SlideShare a Scribd company logo
1 of 112
Download to read offline
Reservados todos os dereitos. Nin a totalidade nin parte deste libro pode reproducirse ou transmitirse por ningún procedemento electrónico ou mecánico, incluíndo fotocopia, grava-
ción magnética ou calquera almacenamento de información e sistema de recuperación, sen o permiso previo e por escrito das persoas titulares do copyright.
DEPUTACIÓN DE LUGO
PRESIDENCIA
Darío Campos Conde
ÁREA DE TURISMO E CULTURA
Eduardo Vidal Baamonde
Pilar García Porto
REDE MUSEÍSTICA
Encarna Lago González
Xerente
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Aurelia Balseiro García
Directora
EXPOSICIÓN
COMISARIADO
Encarna Lago González
Antonio Reigosa Carreiras
MONTAXE
Unidade de mantemento da Rede
Museística
Museo Provincial de Lugo
Sala de Exposicións Pazo de San
Marcos
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Provincial do Mar
Museo Pazo de Tor
Desde o 1 de febreiro ao 1 de abril de
2018
CATÁLOGO
TEXTOS
Autores
FOTOGRAFÍAS
Rede Museística Provincial
MAQUETACIÓN
LAR Viveiro
IMPRESIÓN
LAR Viveiro
COORDINACIÓN DA PUBLICACIÓN
Fernando Arribas Arias
Responsable de Difusión da Rede
Museística Provincial
Antonio Reigosa Carreiras
Responsable de Comunicación da
Rede Museística Provincial
ISBN: 978-84-8192-559-3
D.L: LU 127-2018
©da edición. Deputación Provincial de
Lugo. Rede Museística Provincial
©das imaxes: autores e Rede Museística
©dos textos: autores e Rede Museística
Provincial
EU... TI...
ELAS...
NOSOUTRAS
NOSOUTRXS
EN REDE
EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE supón un paso firme máis no proxecto co-
mezado en 2015 pola Rede Museística da Deputación de Lugo baixo a denominación NÓS+OUTRXS
EN REDE. O obxectivo segue sendo o inicial, abrir as portas e as ventás das nosas institucións museís-
ticas para facilitar o diálogo entre os colectivos e artistas individuais, tanto entre si como cos propios
museos e coa sociedade en xeral desde a perspectiva de xénero, afondando sempre na diversidade.
Na edición de 2018 participaron 12 proxectos, moi diferentes e diversos pero complementarios, produ-
to da reflexión crítica de persoas e colectivos distantes e tamén distintos, pero conectados pola nece-
sidade de dar voz e visibilidade a historias xeralmente ocultas.
Desde a constatación desa necesidade, o Goberno Provincial promove a través da Rede Museística
accións como este proxecto que van máis alá da mera exposición (da ocupación de espazos expo-
sitivos nos museos ou da dinámica propia duns obradoiros complementarios), que incidan no tecido
social, que axuden a sensibilizar á cidadanía sobre a exclusión de persoas e colectivos por diversas
razóns ou pretextos. A creación artística é unha extraordinaria opción, un camiño a explorar en profun-
didade, unha experiencia para avanzar na inclusión da diversidade sexual, funcional ou cultural.
Agradecemos a colaboración entusiasta de todxs, artistas e persoal dos museos por contribuír a dar
visibilidade ás xustas reivindicacións de quen padece inxustamente calquera tipo de exclusión.
Darío Campos Conde
Presidente da Deputación de Lugo
ÍNDICE
Presentación ______________________________________ 8
Programa________________________________________ 14
MARÍA XOSÉ DOMÍNGUEZ__________________________ 22
CARMEN CHACÓN ________________________________ 26
MÓNICA ALONSO _________________________________ 30
ANA DMATOS_____________________________________ 34
BASILISA FIESTRAS ______________________________ 40
MERY PAIS_______________________________________ 48
CARMEN PORTEIRO_______________________________ 52
LUZ DARRIBA ____________________________________ 58
RUBÉN PÉREZ POMBO____________________________ 62
TAMARA WASSAF ________________________________ 66
WILPF___________________________________________ 70
ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)_______ 74
P 8
O museo foi a institución privilexiada dunha clase determinada, o espazo onde se conservou o co-
ñecemento e a historia “oficial”, e, aínda que isto mudou debe mudar aínda máis. Temos por diante
o reto de reformular a institución en clave de diversidade e igualdade. A renovación do pensamento
e da práctica museolóxica iniciada por Henry Riviere e André Desvalles, a alter museoloxía de Pierre
Mayard, marcáronnos o camiño. Debemos profundar na idea dun museo expandido, aberto, flexíbel,
dinámico e accesíbel á expresión humana: aspiramos a traballar en rede en contornas compartidas. Un
novo museo chegou para quedar, un museo traballando e pensando no común, no que as obras, os
coñecementos, os obxectos son de todos e todas, para xerar un espazo no que ninguén sexa excluído,
e o obxectivo do novo Plan de Xéneros, Museos , Arte e Educación da RMP, EU TI ELAS ELES NO-
SOUTRXS EN REDE.
NON PASA
NADA
Cando a dor é innomeable escoitamos
e lemos “Non pasa nada”; hoxe, desde
este ‘eu’ que é máis e mellor ‘eu’ cando
son ‘eu + ti + nosoutrxs’, e ‘ti’ es mellor
‘ti’ cando es parte de nosoutrxs e ‘elas’
son máis ‘elas’ e máis fortes cando se
saben ‘elas’ máis ‘nós’, e ‘nós’ somos
a forza de nosoutrxs porque somos
mellores cando miramos por nosoutr-
xs e polos outrxs e creamos vida para
vivir en rede, cuestionamos por acción
e omisión o status quo institucional im-
perante.
Polas que dixeron e din “Non pasa
Nada” por elas, por nós, por todas. A
RMP preséntase como un espazo so-
cio-afectivo, casa común da expresión
colectiva na que calquera pode parti-
cipar no sentido galeanista da expre-
sión: “á voz humana non hai quen a
pare”.
Hoxe queremos estar aquí para pre-
sentar un novo modelo de xestión de
museo, unha nova forma de mirar e
de entender a responsabilidade de
xestionar institucións públicas desde
o cumprimento da lei de igualdade, e
responder á historiografía oficial que
relegou ás mulleres a un papel pasivo
na historia, a ser espectadoras, musas
e obxectos representados.
Cando durante dezanove anos da túa
actividade profesional ─e da túa vida─
dedicas unha parte importante de todo
ese tempo, unha parte relevante, fun-
damental e xenerosa, a difundir o tra-
ballo das mulleres artistas, e falo coa
convicción de cumprir estritamente un
mandato de conciencia que che indica
o que é e o que non é xusto, non espe-
ras que pase nada. É dicir, falo porque
si, porque é parte da túa función como
profesional a cargo dunha parcela ins-
titucional dedicada á cultura. Falo por-
que tes que facelo, porque les as esta-
tísticas, e os números, fríos, dan moita
calor cando se saben, moita vergoña
de que nas nosas sociedades, supos-
tamente avanzadas, a metade maior
(non unha minoría, senón a parte máis
grande do xénero humano) da poboa-
ción continúe relegada a un teloneris-
mo que case todo o mundo acepta sen
P 10
relevantes cuestións. Ti falo porque é
de xustiza, aínda que non pase nada.
Ao longo de todos estes anos como
xerente ves crecer a moitas artistas,
consolidarse a outras, desertar a al-
gunhas ás que o outeiro escarpado do
patriarcado lles resulta insoportable,
pero, en calquera caso, ti creces con
elas: comprendes cada vez máis e
mellor o backstage de moitas historias
que se seguen destecendo mentres
elas, moitas outras, e ti, seguen tecen-
do porque si, porque non pasa nada,
porque non se acaban os ninguneos,
porque a equidade albíscase nun ho-
rizonte afastado ao que camiñamos
incansables, porque non chegan pal-
madiñas de ningún tipo e nin falta que
fan, porque a túa motivación está tan
arraigada e tan comprometida coa
concepción dun mundo máis xusto,
que non importa que non pase nada.
Pero realmente importa. Un museo
é unha institución permanente, sen
fins de lucro, ao servizo da socieda-
de, aberta ao público, que adquire,
conserva, estuda, expón e difunde o
patrimonio material e inmaterial da
humanidade con fins de investigación,
educativos, de goce. E os relatos que
se desprenden dos museos (medios
de comunicación con credibilidade)
pasan por ser verdadeiros. Son, maio-
ritariamente, relatos-monólogo que
emiten unha soa versión, a da metade
dominante, e iso varre os micro-discur-
sos (xa non só os das mulleres, senón
os das diversidades no seu conxunto
(traballouse máis ben pouco a des-
igualdade social: etnia, clase, xéneros,
discapacidades). Unha alter museo-
grafía tórnase imprescindible, hai que
resignificar todos os discursos desde
unha mirada que abarque, que cam-
bie, un a un, os testemuños de cada
peza. As historias soterradas, esque-
cidas, ambiguas, confusas, despraza-
das, que se subsumen detrás de cada
relato. Convertémonos así en palabre-
iras, facemos oficio desa palabra que
o stablishment bastardea: guerrillea-
mos cos contidos para subvertelos e
darlles o seu verdadeiro valor. Entón:
Pasa, ou non pasa nada? Onde están
as múltiples miradas? Ao servizo de
quen estiveron os museos? Socieda-
de? Comunidade? Público?
Unha rede de museos é un lugar idó-
neo para que a sociedade poida ex-
presarse, un espazo para xerar cam-
bio social onde comezar a reverter
conceptos para que si pase algo. Des-
de esa premisa créase esta Rede Mu-
seística Provincial de Lugo que agluti-
na aos catro museos dependentes da
Deputación Provincial de Lugo: Museo
Provincial de Lugo, Museo Pazo de
Tor, Museo Provincial do Mar e Museo
Fortaleza San Paio de Narla. Desde o
EU, TI, ELAS, NÓS, NÓS EN REDE,
cando non te conformas co non pasa
nada, expomos un proxecto de trans-
formación integral da institución que
dea lugar ao nacemento dun novo
concepto de museo: museos expandi-
dos, abertos, dinámicos e accesibles á
expresión comunitaria. Hai 281 anos,
P 12
en 1737, María González, segundo
documento existente no Arquivo do
Museo Provincial de Lugo/ Rede Mu-
seística Provincial, denunciou ser vio-
lada: … “María González, soltera y vezina
de la feligresia y cotto de San Martín de
Ombreiro, hija lexitima de Pedro das Latas
dela mesma vezindad / y pobre y corto de-
medios así él, como yo”
Que vos suxire? Non pasa Nada.
Transcorreron case tres séculos e as
mulleres continuamos denunciando
violacións e sendo xulgadas por iso.
Fagamos que pase algo. Xa o esta-
mos facendo, é certo, pero fagámolo
con absoluta rotundidade. Eu estou,
ti estás, elas están, nós estamos,
nós+ outrxs tamén estamos en rede
para conquistar, desde a diversidade,
a igualdade plena. Estamos, somos,
facemos, existimos. Por iso quero fa-
larvos de proxectos diversos que refor-
mulan os discursos.
As Santas Migrantas, de Luz Darri-
ba; Percepción cromática en mulle-
res de diferentes culturas, aplicación
a grupos culturais e sociais de Lugo,
de Mónica Alonso; The Living Water,
Washerwoman in de the river de Ana
DMatos; Pegadas dun Compromiso,
de María Xosé Dominguez; Isabel,
Leningrado 1940, de Carmen Chacón;
Conexións [en serie], de Carmen Por-
teiro, Fraxilidade Suspendida, de Ta-
mara Wassaf; Marco, elemento e so-
porte, Regras para un parque humano,
de Basilisa Fiestras; Trans (cender)
(mitir) (formar), de Mary Pais; Frío: so-
mos inuits?, de Rubén Pérez Pombo,
inciden na alteridade, a diversidade,
a visibilidade como valores esenciais
dentro de proxectos museísticos so-
ciais. Son reaccións diversas ante pro-
blemáticas comúns: a inmigración, a
feminización da pobreza, a riqueza do
feminino que a sociedade descarta, os
mandatos sociais, as violencias sobre
os corpos das mulleres, a importancia
dos sentimentos humanos… Múltiples
miradas, desconcertantes conclu-
sións, revalorización e resignificación
de relatos que é necesario incorporar
con prioridade aos obxectivos museo-
gráficos para que si pase algo, para
que a vista se pouse no invisible, para
que a palabra explore o innomeable.
Cando se normalicen todas as diver-
sidades desde unha mirada absoluta-
mente respectuosa poderemos deixar
de dicir que non pasa nada. Fagámolo
posible entre todas, todos, todxs. Este
proxecto, comisariado co meu com-
pañeiro Antonio Reigosa, fala de pen-
sar o presente, reflexionando sobre
o noso pasado para imaxinar outros
futuros posibles onde ninguén quede
fóra. Un museo feliz?
Encarna Lago
Xerente da Rede Museística
P 14
EU... TI...
ELAS...
NOSOUTRAS
NOSOUTRXS
EN REDE
EU estou TI estás ELAS están NOSOUTRAS estamos NÓS+OU-
TRXS estamxs EN REDE para conquistar, na diversidade, a ple-
na igualdade. Estamxs, somxs, facemxs, existimxs... As formas
verbais non expresan xéneros.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo recla-
man a vosa atención para con esta ducia de proxectos, dispa-
res na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade.
Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar re-
flexións e chamadas de atención sobre o EU subordinado. Ollo!
Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS.
Comisariado:
Encarna Lago e Antonio Reigosa
Cris Vilariño
Entre Maruja e máis eu//1. Xénese
E así Maruja, coa súa visión herdada,
e eu, e o meu corpo, e a danza, e
unha rede, un abrigo e un acordeón. O
proceso de creación desenvolverase
na primeira quincena de febreiro polo
sistema de residencia na Sala Multiu-
sos do MPLugo.
Representación: 1 de febreiro, no trans-
curso do acto de inauguración. Coloquio
sobre o proceso creativo: 2 de marzo.
Danza: Cris Vilariño.
Música: Vadim Yukhnevich
María Xosé Domínguez
Pegadas dun compromiso, 2018
Na obra, por medio de fotografías per-
tencentes ao arquivo familiar da artis-
ta, encóbrese unha crítica social que
cuestiona o que realmente implica o
casamento, abordado desde unha
perspectiva feminista, que nos invita
a cuestionarnos quen somos? Como
actividade complementaria incentivare-
mos a recuperación de fotografías de
voda que tivesen como marco algún
dos museos da Rede.
Carmen Chacón
Isabel. Leningrado 1940
Evidenciar o que arrastramos no in-
consciente colectivo, mitoloxía grega,
arquetipos coa súa Sombra etc. Aflorar
emocións non recoñecidas, amosar a
dor e a valentía de ser o que queremos
ser con voz propia, aquí e agora.
»Sala Pazo de San Marcos
P 16
Cris Vilariño
Entre Maruja e máis eu//1. Xénese
E así Maruja, coa súa visión herdada, e eu, e o
meu corpo, e a danza, e unha rede, un abrigo e
un acordeón. O proceso de creación desenvolve-
rase na primeira quincena de febreiro polo siste-
ma de residencia na Sala Multiusos do MPLugo.
Representación: 1 de febreiro, no transcurso do acto
de inauguración. Coloquio sobre o proceso creativo:
2 de marzo.
Danza: Cris Vilariño.
Música: Vadim Yukhnevich
Mónica Alonso
Percepción cromática en mulleres de diferentes cul-
turas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo
Medir o dificilmente medible. Obter datos estatísti-
cos de variables emocionais. Aplicar a mulleres un
cuestionario que relaciona psicoloxía e cor. Proce-
sar os resultados obtidos co programa estatístico
SPSS(V21.0) para obter gráficos de medidas.
»Museo Provincial de Lugo
Basilisa Fiestras
Marco, elemento e soporte. Regras para
un parque humano
O corpo e a indumentaria como ele-
mento, materia e concepto na
obra.
Mery Pais
trans (cender) (mitir) (formar)
Video creación/reportaxe da relación
da artista Mery Pais coa Rede Mu-
seística de Lugo dentro dos proxectos
Nos+outras en Rede, Culturas en diálo-
go e presentación do novo proxecto de
colaboración Trans(cender) trans(mitir)
trans(formar) con Marrocos e Lugo.
Carmen Porteiro
conexións [en serie]
conexións [en serie] xorde ao recupe-
rar unha conversación interrompida. É
unha serie de imaxes nas que se re-
flexiona sobre a comunicación e o que
provocan as interferencias e interrup-
cións neste proceso.
Luz Darriba
As santas migrantas
Proxecto en proceso que intenta re-
coller, a través de fotografías (400 es-
capularios feitos a través de fotos de
mulleres migrantes) e testemuños, a
voz de moitas mulleres que cruzaron o
mundo para melloraren a vida.
Ana DMatos
The Living Water. Washerwomen in the ri-
ver
Este é un traballo que afunde as súas
raíces na idea de desenvolvemento e
globalización, que debería servir para
crear e mellorar as nosas vidas. Con
este sentido unín a poesía de Kishwar
Naheed, un arma feminista, as mulle-
res retratadas que perpetúan a discri-
minación por castas e de xénero, e a
miña; identifícome con ambas. 
P 18
Rubén Pérez Pombo
Frío: somos inuits?
Mar e Mediterráneo. Somos fillas. Calamos. Mira-
mos. somos estatísticas. Permitimos que as nosas
nais morran no Mediterráneo.  A quen lle interesa
esta ruleta? Somos números 1, 2, 3... Somos mar-
xinación... Subimos e volvemos caer. Infinitamente
tráxicos. Conxelados. Afogados. Somos frío. So-
mos Inuits?
Carmen Porteiro
conexións [en serie]
conexións [en serie] xorde ao recuperar unha con-
versación interrompida. É unha serie de imaxes
nas que se reflexiona sobre a comunicación e o
que provocan as interferencias e interrupcións
neste proceso.
Carmen Chacón
Isabel. Leningrado 1940
Evidenciar o que arrastramos no inconsciente co-
lectivo, mitoloxía grega, arquetipos coa súa Som-
bra etc. Aflorar emocións non recoñecidas, amo-
sar a dor e a valentía de ser o que queremos ser
con voz propia, aquí e agora.
»Museo Fortaleza de San Paio de Narla
Basilisa Fiestras
Marco, elemento e soporte. Regras para
un parque humano
O corpo e a indumentaria como ele-
mento, materia e concepto na obra.
Tamara Wassaf
Fraxilidade Suspendida
Observación do cotiá, imaxinarios afas-
tados, flores e teas que me recordan as
mulleres da miña familia en Arxentina;
miradas intensas e unha sensación de
nostalxia, de fraxilidade suspendida.
WILPF
Liga Internacional de Mulleres pola
Paz e a Liberdade
WILPH: Cen anos de feminismo pa-
cifista
Mostra gráfica composta por 46 car-
teis (90 X 60 cm.) que percorren os
principais momentos e accións que
a Liga Internacional de Mulleres pola
Paz e a Liberdade realizaron en todo
o mundo ao longo dos seus cen anos
de historia.
WILF España
wilpf.es
»Museo Provincial do Mar »Museo Pazo de Tor
P 20
ARTE EN RESERVA
(MULLERES NO ALMACÉN)
Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén
do MPLugo
Ás veces pode aparentar ser e non ser máis ca
un dato estatístico nunha listaxe. Por exemplo, o
número de mulleres artistas que teñen obra nun
museo como o MPLugo pode ser considerable
pero non o é tanto se esa obra está agachada,
como é este o caso, nun almacén.
ANA ÁLVAREZ
ANA DE MATOS
ANA MATILDE MARTÍNEZ PASARÍN
CARMEN SENANDE PAZOS
CARMEN TERESITA BONO
CELIA RODRÍGUEZ CORTÉS
CHONCHA BONET CORREA
DOLORES GUERRERO LOMBARDÍA
EMILIA SALGUEIRO
ESTHER RASZAP
EVA LLORÉNS
FINA EIRÓS
GLORIA CARREROU
GLORIA FERNÁNDEZ
HILDA FERREIRA
ISABEL EASTON
ISABEL PERNAS BUJADOS
JULIA MINGUILLÓN IGLESIAS
LEONOR ALBARELLOS
LILA GONZÁLEZ
LUZ DARRIBA
MARI CARMEN CORREDOIRA
MARI LUZ ANTEQUERA
MARI PAZ ILLANA GÓMEZ
MARÍA CAGIAO
MARIA DEL CARMEN ÁLVAREZ DE
SOTOMAYOR
MARÍA DEL CARMEN COPPETTI BONO
MARÍA GUEVARA
MARIA JOSÉ SANTISO GÓMEZ
MARIA LUISA PÉREZ HERRERO
MARIE JOSEPHINE VOGEL FOLGOSA
MARTA PARDO DE VERA
MARTA PRIETO
MARUJA MALLO
MERCEDES AMIGO
MÓNICA ALONSO
MÓNICA MURA
MONTSE REGO
ODALIA FABIANO DA SILVA RICO LEA
PAZ VICENTE DE BENITO
PEPITA GARCÍA
RAQUEL FORNER
REBECA LÓPEZ
ROCÍO IZNARDO GREGORY
ROSA MARÍA TORO COCA
SABELA ARIAS CASTRO
SARA ACEVEDO DE CAPURRO
SARA TRAVERSA
SARAH GRILO
TERESA FERNÁNDEZ LIZ
TERESA LÓPEZ PRADO
TINA BORCHE
VIRGINIA APECECHEA
P 22
MARÍA XOSÉ
DOMÍNGUEZ
Pegadas dun compromiso, 2018
Esta obra é un achegamento ao ámbito feminino e á “Outra” a través dun acontecemento intimo como
é “a voda”, episodio que marca de diferente maneira ás mulleres de todo o mundo. Trátase da repre-
sentación dun feito, que supón o final dunha etapa para dar comezo a outra, tendo como pano de fondo
o sistema patriarcal. As mulleres que aparecen nas fotografías corresponden ás noivas do arquivo fo-
tográfico familiar da artista. Cada unha delas posúe unha realidade diferente reflexo da súa identidade
individual. O día da voda, en moitos casos representa a entrega, a memoria dos soños cumpridos ou
non, os desexos almacenados que configuran a nosa personalidade., un día no que a muller experi-
menta contradicións, que a vela e a mostra. Na obra subxace unha crítica social por medio dos textos
proxectados sobre o chan, que cuestionan o que realmente implica o casamento abordado desde unha
perspectiva feminista, que convida a facernos preguntas como quen somos?
mariaxosedominguez@gmail.com
P 26
CARMEN
CHACÓN
Isabel. Leningrado 1940
Fundamentalmente, desenvólvese sobre o libro que chega ás miñas mans xusto cando vou facer este
proxecto (produto dun expurgo do Museo Provincial de Lugo). Alfonso, o meu compañeiro de viaxe
vital e tamén o meu marido, recolleuno cando estaba a visitar o museo mentres eu falaba con Encarna
Lago, e regaloumo.
Abrín o libro pola foto de Isabel e souben que ela tiña que estar neste proxecto. Cando o lin, resoaron
moitas cousas a pesar da distancia e as vidas, pois había nel moitos ecos da miña nai - que si vivira a
guerra - e doutras vivencias. O libro estaba narrado por Isabel desde unha distancia que me impresio-
nou: parecía coma se nada fose demasiado doloroso, desde as malleiras do seu pai ata a súa peregri-
naxe, o seu convencemento de non atopar amor na súa vida ou a recollida das cinzas da súa única filla.
Arrastramos un lastre de arquetipos de deusas gregas, que asumimos con total naturalidade e que
levamos -cal constelación- na memoria colectiva. O libro titúlase “Memorias de una niña de la guerra”,
de Isabel Arxentina Álvarez Morán, á que dedico gran parte das pezas do proxecto.
Tamén o dedico a todas as mulleres que libramos todos os días batallas contra a desigualdade, a invi-
sibilidade, os abusos sexuais, os malos tratos físicos e psicolóxicos.
P 28
A pesar da memoria colectiva herdada e asumida pola muller como comportamento certeiro, a pesar
dos séculos de arquetipos de Mitoloxía Grega (Afrodita, Atenea, Hera, Helena) como modelo que leva-
mos ás costas, somos máis ricas e máis libres que todo isto. Nesta época que nos toca vivir, dar luz á
grandeza e riqueza do noso xénero e mostrarnos é tarefa ardua, polo que cada actuación de cada unha
de nós é crucial, transcendente desde que temos uso de razón ata o final das nosas vidas. Isto creará
unha rede que nos sosteña e sáquenos desas caixas nas que algúns pretenden meternos...
“Ata que vostede fai consciente o insconsciente, que dirixirá a súa vida e vostrede chama-
rao destino.” (Carl Gustav Jung)
Evidenciar e calquera tipo de violencia, discriminación e malos tratos desde o nacemento é fundamen-
tal. Isabel. Leningrado 1940 é a protagonista de Memorias dunha nena da guerra de Isabel Arxentina
Álvarez Morán, libro que chega ás miñas mans para mediados de outubro 2017 como consecuencia
dun expurgo do Museo Provincial de Lugo e orixina este proxecto. A distancia e case desapego da
narración da súa vida conmóveme, pero non só ela. Moitas mulleres e nenas seguen vivindo inmersas
na guerra, na guerra sórdida e silenciosa da cotidianidad aceptada por case todos. Realmente non
busquei a Isabel, é ela a que me atopa.
“Eu non son o que sucedeu. Eu son o que elixin ser” (Carl Gustav Jung)
Desde a visión da muller madura que pretendo ser e que habita a miña alma, continúo investigando
sobre os arquetipos e a Sombra dos mesmos, así como as emocións que diso derívanse, e os mitos
que arrastramos como constelación inconsciente. Gústame penetrarme na nosa complexa psicoloxía
chea de ángulos, dando forma aos arquetipos que nos compoñen, pero dando cabida a moitas outras
vertentes. Somos máis valiosas que todo isto, somos máis imprevisibles como para que se nos reduza
só ao coñecido e transmitido polo inconsciente colectivo, a mitoloxía e a tradición.
zonachacon@hotmail.com
P 30
MÓNICA
ALONSO
Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais
de Lugo
Medir o dificilmente medible. Obter datos estatísticos de variables emocionais. Estes son os meus
obxectivos.
Este proxecto está centrado en obter as cores das emocións en mulleres de diferentes culturas.
Estas cores obtéñense a través dun cuestionario deseñado para relacionar emocións con cores.
De que cor son:
A cor preferida, a felicidade, a infelicidade, o amor, a tristeza, a saúde, a enfermidade, a violencia, o
relax, o estrés, o diñeiro, o pracer, a dor, o infinito, o agora, a familia, a vida, a morte, de que cor es ti?,
a túa cabeza, o teu corazón, a túa nai.
Pregúntase ademais sobre cuestións vitais que preocupan ao ser humano:
Amor, creatividade, diñeiro, familia, felicidade, futuro, morte, relax, saúde, sexo, traballo.
A obtención de datos de diferentes culturas faise aplicando o cuestionario en diferentes lugares.
A cidade de Lugo, cidade de México, cidade do Cairo.
P 32
O proxecto ampliase na cidade de Lugo.
Partindo da información base da cidade
búscase obter información sobre diferentes
grupos culturais presentes na cidade: mulle-
res árabes e mulleres xitanas. Como grupo
social elíxese mulleres vítimas de violencia.
Co obxectivo de dar forma medible a va-
riables emocionais, os datos obtidos a
través da aplicación do cuestionario son
procesados por un programa estatístico,
SPSS (V.21.0). Os datos analízanse me-
diante táboas de continxencia que son as
presentadas como obra artística. As táboas
son tamén interpretadas en clave literaria:
a cor que non é e a cor que é. A obra está
tamén formada por un libro que recolle toda
a información estatística. A obra segue a
ampliarse ao presentar por cores, muller
morta, muller con amor, muller con dor e
tristeza infinita…
teoriaspicoespacio.com
monicaalonso.com
info@monicaalonso.com
P 34
ANA
DMATOS
Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais
de Lugo
The Living Water é o título dun proxecto no que levo traballando máis dunha década e segue activo pola
súa extensión e complexidade. Recollín información e fotografei a mulleres principalmente, en distintas
partes do mundo: Papúa Nova Guinea, China, Myanmar, India, Xapón ou Cuba. De modo que a obra
que aquí se mostra é unha parte de todo ese proceso, que afunde as súas raíces na globalización.
Un proceso que representa un choque de culturas e o beneficio económico das grandes corporacións,
debería servir para toda a comunidade, facilitar a comprensión das nosas culturas, potenciar os nosos
traballos, engrandecer nosa existencia. Un obxectivo difícil aínda que apaixonante, integrar unha cultu-
ra, que non me é propia, na miña vida a través da arte.
As fotografías das mulleres lavando aluden en primeira instancia á beleza das retratadas e do lugar, e
identifica unha determinada acción doméstica. Podemos ir máis aló e sinalar os simbolismos da auga,
a idea de purificación, e mesmo sublimar as actividades do fogar inspirados na beleza da paisaxe. Pero
facer algo así sería manter un choque cultural e desentendernos dunha sincera comunicación. Porque
as fotografías non só manifestan a beleza senón a desigualdade dunha complexa cultura baseada na
relixión hindú, que dividiu á sociedade por castes. A pesar da súa abolición, recollida na constitución
india de 1950. As imaxes tamén manifestan a discriminación de xénero. Feito que compartimos, iguála-
nos e identifícame. Por iso, cando penso en como superar esta desigualdade inspírome na poesía
P 36
para empezar a construír un mundo de igualdade pola cultura. Escollín algúns fragmentos da poesía
The Grass Is Really Like Me de a paquistaní Kishwar Naheed para abrazar a beleza destas mulleres
e acentuar a idea de loita. Escribinas usando a técnica do gravado e, sobre esas estampas de papel,
hei bordado dous kolams, unha flor e unha xeometría. O sentido do kolam aquí é o mesmo que o das
mulleres indias, dar a benvida ao espectador, e convidarlle a participar na totalidade dos rexistros e
conexións da obra.
Por primeira vez, a razón de coser ou de bordar na miña obra é a de abrazar. Cada puntada serve para
unir nun sentido espiritual, todas somos unha, e este sentido da beleza considero que é máis profundo
que unha idea abstracta e xeral da arte ou da estética. Este tipo de beleza ten o propósito de expandir-
se e servir de catalizador para crecer e seguir, para buscar un camiño propio. Para unir o creativo e o
emocional. E representa unha integración profunda multicultural.
Ana DMatos
anadematos.com
P 38
P 40
BASILISA
FIESTRAS
Marco, elemento e soporte
O corpo, entendido na amplitude dos seus significados, é o gran protagonista deste proxecto artís-
tico, no cal este concepto compréndese en forma de materia ou idea, fiando todas as propostas e
proxectos de creación, e condensando os seus significados e significantes a través dun percorri-
do escultórico. Para iso móstrase o corpo con todas as posibilidades que este alberga, explorando
as súas condutas e vivencias para afirmarse como experiencial e pulsional. Así como, para facer-
nos consciente da súa parte física e matérica, contendo e resaltando polo seu interese da irremedia-
ble temporalidade e decrepitude, fronte á súa inasible esencia e a súa susceptibilidade ao cambio.
Para abordar o corpo e aproximarme a el recorro á fragmentación, nun primeiro plano, como partes
abstraídas que privan a visión total deste. Series como as Coroas, instalacións como Andrómenas ou a
peza “A gravata é o outro” … trátase de presentar parcelas corporais significativas tales como as mans,
os dedos a boca, o cabelo…, con ou sobre as que se proxectan novos significados e sentidos.
P 42
Os tres temas que seguín nestes últimos anos, tanto no meu traballo plástico como na miña investi-
gación foron; o corpo como punto de partida e espazo de reflexión e conflito; a indumentaria como
segunda pel que altera, modifica e transforma este “soporte” e o accesorio como complemente destes
dous últimos e como obxecto “portable”. 
Desde esta mirada fraccionada, así como tamén desde o interese polas sutís alteracións que produce
o artificio tanto da vestimenta como dos accesorios sobre o corpo, xorde unha especial inclinación, por
xerar estes encontros e desencontros enmascarados na creación artística.
O (re)cubrirse como fin da ocultación, así como o destaparse e o desposuírse, utilizados como medios
de insinuación, constitúen as características e tipoloxías que alteran a linguaxe e a carga de significa-
ción do individuo. É por iso que nas propostas de creación se recorre á estrutura da vestimenta como
sinal identificativa das nosas ideas. Chaquetas sobre as que emanan casas, petos que portan pedras
e paisaxes que se estenden pola vestimenta.
bfiestras@gmail.com
P 44
P 46
P 48
MERY
PAIS
trans (cender) (mitir) (formar)
Video creación/reportaxe da relación da artista Mery Pais coa Rede Museística de Lugo dentro dos
proxectos Nos+outras en Rede, Culturas en diálogo e presentación do novo proxecto de colaboración
Trans(cender) trans(mitir) trans(formar) con Marrocos e Lugo.
merypais.com
merypaisdominguez@gmail.com
P 50
P 52
CARMEN
PORTEIRO
conexións [en serie]
Vivimos nun mundo hiperconectado, pero somos un universo de individuos illados. Esta serie de imaxes
xorde nunha viaxe, nun reencontro, ao recuperar unha conversación interrumpida, ao descubrir unha
nova forma de ver.
Prantéxase así un grupo de imaxes no que as liñas, as formas, as marañas do cableado enfróntanse
entre si mesmas a través da simetría creando tensión. É unha contradición, como as que teñen lugar
nos procesos de comunicación, nos que as interferencias provocan unha disrupción na recepción da
mensaxe. E aí é onde xorden o problemas, a incomunicación, a desconexión e, polo tanto a falta de
entendemento entre das dúas partes do proceso.
Desde o punto de vista estético, búscase a simetría creada a través do efecto espello, que enfatiza o
estado de illamento e individualidade -como ocorre nalgún proceso comunicativo- e unha busca dunha
cor artificiosa, dotando as imaxes dunha sensación de irrealidade.
P 54
O proceso de comunicación precisa ser bidireccional para enriquecer cal-
quera conversación. Por iso este proxecto pretende establecer un diálogo
co espectador, que se espera que se converta en parte activa: Proponse a
calquera que o desexe, que exprese cunha palabra ou frase curta o que lle
suxiran as imaxes.
carmenporteiro.com
P 56
P 58
LUZ
DARRIBA
As santas migrantas
«Cando eu tiña catro anos burlábame dunha veciña anciá napolitana á que non lle entendía ren. Díxen-
lle un día á miña nai: É unha burra, tan vella e non sabe falar. Miña nai dixo moi seria: A burra es ti, que
non sabes que hai milleiros de formas de falar e esa é a súa».
As santas migrantas quere ser unha homenaxe, dende o respecto a calquera crenza, a esas mulleres
que por innúmeras razóns deberon emigrar para conservaren a vida ou aspirar a unha máis digna. Ás
mulleres que padeceron ─e padecen─ nas súas propias carnes as consecuencias de seren transplan-
tadas do seu hábitat, da súa cultura, das súas formas de vida, das súas familias, por razóns econó-
micas ou políticas, e exerceron os peores traballos: aqueles que ninguén quere. Para sobreviviren e
axudaren á súa xente nos países de orixe. Merecen, penso eu, unha homenaxe comparábel ao dunha
santidade. Un recoñecemento á invilisibilidade manifesta de milleiros de historias de mulleres.
P 60
«Miña avoa cruzou o mar cando os barcos tardaban máis dun mes en atopar a outra beira. Era moi
nova cando chegou a Montevideo. Din que moi guapa. Coñeceu alí ao meu avó que xa emigrara antes,
que xa fixera algo das Américas, e coma xa cumprira os corenta víñalle faltando unha muller para estar
completo. A avoa non quería casar tan nova, mais o avó insistiu tanto que ela non se puido resistir.
Eu non coñecín a miña avoa, mais contan que aprendeu a falar seseando para que non a sentisen
estranxeira, e cando volveu á casa, atravesando outra vez o mar, nesa aldea de Nigrán toda a xente a
chamaba a Americana».
As santas migrantas é unha instalación que consta de catrocentos escapularios feitos a man con fotos
de mulleres migrantes de e cara a Galicia a través dos tempos. Por escapulario pódese entender unha
peza de devoción. Están normalmente dedicados a persoas que foron santificadas polo que a Igrexa
católica considera méritos para esa cualificación. Xente que na súa vida realizou actos extraordinarios
ou considerados milagrosos polos responsábeis de ditaminalo, ou ben mártires que sufriron castigos
nas súas carnes por ter determinadas crenzas relixiosas.
«Manuela era a miña veciña. Era linda, boa, nova, agarimosa. Falaba raro, con ese acento galego que
só causaba burlas. Manuel, o seu home, era unha besta negra que eu odiaba con todas as miñas for-
zas. Eu era só unha nena, non entendía moito de nada, ou nada de nada, para mellor dicir. Souben que
me asistía a razón cando veu a policía e despois os da funeraria e despois todo o conventillo chorou
pola Manuela e pola covardía colectiva».
Galiza, terra de inmigración, tamén foi, dende hai uns anos, terra de recepción de inmigrantes. Por que
poñer en valor ás mulleres migrantes?: porque son precisamente elas as que moitas veces sosteñen
con traballos precarios todo o sistema familiar, transmiten a súa cultura, se integran e crean redes e
pontes; porque son sempre as máis esquecidas.
Luz Darriba
P 62
RUBÉN
PÉREZ POMBO
Frío: somos inuits?
Frío: somos inuits? é unha instalación con vídeo arte, baseada na marxinación de milleiros de mulleres
que tiveron que cruzar mares e océanos na procura dunha vida mellor. Arredor deste fenómeno a
sociedade non responde, quedamos fríos coma os inuits que, por outra parte, tamén sofren a
marxinación nunha especie de círculo concéntrico que nos leva a recoñecer o funcionamento escuro
desta sociedade (Nós marxinamos e marxínannos). A balsa é o fogar do emigrante, a nosa cama, o noso
soño que en ocasións remata en pesadelo. Eu mesmo confésome un verdadeiro inuit, recoñézome un
verdadeiro inuit faga frío ou calor. A definición que o dicionario ofrece da palabra emigrante ten que ver
co movemento das persoas dun lugar a outro. Aquí nada se fala da conseguinte marxinación que chega
con esa palabra. Esta sociedade ten moito frío. Europa é unha grande extensión de inuits que non
atende o seu corazón enfermo. Cómpre unha revolución para salvar unha humanidade que pouco a
pouco apodrece dende os despachos até os máis pequenos recunchos coma o noso. Cómpre lembrar
que vivimos no cú de Europa. Estamos conxelados. Afogados. Non hai respostas e as bombas seguen
a caer e a humanidade pérdese no Mediterráneo. E ninguén fai nada. Non pasa nada. Somos inuits.
rubenperezpombo@hotmail.com
P 64
P 66
TAMARA
WASSAF
Fraxilidade Suspendida
Neste proxecto exploro a noción dun retrato expandido, indago máis aló do suxeito retratado chegando
por momentos a unha desaparición do corpo, un corpo sen carne, un pregue no espazo.
Estes, á súa vez, espazos comprendidos como testemuños íntimos da relación entre o suxeito e a
súa contorna, a natureza e o cotiá. Unha paisaxe con carácter simbólico, forzando os límites entre a
realidade, a percepción e representación, que nos permite reflexionar sobre o concepto contemporáneo
de paisaxe intimista.
Gran parte das teas, atopadas nun armario dunha casa abandonada, coas súas etiquetas novas
e gardadas quizais para un proxecto especial que nunca foi, suxeríronme darlles unha vida e un
protagonismo especial, que xogan ao mesmo tempo coa multiplicidade de formas de habitar un espazo
baleiro, levándoo á posibilidade de traballar o seu correlato desde a idea de corpo-ausencia-muller-
espazo.
Nesta serie, poño en tensión a relación entre retratos, xeralmente femininos con panos, turbantes, veos
e teas. Os obxectos repítense de diferentes xeitos, dialogando co corpo ou ben desposuídos, baleiros
e solitarios. Onde, a partir do bodegón ou da natureza morta o pano funciona como corpo e o corpo
como contedor.
P 68
Muller, pano, flores, son propios do imaxinario feminino que aquí se
formulan desde un exercicio de reflexión, onde as miradas cobran forza,
son seguras e non obedientes, onde as teas comen á muller, fana invisible,
procurando, dalgún modo, unha revisión da historia.
A intención de “producir” retratos que teñan un cruzamento de miradas,
entre o espectador e o retratado, miradas intensas ou ata a negación da
mirada cara ao espectador, imaxinando escenas que superen a noción
de “o real” en sentido estrito. Interésame o poder evocativo do xesto, xa
sexa nun detalle ou un pregue, a provocación da mirada e a exaltación da
expresión no sutil.
En numerosas sesións indaguei a posibilidade de deixar rastros, de suxerir
corpos debaixo de panos, cubrir para descubrir, xerando esculturas e
definindo pregues; levando así a intuición do espectador a completar o
sentido dun traballo que se abre a múltiples lecturas.
tamarawassaf.com
hola@tamarawassaf.com
P 70
WILPF
Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade
WILPF: Cen anos de feminismo pacifista
Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións
que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos
seus cen anos de historia.
A finalidade desta exposición é dar a coñecer a historia de WILPF e difundir o seu traballo a través
dun arquivo fotográfico e un audiovisual que nos permite ilustrar cronoloxicamente os acontecementos
destacados da nosa historia.
WILF España
wilpf.es
P 72
P 74
Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo
Ás veces pode aparentar ser e non ser máis ca un dato estatístico
nunha listaxe. Por exemplo, o número de mulleres artistas que
teñen obra nun museo como o MPLugo pode ser considerable
pero non o é tanto se esa obra está agachada, como é este o
caso, nun almacén.
ARTE EN
RESERVA
(MULLERES
NO ALMACÉN)
ANA ÁLVAREZ
Mariña
ANA DE MATOS
Rostro tecido (2001)
P 76
ANA MATILDE MARTÍNEZ PASARÍN
s/t (1973)
CARMEN SENANDE PAZOS
Redes II
CARMEN TERESITA BONO
Rancherío (1972)
P 78
CELIA RODRÍGUEZ CORTÉS
Marismando
CHONCHA BONET CORREA
Procesión do Corpus en Lugo (1980)
DOLORES GUERRERO LOMBARDÍA
P 80
EMILIA SALGUEIRO
Pintura nº 367 (1988-89)
ESTHER RASZAP
Café Bar (1973)
EVA LLORÉNS
Tormenta sobre Pompano Beach (1991)
P 82
FINA EIRÓS
Marea Negra (2003)
GLORIA CARREROU
A dama do trevo (1959)
GLORIA FERNÁNDEZ
Lola (1962)
P 84
HILDA FERREIRA
Xardineiro
ISABEL EASTON
Barcazas (1973)
ISABEL PERNAS BUJADOS
s/t
P 86
JULIA MINGUILLÓN IGLESIAS
Espido tumbada (1930-31)
LEONOR ALBARELLOS
Composición en grises (1965)
LILA GONZÁLEZ
Vista a través dun arco (1971)
P 88
LUZ DARRIBA
Velos e desvelos (2015)
MARÍ CARMEN CORREDOIRA
Borrachos
MARI LUZ ANTEQUERA
Arde Galicia (1976)
P 90
MARI PAZ ILLANA GÓMEZ
Flores vermellas (1986)
MARÍA CAGIAO
Cesto con flores
Mª DEL CARMEN ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR
Grupo aldeán
P 92
Mª DEL CARMEN COPPETTI BONO
Aduana (1971)
MARÍA GUEVARA
Carballos
MARÍA JOSÉ SANTISO GÓMEZ
s/t (2004)
P 94
MARÍA LUISA PÉREZ HERRERO
Venecia (1929)
MARIE JOSEPHINE VOGEL FOLGOSA
Retrato da duquesa de Lugo (1993)
MARTA PARDO DE VERA
Bodegón
P 96
MARTA PRIETO
s/t (2004)
MARUJA MALLO
Cabeza de muller (1929)
MERCEDES AMIGO
Composición (1967)
P 98
MÓNICA ALONSO
Cápsula Mamá (2002)
MÓNICA MURA
Sas diosas miradas, sa arentzia mea (2015)
MONTSE REGO
Mariquitas (2000)
P 100
ODALIA FABIANO DA SILVA RICO LEA
Flôres a mâe d’auga (1975)
PAZ VICENTE DE BENITO
Na pel de Xulia (2015)
PEPITA GARCÍA
s/t (1973)
P 102
RAQUEL FORNER
O profeta (serie das Lúas) (1958)
REBECA LÓPEZ
s/t (2006)
ROCÍO IZNARDO GREGORY
O xardín
P 104
ROSA Mª TORO COCA
Interior (1985)
SABELA ARIAS CASTRO
Galerías de Casa Mondelo. Lugo (2003)
SARA ACEVEDO DE CAPURRO
s/t (1970)
P 106
SARA TRAVERSA
S/t (1971)
SARAH GRILO
En ocres (1958)
TERESA FERNÁNDEZ LIZ
Xeracións lucenses unidas pola mesma tradición (1977)
P 108
TERESA LÓPEZ PRADO
Paisaxe
TINA BORCHE
Angela Dawis (1971)
VIRGINIA APECECHEA
Virxe da Macarena
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.

More Related Content

What's hot

Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosrmplugo
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Encarna Lago
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoPSM
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Marlou
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 

What's hot (7)

Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todos
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
 
Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 

Similar to Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.

xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAEncarna Lago
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoEncarna Lago
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migraciónrmplugo
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOEncarna Lago
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Encarna Lago
 
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...Encarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Encarna Lago
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 

Similar to Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede. (20)

xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
 
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...ENCARNA LAGO PARTICIPA  NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
ENCARNA LAGO PARTICIPA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA "Xornada-emerxencia-...
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfxenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdf
 
xenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfxenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdf
 

Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.

  • 1.
  • 2. Reservados todos os dereitos. Nin a totalidade nin parte deste libro pode reproducirse ou transmitirse por ningún procedemento electrónico ou mecánico, incluíndo fotocopia, grava- ción magnética ou calquera almacenamento de información e sistema de recuperación, sen o permiso previo e por escrito das persoas titulares do copyright. DEPUTACIÓN DE LUGO PRESIDENCIA Darío Campos Conde ÁREA DE TURISMO E CULTURA Eduardo Vidal Baamonde Pilar García Porto REDE MUSEÍSTICA Encarna Lago González Xerente MUSEO PROVINCIAL DE LUGO Aurelia Balseiro García Directora EXPOSICIÓN COMISARIADO Encarna Lago González Antonio Reigosa Carreiras MONTAXE Unidade de mantemento da Rede Museística Museo Provincial de Lugo Sala de Exposicións Pazo de San Marcos Museo Fortaleza San Paio de Narla Museo Provincial do Mar Museo Pazo de Tor Desde o 1 de febreiro ao 1 de abril de 2018 CATÁLOGO TEXTOS Autores FOTOGRAFÍAS Rede Museística Provincial MAQUETACIÓN LAR Viveiro IMPRESIÓN LAR Viveiro COORDINACIÓN DA PUBLICACIÓN Fernando Arribas Arias Responsable de Difusión da Rede Museística Provincial Antonio Reigosa Carreiras Responsable de Comunicación da Rede Museística Provincial ISBN: 978-84-8192-559-3 D.L: LU 127-2018 ©da edición. Deputación Provincial de Lugo. Rede Museística Provincial ©das imaxes: autores e Rede Museística ©dos textos: autores e Rede Museística Provincial
  • 4.
  • 5. EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE supón un paso firme máis no proxecto co- mezado en 2015 pola Rede Museística da Deputación de Lugo baixo a denominación NÓS+OUTRXS EN REDE. O obxectivo segue sendo o inicial, abrir as portas e as ventás das nosas institucións museís- ticas para facilitar o diálogo entre os colectivos e artistas individuais, tanto entre si como cos propios museos e coa sociedade en xeral desde a perspectiva de xénero, afondando sempre na diversidade. Na edición de 2018 participaron 12 proxectos, moi diferentes e diversos pero complementarios, produ- to da reflexión crítica de persoas e colectivos distantes e tamén distintos, pero conectados pola nece- sidade de dar voz e visibilidade a historias xeralmente ocultas. Desde a constatación desa necesidade, o Goberno Provincial promove a través da Rede Museística accións como este proxecto que van máis alá da mera exposición (da ocupación de espazos expo- sitivos nos museos ou da dinámica propia duns obradoiros complementarios), que incidan no tecido social, que axuden a sensibilizar á cidadanía sobre a exclusión de persoas e colectivos por diversas razóns ou pretextos. A creación artística é unha extraordinaria opción, un camiño a explorar en profun- didade, unha experiencia para avanzar na inclusión da diversidade sexual, funcional ou cultural. Agradecemos a colaboración entusiasta de todxs, artistas e persoal dos museos por contribuír a dar visibilidade ás xustas reivindicacións de quen padece inxustamente calquera tipo de exclusión. Darío Campos Conde Presidente da Deputación de Lugo
  • 6.
  • 7. ÍNDICE Presentación ______________________________________ 8 Programa________________________________________ 14 MARÍA XOSÉ DOMÍNGUEZ__________________________ 22 CARMEN CHACÓN ________________________________ 26 MÓNICA ALONSO _________________________________ 30 ANA DMATOS_____________________________________ 34 BASILISA FIESTRAS ______________________________ 40 MERY PAIS_______________________________________ 48 CARMEN PORTEIRO_______________________________ 52 LUZ DARRIBA ____________________________________ 58 RUBÉN PÉREZ POMBO____________________________ 62 TAMARA WASSAF ________________________________ 66 WILPF___________________________________________ 70 ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)_______ 74
  • 8. P 8 O museo foi a institución privilexiada dunha clase determinada, o espazo onde se conservou o co- ñecemento e a historia “oficial”, e, aínda que isto mudou debe mudar aínda máis. Temos por diante o reto de reformular a institución en clave de diversidade e igualdade. A renovación do pensamento e da práctica museolóxica iniciada por Henry Riviere e André Desvalles, a alter museoloxía de Pierre Mayard, marcáronnos o camiño. Debemos profundar na idea dun museo expandido, aberto, flexíbel, dinámico e accesíbel á expresión humana: aspiramos a traballar en rede en contornas compartidas. Un novo museo chegou para quedar, un museo traballando e pensando no común, no que as obras, os coñecementos, os obxectos son de todos e todas, para xerar un espazo no que ninguén sexa excluído, e o obxectivo do novo Plan de Xéneros, Museos , Arte e Educación da RMP, EU TI ELAS ELES NO- SOUTRXS EN REDE. NON PASA NADA
  • 9. Cando a dor é innomeable escoitamos e lemos “Non pasa nada”; hoxe, desde este ‘eu’ que é máis e mellor ‘eu’ cando son ‘eu + ti + nosoutrxs’, e ‘ti’ es mellor ‘ti’ cando es parte de nosoutrxs e ‘elas’ son máis ‘elas’ e máis fortes cando se saben ‘elas’ máis ‘nós’, e ‘nós’ somos a forza de nosoutrxs porque somos mellores cando miramos por nosoutr- xs e polos outrxs e creamos vida para vivir en rede, cuestionamos por acción e omisión o status quo institucional im- perante. Polas que dixeron e din “Non pasa Nada” por elas, por nós, por todas. A RMP preséntase como un espazo so- cio-afectivo, casa común da expresión colectiva na que calquera pode parti- cipar no sentido galeanista da expre- sión: “á voz humana non hai quen a pare”. Hoxe queremos estar aquí para pre- sentar un novo modelo de xestión de museo, unha nova forma de mirar e de entender a responsabilidade de xestionar institucións públicas desde o cumprimento da lei de igualdade, e responder á historiografía oficial que relegou ás mulleres a un papel pasivo na historia, a ser espectadoras, musas e obxectos representados. Cando durante dezanove anos da túa actividade profesional ─e da túa vida─ dedicas unha parte importante de todo ese tempo, unha parte relevante, fun- damental e xenerosa, a difundir o tra- ballo das mulleres artistas, e falo coa convicción de cumprir estritamente un mandato de conciencia que che indica o que é e o que non é xusto, non espe- ras que pase nada. É dicir, falo porque si, porque é parte da túa función como profesional a cargo dunha parcela ins- titucional dedicada á cultura. Falo por- que tes que facelo, porque les as esta- tísticas, e os números, fríos, dan moita calor cando se saben, moita vergoña de que nas nosas sociedades, supos- tamente avanzadas, a metade maior (non unha minoría, senón a parte máis grande do xénero humano) da poboa- ción continúe relegada a un teloneris- mo que case todo o mundo acepta sen
  • 10. P 10
  • 11. relevantes cuestións. Ti falo porque é de xustiza, aínda que non pase nada. Ao longo de todos estes anos como xerente ves crecer a moitas artistas, consolidarse a outras, desertar a al- gunhas ás que o outeiro escarpado do patriarcado lles resulta insoportable, pero, en calquera caso, ti creces con elas: comprendes cada vez máis e mellor o backstage de moitas historias que se seguen destecendo mentres elas, moitas outras, e ti, seguen tecen- do porque si, porque non pasa nada, porque non se acaban os ninguneos, porque a equidade albíscase nun ho- rizonte afastado ao que camiñamos incansables, porque non chegan pal- madiñas de ningún tipo e nin falta que fan, porque a túa motivación está tan arraigada e tan comprometida coa concepción dun mundo máis xusto, que non importa que non pase nada. Pero realmente importa. Un museo é unha institución permanente, sen fins de lucro, ao servizo da socieda- de, aberta ao público, que adquire, conserva, estuda, expón e difunde o patrimonio material e inmaterial da humanidade con fins de investigación, educativos, de goce. E os relatos que se desprenden dos museos (medios de comunicación con credibilidade) pasan por ser verdadeiros. Son, maio- ritariamente, relatos-monólogo que emiten unha soa versión, a da metade dominante, e iso varre os micro-discur- sos (xa non só os das mulleres, senón os das diversidades no seu conxunto (traballouse máis ben pouco a des- igualdade social: etnia, clase, xéneros, discapacidades). Unha alter museo- grafía tórnase imprescindible, hai que resignificar todos os discursos desde unha mirada que abarque, que cam- bie, un a un, os testemuños de cada peza. As historias soterradas, esque- cidas, ambiguas, confusas, despraza- das, que se subsumen detrás de cada relato. Convertémonos así en palabre- iras, facemos oficio desa palabra que o stablishment bastardea: guerrillea- mos cos contidos para subvertelos e darlles o seu verdadeiro valor. Entón: Pasa, ou non pasa nada? Onde están as múltiples miradas? Ao servizo de quen estiveron os museos? Socieda- de? Comunidade? Público? Unha rede de museos é un lugar idó- neo para que a sociedade poida ex- presarse, un espazo para xerar cam- bio social onde comezar a reverter conceptos para que si pase algo. Des- de esa premisa créase esta Rede Mu- seística Provincial de Lugo que agluti- na aos catro museos dependentes da Deputación Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Fortaleza San Paio de Narla. Desde o EU, TI, ELAS, NÓS, NÓS EN REDE, cando non te conformas co non pasa nada, expomos un proxecto de trans- formación integral da institución que dea lugar ao nacemento dun novo concepto de museo: museos expandi- dos, abertos, dinámicos e accesibles á expresión comunitaria. Hai 281 anos,
  • 12. P 12
  • 13. en 1737, María González, segundo documento existente no Arquivo do Museo Provincial de Lugo/ Rede Mu- seística Provincial, denunciou ser vio- lada: … “María González, soltera y vezina de la feligresia y cotto de San Martín de Ombreiro, hija lexitima de Pedro das Latas dela mesma vezindad / y pobre y corto de- medios así él, como yo” Que vos suxire? Non pasa Nada. Transcorreron case tres séculos e as mulleres continuamos denunciando violacións e sendo xulgadas por iso. Fagamos que pase algo. Xa o esta- mos facendo, é certo, pero fagámolo con absoluta rotundidade. Eu estou, ti estás, elas están, nós estamos, nós+ outrxs tamén estamos en rede para conquistar, desde a diversidade, a igualdade plena. Estamos, somos, facemos, existimos. Por iso quero fa- larvos de proxectos diversos que refor- mulan os discursos. As Santas Migrantas, de Luz Darri- ba; Percepción cromática en mulle- res de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo, de Mónica Alonso; The Living Water, Washerwoman in de the river de Ana DMatos; Pegadas dun Compromiso, de María Xosé Dominguez; Isabel, Leningrado 1940, de Carmen Chacón; Conexións [en serie], de Carmen Por- teiro, Fraxilidade Suspendida, de Ta- mara Wassaf; Marco, elemento e so- porte, Regras para un parque humano, de Basilisa Fiestras; Trans (cender) (mitir) (formar), de Mary Pais; Frío: so- mos inuits?, de Rubén Pérez Pombo, inciden na alteridade, a diversidade, a visibilidade como valores esenciais dentro de proxectos museísticos so- ciais. Son reaccións diversas ante pro- blemáticas comúns: a inmigración, a feminización da pobreza, a riqueza do feminino que a sociedade descarta, os mandatos sociais, as violencias sobre os corpos das mulleres, a importancia dos sentimentos humanos… Múltiples miradas, desconcertantes conclu- sións, revalorización e resignificación de relatos que é necesario incorporar con prioridade aos obxectivos museo- gráficos para que si pase algo, para que a vista se pouse no invisible, para que a palabra explore o innomeable. Cando se normalicen todas as diver- sidades desde unha mirada absoluta- mente respectuosa poderemos deixar de dicir que non pasa nada. Fagámolo posible entre todas, todos, todxs. Este proxecto, comisariado co meu com- pañeiro Antonio Reigosa, fala de pen- sar o presente, reflexionando sobre o noso pasado para imaxinar outros futuros posibles onde ninguén quede fóra. Un museo feliz? Encarna Lago Xerente da Rede Museística
  • 14. P 14 EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE EU estou TI estás ELAS están NOSOUTRAS estamos NÓS+OU- TRXS estamxs EN REDE para conquistar, na diversidade, a ple- na igualdade. Estamxs, somxs, facemxs, existimxs... As formas verbais non expresan xéneros. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo recla- man a vosa atención para con esta ducia de proxectos, dispa- res na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar re- flexións e chamadas de atención sobre o EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS. Comisariado: Encarna Lago e Antonio Reigosa
  • 15. Cris Vilariño Entre Maruja e máis eu//1. Xénese E así Maruja, coa súa visión herdada, e eu, e o meu corpo, e a danza, e unha rede, un abrigo e un acordeón. O proceso de creación desenvolverase na primeira quincena de febreiro polo sistema de residencia na Sala Multiu- sos do MPLugo. Representación: 1 de febreiro, no trans- curso do acto de inauguración. Coloquio sobre o proceso creativo: 2 de marzo. Danza: Cris Vilariño. Música: Vadim Yukhnevich María Xosé Domínguez Pegadas dun compromiso, 2018 Na obra, por medio de fotografías per- tencentes ao arquivo familiar da artis- ta, encóbrese unha crítica social que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos invita a cuestionarnos quen somos? Como actividade complementaria incentivare- mos a recuperación de fotografías de voda que tivesen como marco algún dos museos da Rede. Carmen Chacón Isabel. Leningrado 1940 Evidenciar o que arrastramos no in- consciente colectivo, mitoloxía grega, arquetipos coa súa Sombra etc. Aflorar emocións non recoñecidas, amosar a dor e a valentía de ser o que queremos ser con voz propia, aquí e agora. »Sala Pazo de San Marcos
  • 16. P 16 Cris Vilariño Entre Maruja e máis eu//1. Xénese E así Maruja, coa súa visión herdada, e eu, e o meu corpo, e a danza, e unha rede, un abrigo e un acordeón. O proceso de creación desenvolve- rase na primeira quincena de febreiro polo siste- ma de residencia na Sala Multiusos do MPLugo. Representación: 1 de febreiro, no transcurso do acto de inauguración. Coloquio sobre o proceso creativo: 2 de marzo. Danza: Cris Vilariño. Música: Vadim Yukhnevich Mónica Alonso Percepción cromática en mulleres de diferentes cul- turas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo Medir o dificilmente medible. Obter datos estatísti- cos de variables emocionais. Aplicar a mulleres un cuestionario que relaciona psicoloxía e cor. Proce- sar os resultados obtidos co programa estatístico SPSS(V21.0) para obter gráficos de medidas. »Museo Provincial de Lugo
  • 17. Basilisa Fiestras Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano O corpo e a indumentaria como ele- mento, materia e concepto na obra. Mery Pais trans (cender) (mitir) (formar) Video creación/reportaxe da relación da artista Mery Pais coa Rede Mu- seística de Lugo dentro dos proxectos Nos+outras en Rede, Culturas en diálo- go e presentación do novo proxecto de colaboración Trans(cender) trans(mitir) trans(formar) con Marrocos e Lugo. Carmen Porteiro conexións [en serie] conexións [en serie] xorde ao recupe- rar unha conversación interrompida. É unha serie de imaxes nas que se re- flexiona sobre a comunicación e o que provocan as interferencias e interrup- cións neste proceso. Luz Darriba As santas migrantas Proxecto en proceso que intenta re- coller, a través de fotografías (400 es- capularios feitos a través de fotos de mulleres migrantes) e testemuños, a voz de moitas mulleres que cruzaron o mundo para melloraren a vida. Ana DMatos The Living Water. Washerwomen in the ri- ver Este é un traballo que afunde as súas raíces na idea de desenvolvemento e globalización, que debería servir para crear e mellorar as nosas vidas. Con este sentido unín a poesía de Kishwar Naheed, un arma feminista, as mulle- res retratadas que perpetúan a discri- minación por castas e de xénero, e a miña; identifícome con ambas. 
  • 18. P 18 Rubén Pérez Pombo Frío: somos inuits? Mar e Mediterráneo. Somos fillas. Calamos. Mira- mos. somos estatísticas. Permitimos que as nosas nais morran no Mediterráneo.  A quen lle interesa esta ruleta? Somos números 1, 2, 3... Somos mar- xinación... Subimos e volvemos caer. Infinitamente tráxicos. Conxelados. Afogados. Somos frío. So- mos Inuits? Carmen Porteiro conexións [en serie] conexións [en serie] xorde ao recuperar unha con- versación interrompida. É unha serie de imaxes nas que se reflexiona sobre a comunicación e o que provocan as interferencias e interrupcións neste proceso. Carmen Chacón Isabel. Leningrado 1940 Evidenciar o que arrastramos no inconsciente co- lectivo, mitoloxía grega, arquetipos coa súa Som- bra etc. Aflorar emocións non recoñecidas, amo- sar a dor e a valentía de ser o que queremos ser con voz propia, aquí e agora. »Museo Fortaleza de San Paio de Narla
  • 19. Basilisa Fiestras Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano O corpo e a indumentaria como ele- mento, materia e concepto na obra. Tamara Wassaf Fraxilidade Suspendida Observación do cotiá, imaxinarios afas- tados, flores e teas que me recordan as mulleres da miña familia en Arxentina; miradas intensas e unha sensación de nostalxia, de fraxilidade suspendida. WILPF Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade WILPH: Cen anos de feminismo pa- cifista Mostra gráfica composta por 46 car- teis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia. WILF España wilpf.es »Museo Provincial do Mar »Museo Pazo de Tor
  • 20. P 20 ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN) Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo Ás veces pode aparentar ser e non ser máis ca un dato estatístico nunha listaxe. Por exemplo, o número de mulleres artistas que teñen obra nun museo como o MPLugo pode ser considerable pero non o é tanto se esa obra está agachada, como é este o caso, nun almacén.
  • 21. ANA ÁLVAREZ ANA DE MATOS ANA MATILDE MARTÍNEZ PASARÍN CARMEN SENANDE PAZOS CARMEN TERESITA BONO CELIA RODRÍGUEZ CORTÉS CHONCHA BONET CORREA DOLORES GUERRERO LOMBARDÍA EMILIA SALGUEIRO ESTHER RASZAP EVA LLORÉNS FINA EIRÓS GLORIA CARREROU GLORIA FERNÁNDEZ HILDA FERREIRA ISABEL EASTON ISABEL PERNAS BUJADOS JULIA MINGUILLÓN IGLESIAS LEONOR ALBARELLOS LILA GONZÁLEZ LUZ DARRIBA MARI CARMEN CORREDOIRA MARI LUZ ANTEQUERA MARI PAZ ILLANA GÓMEZ MARÍA CAGIAO MARIA DEL CARMEN ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR MARÍA DEL CARMEN COPPETTI BONO MARÍA GUEVARA MARIA JOSÉ SANTISO GÓMEZ MARIA LUISA PÉREZ HERRERO MARIE JOSEPHINE VOGEL FOLGOSA MARTA PARDO DE VERA MARTA PRIETO MARUJA MALLO MERCEDES AMIGO MÓNICA ALONSO MÓNICA MURA MONTSE REGO ODALIA FABIANO DA SILVA RICO LEA PAZ VICENTE DE BENITO PEPITA GARCÍA RAQUEL FORNER REBECA LÓPEZ ROCÍO IZNARDO GREGORY ROSA MARÍA TORO COCA SABELA ARIAS CASTRO SARA ACEVEDO DE CAPURRO SARA TRAVERSA SARAH GRILO TERESA FERNÁNDEZ LIZ TERESA LÓPEZ PRADO TINA BORCHE VIRGINIA APECECHEA
  • 22. P 22 MARÍA XOSÉ DOMÍNGUEZ Pegadas dun compromiso, 2018 Esta obra é un achegamento ao ámbito feminino e á “Outra” a través dun acontecemento intimo como é “a voda”, episodio que marca de diferente maneira ás mulleres de todo o mundo. Trátase da repre- sentación dun feito, que supón o final dunha etapa para dar comezo a outra, tendo como pano de fondo o sistema patriarcal. As mulleres que aparecen nas fotografías corresponden ás noivas do arquivo fo- tográfico familiar da artista. Cada unha delas posúe unha realidade diferente reflexo da súa identidade individual. O día da voda, en moitos casos representa a entrega, a memoria dos soños cumpridos ou non, os desexos almacenados que configuran a nosa personalidade., un día no que a muller experi- menta contradicións, que a vela e a mostra. Na obra subxace unha crítica social por medio dos textos proxectados sobre o chan, que cuestionan o que realmente implica o casamento abordado desde unha perspectiva feminista, que convida a facernos preguntas como quen somos? mariaxosedominguez@gmail.com
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26. P 26 CARMEN CHACÓN Isabel. Leningrado 1940 Fundamentalmente, desenvólvese sobre o libro que chega ás miñas mans xusto cando vou facer este proxecto (produto dun expurgo do Museo Provincial de Lugo). Alfonso, o meu compañeiro de viaxe vital e tamén o meu marido, recolleuno cando estaba a visitar o museo mentres eu falaba con Encarna Lago, e regaloumo. Abrín o libro pola foto de Isabel e souben que ela tiña que estar neste proxecto. Cando o lin, resoaron moitas cousas a pesar da distancia e as vidas, pois había nel moitos ecos da miña nai - que si vivira a guerra - e doutras vivencias. O libro estaba narrado por Isabel desde unha distancia que me impresio- nou: parecía coma se nada fose demasiado doloroso, desde as malleiras do seu pai ata a súa peregri- naxe, o seu convencemento de non atopar amor na súa vida ou a recollida das cinzas da súa única filla. Arrastramos un lastre de arquetipos de deusas gregas, que asumimos con total naturalidade e que levamos -cal constelación- na memoria colectiva. O libro titúlase “Memorias de una niña de la guerra”, de Isabel Arxentina Álvarez Morán, á que dedico gran parte das pezas do proxecto. Tamén o dedico a todas as mulleres que libramos todos os días batallas contra a desigualdade, a invi- sibilidade, os abusos sexuais, os malos tratos físicos e psicolóxicos.
  • 27.
  • 28. P 28 A pesar da memoria colectiva herdada e asumida pola muller como comportamento certeiro, a pesar dos séculos de arquetipos de Mitoloxía Grega (Afrodita, Atenea, Hera, Helena) como modelo que leva- mos ás costas, somos máis ricas e máis libres que todo isto. Nesta época que nos toca vivir, dar luz á grandeza e riqueza do noso xénero e mostrarnos é tarefa ardua, polo que cada actuación de cada unha de nós é crucial, transcendente desde que temos uso de razón ata o final das nosas vidas. Isto creará unha rede que nos sosteña e sáquenos desas caixas nas que algúns pretenden meternos... “Ata que vostede fai consciente o insconsciente, que dirixirá a súa vida e vostrede chama- rao destino.” (Carl Gustav Jung) Evidenciar e calquera tipo de violencia, discriminación e malos tratos desde o nacemento é fundamen- tal. Isabel. Leningrado 1940 é a protagonista de Memorias dunha nena da guerra de Isabel Arxentina Álvarez Morán, libro que chega ás miñas mans para mediados de outubro 2017 como consecuencia dun expurgo do Museo Provincial de Lugo e orixina este proxecto. A distancia e case desapego da narración da súa vida conmóveme, pero non só ela. Moitas mulleres e nenas seguen vivindo inmersas na guerra, na guerra sórdida e silenciosa da cotidianidad aceptada por case todos. Realmente non busquei a Isabel, é ela a que me atopa. “Eu non son o que sucedeu. Eu son o que elixin ser” (Carl Gustav Jung) Desde a visión da muller madura que pretendo ser e que habita a miña alma, continúo investigando sobre os arquetipos e a Sombra dos mesmos, así como as emocións que diso derívanse, e os mitos que arrastramos como constelación inconsciente. Gústame penetrarme na nosa complexa psicoloxía chea de ángulos, dando forma aos arquetipos que nos compoñen, pero dando cabida a moitas outras vertentes. Somos máis valiosas que todo isto, somos máis imprevisibles como para que se nos reduza só ao coñecido e transmitido polo inconsciente colectivo, a mitoloxía e a tradición. zonachacon@hotmail.com
  • 29.
  • 30. P 30 MÓNICA ALONSO Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo Medir o dificilmente medible. Obter datos estatísticos de variables emocionais. Estes son os meus obxectivos. Este proxecto está centrado en obter as cores das emocións en mulleres de diferentes culturas. Estas cores obtéñense a través dun cuestionario deseñado para relacionar emocións con cores. De que cor son: A cor preferida, a felicidade, a infelicidade, o amor, a tristeza, a saúde, a enfermidade, a violencia, o relax, o estrés, o diñeiro, o pracer, a dor, o infinito, o agora, a familia, a vida, a morte, de que cor es ti?, a túa cabeza, o teu corazón, a túa nai. Pregúntase ademais sobre cuestións vitais que preocupan ao ser humano: Amor, creatividade, diñeiro, familia, felicidade, futuro, morte, relax, saúde, sexo, traballo. A obtención de datos de diferentes culturas faise aplicando o cuestionario en diferentes lugares. A cidade de Lugo, cidade de México, cidade do Cairo.
  • 31.
  • 32. P 32 O proxecto ampliase na cidade de Lugo. Partindo da información base da cidade búscase obter información sobre diferentes grupos culturais presentes na cidade: mulle- res árabes e mulleres xitanas. Como grupo social elíxese mulleres vítimas de violencia. Co obxectivo de dar forma medible a va- riables emocionais, os datos obtidos a través da aplicación do cuestionario son procesados por un programa estatístico, SPSS (V.21.0). Os datos analízanse me- diante táboas de continxencia que son as presentadas como obra artística. As táboas son tamén interpretadas en clave literaria: a cor que non é e a cor que é. A obra está tamén formada por un libro que recolle toda a información estatística. A obra segue a ampliarse ao presentar por cores, muller morta, muller con amor, muller con dor e tristeza infinita… teoriaspicoespacio.com monicaalonso.com info@monicaalonso.com
  • 33.
  • 34. P 34 ANA DMATOS Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo The Living Water é o título dun proxecto no que levo traballando máis dunha década e segue activo pola súa extensión e complexidade. Recollín información e fotografei a mulleres principalmente, en distintas partes do mundo: Papúa Nova Guinea, China, Myanmar, India, Xapón ou Cuba. De modo que a obra que aquí se mostra é unha parte de todo ese proceso, que afunde as súas raíces na globalización. Un proceso que representa un choque de culturas e o beneficio económico das grandes corporacións, debería servir para toda a comunidade, facilitar a comprensión das nosas culturas, potenciar os nosos traballos, engrandecer nosa existencia. Un obxectivo difícil aínda que apaixonante, integrar unha cultu- ra, que non me é propia, na miña vida a través da arte. As fotografías das mulleres lavando aluden en primeira instancia á beleza das retratadas e do lugar, e identifica unha determinada acción doméstica. Podemos ir máis aló e sinalar os simbolismos da auga, a idea de purificación, e mesmo sublimar as actividades do fogar inspirados na beleza da paisaxe. Pero facer algo así sería manter un choque cultural e desentendernos dunha sincera comunicación. Porque as fotografías non só manifestan a beleza senón a desigualdade dunha complexa cultura baseada na relixión hindú, que dividiu á sociedade por castes. A pesar da súa abolición, recollida na constitución india de 1950. As imaxes tamén manifestan a discriminación de xénero. Feito que compartimos, iguála- nos e identifícame. Por iso, cando penso en como superar esta desigualdade inspírome na poesía
  • 35.
  • 36. P 36 para empezar a construír un mundo de igualdade pola cultura. Escollín algúns fragmentos da poesía The Grass Is Really Like Me de a paquistaní Kishwar Naheed para abrazar a beleza destas mulleres e acentuar a idea de loita. Escribinas usando a técnica do gravado e, sobre esas estampas de papel, hei bordado dous kolams, unha flor e unha xeometría. O sentido do kolam aquí é o mesmo que o das mulleres indias, dar a benvida ao espectador, e convidarlle a participar na totalidade dos rexistros e conexións da obra. Por primeira vez, a razón de coser ou de bordar na miña obra é a de abrazar. Cada puntada serve para unir nun sentido espiritual, todas somos unha, e este sentido da beleza considero que é máis profundo que unha idea abstracta e xeral da arte ou da estética. Este tipo de beleza ten o propósito de expandir- se e servir de catalizador para crecer e seguir, para buscar un camiño propio. Para unir o creativo e o emocional. E representa unha integración profunda multicultural. Ana DMatos anadematos.com
  • 37.
  • 38. P 38
  • 39.
  • 40. P 40 BASILISA FIESTRAS Marco, elemento e soporte O corpo, entendido na amplitude dos seus significados, é o gran protagonista deste proxecto artís- tico, no cal este concepto compréndese en forma de materia ou idea, fiando todas as propostas e proxectos de creación, e condensando os seus significados e significantes a través dun percorri- do escultórico. Para iso móstrase o corpo con todas as posibilidades que este alberga, explorando as súas condutas e vivencias para afirmarse como experiencial e pulsional. Así como, para facer- nos consciente da súa parte física e matérica, contendo e resaltando polo seu interese da irremedia- ble temporalidade e decrepitude, fronte á súa inasible esencia e a súa susceptibilidade ao cambio. Para abordar o corpo e aproximarme a el recorro á fragmentación, nun primeiro plano, como partes abstraídas que privan a visión total deste. Series como as Coroas, instalacións como Andrómenas ou a peza “A gravata é o outro” … trátase de presentar parcelas corporais significativas tales como as mans, os dedos a boca, o cabelo…, con ou sobre as que se proxectan novos significados e sentidos.
  • 41.
  • 42. P 42 Os tres temas que seguín nestes últimos anos, tanto no meu traballo plástico como na miña investi- gación foron; o corpo como punto de partida e espazo de reflexión e conflito; a indumentaria como segunda pel que altera, modifica e transforma este “soporte” e o accesorio como complemente destes dous últimos e como obxecto “portable”.  Desde esta mirada fraccionada, así como tamén desde o interese polas sutís alteracións que produce o artificio tanto da vestimenta como dos accesorios sobre o corpo, xorde unha especial inclinación, por xerar estes encontros e desencontros enmascarados na creación artística. O (re)cubrirse como fin da ocultación, así como o destaparse e o desposuírse, utilizados como medios de insinuación, constitúen as características e tipoloxías que alteran a linguaxe e a carga de significa- ción do individuo. É por iso que nas propostas de creación se recorre á estrutura da vestimenta como sinal identificativa das nosas ideas. Chaquetas sobre as que emanan casas, petos que portan pedras e paisaxes que se estenden pola vestimenta. bfiestras@gmail.com
  • 43.
  • 44. P 44
  • 45.
  • 46. P 46
  • 47.
  • 48. P 48 MERY PAIS trans (cender) (mitir) (formar) Video creación/reportaxe da relación da artista Mery Pais coa Rede Museística de Lugo dentro dos proxectos Nos+outras en Rede, Culturas en diálogo e presentación do novo proxecto de colaboración Trans(cender) trans(mitir) trans(formar) con Marrocos e Lugo. merypais.com merypaisdominguez@gmail.com
  • 49.
  • 50. P 50
  • 51.
  • 52. P 52 CARMEN PORTEIRO conexións [en serie] Vivimos nun mundo hiperconectado, pero somos un universo de individuos illados. Esta serie de imaxes xorde nunha viaxe, nun reencontro, ao recuperar unha conversación interrumpida, ao descubrir unha nova forma de ver. Prantéxase así un grupo de imaxes no que as liñas, as formas, as marañas do cableado enfróntanse entre si mesmas a través da simetría creando tensión. É unha contradición, como as que teñen lugar nos procesos de comunicación, nos que as interferencias provocan unha disrupción na recepción da mensaxe. E aí é onde xorden o problemas, a incomunicación, a desconexión e, polo tanto a falta de entendemento entre das dúas partes do proceso. Desde o punto de vista estético, búscase a simetría creada a través do efecto espello, que enfatiza o estado de illamento e individualidade -como ocorre nalgún proceso comunicativo- e unha busca dunha cor artificiosa, dotando as imaxes dunha sensación de irrealidade.
  • 53.
  • 54. P 54 O proceso de comunicación precisa ser bidireccional para enriquecer cal- quera conversación. Por iso este proxecto pretende establecer un diálogo co espectador, que se espera que se converta en parte activa: Proponse a calquera que o desexe, que exprese cunha palabra ou frase curta o que lle suxiran as imaxes. carmenporteiro.com
  • 55.
  • 56. P 56
  • 57.
  • 58. P 58 LUZ DARRIBA As santas migrantas «Cando eu tiña catro anos burlábame dunha veciña anciá napolitana á que non lle entendía ren. Díxen- lle un día á miña nai: É unha burra, tan vella e non sabe falar. Miña nai dixo moi seria: A burra es ti, que non sabes que hai milleiros de formas de falar e esa é a súa». As santas migrantas quere ser unha homenaxe, dende o respecto a calquera crenza, a esas mulleres que por innúmeras razóns deberon emigrar para conservaren a vida ou aspirar a unha máis digna. Ás mulleres que padeceron ─e padecen─ nas súas propias carnes as consecuencias de seren transplan- tadas do seu hábitat, da súa cultura, das súas formas de vida, das súas familias, por razóns econó- micas ou políticas, e exerceron os peores traballos: aqueles que ninguén quere. Para sobreviviren e axudaren á súa xente nos países de orixe. Merecen, penso eu, unha homenaxe comparábel ao dunha santidade. Un recoñecemento á invilisibilidade manifesta de milleiros de historias de mulleres.
  • 59.
  • 60. P 60 «Miña avoa cruzou o mar cando os barcos tardaban máis dun mes en atopar a outra beira. Era moi nova cando chegou a Montevideo. Din que moi guapa. Coñeceu alí ao meu avó que xa emigrara antes, que xa fixera algo das Américas, e coma xa cumprira os corenta víñalle faltando unha muller para estar completo. A avoa non quería casar tan nova, mais o avó insistiu tanto que ela non se puido resistir. Eu non coñecín a miña avoa, mais contan que aprendeu a falar seseando para que non a sentisen estranxeira, e cando volveu á casa, atravesando outra vez o mar, nesa aldea de Nigrán toda a xente a chamaba a Americana». As santas migrantas é unha instalación que consta de catrocentos escapularios feitos a man con fotos de mulleres migrantes de e cara a Galicia a través dos tempos. Por escapulario pódese entender unha peza de devoción. Están normalmente dedicados a persoas que foron santificadas polo que a Igrexa católica considera méritos para esa cualificación. Xente que na súa vida realizou actos extraordinarios ou considerados milagrosos polos responsábeis de ditaminalo, ou ben mártires que sufriron castigos nas súas carnes por ter determinadas crenzas relixiosas. «Manuela era a miña veciña. Era linda, boa, nova, agarimosa. Falaba raro, con ese acento galego que só causaba burlas. Manuel, o seu home, era unha besta negra que eu odiaba con todas as miñas for- zas. Eu era só unha nena, non entendía moito de nada, ou nada de nada, para mellor dicir. Souben que me asistía a razón cando veu a policía e despois os da funeraria e despois todo o conventillo chorou pola Manuela e pola covardía colectiva». Galiza, terra de inmigración, tamén foi, dende hai uns anos, terra de recepción de inmigrantes. Por que poñer en valor ás mulleres migrantes?: porque son precisamente elas as que moitas veces sosteñen con traballos precarios todo o sistema familiar, transmiten a súa cultura, se integran e crean redes e pontes; porque son sempre as máis esquecidas. Luz Darriba
  • 61.
  • 62. P 62 RUBÉN PÉREZ POMBO Frío: somos inuits? Frío: somos inuits? é unha instalación con vídeo arte, baseada na marxinación de milleiros de mulleres que tiveron que cruzar mares e océanos na procura dunha vida mellor. Arredor deste fenómeno a sociedade non responde, quedamos fríos coma os inuits que, por outra parte, tamén sofren a marxinación nunha especie de círculo concéntrico que nos leva a recoñecer o funcionamento escuro desta sociedade (Nós marxinamos e marxínannos). A balsa é o fogar do emigrante, a nosa cama, o noso soño que en ocasións remata en pesadelo. Eu mesmo confésome un verdadeiro inuit, recoñézome un verdadeiro inuit faga frío ou calor. A definición que o dicionario ofrece da palabra emigrante ten que ver co movemento das persoas dun lugar a outro. Aquí nada se fala da conseguinte marxinación que chega con esa palabra. Esta sociedade ten moito frío. Europa é unha grande extensión de inuits que non atende o seu corazón enfermo. Cómpre unha revolución para salvar unha humanidade que pouco a pouco apodrece dende os despachos até os máis pequenos recunchos coma o noso. Cómpre lembrar que vivimos no cú de Europa. Estamos conxelados. Afogados. Non hai respostas e as bombas seguen a caer e a humanidade pérdese no Mediterráneo. E ninguén fai nada. Non pasa nada. Somos inuits. rubenperezpombo@hotmail.com
  • 63.
  • 64. P 64
  • 65.
  • 66. P 66 TAMARA WASSAF Fraxilidade Suspendida Neste proxecto exploro a noción dun retrato expandido, indago máis aló do suxeito retratado chegando por momentos a unha desaparición do corpo, un corpo sen carne, un pregue no espazo. Estes, á súa vez, espazos comprendidos como testemuños íntimos da relación entre o suxeito e a súa contorna, a natureza e o cotiá. Unha paisaxe con carácter simbólico, forzando os límites entre a realidade, a percepción e representación, que nos permite reflexionar sobre o concepto contemporáneo de paisaxe intimista. Gran parte das teas, atopadas nun armario dunha casa abandonada, coas súas etiquetas novas e gardadas quizais para un proxecto especial que nunca foi, suxeríronme darlles unha vida e un protagonismo especial, que xogan ao mesmo tempo coa multiplicidade de formas de habitar un espazo baleiro, levándoo á posibilidade de traballar o seu correlato desde a idea de corpo-ausencia-muller- espazo. Nesta serie, poño en tensión a relación entre retratos, xeralmente femininos con panos, turbantes, veos e teas. Os obxectos repítense de diferentes xeitos, dialogando co corpo ou ben desposuídos, baleiros e solitarios. Onde, a partir do bodegón ou da natureza morta o pano funciona como corpo e o corpo como contedor.
  • 67.
  • 68. P 68 Muller, pano, flores, son propios do imaxinario feminino que aquí se formulan desde un exercicio de reflexión, onde as miradas cobran forza, son seguras e non obedientes, onde as teas comen á muller, fana invisible, procurando, dalgún modo, unha revisión da historia. A intención de “producir” retratos que teñan un cruzamento de miradas, entre o espectador e o retratado, miradas intensas ou ata a negación da mirada cara ao espectador, imaxinando escenas que superen a noción de “o real” en sentido estrito. Interésame o poder evocativo do xesto, xa sexa nun detalle ou un pregue, a provocación da mirada e a exaltación da expresión no sutil. En numerosas sesións indaguei a posibilidade de deixar rastros, de suxerir corpos debaixo de panos, cubrir para descubrir, xerando esculturas e definindo pregues; levando así a intuición do espectador a completar o sentido dun traballo que se abre a múltiples lecturas. tamarawassaf.com hola@tamarawassaf.com
  • 69.
  • 70. P 70 WILPF Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade WILPF: Cen anos de feminismo pacifista Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia. A finalidade desta exposición é dar a coñecer a historia de WILPF e difundir o seu traballo a través dun arquivo fotográfico e un audiovisual que nos permite ilustrar cronoloxicamente os acontecementos destacados da nosa historia. WILF España wilpf.es
  • 71.
  • 72. P 72
  • 73.
  • 74. P 74 Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo Ás veces pode aparentar ser e non ser máis ca un dato estatístico nunha listaxe. Por exemplo, o número de mulleres artistas que teñen obra nun museo como o MPLugo pode ser considerable pero non o é tanto se esa obra está agachada, como é este o caso, nun almacén. ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)
  • 75. ANA ÁLVAREZ Mariña ANA DE MATOS Rostro tecido (2001)
  • 76. P 76 ANA MATILDE MARTÍNEZ PASARÍN s/t (1973)
  • 77. CARMEN SENANDE PAZOS Redes II CARMEN TERESITA BONO Rancherío (1972)
  • 78. P 78 CELIA RODRÍGUEZ CORTÉS Marismando
  • 79. CHONCHA BONET CORREA Procesión do Corpus en Lugo (1980) DOLORES GUERRERO LOMBARDÍA
  • 80. P 80 EMILIA SALGUEIRO Pintura nº 367 (1988-89)
  • 81. ESTHER RASZAP Café Bar (1973) EVA LLORÉNS Tormenta sobre Pompano Beach (1991)
  • 82. P 82 FINA EIRÓS Marea Negra (2003)
  • 83. GLORIA CARREROU A dama do trevo (1959) GLORIA FERNÁNDEZ Lola (1962)
  • 86. P 86 JULIA MINGUILLÓN IGLESIAS Espido tumbada (1930-31)
  • 87. LEONOR ALBARELLOS Composición en grises (1965) LILA GONZÁLEZ Vista a través dun arco (1971)
  • 88. P 88 LUZ DARRIBA Velos e desvelos (2015)
  • 89. MARÍ CARMEN CORREDOIRA Borrachos MARI LUZ ANTEQUERA Arde Galicia (1976)
  • 90. P 90 MARI PAZ ILLANA GÓMEZ Flores vermellas (1986)
  • 91. MARÍA CAGIAO Cesto con flores Mª DEL CARMEN ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR Grupo aldeán
  • 92. P 92 Mª DEL CARMEN COPPETTI BONO Aduana (1971)
  • 93. MARÍA GUEVARA Carballos MARÍA JOSÉ SANTISO GÓMEZ s/t (2004)
  • 94. P 94 MARÍA LUISA PÉREZ HERRERO Venecia (1929)
  • 95. MARIE JOSEPHINE VOGEL FOLGOSA Retrato da duquesa de Lugo (1993) MARTA PARDO DE VERA Bodegón
  • 97. MARUJA MALLO Cabeza de muller (1929) MERCEDES AMIGO Composición (1967)
  • 99. MÓNICA MURA Sas diosas miradas, sa arentzia mea (2015) MONTSE REGO Mariquitas (2000)
  • 100. P 100 ODALIA FABIANO DA SILVA RICO LEA Flôres a mâe d’auga (1975)
  • 101. PAZ VICENTE DE BENITO Na pel de Xulia (2015) PEPITA GARCÍA s/t (1973)
  • 102. P 102 RAQUEL FORNER O profeta (serie das Lúas) (1958)
  • 103. REBECA LÓPEZ s/t (2006) ROCÍO IZNARDO GREGORY O xardín
  • 104. P 104 ROSA Mª TORO COCA Interior (1985)
  • 105. SABELA ARIAS CASTRO Galerías de Casa Mondelo. Lugo (2003) SARA ACEVEDO DE CAPURRO s/t (1970)
  • 107. SARAH GRILO En ocres (1958) TERESA FERNÁNDEZ LIZ Xeracións lucenses unidas pola mesma tradición (1977)
  • 108. P 108 TERESA LÓPEZ PRADO Paisaxe
  • 109. TINA BORCHE Angela Dawis (1971) VIRGINIA APECECHEA Virxe da Macarena