SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
ESTRUTURA DE NIMBOS, único libro de poesía editado por Xosé María
Díaz Castro en vida. Estes poemas, contidos en Nimbos (1961) son os
principais do autor homenaxeado o vindeiro 17 de maio de 2014.
Corresponde a este ÍNDICE:
PÓRTICO (I)- contén os poemas:
· “Coma ventos fuxidos”
· “Nimbos”
· “Coma brasas”
NOITE (II)
· “Borrallo”
· “Alfa e omega”
· “Noite do mundo”
· “Coma un anxo airado”
· “O verme e a estrela”
LUS (III)
· “Esmeralda”
· “Veleiquí os homes”
· “No novo ceo”
· “A noite é necesaria”
ESPRANZA (IV)
· “Terra sucada”
· “Penélope”
· “Quezáis”
· “Terra do tempo”
MILAGRE (V)
· “Polpa dorida”
· “Remuíño”
· “Cova alumada”
· “Trasfiguración”
· “Vísperas”
· “O berro das pedras”
SOÑO (VI)
· “A cerna”
· “Coma un río”
· “No esplendor do día”
FERIDA (VII)
· “Cortina”
· “Ai, capitán”
· “Terra achaiada”
· “Coma unha escada”
· “Monumento á ausencia”
· “Coma unha insua”
· “Coma unha espada”.
*****
A priori os títulos dos poemas son curiosos, de moitos tipos, pero
significativos; cada título é síntese do contido do poema en cuestión, e para
iso o autor utiliza metáforas, comparacións e outros recursos. Ademais
nótase que segue, p. ex. na parte de Ferida, unha relación entre elementos,
e é que esa Ferida á que se refire o título sétimo (tamén se podería
considerar recorrente, á par que motivada, a división en sete partes) é a que
a beleza lle produce ao autor como se a beleza fose unha espada, “Coma
unha espada”, onde o refrán é a máxima «A beleza feriume para sempre».
(a revisar por Alfonso esta interpretación)
POEMAS ESCOLLIDOS
(Tirados literalmente da obra editada por Galaxia)
1º.- Introdutor da obra, na parte de Pórtico.
“Coma ventos fuxidos”
Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
¡Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nalgún intre de amor desesperado!
_______________________________
Intento de síntese/interpretación da mensaxe:
O autor manifesta neste preámbulo a súa intención expresiva,
emotiva e intimista, e cunha exclamación evócase a si mesmo en
terceira persoa. Xa se poden apreciar algúns dos temas
característicos de Díaz Castro a través das imaxes dos “ventos
fuxidos” e os “antigos camiños esquecidos”, que refiren o mundo
natural, cun matiz de misterio ou esquiveza con eses adxectivos de
“fuxidos”, referido ós ventos; e “esquecidos”, para os camiños, que
contan asemade co epíteto “antigos”, o cal quizais tamén lles dea un
matiz de afastamento, singularidade, mesmo certa maxia, cun
atrevemento maior. Outro símbolo é o do anxo que recolle o recordo
do autor e que o salva, este símbolo é mostra da espiritualidade do
autor intimamente relacionada coa cultura galega de relixión cristiá.
2º.- Seguinte ao primeiro, o poema inicial da obra (Pórtico)
“NIMBOS”
Se é que un poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,
das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se ven xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na miña vida en lume se enxeriron,
eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.
Nota en relación ó poema, desviada cara ó concepto de poesía e arte:
No poema inicial da obra Nimbos, o autor aporta a súa concepción
da poesía, explicando o que para el é un poema, un “nimbo de lus”,
unha iluminación da expresión humana a través da lingua,
manifestada en literatura. Entra en xogo un tema transcendental, a
necesidade humana de expresión de sentimentos, materializada a
través das artes, e sendo a poesía un especial recurso polo feito de
referir conceptos e utilizar figuras retóricas que, en consonancia coa
lóxica, a cultura xeral e demais costumes, saberes da xente; logran
(as fig. retóricas ou estilísticas) reforzar a mensaxe que o autor quere
transmitir, e que de ningún modo chegará dunha forma total ao
lector, senón que os lectores darán a súa propia interpretación da
expresión artística dunha persoa en base ás experiencias, vivencias,
preferencias, instintos e sensacións propias.
Para compensar a
desviación temática da
nota ao pé do poema,
engadir que no poema
“Nimbos” Díaz Castro dá
a súa visión propia sobre o
que representa un poema,
o que supón en algúns
exemplos e para el mesmo.
3º.- Na miña opinión, de potente e concentrada mensaxe, tipo
existencial quizais, este poema breve, da parte Noite de Nimbos.
ALFA E OMEGA
Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus.
A vocación do mundo é subir entre cadavres
por un camiño de sede e lusquefús.
A espranza do mundo é o amor consumido de sede
na consumación da crus.
A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus.
__________
· Tema central existencial: orixe, natureza, porvir e fin do mundo
(Apocalipse); grande importancia do tema da relixión. Penso que
Díaz Castro sintetiza neste poema a mensaxe bíblica, dándolle a súa
propia forma co punto de referencia na “lus”, outro dos grandes
temas literarios do autor.
Posibilidade: identificar primeiro verso coa Xénese, os versos
segundo e terceiro co mundo actual, a crítica bíblica ás costumes da
xente (vixente hoxe coa crítica social), a mensaxe bíblica de
redención mediante a intercesión de Xesucristo (o amor, a crus) e
finalmente a mensaxe do libro da Apocalipse, que vén a falar dun
retorno de Cristo, que aquí se representa como “un estalido de gloria
na lus”.
· Desviando o tema da relixión, e entendendo a espiritualidade da
poesía de Díaz Castro, transcendental ós dogmas eclesiásticos e á
“versión oficial”, caben todo tipo de interpretacións sobre este
poema. Quizais a dada sexa a máis sinxela, pero é evidente que hai
un xogo entre a expresión lírica (lus, mundo, camiño, espranza,
amor, gloria) e a cultura popular galega cristiá (o comezo do tempo -
alfa-, a vocación do mundo, o amor, a consumación -de Cristo- na
crus, a fin suprema do tempo -omega-), de forma que brinda un fácil
entendemento da mensaxe substancial, pero a impronta dun autor
con tanta capacidade de condensación lírica, un ton intimista e o
reflexo de moitas emocións e sentimentos non se pode reducir á
anterior paráfrase contrastada co argumento da Biblia nin tampouco
a unha mera ollada do autor sobre o mundo, co lamento do seu
porvir e a idealización do seu termo.
(Evidentemente, admítense disensións. Atte. Antonio)
A PARTIR DE AQUÍ, TÓMESE O RELEVO DOS
COMENTARIOS, MAÑÁ (VENRES 16/05/2014) VOLVERASE A
ELES NO PROGRAMA RADIOFÓNICO DE 3º ESO
ATTE. ANTONIO (SEGUEN MÁIS POEMAS ESCOLLIDOS)
4º.- O VERME E A ESTRELA
Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza...
baixo as alas da pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína...
¡Esta sede de lus, mentres o vento
da morte zúa arredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
máis íntimas, e bárreas coma a ágoa...!
A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.
(Importante, atender aos temas ao longo dos poemas)
5º.- A NOITE É NECESARIA
(Curiosamente no apartado de Lus da obra Nimbos)
Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma un mar de lus.
A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.
(Nota: dar interpretación, tamén filosófica, para a figura de Deus e o
mar de lus. Por outra parte, apreciar o sentido da paisaxe e a
natureza, pois nas terras de Xestoso, e como non, nas achegadas
terras de Guitiriz, hai unha bóveda celeste impresionante polo verao,
digna de ver, e clara referencia que fai o autor, quen seguro tería
nostalxia desa visión celestial durante a súa estadía na opaca cidade
de Madrid).
6º.- O máis famoso e moi fermoso poema, na parte de Espranza;
PENÉLOPE
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza dos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
7º.- COMA UN RÍO (Na parte de Soño)
Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.
Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, o abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.
E eu coma a néboa polos outos montes
que lles cobre a ferez e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.
Hai unha cousa clara coma a lus:
que no é pra nós a música do mundo,
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡outro home véu ó mundo!
E eu coma un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue...
8º.- Cabería algún máis, pero remato por considerar o último, onde
aparece a máxima «A beleza feriume para sempre». Está na última
parte de Nimbos, na titulada como Ferida.
COMA UNHA ESPADA
Tódolos ríos pasan pola miña
alma, cheos de Deus, música e lapas.
Tódalas pombas fan o meu amor.
A beleza feriume para sempre.
Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza feriume para sempre.
En cada voz eu oio unha chamada
cun longo eco de adeus que non entendo,
pro que me fire coma espada ardendo.
A beleza feriume para sempre.
E as falopas dos anos van caendo
sobre a sede inmortal e os ollos tristes,
¡pro no enterran a boca da ferida!
A beleza feriume para sempre.
_______
Xosé María Díaz Castro

More Related Content

What's hot

A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego PortuguesaA Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego Portuguesamariancasal
 
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaGZ-Israel
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais monadela
 
Tópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegaTópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegasusanavazre
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literariossusanavazre
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante AlighieriA Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante AlighieriEdicionsCuruxa
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27EdicionsCuruxa
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...EdicionsCuruxa
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 

What's hot (19)

A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego PortuguesaA Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
 
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
A cantiga de amigo
A cantiga de amigoA cantiga de amigo
A cantiga de amigo
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Tópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegaTópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galega
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literarios
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante AlighieriA Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante Alighieri
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 

Similar to Antonio gonzález selección de poemas significativos xosé mª díaz castro

2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Tópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrasTópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrassusanavazre
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismoxenevra
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Presentación tópicos literarios
Presentación tópicos literariosPresentación tópicos literarios
Presentación tópicos literariosmartinezcordeiro
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOA MARALEIXA
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
A poesía entre 1936 e 1976. tarefas
A poesía entre 1936 e 1976. tarefasA poesía entre 1936 e 1976. tarefas
A poesía entre 1936 e 1976. tarefasMarlou
 

Similar to Antonio gonzález selección de poemas significativos xosé mª díaz castro (20)

2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Tópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrasTópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letras
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Presentación tópicos literarios
Presentación tópicos literariosPresentación tópicos literarios
Presentación tópicos literarios
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
A poesía entre 1936 e 1976. tarefas
A poesía entre 1936 e 1976. tarefasA poesía entre 1936 e 1976. tarefas
A poesía entre 1936 e 1976. tarefas
 
Negra sombra
Negra sombra Negra sombra
Negra sombra
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Antonio gonzález selección de poemas significativos xosé mª díaz castro

  • 1. ESTRUTURA DE NIMBOS, único libro de poesía editado por Xosé María Díaz Castro en vida. Estes poemas, contidos en Nimbos (1961) son os principais do autor homenaxeado o vindeiro 17 de maio de 2014. Corresponde a este ÍNDICE: PÓRTICO (I)- contén os poemas: · “Coma ventos fuxidos” · “Nimbos” · “Coma brasas” NOITE (II) · “Borrallo” · “Alfa e omega” · “Noite do mundo” · “Coma un anxo airado” · “O verme e a estrela” LUS (III) · “Esmeralda” · “Veleiquí os homes” · “No novo ceo” · “A noite é necesaria” ESPRANZA (IV) · “Terra sucada” · “Penélope” · “Quezáis” · “Terra do tempo” MILAGRE (V) · “Polpa dorida” · “Remuíño” · “Cova alumada” · “Trasfiguración” · “Vísperas” · “O berro das pedras” SOÑO (VI) · “A cerna” · “Coma un río” · “No esplendor do día” FERIDA (VII) · “Cortina” · “Ai, capitán” · “Terra achaiada” · “Coma unha escada” · “Monumento á ausencia” · “Coma unha insua” · “Coma unha espada”. ***** A priori os títulos dos poemas son curiosos, de moitos tipos, pero significativos; cada título é síntese do contido do poema en cuestión, e para iso o autor utiliza metáforas, comparacións e outros recursos. Ademais nótase que segue, p. ex. na parte de Ferida, unha relación entre elementos, e é que esa Ferida á que se refire o título sétimo (tamén se podería considerar recorrente, á par que motivada, a división en sete partes) é a que a beleza lle produce ao autor como se a beleza fose unha espada, “Coma unha espada”, onde o refrán é a máxima «A beleza feriume para sempre». (a revisar por Alfonso esta interpretación)
  • 2. POEMAS ESCOLLIDOS (Tirados literalmente da obra editada por Galaxia) 1º.- Introdutor da obra, na parte de Pórtico. “Coma ventos fuxidos” Estes non son poemas, nin cimentos de poemas siquera. Son fragmentos de min mesmo perdidos, coma ventos fuxidos, por antigos camiños esquencidos: ¡Díaz Castro perdido no traxeito dun recordo moi longo, recolleito por un anxo e salvado nalgún intre de amor desesperado! _______________________________ Intento de síntese/interpretación da mensaxe: O autor manifesta neste preámbulo a súa intención expresiva, emotiva e intimista, e cunha exclamación evócase a si mesmo en terceira persoa. Xa se poden apreciar algúns dos temas característicos de Díaz Castro a través das imaxes dos “ventos fuxidos” e os “antigos camiños esquecidos”, que refiren o mundo natural, cun matiz de misterio ou esquiveza con eses adxectivos de “fuxidos”, referido ós ventos; e “esquecidos”, para os camiños, que contan asemade co epíteto “antigos”, o cal quizais tamén lles dea un matiz de afastamento, singularidade, mesmo certa maxia, cun atrevemento maior. Outro símbolo é o do anxo que recolle o recordo do autor e que o salva, este símbolo é mostra da espiritualidade do autor intimamente relacionada coa cultura galega de relixión cristiá. 2º.- Seguinte ao primeiro, o poema inicial da obra (Pórtico) “NIMBOS” Se é que un poema é só un nimbo de lus que os ollos cegos póñenlles ás cousas soñadas, ou amadas nas teebras, das cousas que xa foron e se foron pro siguen sendo e non se ven xa máis, das sombras que, xogando cos meus ollos, na miña vida en lume se enxeriron, eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo, morto xove, dalgún soño. Nota en relación ó poema, desviada cara ó concepto de poesía e arte: No poema inicial da obra Nimbos, o autor aporta a súa concepción da poesía, explicando o que para el é un poema, un “nimbo de lus”, unha iluminación da expresión humana a través da lingua, manifestada en literatura. Entra en xogo un tema transcendental, a necesidade humana de expresión de sentimentos, materializada a través das artes, e sendo a poesía un especial recurso polo feito de referir conceptos e utilizar figuras retóricas que, en consonancia coa lóxica, a cultura xeral e demais costumes, saberes da xente; logran (as fig. retóricas ou estilísticas) reforzar a mensaxe que o autor quere transmitir, e que de ningún modo chegará dunha forma total ao lector, senón que os lectores darán a súa propia interpretación da expresión artística dunha persoa en base ás experiencias, vivencias, preferencias, instintos e sensacións propias. Para compensar a desviación temática da nota ao pé do poema, engadir que no poema “Nimbos” Díaz Castro dá a súa visión propia sobre o que representa un poema, o que supón en algúns exemplos e para el mesmo.
  • 3. 3º.- Na miña opinión, de potente e concentrada mensaxe, tipo existencial quizais, este poema breve, da parte Noite de Nimbos. ALFA E OMEGA Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus. A vocación do mundo é subir entre cadavres por un camiño de sede e lusquefús. A espranza do mundo é o amor consumido de sede na consumación da crus. A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus. __________ · Tema central existencial: orixe, natureza, porvir e fin do mundo (Apocalipse); grande importancia do tema da relixión. Penso que Díaz Castro sintetiza neste poema a mensaxe bíblica, dándolle a súa propia forma co punto de referencia na “lus”, outro dos grandes temas literarios do autor. Posibilidade: identificar primeiro verso coa Xénese, os versos segundo e terceiro co mundo actual, a crítica bíblica ás costumes da xente (vixente hoxe coa crítica social), a mensaxe bíblica de redención mediante a intercesión de Xesucristo (o amor, a crus) e finalmente a mensaxe do libro da Apocalipse, que vén a falar dun retorno de Cristo, que aquí se representa como “un estalido de gloria na lus”. · Desviando o tema da relixión, e entendendo a espiritualidade da poesía de Díaz Castro, transcendental ós dogmas eclesiásticos e á “versión oficial”, caben todo tipo de interpretacións sobre este poema. Quizais a dada sexa a máis sinxela, pero é evidente que hai un xogo entre a expresión lírica (lus, mundo, camiño, espranza, amor, gloria) e a cultura popular galega cristiá (o comezo do tempo - alfa-, a vocación do mundo, o amor, a consumación -de Cristo- na crus, a fin suprema do tempo -omega-), de forma que brinda un fácil entendemento da mensaxe substancial, pero a impronta dun autor con tanta capacidade de condensación lírica, un ton intimista e o reflexo de moitas emocións e sentimentos non se pode reducir á anterior paráfrase contrastada co argumento da Biblia nin tampouco a unha mera ollada do autor sobre o mundo, co lamento do seu porvir e a idealización do seu termo. (Evidentemente, admítense disensións. Atte. Antonio)
  • 4. A PARTIR DE AQUÍ, TÓMESE O RELEVO DOS COMENTARIOS, MAÑÁ (VENRES 16/05/2014) VOLVERASE A ELES NO PROGRAMA RADIOFÓNICO DE 3º ESO ATTE. ANTONIO (SEGUEN MÁIS POEMAS ESCOLLIDOS) 4º.- O VERME E A ESTRELA Esta sede infinita de pureza ausoluta, esta sede de xustiza que nos queima, esta sede de beleza... baixo as alas da pedra da preguiza e a paga do pecado en cada esquina e a herbiña sobre a foia e a ruína... ¡Esta sede de lus, mentres o vento da morte zúa arredor das cousas que están no noso corazón, cincento sopro que arrinca os días, queima as chousas máis íntimas, e bárreas coma a ágoa...! A lus do mundo é a que arde nunha bágoa. (Importante, atender aos temas ao longo dos poemas) 5º.- A NOITE É NECESARIA (Curiosamente no apartado de Lus da obra Nimbos) Hai homes cheos de sombra, homes a contralús que che fan ver a Deus coma un mar de lus. A Noite é necesaria pra que ti poidas ver sobre o medo e o mal as estrelas arder. (Nota: dar interpretación, tamén filosófica, para a figura de Deus e o mar de lus. Por outra parte, apreciar o sentido da paisaxe e a natureza, pois nas terras de Xestoso, e como non, nas achegadas terras de Guitiriz, hai unha bóveda celeste impresionante polo verao, digna de ver, e clara referencia que fai o autor, quen seguro tería nostalxia desa visión celestial durante a súa estadía na opaca cidade de Madrid).
  • 5. 6º.- O máis famoso e moi fermoso poema, na parte de Espranza; PENÉLOPE Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus sonos non se move. A espranza dos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! 7º.- COMA UN RÍO (Na parte de Soño) Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar, deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba. Hai unha cousa clara coma o sol: prós nosos ollos no está feita a lus do mundo, o abrente frío que se abreu cando abrimos os ollos sobre o mundo. E eu coma a néboa polos outos montes que lles cobre a ferez e mailas bágoas; e eu coma a estrela que entra polo oco do lousado do pobre na agonía. Hai unha cousa clara coma a lus: que no é pra nós a música do mundo, a promesa raiante da hora enorme en que se dixo: ¡outro home véu ó mundo! E eu coma un fondo río de recendos, de voces e de luces: coma o aire, que beixa todo e non se apousa en nada máis que no sangue, na raíz do sangue...
  • 6. 8º.- Cabería algún máis, pero remato por considerar o último, onde aparece a máxima «A beleza feriume para sempre». Está na última parte de Nimbos, na titulada como Ferida. COMA UNHA ESPADA Tódolos ríos pasan pola miña alma, cheos de Deus, música e lapas. Tódalas pombas fan o meu amor. A beleza feriume para sempre. Ó traveso da escura teadaraña deste mundo unha estrela cai no río da miña vida e quédame chamando. A beleza feriume para sempre. En cada voz eu oio unha chamada cun longo eco de adeus que non entendo, pro que me fire coma espada ardendo. A beleza feriume para sempre. E as falopas dos anos van caendo sobre a sede inmortal e os ollos tristes, ¡pro no enterran a boca da ferida! A beleza feriume para sempre. _______ Xosé María Díaz Castro