Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA LUGO

1,481 views

Published on

18 DE MAIO DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS .-MUSEOS E HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA LUGO

  1. 1. O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e o lema escollido polo ICOM para este ano 2017 é Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos, co que se pretende aproveitar o papel dos museos como mediadores entre a sociedade e a súa historia a través das coleccións, para establecer un diálogo activo e construtivo entre os distintos interlocutores deste proceso, absolutamente necesario no caso de feitos e historias traumáticas como un paso cara á reconciliación co pasado. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo-Fortaleza San Paio de Narla), en resposta a esta recomendación do ICOM, súmanse á iniciativa utilizando os obxectos expostos cuxa interpretación puidera ser controvertida. Fronte aos discursos prohibidos en museos, na Rede Museística Provincial de Lugo apostamos polos relatos compartidos do saber popular que proporcionan coñecemento a través da relación persoal de cada quen coas obras. Potenciamos deste xeito os microrelatos en detrimento dun monólogo de interpretación. • Historias controvertidas, pluralidade ideolóxica. Cartel da República (Pazo de Tor) Traxe da República (Pazo de Tor)
  2. 2. Máscara do Réxime (Pazo de Tor) Traxe do Réxime (Pazo de Tor) Tres medallas diferentes de condecoración: unha do Réxime, outra Alemá e un pin comunista
  3. 3. (Pazo de Tor) Carlistas (Pazo de Tor) Indulxencia para o consumo de carne durante a coresma (Pazo de Tor) Campaíñas para chamar ao servizo (Pazo de Tor) • Os museos somos un medio de comunicación con credibilidade aínda que ás veces os nosos discursos teñen forma de monólogo. Por isto, invitamos no Día Internacional dos Museos 2017 á comunidade investigadora e universitaria a que descubra as nosas coleccións, os nosos museos como campo de traballo de investigación colectiva. Apostamos pola colectividade fronte ao minifundismo académico.
  4. 4. Partindo do concepto de crowdsourcing queremos abrir novas canles de intercambio de coñecemento para xerar unha cultura participativa e compartida en rede, como unha vía para chegar a un discurso colectivo e plural. Exemplo deste tipo de traballo colaborativo foi o estudo dos ósos de balea do Museo Provincial do Mar levado a cabo pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) no marco do proxecto Galicia no lombo da balea II. Así mesmo, o dos instrumentos musicais do Pazo de Tor, destacando un pianoforte da casa londinense Collard&Collard, obxecto de extraordinaria rareza. Tamén, a seguinte maqueta dun barco boniteiro que ingresou no museo como do ‘Esperanza de Foz’ e que, grazas a experimentados mariñeiros do Porto de Celeiro, sabemos realmente que se trata do barco ‘Andrea de Celeiro’, en contra do que aparece na propia placa da maqueta.
  5. 5. Agora convidámosvos a seguir traballando en comunidade para obter a máxima información sobre as seguintes pezas: Esta pintura que se encontra no Museo Provincial de Lugo é de Román Navarro, mestre de Picasso. A seguinte, que se custodia no Pazo de Tor, parece ser tamén deste artista… Que sabes ti sobre ela?
  6. 6. A seguinte pintura é do artista sueco Thure Nikolaus Cederstrom do que só temos información nunha web colaborativa sueca. Que sabes ti sobre esta obra? • Na Rede Museística Provincial buscamos o xeito de transmitir o que non se pode contar. Por isto, para o Día Internacional dos Museos convidamos a Luis Davila (O Bichero) para utilizar o seu ‘Humor do país’ como receita para controversia.

×