende o punto de vista
económico, impúxose o comunismo de guerra , que implicou a completa estatalización da
industria e os servizos e unha política de requisa forzosa dos excedentes campesiños. O país
quedou sumido na miseria: a produción agraria e industrial caeu, a fame provocou máis de
5.000.000 mortos, o descontento social estendeuse. Mesmo os mariñeiros da base naval de
Kronstadt, que tiveran un papel relevante na revolución, se levantaron en armas en marzo de 1921
contra os goberno bolxevique. A revolta foi brutalmente reprimida pero influíu decisivamente no
abandono do comunismo de guerra.
    A vitoria na guerra civil permitiu a recuperación dalgúns dos territorios perdidos en 1918:
Ucraína, Bielorrusia, Cáucaso..., que foron organizados como repúblicas soviéticas segundo o
modelo ruso. En 1922, os seus representantes asinaban o Tratado de creación da Unión de
Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). En 1924, aprobabase a primeira Constitución da
URSS, que definía un sistema federal cun parlamento bicameral (Soviet Supremo) e un goberno
(Presidium) comúns. O Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) controlaba toda a vida política
e identificábase progresivamente co aparato do Estado.
    En 1921, Lenin impulsou unha Nova Política Económica (NEP). Autorizáronse a pequena
empresa privada nos sectores industrial e comercial, o libre comercio interior e os investimentos
estranxeiros. Ao mesmo tempo, substituíase a requisa dos excedentes campesiños polo pago dun
imposto en especie proporcional á colleita. Os resultados económicos foron moi positivos:
recuperáronse a produción, sobre todo agrícola, e os intercambios e mellorou o nivel de vida da


                                                  3
A revolución rusa e a formación da URSS


poboación. Pero paralelamente medraron as desigualdades sociais . A NEP beneficiou sobre
todo aos empresarios privados industriais e comerciais (nepmany) e aos campesiños acomodados
(kulaks). Isto reavivou o debate ideolóxico no seo do Partido Comunista entre defensores
(Bukharin) e detractores da NEP (Trotski), que a consideraban un paso atrás no avance cara o
socialistmo.

A época estalinista (1924-1953).
     A pugna polo poder desatada á morte de Lenin (1924) tivo como protagonistas a Trostki e
Stalin. O primeiro contaba co prestixio gañado durante a revolución e a guerra civil e coa favorable
opinión de Lenin. Pero Stalin fora consolidando a súa posición no Partido dende o seu
nomeamento como secretario xeral (1922) e ía utilizar no seu favor as disputas entre os veteranos
dirixentes bolxeviques. Stalin aliñouse nun primeiro momento en favor dos partidarios da NEP e
postulou a construción do socialismo nun só país fronte a proposta trotskista da revolución
permanente, que animaba a exportar a revolución a outros países.
     A partir de 1927, Stalin fíxose dono da situación. Trostki foi expulsado do goberno soviético e
do partido (1927), deportado da URSS (1929) e, finalmente, asasinado no seu exilio mexicano
(1940).
     No eido político, o estalinismo significou a implantación dun réxime totalitario que
atinxiu tódolos aspectos da vida soviética. O PCUS, que veu recoñecido oficialmente o seu papel
dirixente na Constitución da URSS de 1936 , acadou un control completo dos órganos do
Estado. O liderado de Stalin veuse reforzado ata o paroxismo. Por unha banda, a propaganda
oficial converteno en obxecto dun desmedido culto á personalidade . Pola outra, desenvolveuse
un amplo e eficaz aparato represivo que eliminou todo sospeitoso de oposición ao liderato
estalinista na sociedade, no Estado, no Exército Vermello e no mesmo Partido Comunista. Os
grandes procesos de Moscova (1936-1938) culminaron a purga dos disidentes, moitos deles
condenados, executados, presos ou deportados aos campos de traballo forzado do Gulag. O
instrumento fundamental da represión foi o NKVD (Comisariado do Pobo para Asuntos Interiores,
policía política). Pero, nun ambiente de terror, a sospeita, a delación e a colaboración voluntaria co
aparato represivo estendeuse a boa parte da sociedade. En 1938, máis de 10 millóns de persoas
sufriran, en maior ou menor grao, as represalias do réxime.
     No tocante á política económica, o réxime estalinista impuxo coa mesma falla de escrúpulos a
completa colectivización e a rápida industrialización do país. A partir de 1928 a NEP foi
abandonada e a propiedade privada dos medios de produción abolida. As terras foron
colectivizadas forzosamente e as explotacións campesiñas substituídas por grandes koljoses
(granxas colectivas) ou sovjoses (granxas estatais). A resistencia de boa parte do campesiñado á
colectivización foi reprimida sen contemplacións. A caída da produción agraria e a fame, que só en
Ucraína provocou máis de 3 millóns de mortos en 1932-1933, non detiveron o proxecto estalinista.
Ao mesmo tempo, tódalas empresas industriais e terciarias eran estatalizadas.
     Introduciuse a planificación centralizada . Dende 1928, o Estado fixou a través dos plans
quinquenais os obxectivos de das diferentes unidades de produción. A industria pesada, destinada
a incrementar á capacidade produtiva do país, foi claramente privilexiada respecto á produción de
bens de consumo, desatendendo as necesidades de consumo da poboación, e a agricultura sufriu
un atraso considerable.
     A costa de enormes sacrificios para a maioría da poboación, a URSS converteuse nunha gran
potencia a finais da década de 1930. A produción enerxética e industrial medrara
espectacularmente, construíranse grandes obras públicas, o Estado soviético contaba cun
poderoso exército... Ao mesmo tempo, consolidárase unha nova clase dirixente, a nomenklatura,
constituída polos cadros dirixentes do Estado, o Partido e os organismos económicos, oposta a
calquera cambio significativo no sistema construído baixo a dirección de Stalin.




                                                  4

More Related Content

What's hot

Unidade 7
Unidade 7Unidade 7
Unidade 7David
 
Historia tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto RivasHistoria tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto RivasAlberto Rivas
 
4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estado4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estadosaraiba
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaDavid Barrán Ferreiro
 
Historia tema 7
Historia tema 7Historia tema 7
Historia tema 7pablopotel
 
Tema6 avirtual
Tema6 avirtualTema6 avirtual
Tema6 avirtualaialo1
 
A revolución rusa e a formación da URSS
A revolución rusa e a formación da URSSA revolución rusa e a formación da URSS
A revolución rusa e a formación da URSSquiquehs
 
Tema 7; traballo de sociais de lourdes.
Tema 7; traballo de sociais de lourdes.Tema 7; traballo de sociais de lourdes.
Tema 7; traballo de sociais de lourdes.LourdesErea4
 
Historia tema7
Historia tema7Historia tema7
Historia tema7eva gerpe
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8ahia5
 

What's hot (18)

Revolución Rusa
Revolución RusaRevolución Rusa
Revolución Rusa
 
Revolución rusa
Revolución rusaRevolución rusa
Revolución rusa
 
Unidade 7
Unidade 7Unidade 7
Unidade 7
 
Ccss tema 7
Ccss tema 7Ccss tema 7
Ccss tema 7
 
Tema 7 Xeografía e Historia
Tema 7 Xeografía e Historia Tema 7 Xeografía e Historia
Tema 7 Xeografía e Historia
 
Historia tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto RivasHistoria tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto Rivas
 
4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estado4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estado
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
 
Historia tema 7
Historia tema 7Historia tema 7
Historia tema 7
 
Historia 7
Historia 7Historia 7
Historia 7
 
Tema6 avirtual
Tema6 avirtualTema6 avirtual
Tema6 avirtual
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
A revolución rusa e a formación da URSS
A revolución rusa e a formación da URSSA revolución rusa e a formación da URSS
A revolución rusa e a formación da URSS
 
Tema 7; traballo de sociais de lourdes.
Tema 7; traballo de sociais de lourdes.Tema 7; traballo de sociais de lourdes.
Tema 7; traballo de sociais de lourdes.
 
Historia tema7
Historia tema7Historia tema7
Historia tema7
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7
 

Viewers also liked

Viewers also liked (17)

Relevo 03 litol
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litol
 
GOTICO
GOTICOGOTICO
GOTICO
 
How to sit still in class
How to sit still in classHow to sit still in class
How to sit still in class
 
Professional Drupal Development The Economis
Professional Drupal Development The EconomisProfessional Drupal Development The Economis
Professional Drupal Development The Economis
 
Peer teaching(final)
Peer teaching(final)Peer teaching(final)
Peer teaching(final)
 
Lesson plan
Lesson planLesson plan
Lesson plan
 
u2t4Martinez-Ruiz-Zayas
u2t4Martinez-Ruiz-Zayasu2t4Martinez-Ruiz-Zayas
u2t4Martinez-Ruiz-Zayas
 
Ms 27 wage and salary administration
Ms 27   wage and salary administrationMs 27   wage and salary administration
Ms 27 wage and salary administration
 
Misión
MisiónMisión
Misión
 
Mi0041 java and web design
Mi0041   java and web designMi0041   java and web design
Mi0041 java and web design
 
Certificado diseño de contenidos educativos digitales
Certificado diseño de contenidos educativos  digitalesCertificado diseño de contenidos educativos  digitales
Certificado diseño de contenidos educativos digitales
 
Konvergenz
KonvergenzKonvergenz
Konvergenz
 
Social media w employer brandingu
Social media w employer brandinguSocial media w employer brandingu
Social media w employer brandingu
 
Gracemary fernandez harrware.ppt
Gracemary fernandez harrware.pptGracemary fernandez harrware.ppt
Gracemary fernandez harrware.ppt
 
Marissa P. Mendoza.CV
Marissa P. Mendoza.CVMarissa P. Mendoza.CV
Marissa P. Mendoza.CV
 
Raúl m. orellana.ppt
Raúl m. orellana.pptRaúl m. orellana.ppt
Raúl m. orellana.ppt
 
Literatura del renacimiento
Literatura del renacimientoLiteratura del renacimiento
Literatura del renacimiento
 

Similar to As revolucións rusas e a formación da URSS

A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoA RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoAulagalicia Hxg
 
Tema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolcheviqueTema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolcheviqueDudas-Historia
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerrasAgrela Elvixeo
 
Historia tema7
Historia tema7Historia tema7
Historia tema7eva gerpe
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e asergiocesures
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7yrda
 

Similar to As revolucións rusas e a formación da URSS (15)

A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoA RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
 
Tema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolcheviqueTema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolchevique
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerras
 
Unidade 7 Revolución Rusa
Unidade 7 Revolución RusaUnidade 7 Revolución Rusa
Unidade 7 Revolución Rusa
 
Historia tema7
Historia tema7Historia tema7
Historia tema7
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Historia. tema 7
Historia. tema 7Historia. tema 7
Historia. tema 7
 
HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Sociais tema 8
Sociais tema 8Sociais tema 8
Sociais tema 8
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 

More from quiquehs

10 industria vocabulario
10 industria vocabulario10 industria vocabulario
10 industria vocabularioquiquehs
 
09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primarioquiquehs
 
04a bioxeog
04a bioxeog04a bioxeog
04a bioxeogquiquehs
 
02d clima vocabulario
02d clima vocabulario02d clima vocabulario
02d clima vocabularioquiquehs
 
02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos pres02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos presquiquehs
 
01 f relevo teoría
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoríaquiquehs
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabularioquiquehs
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)quiquehs
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrialquiquehs
 
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacionquiquehs
 
03a hidroloxía
03a hidroloxía03a hidroloxía
03a hidroloxíaquiquehs
 
02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticos02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticosquiquehs
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempometquiquehs
 
02a clima intro
02a clima intro02a clima intro
02a clima introquiquehs
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unidquiquehs
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evolquiquehs
 
Relevo 01 intro
Relevo 01 introRelevo 01 intro
Relevo 01 introquiquehs
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOquiquehs
 

More from quiquehs (19)

10 industria vocabulario
10 industria vocabulario10 industria vocabulario
10 industria vocabulario
 
09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario
 
04a bioxeog
04a bioxeog04a bioxeog
04a bioxeog
 
02d clima vocabulario
02d clima vocabulario02d clima vocabulario
02d clima vocabulario
 
02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos pres02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos pres
 
01 f relevo teoría
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoría
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrial
 
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
 
03b solos
03b solos03b solos
03b solos
 
03a hidroloxía
03a hidroloxía03a hidroloxía
03a hidroloxía
 
02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticos02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticos
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempomet
 
02a clima intro
02a clima intro02a clima intro
02a clima intro
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
 
Relevo 01 intro
Relevo 01 introRelevo 01 intro
Relevo 01 intro
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 

Recently uploaded

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

As revolucións rusas e a formación da URSS

  • 1. As revolucións rusas e a formación da URSS. A revolución de outubro de 1917 instaurou en Rusia un sistema alternativo ao capitalismo e ao liberalismo político, o socialismo soviético. Paradoxicamente, esta revolución tivo lugar nun país cunhas condicións que non semellaban, segundo a teoría marxista, as máis axeitadas. Rusia a comezos do século X X. Economicamente, Rusia era un país esencialmente agrario . A tardía industrialización do país, comezada na década de 1890, concentrárase nalgunhas rexións (San Petersburgo, Moscova, Polonia, os Urais) e nuns poucos sectores (minería, industria pesada). O papel do Estado e a inversión estranxeira foran fundamentais no seu avance. O país presentaba enormes desigualdades e unha aguda conflitividade sociais . As minorías privilexiadas (nobreza terratenente, burocracia estatal, clero ortodoxo) contrastaban fortemente coa maioría campesiña , pobre e necesitada de terras. A burguesía e as clases medias eran moi débiles. O proletariado fabril, escaso pero moi concentrado, sufría unhas durísimas condicións de vida e traballo. O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta , estaba habitado por unha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico-cultural. Os rusos a penas representaban a metade dos seus habitantes. A axitación nacionalista acadara forza entre algunhas comunidades do imperio (polacos, fineses, ucraínos, xeorxianos, armenios...) Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia. Este réxime caracterizábase pola concentración do poder en mans do tsar , o non recoñecemento das liberdades e dereitos individuais e a falla de auténticas institucións representativas. Nicolas II, o derradeiro dos Romanov entronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte ás complicadas circunstancias nas que lle tocaría reinar. A heteroxénea oposición política estaba fortemente perseguida. Dentro dela podemos distinguir fundamentalmente tres sectores: • Os liberais, apoiados por sectores da nobreza a burguesía e as clases medias, aspiraban a instaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo das monarquías da Europa occidental. A súa principal organización política foi o Partido Constitudional Democrático ou kadet, creado en 1905. • Os populistas, defensores do campesiñado e da comunidade rural, organizáronse no Partido Socialista Revolucionario ou eserita, fundado en 1902. • Os marxistas buscaron o apoio do proletariado fabril. En 1898 formaron o Partido Obreiro Socialdemócrata. Dende 1903, aparecen divididos entre un sector moderado, reformista, os menxeviques, e os revolucionarios radicais, bolxeviques, liderados por Lenin. A revolución de 1905. O sistema autocrático veuse moi afectados polos episodios revolucionarios de 1905, nos que participaron diferentes sectores sociais e políticos. Na xestación da revolución incidiron diferentes causas: unha grave crise económica , a conseguinte agudización dos conflitos sociais (folgas obreiras, levantamentos campesiños) e a derrota rusa na guerra co Xapón (1904- 1905), que puxo de relevo a incompetencia das autoridades tsaristas . A masacre do domingo vermello , perpetrada en San Petersburgo pola garda imperial sobre unha manifestación obreira pacífica en xaneiro de 1905, contribuiu á xeralización das protestas populares. O amotinamento dalgunhas unidades militares agravou a situación. En moitos lugares, incluída a capital imperial, apareceron os primeiros soviets, consellos locais formados por representantes elixidos por obreiros, soldados e campesiños, para dirixir as accións de protesta. Ante a gravidade da situación, o tsar veuse na obriga de prometer a concesión de reformas 1
  • 2. A revolución rusa e a formación da URSS (Manifesto de Outubro). Sen embargo, unha vez restablecida a orde a finais de 1905, as promesas víronse recortadas: a Duma (parlamento) tivo escasos poderes; as liberdades foron moi restrinxidas, a reforma agraria do ministro Stolipin tivo un alcance moi limitado e non neutralizou as demandas campesiñas. Ficou instaurado un sistema pseudoconstitucional que a penas limitaba os poderes do tsar. Para a oposición socialista, a revolución de 1905 constituiría unha valiosa experiencia dende o punto de vista teórico e práctico. As revolucións de 1917. Resulta imposible explicar o acontecido en Rusia entre febreiro e outubro de 1917 sen ter en conta os efectos da Gran Guerra sobre o imperio tsarista: • O conflito representou para Rusia unha total desfeita militar : as derrotas ante os exércitos das potencias centrais, sobre todo ante as tropas xermanas, provocaron enormes perdas territoriais (Polonia, Bielorrusia, Lituania), materiais e humanas e a deterioriación da disciplina militar (actos de desobediencia, desercións, motíns). • As consecuencias económicas foron tamén moi graves. A mobilización de millóns de campesiños contribuiu á caída da produción agrícola . A produción industrial e o sistema de transportes reorientáronse cara o esforzo de guerra . O conseguinte desabastecemento das cidades produciu subas de prezos e fame. O gasto bélico xerou uns crecentes déficit e endebedamento públicos e contribuiu á inflación. • O descontento popular traduciuse nun forte estourido social : folgas obreiras, levantamentos campesiños, motíns militares, protestas populares. • A gravidade dos problemas puxo de relevo a incompetencia do goberno, os mandos militares e do propio Nicolas II , rodeado dunha corte onde o influxo do sinistro Rasputín provocaba unha forte controversia. A comezos de 1917, as folgas estendéronse polas grandes fábricas da capital imperial, rebautizada Petrogrado. A finais de febreiro, unha serie de manifestacións populares contra a fame e a guerra (pan e paz) precipitaron os acontecementos. Cando os soldados se negaron a disparar contra os manifestantes e mesmo se sumaron ás protestas a situación tornouse explosiva. Políticos liberais da Duma, figuras da Corte e mandos militares comezaron a manobrar para forzar a renuncia de Nicolas II. Finalmente, o 2 de marzo, o tsar abdicou no seu irmán o gran duque Miguel pero este rexeitaría aquel envelenado ofrecemento. A revolución de febreiro de 1917 significou a fin da autocracia. O poder foi asumido formalmente polo Goberno provisional emanado da Duma e formado inicialmente por políticos liberais (Luov, Miliukov) máis un socialista moderado (Kerenski). Máis tarde incorporaríanse a el menxeviques e eseritas. Ao mesmo tempo constituíase o soviet de Petrogrado, formado por representantes dos obreiros e soldados da capital. O seu exemplo non tardaría en espallarse por tódalas cidades, aldeas e unidades militares do imperio. Deste xeito, no lugar do vello réxime aparecía unha dualidade de poder , nacida da contraposición Goberno Provisional-soviets. O Goberno Provisional recoñeceu os dereitos e liberdades individuais, prometeu amplas reformas sociais, o reparto das terras entre os campesiños e a convocatoria dunha Asemblea Constituínte elixida por sufraxio universal para decidir o futuro do país. Pero a decisión de manter a Rusia na guerra mundial converteu en papel mollado as súas promesas. Os problemas económicos, sociais e militares non se resolveron e as reformas adiáronse. Polo tanto, a posición dos socialistas moderados (menxeviques e eseritas) entre os sectores populares e nos soviets foise debilitando. Os bolxeviques, baixo a dirección de Lenin, habían ser os grandes beneficiarios da situación. As súas propostas (paz, terra e todo o poder para os soviets) resumían as demandas populares e déronlles a maioría nos soviets. Tras o fracasado do golpe de Estado do xeneral Kornilov contra o Goberno provisional (agosto de 1917) estaban preparados para a conquista do poder. O 25 de outubro de 1917, un levantamento armado bolxevique organizado por Trotski 2
  • 3. A revolución rusa e a formación da URSS en Petrogrado derrubaba o Goberno Provisional. O poder era asumido polo Consello de Comisarios do Pobo , o goberno revolucionario presidido por Lenin, formado por bolxeviques (Trotski, Stalin) e apoiado polos soviets. Os primeiros decretos do Consello sinalaban unha nova ruptura co pasado e pretendían consolidar o apoio popular aos bolxeviques: • Confiscáronse as grandes propiedades para a súa repartición entre os campesiños . • Estableceuse o control obreiro na industria a través de comités elixidos polos traballadores nas fábricas. • Impúxose a estatalización da banca, os ferrocarrís e o comercio exterior . • Proclamouse o dereito á libre determinación dos pobos que formaban parte do Estado ruso. • Comezaron decontado as negociacións de paz coas potencias centrais . Ao armisticio de decembro de 1917 seguiu o Tratado de Brest-Litovsk en marzo de 1918 co que remataba a participación rusa na guerra a costa -iso si- de grandes perdas territoriais e materiais. Mantívose a convocatoria da Asemblea Constituínte. As eleccións celebradas en novembro de 1917 deron a maioría aos eseritas, que aínda mantiñan un importante apoio entre o campesiñado. Os bolxeviques disolvérona pola forza sen ningunha contemplación. Axiña comezou a persecución contra todos os grupos opositores ao goberno leninista, kadets, menxeviques, eseritas...O Partido Comunista, denominación adoptada polos bolxeviques en marzo de 1918, fíxose co monopolio do poder. En xullo de 1918, o Congreso dos Sóviet, aprobaba a Constitución da Republica Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR) , nome oficial do novo Estado. A formación da URSS: Lenin (1917-1924). Os primeiros pasos do Estado soviético estiveron marcados pola figura do seu fundador e pola guerra civil . Entre 1918 e 1921, Rusia viviu un cruento enfrontamento armado entre as tropas bolxeviques, organizadas por Trotski no Exército Vermello , e as forzas contrarrevolucionarias dos chamabos exércitos brancos apoiados nun primeiro momento polas potencias aliadas (Francia, Gran Bretaña, Estados Unidos, Xapón). O Exército Vermello logrou impoñerse a costa de enormes sacrificios. Dende o punto de vista político, a guerra acentuou as tendencias ditatoriais do réxime soviético. Dende o punto de vista económico, impúxose o comunismo de guerra , que implicou a completa estatalización da industria e os servizos e unha política de requisa forzosa dos excedentes campesiños. O país quedou sumido na miseria: a produción agraria e industrial caeu, a fame provocou máis de 5.000.000 mortos, o descontento social estendeuse. Mesmo os mariñeiros da base naval de Kronstadt, que tiveran un papel relevante na revolución, se levantaron en armas en marzo de 1921 contra os goberno bolxevique. A revolta foi brutalmente reprimida pero influíu decisivamente no abandono do comunismo de guerra. A vitoria na guerra civil permitiu a recuperación dalgúns dos territorios perdidos en 1918: Ucraína, Bielorrusia, Cáucaso..., que foron organizados como repúblicas soviéticas segundo o modelo ruso. En 1922, os seus representantes asinaban o Tratado de creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). En 1924, aprobabase a primeira Constitución da URSS, que definía un sistema federal cun parlamento bicameral (Soviet Supremo) e un goberno (Presidium) comúns. O Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) controlaba toda a vida política e identificábase progresivamente co aparato do Estado. En 1921, Lenin impulsou unha Nova Política Económica (NEP). Autorizáronse a pequena empresa privada nos sectores industrial e comercial, o libre comercio interior e os investimentos estranxeiros. Ao mesmo tempo, substituíase a requisa dos excedentes campesiños polo pago dun imposto en especie proporcional á colleita. Os resultados económicos foron moi positivos: recuperáronse a produción, sobre todo agrícola, e os intercambios e mellorou o nivel de vida da 3
  • 4. A revolución rusa e a formación da URSS poboación. Pero paralelamente medraron as desigualdades sociais . A NEP beneficiou sobre todo aos empresarios privados industriais e comerciais (nepmany) e aos campesiños acomodados (kulaks). Isto reavivou o debate ideolóxico no seo do Partido Comunista entre defensores (Bukharin) e detractores da NEP (Trotski), que a consideraban un paso atrás no avance cara o socialistmo. A época estalinista (1924-1953). A pugna polo poder desatada á morte de Lenin (1924) tivo como protagonistas a Trostki e Stalin. O primeiro contaba co prestixio gañado durante a revolución e a guerra civil e coa favorable opinión de Lenin. Pero Stalin fora consolidando a súa posición no Partido dende o seu nomeamento como secretario xeral (1922) e ía utilizar no seu favor as disputas entre os veteranos dirixentes bolxeviques. Stalin aliñouse nun primeiro momento en favor dos partidarios da NEP e postulou a construción do socialismo nun só país fronte a proposta trotskista da revolución permanente, que animaba a exportar a revolución a outros países. A partir de 1927, Stalin fíxose dono da situación. Trostki foi expulsado do goberno soviético e do partido (1927), deportado da URSS (1929) e, finalmente, asasinado no seu exilio mexicano (1940). No eido político, o estalinismo significou a implantación dun réxime totalitario que atinxiu tódolos aspectos da vida soviética. O PCUS, que veu recoñecido oficialmente o seu papel dirixente na Constitución da URSS de 1936 , acadou un control completo dos órganos do Estado. O liderado de Stalin veuse reforzado ata o paroxismo. Por unha banda, a propaganda oficial converteno en obxecto dun desmedido culto á personalidade . Pola outra, desenvolveuse un amplo e eficaz aparato represivo que eliminou todo sospeitoso de oposición ao liderato estalinista na sociedade, no Estado, no Exército Vermello e no mesmo Partido Comunista. Os grandes procesos de Moscova (1936-1938) culminaron a purga dos disidentes, moitos deles condenados, executados, presos ou deportados aos campos de traballo forzado do Gulag. O instrumento fundamental da represión foi o NKVD (Comisariado do Pobo para Asuntos Interiores, policía política). Pero, nun ambiente de terror, a sospeita, a delación e a colaboración voluntaria co aparato represivo estendeuse a boa parte da sociedade. En 1938, máis de 10 millóns de persoas sufriran, en maior ou menor grao, as represalias do réxime. No tocante á política económica, o réxime estalinista impuxo coa mesma falla de escrúpulos a completa colectivización e a rápida industrialización do país. A partir de 1928 a NEP foi abandonada e a propiedade privada dos medios de produción abolida. As terras foron colectivizadas forzosamente e as explotacións campesiñas substituídas por grandes koljoses (granxas colectivas) ou sovjoses (granxas estatais). A resistencia de boa parte do campesiñado á colectivización foi reprimida sen contemplacións. A caída da produción agraria e a fame, que só en Ucraína provocou máis de 3 millóns de mortos en 1932-1933, non detiveron o proxecto estalinista. Ao mesmo tempo, tódalas empresas industriais e terciarias eran estatalizadas. Introduciuse a planificación centralizada . Dende 1928, o Estado fixou a través dos plans quinquenais os obxectivos de das diferentes unidades de produción. A industria pesada, destinada a incrementar á capacidade produtiva do país, foi claramente privilexiada respecto á produción de bens de consumo, desatendendo as necesidades de consumo da poboación, e a agricultura sufriu un atraso considerable. A costa de enormes sacrificios para a maioría da poboación, a URSS converteuse nunha gran potencia a finais da década de 1930. A produción enerxética e industrial medrara espectacularmente, construíranse grandes obras públicas, o Estado soviético contaba cun poderoso exército... Ao mesmo tempo, consolidárase unha nova clase dirixente, a nomenklatura, constituída polos cadros dirixentes do Estado, o Partido e os organismos económicos, oposta a calquera cambio significativo no sistema construído baixo a dirección de Stalin. 4