Relato gañador do Concurso de Relatos de Terror do CPI de Pontecesures na categoría de 3º ciclo de E. Primaria, organizado polo ENDL e a Biblioteca do centro.
Relato gañador do Concurso de Relatos de Terror do CPI de Pontecesures na categoría de 3º ciclo de E. Primaria, organizado polo ENDL e a Biblioteca do centro.
Este documento es un libro escrito por alumnos de primer curso del Colegio Público de Pontecesures para el curso 2017-2018. El libro se titula "Da clase dous lobos" y fue escrito por los autores "Nenos e nenas".
Este documento es un libro escrito por alumnos de primer curso del Colegio Público de Pontecesures para el curso 2017-2018. El libro se titula "Da clase dous lobos" y fue escrito por los autores "Nenos e nenas".
Este documento descreve um livro colaborativo criado por alunos e professores de diferentes anos letivos de uma escola, desde a educação infantil até o 6o ano do ensino fundamental. O livro foi produzido para celebrar o Dia do Livro e o Dia das Letras Galegas e contou com a participação de vários tutores.
Recompilación de haikus e microrrelatos elaborados polo alumnado do CPI de Pontecesures baseándose en fotos súas do contorno nas que se aprecian distintos tipos de tempo. O traballo foi organizado dende as aulas de Lingua e Literatura Galegas e o ENDL do centro para o Plan Proxecta de Meteoroloxía.
178 aniversario do nacemento de rosalía de castrotrasnoparoleiro
Co gallo do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de relixión de 4º de primaria do CPI de Pontecesures amósanos estas fotos do proceso de elaboración dun mural sobre o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
Carteis elaborados polo alumnado de Plástica para anunciar o II concurso de relatos de terror organizado polo ENDL e o Equipo de Biblioteca do CPI de Pontecesures.
1. O S O R T E O
Todos sabemos que vivir preto dun camposanto non é moi agradable e disto
sabe moito a familia dun amigo meu, chamado Antón.
Antón e a súa familia vivían mesmo en fronte do camposanto da súa vila e
sabían as historias que os vellos do lugar contaban sempre. O avó de Antón sempre
dicía que polas noites se escoitaban berros e música, sobre todo cando a Lúa estaba no
crecente. Unha noite Antón e o seu amigo Lucas decidiron ir mirar se era verdade o
que contaba o seu avó. Colleron unhas lanternas e alá foron.
Cando entraron, empezaron a escoitar unha música que viña dunha zona moi
escura; pero eles non tiñan medo e foron investigar. De súpeto atopáronse cunha
rapaza cun vestido branco moi longo e un pelo moi alborotado que se achegaba a eles
moi amodiño . Empezaron a tremerlles as pernas e alí quedaron petrificados. A rapaza
díxolles que alí facían moitas festas de noite pero a máis importante delas era “O
SORTEO”. Pero que era O SORTEO? Preguntáronse os nenos e a rapaza contestou que
se trataba de coller un número dun saco, que se correspondía con unha casa da vila, e
alí ian petar á porta. Ao día seguinte, resulta que aparecía morto algún membro desa
casa. Os rapaces saíron escopetados e correndo cada un para a súa casa, esperando
que non lles petasen á porta de noite.
Antón contoullo ao seu avó, que estaba sentado diante da cheminea, e
preguntoulle se algunha vez petaran na porta de noite. O avó contestou:
-Sí, Antón, claro que petaron.
-E abriches a porta, avó? –dixo Antón, cos ollos moi abertos.
-Non - contestou o avó- . Senón, non estaría aquí.
Alguén de vós vive preto dun camposanto? Pois xa sabedes , mirade a Lúa, e se
está no crecente, non lle abrades a porta a ninguén.
Nicolás Constenla Barral